perspectiva de xÉnero na docencia - usc.es · a introdución da perspectiva de xénero na docencia...

1
Iolanda Fernández-Casal, Trinidad de Miguel, Eva Aguayo e Benita Silva · Oficina de Igualdade de Xénero (OIX). Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade da USC · www.usc.es/oix A USC creou en 2006 unhas das primeiras oficinas de igualdade de xénero universitarias de España (a OIX). Tras concluír o I Plan Extratéxico de Igualdade de Oportunidades entre Mulleres e Homes (2009-2011) da institución, a OIX procedeu a realizar unha análise actualizada da USC en materia de igualdade. Este traballo completa a avaliación do plan xa rematado e será unha ferramenta útil na definición do próximo (2012-2014). 1. Coñecer a evolución da presenza de mulleres e homes entre PDI, PAS e alumnado. 2. Determinar en que medida se manteñen as segregacións horizontal e vertical na carreira docente e investigadora e do PAS. 3. Analizar a escolla de carreiras por parte do alumnado. 4. Determinar os avances na participación feminina nos distintos órganos de goberno da universidade. 5. Analizar a introdución da perspectiva de xénero na investigación e na docencia. Análise cuantitativa e cualitativa na que se compara o primeiro diagnóstico (que recolle datos ata 2007) coa evolución nos seguintes anos, ata 2010. Úsase información global de varios servizos da USC e a través de formularios deseñados pola OIX recábanse respostas individuais do PDI e das persoas responsables de centros e departamentos para coñecer con detalle a introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación. P R E S E N Z A D E M U L L E R E S E H O M E S NA U S C PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR (PDI) As mulleres son en 2010 o 38,61% do PDI, só 1,61 puntos máis que un lustro antes. Mantense unha fonda segregación vertical: a porcentaxe de catedráticas crece 4 puntos, pero só chega ao 16,29%. O dato máis positivo é o avance, de 12 puntos (54%), entre o persoal contratado doutor. ALUMNADO O 64,2% do alumnado 1º e 2º ciclo e graos da USC é feminino, pero persisten os estereotipos sexistas na escolla de carreiras: as alumnas son ampla maioría nas vinculadas ao coidado das persoas. No grao de Enfermería rondan o 85%. No de Mestre/a de Educación Infantil, os alumnos non chegan ao 10%. Os clichés seguen afastando as rapazas da informática, das enxeñarías técnicas e do grao de Física. PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVICIOS (PAS) As mulleres son a maioría do PAS (57,91%). A súa presenza nas categorias mais altas é menor que no conxunto do colectivo. Con todo, as mulleres convertéronse nun lustro na maioría de persoal nos grupos A1 e I. INVESTIGACIÓN O número de mulleres que coordinan grupos de investigación medrou dende 2006 máis de 9 puntos, ata o 33,24%, pero segue por debaixo do seu peso no conxunto do PDI. Así e todo, son máis que as mulleres no grupo de investigadores/as principais (IP) na captación de recursos, onde non hai avances. PERSPECTIVA DE XÉNERO NA INVESTIGACIÓN Polo menos 16 grupos de investigación desenvolven algunha liña de traballo con perspectiva de xénero. Case todos son da área de Ciencias Sociais e Xurídicas. Só un é de Ciencias da Saúde e outro, de Humanidades. En total, están a dirixir 25 teses con perspectiva de xénero. PERSPECTIVA DE XÉNERO NA DOCENCIA Medra o número de materias que declaran ter incorporada a perspectiva de xénero. En só 3 anos pásase de 9 nas distintas licenciaturas a 118 nos graos, ademais de todas as de Psicoloxía. Nos másteres, avánzase de 5 a 68, así como todas as do Máster de Educación, Xénero e Igualdade. A gran maioría son de Ciencias Sociais e Humanidades. Cabe sinalar a escaseza de materias de Ciencias da Saúde nas que esta perspectiva é recoñecida. P A R T I C I P A C I Ó N NO S Ó R G A N O S D E G O B E R N O E R E P R E S E N T A C I Ó N O equipo de goberno da USC é paritario. Nos decanatos e direccións de escola o nomeamento de mulleres medrou notablemente ata chegar ao 39,5%. Estes avances non se repiten nin no Consello de Goberno nin no Claustro. No primeiro, as mulleres son só o 28,3% e no Claustro, o 35,33%. A participación femenina en representación do estudantado é moi baixa. - Mantense unha fonda segregación vertical na carreira docente e investigadora. - O PAS é o colectivo cun maior equilibrio de xénero, cunha crecente presenza feminina nas máximas categorías. - Os estereotipos de xénero seguen sendo moi fortes na escolla de certas carreiras. - A participación nos órganos de representación colexiados segue moi masculinizada. - Mantense unha incorporación parcial da perspectiva de xénero na investigación e na docencia, limitada ás ciencias sociais e ás humanidades.

