plan de orientaciÓn educativa curso 2020-21
TRANSCRIPT
PLAN DE ORIENTACIÓN EDUCATIVA
CURSO 2020-21
IES COSME LÓPEZ RODRÍGUEZ
ÍNDICE
1. Introdución. Presentación do Plan de Orientación
2. Características do contexto.
3. O departamento de orientación. Composición, organización e
funcionamento.
4. Análise de necesidades.
5. Obxectivos xerais para o curso 2019-2020.
6. Estratexias de intervención.
6.1. Plan de apoio o proceso de ensino/aprendizaxe.
6.2. Plan de Atención á Diversidade.
6.3. Plan de Acción Titorial.
6.4. Plan de Orientación Académica e Profesional.
6.5. Programa de habilidades sociais.
7. Avaliación do plan de orientación.
8. Bibliografía
ANEXOS
I. Plan de acción titorial
II. Plan de orientación académica e profesional
III. Programación da espacialista en pedagoxía terapéutica
IV. Programación da especialista en audición e linguaxe
1. INTRODUCIÓN. PRESENTACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN.
Esta programación reflicte as liñas prioritarias de actuación do Departamento
de Orientación do IES Cosme López Rodríguez de A Rúa para o curso académico
2020-2021.
No marco educativo actual considérase a orientación como inherente á propia
educación, que trata de contribuír á formación integral do alumnado, á implicación
e ao asesoramento das familias e demais axentes da comunidade educativa.
A súa tarefa consiste en promover e facilitar o desenvolvemento persoal, educativo
e profesional do alumno/a a través da axuda técnica e do asesoramento
necesarios. A orientación educativa e profesional enténdese como un “medio
necesario para o logro dunha formación personalizada, que propicie unha
educación integral en coñecementos, destrezas e valores”. (Artigo 1. da LOE).
A orientación e a acción titorial convértense así nun dos factores determinantes da
calidade e mellora do ensino. E a práctica orientadora un continuo que comeza coa
escolarización do alumnado e finaliza ao termo do ensino non universitario, un
continuo que inclúe a toda a poboación escolar ao marxe do tipo e grao de
diversidade que presente.
Os principios sobre os que se fundamenta o concepto e as funcións da orientación,
coherentes cos de comprensividade e diversidade, fan referencia a unha tarefa
xeneralizada, continuada, preventiva, integrada na función docente, potenciadora
da intervención social e respectuosa coa orixinalidade do alumnado.
A orientación educativa e profesional deberase desenvolver nos tres niveis que
estruturan a organización escolar:
- na aula, acción titorial,
- no centro, departamento de orientación e
- na zona escolar da provincia, equipos de orientación específicos.
Todo isto baixo unha formulación sistémica de intervención, é dicir,
orientación como proceso e responsabilidade compartida por todo o equipo
docente, coordinada polo profesorado titor e asistida pola orientadora e
polos servizos externos de apoio.
PRINCIPIOS DA ORIENTACIÓN.- A concepción da orientación está sustentada e
fundamentada nos principios de prevención, desenvolvemento e intervención
social. A acción orientadora deberíase anticipar ás situacións e non centrarse
unicamente nunha demanda concreta, algo a ter en conta de xeito fundamental no
plantexamento do noso traballo:
- Prevención: orientación como un dereito de todo educando en todo
momento e non únicamente cando apareza unha problemática
específica.
- Desenvolvemento: o alumnado na súa interacción co medio vai
estruturando as súas capacidades, habilidades e destrezas ademais da
súa personalidade. Trátase de crear un contexto motivador que estimule
eses cambios.
- Intervención social: a intervención orientadora non debe ter en conta só
ao individuo, senón que debe dirixirse ao contexto educativo e social no
que se desenvolve.
MARCO LEGAL.- O Decreto 120/1998 de ordenación da orientación educativa e
profesional en Galicia e a Orde do 24 de xullo de 1998 que desenvolve o decreto
anterior, e as sucesivas circulares anuais marcan as pautas e directrices que se
deben seguir para acadar os obxectivos establecidos.
Son estes documentos os marcos xerais a través dos cales se desenvolverá o plan
de traballo do Departamento de Orientación no centro, tendo ademais en conta o
Regulamento Orgánico para os IES, e por suposto como referente máis inmediato
a Circular 10/2010 pola que se ditan instrucións para unificar as actuacións e
establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación educativa e
profesional da comunidade autónoma de Galicia.
As instrucións do 30 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Educación,
Formación Profesional e Innovación educativa en relación ás medidas educativas
que se deben adoptar no curso académico 2020/21, nos centros docentes da
Comunidade Autónoma de Galicia.
Así como o Protocolo de prevención da transmisión da COVID-19 no alumnado
con necesidades educativas especiais para o ámbito educativo que forman parte
da xestión do proceso de ensino-aprendizaxe derivadas da situación de crise
sanitaria provocada polo COVID-19, condicionarán as actuación que se
desenvolverán durante o curso dentro da programación do departamento de
orientación.
2. CARACTERÍSTICAS DO CONTEXTO
No IES Cosme López Rodríguez impártense ensinanzas de ESO, Bacharelato e
Formación Profesional Básica e Grao Medio. Está situado na Rúa, unha vila duns
5000 habitantes situada no val de Valdeorras. É un municipio de poboación
concentrada, que ten como principais recursos a louxa, a automoción e a
viticultura. Existe ademais no pobo un CEIP adscrito ao noso e un centro
concertado de Secundaria moi próximo a este IES.
O noso IES escolariza ademáis alumnado procedente dos concellos limítrofes de
Petín, O Bolo (o CEIP deste concello tamén está adscrito ao noso) e Larouco,
estes dous últimos máis rurais e alonxados, o que dificulta a comunicación escola-
familia.
Cabe salientar que o nivel social, económico e cultural das familias é medio/baixo.
O claustro está formado por 31 profesores e profesoras.
En canto ao alumnado:
ESO
• 1º ESO: 2 grupos, 28 alumnos/as.
• 2º ESO: 2 grupos, 27 alumnos/as
• 3º ESO: 2 grupos, 34 alumnos/as.
• 4º ESO: 2 grupos, 32 alumnos/as.
BACHARELATO
• 1º BAC: 28 alumnos/as
• 2º BAC: 20 alumnos/as
que cursan as modalidades de:
- Humanidades e Ciencias Sociais
- Ciencias e Tecnoloxía
FPB
• 1º FPB: 1 grupo, 10 alumnos/as
• 2º FPB: 1 grupo, 13 alumnos/as
F. P GRAO MEDIO
• 1º FPGM: 17 alumnos/as
3. O DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN. COMPOSICIÓN, ORGANIZACIÓN E
FUNCIONAMENTO
Entendemos o Departamento de Orientación coma un órgano de coordinación
das accións orientadoras e titoriais que se levan a cabo no IES. O que supón a
relación das súas actividades coas tarefas que desenvolvan os órganos de
goberno e de coordinación docente, por considerar que as actuacións de todos se
complementan, apoiánse e influenciándose mutuamente. De feito entendemos que
a meirande parte das actuacións (moitas delas responsabilidade directa da
xefatura de departamento segundo a lexislación vixente) precisan da colaboración
dos distintos membros da comunidade educativa, especialmente do profesorado e
do equipo directivo, para saír adiante.
Constitúese o Departamento segundo o establecido ao respecto na lexislación
vixente, sendo os seus membros para o presente curso os seguintes:
- Xefa do Departamento de Orientación: Noah Rodríguez Rodríguez
- Especialista en Pedagoxía Terapéutica: Julia Trincado Vicente
- Especialista en Audición e Linguaxe: Mª Elena Borrazas Verdía
- Representante da área científico-tecnolóxica: Consuelo Pérez Álvarez
- Representante da área lingüístico.social: Camilo González Ricoy
- Representante del área de FOL: Manuela Enríquez Rodríguez
- Orientadora dos Centros adscritos: Mª Elena López Rodríguez
O horario de traballo organízase na procura dunha racionalización do tempo e do
esforzo adicado aos diferentes aspectos da orientación.
Teremos que diferenciar a organización en función da modalidade de ensino.
No caso de ensino presencial:
Os membros do departamento reuniranse una vez ao mes, os martes ás 11:00,
baixo a convocatoria da xefa do departamento. Non obstante realizaranse as
reunións que se consideren según se vaian vendo as necesidades. Ademáis,
terase contacto máis estreito coa PT e AL.
A xefa do Departamento levantará acta dos acordos adoptados en todas as
reunións.
Para a coordinación e o seguimento do Plan de Orientación realizarase, alomenos,
unha reunión trimestral coa responsable da orientación nos colexios adscritos ao
departamento.
No caso de ensino a distancia:
Reunión todos os martes a través de videochamada e contacto telefónico diario có
profesorado de apoio para realizar asesoramento e atención ao alumno con
necesidade específica de apoio educativo.
De acordo coas funcións atribuidas ao departamento entendemos como ámbitos
prioritarios de acción os seguintes:
- O apoio aos Procesos de Ensino e Aprendizaxe
- O apoio ao Plan de Acción Titorial
- O apoio ao Plan de Orientación Académica e Profesional
4. ANÁLISE DE NECESIDADES
A escolarización no centro de alumnos/as de diferentes etapas educativas fai que
xurdan diferentes necesidades en función da etapa.
Considerando o contexto no que está inmerso o centro e tomando como fontes
prioritarias de información a observación (percepción do clima do centro), a
revisión dos documentos curriculares, as actas de avaliación, os informes
individualizados dos alumnos/as, as demandas e aportacións efectuadas polos
diferentes membros da comunidade educativa, e, sobre todo, o plan de orientación
e a memoria do curso pasado, podemos sintetizar como principais necesidades a
considerar as seguintes:
ALUMNADO
• Prestarase especial atención aos aspectos
socioemocionais deribados da situación de alerta sanitaria
que estamos a vivir.
• Continuar coa atención á diversidade do alumnado
que o precisa, adecuando o proceso de ensino-
aprendizaxe as súas necesidades.
• Potenciar a atención personalizada ao alumnado
que o precise, especialmente con adaptación curricular.
• Establecer as respostas axeitadas para atender ás
necesidades educativas que se detecten.
• Favorecer procesos de convivencia no centro
axudando a formar cidadáns responsables, autónomos e
participativos.
• Facilitar un mellor autocoñecemento dos aspectos
persoais dos alumnos e alumnas, que proporcione
elementos facilitadores da toma de decisións (elección de
optativas, de estudos superiores, etc).
• Deseñar programas de intervención específicos.
PROFESORADO
• Unificar pautas de acción titorial fundamentalmente
na etapa de educación secundaria obrigatoria.
• Asesorar aos titores/as e aos equipos docentes de
cara a facilitar a toma de decisións dos alumnos e
alumnas.
• Asesorar sobre aspectos didácticos e para dar
resposta á diversidade.
• Colaborar co profesorado de PT e AL na atención
ao alumnado que recibe apoio específico.
• Ofrecer ao profesorado en xeral recursos que
fomenten a tolerancia e mellora da convivencia.
• Implicar ao profesorado no funcionamento do
Departamento de Orientación.
• Crear unha canle de comunicación efectiva e
coordinación entre as etapas educativas e dentro destas
entre os distintos ciclos e niveis.
FAMILIAS
• Implicar ás familias no funcionamento do centro,
concretamente no proceso de ensino/aprendizaxe dos
seus fillos/as.
• Informar e formar ás familias dos alumnos/as que
reciben apoio, acerca da súa evolución, así como das
distintas actuacións a levar a cabo.
• Informar sobre as saídas profesionais dos seus
fillos/as, así como asesorar para complementar a
orientación no fogar.
5. OBXECTIVOS XERAIS PARA O CURSO 2020-2021
Vista a análise de necesidades e tendo en conta que o plan de orientación
abrangue no seu plano de actuación a todos os compoñentes da comunidade
educativa (alumnado, profesorado e familias), propoñemos coma obxectivos xerais
para o presente curso os seguintes:
Referidos ao alumnado:
• Contribuir á personalización da educación favorecendo o desenvolvemento
de todos os aspectos da persoa concreta e individual.
• Previr as dificultades de aprendizaxe e contribuir a superalas cando se
produzan, axustando a resposta educativa ás necesidades particulares do
alumno/a.
• Identificar e atender as necesidades educativas do alumnado, tanto
ordinarias como especiais, actuando sempre de xeito preventivo.
• Favorecer os procesos de madurez persoal, de desenvolvemento da propia
identidade e dun sistema de valores.
• Fomentar e traballar na resiliencia como aspecto salientable nestes
momentos para afrontar de maneira óptima situacións de adversidade.
• Facer o seguemento de alumnado con MAD, revisando e modificando se
fose preciso.
• Coñecer a evolución xeral do alumnado, especialmente o atendido pola
profesora de PT, AL e FPB.
• Amosarlles xeitos pacíficos de resolver conflitos.
• Fomentar o autocoñecemento e autoestima, atendendo ao
desenvolvemento persoal e social.
• Colaborar na tarefa de educar para a igualdade.
• Amosar estratexias e técnicas de traballo intelectual.
• Ofrecer orientación académico-profesional ao longo das etapas, incluíndo a
preparación para a inserción laboral.
• Informar das novidades do sistema educativo.
• Fomentar a igualdade de xénero.
Referidos ao centro e equipo docente:
• Colaborar e asesorar ao centro en cuestións organizativas e pedagóxicas.
• Organizar a atención ao alumnado con dificultades de aprendizaxe,
asesorar e ofertar materiais.
• Colaborar e asesorar na realización e seguemento de MAD.
• Asesoramento na labor titorial.
• Promover actuacións que melloren a convivencia no centro e que se
incluirán no correspondente plan.
• Contribuir á axeitada relación entre os distintos integrantes da comunidade
educativa, especialmente entre profesor/a-alumno/a e centro-familias.
Referido ás familias:
• Asesorar na orientación vocacional dos/as fillos/as.
• Ofrecer información sobre o sistema educativo, residencias, becas e axudas
ao estudo, etc.
• Ofrecer pautas de actuación que melloren a comunicación e convivencia
familiar e nos casos de acoso entre iguais.
Referidos a outras institucións:
• Coordinar as accións orientadoras co CEIP “Manuel Respino” e o CEIP de
O Bolo.
• Colaborar con institucións externas co fin de concretar actuacións que
poidan redundar no desenvolvemento integral do alumnado.
6. ESTRATEXIAS DE INTERVENCIÓN
6.1. PLAN DE APOIO AO PROCESO DE ENSINO/APRENDIZAXE
6.1.1 OBXECTIVOS:
• Coñecer a situación curricular do alumnado.
• Axustar a resposta educativa ás necesidades detectadas mediante medidas
curriculares e organizativas.
• Asesorar e colaborar co profesorado na atención á diversidade.
• Contribuir á mellora da convivencia no entorno do alumnado.
6.1.2. ACTUACIÓNS PRIORITARIAS:
Co equipo docente:
• Organizar a atención á diversidade cos especialistas en PT, AL, e
profesorado de aula.
