páxinas informativas - museodopobo.galmuseodopobo.gal/web/uploads/pdf/xaneiro 2011.pdf · de...

4
Xaneiro / 1 do Museo do Pobo Galego Páxinas Informativas Dirección: Carlos García Martínez Subdirección: María-Xosé Fernández Cerviño Redacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas Díaz Administración: Xulia Vázquez Randulfe xaneiro 1/2011 P.D. Museo do Pobo Galego • San Domingos de Bonaval • 15703 Santiago de Compostela tel. 981 583 620 fax 981 554 840 www.museodopobo.es correo electrónico: [email protected] OBRAS E INSTALACIÓNS A raíz da adxudicación polo Consorcio de Santiago do proxecto museográfico e arquitectónico integral do MPG, desen- volvéronse unha serie de reunións para a renovación do plan museolóxico nas que, xunto co equipo técnico dirixido po- los arquitectos Xerardo Estévez e Celes- tino García Braña e polo museólogo Luis Grau, participa unha comisión integrada polo director e a subdirectora do Museo, o presidente da Xunta Reitora, os pa- tróns Francisco Calo e Francisco Fariña e o socio Manuel Vilar. No mes de xullo entregouse ao Consorcio o proxecto bá- sico. A seguinte fase consistirá na re- dacción do proxecto de execución mu- seográfico e arquitectónico da ala sur. Na biblioteca acondicionouse o espazo destinado á conservación dos fondos singulares (fondo antigo, edicións espe- ciais, raros, etc.), con instalación dunha porta de seguridade e cristais de segu- ridade e anti incendios. Continúan os traballos de anovamento e mellora da exposición permanente, que afectan ás salas da planta baixa e da en- treplanta. Realizáronse tamén reparacións na carpintería, nos paramentos verticais e nos canos de desaugue para corrixir as infiltracións de humidade. DEPARTAMENTO DE CONSERVACIÓN No ano 2010 o libro de rexistro da co- lección incrementouse con 166 novos asentos, chegando ás 10.315 pezas. Entre os ingresos destaca o do taller de cerería doado por Celso e Ánxela Rodrí- guez Fernández, que pertencera a seu pai, Celso Rodríguez, e estaba situado en Outomuro (Cartelle). Outra doazón singular é a de Clodio Gon- zález Pérez, consistente en dúas pezas numismáticas da Raíña Ana de Inglate- rra referentes á Batalla de Rande. No que atinxe aos depósitos, Carme Caulonga Martínez cedeu ao Museo un autorretrato ao óleo do seu avó Federico Caulonga, artista formado en Sevilla e que se trasladou a Santiago para ocupar unha praza na Escola de Artes e Oficios. Atendéronse 44 consultas, chegadas a meirande parte delas a través do correo electrónico. Dezaoito das consultas foron de particulares, case todas para traballos Prezadas amigas e amigos: Temos que saudar o inicio do ano 2011 cunha chamada a todas e todos os socios do Museo a contribuírdes nunha tarefa que se fai perentoria. Necesitamos mobilizar todos os recursos para conseguir vías de financiamento que veñan cubrir o oco que deixa a drásti- ca redución das axudas públicas coas que o Museo contaba en anos anteriores. Non nos colle de sorpresa esta diminución das contribucións das administracións. É de dominio público a situación pola que están a atrave- sar as finanzas do país, nunha conxuntura especialmente difícil que toca todos os sectores. Precísase un esforzo para axudar ao Museo. Por iso, solicitamos a vosa cooperación con suxestións e propostas sobre posibles canles de patrocinio, conseguindo novas ins- cricións ou mesmo co incremento voluntario da cota anual. Na páxina web do Museo http://www.museodopobo.es/museo-socios.php pódese descargar o boletín de inscrición. Outras medidas están en marcha por parte do Padroado. Entre elas, a toma en consideración da indesexada, pero tal vez ineludible, deci- sión de cobrar a entrada ao Museo. Confiamos en que, coa colaboración do colectivo de socios e socias, o Museo poida seguir a desen- volver as súas actividades, sen menoscabo dos servizos que presta á comunidade. Agradecemos a vosa comprensión e o apoio que, non o dubidamos, vai atopar este chamamento. A Xunta Reitora e a Dirección do Museo Resumo da Memoria de Actividades 2010

