os sentidos

5
OS SENTIDOS A vista O órgano do sentido la vista é o ollo. O ollo está formado polo globo ocular, que está protexido polas cellas, as pestanas e as pálpebras. Cando a luz chega ao globo ocular, atravesa a córnea, unha capa dura e transparente e entra pola pupila¸ que é a apertura do iris. Despois pasa polo cristalino, unha lente que enfoca a imaxe sobre unha capa situada no fondo do ollo, chamada retina. A información captada pola retina viaxa polo nervio óptico ata o cerebro.

Upload: natalia-costas

Post on 27-Mar-2016

221 views

Category:

Documents


2 download

DESCRIPTION

presentación os sentidos

TRANSCRIPT

Page 1: os sentidos

OS SENTIDOS

A vista

O órgano do sentido la vista é o ollo. O ollo está formado polo globo

ocular, que está protexido polas cellas, as pestanas e as pálpebras.

Cando a luz chega ao globo ocular, atravesa a córnea, unha capa dura e

transparente e entra pola pupila¸ que é a apertura do iris. Despois pasa

polo cristalino, unha lente que enfoca a imaxe sobre unha capa situada no

fondo do ollo, chamada retina. A información captada pola retina viaxa

polo nervio óptico ata o cerebro.

Page 2: os sentidos

O oído

O órgano do sentido do oído é o oído. Nel diferenciamos tres partes:

Oído externo: está formado pola orella e o conducto auditivo

externo. Recolle os sons.

Oído medio: está formado polo tímpano e a cadea de ósos finos.

Transforma os sons en vibracións.

Oído interno: está formado polo caracol e o nervio auditivo.

Transforma as vibracións en impulsos nerviosos e condúceos cara

ao cerebro.

Page 3: os sentidos

O tacto

O órgano do sentido do tacto é a pel. Está formada por tres capas:

Epiderme: é a capa exterior. Ten función protectora.

Derme: situada cara ao interior da epiderme. Nela están os

receptores do frío, da calor e da presión.

Hipoderme: está debaixo da derme. Contén graxa e protéxenos do

frío e dos golpes.

Page 4: os sentidos

O olfacto

O órgano do sentido do olfacto é o nariz. Os receptores do sentido do

olfacto atópanse na pituitaria, unha estrutura situada no interior das

fosas nasais.

Page 5: os sentidos

O gusto

O órgano do sentido do gusto é a lingua. Os receptores do gusto

localízanse nas papilas gustativas, que están distribuídas na lingua en

distintas zonas segundo os diferentes sabores: salgado, amargo, acedo e

doce.