• Coordinar cos/as titores/as do alumnado con NEAE a atención e
seguimento.
• Asesoramento e colaboración na implementación de MAD ao longo do
curso.
Co alumnado:
• Xornada de acollida ao alumnado procedente dos CEIP adscritos (“Manuel
Respino” e O Bolo).
• Detección de necesidades educativas extraordinarias e/ ou especiais.
• Realización de avaliacións psicopedagóxicas.
• Apoio por parte do profesorado a alumnado con dificultades de aprendizaxe
e necesidades educativas especiais.
• Revisión e seguemento de alumnado con MAD.
• Fomento da convivencia e resolución pacífica de conflitos a través do Plan
de Acción titorial.
Coas familias:
• Asesoramento sobre o papel da familia no proceso de ensino-aprendizaxe
individualmente e a través da escola de familias.
6.2. PLAN DE ATENCIÓN Á DIVERSIDADE
a) Apoio de especialistas (pedagoxía terapéutica e audición e linguaxe):
Contamos con:
- Unha profesora de PT con horario completo, que atende ao alumnado
con NEAE nos cursos 1º e 2º de ESO.
- Unha especialista en AL con horario completo que atende ao alumnado
con NEAE nos cursos 1º e 2º de ESO.
b) Exención da 2ª lingua estranxeira en 1º e 2º de ESO:
Medida dirixida ao alumnado con dificultades de aprendizaxe, especialmente nas
linguas. Durante a exención da segunda lingua estranxeira o alumnado recibe
reforzo principalmente nas linguas.
Hai 6 alumnos/as exentos nesta materia en 1º de ESO e 12 alumnos/as en 2º de
ESO.
d) Exención da lingua galega
Medida á que pode acollerse o alumnado procedente doutras comunidades
autónomas ou do estranxeiro durante dous cursos.
e) Agrupamentos:
Este curso NON contamos con esta medida por falta de persoal docente.
g) Adaptacións Curriculares Significativas:
Ao inicio do curso precisan Adaptación Curricular Siginificativa como resposta as
súas necesidades educativas seis alumnos/as de 2º da ESO.
h) Reforzo Educativo do profesorado nas súas respectivas asignaturas:
Debería ser o primeiro nivel de atención á diversidade. Aportaranse materiais e
asesoramento para poder desenvolver esta función.
Este curso comezamos con 7 alumnos/as en 1º de ESO e11 alumnos/as en 2º da
ESO con reforzo educativo.
i) Optatividade:
A rexida polos decretos correspondentes.
j) Avaliación Psicopedagóxica:
Competencia da xefatura do Departamento de Orientación.
6.2.2 ORGANIZACIÓN DOS APOIOS
- Organización dos apoios
O criterio xeral adoptado é proporcionar unha resposta educativa adaptada á
diversidade de capacidades, intereses e ritmos de aprendizaxe do alumnado co fin
de facilitar o logro dos obxectivos a cada etapa educativa. Os criterios específicos
para organización dos apoios e distribución dos recursos son os detallados no Plan
Xeral de Atención a Diversidade do centro.
Seguindo ese criterios de atención e organización dos apoios establecidos no Plan
Xeral de Atención a Diversidade para o presente curso académico 2020-2021 os
apoios organízanse da seguinte maneira:
Apoio fóra da aula pola profesora de Pedagoxía Terapeútica Audición e Linguaxe e
outros profesores:
Curso Alumnos/as Necesidade
Educativa
Horas
Semanais
Materias
1ºB 1 Dificultades
específicas de
Aprendizaxe
2 horas Lingua Galega (1 h)
Lingua Castelá (1 h)
2º A 3 Adaptación
Curricular
7 horas Matemáticas (4h)
Lingua Galega (2h)
Lingua Castelá (1h)
2º B 1 Adaptación
Curricular
8 horas Matemáticas (4h)
Lingua Galega (2h)
Lingua Castelá (2h)
2º B 1 TEA 8 horas Matemáticas (4h)
Lingua Galega (2h)
Lingua Castelá (2h)
2º B 2 Dificultades
específicas de
aprendizaje
2 horas Lingua Galega (1h)
Lingua Castelá (1h)
Apoios dentro da aula ordinaria pola profesora de Pedagoxía Terapeútica, Audición
e Linguaxe e outros profesores:
Curso Alumnos/as Necesidade
Educativa
Horas
Semanais
Materias
1ºA 4 Dificultades de
Aprendizaxe
10 horas Matemáticas (3h)
Lingua Galega (4h)
Lingua Castelá (3h)
1ºB 4 Dificultades
específicas de
Aprendizaxe
7 horas Matemáticas (4h)
Lingua Galega (2h)
Lingua Castelá (1h)
2º A 3 Adaptación
Curricular
2 horas Lingua Galega (1h)
Lingua Castelá (1h)
2º A 1 Dificultades de
Aprendizaxe
1 hora Lingua Castelá (1h)
2º B 1 Adaptación
Curricular
2 horas Lingua Castelá (1h)
Física e Química (1h)
2º B 1 TEA 3 horas Lingua Castelá (1h)
Inglés (1h)
Física e Química (1h)
Realizarase unha avaliación continua da consecución dos obxectivos propostos e
das medidas tomadas, introducíndose as medidas correctoras oportunas, sempre
que o progreso non sexa positivo ou se detecten novas necesidades ao longo do
curso.
NO CASO DE ENSINO A DISTANCIA
Partindo dos recursos telemáticos cós que conte cada alumno
empregaremos diferentes vñias de comunicación.
a) No caso do alumnado conectado empregaremos a aula virtual do centro
e a plataforma ciscowebex cando haxa que realizar explicacións dos
temas a traballar.
b) No caso do alumnado desconectado as vías de comunicación serán o
teléfono e o correo postal para entregar as tarefas.
6.3. PLAN DE ACCIÓN TITORIAL
No noso marco educativo a titoría constitúe o primeiro nivel da orientación
educativa. É o titor quen vai desenvolver as accións de orientación en relación co
grupo de alumnos/as que titoriza, contando coa cooperación, apoio e axuda dos
demais profesores/as do grupo, equipo directivo, membros do departamento de
orientación e equipo de orientación específico, no seu caso.
Nun proceso educativo integral e personalizado a función titorial forma parte da
propia acción docente e, en certo modo, identifícase con ela. Pódese defini-la
acción titorial como o conxunto de accións educativas que se deseñan e realizan
nun centro educativo para favorecer no alumnado a aprendizaxe, a integración dos
coñecementos e experiencias, a toma de decisións e o desenvolvemento da súa
personalidade.
A acción titorial constitúe polo tanto unha tarefa esencial que, pola súa
trascendencia, non se pode limitar a unhas sesións illadas, nin recaer baixo a
responsabilidade dun só profesor ou profesora, senón que debe ser unha das
pezas clave da armazón pedagóxica do centro e, como tal, responsabilidade
compartida polo conxunto do profesorado. Neste senso, a acción titorial
constitúese en elemento fundamental para levar a cabo unhas intencións
educativas que se propoñen a formación integral da persoa, entendendo a
aprendizaxe como un proceso de construcción persoal, e que pretenden dar
resposta á diversidade existente no alumnado.
6.3.1. OBXECTIVOS DO PLAN DE ACCIÓN TITORIAL
1. Coidado socioemocional da comunidade educativa.
2. Axudar ao desenvolvemento integral do alumnado realizando un
seguimento personalizado durante o proceso de ensino-aprendizaxe a
través das titorías e das coordinacións entre os departamentos didácticos, o
equipo educativo, os titores, a xefatura de estudos e o departamento de
orientación.
3. Educar en valores e normas, así como en axudar ao alumnado a formarse
unha imaxe axustada de si mesmo, ter un grao de autoestima e actitudes
que mostren seguridade e accións emprendedoras.
4. Cooperar co proceso de integración, inserción e respecto a todos os
sectores da comunidade educativa, de xeito que a convivencia e a
participación se convirtan en elementos que definen o estilo de
funcionamento do centro.
5. Colaborar coas familias e outras institucións ou asociacións para contribuír
a toma de decisións que o alumno/a debe asumir ao longo da súa
permanencia no centro.
6.3.2. ACTIVIDADES
Actividades co alumnado:
- Entrega aos titores antes do comezo do curso actividades de acollida para
traballar o coidado socioemocional do alumnado
- Entrega aos titores (a través do correo electrónico), dunha selección de
actividades para cada nivel educativo ao principio de curso e ao longo do
mesmo.
- Atención individualizada en casos concretos.
- Organización de charlas/obradoiros/visitas sobre diferentes temas para os
distinos grupos (orientación académica e vocacional, sexualidade, drogas,
internet …)
Actividades co profesorado:
- Reunións mensuais da orientadora cos/as titores/as dos diferentes grupos
co orientador para intercambiar información sobre as características dos
grupos, alumnos/as con dificultades de aprendizaxe, revisión de
expedientes...
- Unificar criterios de actuación, seguimento e valoración das medidas a
tomar.
- Seguimento cos titores/as dos diferentes grupos, dos programas ou
actividades que estamos a desenvolver cos alumnos/as segundo as
necesidades detectadas.
- Asesorar na atención ás dificultades que poidan xurdir a nivel de grupos ou
na atención a casos concretos.
Actividades coas familias:
- Reunións colectivas dos titores/as coas familias establecidas no Plan de
Acollida do centro.
- Reunións individuais para intercambiar información ou asesorar sobre a
marcha educativa dos fillos/as.
- Facilitar a participación das familias a través de reunións colectivas e
individuais para informarlles sobre os estudos dos seus fillos e fillas.
- Organización de charlas/obradoiros para familias co fin de contribuir á súa
participación na vida do centro e no desenvolvemento persoal e académico
dos/as fillos/as.
NO CASO DE ENSINO A DISTANCIA:
Có Alumnado
A orientaora levará a cabo atención individualizada a través de teléfono, correo
electrónico e/ou aula virtual, e videoconferencia na atención a grupos. Asimesmo
prestará información a través da páxina web do IES, no apartado de orientación.
Có Profesorado
• Titores:
Contacto semanal a través do teléfono ou correo electrónico para levar a cabo o
seguimento do alumno das correspondentes titorías coa seguinte distribución:
Luns: Seguimento 1º ESO
Martes: Seguimento 2º ESO
Mércores: Seguimento 3º ESO
Xoves: Seguimento 4º de ESO e Formación profesional
Venres: 1º e 2º de bacharelato
• Có resto do profesorado:
Asesoramento nos momentos en que éste o demande a través do teléfono
móbil e correo electrónico.
• Coas Familias
- Contacto directo a través do teléfono coas familias do alumnado con
necesidade específica de apoio educativo para atender as necesidades que
vaian xurdindo.
- Asesoramento a través da páxina web do IES, no apartado de orientación
sobre orientación académica e profesional e convivencia e coidado
emocional de todos os membros da familia.
6.3.3. RECURSOS
Os recursos que poderían ser necesarios para o deseño e desenvolvemento do
PAT son:
Recursos persoais: Departamento de Orientación, titores/as e maior número de
profesorado posible, CCP, Claustro, institucións do entorno…
Recursos materiais: Bibliografía sobre titoría, material práctico para traballar nas
horas de titoría (habilidades sociais, autoestima…), páxinas web…
Recursos organizativos: Reunión mensual do Departamento de Orientación,
reunións do orientador cos titores/as, reunións conxuntas e individuais coas
familias, escola de familias…
6.3.4. CRITERIOS DE AVALIACIÓN
A avaliación será continua. Teremos en conta os seguintes criterios de valoración:
- Os equipos educativos dos diferentes grupos asistirán ás reunións programadas
polos titores/as.
- Os titores farán unha valoración das actividades unha vez rematadas: a través da
observación valorarán a motivación do alumnado, o grao de participación á hora de
realizar as distintas actividades, o material empregado, a temporalización... Fará
tamén unha valoración final dos programas levados a cabo: efectividade,
adecuación dos recursos, da temporalización...
En base aos resultados se elaborarán as propostas de mellora coa finalidade de
modificar aqueles aspectos que infulirían na efectividade do plan: motivación dos
implicados, recursos empregados, temporalización, validez dos cuestionarios en
canto á información proporcionada...
6.4. PLAN DE ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL
6.4.1. OBXECTIVOS
- Axudar ao alumnado a coñecerse a sí mesmo (aptitudes, intereses).
- Dar a coñecer as posibilidades de movemento dentro do sistema educativo.
- Desenvolver estratexias de busca de información sobre o sistema educativo
e mundo laboral.
- Aprender a tomar decisións sobre a elección de materias e estudos
postobrigatorios.
- Facilitar a transición á vida activa.
- Axudar ao alumnado no seu proceso de autoorientación e toma de decisións
sobre estudios superiores.
- Facilitar información sobre as novidades do Espazo Europeo de Educación
Superior e residencias, becas,etc.
6.4.2. ACTUACIÓNS
CO ALUMNADO
- Dinámicas propostas aos titores/as a través do PAT (autocoñecemento,
habilidades básicas para o traballo, traballo en equipo…).
- Información (no grupo clase por parte da orientadora) sobre itinerarios na
ESO ciclos formativos de grao medio e superior, o bacharelato, a
universidade, etc.
- Organización de charlas informativas por parte de expertos.
- Asistencia a unha feira de asesoramento universitario (de maneira virtual).
- Asesoramento individualizado en casos de maior incertidume.
COAS FAMILIAS
- Organización de charlas informativas.
- Asesoramento individualizado.
- Escola de familias.
NO CASO DE ENSINO A DISTANCIA:
A orientadora levará a cabo atención individualizada a través de teléfono, correo
electrónico e/ou aula virtual, e videoconferencia na atención a grupos. Asimesmo
prestará información a través da páxina web do IES, no apartado de orientación.
6.5. PROGRAMA DE HABILIDADES SOCIAIS
No noso sistema educativo introdúcense nas diferentes área curriculares, actitudes e
valores sociais que son necesarios para a convivencia e as relacións interpersoais
establecidas no marco da escola. Pero nas situacións interactivas que se producen no
ámbito escolar, non todos os alumnos e alumnas se relaciónan dun xeito socialmente
hábil por carecer, algún deles, dos repertorios básicos necesarios para interactuar
debido a problemas de tipo afectivo, familiar ou de outra índole. Por isto, non basta
cunha aprendizaxe meramente incidental, senón que se necesita unha intencionalidade
para que o alumnado aprenda comportamentos sociais que favorezan a súa
socialización.
Con este programa pretendemos traballar actitudes favorecedoras dunha maior
comunicación dos adolescentes así como darles oportunidades para practicar a solución
de problemas en relacións interpersoais. Practicando as Habilidades Sociais pódense
producir importantes beneficios persoais o que repercutirá, sen dúbida, na mellora da
convivencia no centro así como na inserción social en xeral, pois cando un individuo
posúe unha positiva competencia social redunda de maneira tamén positiva na súa
adaptación escolar, social e psicolóxica.
Os destinatarios deste programa serán o alumnado de ESO así como o alumnado
que sexa remitido reitarademente á aula de atención educativa e convivencia coa
finalidade de correxir condutas disruptivas e mellorar a integración no centro educativo.