Upload: lykien

Post on 17-Dec-2018

220 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Xaneiro / 1

do Museo do Pobo Galego

Páxinas Informativas

Dirección: Carlos García Martínez • Subdirección: María-Xosé Fernández Cerviño

Redacción: David Conde Lourido, Ana Estévez Lavandeira, Rosa Méndez García, Belén Sáenz-Chas Díaz

Administración: Xulia Vázquez Randulfe xaneiro 1/2011

P.D.

Museo do Pobo Galego • San Domingos de Bonaval • 15703 Santiago de Compostelatel. 981 583 620 • fax 981 554 840 • www.museodopobo.es • correo electrónico: [email protected]

OBRAS E INSTALACIÓNS

A raíz da adxudicación polo Consorcio deSantiago do proxecto museográfico earquitectónico integral do MPG, desen-volvéronse unha serie de reunións paraa renovación do plan museolóxico nasque, xunto co equipo técnico dirixido po-los arquitectos Xerardo Estévez e Celes-tino García Braña e polo museólogo LuisGrau, participa unha comisión integradapolo director e a subdirectora do Museo,o presidente da Xunta Reitora, os pa-tróns Francisco Calo e Francisco Fariñae o socio Manuel Vilar. No mes de xulloentregouse ao Consorcio o proxecto bá-sico. A seguinte fase consistirá na re-dacción do proxecto de execución mu-seográfico e arquitectónico da ala sur.

Na biblioteca acondicionouse o espazodestinado á conservación dos fondossingulares (fondo antigo, edicións espe-

ciais, raros, etc.), con instalación dunhaporta de seguridade e cristais de segu-ridade e anti incendios.

Continúan os traballos de anovamento emellora da exposición permanente, queafectan ás salas da planta baixa e da en-treplanta. Realizáronse tamén reparaciónsna carpintería, nos paramentos verticais enos canos de desaugue para corrixir asinfiltracións de humidade.

DEPARTAMENTO

DE CONSERVACIÓN

No ano 2010 o libro de rexistro da co-lección incrementouse con 166 novosasentos, chegando ás 10.315 pezas.

Entre os ingresos destaca o do taller decerería doado por Celso e Ánxela Rodrí-guez Fernández, que pertencera a seupai, Celso Rodríguez, e estaba situado enOutomuro (Cartelle).

Outra doazón singular é a de Clodio Gon-zález Pérez, consistente en dúas pezasnumismáticas da Raíña Ana de Inglate-rra referentes á Batalla de Rande.

No que atinxe aos depósitos, CarmeCaulonga Martínez cedeu ao Museo unautorretrato ao óleo do seu avó Federico

Caulonga, artista formado en Sevilla eque se trasladou a Santiago para ocuparunha praza na Escola de Artes e Oficios.

Atendéronse 44 consultas, chegadas ameirande parte delas a través do correoelectrónico. Dezaoito das consultas foronde particulares, case todas para traballos

Prezadas amigas e amigos:Temos que saudar o inicio do ano 2011 cunha chamada a todas e todos os socios do Museo a contribuírdes nunha tarefa que se faiperentoria. Necesitamos mobilizar todos os recursos para conseguir vías de financiamento que veñan cubrir o oco que deixa a drásti-ca redución das axudas públicas coas que o Museo contaba en anos anteriores.

Non nos colle de sorpresa esta diminución das contribucións das administracións. É de dominio público a situación pola que están a atrave-sar as finanzas do país, nunha conxuntura especialmente difícil que toca todos os sectores. Precísase un esforzo para axudar ao Museo. Poriso, solicitamos a vosa cooperación con suxestións e propostas sobre posibles canles de patrocinio, conseguindo novas ins-cricións ou mesmo co incremento voluntario da cota anual. Na páxina web do Museo http://www.museodopobo.es/museo-socios.phppódese descargar o boletín de inscrición.

