os sete cabaleiros de cores
TRANSCRIPT
![Page 1: Os sete cabaleiros de cores](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042511/55a108971a28ab806a8b4697/html5/thumbnails/1.jpg)
![Page 2: Os sete cabaleiros de cores](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042511/55a108971a28ab806a8b4697/html5/thumbnails/2.jpg)
Érase unha vez, hai xa moito tempo, que no reino das cores había sete cabaleiros: o vermello, o laranxa, o amarelo, o verde, o azul, o anil e o violeta. Todos eran valentes e ousados, e estaban moi orgullosos da súa cor.
![Page 3: Os sete cabaleiros de cores](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042511/55a108971a28ab806a8b4697/html5/thumbnails/3.jpg)
O Cabaleiro Vermello dicía:
A miña cor é a máis bonita. Mirade o lume, as cereixas,
as rosas vermellas e as fresas.
![Page 4: Os sete cabaleiros de cores](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042511/55a108971a28ab806a8b4697/html5/thumbnails/4.jpg)
O Cabaleiro Laranxa respostáballe sempre:
Sí, pero o vermello é a cor do sangue, da guerra. Sen
embargo, a miña é a cor das laranxas e das mandarinas. É
unha cor suave, e mesmo parece que arrecende moi
ben.
![Page 5: Os sete cabaleiros de cores](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042511/55a108971a28ab806a8b4697/html5/thumbnails/5.jpg)
Axiña interrompía o Cabaleiro Amarelo:
Que falsedade! Eu si son fermoso:
mirade o sol, o ouro, as margaridas,
os limóns e o mel.
![Page 6: Os sete cabaleiros de cores](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042511/55a108971a28ab806a8b4697/html5/thumbnails/6.jpg)
Entón, o Cabaleiro Verde botábase a rir:
Vamos, vamos! Cando as plantas e as árbores están fortes e xóvenes, as súas follas son verdes. Mirade
os montes, os prados e os bosques. O mundo é
verde cando está vivo.
![Page 7: Os sete cabaleiros de cores](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042511/55a108971a28ab806a8b4697/html5/thumbnails/7.jpg)
Pero o Cabaleiro Azul berraba:
Que tolería acabo de oír? Se de algunha cor é o
mundo, ese é o azul. Mirade o mar inmenso, e os lagos e os ríos. Azul mariño para a auga e azul celeste para o
ceo.
![Page 8: Os sete cabaleiros de cores](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042511/55a108971a28ab806a8b4697/html5/thumbnails/8.jpg)
O Cabaleiro Anil dicía fachendoso:
Pero, de que cor son as uvas, os figos, as moras.? A cor Anil é
seria, solemne, magnífica.
![Page 9: Os sete cabaleiros de cores](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042511/55a108971a28ab806a8b4697/html5/thumbnails/9.jpg)
Para rematar, dicía o Cabaleiro Violeta:
O violeta é unha cor chea de sentimento, de
emoción; é o ceo no solpor, o son suave
que producen os violíns. Só o seu nome
xa é pura poesía.
![Page 10: Os sete cabaleiros de cores](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042511/55a108971a28ab806a8b4697/html5/thumbnails/10.jpg)
E cada un deles pasaba as horas diante doespello contemplando os reflexos da súa
cor; porque todos se crían o mellor e só vían defectos nos demais.
![Page 11: Os sete cabaleiros de cores](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042511/55a108971a28ab806a8b4697/html5/thumbnails/11.jpg)
Un día, o Rei Branco e Negro, que era o señor dos sete cabaleiros, acompañado da Raíña Rosa, chamounos e díxolles:
![Page 12: Os sete cabaleiros de cores](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042511/55a108971a28ab806a8b4697/html5/thumbnails/12.jpg)
Amados e valentes cabaleiros de cores: empezo a estar un pouco farto das vosas pelexas. EU, O REI BRANCO E NEGRO, mándovos que de agora en diante vaiades sempre xuntos e non discutades polas vosas diferenzas. É certo que somos diferentes, pero … que aburrimento se todo fora igual!
![Page 13: Os sete cabaleiros de cores](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042511/55a108971a28ab806a8b4697/html5/thumbnails/13.jpg)
![Page 14: Os sete cabaleiros de cores](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042511/55a108971a28ab806a8b4697/html5/thumbnails/14.jpg)
Mirade: axiña casará a miña filla, a princesa Rosa e Branca, e quero decorar a entrada do meupazo co máis fermoso que ninguén teña visto nunca.Déixovos este encargo, Cabaleiros das Sete Cores.
![Page 15: Os sete cabaleiros de cores](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042511/55a108971a28ab806a8b4697/html5/thumbnails/15.jpg)
Cada cabaleiro comezou a pensar como contentar ao rei e só se lles ocurría adornaro pazo cun gran arco da súa cor. Na véspera da voda, reuníronse e, cando cada un explicou a súa idea, empezou a mesma discusión de sempre. Entonces, o Rei Branco e Negro saíu do seu cuarto e dixo aos seus soldados:
![Page 16: Os sete cabaleiros de cores](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042511/55a108971a28ab806a8b4697/html5/thumbnails/16.jpg)
Atrapade a eses Cabaleiros fachendosos e levádeos onde non poida volver a velos nunca xamais.
![Page 17: Os sete cabaleiros de cores](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042511/55a108971a28ab806a8b4697/html5/thumbnails/17.jpg)
Obedecendo as súas ordes, os soldados
atraparon aos Sete Cabaleiros de Cores.
E mandáronos máis aló das nubes.
![Page 18: Os sete cabaleiros de cores](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042511/55a108971a28ab806a8b4697/html5/thumbnails/18.jpg)
Entón ocorreu algo que ninguén fora quen de imaxinar.
Algo marabilloso! Alí máis aló das nubes, formaron el arco máis bonito e esplendoroso que ninguén vira xamais: o arco da vella. Todos os cabaleiros, cada un coa súa cor, pero ao lado dos demais.
![Page 19: Os sete cabaleiros de cores](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042511/55a108971a28ab806a8b4697/html5/thumbnails/19.jpg)
Entón os Sete Cabaleiros entenderon que o máis importante era a TOLERANCIA: Recoñecer o pluralismo, respectar a diversidade, compartir cos demais as diferenzas como algo positivo, beneficioso, enriquecedor.
![Page 20: Os sete cabaleiros de cores](https://reader034.vdocumento.com/reader034/viewer/2022042511/55a108971a28ab806a8b4697/html5/thumbnails/20.jpg)