obradoiro de ilustración con minia regos
TRANSCRIPT
Obradoiro de ilustración con MINIA REGOS
O venres 25 de abril recibimos a visita de
Minia Regos, que levou a cabo un divertido
e inspirador obradoiro de ilustración!
Os nenos de 5º de primaria aprendimos
que é necesario para comezar a ilustrar.
Ter lápiz e papel non é suficiente…
Minia explicounos a importancia de ser creativo,
de manexar as liñas e a cor e de aprender dos
demais, en especial dos grandes artistas.
Tamén explicounos cales foron as fontes de
inspiración do seu último libro. Tac, tac, tac ,
plof
É unha historia preciosa que nos axuda a
descubrir a beleza que esconde o fondo do mar e
a pensar en que debemos mantelo limpo.
Amosounos a debuxar unha das personaxes
principais do libro: Ocaso, unha criatura
fantástica, mestura de oca e oso!
E puxémonos mans a obra para debuxar a Ocaso!
Moitas grazas MINIA!