Outras medidas están en marcha por parte do Padroado. Entre elas, a toma en consideración da indesexada, pero tal vez ineludible, deci-sión de cobrar a entrada ao Museo. Confiamos en que, coa colaboración do colectivo de socios e socias, o Museo poida seguir a desen-volver as súas actividades, sen menoscabo dos servizos que presta á comunidade.

Agradecemos a vosa comprensión e o apoio que, non o dubidamos, vai atopar este chamamento.

A Xunta Reitora e a Dirección do Museo

Resumo da Memoria de Actividades 2010

Xaneiro / 2

de investigación, teses de licenciatura oudoutoramento e traballos de máster. Ou-tras doce consultas foron de institucións,principalmente para documentación deexposicións ou de publicacións. Taménse recibiron moitas consultas de gruposfolclóricos para coñecer os fondos de in-dumentaria, tanto as prendas da colec-ción como os documentos gráficos doarquivo. As dez consultas restantes co-rresponden a outras tantas empresasde xestión cultural, editoriais e produto-ras que traballan na elaboración de ex-posicións ou na posta en valor do patri-monio cultural.

En canto ao catálogo en liña, continúa otraballo para permitir o acceso, dende apáxina web do Museo, a unha parte dacolección mediante buscas dinámicas.

BIBLIOTECA

O total de monografías que ingresaronfoi de 689, co que o rexistro bibliográficoalcanza as 54.598 referencias, cun to-tal de 61.554 volumes.

O capítulo de ingresos vén marcado polodepósito da importante colección carto-gráfica pertencente ao patrón ClodioGonzález Pérez, que abrangue preto de400 mapas, cartas mariñas e planosdas principais cidades e vilas galegas; asúa cronoloxía vai desde o século XVIIata hoxe. A esta colección cartográficaxuntou tamén unha vintena de libros pu-blicados entre os séculos XVII e XVIII.

En canto a publicacións periódicas, in-gresaron dous novos títulos, cos que sechega ás 1.892 referencias, máis de17.000 exemplares informatizados.

No arquivo destacar a doazón da familiaDíaz Jublín que fixo entrega de diversosdocumentos pertencentes a Agustín DíazBlanco “Tintxo”, referentes ao desempeñodo seu cargo como concelleiro indepen-dente no Concello de Santiago en 1977.

A máis dos procesos ordinarios de xes-tión e catalogación informatizada, esteano levouse a cabo unha profunda reor-ganización dos fondos non librarios (obramenor, ephemera, literatura gris, colec-cións facticias), de xeito que quedarandispoñibles para a súa consulta.

Colaborouse coa Biblioteca de Galiciaco baleirado do fondo antigo (libros ata1958) para incluír no Catálogo Colectivodo Patrimonio Bibliográfico Español,acorde co programa conxunto do Mi-nisterio de Cultura e das Comunidades

Autónomas. Ao mesmo tempo levouse acabo a dixitalización dunha parte dofondo de temática antropolóxica refe-rente a Galicia. Parte desta documenta-ción pode verse na rede en Galiciana: bi-blioteca dixital de Galicia.

Acometeuse a restauración dos perga-meos das coleccións Miranda e Blanco-Cicerón. Tamén se levou a cabo a recu-peración e consolidación dun documentodo ano 961 referente a Carboeiro. Estastarefas foron realizadas polo restauradorXosé Ignacio García Fernández.

Aumentou considerablemente o númerode investigadores que solicitan a con-sulta dos fondos bibliográficos e arqui-vísticos. Entre as institucións ás que per-tencen os investigadores destacan asuniversidades, centros de ensino e ins-titucións culturais diversas.

EXPOSICIÓNS

O Museo acolleu este ano quince expo-sicións temporais. Sete delas son deprodución propia, e as restantes obede-cen a acordos de colaboración con ou-tras entidades.