6.5.1. OBXECTIVOS
Marcamos coma obxectivos deste programa:
- Mellorar a competencia social e emocional para interactuar de forma
axeitada coas persoas do entorno.
- Reducir as condutas pasivas e agresivas.
- Favorecer o comportamento asertivo, adoptando actitudes de respecto,
cooperación, participación e interese cara ás demais persoas.
6.5.2. CONTIDOS
Neste programa se traballarán os seguintes contidos:
Habilidades básicas de interacción social: se traballarán as condutas sociais de
cortesía incidindo naquelas actitudes que favorecen e facilitan as situacións
de interacción cos demais: os saludos, o sorriso, a mirada, as normas
básicas de conversa, o pedir e conceder favores...
Habilidades para relacionarse cos iguais: os cumplidos para sentirse ben cando
os das e os recibes, compartir, xogos cooperativos... favorecendo a actitude
positiva ante os demais.
Habilidades para expresar sentimentos, emocións e opinións: aceptar e rexeitar
críticas e así evitar condutas agresivas, aprender a decir non de xeito
adecuado sen sentirse mal e sen facer sentir mal aos demais, preguntar por
qué para aclarar malentendidos e equivocacións que poidan dar lugar a
situacións desagradables, expresar emocións e sentimentos...
6.5.3. ACTIVIDADES
Utilizaranse os programas:
- “Ser persoa e relacionarse” de Manuel Segura Morales.
- Programa de pensamento prosocial “REIAS”.
Ademáis, a través do PAT a orientadora proporá aos titores/as dinámicas para
traballar habilidades sociais, cohesión grupal, etc.
7. AVALIACIÓN DO PLAN DE ORIENTACIÓN
- Obxectivos da avaliación:
O Plan de Orientación someterase a un proceso continuo de avaliación
formativa. Estas actividades irán encamiñadas a:
1. Valorar en qué medida imos acadando os obxectivos propostos.
2. Obter máis e mellor información sobre as características do sistema
socioeducativo no que se encontra o noso alumnado.
3. Mellorar os deseños da intervención orientadora e psicopedagóxica
para corrixilos ou adaptalos de cara a conseguir unha maior eficacia.
- Criterios de avaliación:
1. Grao de consecución dos obxectivos propostos
2. Grao de adecuación das actividades realizadas
3. Grao de adecuación dos recursos utilizados
4. Grao de satisfacción dos implicados
5. Grao de participación e implicación do todos os axentes
educativos
6. Grao de adecuación dos materiais de avaliación psicopedagóxica
e do reforzo educativo realizado
7. Efectos acadados e non previstos
8. Conflictos e dificultades xurdidas e formas de resolve-las
- Momentos da avaliación:
1. Avaliación inicial: constituída pola análise de necesidades
2. Avaliación formativa: realizada ó final de cada actividade concreta
3. Avaliación final: realizarase ó final de curso e os resultados serán
incluídos na memoria final do departamento. Esta avaliación
servirá de base para manter no vindeiro curso algún aspecto do
plan, así como modificar aqueles que se consideren precisos.
8.-BIBLIOGRAFÍA E WEBGRAFÍA
A) BIBLIOGRAFÍA
ADELL, M.A.(2004) Estrategias para mejorar el rendimiento académico de los
adolescentes. Madrid: Psicología Pirámide.
AJURIAGUERRA, J. (1990) Manual de psiquiatría infantil. Barcelona: Masson.
ÁLVAREZ, M. y BISQUERRA, R. (1996). Manual de orientación y tutoría.
Barcelona: Praxis, 337.
ALVARIÑO ALEJANDRO, MD, CARNOTA CARNEIRO, MP., GARCÍA LÓPEZ,A.,
GONZALÉZ IGLESIAS, F., QUINTELA VIÑA, E. e SANZ LOBO, M.D ((2005)
Convivir, vivir con. Xunta de Galicia.
BAILEY, J. (2004) De sexo también se habla. SM. (Madrid)
BINABURO ITURBIDE, J.A e MUÑOZ MAYA, B. (2007) Educar desde el conflicto.
Junta de Andalucía.
DSM-5. (2014) Manual diagnóstico y estadístico de trastornos mentales. Editorial
Médica Panamericana.
ELIAS, M.J., TOBIAS, S.E. e FRIENDLANDER, B.S. (2001). Educar adolescentes
con inteligencia emocional. Barcelona: Plaza y Janés.
FERNÁNDEZ RODRIGUEZ, C. 2003) Aprender a estudiar. Madrid: Pirámide.
GARCÍA LABIANO, J.M. (2004) Programa de acción tutorial para la educación
secundaria obligatoria. Madrid: CISSPRAXIS.
GIL MARTÍNEZ, R. (1997) Manual para tutorías y departamentos de orientación.
Barcelona: Praxis.
GÜELL, M. (2005) ¿Por qué he dicho blanco si quería decir negro? Técnicas
asertivas para el profesorado y formadores. Barcelona: Grao.
IZAL MARIÑOSO, M.C. (2005) Tutoría de valores con preadolescentes. Madrid:
CCS.
JIMÉNEZ ORTEGA, J. (1994). Método práctico de técnicas de estudio. Madrid:
Visor.
MUZÁS RUBIO, M.D., OÑAE PAREJO, M.V, PÉREZ PESA, E. e ZÁRATE
ARGOTE, A. (2010) Preparo mi futuro: programa para la toma de decisión en la
ESO. San Sebastián: Ed. Donostiarra.
PÉREZ DE PABLOS, S. (2003) El papel de los padres en el éxito escolar de los
hijos. Madrid: Aguilar.
RIVAS, F. (1995). Manual de asesoramiento y orientación vocacional. Madrid:
Síntesis, 383-419.
RODRIGUEZ, N. (2004)Guerra en las aulas: cómo tratar a los chicos violentos y a
los que sufren sus abusos (4 a 16 años).Madrid: Ed. Temas de Hoy SA.
RODRIGUEZ DE LA TORRE, M.E. (2003) Stop al fracaso escolar: el cerebro al
100%. Barcelona: Grijalbo.
RODRÍGUEZ ESPINAR, S. (coord..), ÁLVAREZ, M., Echeverría, B. y Marín, M.A.
(1993). Teoría y práctica de la orientación educativa. Barcelona: PPU.
SABER PARA VIVIR e QUE ME DICES (varios monográficos de varios anos
comprendidos entre 2006-2010)Vigo: Nova Galicia Edicións.
SELVINI PALAZZOLI, M. (1990) El mago sin magia.Barcelona: Paidós Educación.
SOBRADO FERNANDEZ, L. (ed)(1998) Estratexias de orientación
psicopedagóxica no ensino secundario. Santiago: Laiovento.
SOBRADO FERNANDEZ, L.(1990) Intevención psicopedagógica y orientación
educativa. Barcelona: PPU.
VALLEJO-NÁGERA, J.A (DIR.) (1991) Guía práctica de psicología. Madrid: Temas
de Hoy.
VVAA. (2001) Cómo tomar decisións sobre o teu futuro: guía de orientación
vivencial para adolescentes. Servizo Galego de Igualdade: Xunta de Galicia.
ZÁRATE ARGOTE, A, MUZÁS RUBIO, M.D e PÉREZ PRESA, E. (2008)¡Me
decido! Programa para la toma de decisión en el bachillerato. San Sebastián: Ed.
Donostiarra.
B) WEBGRAFÍA (escolma)
www.maestroteca.net
www.esadgalicia.es
http://apoegal.blogia.com
www.isftic.mepsyd.es/profesores
www.uhu.es/cine.educacion/cineyeducacion/index.htm
http://ntic.educacion.es/w3//eos/MaterialesEducativos/mem2006/aprender_estudiar
/index2.html
www.alimentacionyvida.org/adol-Portada.html
www.kekiero.es
http://yaq.es/
http://internacional.universia.net
www.ticne.es (solucións TIC para ANEE)
http://ciug.cesga.es/index.html
www.orientaline.com
www.altascapacidades.org
www.brujulaeducativa.com
http://todofp.es/
www.dgt.es/educacionvial/DGT-Home_buscar_.html
www.juntadeandalucia.es/averroes/
http://cvc.cervantes.es/ensenanza/default.htm
www.educaguia.com
www.xuventude.net/querote-mais.html
www.padresycolegios.com
www.cienciafacil.com
www.educarex.es
www.ceapat.org/verIndex.do
www.aplicacioneseducativas.net
www.movimientocontralaintolerancia.com
www.soldados.com
www.pnsd.msc.es
www.educacionenvalores.org
http://mariajosediaz-aguado.tk
www.needirectorio.com
www.educaweb.com/esp/servicios/monografico/orientacionprofesional
www.wikioficios.org
www.guiajuvenil.com/
www.sgep.org
www.youtube.com/user/pantallasamigas
http://internetamiga.net/
www.orientared.com/
http://orientacion.educaweb.com/es/presentacion
A Rúa, en 15 de outubro de 2020.
A orientadora
Asdo. Noah Rodríguez Rodríguez
Anexo I
PLAN DE ACCIÓN TITORIAL
1. XUSTIFICACIÓN
A acción titorial pódese definir como o conxunto de accións educativas que
se levan a cabo nun centro educativo para favorecer no alumnado a aprendizaxe, a
integración dos coñecementos e experiencias, a socialización, a toma de decisións
e o desenvolvemento da súa pesonalidade. Por esta razón débese considerar que
a acción titorial está íntimamente relacionada co desenvolvemento da función
docente.
A través desde PAT establécense os criterios e procedementos que
regularán a organización e funcionamento da acción titorial deste IES.
2. MARCO LEGAL
Para deseñar este PAT tomamos como referencia o seguinte marco
lexislativo:
- Lei Orgánica 8/2013, do 9 de decembro, para a mellora da calidade
educativa, que modifica parcialmente a previa a Lei Orgánica 2/2006, do 3
de maio, de Educación (LOE), e establece o novo marco no que se van
desenvolver todas as accións educativas, incluída a orientación.
- Decreto 120/ 98 do 23 de abril polo que se regula a orientación educativa e
profesional en Galicia (DOG do 27/4/98).
- Orde do 24 de xullo de 1998 pola que se establece a organización e
funcionamento da orientación educativa e profesional en Galicia (DOG do
31/ 7/ 98).
- Circular 10/2010 da Dirección Xeral de Educación, Formación Profesional e
Innovación Educativa, pola que se ditan instruccións para coordinar as
actuacións e establecer as accións prioritarias dos servizos de orientación
educativa e profesional na comunidade autónoma de Galicia.
- Decreto 86/2015 polo que se establece o currículo da educación secundaria
obrigatoria e de bacharelato na comunidade autónoma de Galicia.
- Resolución do 27 de xullo de 2015, da Dirección Xeral de Educación,
Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan
instruccións no curso académico 2015/2016 para a implantación do currículo
da educación secundaria obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes
da Comunidade Autónoma de Galicia.
- RESOLUCIÓN do 29 de maio de 2019, da Dirección Xeral de Educación,
Formación Profesional e Innovación Educativa, pola que se ditan instrucións
para o desenvolvemento, no curso académico 2019/20, do currículo
establecido no Decreto 86/2015, do 25 de xuño, da educación secundaria
obrigatoria e do bacharelato nos centros docentes da Comunidade
Autónoma de Galicia.
- As instruccións do 30 de xullo de 2020, da Dirección Xeral de Educación,
Formación Profesional e Innovación educativa, en relación ás medidas
educativas que se deben adoptar no curso académico 2020/21 en Galicia,
nos centros docentes que se imparten ensinanzas de educación secundaria
obrigatoria e o bacharelato
3. DIAGNÓSTICO DE NECESIDADES/CONTEXTUALIZACIÓN
Tendo en conta a situación de alerta sanitaria que estamos a vivir teremos en
conta este curso as instruccións do 30 de xullo de 2020 que destacan a especial
atención aos aspectos socioemocionais da comunidade educativa, elaborando un
programa de apoio soioemocional por COVID-19 e a formación en educación para
a saúde ao longo do curso.
Ademáis, como todos os anos, se terá en conta a diagnose presentada no POE,
centrándonos nas necesidades relativas á acción titorial entre as que cabería
destacar as seguintes:
- Necesidade dunha maior coordinación entre o Departamento de Orientación e
os/as titores/as dos diferentes grupos para levar a cabo o Plan de Acción Titorial.
- Necesidade de ofertar respostas educativas consensuadas para aqueles
alumnos/as que presentan n.e.a.e.: establecemento de reforzo educativo dentro e
fóra da aula, procedemento para a elaboración de adaptacións curriculares...
- Necesidade de favorecer o proceso de aprendizaxe dos alumnos/as a través de
adquisición de hábitos de estudo, dominio das técnicas instrumentais básicas
(lectura, escritura, cálculo e razoamento).
- Necesidade dunha relación fluída coas familias como requisito para favorecer o
desenvolvemento persoal, social, académico e vocacional dos/as alumnos/as.
- Necesidade de informar sobre itinerarios educativos, estudos posteriores, etc.
para contribuir a unha axeitada toma de decisións por parte dos/as alumnos/as en
canto a elección de modalidades de Bacharelato, ciclos formativos, estudios
universitarios, etc.
- Necesidade de informar ás familias sobre o sistema educativo, alternativas
educativas e laborais, etc. para que axuden ós seus fillos na toma de decisións
vocacionais.
4. DESEÑO DO PAT
Tendo en conta as demandas dos titores/as e a necesidade de artellar un
PAT consensuado, que responda ás necesidades reais de cada grupo e
centrándose en aspectos prácticos, a Xefatura do Departamento de Orientación
propón as directrices para a concreción dun PAT para o presente curso 2020-21.
A partir dos bloques de programación que a continuación se expoñen, e que
responden aos obxectivos xerais de calquera acción titorial e partindo das
propostas dos propios titores e do profesorado en xeral, irase confeccionando o
PAT adaptándoo a cada un dos cursos e grupos.
4.1. OBXECTIVOS:
A. Obxectivos xerais:
• Impulsar o desenvolvemento psicosocial dos alumnos/ás.
• Optimizar os procesos de ensino/aprendizaxe.
• Coordinar a acción educativa do Equipo Docente.
• Orientar ós pais/nais na súa labor educativa.
B. Obxectivos específicos:
- Desenvolver un nivel axeitado de autoconcepto e autoestima.
- Facilitar a integración na Etapa e no grupo-clase
- Coidar os aspectos emocionais posteriores á situación de
confinamento e o retorno ás clases presenciais.
- Desenvolver a madureza vocacional, asesorando na toma de
decisións tanto a nivel de optatividade como de que facer ao
finalizar a ESO/Bacharelato.
- Impulsar a participación dos alumnos/as nas actividades non
lectivas e extraescolares.
- Promover no alumnado actitudes relacionadas coa solidariedade,
tolerancia, respeto mutuo, a non discriminación, a cooperación, a
amizade... mediante a participación do alumnado nas diferentes
actividades complementarias desenvolvidas no colexio.
