pedra do arangaño 060177 - alta limia · concello: sarreaus denominación: pedra do arangaño...
TRANSCRIPT
060177Pedra do Arangaño
61317763
466276666
Lugar: Perrelos
Parroquia: PERRELOS
Concello: Sarreaus
Denominación: Pedra do Arangaño
Etapa Histórica: Indeterminada
Estilo relevante Indeterminado
Descrición:
A Pedra do Arangaño sitúase a 780 m de altitude sobre o nivel do mar, nunha zona rochosa, a medio camiño entre Perrelos e Cortegada.Trátase dunha curiosa rocha que presenta unha cavidade central, produto da erosión, que recibía grande culto por atribuírselle poderes curativos contra o coñecido como "mal do arangaño", unha enfermidade, que se cría froito dun mal de ollo e que padecían algúns nenos, exteriorizada nun enfraquecemento e deformación do corpo, pero que non era outra cousa que raquitismo.
Os nenos que sufrían este mal eran levados ante a pedra do Arangaño e debían pasar por debaixo dela, por un pequeno oco existente entre esta e outra rocha na que se apoia, queimando despois a roupa que levaban ou colgándoa das árbores. Segundo os veciños, hai poucos anos aínda se podían ver prendas de cativos colgadas nas árbores e, na actualidade, todavía hai colocadas velas no interior da rocha. Estamos pois, ante un claro expoñente do culto popular á natureza, neste caso a unha rocha á que se lle asociaban poderes curativos.
Accesos: En Perrelos hai que coller a pista que leva a Cortegada. Despois de percorrer 2 km aproximadamente e de pasar o Castro, nunha corta recta antes de chegar ao alto, xa se observa a rocha a man esquerda, entre uns carballos.
Nomenclator: 3207808
Coord. UTM:
Características Construtivas
Datos de Localización
Plantas:
Edif. Anexas:
Mat. Fachada:
Mat. Estrutura: Granito
Mat. Cuberta:
Construtivos:
Elementos singulare
X:
Y:
Subtipo: Indeterminado
Tipoloxía: Indeterminada
Tipo: Indeterminados
Outros Estilos:
Indeterminado
060177Pedra do ArangañoConstrutivos:
Decorativos:
Delimitación do Ben e da contorna
Situación: Outros
Area de Proteción:
Proteción
Estado de Tramitación:
Nivel de Protección Arq.: Sen protección
Proposta Nivel de Protección Arq. Integral
Grao de Protección Arq.: -----
Proposta Grao de Protección Arq. -----
Xustificación da Protección:
Polígono:
Parcela:
Titularidade
Conservación-Intervención
Estado de Conservació Bo
Uso Actual: Devocional
Tipo:
Data:
Descrición:
Proxecto:
Axentes:
Observacións:
Alteracións Morfolóxicas
Bens Mobles
Tipo de ben: Sen rexistrar
Proposta de tipo de ben: Inventariado
060177Pedra do Arangaño
060177Pedra do Arangaño
060177Pedra do Arangaño
060177Pedra do Arangaño
060177Pedra do Arangaño