Olladas dunha época. Fotografías do fondo Blanco-Cicerón

Até o 31 xaneiro 2010. En colaboración coCentro Galego de Artes da Imaxe

Comisarias: María Reis Camiña e Belén Sáenz-Chas

O Centro Galego de Artes da Imaxe(CGAI) e o Museo do Pobo Galego con-memoraron o centenario da ExposiciónRexional Galega de 1909 expoñendounha selección de fotografías do FondoBlanco-Cicerón, propiedade dos herdei-ros deste mecenas galego e custodiadapolo propio Museo.

Ao pé do lar. Memorias da cociña

5 febreiro-21 marzo . Promovida poloConcello de Santiago, Turismo de San-tiago e o Forum Gastronómico, co pa-trocinio da Xunta de Galicia, Galicia Ca-lidade e Xacobeo 2010.

A exposición, comisariada por ManuelGago e coincidente coa celebración do Fo-rum Gastronómico Compostela 2010, re-xistrou unha grande afluencia de público.

En paralelo realizáronse degustacións,obradoiros de cociña para nenos, etc.

Xenaro Martínez

1 abril-23 maio

Reposición da mostra antolóxica orga-nizada en 2008, co gallo do primeirocabodano do pasamento do fotógrafo,socio e colaborador do Museo. Baixo aorganización de Mercedes Rozas e deXosé Ramón Fandiño, membros do Pa-droado.

Debuxantes da pedra, fabricantes dalata. O legado de La Artística S.A.

13 abril-23 maio

A exposición presenta o legado de “LaArtística S.A.”, principal empresa galegana elaboración de latas para unha in-dustria que rapidamente se afianzou nanosa terra. As pedras litográficas, do-cumentación e diversos materiais, de-positados nos fondos do MPG, atesou-ran unha interesante información sobrea industria da conserva, o acontecer dasociedade e os seus costumes, reflec-tidos nos gravados que conforman alata de conservas.

Uxío Novoneyra. Letras Galegas 2010Rocha viva

8-30 maio

Como vén sendo habitual, o Departa-mento de Biblioteca e Arquivo organizouunha exposición bibliográfica sobre oescritor homenaxeado no Día das LetrasGalegas.

Complementando a mostra en homenaxea Novoneyra, exhibiuse un conxunto decantos rodados nos que Xosé Manuel Ri-beira plasmou os retratos dos personaxesdistinguidos no Día das Letras Galegasdesde que se instituíu esta data.

FOTOrapa 09

28 maio-4 xullo. Organiza: Concello da Estrada

O Museo do Pobo Galego, en colabora-ción coa Concellería de Medio rural eTurismo da Estrada e a Asociación Rapadas Bestas de San Lourenzo de Sabu-cedo, presentou a exposición dos tra-ballos seleccionados no II Concurso In-ternacional de Fotografía “Rapa dasBestas”, celebrado no outono de 2009.

Estopa e pano sedán. A colección de traxes galegos de Piluca Montenegro

11 xuño-31 xullo

Hai cincuenta anos, partindo de ele-mentos do legado familiar, Piluca Mon-tenegro iniciou un labor de recuperaciónque conduciu, co paso do tempo, á for-mación dunha colección seguramenteúnica en Galicia pola súa amplitude evariedade e, sobre todo, pola vontade detransmitir ese rico patrimonio a travésdo seu uso. A exposición é tanto unhacelebración do traxe tradicional comounha homenaxe de recoñecemento áfactora e alma da colección.

Compostela e o Camiño de Santiagona Lotería

Xullo-agosto

A colección de billetes de lotería de Clo-dio González Pérez con motivos vincu-lados con Compostela e o Camiño deSantiago reúne tanto billetes da LoteríaNacional como da ONCE e a OID. O pri-meiro data do ano 1962.

Os Contos do Camiño

10 setembro-3 outubro.

Organiza: OQO Editora, co patrocinioda S.A. do Xacobeo

Exposición dos resultados das activida-des artísticas e de animación á lecturado proxecto europeo Os Contos do Ca-miño, nas que participaron máis de25.000 nenas e nenos de Burdeos,

Évora, Óbidos, Beja, Pombal, Madrid eSantiago de Compostela.