- Previr e detectar dificultades nas aprendizaxes instrumentais e
escolares, equipando convenientemente o alumnado coas
estratexias técnicas e hábitos axeitados.
- Coordinar as respostas educativas axeitadas ás dificultades de
aprendizaxe que se produzan no grupo clase ou nos suxeitos
considerados individualmente.
- Coordinar os procesos de avaliación das aprendizaxes do
alumnado, así como a súa promoción.
- Facilitar a reflexión dos alumnos/as sobre os seus propios procesos
de aprendizaxe.
- Impulsar e desenvolver estratexias de aprendizaxe autónoma e
reflexiva "aprender a aprender" en estreita vinculación coas distintas
áreas.
- Coordinar o proceso de avaliación dos diferentes profesores/as.
- Coordinar o axuste das programacións ás necesidades educativas
do grupo-clase e dos alumnos/as individualmente considerados.
- Asesorar e coordinar a avaliación e a promoción intercurso.
- Asesorar os titores e ao profesorado en xeral, na elaboración do
informe individualizado de avaliación e demais documentos oficiais
de avaliación.
- Fomentar a participación dos pais/nais nas actividades do centro
- Proporcionar as familias información sobre a marcha dos seus
fillos/as.
- Asesoralos nos conflitos ou situacións problemática que poidan ter
cos seus fillos.
- Solicitarlles a súa colaboración nas actividades de reforzo e apoio
escolar que sexan necesarias para os seus fillos/as.
4.2. BLOQUES DE CONTIDOS:
1º DA E.S.O.
→ 1º TRIMESTRE
- Programa de apoio socioemocional por COVID-19: dossier con actividades de
acollida para realizar unha valoración que permita coñecer o estado emocional do
alumnado despois do confinamento, recuperar a convivencia no centro escolar e
promover un acompañamento emocional, para poder detectar aqueles casos nos
que aparezan dificultades socioemocionais.
- Actividades de acollida ó alumnado: presentación do titor/a, coñecemento das
aulas, horarios, materias, normas do centro, amosar as instalacións no caso do
alumnos de 1º da E.S.O. e alumnos/as doutros cursos de nova incorporación ó
centro.
- Recollida inicial de información de cada alumno/a: revisión do expediente do
alumno/a, informacións recollidas nas xornadas de acollida a alumnos/as.
- Coñecemento do NOF por parte do alumno/a: explicación e realización de
actividades sobre o mesmo.
- Elección de delegado/a: coñecemento das funcións do delegado, reflexión sobre
as características dun bo delegado/a, proceso de elección (constitución da mesa
electoral, electores, candidatos/as, acta de elección,..)
- Acollida a pais/nais: presentación de titores; dar a coñecer as normas de
funcionamento do centro; entrega de documentación informativa.
- Prevención e hixiene fronte o SARS-CoV-2, a cargo do persoal sanitario do centro
de saúde da Rúa.
- Planificación e organización do estudo: cuestionario de avaliación inicial e
actividades ó respecto que proporciona a Orientador.
- Habilidades sociais básicas. Coñecemento e práctica de habilidades sociais básica
para fomentar a interrelación do alumnado, coñecemento e convivencia.
- Uso responsable e perigos das novas tecnoloxías
- Actividades de reflexión de preavaliación.
- Sesións de avaliación e medidas a tomar: aspectos burocráticos da avaliación por
parte do titor/a, comunicación dos resultados ós pais/nais,…
→ 2º TRIMESTRE
- Reflexión sobre os resultados da 1º avaliación.
- Técnicas de estudo para mellorar resultados.
- Drogas e alcohol, dentro do fomento de hábitos de vida saudables, a cargo da
Cruz Vermella
- Actividades de reflexión de preavaliación
- Sesións de avaliación e medidas a tomar: aspectos burocráticos da avaliación por
parte do titor/a, comunicación dos resultados ós pais/nais,…
→ 3º TRIMESTRE
- Coñecemento do sistema educativo: a etapa E.S.O. (POAP).
- Actividades de HHSS.
- Alimentación e vida activa, dentro das actividades propostas pola Cruz Vermella.
- Actividades de reflexión de preavaliación.
- Información sobre o documento “Consello Orientador”
- Sesión de avaliación: aspectos burocráticos por parte do titor/a, comunicación dos
reslutados ós pais/nais,…
2º DA E.S.O.
→ 1º TRIMESTRE
- Programa de apoio socioemocional por COVID-19: dossier con actividades de
acollida para realizar unha valoración que permita coñecer o estado emocional do
alumnado despois do confinamento, recuperar a convivencia no centro escolar e
promover un acompañamento emocional, para poder detectar aqueles casos nos
que aparezan dificultades socioemocionais.
- Actividades de acollida ós alumnos/as: presentación do titor/a, coñecemento das
aulas, horarios, materias, normas do centro.
- Recollida de información de cada alumno/a: revisión do expediente do alumnos/as,
información recollida nas xornadas de acollida a alumnos/as.
- Coñecemento do NOF por parte dos alumnos/as: explicación e realización de
actividades sobre o mesmo.
- Elección de delegado/a: coñecemento das funcións do delegado/a, reflexión sobre
as características dun bo delegado/a, proceso de elección (constitución da mesa
electoral, electores, candidatos/as, acta de elección,…)
- Acollida a pais/nais: presentación dos titores; dar a coñecer as normas de
funcionamento do centro, entrega de documentación informativa,..
- Prevención e hixiene fronte o SARS-CoV-2, a cargo do persoal sanitario do centro
de saúde da Rúa.
- Planificación e organización do estudo.
- “Uso responsable das novas tecnoloxías” a través do Plan Director
- Actividades de reflexión de preavaliación.
- Sesións de avaliación e medidas a tomar: aspectos burocráticos da avaliación por
parte do titor/a, comunicación dos resultados ós pais/nais ,..
→ 2º TRIMESTRE
- Reflexión sobre resultados da 1º avaliación.
- Saúde Afectiva-sexual, a cargo da Cruz Vermella
- Programa de HHSS
- Desenvolvemento da unidade didáctica “Ni ogros ni princesas”
- Actividades de reflexión de preavaliación.
- Sesións de avaliación e medidas a tomar: aspectos burocráticos de avaliación por
parte do titor, comunicación dos resultados ós pais,..
→3º TRIMESTRE
- O proceso de toma de decisións: fases do proceso e actividades sinxelas de toma
de decisións mediante a realización de casos prácticos (POAP).
- Orientación académica: 3º ESO opcionalidade e implicacións futuras
- Continuación programa de HHSS.
- Actividades de reflexión de preavaliación.
- Información sobre o documento “Consello Orientador”
- Sesións de avaliación: aspectos burocráticos de avaliación por parte dos titores,
comunicación dos resultados ós pais/nais ,…
3º DA E.S.O.
→1º TRIMESTRE
- Programa de apoio socioemocional por COVID-19: dossier con actividades de
acollida para realizar unha valoración que permita coñecer o estado emocional do
alumnado despois do confinamento, recuperar a convivencia no centro escolar e
promover un acompañamento emocional, para poder detectar aqueles casos nos
que aparezan dificultades socioemocionais.
- Actividades de acollida ós alumnos/as: presentación do titor/a, coñecemento das
aulas, horarios, materias, normas do centro,…
- Recollida inicial de información de cada alumno/a: cuestionario personal inicial,
revisión de expediente do alumno/a,…
- Coñecemento do NOF por parte do alumno.
- Elección de delegado/a.
- Acollida a pais/nais: presentación dos titores; dar a coñecer as normas de
funcionamento do centro; entrega de documentación informativa.
- Prevención e hixiene fronte o SARS-CoV-2, a cargo do persoal sanitario do centro
de saúde da Rúa.
- Repaso das técnicas de estudo e profundización nas técnicas nemotécnicas.
- Actividades de reflexión de preavaliación
- Sesións de avaliación e medidas a tomar: aspectos burocráticos de avaliación por
parte do titor/a, comunicación dos resultados ós pais/nais ,..
→ 2º TRIMESTRE
- Reflexión sobre a 1º avaliación
- “Imaxe corporal e relación sociais”. Obradoiro a cargo do Programa Quérote +
- Actividades de reflexión de preavaliación
- Sesións de avaliación e medidas a tomar: aspectos burocráticos de avaliación por
parte do titor/a, comunicación dos resultados ós pais/nais ,..
→3º TRIMESTRRE
- Explicación do sistema educativo. (POAP)
- O proceso de toma de decisións: fases dos proceso e actividades de toma de
decisións mediante a realización de casos prácticos (POAP).
- Orientación académica e profesional: Implicacións das eleccións de 4º da ESO
(LOMCE)
- Prevención da violencia de xénero, dentro das charlas propostas polo Plan
Director.
- Actividades de reflexión de preavaliación.
- Información sobre o documento “Consello Orientador”
- Sesións de avaliación: aspectos burocráticos de avaliación por parte do titor/a,
comunicación dos resultados ós pais/nais ,..
4º DA E.S.O.
→ 1º TRIMESTRE
- Programa de apoio socioemocional por COVID-19: dossier con actividades de
acollida para realizar unha valoración que permita coñecer o estado emocional do
alumnado despois do confinamento, recuperar a convivencia no centro escolar e
promover un acompañamento emocional, para poder detectar aqueles casos nos
que aparezan dificultades socioemocionais.
- Actividade de acollida ó alumnado: presentación do titor/a, coñecemento das aulas,
horarios, materias, normas do centro,..
- Recollida de información de cada alumno/a: cuestionario personal inicial, revisión
do expediente do alumno/a,..
- Coñecemento do NOF por parte do alumnado.
- Elección de delegado/a.
- Acollida a pais/nais: presentación dos titores; dar a coñecer as normas de
funcionamento do centro, entrega de documentación informativa.
- Prevención e hixiene fronte o SARS-CoV-2, a cargo do persoal sanitario do centro
de saúde da Rúa.
- Planificación e organización do estudo
- Obradoiro “Discriminación por razón de sexo”, Cruz Vermella
- Actividades de reflexión de preavaliación.
- Sesións de avaliación e medidas a tomar: aspectos burocráticos de avaliación por
parte do titor/a, comunicación dos resultados ós pais/nais ,..
→2º TRIMESTRE
- Reflexión sobre os resultados da 1º avaliación
- O proceso de toma de decisións (POAP).
- Realización de cuestionarios de interese profesionais (POAP).
- Actividades de reflexión de preavaliación:
- Sesións de avaliación e medidas a tomar: aspectos burocráticos da avaliación por
parte do titor/a, comunicación dos resultados ós pais/nais,..
→3º TRIMESTRE
- Información sobre as distintas posibilidades ó rematar a E.S.O.
- A demanda profesional: introducción de técnicas de búsqueda de emprego (como
realizar un C.V., unha carta de presentación, como enfrontarse a unha entrevista
de traballo, resposta a anuncios,…)
- Información sobre datos de interese para o alumnodo para a toma de decisións
finais ó rematar a etapa.
- Actividades de reflexión de preavaliación.
- Información sobre o documento “Consello Orientador”
- Sesións de avaliación: aspectos burocráticos de avaliación por parte do titor/a,
comunicación dos resultados ós pais/nais,…
FORMACIÓN PROFESIONAL BÁSICA
→1º TRIMESTRE
- Programa de apoio socioemocional por COVID-19: dossier con actividades de
acollida para realizar unha valoración que permita coñecer o estado emocional do
alumnado despois do confinamento, recuperar a convivencia no centro escolar e
promover un acompañamento emocional, para poder detectar aqueles casos nos
que aparezan dificultades socioemocionais.
Actividades de acollida ós alumnos/as: presentación do titor/a, coñecemento das
aulas, horarios, normas do centro,..
- Recollida de información inicial de cada alumno.
- Coñecemento do NOF por parte do alumnado.
- Elección de delegado/a: coñecemento das funcións do delegado/a, reflexión
sobre as características dun bo delegado/a, proceso de elección.
- Acollida a pais/nais: presentación do titor/a, dar a coñecer as normas de
funcionamento do centro, entrega de documentación informativa.
- Prevención e hixiene fronte o SARS-CoV-2, a cargo do persoal sanitario do centro
de saúde da Rúa.
- Actividades de técnicas de estudo.
- Actividades de habilidades sociais, facendo un especial fincapé nos bloques de
Autoconcepto e autoestima.
- Actividades de reflexión de preavaliación.
- Sesións de avaliación: aspectos burocráticos de avaliación por parte do titor/a, comunicación dos resultados ós pais/nais,…
→2º TRIMESTRE
- Reflexión sobre os resultados da 1º avaliación
- Acoso Escolar, a cargo da Cruz Vermella.
- Información sobre as distintas posibilidades ó rematar a FPB
- Técnicas de búsqueda de emprego.
- Actividades de reflexión de preavaliación.
- Sesións de avaliación e medidas a tomar: aspectos burocráticos de avaliación por
parte do titor/a, comunicación dos resultados ós pais/nais ,..
→3º TRIMESTRE
- Reflexión sobre os resultados da 2º avaliación
- Realización dun inventario de intereses profesionais.
- Asesoramento individualizado ó alumnado que o solicite ou o necesite.
- Actividades de reflexión de preavaliación.
- Sesións de avaliación e medidas a tomar: aspectos burocráticos de avaliación por
parte do titor/a, comunicación de resultados aos pais,…
- Actividades de reflexión de preavaliación.
- Sesións de avaliación e medidas a tomar: aspectos burocráticos de avaliación por
parte do titor/a, comunicación dos resultados ós pais/nais ,..
BACHARELATO
- Programa de apoio socioemocional por COVID-19: dossier con actividades de
acollida para realizar unha valoración que permita coñecer o estado emocional do
alumnado despois do confinamento, recuperar a convivencia no centro escolar e
promover un acompañamento emocional, para poder detectar aqueles casos nos
que aparezan dificultades socioemocionais.
- Actividades de acollida ós alumnos: presentación do titor/a, coñecemento das
aulas, materias, normas do centro, horarios.
- Recollida de información inicial.
- Coñecemento do NOF por parte do alumno.
- Elección de delegado/a.
- Acollida a pais/nais: presentación dos titores; dar a coñecer as normas de
funcionamento do centro; entrega de documentación informativa.
- Prevención e hixiene fronte o SARS-CoV-2, a cargo do persoal sanitario do centro
de saúde da Rúa.
- Información ó alumnado ó longo do curso escolar sobre temas de interese:
convocatoria de becas, probas de acceso á universidade, o ingreso na
universidade, os ciclos formativos de grao superior,…
- Orientación académica e profesional de carácter individual.
- Visita virtual á algunha feira universitaria galega
- Información individualizada ás familias por parte do titor/a ou orientadora cando o
demanden.
- Asesoramento individualizado ó alumnado que o necesite ou o solicite.
- Sesións de avaliación e medidas a tomar: aspectos burocráticos de avaliación por
parte do titor/a, comunicación dos resultados ós pais/nais,…
ACTIVIDADES ORGANIZADAS PARA TODO O CENTRO:
- Conmemoración do “Día contra a violencia de xénero” a través de diversas
actividades elaboradas durante a hora de titoria e polos diferentes departamentos
didácticos, destinadas a promover a igualdade entre homes e mulleres. Concursos
de lemas e microrelatos.
