os ecosistemas

23
OS ECOSISTEMAS

Upload: cienciaactivazorelle

Post on 06-Jul-2015

172 views

Category:

Documents


3 download

TRANSCRIPT

Page 1: Os ecosistemas

OS ECOSISTEMAS

Page 2: Os ecosistemas

ÍNDICE1. Concepto de ecosistema, biosfera y ecoloxía.2. Compoñentes dos ecosistemas: biótopo e biocenose.3. Hábitat e nicho ecolóxico.4. Niveis tróficos: produtores, consumidores e descompoñedores.5. Relacións tróficas: cadeas tróficas e redes tróficas.6. Fluxo de enerxía e ciclo da materia.7. Parámetros tróficos: Biomasa, produción e produtividade.8. Pirámides tróficas.9. Ciclos bioxeoquímicos: ciclo do carbono, ciclo do nitróxeno e ciclo do

fósforo.10. Biomas: Biomas terrestres e biomas acuáticos.11. Principais ecosistemas terrestres en España.12. Principais ecosistemas acuáticos en España.13. Impactos ambientais: positivos e negativos.

Page 3: Os ecosistemas

1. Concepto de ecosistema

- Biosfera- Ecoloxía

• Ecosistema.- É o conxuntodos seres vivos que habitanun determinado lugar, ascaracterísticas que definen oseu medio e as relacións quese establecen entre eles e comedio.

• Biosfera.- Conxunto detodos os seres vivos quehabitan no planeta Terra.

• Ecoloxía.- Ciencia queestuda a composición e ofuncionamento dosecosistemas.

Page 4: Os ecosistemas

2. Compoñentes dos ecosistemas:Biótopo e biocenose

• Biótopo: É a parte inorgánica do ecosistema. Está formado polo medio físico e as características físico-químicas do medio (luz, temperatura, humidade,etc ). Parte abiótica.

• Biocenose: Formada polo conxunto de seres vivosque habitan e se ralcionanno biótopo. Parte biótica.

Page 5: Os ecosistemas

3. Hábitat e nicho ecolóxico

• O hábitat dun organismo é o lugar onde vive,a área física onde podemos encontralo.Exemplo: un océano, un oco debaixo dunhapedra, a superficie dunha árbore, etc.

• Nicho ecolóxico.- É a función que desempeñaun organismo dentro dun ecosistema.

Page 6: Os ecosistemas

4. Niveis tróficos• Os seres vivos clasifícanse en tres niveis tróficos segundo a forma de obter o seu

alimento:

1. Produtores: Organismos autótrofos que fabrican materia orgánica a partir deinorgánica. Producen o seu propio alimento. Ex.: Plantas, algas e algunhas bacterias.

2. Consumidores: Organismos heterótrofos que se alimentan da materia orgánica que hainoutros seres vivos. Tipos:

a) Consumidores primarios: Aliméntanse dos productores. Ex.: herbívoros.b) Consumidores secundarios: Aliméntanse dos consumidores primarios .

Ex.: Carnívoros.c) Consumidores terciarios: Aliméntanse dos consumidores secundarios e incluso dos

consumidores primarios.

1. Descompoñedores: Organismos que se alimentan de restos de organismos mortos y dosseus excrementos. Ex.: Fungos e bacterias.

Page 7: Os ecosistemas

As plantas son organismos produtores.

Os coellos que son animais herbívoros son consumidores primarios.

O raposo, que se alimenta de coellos, é un consumidor secundario.

Page 8: Os ecosistemas

5. Relacións tróficas: Cadeas tróficas e redes tróficas

• Relacións tróficas .- Son as relacións que haientre os organismos que se alimentan unsdos outros nun ecosistema. Pódenserepresentar mediante cadeas e redes tróficas.

Page 9: Os ecosistemas

Cadeas tróficas• Cadeas tróficas:

Representacións gráficaslineais onde se indicamediante frechas, quen écomido por quen noecosistema. As frechasparten do organismo que éconsumido e apuntan caraao organismo consumidor,desta forma indícase osentido en que flúe aenerxía e a materia nacadea. Non se representanos organismosdescompoñedores.

Page 10: Os ecosistemas

Redes tróficas

• Rede trófica: Está formadapolo conxunto de cadeastróficas interconectadas entresi. Non se representan osorganismos descompoñedores.

Page 11: Os ecosistemas

6. Fluxo de enerxía e ciclo da materiaFLUXO DE ENERXÍA

• Proceso unidireccional aberto.

• A enerxía que entra nunecosistema procede do Sol.

• Os produtores ó realizar afotosíntese, transforman aenerxía luminosa en enerxíaquímica.

• En cada nivel, a enerxía utilízasepara o crecemento, procesosmetabólicos, e outra pérdese coarespiración en forma de calor.

Page 12: Os ecosistemas

CICLO DA MATERIA

• Proceso cíclico pechado.

• Os produtores utilizanmateria inorgánica etransfórmana en materiaorgánica.

• Ao morrer produtores econsumidores, os seusrestos orgánicos sontransformados encompostos inorgánicospolos descompoñedores.

Page 13: Os ecosistemas

7. Parámetros tróficos: Biomasa, producióne produtividade

• Biomasa ( B ): Cantidade de materia orgánica que hai nun inidividuo, nun niveltrófico, nunha poboación ou nun ecosistema.

• Produción ( P ): Cantidade de enerxía almacenada en forma de biomasa encada nivel trófico por unidade de tempo.

Produción ( P ) = Biomasa (B) / Tempo ( t )

- Produción bruta ( PB ): Cantidade total de biomasa xerada

por un nivel trófico calquera.