Os inuit, pobos do Ártico. O legado e a visión de Vilhjálmur Stefansson

24 setembro-21 novembro. En colabo-ración co Stefansson Arctic Institute deAkureyri (Islandia)

Un conxunto de fotografías e documen-tos que resumen as viaxes de VilhjálmurStefansson polo NW de Norteaméricaentre 1907 e 1918. Nacido en Canadáen 1879, estudou antropoloxía en Har-vard. Nos seus diarios describe as co-munidades nativas, viaxes, medio am-biente e costumes das rexións nórdicasde Canadá e Alaska.

Debuxos de Lobeira. Plumillas de Xurxo Lorenzo e fotos de Mark Ritchie

10 novembro-5 decembro. En colaboración coa Fundación Vicente Risco

A mostra, concibida e realizada polaFundación Vicente Risco, reúne unhaserie de debuxos nos que Xurxo Lo-renzo (1910-1934) “dá en pousar oseu melancólico ollar nas ciclópeas for-macións pétreas e nas serras que cir-cundan Lobeira” (Xulio García Golpe).As fotografías de Mark Ritchie actuali-zan a súa visión.

Serra Leoa, Guerra e PazA longa noite saharauí

9-26 decembro. Organizadas, respecti-vamente, polo Seminario Galego de Edu-cación para a Paz e por Médicos doMundo no marco do Foro Mundial daEducación Compostela 2010

En Serra Leoa, Guerra e Paz GervasioSánchez, un dos fotógrafos máis reco-ñecidos polo seu compromiso coa causados dereitos humanos, amósanos o re-trato das vítimas da guerra de SerraLeoa, os seus esforzos por rehabilitá-rense e as esperanzas suscitadas poloproceso de paz.

A longa noite saharauí é unha coleccióndo fotógrafo irlandés Andrew McCon-nell a través da que pretende comunicar

as inquietudes e as esperanzas da po-boación saharauí,“un pobo sen terra aoque non é posible fotografar no seu pro-pio territorio”, como explica o autor.

Antonio López Ferreiro (1837-1910)

16-30 decembro

Contribución á conmemoración do cen-tenario do falecemento do historiador ecóengo compostelán, a través dos do-cumentos bibliográficos presentes naBiblioteca do Museo, tanto a súa produ-ción persoal como os traballos sobre ele a súa obra.

ITINERANCIAS

A exposición Ceibes no monte. Patri-monio vivo da Terra de Turonio, co-rrespondente ao traballo do IES Terrade Turonio de Gondomar premiado no6º Proxecto didáctico Antonio Fraguas,estivo no centro cultural Área Panorá-mica de Tui entre o 29 de xaneiro e o20 de febreiro.

A exposición Olladas dunha época. Fo-tografías do fondo Blanco-Cicerón, ex-hibiuse do 23 de febreiro ao 18 demarzo na sala municipal de exposi-cións de Tui.

A exposición fotográfica de Luís HiginioFlores Rivas, Paisaxes humanizadas,terras vividas, visitou o Museo del Pue-blo de Asturias entre o 24 de marzo eo 30 de maio.

A mostra Os inuit, pobos do Ártico exhi-biuse en decembro no centro culturalmunicipal de Muros.

PUBLICACIÓNS

Coincidindo coa exposición do mesmotítulo, publicouse Estopa e pano se-dán, unha achega á colección de tra-xes galegos de Piluca Montenegro contextos dos membros do Padroado doMuseo, Fátima Braña Rey e ClodioGonzález Pérez.

Editáronse os núm. 18 e 19 da serieAlicerces. O primeiro, Luís Seoane, te-órico do deseño gráfico, ao coidado deXosé Ramón Fandiño e Gloria López, re-colle seis traballos de Seoane referidosá súa faceta de editor e artista gráfico.Con esta publicación o Museo sumouseá conmemoración do centenario do quefora membro do noso Padroado.

O nº 19 reproduce uns textos nos queAntonio López Ferreiro, baixo o título Astradicións populares arredor do sepulcrodo Apóstolo Santiago, comenta diver-sos aspectos relacionados co corpo doApóstolo, o seu soterramento e as cons-trucións da Basílica. Tamén se tratadunha publicación conmemorativa, poisen 2010 cumpríronse cen anos do pa-samento do autor.