- Conmemoración do “Día Internacional dos Dereitos Humanos”.
- Conmemoración do “Día escolar da non Violencia e da Paz” co visionado de
estractos de diversas películas adaptadas a idade do alumnado e actividades
posteriores a dito visionado. Alguna das películas que empregamos son: La Ola,
American History X, Titanes: hicieron historia,…
- Conmemoración do “Día da muller traballadora” a través do visionado de diversos
videos sobre o xurdimento deste día que irá acompañada de actividades previas e
posteriores o visionados dos mesmos.
- Celebración do día mundial da saúde con diferentes actividades ao longo da
xornada lectiva.
AVALIACIÓN DA TITORÍA
BLOQUES
DE
CONTIDOS
ACTIVIDADES MATERIAIS AXENTES TEMPORALIZACIÓN
Avaliación da
titoría
- Análise das
actividades
realizadas, dos
resultados obtidos,
- Enquisa Titores 3º trimestre.
das dificultades
atopadas, das
propostas de
mellora.
REUNIÓNS COS PAIS
BLOQUES
DE
CONTIDOS
ACTIVIDADES MATERIAIS AXENTES TEMPORALIZACIÓN
Reunións cos
pais/nais
- Informar
sobre
funcionamento
do curso.
- Informar
sobre os
resultados da
avaliación,
tanto
individual
como grupal.
- Informar
sobre
itinerarios
posibles e/ou
saídas
académicas e
profesionais.
- Informar
sobre medidas
de atención á
diversidade
que se vaian a
tomar,
implicándoas.
- Documentos
remitidos polo
profesorado
sobre o
rendemento do
alumnodo ou
do grupo en
xeral
- Titores.
- Profesorado
en xeral.
-
Orientadora.
Ó longo do curso.
4.3.- ASPECTOS METODOLÓXICOS:
A línea de traballo que levaremos a cabo ríxese pola elaboración conxunta
de materiais para a titoría, actualmente contamos con un amplo dossier de
actividades para a E.S.O., que servirán como punto de partida.
Tomaremos como referentes os principios metodolóxicos sinalados na
lexislación vixente, polo que para desenvolver tales bloques de contidos
recurriremos ás seguintes técnicas metodolóxicas:
• Utilizar unha metodoloxía activa, participativa, interactiva e constructiva.
• Partir das ideas previas dos alumnos/as, favorecendo aprendizaxes
funcionais, significativos e constructivos.
• Favorecer actitudes positivas caro o aprendizaxe e a utilización das técnicas
de estudo, a igualdade de xénero, a resolución pacífica de conflitos,…
• Desenvolver estrategias de Aprender a aprender, resolución pacífica de
conflitos, hábitos saúdabres, …
• Recurrir á técnica de Mediación sempre que sexa posible, xa que é preciso
a participación voluntaria de tódolos implicados.
• Utilización de técnicas de dinámica de grupos, aprendizaxe por modelado,
aprendizaxe por descubrimento e autoinstrucións.
4.4.- RECURSOS:
Estos xa se sinalan no mesmo apartado do POE, polo que decidimos non
volver a reflexalos aquí. Ademais, compre deixar claro que os materiais máis
relevantes para cada tarefa sinálanse tamén no cadro correspondente.
5. IMPLEMENTACIÓN:
Todas as actividades e bloques de contidos sinalados con anterioridade
desenvolverande de forma mixta, tal e como sinala Rodríguez Moreno, e dicir, a
través das distintas áreas curriculares e da hora de titoría, contando tamén con que
algunhas delas levaranse a cado a través de actividades complementarias.
ENSINO A DISTANCIA:
No caso de ter que cambiar a modalidade de traballo a distancia, os titores coa
colaboración do departamento de orientación facilitarán información sobre as
temáticas anteriormente descritas a través da plataforma dixital e o apartado de
orientación da páxina web do IES.
AXENTES DA ACCIÓN TITORIAL.
- Titor ou Titora
A súa principal función é a mediadora, sendo o punto de referencia do
alumnado para a súa relación co resto do centro e coas familias.
As responsabilidades xirarán en torno a dous núcleos básicos:
• Cada alumno ou alumna do centro terá asignado un titor ou unha titora
que será o seu vínculo co centro, tanto a nivel individual como do grupo
ao que pertenza.
• As familias do alumnado ou os seus responsables terán no titor/a do
alumno/a o primeiro interlocutor para todo o que faga referencia ao seu
fillo ou filla.
Persoalmente, o titor ou titora será responsable de:
1) Realizar unha sesión semanal de titoría cos alumnos/as que ten ao seu
cargo.
2) Representar ou facer de voceiro do alumnado dun grupo, expresando diante
do equipo de profesores demandas, inquietudes, conflictos... xurdidos no
grupo.
3) Xestionar a información disponible sobre o alumnado do seu grupo respecto
do equipo de profesores, se o hai. Coidar e ter o día os rexistros de titoría.
4) Presidir as xuntas de avaliación.
5) Facilitar a cooperación e a boa relación entre o profesorado e as familias ou
responsables do alumnado.
6) Informar sobre actividades docentes e rendemento académico á familia e
alumnos.
7) Participar no desenvolvemento do PAT.
8) Seguir o proceso de ensino-aprendizaxe do alumnado.
9) Coordinar as Adaptacións Curriculares dos seus titorandos.
10) Facilitar a integración do alumnado.
11) Orientar ao alumnado.
12) Colaborar co Departamento de Orientación.
Responsabilidades colectivas.
O Equipo educativo, colectivamente, responsabilizarase de:
• Realizar o diagnóstico, seguimento, avaliación e orientación do alumnado
nos aspectos relacionados cos obxectivos xerais da acción titorial.
• Coordinar os contidos comúns e optativos, a metodoloxía e as estratexias
de aula e a avaliación para o seu grupo de alumnos/as.
• Realizar un diagnóstico inical a partir da observación en tódolos ámbitos do
proceso de aprendizaxe, priorizando o dominio dalgunhas capacidades e
actitudes básicas: Comprensión oral e escrita, razoamento, motivación,
estilo de aprendizaxe, participación...
• Organizar de forma coordinada a aprendizaxe de recursos instrumentais
para o estudo.
• Desenvolver unha actividade coordinada destinada a dotar ao alumnado de
estratexias que permitan o traspaso das aprendizaxes.
• Compartir aspectos relevantes, de tipo persoal, que non poden observarse
na aula, xa que son datos obtidos a través de cuestionarios, entrevistas,...,
realizadas co alumnado, coas súas familias ou servicios sociais.
• Utilizar o seguimento compartido do alumnado para, unha vez
diagnosticados os éxitos, erros, déficits, atopar e compartir fórmulas para
incidir sobre eles, sexa introducindo cambios na programación de aula sexa
a través de estratexias de compensación.
• Establecer criterios sobre as necesidades educativas que deben ser obxecto
dunha atención compensatoria e definir as características que tería que ter
esta actividade. Decidir o perfil do alumnado do seu grupo que se orienta
cara a actividades compensatorias novas ou previstas no centro. Realizar o
seguimento e a avaliación das actividades compensatorias.
• Participar no desenvolvemento do PAT.
Responsabilidades individuais.
Individualmente, cada membro do equipo educativo, terá a responsabilidade
de:
• Contribuír a dinamización do grupo-clase desde a práctica docente cotiá.
• Incorporar á programación de aula aspectos que contribúan ao
autocoñecemento e á autoestima do alumnado, a crear expectativas
positivas, a exercer a autonomía e a toma de decisións e a orientación
académica e profesionalmente ao alumnado.
• Coordinar os contidos da actividade docente xeral e efectuar as adaptacións
que se consideren necesarias na programación de aula.
• Coordinar as metodoloxías usadas por cada profesor/a na aula,
reflexionando sobre as características comúns e buscando e adaptando as
que sexan máis favorecedoras. Axustar a programación segundo os
principios de axuda educativa.
• Dar e solicitar, en equipo educativo, información relevante respecto ao
marco e contexto de cada alumno/a, o que deberá contribuír ao
coñecemento, seguimento e avaliación do proceso individual do alumnado.
• Tomar nota dos acordos aos que se chegue en equipo educativo e
transmitirllo aos seus equipos de área.
• Participar no desenvolvemento do PAT.
6. ORGANIZACIÓN E FUNCIONAMENTO:
Designación de titores.
Neste curso os titores foron designados tendo en conta os seguintes criterios:
- Disponibilidade horaria.
Horarios:
- Cada titor/a adicará dentro do seu horario unha hora lectiva semanal
para a titoría do seu grupo de alumnos.
- Cada titor/a destinará unha hora complementaria semanal destinada á
atención a pais.
- Cada titor/a solicitará a axuda do Departamento de Orientación para a
coordinación do PAT cando o considere necesario.
Modelo de organización e Funcionamento:
a. Correspóndelle á Xefa de Estudos coordinar e dirixir a acción dos
titores coa colaboración do Departamento de Orientación.
b. A Xefatura de Estudos terá as reunións que considere necesario
para o bo funcionamento da acción titorial.
c. Os titores deberán programar, de acordo coas liñas xerais
marcadas neste PAT, as actividades específicas titoriais que
desenvolverán ao longo do curso. Poderán solicitar a axuda do
Departamento de Orientación.
d. Os titores poderán convocar as reunións que consideren
necesarias cos equipos docentes do seu curso para o bo
funcionamento da acción titorial.
e. O D.O. contribuirá o desenvolvemento do PAT, baixo a dirección
da Xefatura de Estudos, asesorando os titores nas súas funcións,
facilitándolles os recursos necesarios e intervindo na medida das súas
posibilidades cando os titores o soliciten.
7. AVALIACIÓN E SEGUIMENTO:
A avaliación do PAT farase atendendo ós seguintes criterios:
- Grao de consecución dos obxectivos propostos.
- Grao de adecuación das actividades realizadas.
- Grao de adecuación dos recursos.
- Grao de adecuación da temporalización/secuenciación.
- Grao de satisfacción dos implicados.
- Efectos conseguidos e non previstos.
Ademais, contemplaranse os tres momentos esenciais de toda avaliación:
-Avaliación inicial:
Consiste en saber qué necesitan os destinatarios e logo facer unha
priorización de necesidades, atendendo ó principio de realidade, que sirva como
base para o deseño dos programas.
-Avaliación formativa:
Realízase durante o transcurso dunha actividade e permite modificar
determinados aspectos dun programa durante a posta en práctica.
-Avaliación final:
É a que se realiza ó final dun proceso e ten como finalidade determinar os
logros acadados e tomar decisións a máis longo prazo con respecto o programa.
Os indicadores que podemos empregar para levar a cabo esta avaliación son
numerosos, pero entre eles cabería destacar os seguintes:
- Se os obxectivos propostos recollen tódolos ámbitos da acción titorial.
- Se os contidos permiten a consecución dos obxectivos propostos.
- Se a temporalización se axusta ao horario xeral do alumnado.
- Se se empregan gran cantidade de estratexias metodolóxicas en función do tipo de
contidos e das características do alumnado.
- Se o profesorado coñece e utiliza os recursos do entorno.
- Grao de satisfacción dos distintos integrantes.
- Grao de coordinación entre os implicados.
Coma recursos para facer a avaliación do PAT se utilizarán, sobre todo, a
observación de cada actividade e as entrevistas cos titores/as e o alumnado en
xeral, así como a finais de curso os cuestionarios para titores/as e alumnos/as
sobre a valoración das titorias.
ANEXO II
PLAN DE ORIENTACIÓN ACADÉMICO-PROFESIONAL
Ten como finalidade favorecer a toma de decisións de carácter académico
por parte do alumnado. É importante que á hora de decidir, o alumno se informe
por diferentes medios, reflexione e tome as decisións máis acordes coas súas
capacidades, intereses e motivacións.
1. OBXECTIVOS:
1. Coordinar a Orientación académica dos alumnos ao longo da súa permanencia
no Centro, especialmente no tránsito á E.S.O.
2. Proporcionar ao alumno/a estratexias, información e recursos necesarios que lle
proporcionen un coñecemento máis obxectivo de si mesmo.
3. Recoñecer as opcións educativas e profesionais que propón a sociedade na
actualidade.
4. Axudar ao alumnado a desenvolver estratexias para afrontar o proceso de toma
de decisións.
5. Implementar habilidades sociais e de comunicación.
6. Fomentar a coordinación entre os diferentes membros da comunidade
educativa.
Estes obxectivos organízanse en torno a tres eixes principais:
1. O autocoñecemento: como son, como me vexo e como me ven os demais,
que me gusta, que se me dá ben, que quero ser.
- Aptitudes, habilidades, traxectoria escolar.
- Valores, intereses, motivacións.
- Personalidade, autoestima, actitudes.
- Aspiracións, expectativas, proxectos, afeccións.
- Situación familiar, socio-económica e cultural.
2. Coñecemento do sistema educativo: a E.S.O
- Optatividade
- E despóis da ESO, qué?
- Bolsas de axuda ao estudo.
3. Toma de decisións: resolución de problemas.
2. ÁMBITOS DE ACTUACIÓN
- Elaboración e difusión de documentos para o alumnado sobre a E.S.O.
- Asesoramento individualizado a pais/nais, profesores e alumnos/as.
- Organización da sesión de acollida no I.E.S. e das charlas, a alumnado e
familias, sobre a nova etapa educativa.
- Actividades que promovan unha autoimaxe axustada
- Actuacións destinadas a favorecer HHSS.
- Informar sobre a situación actual do mercado laboral
- Informar sobre as distintas posibilidades que oferta o sistema educativo
3. IMPLEMENTACIÓN:
3.1.- Criterios de actuación
A metodoloxía a empregar para levar a cabo estas actuacións tentará en
todo momento favorecer un clima de colaboración, diálogo e participación tanto na
relación entre o alumnado como entre o profesorado.
O Departamento de Orientación pretende ser unha entidade disposta a colaborar
en todo momento con calquera membro da comunidade educativa, favorecendo ó
mesmo tempo a actividade de aquel con quen colabora.
Dende o Departamento de Orientación, nas acción emprendidas, procurarase unha
metodoloxía que implique tanto á toda a comunidade educativa coma os servizos
do contorno, con accións globais que repercutan en todo o proceso educativo.
Para acadar isto empregaremos os dous modelos de intervención que de seguido
se expoñen:
Modelo de programas, usarase cando se observe unha necesidade e non
se produza a demanda esperada, coa intención de adiantarse aos acontecementos
e incidir no problema o máis rápido posible. A acción está encamiñada á
prevención e o desenvolvemento, e seguiranse as seguintes fases:
1. Análise do contexto
2. Detección de necesidades
3. Formulación de obxectivos
4. Planificación de actividades
5. Desenvolvemento do programa
6. Avaliación do programa.
O Modelo de consulta utilizarase para dar resposta ás demandas
manifestadas ou requeridas, coa intención de establecer un contexto de
colaboración para traballar co persoal docente nun programa no que todos se
sintan implicados. Este modelo aplicarase nos informes psicopedagóxicos e nas
demandas do profesorado ou titores con respecto ás necesidades individuais ou de
grupo. A acción deste modelo articularase ao redor de tres elementos:
1. O orientador asume o rol de consultor, que intervirá de forma indirecta co
cliente a través do mediador.
