os mouros

2
BIBLIOGRAFIA: diccionario dos seres míticos galegos; ,Pequena Mitoloxia de galicia; ? Cuba, X.R., Reigosa, A. e Miranda, X., Edición Xerais, Vigo 1999. ? Cuba, X. R., Reigosa, A. e Miranda, X. Edición Xerais, Vigo 2001. ? Ilustración de J.Felipe Alonso. Editorial Espasa-Calpe 2005. Suso Cubeiro Diccionario Espasa de seres fantásticos; en EQUIPO DE BIBLIOTECA C.E.I.P. VICTOR SÁENZ Mouros Os

Upload: marichoni-marichoni

Post on 08-Mar-2016

235 views

Category:

Documents


4 download

DESCRIPTION

boletín con adaptacións de lendas de mouros para nenos/as

TRANSCRIPT

Page 1: Os Mouros

BIBLIOGRAFIA:

diccionario dos seres míticos galegos;

,Pequena Mitoloxia de galicia;

?Cuba, X.R., Reigosa, A. e Miranda, X.,Edición

Xerais, Vigo 1999.?Cuba, X. R., Reigosa, A. e Miranda, X.

Edición Xerais, Vigo 2001.?Ilustración de

J.Felipe Alonso. Editorial Espasa-Calpe 2005.

Suso Cubeiro Diccionario Espasa de seres fantásticos;

en

EQUIPO DE BIBLIOTECA

C.E.I.P. VICTOR SÁENZ

Mouros

Os

Page 2: Os Mouros

Os mouros non son fáciles de ver. Só se ven se eles queren ou por descoido. Para que poidamos velos usan a Untura dos Encantos. Se alguén os ve cando non queren, cégano. Hai persoas especiais que poden velos sempre. Pero se un os ve sen usar a untura pode significar que vai morrer.

A Mourindade é a nación dos vellos mouros, que antes dominaban Galicia. Foron derrotados por Carlomagno e agora están encantados e viven baixo terra, baixo os castros e os penedos que saben abrir e pechar por portas que nós non vemos.

Os mouros fan vida nocturna e normalmente son de cor negra ou terrosa. Viven baixo as súas propias construcións, sobre todo nos castros. Tamén viven baixo a auga, nos pozos. A pesar da súa calidade de máxicos, fan actividades propias dos humanos: cociñan, lavan a roupa e téndena nos monumentos, van por auga, teñen cabalos, crían galiñas e bois, matan porcos, beben auga e viño, fían, tecen, moen, mallan e cocen, aséanse en pedras en forma de bañeira, van ás feiras, compran e fan tratos cos humanos. Pero ademais, naturalmente, gardan tesouros ós que non lles dan ningún aprecio.

Os mouros fan tratos cos humanos: ofrecen ouro a cambio dalgún favor ou traballiño, aínda que o principal compromiso é que se lles garde o segredo. Se o humano rompe conta o segredo, o ouro vólvese carbón ou cagallas.

Poden provocar a morte de quen os molesta. Tamén poden ser caníbales e raptar e comer nenos e maiores. E tamén raptan rapazas para encantalas e convertelas nas súas mulleres.

Lendas

Os mouros son os constructores dos castros, mámoas, castelos, petroglifos e penedos. Son un pobo máxico, hoxe agachado baixo terra, pero antes foron a Mourindade.

Un home de Maceda que viña da feira de Castro Caldelas, pasando o monte de Rodicio, saíulle ao camiño unha nena chorando. Colleuna e subiuna na besta.

Sen saber como, chegaron onde uns grandes penedos. A nena apeouse e petou co pé. Abriuse unha porta e entraron. Era o pazo dos mouros, pais da rapaza.

O home pasou a noite alí a corpo de rei e pola mañá, coas bolsas cheas de ouro, marchou para a súa casa. Moitos humanos teñen estado, como el, nestas vivendas da Mourindade.

A unha muller de Pedrouzos de Melide, que estaba en periodo de aleitar un fillo, foi requerida por un mouro para lle dar de mamar ao seu fillo. Ela foi e entrou por un subterráneo longo e espacioso ata chegar a unha casa moi ben posta. Deulle leite ao rapaz e cando rematou, o mouro pediulle que lle botara ao neno mouro unha untura que tiña preparada. Ela fíxoo, e sen se dar conta, levou a man untada á cara e algo da untura entroulle nun ollo.

Outro día na feira a muller viu ao mouro e chamouno pero el non lle respondeu. Cando ao día seguinte lle foi a dar de mamar á criatura do mouro, este preguntoulle: -Con que ollo me viches na feira?Ela díxollo e el sacoullo e deixouna cega.