palabra de vida marzo 2011

25
“Velaquí a escrava do Señor. Cúmprase en min o que dixeches” (Lc 1, 38) Marzo 2011

Upload: fersa67

Post on 24-May-2015

227 views

Category:

Education


2 download

TRANSCRIPT

Page 1: Palabra de vida marzo 2011

“Velaquí a escrava do Señor. Cúmprase

en min o que dixeches”

(Lc 1, 38)

Marzo 2011

Page 2: Palabra de vida marzo 2011

Parece dicirnos: “Queres que faga de ti e da túa vida unha obra de arte? Sigue o camiño que che indico e

serás quen sempre fuches no meu corazón,

Page 3: Palabra de vida marzo 2011

Tamén a nós, como a María, Deus quere desvelarnos o que pensou sobre cada un de nós, quere darnos a

coñecer a nosa verdadeira identidade.

Page 4: Palabra de vida marzo 2011

Pois pensei en ti e ameite desde toda a eternidade, pronunciei o teu nome.

Ao dicirche a miña vontade, revelo o teu verdadeiro eu".

Page 5: Palabra de vida marzo 2011

Por conseguinte, a súa vontade non é unha imposición que nos coarta,

senón o modo de desvelar o seu amor por nós, o seu proxecto sobre nós; e é sublime como Deus mesmo, fascinante e

cativador como o seu rostro: é El mesmo quen se dá.

Page 6: Palabra de vida marzo 2011

A vontade de Deus é un fío de ouro, unha trama divinaque tece toda a nosa vida terrea e a do máis alá; vai da eternidade á eternidade: primeiro na mente de

Deus, logo nesta terra e, por último, no Paraíso.

Page 7: Palabra de vida marzo 2011

Pero para que o designio de Deus se cumpra plenamente,Deus pide o meu consentimento e o teu, como llo pediu a

María.Só así se realiza a Palabra que pronunciou sobre min, e sobre

ti. De modo que tamén nosoutros, como María, estamos chamados a dicir:

Page 8: Palabra de vida marzo 2011

“Velaquía escrava do Señor.

Cúmprase en min o que

dixeches“ (Lc 1, 38)

Page 9: Palabra de vida marzo 2011

Sen dúbida, a súa vontade non sempre nos resulta clara.

Como María, nós tamén teremos que pedir a luzpara comprender o que Deus quere.

Page 10: Palabra de vida marzo 2011

É necesario escoitar ben a súa voz dentro de nós,con absoluta sinceridade, e se é necesario, pedirlle

consello a quen nos poida axudar. Pero unha vez que teñamos comprendido a súa vontade, digámoslle si de

inmediato.

Page 11: Palabra de vida marzo 2011

Pois se temos comprendido que a súa vontade é o máis grande e fermoso que poida existir na nosa vida,

non nos resignaremos a “ter que" facer a vontade de Deus,

Page 12: Palabra de vida marzo 2011

senón que nos alegraremos de "poder“ facer a vontade de Deus,

de poder levar a cabo o seu proxecto, de modo que aconteza

o que El pensou para nós.É o mellor que podemos facer, o máis intelixente.

Page 13: Palabra de vida marzo 2011

Con todo, ás veces o que El nos pide pode parecernos absurdo. Pareceríanos mellor facer as cousas doutro

xeito;quixermos levar nós as rendas da nosa vida.

Page 14: Palabra de vida marzo 2011

Incluso podemos ter ganas de aconsellar a Deus,

de dicirlle qué facer e qué non.

Page 15: Palabra de vida marzo 2011

Pero se creo que Deus é amor e me fío del,sei que todo o que predispón para a miña vida e a

dos queme rodean é polo meu ben, polo seu ben.

Page 16: Palabra de vida marzo 2011

Entón entrégomea El,

abandónomecon plena confianza

á súa vontadee quéroa

con todo o meu ser, ata identificarme

con ela,pois sei que

acoller a súa vontadeé acollelo a El, abrazalo a El,nutrirse del.

Page 17: Palabra de vida marzo 2011

Debemos crer que nada sucede por casualidade. Ningún acontecemento alegre, indiferente ou doloroso, ningún encontro, ningunha situación familiar, laboral, ou

escolar,ningún estado de saúde física ou moral carece de sentido,

Page 18: Palabra de vida marzo 2011

senón que todo – feitos, situacións e persoas – nos trae unha

mensaxe de parte de Deus, todo contribúe a que se cumpra o designio de Deus, o cal iremos descubrindo

pouco a pouco, día a día, se facemos, como María, a vontade de Deus.

Page 19: Palabra de vida marzo 2011

As palabras de María – “Velaquí a escrava do Señor" – son, pois, a nosa resposta de amor ao

amor de Deus. Esas palabras mantéñennos sempre orientados cara a El, á escoita, en actitude de obediencia, co único desexo

de facer a súa vontade para ser como el quere que sexamos.

Page 20: Palabra de vida marzo 2011

“Velaquí, a escrava do Señor.

Cúmprase en min o que

dixeches“ (Lc 1, 38)

Page 21: Palabra de vida marzo 2011

Como vivir pois, esta Palabra? O noso si á Palabra de Deus significa

concretamente facer ben, por completo, en cada momento,

esa acción que a vontade de Deus nos pide.

Page 22: Palabra de vida marzo 2011

Estar plenamente concentrados nese labor, eliminando todo o demais, descartando pensamentos, desexos, recordos e accións que se refiran a outra cousa.

Page 23: Palabra de vida marzo 2011

Digámolo antes de cada acción:

“Así sexa", “fágase". e

completaremosmomento a

momento, tesela a tesela,

o marabilloso, único

e irrepetible mosaico da nosa

vida,que o Señor

concibiu desde sempre para cada

un de nós.

Page 24: Palabra de vida marzo 2011

Ante calquera vontade de Deus - dolorosa, alegre ou indiferente - podemos repetir: “Fai comigo como dis",

ou ben, como nos ensinou Xesús no Noso Pai:“fágase a túa vontade".

Page 25: Palabra de vida marzo 2011

“Velaquí a escrava do Señor. Cúmprase en min o

que dixeches“.

(Lc 1, 38)

““Palabra de Vida”Palabra de Vida”

Texto de: Chiara Lubich, Publicada en Vida Nueva, decembro 2002.

Este comentario da Palabra de Vida tradúcese a 97 linguas e idiomas, tamén ao galego,

alcanzando a varios millóns de persoas en todo o mundo

a través da prensa, radio, TV e vía internet.

““Palabra de Vida”Palabra de Vida”

Texto de: Chiara Lubich, Publicada en Vida Nueva, decembro 2002.

Este comentario da Palabra de Vida tradúcese a 97 linguas e idiomas, tamén ao galego,

alcanzando a varios millóns de persoas en todo o mundo

a través da prensa, radio, TV e vía internet.