2. O mediador (titor, profesores, pais, etc) interveñen directamente co cliente, a
partir de propostas do orientador.
3. O destinatario último recibe unha intervención directa do mediador e indirecta
do orientador.
As actuacións correspondentes a este modelo serán:
1. Definición da consulta a través do informe da situación aportado polo
profesorado.
2. Avaliación de necesidades e recursos, na que colaborarán a orientadora e o
mediador.
3. Proposta de intervención consensuada entre o orientador e o mediador
4. Desenvolvemento do programa polo mediador
5. Avaliación do programa polo mediador e o orientador.
Así mesmo compre sinalar que unha grande parte das actuacións formuladas
inseriranse no desenvolvemento das programacións das distintas áreas e outras a
través do PAT. Os responsables do desenvolvemento serán todos os profesores,
coordinados polo titor e estes polo xefe de estudos e o departamento de
orientación.
ENSINO A DISTANCIA:
No caso de ter que continuar coa modalidade a distancia se realizarán
videoconferencias para asesorar aos distintos niveis da ESO, bacharelato e
formación profesional básica sobre a elección dos diferentes itinerarios a seguir e
toma de decisións en xeral.
Asimesmo a través do teléfono e o correo electrónico poderán facer as consultas
que precisen de maneira individual.
Algunhas das nosas actuacións serán:
1. Deseñar o Plan de Orientación Académica e Porfesional (P.O.A.P)
2. Sensibilizar á comunidade educativa da necesidade de desenvolver o POAP e
da súa coordinación entre todos os axentes que interveñen en cada curso.
3. Formación inicial e continua aos profesores e titores sobre as necesidades
detectadas á hora de implantar o POAP ou daquelas que van xurdindo durante
proceso de ensino-aprendizaxe.
4. Asesoramento aos titores en aspectos como o autocoñecemento dos alumnos,
adestramento para a toma de decisións, principios metodolóxicos en que se
basear, deseño de actividades, principios da avaliación, detección das
necesidades…
5. Apoio informativo aos titores sobre opcións académicas e laborais e sobre as
diferentes medidas de atención á diversidade e a personalización da educación.
6. Proporcionar recursos para desenvolver as diferentes actividades.
7. Intervención directa en actividades concretas dirixidas aos alumno/as
8. Actividades dirixidas ás familias, para facilitar a súa colaboración e implicación
na educación e no proceso de toma de decisións dos seus fillos.
9. Colaboración cós equipos educativos para a elaboración do consello orientador
3.2.- Distribución de tarefas.
As tarefas para cada actividade serán distribuidas segundo os sectores e
persoas implicados, segundo se especifica no plan de orientación,
procurando responsabilizar a cada quen do seu labor na tarefa para unha
mellor consecución dos obxectivos. A este efecto procurarase a
corresponsabilidade, a cooperación, a coordinación e o traballo en grupo.
3.3.- Recursos empregados.
Os recursos empregados serán aqueles dos que dispoña o centro, tanto
materiais como persoais e de espacio, podendo acudir a axentes externos
cando así o requira a actuación demandada ou programada., procurando
sempre un rendemento óptimo e o mellor aproveitamento dos recursos
existentes.
RECURSOS
Persoais Do contexto Materiais
Profesorado
Titores
Orientador
Profesionais externos
- Concello: traballadora
social,…
- Profesionais dos centros
educativos da zona
- Consellaría
- Cuestionarios
- Folletos informativos de
diferentes estudos
- Información de becas
- Fichas
- Internet
- Familias
- Tests e baterias de aptitudes
escolares.
- Bibliografía de diversos
temas.
- Ordenadores e programas
informáticos sobre educación
en valores, transito a ESO,
coñecemento do idioma
galego,…
Material Interactivo
3.4.- Temporalización.
A programación do tempo especifícase para cada actividade en cada un dos
apartados do Plan de Orientación e do PAT. Nembargantes atenderanse
puntualmente aquelas necesidades prioritarias que xurdan ao longo do curso,
tendo en conta sempre as prioridades educativas, persoais e de formación dos
alumnos.
ANEXO III
Programación didáctica de
PEDAGOXÍA TERAPÉUTICA
JULIA TRINCADO VICENTE
INDICE 1 INTRODUCIÓN
2 PLANIFICACIÓN DO TRABALLO DO ALUMNADO CON NEAE
3 OBXECTIVOS XERAIS
4 METODOLOXÍA
5 RECURSOS
6 INTERVENCIÓN EDUCATIVA CO ALUMNADO CON NEAE
7 TEMPORALIZACIÓN
8 AVALIACIÓN
1. INTRODUCIÓN
Dada a grande heteroxeneidade do noso alumnado é preciso ofrecer unha resposta
educativa adecuada e integradora, por unha parte aceptando a diversidade para
favorecela e por outra asumindo as diferenzas, para desenvolver en todo o alumnado
as súas capacidades e habilidades partindo da súa situación persoal e sociocultural e
dos seus ritmos de aprendizaxe.
A integración educativa é polo tanto un proceso interactivo que non depende
soamente das condicións persoais e do contorno social dos nenos, sino tamén das
estratexias da ensinanza e das experiencias que se propoñan.
A adecuada resposta educativa a todo o alumnado concíbese partindo dos principios
de normalización e inclusión, garántese unicamente de ese modo o normal
desenvolvemento de todos, favorecendo a equidade e contribuíndo a unha maior
cohesión social. A atención a diversidade é unha necesidade que abrangue a tódalas
etapas educativas e a todo o alumnado. Debemos ter en conta que a atención a
diversidade persigue:
• A calidade da educación para todo o alumnado, independentemente das súas
condicións e circunstancias.
• A equidade que garante a igualdade de oportunidades, a inclusión educativa e a
non discriminación, e actúe como elemento compensador das desigualdades
persoais, culturais, económicas e sociais, con especial atención as que deriven de
discapacidade.
• A flexibilidade para poder adecuar a educación á diversidade de aptitudes,
intereses, expectativas e necesidades do alumnado.
• A educación na igualdade de trato e non discriminación das persoas con
discapacidade.
Definimos por tanto a orientación educativa como un proceso de axuda inmerso
dentro da actividade educativa, o seu obxectivo é contribuír o desenvolvemento
integral do alumnado, co fin de capacitarlle para unha aprendizaxe autónoma e unha
participación activa, crítica e transformadora da sociedade. A orientación iniciase polo
tanto nos primeiros momentos da escolaridade, desenvólvese de maneira sistemática
ao longo da mesma e ten unha proxección mais alá da institución escolar.
En coherencia con estes principios, os centros escolares porán en marcha un
conxunto de accións encamiñadas a asegurar a educación integral do alumnado.
Neste sentido é importante a función da especialista en Pedagoxía Terapéutica que
contribúe ó seu logro aportando asesoramento e apoio.
2. PLANIFICACIÓN DO TRABALLO DO ALUMNADO CON NEAE
As actividades a levar a cabo en relación a atención a diversidade, concrétanse
nos seguintes apartados:
CO ALUMNADO
Atención directa os alumnos con necesidades no seu grupo ou individualmente
cando se considere necesario.
Elaborar e aplicar programas para a adquisición de habilidades no ámbito da
autonomía persoal ou social para aqueles alumnos que requiran adaptacións
individuais.
CO PROFESORADO
Coordinar e colaborar na resposta educativa ao alumnado con necesidades con
todo o profesorado implicado.
Colaborar cos profesores de área na elaboración e actualización das Adaptacións
Curriculares.
Coordinar e colaborar co resto de profesores na adecuación de recursos ou
materiais necesarios para a realización do proceso educativo dos alumnos con
necesidades.
Participar xunto cos profesores nas sesións de avaliación e na elaboración de
informes.
COS PAIS
Orientar e asesorar ós pais dos alumnos con necesidades para a súa
participación e colaboración na educación do seu fillo/a.
RESPOSTA EDUCATIVA
A profesora de P.T. atende de forma individualizada ou en pequeno grupo a estes
alumnos.
ORGANIZACIÓN
Dada a situación excepcional que estamos vivindo actualmente, atenderase o
alumno con NEAE na súa aula de referencia, excepto naquelas circunstancias nas
que a atención na aula de apoio sexa a mellor opción.
Os alumnos integraranse totalmente na súa aula no momento que superen a súa
dificultade e así o decida a orientadora xunto cos demais profesionais implicados.
3. OBXECTIVOS XERAIS
- Procurar o desenvolvemento normalizado e integral do alumnado con necesidade
específica de apoio educativo no ámbito educativo e afectivo proporcionándolle
unha axuda que lle permita superar as súas dificultades.
- Conseguir un desenvolvemento da linguaxe do alumnado para que lle sirva como
medio para a súa aprendizaxe e integración social.
- Conseguir o dominio progresivo das técnicas instrumentais básicas.
- Procurar a maior integración posible de cada alumno/a nas actividades escolares.
- Establecer unha boa coordinación cos titores e demais profesores implicados, para
unha continuidade do proceso ensinanza- aprendizaxe.
- Implicar aos pais no proceso educativo de seus fillos, concienciándoos da
importancia da súa colaboración.
Como obxectivos específicos sinalar os seguintes:
- Desenvolver o hábito de lectura como fonte de información, formación e
pracer.
- Comprender e producir textos en formato variado dos ámbitos persoal,
social, cultural e profesional, con vocabulario apropiado para a finalidade
pretendida.
- Desenvolver a observación e o espíritu crítico.
- Desenvolver a competencia matemática e dixital que lle facilite
desempeñar o seu papel na vida persoal e no mundo social e laboral.
- Desenvolver a capacidade para identificar problemas, contrastar
información, avanzar hipóteses e aplicar técnicas adecuadas para a súa
resolución.
- Desenvolver actitudes democráticas que permitan a participación nunha
sociedade plural e diversa, tendo presentes os dereitos e os deberes
compartidos, e o respecto polas diferenzas.
- Desenvolver a autoestima, o afán de superación e a capacidade de
adaptación a novos retos, de acordo cos intereses e coas aptitudes
persoais.
- Desenvolver hábitos e habilidades que faciliten o acceso ó contorno
laboral e o adecuado progreso.
- Potenciar a autonomía persoal. Sinalar que estes obxectivos adaptaranse na medida do posible ás súas capacidades,
pretendéndose en todo momento o benestar e satisfacción do alumnado así como
potenciar o seu desenvolvemento persoal e social. É preciso ademais ter en conta
que nas diferentes áreas traballaranse as habilidades mentais básicas principais
como: razoamento lóxico, alteracións de lectoescritura, orientación espacial,
lateralidade, atención selectiva, así como percepción e memoria visual.
Os estándares de aprendizaxe traballarase tendo en conta os fixados e concretados
nas programacións didácticas de cada materia, así como os fixados para cada unha
das ACS.
4. METODOLOXÍA
Na atención ao alumnado con necesidades específicas de apoio educativo
(NEAE) o alumnado terá acceso ao proceso de ensinanza aprendizaxe en calquera
dos escenarios presentes, asegurando a súa participación e implicación no
desenvolvemento das accións educativas.
En canto a metodoloxía, impartirase a modalidade máis axeitada dacordo os
diferentes marcos que se apliquen en función da situación sanitaria: os recursos
dixitais serán de utilización preferente e as actividades educativas deseñadas
poderanse desenvolver de forma presencial e non presencial.
Cando a atención sexa presencial: fomentaremos o desenvolvemento normalizado e
integral do alumnado con necesidades específicas no ámbito educativo e afectivo
proporcionándolle unha axuda que lle permita superar as súas dificultades de forma
presencial.
Cando a atención sexa non presencial: empregaremos diferentes métodos en función
de cada alumno/a e da súa dispoñibilidade tecnolóxica, para unha continuidade do
proceso ensinanza aprendizaxe, especialmente na conectividade e seguimento das
tarefas do alumnado con NEAE
O principio metodolóxico é promover un proceso de ensinanza-aprendizaxe activa,
participativa e flexible permitindo o traballo a diferentes ritmos e niveis, en virtude das
necesidades.
A metodoloxía deberá atender a heteroxeneidade do alumnado, partirá dos principios
básicos (aprender a aprender, propiciará as aprendizaxes significativas, funcionais,
globalizadas, partirá do concreto, próximo, coñecido, real… cara ao xeral,
descoñecido, abstracto…, partirá do nivel de desenvolvemento e dos coñecementos
previos, etc). Debe ter características comúns, debe ser: aberta, flexible,
individualizada, normalizadora e integradora, para que ademais de poder adaptarse
as capacidades, necesidades e intereses de cada alumno/a, permita integrar ó
alumnado con características especiais e proporcionar para eles situacións de
máxima normalización.
Un aspecto importante é que cada alumno sexa o protagonista do seu propio
proceso de ensino-aprendizaxe, sendo o profesor un guía. Favorecerase sempre
unha intensa actividade por parte do alumno, que lle procure o maior número posible
de experiencias axudándolle a ser mais autónomo, eloxiando os logros mediante
reforzo positivo, e na búsqueda da motivación dos alumnos cara as actividades,
favorecendo a coordinación entre o profesorado e informando as familias e requerindo
a súa colaboración.
Haberá que fomentar a creatividade e a imaxinación, ofrecendo situacións e
actividades favorables o seu desenvolvemento. Todo isto dentro dun ambiente de
afecto e confianza, dando así seguridade ós alumnos e propiciando a súa
espontaneidade pero tamén atendendo a unhas normas de conduta claras.
5. RECURSOS
Os recursos utilizaranse en función das necesidades educativas do alumnado.
Podemos clasificalos en recursos materiais, persoais e organizativos.
Os recursos materiais constitúen un complemento facilitador do proceso ensinanza-
aprendizaxe en especial para o alumno con dificultades. Deben ser funcionais e
adecuados para os obxectivos que queremos conseguir.
A hora de seleccionalos e utilizalos debemos ter presentes os seguintes criterios:
Deben ser seguros, sinxelos e polivalentes.
Deben ser atractivos e variados.
Deben estar adaptados ás distintas capacidades dos alumnos.
Deben de poder ser utilizados de forma autónoma.
Os alumnos con necesidades deberán na medida do posible utilizar o mesmo material
co resto dos compañeiros, será na aula de apoio onde poderán empregar materiais
mais específicos para facilitar a aprendizaxe.
Nesta aula cóntase con material suficiente e motivador para a atención e recuperación
dos alumnos.
Os recursos persoais son todos aqueles profesionais que interveñen de modo directo
ou indirecto no proceso ensino-aprendizaxe dos alumnos, tanto sexan estes
pertencentes ou non o centro.
Os recursos do centro: empregarase aula virtual do centro, videoconferencia, correo
electrónico, libro E-Dixgal, material impreso, teléfono móbil, e outras administracións
públicas.
