participa nos actos e manifestacións que …...participa nos actos e manifestacións que convoquen...

4

Upload: others

Post on 29-Jul-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Participa nos actos e manifestacións que …...Participa nos actos e manifestacións que convoquen na túa localidade n Recoñece mutuamente regulacións en áreas como a manufactura,
Page 2: Participa nos actos e manifestacións que …...Participa nos actos e manifestacións que convoquen na túa localidade n Recoñece mutuamente regulacións en áreas como a manufactura,

Participa nos actos e manifestacións que convoquen na túa localidade

n Recoñece mutuamente regulacións en áreas como a manufactura,químicos e farmacéuticas, alimentación e estándares medioambientais.

n Abre o mercado a todo o sector dos servizos, incluíndo os servizos públicos,e franquéalles así a competencia ás empresas estadounidenses en mate-rias como saúde, educación, servizos sociais, telecomunicacións, enerxía,transporte, servizos postais, augas, etc. En resumo, unha liberalización totalde todos os servizos a que tes dereito.

n Todo o que non se mencione no acordo entenderase aberto á liberalización.

n Quere igualar á baixa os diferentes tipos de regulacións.

n Elimina as últimas barreiras arancelarias en bens e servizos entre a UniónEuropea e os Estados Unidos.

n É unha ameaza para os teus dereitos laborais. Os Estados Unidos seguensen ratificar oito convenios fundamentais da Organización Internacional doTraballo (OIT) en materia de liberdade sindical e protección ao dereito de sindi-calización, dereito á negociación colectiva, igualdade salarial, non discri-minación ou traballo forzoso.

Page 3: Participa nos actos e manifestacións que …...Participa nos actos e manifestacións que convoquen na túa localidade n Recoñece mutuamente regulacións en áreas como a manufactura,

n O TTIP ameaza a igualdade de mulleres e homes. Cómpre lembrar queos Estados Unidos nin ratificaron a Convención sobre a eliminación de to-das as formas de discriminación da muller (CEDAW, nas súas siglas eninglés), nin oito convenios da OIT sobre dereitos e prácticas sindicais tanrelevantes como a igualdade salarial entre homes e mulleres ou a protec-ción laboral da maternidade.

n Pretende introducir unha cláusula de protección ao investimento queinclúe mecanismos para que as grandes corporacións poidan desafiar aslexislacións estatais, limitando así a soberanía dos pobos cando as multi-nacionais o perciben como unha ameaza.

n Permitirá que as multinacionais teñan influencia directa sobre a futuralexislación europea no que chaman Consello de Cooperación Regulatoria,por riba das decisións do Parlamento Europeo.

n Pode supoñer a entrada de empresas estadounidenses na sanidade.A saúde da cidadanía medirase en termos económicos.

n Se as últimas subas de taxas universitarias deixaron fóra posibles alumnase alumnos, imaxinas como será a educación superior e o encarecemento doscustos? Seguramente un luxo ao alcance duns poucos.

n Permitirá aos Estados Unidos a exportación de alimentos transxénicoscuxos efectos para a saúde poden ser perniciosos.

n Os dereitos medioambientais e a conservación do medio natural que-darán ao arbitrio das grandes corporacións transnacionais.

n A auga, que é un dereito humano, concíbese como un negocio e serámáis cara.

Page 4: Participa nos actos e manifestacións que …...Participa nos actos e manifestacións que convoquen na túa localidade n Recoñece mutuamente regulacións en áreas como a manufactura,