Publicouse unha nova edición, actuali-zada e ampliada, da Guía do Visitante enversións galega e castelá. Así mesmo,publicouse unha Guía de Contidos, es-truturada en cinco roteiros e as corres-pondentes propostas didácticas.

DEPARTAMENTO DE EDUCACIÓN

E ACCIÓN CULTURAL

O DEAC trata de facilitar aos visitantesa interpretación e interacción coa co-lección permanente do Museo, asícomo coa arquitectura do edificio. Através dos programas e materiais es-pecíficos para este fin o DEAC aten-deu, durante o ano 2010, unhas32.000 persoas.

De cara ao público de Infantil e Pri-meiro Ciclo de Primaria, a actividadedenominada “Xogos Bailados” tentaachegarlles os contidos do Museo através do xogo, o canto e o baile. Parao segundo e terceiro ciclo de Primaria,o itinerario de achegamento ao Museopódese realizar a través do “Xogo dePistas”, onde os rapaces e as rapazasfan unha procura do tesouro seguindoas pistas deixadas polas salas.

En setembro celebrouse unha partidade rol. A cantidade de xente novaafeccionada a esta modalidade dexogo levounos a pensar que traendo orol ao Museo poderiamos atraer mo-zos e mozas que nunca volverandesde que viñeron co colexio de cati-vos. Contactouse cunha agrupaciónde afeccionados ao Rol de Compos-tela que deseñou unha sesión de rolen vivo ambientada nunha vila dacosta galega no século XIX.

Entre os grupos organizados, as per-soas maiores veñen sendo desde haiuns anos un colectivo moi numeroso.Para eles tamén hai itinerarios especí-ficos que teñen en conta os seus inte-

reses e coñecementos, así como ascondicións físicas e as dificultades mo-trices que poden ter nalgúns casos po-las características do edificio no quenos atopamos.

O Departamento encárgase tamén daprogramación de actividades non expo-sitivas para tódolos públicos, ao abeirodun convenio coa Concellaría de Cul-tura de Santiago de Compostela.

Contos e historias de orixe popular

O ámbito natural da tradición oral, osmomentos e os lugares onde se conta-ban historias e sucedidos, practicamentedesapareceron. É preciso buscarlles unnovo acomodo, e o Museo fai parte de-ses novos espazos onde a narraciónpode continuar funcionando comoaxente de socialización e medio de ex-presión colectiva. Na edición de 2010, acuarta, fixemos un espectáculo a douscoas parellas formadas por Paula Car-balleira (Galicia) e Jorge Serafim (Portu-gal), e Victoria Gullón (León) e José LuisGutiérrez “Guti” (Zamora).

Café da memoria

Neste ano celebráronse dúas sesións docafé: unha dedicada á maternidade nomes de marzo e, en outubro, outra dedi-cada ás mulleres do mar. Contamos coacolaboración da Asociación Mámoa, daFederación de Redeiras, da Confraría doPindo e do proxecto europeo Fishernet.

Actividades para familias

Debuxantes da pedra, fabricantes dalata: O legado de “La Artística, S.A.”.Visita á exposición temporal e obradoiroao redor do deseño e técnicas de ilus-tración para as latas de conserva.

Cando chove e raia o sol: espectáculo di-dáctico de monicreques da compañía“Viravolta”.

Actividades de Verán

Obradoiro de Arqueoloxía. Despois doéxito que tivera Xosé Valtierra co pri-meiro obradoiro, este ano organizouseunha segunda parte á que asistiron casetodos e todas as rapazas que viñeran naprimeira ocasión.

Xogos Bailados con música ao vivo.Coa colaboración de Luís Prego, re-compilador, músico e mestre de mú-sica, realizouse unha sesión especial

Xaneiro / 3

O MUSEO ACOLLE

O Museo adoita ceder os seus espazospara acoller actividades realizadas poroutras entidades. Así, celebráronseconferencias e presentacións de libros,concertos, conmemoracións e actos di-versos. Tamén se prestou a colabora-ción para numerosas producións au-diovisuais e programas de medios decomunicación.

