panfleto da folga do 29 m

2
29 MAR derrubar o seu sistema construír o noso futuro a mocidade na rúa FOLGA XERAL adiante Novo contrato lixo de Formación e Aprendizaxe, precariedade máxima especialmente orientada a unha man de obra moza barata e desprotexida. Aféctanos a nova reforma laboral? Permítese que as ETT (ferramenta de explotación preferente da mocidade) actúen como axencias de colocación. Multiplícanse as bonificacións ao empresariado que asine contratos precarios, reducindo os ingresos da Seguridade Social e empobrecendo as nosas vidas. Novo contrato “de apoio a emprendedores” cun ano de despido libre e gratuíto. Permítese que as persoas desempregadas poidan facer traballos sociais sen compensación económica. Máis facilidades para despedimentos procedentes. Abondan 3 trimestres con diminución de ingresos.

Upload: adiante-galiza

Post on 09-Mar-2016

214 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Folla voandeira de adiante

TRANSCRIPT

Page 1: Panfleto da Folga do 29 M

29 MAR derrubaro seu sistema

construíro noso futuro

a mocidade na rúa

FOLGA XERALadiante

Novo contrato lixo de Formación e Aprendizaxe, precariedade máxima especialmente orientada a unha man de obra moza barata e desprotexida.

Aféctanos a nova reforma laboral?

Permítese que as ETT (ferramenta de explotación preferente da mocidade) actúen como axencias de colocación.

Multiplícanse as bonificacións ao empresariado que asine contratos precarios, reducindo os ingresos da Seguridade Social e empobrecendo as nosas vidas.

Novo contrato “de apoio a emprendedores” cun ano de despido libre e gratuíto.

Permítese que as persoas desempregadas poidan facer traballos sociais sen compensación económica.

Máis facilidades para despedimentos procedentes. Abondan 3 trimestres con diminución de ingresos.

Page 2: Panfleto da Folga do 29 M

novo contrato de formación e aprendizaxe

Os contratos de formación e aprendizaxe poderán facerse con traballadores/as de até 30 anos. A duración poderá ser ata de 3 anos. O tempo de traballo efectivo mantense no 75% da xornada, pero só para o primeiro ano, no segundo e terceiro pode chegar ao 85%.

novo contrato indefinido precario

Para as empresas con menos de 50 persoas empregadas créase un novo tipo de contrato cun período de proba de 1 ano, durante o cal a persoa traballadora pode ser despedida sen ningún tipo de indemnización. Para unha parada, a empresa poderá deducir fiscalmente o 50% da prestación por desemprego que tivese por cobrar. A desempregada poderá cobrar o 25% da prestación que lle quedaba, compatibilizándoa co salario. Deste xeito, prexudícase á mocidade desempregada sen prestación e incentívase a consumición do 50% das prestacións de desemprego polo empresariado.

As causas económicas que permiten á empresa xustificar despidos procedentes rebáixanse á diminución persistente de ingresos ou vendas durante 3 trimestres. A indemnización baixa a 20 días por ano, cun tope de 12 mensualidades do salario. A indemnización do despido improcedente xeralízase a 33 días por ano. Os 45 días pasan a historia.

despido máis fácil e barato

adiantegz.orgesta tamén é a nosa folga!!

A mobilidade funcional deixa de estar restrinxida a categorías profesionais equivalentes.Amplíanse as causas polas que nos poden modificar salario, xornada, horarios,...Facilítase o descolgue do convenio colectivo, priorizando os acordos de empresa.Refórmase o contrato a tempo parcial para permitir a realización de horas extra.As faltas, aínda xustificadas, superiores ao 20% durante 2 meses consecutivos ou ao 25% en catro meses nun período de 12, poden ser motivo de despido procedente

sen dereitos, en mans do empresariado