pepe carreiro

6
Pepe Carreiro, o señor dos Bolechas. O estudio do debuxante e humorista gráfico é unha sorte de barullo, onde tanto se pode topar o bosquexo dunha aventura dos pequechos da familia Bolechas, como os adhesivos dos Barbanzóns, a familia que habita no Castro de Baroña. Debuxante, humorista gráfico e comiqueiro, Pepe Carreiro traballa de xeito “intuitivo” no trazo pero coa cabeza moi fría na idea. Gusta da documentación pero tamén da crítica, unha das constantes da súa traxectoria. Foi censurado en moitas ocasión, pero non lle preocupa porque é síntoma de que as súas tiras molestan e provocan a reflexión, fins últimos, ao seu ver, do humor gráfico. Despois de trinta anos neste eido ten consolidado un estilo e demostrado que se topa cómodo en rexistros moi diferentes. Pepe Carreiro cos seus personaxes. Xulia é unha nena de catro anos que vive en Bruxelas, de pais galegos. Aínda non sabe ler pero coñece de memoria todos as aventuras de Tatá, Carlos, Braulio, as xémeas Pili e Loli, Sonia e o canciño Chispa. Nunha das súas viaxes a Vigo coñeceu a Pepe Carreiro. Con toda naturalidade, o primeiro que deu en preguntar a súa nai foi “mamá, ese home é o papá dos Bolechas?”.

Upload: ceipvirxedorocio

Post on 27-Jun-2015

634 views

Category:

Documents


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Pepe carreiro

Pepe Carreiro, o señor dos Bolechas.  O estudio do debuxante e humorista gráfico é unha sorte de barullo, onde tanto se pode topar o bosquexo dunha aventura dos pequechos da familia Bolechas, como os adhesivos dos Barbanzóns, a familia que habita no Castro de Baroña. Debuxante, humorista gráfico e comiqueiro, Pepe Carreiro traballa de xeito “intuitivo” no trazo pero coa cabeza moi fría na idea. Gusta da documentación pero tamén da crítica, unha das constantes da súa traxectoria. Foi censurado en moitas ocasión, pero non lle preocupa porque é síntoma de que as súas tiras molestan e provocan a reflexión, fins últimos, ao seu ver, do humor gráfico. Despois de trinta anos neste eido ten consolidado un estilo e demostrado que se topa cómodo en rexistros moi diferentes.

Pepe Carreiro cos seus personaxes. 

Xulia é unha nena de catro anos que vive en Bruxelas, de pais galegos. Aínda non sabe ler pero coñece de memoria todos as aventuras de Tatá, Carlos, Braulio, as xémeas Pili e Loli, Sonia e o canciño Chispa. Nunha das súas viaxes a Vigo coñeceu a Pepe Carreiro. Con toda naturalidade, o primeiro que deu en preguntar a súa nai foi “mamá, ese home é o papá dos Bolechas?”.

E é que para Xulia, como para un gran número de nenos galegos, o debuxante Pepe Carreiro xa conta con oco de seu no olimpo do imaxinario infantil.

Page 2: Pepe carreiro

Débello todo a popular familia dos Bolechas, unha serie iniciada no ano 2000 da man da editorial A Nosa Terra, na que os fillos dunha familia numerosa fan da vida cotiá unha aventura constante

Na actualidade, hai publicados preto de 200 títulos, entre todas as coleccións que ten en marcha a editora. Como explica o debuxante, os Bolechas saltaron ao prelo por unha necesidade de realizar proxectos propios. Por aquel entón Pepe Carreiro ilustraba contos infantís por encargo, historias populares que recuncaban en personaxes máxicos, fadas, princesas e conxuros.

Apetecíalle debuxar sobre a realidade e, “de forma intuitiva” foron xurdindo no papel os seis pequechos, unha familia numerosa que pouco ten que ver coas unidades familiares actuais. “Gústame facer moitos personaxes” comenta o debuxante “porque así os nenos poden identificarse mellor con algún deles.

De pequeno lía as aventuras do Capitán Trueno e fascinábame que existisen tantos protagonistas. Daba máis xogo e a historia adquiría máis profundidade”.

Aínda que as formas dos pequechos evolucionaron dende o primeiro título Os Bolechas lavan o can, o certo é que o debuxante mantivo o cotiá como fonte de inspiración e a observación dos movementos dos rapaces como modelo dos seus libros. “Fuxo de moralinas e de didactismos, para que os nenos gocen mentres len” sinala.

Debuxante, comiqueiro e humorista gráfico, Pepe Carreiro pinta historias que lle gustaría ter lido de pequeno. Con todo, non considera que na súa época de primeiro lector existise un gran baleiro no que a literatura infantil se refire. “Paseino moi ben lendo.

Lía todas as historietas que se publicaban do Capitán Trueno, as da escola Bruguera, como Mortadelo e Filemón, Rompetechos, Pepe Gotera e Otilio, Zipi e

Page 3: Pepe carreiro

Zape, e os contos que se tiraron da serie Vamos a la cama, de Estudios Moro”.