Celebraron asembleas e xuntanzas aAsociación de Escritores en LinguaGalega, Asociación do Traxe Galego,Fundación do Pedrón de Ouro, Aso-ciación do Patrimonio Románico Ga-lego, Consello Galego de Museos,Asociación polas Bibliotecas escolarese a Lectura, Fundación Manuel María,Sociedade Galega de Historia Natu-ral, Fundación Galicia Emigración,Asociación de Gaiteiros Galegos, Redede Entidades para o Desenvolvementolocal, Fundación Galiza Sempre e Federación de Asociacións Culturaisde Galicia.

INSTITUTO DE ESTUDOS

DAS IDENTIDADES

Integráronse na comisión de coordi-nación do IEI os patróns Francisco CaloLourido, Clodio González Pérez e Con-cepción Losada Vázquez, e mais o so-cio Manuel Vilar Álvarez.

O Arquivo do Patrimonio oral da Identi-dade segue medrando. Este ano o pro-xecto contou co patrocinio especial daDeputación de Lugo. O traballo realizadoata o momento resúmese nestas cifras:

Colección Baldomero Iglesias: 265 casetes editadas – 69 CD – 6.888 pezas

Colección Xosé Luís Rivas: 28 gravacións editadas – 6 CD – 853 pezas

Colección Xesús Mato: 39 casetes editadas – 13 CD – 1.015 pezas

O 11 de novembro celebrouse a II Xornada de presentación e encontroen torno ao proxecto Sons e Voces daIdentidade. O 13 de novembro, en Ou-rense, María Xosé Fernández e Con-

cha Losada presentaron unha comu-nicación na Conferencia Internacionalda Tradición Oral. O 19 de novembroXosé Manuel González Reboredo ex-puxo a mesma presentación no Cursode Etnomuseoloxía de Ribadavia.

Por outra parte, baixo a dirección do co-ordinador do IEI, Xosé Manuel GonzálezReboredo, recolléronse en vídeo as re-presentacións de mouros e cristiáns eas danzas procesionais de San Cibránde Mouriscados (Mondariz) e da roma-ría da Saínza (Rairiz de Veiga).

FUNDACIÓN

ANTONIO FRAGUAS FRAGUAS

O 18 de maio, Día internacional dosMuseos, reuniuse o Xurado do Pro-xecto didáctico Antonio Fraguas.Nesta 7ª edición foron seleccionadas,na modalidade de Ensino primario, aproposta do CEIP Gándara de Sofán,“A imaxinación no peto”, e na moda-lidade de Ensino secundario, a do IESde Trazo, “A evolución da agriculturae a súa incidencia no patrimonio in-material do Concello de Trazo”.

O 23 de novembro tivo lugar o acto deentrega aos centros seleccionados daprimeira parte da dotación do pre-mio. Asistiron membros das respecti-vas comunidades escolares e o di-rector xeral de Difusión e Promociónda Cultura. O Departamento de Edu-cación e Acción Cultural vén encar-gándose da coordinación dos traba-llos cos centros premiados.

VISITAS

O número de visitantes do ano 2010foi de 91.752 persoas. Isto repre-senta un incremento do 23 por centoverbo do ano anterior, que podemosatribuír á grande afluencia de visi-tantes que rexistrou Compostela aolongo do ano xubilar. O 31,63% corresponde ao público galego; un 46,15% foron visitas doutras comunidades do Estado; o 15,59%procedeu doutros países europeos e o 6,63% foron visitantes extraeuropeos.

PATROCINADORES

As actuacións realizadas ao longo doano foron posibles mercé á contribucióndos patróns e socios do Museo e, enparticular, ás achegas dun grupo demembros institucionais do Padroado:

Xunta de GaliciaConcello de Santiago de CompostelaDeputación Provincial da CoruñaDeputación Provincial de LugoDeputación Provincial de OurenseFundación Caixa GaliciaFundación CaixanovaFundación Pedro Barrié de la MazaParlamento de GaliciaUniversidade da CoruñaUniversidade de Santiago de CompostelaUniversidade de VigoColexio Oficial de Aparelladores e Arquitectos técnicos da Coruña

A esta relación hai que sumar o Con-sorcio de Santiago, no que están pre-sentes a Administración do Estado, aXunta de Galicia e o Concello de San-tiago de Compostela.