- Produción neta ( PN ) = Produción bruta ( PB ) – Respiración ( R )

• Produtividad (p ) = ( Produción neta (PN) / Biomasa (B)) x 100

Page 14: Os ecosistemas

8. Pirámides tróficas• Pirámide trófica: Representación

gráfica das relacións alimentarias que hai nun ecosistema.

• Cada nivel trófico represéntasecunha barra ou piso. Na base están os produtores, logo os consumidores primarios, secundarios e terciarios.

1. Pirámides de números: número de individuos de cada nivel trófico.

2. Pirámides de biomasa: Biomasade cada nivel trófico.

3. Pirámides de enerxía: Enerxíaalmacenada nun nivel trófico.

Page 15: Os ecosistemas

9. Ciclos bioxeoquímicos:Ciclo do carbono, ciclo do nitróxeno e ciclo do fósforo

• Ciclo bioxeoquímico: Percorridos que realizan certoselementos químicos a través da biocenose e dobiótopo.

Page 16: Os ecosistemas

Ciclo del carbono• o carbono encóntrase en tódolos

compostos orgánicos dos seres vivos.

• Os produtores (autótrofos) captan CO₂e transfórmano en compostosorgánicos. A través da alimentación ocarbono pasa aos consumidores.

• Organismos mariños utilizan CO₂disolto na auga e forman cunchas eesqueletos, chegando a fomarserochas calcarias.

• Mediante a respiración celular, osprodutores, os consumidores e osdescompoñedores utilizan a materiaorgánica e liberan CO₂ á atmosfera.

• Restos orgánicos de seres vivosenterrados transfórmanse encombutibles fósiles.

• As erupcións volcánicas, a queima debiomasa vexetal e de combustiblesfósiles liberan CO₂ á atmosfera.

Page 17: Os ecosistemas

Ciclo do nitróxeno• O nitróxeno é fundamental nos

seres vivos; forma parte dasproteinas e dos ácidos nucleicos.

• Certas bacterias do solo captan onitróxeno atmosférico etransfórmano en nitratosdisoltos.

• Coa fotosíntese as plantasutilizan os nitratos disoltos paraformar compostos orgánicos.

• As bacterias nitrificantes doterreo converten o nitróxeno ennitratos.

• O ciclo péchase debido a accióndas bacterias desnitrificantes,que utilizan os nitratos do terreoe xeran nitróxeno, que volve áatmosfera.

Page 18: Os ecosistemas

Ciclo do fósforo• Fósforo: Elemento escaso.

Encóntrase nos ácidosnucleicos, ósos e cubertas deanimais.

• Gran parte do fósforoencóntrase nas rochassedimentarias mariñas. A súaerosión libera fosfatos, quedisoltos en auga son utilizadospolas plantas.

• A través da alimentación, ofósforo pasa ao resto da cadeatrófica.

• Parte dos fosfatos sonarrastrados cara o mar. Alí ofósforo distribuiese .

Page 19: Os ecosistemas

10. Biomas: Biomas terrestres e biomas acuáticos

• Biomas: Son ecosistemas terrestres que ocupan grandes extensións.

• Biomas terrestres: O deserto frío, a tundra, a taiga, a estepa, o bosque caducifolio, o bosquemediterráneo, o bosque ecuatorial, o bosque tropical, a sabana e o deserto cálido.

• Biomas acuáticos: O bioma doceacuícola e o bioma mariño.

Page 20: Os ecosistemas

11. Principais ecosistemas terrestres en España

• Bosque atlántico:- Clima moderado. Invernos fríos, veráns temperados e precipitacións

abundantes e regulares ao longo do ano.- Destacan: faias, carballos, pradairos, bidueiros, freixos e castiñeiros.

- Fauna: Oso, lobo, xabaril, cervo, corzo, raposo e pita do monte.

• Bosque mediterráneo:- Clima temperado e húmido no inverno e moi seco e caloroso no verán-Destacan: Aciñeiras, sobreiras, oliveiras bravas, piñeiros, etc.-Fauna: Raposo, corzo, etc.

Page 21: Os ecosistemas

12. Principales ecosistemas acuáticos en España

• Ríos:

1. Curso alto: Pendiente acusada. A auga circula a gran velocidade.Vexetais: carrizas e algas pegadas ás rochas. Animais: caracois, salmón,troita.

2. Curso medio e baixo: Corrente máis suave. A auga circula a menorvelocidade. Destacan: chopos, amieiros, salgueiros, xuncos, etc.

• Lagos: Son ecosistemas formados por masas de auga profundas epermanentes. Están condicionados pola luz e a temperatura.

• Zonas mariñas:

1. Litoral cantábrico e atlántico: predominan os acantilados. Augas frías.Influenciado polas mareas. Predominan os fondos rochosos con algas,esponxas, corais, moluscos, crustáceos e equinodermos.

2. Litoral mediterráneo: Augas cálidas e salinas.

Page 22: Os ecosistemas

13. Impactos ambientais: Positivos e negativos

Impactos ambientais: Calquera alteración no medio natural provocada polaactividade humana.

Impactos positivos: Producen unha mellora no medio.

Impactos negativos: Producen unha deterioración do medio.

1. Incendios forestais2. Degradación e perda do solo3. Perda de biodiversidade: sobreexplotación, destrución de hábitats e

introdución de especies exóticas.4. Queima de combustibles fósiles: producen o efecto invernadoiro e o

quecemento global.5. Procesos industriales: Pesticidas e outros produtos químicos.6. Cambios no uso da terra: O sobrepastoreo, a deforestación, a agricultura

intensiva, a construción de infraestruturas e a ampliación de zonasurbanas.

Page 23: Os ecosistemas

David Manuel Castro Ferreira