6. INTERVENCIÓN EDUCATIVA CON NEAE
Durante o presente curso escolar, aténdense na aula de apoio e na aula ordinaria os
alumnos/as dos seguintes cursos:
En 1º ESO hai seis alumnos de Reforzo Educativo, un alumno con TDAH e
unha alumna con TDA
En 2º ESO hai cinco alumnos con ACS e un dos alumnos con TEA
No proceso de ensinanza-aprendizaxe dos alumnos/as con necesidades específicas
de apoio educativo, os cales recibirán apoio individual ou grupal, así como dentro e
fora da aula ordinaria en base a ditas necesidades, dada a situación excepcional que
estamos vivindo actualmente. A intervención vaise dirixir fundamentalmente a mellorar
as dificultades de aprendizaxe nas distintas áreas, adquirir habilidades, destrezas e
actitudes para mellorar o traballo, así como propiciar o desenvolvemento da
personalidade do alumnado.
A estes alumnos ofréceselle a axuda necesaria para que poidan acadar os obxectivos
do seu curso, esta axuda concrétase nun reforzo educativo referido
fundamentalmente ás áreas de matemáticas e lingua, tendo en conta que teñen estas
dificultades habitualmente.
Fomentarase en todo momento a adquisición de hábitos e a autonomía persoal, así
como a socialización e integración normal deste alumnado.
Para rematar, dicir que a distribución quedará fixada unha vez realizada a avaliación
inicial, para dar unha boa resposta educativa ás dificultades de aprendizaxe que
presentan.
7. TEMPORALIZACIÓN
O traballo con estes alumnos levarase a cabo neste curso escolar 2020/2021 pero
haberá que adaptarse a cada alumno e as súas necesidades para concretar a
duración da intervención, normalmente esta atención prolóngase mais alá dun curso.
De todos modos haberá casos nos que a implicación dos especialistas será puntual
durante un corto período de tempo.
As características deste alumnado fai que permanentemente sexa necesario adaptar
a resposta educativa segundo a súa evolución e necesidades.
8. AVALIACIÓN
A avaliación refírese en primeiro lugar a intervención con estes alumnos, será unha
avaliación continua de todo o proceso educativo. As actividades de avaliación irán
encamiñadas a:
a. Valorar en que medida se logren os obxectivos propostos.
b. Mellorar os deseños de intervención docente para corrixir e adaptar os
aspectos que se consideren necesarios de cara a conseguir unha maior
eficacia.
c. Participación e coordinación de todos os profesionais implicados na
recuperación deste alumnado.
En canto a avaliación dos nenos teranse en conta os criterios de avaliación
establecidos para o grupo de alumnos, tendo en conta en cada caso as medidas de
atención a diversidade adoptadas: reforzo educativo dentro da aula de referencia, e
atención na aula de apoio naquelas circunstancias nas que sexa a mellor opción.
Aínda que son os profesores da materia os responsables de avaliar estes nenos, e
indispensable a coordinación cos especialistas de PT e AL para favorecer o grao de
consecución dos obxectivos propostos. O longo do curso farei as correccións
oportunas á programación, obtendo así os datos necesarios para posibles
modificacións que se reflectirán, de ser o caso, na memoria final.
JULIA TRINCADO VICENTE - Especialista en Pedagoxía Terapéutica
ANEXO IV
Programación didáctica de
Audición e Linguaxe
INDICE
- ALUMNADO ATENDIDO
- OBXECTIVOS XERAIS E ESPECÍFICOS
- ÁMBITOS DE ACTUACIÓN
- PROGRAMA XERAL DE INTERVENCIÓN
- RECURSOS
- TEMPORALIZACIÓN
- METODOLOXÍA
- AVALIACIÓN
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2020-21 68
ALUMNADO DE ATENCIÓN POLA MESTRA DE AUDICIÓN E LINGUAXE
Neste curso 2020-2021, o alumnado susceptible de apoio na especialidade de
Audición e Linguaxe son:
1º ESO A:
- Un alumno procedente de Francia que amosa dificultades na expresión e
comprensión, ademais de presentar dificultades na adquisición dos
contidos básicos no que se refire as linguas.
- Un alumno con dificultades de aprendizaxe.
- Unha alumna con TDA.
O apoio deste alumnado é de 5 sesións semanais dentro da aula, 3 sesións na
materia de Lingua Castelá e dúas sesións na materia de Lingua Galega.
O alumnado recibe o apoio nas linguas, tanto no referido ós contidos das
materias, como no referido a algún aspecto concreto no que o alumnado presente
dificultades: atención, comprensión, caligrafía,…
1º ESO B:
- Un alumno con TDAH. O apoio que vai a recibir este alumno é de 3 sesións
semanais repartidas nas áreas das linguas (lingua galega e lingua castelá).
Ademais de reforzar os contidos nas áreas das linguas este alumno vai
recibir apoio para traballar aspectos concretos onde presenta dificultades:
atención, expresión escrita, caligrafía.
O apoio farase dentro da aula.
- Un alumno con dislexia. O apoio que vai a recibir este alumno é de 4
sesións semanais nas áreas das linguas (2 sesións en lingua galega e 2
sesións en lingua castelá), 3 das cales dentro da aula e unha delas fora da
aula, que se alternará entre lingua galega e lingua castelá. As 3 sesións
dentro da aula estarán adicadas a reforzar os contidos das materias e a
sesión fora da aula estará adicada a traballar os aspectos nos que o
alumno presenta dificultades derivados da dislexia.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2020-21 69
- Un alumno con dificultades de aprendizaxe. Este alumno vai a recibir apoio
3 sesións semanais repartidas nas áreas das linguas (lingua galega e
lingua castelá). As 3 sesións estarán adicadas a reforzar os contidos das
áreas das linguas e aspectos concretos onde o alumno presenta
dificultades: expresión escrita, comprensión…
- Un alumno con hipoacusia neurosensorial bilateral. Este alumno vai a
recibir apoio dentro da aula ordinaria 3 sesións semanais repartidas nas
áreas das linguas (lingua galega e lingua castelá). As tres sesións estarán
adicadas a reforzar os contidos das materias así como outros de tipo
comunicativo: tanto expresivo como comprensivo. Si houbese que tratar
algún aspecto concreto derivado do seu trastorno que non se puidese
atender na aula, faríase nalgunha sesión fora da aula.
2º ESO A:
- Dous alumnos con dificultades de aprendizaxe, especialmente no referente
á comprensión. Teñen ACS de 5º/6º de Educación Primaria en Lingua
Galega. Estes alumnos reciben apoio da mestra de audición e linguaxe 2
sesións semanais, unha dentro da aula para reforzar os contidos da
materia de lingua castelá e unha fora da aula en lingua galega para
traballar a ACS e aspectos concretos onde os alumnos presentan
dificultades.
- Un alumno con dificultades de aprendizaxe que recibe apoio unha sesión
semanal en lingua castelá para reforzar os contidos da materia.
- Unha alumna con dificultades de aprendizaxe que ten ACS de 4º de
Educación Primaria en Lingua Galega e Lingua Castelá e que ten reforzo
na materia de Física e Química. Esta alumna recibe apoio 4 sesións
semanais: dúas en lingua castelá, unha dentro da aula ordinaria e outra
fora, nas dúas sesións trabállase a ACS e ademais na sesión fora da aula
trabállanse aspectos nos que a alumna presenta dificultades: lectura,
comprensión, expresión oral e escrita, … Unha sesión fora da aula en
lingua galega para traballar a ACS e unha sesión dentro da aula para
reforzar os contidos da materia de Física e Química.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2020-21 70
2º ESO B:
- Un alumno con dislexia e TDA e unha alumna con dislexia. Reciben apoio
3 sesións semanais dentro da aula: 1 sesión para reforzar os contidos da
área de lingua castelá e 2 sesións fora da aula ordinaria para traballar os
aspectos concretos onde presentan dificultades derivados da
dislexia/atención e para traballar os contidos das materias de lingua galega
e lingua castelá. O traballo das sesións fora da aula é o seguinte: media
sesión para traballar os aspectos concretos da dislexia e a outra media
sesión para traballar os contidos das materias.
- Un alumno con TEA que ten ACS de 6º de Educación Primaria en Inglés, o
cal recibe apoio 5 sesións semanais dentro e fora da aula ordinaria en
diferentes áreas:
• Lingua Castelá: 1 sesión dentro da aula e outra fora.
• Lingua Galega: 1 sesión fora da aula.
• Inglés: 1 sesión dentro da aula.
• Física e Química: 1 sesión dentro da aula.
Ademais de reforzar os contidos das diferentes materias tanto nas sesións de
dentro da aula como de fora, tamén se traballan con este alumno aspectos nos
que presenta dificultades como: procesos cognitivos: a atención, funcións
executivas: a organización e planificación, a comunicación e a linguaxe
(especificamente o nivel pragmático da linguaxe ), a expresión escrita, a lectura e
a comprensión lectora e as habilidades sociais.
- Un alumno con dificultades motrices (hemiparesia) que presenta
dificultades na escritura e que tamén presenta TDAH. Este alumno recibe
apoio nunha sesión semanal reforzando os contidos da materia de Lingua
Castelá e traballando aspectos nos que o alumno presenta dificultades,
como a escritura e a atención..
- Unha alumna que presenta dificultades de aprendizaxe e que ten ACS en
Lingua Castelá e Lingua Galega de 5º de Educación Primaria, tamén recibe
reforzo en Física e Química. Recibe apoio 4 sesións semanais, dúas fora
da aula ordinaria: unha en Lingua Galega e outra en Lingua Castelá para
traballar os contidos da materia coa ACS, e dúas dentro da aula: unha de
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2020-21 71
Lingua Castelá e outra de Física e Química onde se traballan tamén os
contidos das materias. Ademais coa alumna trabállase especificamente a
comprensión.
OBXECTIVOS XERAIS
A comunicación fundaméntase en accións como conversar, escoitar, expoñer e
dialogar, ler e escribir e reflexionar sobre si mesmo. Todas estas accións
desexables son unha meta a acadar cos nosos/as alumnos/as, na medida das
súas capacidades e intereses. Por iso, e tendo en conta os obxectivos da etapa
educativa no ámbito lingüístico (Competencia lingüística: Coas subdimensións
de escoitar, falar, conversar, ler e escribir. Supón a utilización da linguaxe como
instrumento de comunicación oral e escrita, autorregulación do pensamento, as
emocións e a conduta) podo conquerir os seguintes obxectivos xerais do servicio
de Audición e Linguaxe.
• Potenciar a intencionalidade comunicativa do alumno/a como base prioritaria
para a interacción cos demais.
• Realizar intervencións directas de apoio cos alumnos en coordinación co
titor/a.
- Usar a lingua para representar, buscar, transformar e procesar a información,
aproveitando os medios de comunicación e as novas tecnoloxías.
- Apropiarse de diferentes códigos e formas de representación e comunicación
(palabra, xesto, pictogramas...), para expresa-las súas ideas, sentimentos, desexos
e experiencias que lle permitan avanzar na construción de significados, regular a súa
propia conducta e influír na dos demais.
- Abordar a reeducación e rehabilitación da linguaxe incidindo na interacción
das súas dimensións básicas, especificamente na: semántica, morfosintaxe e
pragmática.
- Utilizar a biblioteca e as novas tecnoloxías como recursos comunicativos que
permiten o disfrute, a formación e a achega da información.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2020-21 72
- Realizar as coordinacións oportunas co orientador/a, E.O.E., titores,
profesores de apoio, equipo directivo, asociacións, etc… para o seguimento e
avaliación dos alumnos/as, así como para informar e dar pautas ás familias.
- Garantir a acollida do alumnado e da súa familia no centro dende o reto de
educar atendendo a realidade sociocultural.
Outros obxetivos xerais: proporcionar ós alumnos/as unha resposta
educativa adaptada á diversidade de capacidades, intereses e ritmos de
aprendizaxe de cada un a través de medidas organizativas, centradas estas en
facilitar os Mestres/as de cada materia unha intervención o máis individualizada
e personalizada posible. Do mesmo xeito, é preciso dinamizar o proceso de
integración do alumno/a con n.e.e., colaborar na elaboración das adaptacións
curriculares dos alumnos/as que o precisen, proporcionar o reforzo pedagóxico
que necesiten, favorecer pautas de actuación comúns nas áreas nas que os
alumnos/as precisen apoio e observar e avaliar o seu progreso.
Tendo en conta as necesidades que podamos atopar no noso alumnado, é
imprescindible matizar uns OBXECTIVOS ESPECÍFICOS dependendo do ámbito
de actuación:
Obxectivos xerais da intervención de alumnos/as con trastornos da
comunicación:
• Potenciar sistematicamente a comunicación e posibilitar que os/as
alumnos/as con trastornos usen as súas habilidades comunicativas en todas as
actividades da vida cotiá, mediante linguaxe oral e/ou un sistema alternativo de
comunicación.
• Ensinar o valor da linguaxe (oral ou alternativo) como instrumento para
conseguir regular o seu entorno. A ensinanza/aprendizaxe da función de petición
como medio de consecución dos seus desexos.
• Favorecer a comprensión das interaccións comunicativas dos seus
interlocutores para poder producir cambios e compartir significados.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2020-21 73
• Ensinarlles o uso de formas socialmente establecidas para relacionarse cos
demais.
Obxectivos xerais na intervención dos alumnos/as con dificultades na
linguaxe:
• Desenvolver o léxico, tanto receptivo como expresivo que favoreza a
representación mental e o coñecemento do mundo que lle rodea.
• Favorecer o uso adecuado de frases de distinto tipo, incorporando elementos
pertencentes a diferentes función gramaticais que lle permitan expresar con
corrección as súas intencións comunicativas.
• Desenvolver as relación semánticas entre palabras que favorezan os
procesos cognitivos e a expresión verbal dos contidos do pensamento.
• Desenvolver a vertente pragmática da linguaxe que lle permita un uso
funcional e social da linguaxe, así como as función da linguaxe de regulación e
planificación.
Obxectivos xerais da intervención con trastornos do fala:
• Favorecer o desenvolvemento dos aspectos perceptivos implicados na fala.
• Adquirir todos os elementos fonolóxicos que lle permitan unha fala
correctamente articulada.
• Favorecer os elementos suprasegmentais da fala, prosodia, ritmo.
Outros obxectivos específicos relacionados coa lectura, escritura e comprensión
son:
Desenvolver o hábito da lectura como fonte de información, formación e
pracer.
Comprender e producir textos en formato variado dos ámbitos persoal, social,
cultural e profesional co vocabulario apropiado para a finalidade pretendida.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2020-21 74
ÁMBITOS DE ACTUACIÓN
Os ámbitos de actuación serán:
1. Coordinación cos titores/as dos alumnos/as.
2. Intervención no proceso de ensinanza e aprendizaxe do alumno/a.
3. Información e colaboración cos pais, nais ou titores legais.
4. Respecto do departamento de orientación e/ou equipo específico de
orientación.
5. E aquelas que podan ir derivándose da práctica diaria (relacións con outras
entidades, asociacións…)
Coordinación cos titores/as dos alumnos /as
Funcións de apoio ou asesoramento ante demanda de avaliación e intervención.