COLABORADORES

Quede constancia do agradecemento áspersoas que colaboraron co Museo aolongo do ano en diversos cometidos:

María Conde López (prácticas de conservación, Escola Su-perior de Conservación de Bens cultu-rais de Pontevedra). María Corzón (informática). Mercedes Fernández-Couto Tella (biblioteca). Noelia García Ferreiro (prácticas do Ciclo superior de Anima-ción sociocultural, IES de Baiona). Alexa García Pose (conservación). José Manuel González Monje (biblioteca). Xosé Ramón Lema Bendaña (biblioteca).Xoán Ramón Marín Martínez, debuxante.Francisco Méndez García (biblioteca). María Virtudes Pardo Gómez (biblioteca). Permuy Asociados (deseño)

deste obradoiro que, con recursos máismodestos, se oferta aos grupos esco-lares durante o curso.

Celebrouse a V Mostra de Cinema Etno-gráfico. Continúa a colaboración coaMuestra de Cine Documental EtnográficoEspiello, mantendo unha sección deno-minada deste xeito na que se proxectanas cintas gañadoras na última edición dofestival. A sección Carlos Velo é unha se-lección de documentais onde se prima apresenza de realizadores e realizadorasgalegas. Este ano engadiuse un novoapartado dedicado ao cinema históricopara a que contamos coa colaboración doCGAI. Estreouse a sección coas cintasdo realizador José Gil.

Outras olladas sobre o Museo: A MÚSICA

O 16 de outubro abriuse a programa-ción do outono cunha nova edición de“Olladas sobre o Museo”, na que seconvida a persoas de distintas disci-plinas para que compartan a súa vi-sión do Museo co público. Os músicosMiguel Paz Vila á percusión, Alex Sal-gueiro nos teclados, Manu Paino átrompeta e ao fliscorno e MarcosPaino nas bases electrónicas compu-xeron unha serie de pezas, acompa-ñadas de materiais audiovisuais.

OUTRAS ACTIVIDADES

O 17 de marzo presentouse a monogra-fía Non deas a esquecemento: un pro-xecto de sensibilización ao redor do pa-trimonio etnográfico, resultado dotraballo de investigación e divulgación dopatrimonio etnográfico dos concellos dePonte Caldelas, A Lama e Fornelos rea-lizado polo IES de Ponte Caldelas, se-leccionado na 4ª edición do ProxectoDidáctico Antonio Fraguas.

A Xunta Reitora, a proposta da direccióndo Museo, instituíu un galardón co quese quere recoñecer aquelas creadoras ecreadores no eido da cultura popularque, pola súa dedicación e esforzo, seconverteron en inspiración e modelo dereferencia para as novas xeracións. Oprimeiro destes recoñecementos, cele-brado o 17 de xullo, dedicouse a XoánBello Mallou, mestre de gaiteiros quesoubo manter vivo o son da nosa cultura,compoñendo, interpretando e ensinandoo xeito de tocar coa técnica e xiros pro-piamente galegos.

O 26 novembro presentouse o Alicer-ces 18, Luís Seoane, teórico do de-seño gráfico, coa asistencia de fami-liares do artista. Interviñeron oseditores da publicación, Xosé RamónFandiño e Gloria López.

O 16 decembro tivo lugar a presenta-ción do Alicerces 19, As tradicións po-pulares arredor do sepulcro do Após-tolo Santiago, de Antonio LópezFerreiro, a cargo do historiador CarlosSantos e do vicepresidente do Museo,o prof. Fernando Acuña.

Xaneiro / 4

Entrega do premio da 7ª edición do Proxecto Didáctico Antonio Fraguas.O mestre Mallou recolle o pergamiño de mans do Dr. Alén, vicepresidente do Museo.