Upload: phamngoc

Post on 02-Dec-2018

221 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: PERSPECTIVA DE XÉNERO NA DOCENCIA - usc.es · a introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación. P R E S E N Z A D E M U L L ER S E H O M E S N A U S C PERSOAL

Iolanda Fernández-Casal, Trinidad de Miguel, Eva Aguayo e Benita Silva · O�cina de Igualdade de Xénero (OIX). Vicerreitoría de Responsabilidade Social e Calidade da USC · www.usc.es/oix

A USC creou en 2006 unhas das primeiras o�cinas de igualdade de xénero universitarias de España (a OIX). Tras concluír o I Plan Extratéxico de Igualdade de Oportunidades entre

Mulleres e Homes (2009-2011) da institución, a OIX procedeu a realizar unha análise actualizada da USC en materia de igualdade. Este traballo completa a avaliación do plan xa rematado

e será unha ferramenta útil na de�nición do próximo (2012-2014).

1. Coñecer a evolución da presenza de mulleres e homes entre PDI, PAS e alumnado.

2. Determinar en que medida se manteñen as segregacións horizontal e vertical na carreira docente e investigadora e do PAS.

3. Analizar a escolla de carreiras por parte do alumnado.

4. Determinar os avances na participación feminina nos distintos órganos de goberno da universidade.

5. Analizar a introdución da perspectiva de xénero na investigación e na docencia.

Análise cuantitativa e cualitativa na que se compara o primeiro diagnóstico (que recolle datos ata 2007) coa evolución nos seguintes anos, ata 2010. Úsase información global de varios

servizos da USC e a través de formularios deseñados pola OIX recábanse respostas individuais do PDI e das persoas responsables de centros e departamentos para coñecer con detalle

a introdución da perspectiva de xénero na docencia e na investigación.

PRESENZA DE MULLERES E HOMES NA USC

PERSOAL DOCENTE E INVESTIGADOR (PDI)

As mulleres son en 2010 o 38,61% do PDI, só 1,61 puntos máis que un lustro

antes. Mantense unha fonda segregación vertical: a porcentaxe de catedráticas crece 4 puntos, pero

só chega ao 16,29%. O dato máis positivo é o avance, de 12 puntos (54%), entre o persoal contratado doutor.

ALUMNADO

O 64,2% do alumnado 1º e 2º ciclo e graos da USC é feminino, pero persisten

os estereotipos sexistas na escolla de carreiras: as alumnas son ampla maioría nas vinculadas ao

coidado das persoas. No grao de Enfermería rondan o 85%. No de Mestre/a de Educación Infantil, os alumnos

non chegan ao 10%. Os clichés seguen afastando as rapazas da informática, das enxeñarías técnicas e do grao de Física.

PERSOAL DE ADMINISTRACIÓN E SERVICIOS (PAS)

As mulleres son a maioría do PAS (57,91%). A súa presenza nas categorias mais altas é menor que no conxunto do colectivo. Con todo, as mulleres convertéronse nun lustro

na maioría de persoal nos grupos A1 e I.

INVESTIGACIÓN

O número de mulleres que coordinan grupos de investigación medrou dende 2006 máis de 9 puntos, ata o 33,24%, pero segue por debaixo do seu peso no conxunto do PDI. Así e todo, son máis que as mulleres no grupo de investigadores/as principais (IP) na captación de recursos, onde non hai avances.

PERSPECTIVA DE XÉNERO NA INVESTIGACIÓN

Polo menos 16 grupos de investigación desenvolven algunha liña de traballo con perspectiva de xénero. Case todos son da área de Ciencias Sociais e Xurídicas. Só un é de Ciencias da Saúde e outro, de Humanidades. En total, están a dirixir 25 teses con perspectiva de xénero.

PERSPECTIVA DE XÉNERO NA DOCENCIA

Medra o número de materias que declaran ter incorporada a perspectiva de xénero. En só 3 anos pásase de 9 nas distintas licenciaturas a 118 nos graos, ademais de todas as de Psicoloxía. Nos másteres, avánzase de 5 a 68, así como todas as do Máster de Educación, Xénero e Igualdade. A gran maioría son de Ciencias Sociais e Humanidades. Cabe sinalar a escaseza de materias de Ciencias da Saúde nas que esta perspectiva é recoñecida.

PAR

TICIP

ACIÓN NOS ÓRGANOS DE GOBERNO E REPRESENTACIÓ

N

O equipo de goberno da USC é paritario. Nos decanatos e direccións

de escola o nomeamento de mulleres medrou notablemente ata chegar ao 39,5%. Estes avances

non se repiten nin no Consello de Goberno nin no Claustro. No primeiro, as mulleres son só o 28,3% e no Claustro, o 35,33%.

A participación femenina en representación do estudantado é moi baixa.

- Mantense unha fonda segregación vertical na carreira docente e investigadora.

- O PAS é o colectivo cun maior equilibrio de xénero, cunha crecente presenza feminina nas máximas categorías.

- Os estereotipos de xénero seguen sendo moi fortes na escolla de certas carreiras.

- A participación nos órganos de representación colexiados segue moi masculinizada.

- Mantense unha incorporación parcial da perspectiva de xénero na investigación e na docencia, limitada ás ciencias sociais e ás humanidades.