Quizais esas sexan as súas influencias máis inconscientes (moitos poden ver parecidos entre a familia que invitaba aos nenos a deitarse cedo coa dos Bolechas) pero en realidade son moitas máis as que foron matizando o estilo propio que agora exhibe Carreiro.

Malia todo, a fascinación do debuxante polos traballos de Bruguera levárono a partir dos 14 anos a colaborar con estes estudios.

“Mandeilles varios debuxos, e eles fixéronme chegar un guión. Mantivemos contacto durante varios anos, pero dicían que non tiña calidade suficiente e nunca me publicaron nada”, comenta. Corenta anos despois, Carreiro é un dos debuxantes e humoristas gráficos máis reputados do país, creador de toda unha galería de personaxes que arremedaron durante anos con sinxelos trazos a actualidade.

Coches tirados por cabalos, os primeiros debuxos

Uns dos primeiros debuxos de Pepe Carreiro foron carros tirados por cabalos. Os seus pais rexentaban un bar e no Vigo de finais da década dos 50 aínda era habitual que o reparto das bebidas se fixese neste tipo de vehículos. Nas horas mortas, o seu pai sentaba nunha mesa para realizar por afección un curso de debuxo por correspondencia.

Con tan só catro anos, Pepe Carreiro púñase ao seu carón, collía os lapis e das súas mans regordechas saían os primeiros garabatos, que non foron outra cousa que aqueles cabalos, coa cabeza tapada mentres facían o reparto para que non se asustasen, e os persoeiros que entraban a tomar uns viños e que chamaban a atención do cativo.

Pódese dicir que o gusto polo debuxo de Pepe Carreiro naceu no bar do seu pai e se alimentou nas

Page 4: Pepe carreiro

aulas. No colexio realizaba caricaturas dos compañeiros e dos profesores e rápido colleron sona as súas dotes como debuxante.

A bomba dos Beatles estoupou cando tiña ao redor de dez anos. Carreiro recorda con cariño e con gracia como rapazas maiores ca el lle pedían debuxos daqueles melenudos que as facían tolear.

Para o público xeral, especialmente o que se tope máis próximo ao mundo infantil, Pepe Carreiro saltou á primeira liña da creación galega no ano 2000 da man dos Bolechas.

Pero Carreiro ten unha traxectoria como debuxante moi dilatada, de como ilustrador como humorista gráfico na prensa diaria que se remonta no tempo. Máis de 30 anos contados a través de viñetas nos que Carreiro foi marcando un camiño dentro da creación do país, unha andaina que se abriu con aquela tira cómica para o voceiro comunista A voz do pobo.

Titulábase O fillo de Breogán, un pequeno celta que tanto se puña da parte das tractoradas como se sumaba as reivindicacións do sector do metal. O bosquexo concibiuse nunha pequena pensión de Santiago, onde estudaba con 19 anos despois de moito documentarse.

Despois saltarían ás rotativas o Galo Camilo, un animal con xeitos de filósofo, acompañado do Pito Celso, a encarnación da rebeldía da mocidade, e a as reflexións feministas de Rosa, unha muller con rulos que falaba co seu compañeiro dende o sofá da súa casa.

Faro de Vigo, La Voz de Galicia, A Peneira, El Mundo, El Pueblo Gallego, o semanario Teima, Diario de Galicia e actualmente A Nosa Terra valéronlle de soporte para transmitir dende o humor a crítica social e política, aínda que a censura dos medios tamén fixo aparición na súa traxectoria.

Page 5: Pepe carreiro

O autor lamenta que na actualidade “non hai humor gráfico nos xornais, os debuxantes caen no chiste e descoñecen que a historia do humor galego e do humor universal vai da man da denuncia”. Ao seu ver “se as viñetas non molestan non están ben feitas”. “Gústame o humor gráfico pero nunca contei con vivir del, porque non é posíbel” apunta.

O debuxante foi ademais un dos fundadores de Can sen dono en 1980, que naceu coa vontade de servir de vehículo a todas as opinións, sen censuras. Nela participaron autores como Xaquín Marín, Gogue, Antón Mascato, Picho Suárez, Claudio López Garrido.

Carreiro tamén participou noutra experiencia similar, a publicación Xo!, que levaba por subtítulo A voz que cala as bestas, que sobreviviu inicialmente cunha periodicidade semanal durante tres meses, e que se prolongaría durante un ano máis saíndo mensualmente.

No seu currículo figura tamén a creación da Historia de Galiza para rapaces e da Historia universal tamén para o público infantil. Coa editorial Toxosoutos ten en marcha a serie Os Barbanzóns, unha familia castrexa que habita no Castro de Baroña. Estes días vén de editarse Os pequenos Barbanzóns, unha versión adaptada da serie para os primeiros lectores.

É probábel que cando Xulia creza non se lembre da anécdota con Pepe Carreiro. Pero, con moita dificultade esquecerá aos Bolechas, uns personaxes que, xunto con outras das creacións de Carreiro xa contan cun lugar destacado dentro da historia gráfica galega.