panfleto asembleas (x 13) (1)

2
A TODAS AS TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO COMERCIO DA PROVINCIA DA CORUÑA Despois da folga do 1 de xullo conseguimos que a patronal asinase a prórroga da vixencia do convenio por un ano. Pero en tanto non consigamos acordar un novo os nosos salarios e dereitos continuarán conxelados. No mes de setembro retomamos a negociación coa patronal e en tres reunións non se avanzou nada debido á insistencia dos empresarios en negociar unha redución de salarios e demais dereitos. Entre outras cousas, persisten na súa intención de non pagar o complemento de IT cando se permaneza de baixa por enfermidade común e na conxelación salarial durante 2012, 2013 e 2014. O próximo 29 de outubro realizarase unha nova reunión. En caso de que non se consigan avances importantes, teremos que volver organizarnos para demostrarlle á patronal que non estamos dispostos

Upload: oscargaliza

Post on 24-May-2015

707 views

Category:

Documents


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Panfleto asembleas (x 13) (1)

A TODAS AS TRABALLADORAS E TRABALLADORES DO COMERCIO

DA PROVINCIA DA CORUÑA

Despois da folga do 1 de xullo conseguimos que a patronal asinase a prórroga da vixencia do convenio por un ano. Pero en tanto non consigamos acordar un novo os nosos salarios e dereitos continuarán conxelados.No mes de setembro retomamos a negociación coa patronal e en tres reunións non se avanzou nada debido á insistencia dos empresarios en negociar unha redución de salarios e demais dereitos. Entre outras cousas, persisten na súa intención de non pagar o complemento de IT cando se permaneza de baixa por enfermidade común e na conxelación salarial durante 2012, 2013 e 2014.

O próximo 29 de outubro realizarase unha nova reunión. En caso de que non se consigan avances importantes, teremos que volver organizarnos para demostrarlle á patronal que non estamos dispostos a que conserven as súas fortunas a costa dos nosos cartos.Para manterte informado de primeira man e participar nas decisións que se tomen, acude á

ASEMBLEA XERAL DE TRABALLADORAS E

TRABALLADORES DO COMERCIO

MÉRCORES, 30 DE OUTUBRO22:30

SALÓN DE ACTOS DO EDIFICIO SINDICAL

Page 2: Panfleto asembleas (x 13) (1)

(Avda. de Alfonso Molina)