pautas para realizar un comentario de texto filosófico

2

Click here to load reader

Upload: nieveslopez

Post on 13-Jun-2015

690 views

Category:

Education


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Pautas para realizar un comentario de texto filosófico

PAUTAS PARA REALIZAR UN COMENTARIO DE TEXTO FILOSÓFICO

0. Introdución: Que é un comentario do texto? Un comentario de texto adoita consistir na lectura dun texto co obxecto de

captar o seu significado, analizalo e expoñer, nunha redacción estruturada e coherente, a explicación do seu contido.

Comprender un texto significa entender as ideas expresadas nel polo autor, relacionar estas ideas cos coñecementos que xa temos, e ser capaces de xerar unha opinión ao respecto.

Na comprensión do texto interveñen varios factores: 1. A capacidade lectora que teñamos baseada tanto na axilidade no acto

de ler, coma no grao de comprensión do vocabulario que dispoñamos. Se carecemos de axilidade lectora, deberemos solucionalo canto antes practicando a lectura en xeral. Se carecemos de comprensión de vocabulario, deberemos utilizar o dicionario co fin de clarificar todos os termos que non coñezamos.

2. Os coñecementos que teñamos respecto ao autor do fragmento, do problema ou tema presentado e tamén sobre outros autores que teñen relación con el, aínda que non expresen a mesma opinión.

1. Pasos para realizar un comentario de texto

Un comentario de texto debe seguir unha serie de pautas: 1. Lectura comprensiva do texto Le atentamente o texto. Non repares no tempo; asegúrate de que

comprendes ben o texto. Subliña todos os termos ou ideas que te parezan relevantes. Realiza notas ao marxe ou esquemas que nos permitan precisar:

a) O tema ou idea principal, isto é, o problema (no noso caso filosófico) sobre o que versa o texto. Truco: imaxínate que llo tés que contar a un/unha compañeiro/-a nunha ou dúas palabras). b) As teses principais, é dicir, as posturas que defende o autor. c) A estrutura do texto, dividíndoo en partes (pero sen obsesionarse con elo). d) Os conceptos (filosóficos) máis relevantes. 2. Redacción do comentario Tendo diante o esquema, como axuda para ter identificados os principais

elementos do texto, e como guía que nos garante unha certa orden e coherencia no comentario, debe abordarse a redacción do comentario de texto, atendendo as seguintes recomendacións [Aínda que a orden do comentario pode variar, e vós tedes que buscar a vosa, recoméndovos esta]

Page 2: Pautas para realizar un comentario de texto filosófico

1) Contextualización do texto: contextualizar o autor na súa época, na corrente filosófica á que pertence. Contextualizar o texto na obra do autor e na problemática xeral filosófica. Falar das influenzas que recibe o autor. 2) Análise estrutural que inclúa:

� A idea principal. � As ideas secundarias. � A articulación no texto.

3) Análise semántica: precisión dos conceptos fundamentais (significado que ten no autor do texto). 4) Explicación e desenvolvemento da temática do texto. 5) Valoración crítica tanto formal como de contidos. 6) Proxección histórica do autor ou das ideas sostidas no texto.

Ten en conta que: � Debe ter unha redacción sinxela, clara e organizada. � Debe demostrar comprensión do texto e presentar unha explicación

axeitada do seu contido. � Debe ter un carácter persoal e fluído. � Debe utilizar recursos de comentario: citas (sempre entrecomiñadas),

conexións contextualizadoras, referencias bibliográficas,... � E lembra que...

o Tés que redactar o comentario como se fose a ser lido por alguén que non tivese coñecemento algún do tema.

o Debes evitar parafrasear o texto e dar rodeos innecesarios sen explicalo.

o O texto non é un pretexto para falar de calquera cousa que teñamos memorizada.