Coñecemento sobre determinados déficits relacionados coa linguaxe e a
comunicación, pautas de actuación. Elaboración conxunta de medidas de reforzo,
adaptación e estratexias de intervención.
Intervención no proceso de ensinanza e aprendizaxe do alumno/a
O traballo co alumno/a implica:
Exploración inicial do alumno, para coñecer as súas carencias e competencias
lingüísticas.
Plan ou propostas de intervención individual para cada un dos alumnos/as,
onde se recollen os aspectos mais significativos a traballar.
Avaliación trimestral e final do apoio ó alumno.
Información e colaboración cos pais, nais e titores legais
Informar aos pais sobre o déficit na comunicación e as necesidades derivadas;
intervención da linguaxe e no apoio ou reforzo educativo (intentar que os pais
actúen, na medida posible, como cooperadores). Esta colaboración levarase a
cabo mediante entrevistas telefónicas ou mediante videoconferencia, debido á
situación da pandemia que estamos vivindo.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2020-21 75
Respecto ao Departamento de Orientación.
A mestra de audición e linguaxe apoiará ao orientador/a nas patoloxías referidas
ao ámbito comunicativo-lingüístico. Manteremos co departamento, reunións
(moitas das cales serán por videoconferencia) para tomar decisións con respecto
ás necesidades específicas de apoio educativo do alumnado, elaboración de
materiais e posta en marcha de diferentes medidas para a Atención á
Diversidade.
E aquelas outras actuacións que poidan ir derivándose da práctica diaria:
Relacións con asociacións específicas, gabinetes de logopedia, entidades e
persoas de interese… coas que debamos coordinarnos e colaborar para procurar
un compendio de actuación, onde o obxectivo común sexa acadar unha resposta
educativa de calidade e axustada para cada alumno/a.
PROGRAMA XERAL DE INTERVENCIÓN.
As áreas ou dimensións da linguaxe a traballar serán as seguintes:
PROCESOS COGNITIVOS
► Atención
► Memoria
► Funcións executivas
RELAXACIÓN
ÁREA FONÉTICO-FONOLÓXICA
• Rexistro fonolóxico
• Habilidades fonolóxicas.
• Discriminación auditiva fonética e fonolóxica.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2020-21 76
ÁREA MORFO-SINTÁCTICA
• Morfoloxía
• Sintaxe
ÁREA LÉXICO-SEMÁNTICA
Vocabulario
Comprensión
ÁREA PRAGMÁTICA
• Funcións da linguaxe: petición, emotiva ou persoal, representativa ou
informativa… a conversa, a linguaxe afectivo- social.
LECTOESCRITURA:
► Lectura e comprensión.
► Expresión escrita.
Ademais da intervención propia na área da linguaxe tamén haberá unha
intervención de reforzo educativo nas diferentes materias ou aspectos importantes
que axuden o alumnado no proceso de Ensinanza-Aprendizaxe (como xa se dixo
en apartados anteriores).
As ACTIVIDADES para traballar todos os aspectos anteriores (intervención
específica na aula de AL) serán o máis variadas e adaptadas ás necesidades e
intereses dos/as alumnos/as. Existen moitas actividades para traballar estes
aspectos pero non todas estas adaptadas para todos os/as alumno/as nin para os
seus intereses por iso haberá que ir vendo cales serán as máis axeitadas para
cada alumno/a.
As ACTIVIDADES que sexan de apoio ou reforzo educativo dentro da aula
ordinaria tamén serán o máis variadas posibles, motivantes e amenas que lle
faciliten o/a alumno/a o proceso de E/A.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2020-21 77
RECURSOS
• PERSOAIS: Mestres de apoio, familias, Atención Temperá, Gabinetes
externos e titores de cada grupo.
• MATERIAIS: Nesta situación de pandemia que estamos vivindo pola Covid-19
e seguindo as normas de seguridade e hixiene establecidas no Plan de
Adaptación do Centro farase un uso moi limitado de material impreso, a fin de
evitar o uso dese material por diferentes persoas, priorizando e favorecendo o uso
de material tecnolóxico (os recursos multimedia) como soporte e presentación da
información: presentacións en power-point, visualizadores de imaxes, pizarra
dixital, ordenadores, … todo isto dende unha educación presencial.
O materiais usados traballaran os seguintes aspectos:
• Material para traballar a atención: cancións mimadas, encaixables,
crebacabezas, imitar construción, imitar construción ou composicións con
diferentes tipos de pezas, Cadernos: León Lopa, C.M.:“Estimulación de Funciones
Cognitivas. Cuaderno 4: Atención. Nivel 1 y 2”. GEU Editorial; “Juegos de mente
6. Atención”, sopas de letras, encontrar diferencias entre dúas imaxes. Estes
materiais, moitos deles impresos serán adaptados a un formato dixital, sempre
que sexa posible ou buscaranse outras alternativas na rede: sopas de letras,
diferenzas, …
• Material para traballar a memoria: “Estimulación de las funciones
cognitivas 5. Memoria, Nivel 1 y 2”. GEU Editorial. Adaptado a formato dixital ou
outro material encontrado na rede.
• Material para traballar funcións executivas: “Estimulación de las
funciones cognitivas. Cuaderno 10: Funciones ejecutivas, Nivel 1 y 2”. GEU
Editorial. Adaptado a formato dixital ou outro material encontrado na rede.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2020-21 78
• Material para o desenvolvemento das habilidades cognitivas (memoria
auditiva, visual, secuencial, lóxica verbal. Absurdos, causa-efecto, contrarios...).
Todos en formato dixital.
• Material para relaxación ( música de relaxación).
• Material para traballar a discriminación auditiva e fonolóxica:
discriminación fonética e fonolóxica (oralmente pola mestra e por medio de
audios).
• Material de fonética/fonoloxía: Materiais para traballar as habilidades
fonolóxicas: rimas, sopas de letras. Para traballar o rexistro fonolóxico: láminas,
debuxos, … presentadas a través do ordenador. A páxina web: maestros de
audición e linguaxe (non só para traballar a fonoloxía senón tamén calquera
dimensión da linguaxe e outros aspectos implicados nela).
• Material para traballar a morfosintaxis: Material dixital para traballar
estes aspectos.
• Material para traballar o contido: lotos fonéticos, opostos, actividades
lim, outras materiais da páxina de mestres de audición e linguaxe para traballar o
vocabulario e as relacións semánticas. Puzzles dixitais para traballar diferentes
campos semánticos que teñen moitos debuxos para nomear obxectos, explicar
que son eses obxectos, onde se encontran e para que se usan. Tamén se usarán
xogos: De “sinónimos e antónimos” (dixitais), “Da Habana ven un barco cargado
de …”, “Veo, veo”, “Quién soy” (de forma oral).
• Material para traballar o uso: Cómics para falar (power point),
dramatizacións, crear situacións sociais onde se poñan en práctica os recursos
en determinadas situacións: (bos días, petición, por favor, gracias, ata logo …).
. Rolle-playing. Uso de inferencias a través de imaxes proxectadas no
ordenador.
• Material para traballar a lectoescritura: programa de habilidades
metafonolóxicas (actividades no ordenador), actividades de segmentación para a
lectura (orais e a través de actividades dixitais), actividades para a segmentación
de frases en palabras, palabras en sílabas e palabras en fonemas.
O uso de material impreso será usado tamén, pero de xeito individualizado, é
dicir, sen compartir o material. Estes materiais serán libros principalmente, este
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2020-21 79
ano non se usarán fichas para realizar as actividades, sempre que sexa posible,
agás nos cuadernillos entregados pola mestra ó alumnado de ACS, de uso
exclusivo do alumnado, xa que a mestra contará con outro cuadernillo tamén de
uso exclusivo.
• Planificación e Elaboración de Materiais. Un dos obxectivos ao longo do
curso é a Planificación e Elaboración de materiais específicos para o alumnado.
É moita a oferta que atopamos á venta e nas redes, mais hai intres nos que a
dinámica de traballo esíxenos de materiais máis específicos e concretos para o
tipo de alumnado que temos. Pretendo elaborar materiais creativos,
personalizados, funcionais e multisensoriais, a partires da aportación e
compartición de ideas con outros profesionais de A.L. Unha ferramenta básica
será a presentación visual dalgúns destes materiais, recorrendo necesariamente
ás novas tecnoloxías. Este curso a elaboración dos materiais será de tipo dixital
principalmente.
Ademais de por motivos de seguridade e hixiene, usarase e formarase ó
alumnado nos medios tecnolóxicos, de xeito presencial, para preparalos para
unha posible educación non presencial como consecuencia dalgún abrocho (Plan
de Continxencia).
Polo tanto, combinaranse os diferentes recursos que favorezan a igualdade de
oportunidades de todo alumnado atendido pola mestra de audición e linguaxe.
No caso dunha educación de tipo non presencial, pola aparición dalgún abrocho e
como consecuencia ter que voltar a un confinamento temporal, a mestra de
audición e linguaxe fará unha atención preferente ó alumnado con Necesidades
Educativas Especiais e o alumnado con Adaptacións Curriculares. Esta atención
estará suxeita ós medios/recursos cos que conte o alumnado, adaptándose, a
mestra, o uso do materiais, tanto na dispoñibilidade de medios/recursos, como
nos medios/recursos mais adaptados para as necesidades de dito alumnado con
dificultades, onde o manexo desa ferramenta sexa bo, por parte do alumnado e
beneficioso para a súa aprendizaxe, non supoñendo unha dificultade mais.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2020-21 80
O alumnado conectado a través de medios dixitais será atendido preferentemente
a través da aula virtual do centro e cando as necesidades o requiran por
videoconferencia a través do Cisco Webex ou outra medio do que se dispoña:
correo electrónico, Whatsapp, outras aplicacións informáticas.
Para o alumnado non conectado por medios dixitais, a atención farase por
teléfono ou por correo postal ó centro.
• ORGANIZATIVOS:
- A coordinación cos titores/as e demais especialistas realizarase, nas horas
designadas ou cando a necesidade o requira. Neste curso a coordinación entre
os profesionais estará limitada a reunións preferentemente por videoconferencia
dada a situación que estamos vivindo pola pandemia da Covid-19.
TEMPORALIZACIÓN
No que respecta a temporalización, a programación levarase a cabo ó longo do
curso 2020/2021 durante os tres trimestres de curso. A atención de todos os/as
alumnos/as é de 20 horas semanais repartidas entre o apoio dentro da aula
ordinaria e na aula específica de Audición e Linguaxe.
Este ano a atención será de horario completo no IES Cosme López Rodríguez.
METODOLOXÍA: ESTRATEXIAS E TÉCNICAS.
As estratexias metodolóxicas establecereinas en diferentes ámbitos:
CO ALUMNADO
Respondendo a pregunta de como ensinar, a metodoloxía da aula de Linguaxe,
será integradora, motívante, activa, significativa e flexible.
Integradora: con referencia a situacións sociais, dentro de grupos nos que o
alumno a pesares das súas dificultades poida participar. As sesións de linguaxe,
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2020-21 81
deberán estar sempre coordinadas cos plantexamentos curriculares; e ademais,
procurarei que as sesións sexan funcionais, que teñan a súa utilidade, a súa
práctica en situacións da vida diaria.
Motívante. As actividades propostas ós alumnos, deberán ser atraintes
estimuladoras e non converterse en exercicios aburridos e fóra dos seu intereses.
É preciso coñecer os intereses individuais do alumnado.
Activa, xa que o alumno é o protagonista, o que aprende facendo, practicando,
traballando, experimentando fracasos e éxitos; a mestra será a mediadora de
axudas as superacións de dificultades.
Significativa neste proceso. Unha metodoloxía pasiva crea suxeitos cómodos e
que non se plantexan ou o que é o mesmo, funcional; cunha aplicación práctica
que lle serve para establece-los lazos sociais (satisfacer desexos, necesidades,
demandas...)
Flexible, pois dado que o proceso de avaliación é continuo, en moitas ocasións
cambiarei aspectos da miña metodoloxía, no intento de conseguir resultados máis
satisfactorios.
Funcional, interésame elaborar sesións onde predomine unha metodoloxía
funcional máis que formal, é dicir, as actividades que plantexo buscan situacións
de diálogo e comunicación que permitan ó alumnado activar e desenvolver os
seus recursos comunicativos e lingüísticos.
Outros rangos da metodoloxía serán: a individualidade (adaptación as
necesidades persoais de cada alumno) e adaptada a diversidade.
E para pechar, procurarei eloxiar os seus logros e aproximacións, así como que o
alumno/a estea nun ambiente de confianza e benestar, nas sesións presenciais e
non presenciais cando a situación o requira.
CO PROFESORADO E PROFESIONAL IMPLICADO NO PROCESO DE E/A DO
ALUMNADO
A formulación do traballo en xeral será de asesoramento, colaboración,
coordinación e orientación dende as diferentes estruturas do centro; é dicir; na
Comisión de Coordinación Pedagóxica, no Departamento de Orientación e cos
titores individualmente.
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2020-21 82
COS PAIS/NAIS/TITORES LEGAIS
- Coordinación e colaboración cos pais/nais mostrando actitude de respecto e
sinceridade.
- Buscar o maior grao de colaboración.
- Conseguir que as familias se impliquen no proceso de E/A dos seus fillos
AVALIACIÓN
O proceso de avaliación concrétase en dous ámbitos: por unha parte, a avaliación
da Programación de Audición e Linguaxe e por outra a Avaliación Individual de
cada un dos alumnos.
Distinguiremos:
1º Avaliación inicial: terá como finalidade coñecer a linguaxe dos/as alumnos/as
e calquera outra dificultade derivada deste aspecto ou doutros que inflúan no seu
desenvolvemento e aprendizaxe a nivel xeral. En base a ela conquerirase a mellor
proposta de atención (nº e tipos de sesións de traballo) e a elaboración dun plan
de intervención individual en Linguaxe, apoio ou reforzo educativo. Realizarase un
informe de avaliación inicial.
2º Avaliación Formativa e continua, das medidas de atención o alumno. Será o
instrumento necesario que nos informará puntualmente dos progresos e fracasos.
Avaliación trimestral.
3º Avaliación final do plan de intervención do alumno, onde nun informe final
recollerase os obxectivos acadados polo alumno, así como as conclusións e
análise do apoio que recibiu o/a alumno/a. Ese informe final, permitirá establece-
lo punto de partida, no vindeiro curso.
4º Avaliación final da Programación de audición e linguaxe, co fin de recoller
na memoria final, os aspectos positivos e negativos, para mellorar no seguinte
curso. Implica analizar a adecuación do plan de apoio á realidade do centro e
DEPARTAMENTO DE ORIENTACIÓN CURSO 2020-21 83
deseñar as modificacións oportunas en canto ao alumnado, recursos persoais e
materiais previstos para o seguinte curso. Estableceranse uns criterios de
avaliación que faciliten a nosa labor educativa.
Mestra especialista en Audición e Linguaxe:
Asdo. Elena María Borrazás Verdía