personaxes de conto polo nadal

3
ACHEGÁMONOS Á LITERATURA POPULAR DA MAN DOS PERSONAXES DO NADAL Descrición da actividade: Materiais empregados: Avaliación da actividade:

Upload: dinamizacion-ies-eduardo-pondal

Post on 15-Mar-2016

234 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Visita dos personaxes tradicionais dos contos de Nadal do norte peninsular, entre eles, por suposto, o Apalpador.

TRANSCRIPT

Page 1: Personaxes de conto polo Nadal

AACCHHEEGGÁÁMMOONNOOSS ÁÁ LLIITTEERRAATTUURRAA PPOOPPUULLAARRDDAA MMAANN DDOOSS PPEERRSSOONNAAXXEESS DDOO NNAADDAALL

Descrición da actividade:

Esta actividade nace coa final idade de achegar o alumnado aos puntos comúns que existenentre os personaxes fantásticos da literatura popular do norte peninsular, comezando polonoso Apalpador, pero presentándolles tamén o Tió de N adal, o Esteru e o Olentzero.

N unha primeira parte, levouse a cabo a investigación por parte dos membros do grupo detraballo que deu como resultado o texto final sobre cada personaxe. Ademais, preparamoscarteis que pegamos en diferentes espazos (portas, taboleiros etc. ). Estes carteis tiñan comoobxectivo crear expectación entre o alumnado e o profesorado do centro.

Posteriormente, el iximos as alumnas que finalmente representaron, por parel las, cada un dospersonaxes citados e comezados cos ensaios para a actuación. En cada parel la, unha alumnadisfrazábase e actuaba como un dos personaxes mentres que a outra o presentaba nasdiferentes aulas que visitarían.

O día 21 de decembro foi o escoll ido para a representación, sen previo aviso para causarmaior impacto. Logo de estaren debidamente caracterizadas, comezamos a visitar asdiferentes aulas.

Ao longo desa semana tamén estiveron expostos numerosos libros sobre esta temática paraque o alumnado o puidese ver, ler e interesarse por eles.

Materiais empregados:

- Textos de elaboración propia tras a investigación sobre os personaxes.- Vestiario e maquil laxe para a representación.- Caramelos para agasallar.- Contos para a exposición.

Avaliación da actividade:

Pola nosa parte, a valoración é positiva porque conseguimos os obxectivos marcados: animará lectura a través dunha actividade lúdica coma esta, dar a coñecer personaxes tradicionais,actual izar a bibl ioteca con este tipo de contidos e facer unha pequena exposición paraachegar os l ibros ao alumnado.

Por outro lado, as alumnas que colaboraron con nós fixeron tamén unha valoración moipositiva da actividade, tanto por resultarl les divertida a preparación e a representación, comopor teren coñecido personaxes con bastantes puntos en común nos diferentes pobos do nortepeninsular. Este último aspecto foi recoll ido polo alumnado do centro de maneira moi positivaao extraeren como conclusión que a literatura popular do norte bebe dunhas mesmas fontescomúns que nos unen.

Page 2: Personaxes de conto polo Nadal

AARRQQ UU II VVOO GG RRÁÁFF II CC OO DD AA AACC TTII VVII DD AADD EE

Page 3: Personaxes de conto polo Nadal