o terremoto en xapon

7

Upload: aceip-darbo

Post on 11-Mar-2016

234 views

Category:

Documents


6 download

DESCRIPTION

Traballo de investigacion de Sofia Coya sobre Xapón e o terremoto que sufriu en marzo de 2011.

TRANSCRIPT

Page 1: O terremoto en Xapon
Page 2: O terremoto en Xapon

Primeira parte:

XAPÓN

Situación de Xapón:

Xapón é un arquipélago situado ao leste da península de Corea, ao sur limita co océano Pacífico, ao sudoeste co mar da China Oriental, ao oeste co mar de Xapón e a continuación a península de Corea. Este arquipélago está composto por catro illas principais, que son, do norte ao sur Hokkaideo, Honshu, a máis grande, Shikoku e Kyushi; estas catro illas forman un extenso arco de 1000 illas menores arredor destas e as illas Nansei, situadas moito máis no sur, xa preto do mar de Filipinas.

Poboación:

O total da poboación está sobre uns 126.434.470 habitantes. A densidade da poboación é duns 335 habitantes por km cadrado. A distribución desta poboación é dun 79% urbana e dun 21% de rural.

Page 3: O terremoto en Xapon

Superficie:

A superficie de Xapón é de 377.837 km2.A illa de Hokkaido ten unha superficie de 78.515 km2.A illa de Honshu ten unha superficie de 230.897 km2, incluídos 159 km2 de augas interiores.A illa de Shkoku ten unha superficie de 18.795 km2.A illa de Kyushu ten unha superficie de 42.083 km2.

Capital e cidades importantes de Xapón:

A capital de Xapón é Tokyo.As cidades máis importantes de Xapón son Tokyo, Yokohama, Osaka, Nagoya, Sapporo, Kyoto, Kobe, Fukuyama, Kawasaki, Kitakyushu e Hiroshima.

Page 4: O terremoto en Xapon

Idioma:

O idioma de Xapón é o xaponés.A súa orixe é incerta, era un idioma moi pobre antes de introdución da cultura China, con cuxos caracteres ideográficos entraron moitos términos que o enriqueceron. Posteriormente, o idioma adoptou voces occidentais: portuguesas, españolas, holandesas, inglesas, francesas e alemás. Hai moitas diferencias entre a lingua escrita e a falada, entre o idioma culto e o vulgar e entre o entregado polas harmas e o que usan as mulleres. Na actualidade estase desenvolvendo un idioma estándar.

Relixión:

As relixións do Xapón son o xintoísmo, budismo e outras relixións, entre elas o cristianismo.No xintoísmo dáse culto aos deuses do ceo e da terra e venérase aos antepasados. Os deuses son a personificación de conceptos abstractos. Segundo o xintoísmo a liñaxe imperial descendía de Amaterasu, a deusa do sol. Esta é a relixión nacional.

Page 5: O terremoto en Xapon

Segunda parte:

O TERREMOTO DE XAPÓNMagnitude:

A magnitude do terremoto foi de 8,9 na escala Ritcher nun principio. Nas últimas horas os científicos revisaron os datos e elevárono a magnitude 9. É considerado o 4º terremoto máis grave da historia.

Hipocentro e epicentro:

O hipocentro ou foco é o lugar onde nace un terremoto no interior do planeta. O epicentro é o punto da superficie terrestre situado enriba do hipocentro. O epicentro do terremoto de Xapón estaba preto da cidade Sendai.

Danos provocados:

Ata o momento 1200 mortos confirmados, pero o número irá en aumento posto que hai miles de desaparecidos. Só na cidade de Minamisariku hai sobre 10000 desaparecidos, xa que a aldea foi engulida pola auga do Tsunami que se produciu 5 minutos despois do terremoto con olas de 10 metros de altura chegando a auga 5 km terra a dentro.Aparte dos danos materiais causados (casas, edificios, estradas, pontes, un aeroporto...) o que máis preocupa é o dano acusado na central nuclear de Fukushima. Nesta central houbo unha explosión no reactor número tres. Todo iso provocou a liberación de radioactividade ao medio ambiente e a activación da alerta nuclear evacuando a xente nun radio de 20 km ou máis. Como consecuencia de todos os danos producidos, as zonas afectadas están sen luz e sen auga corrente. Os alimentos, a auga potable e o combustible empezan a escasear.

Page 6: O terremoto en Xapon

Que é a escala Richter?

Esta escala mide a magnitude dos terremotos grazas ao emprego de sismógrafos e fórmulas matemáticas. O rango de magnitudes desta escala esténdese dende 2 ata 9. A medida que os aparatos de medir sexan máis sensibles poderán detectarse terremotos inferiores a 2. Terremotos superiores a 9 parecen non existir. Por riba de 8 a destrución é case total.

Que é un Tsunami?

A palabra xaponesa Tsunami significa “onda escondida” debido a que un Tsunami pode avanzar polo océano, rápido e imperceptible, e xa na costa, emerxer de súpeto transformado en ondas xigantescas e devastadoras.Os tsunamis débense a perturbacións sufridas polo fondo oceánico cos terremotos, erupcións volcánicas, impactos de meteoritos ou desprendementos de terra.Os tsunamis evolucionan en tres fases:

1. Xeración por forzas que perturban a columna de auga.2. Propagación dende as augas profundas próximas á orixe da perturbación ata as augas tranquilas da costa.3. Finalmente, inundación das terras.

Os tsunamis desencadeados a pouca distancia da costa e de xeración inmediata son os que exercen efectos máis devastadores.Máis de unha cuarta parte dis tsunamis rexistrados no Pacífico dende 1895 orixináronse cerca de Xapón, posto que este se atopa nunha zona de alto risco chamada “cinturón de lume”, onde se atopan os bordes de catro placas tectónicas.

Page 7: O terremoto en Xapon

Triplo fase evolutiva dos tsunamis:Xeración, propagación e inundación.A perturbación do fondo do mar, como o movemento ao longo dunha falla, eleva a auga do fondo. A onda propágase polas augas profundas do océano a velocidades de 700 km por hora; sen embargo, cunha lonxitude de 600 veces a súa altura, a pendente da onda é demasiado suave para deixarse detectar. A onda empeza a ralentizar a súa velocidade ao alcanzar augas tranquilas e penetra e inunda o terreo como unha gran marea.

Outras veces, a refracción e o amontoamento converten a enerxía da onda nunha perigosa parede de auga. A enerxía da onda transmítese a un volume de auga menor en canto se aproxima a augas profundas. O incremento na densidade da enerxía aumenta a altura e a forza da onda.