o reino suevo na gallaecia. fonte fesga

12
o Reino o Reino Suevo Suevo da Gallaecia da Gallaecia

Upload: santi-pazos

Post on 21-Jun-2015

2.866 views

Category:

Documents


11 download

TRANSCRIPT

Page 1: O Reino Suevo na Gallaecia. fonte Fesga

o Reinoo ReinoSuevoSuevo

da Gallaeciada Gallaecia

Page 2: O Reino Suevo na Gallaecia. fonte Fesga

A Gallaecia e Roma no albor do século IVA Gallaecia e Roma no albor do século IVA Galiza histórica abranguía tanto os conventos Bracarense como Lucense e parte do de Astúrica [no séc. III abranguía os tres conventos citados, e no IV tamén o cluniaciense, polo que entón a Gallaecia chegaba ata Navarra]. Os dous primeiros tiñan uns 52.000 quilómetros cadrados e 451.000 homes libres, segundo Caio Plinio (70DC), e uns 700.000 en toda a provincia da Gallaecia (tal como era naquel intre), que atinxía tamén o convento de Asturica. Eran poucas as cidades romanas e moi escasos os poboados fortificados (oppidas). Mais “un autor tan próximo no tempo a este período como Décimo Ausonio de Burdigala (310-395), afirmou, por exemplo, que Bracara era unha das cidades máis ilustres do Imperio (...) Ao mesmo tempo, a arqueoloxía demostra tamén que entón eran urbes importantes

1da Gallaecia: Asturica, Lucus e Aquae Flaviae” .

No século V mantéñense activas as capitais dos foros, ás que se achegan nas feiras os habitantes das vilas e castros cos seus gandos e produtos, e por mor da administración de xustiza. A maioría dos autores consideran que había castros habitados, xa que non houbo abandono coa conquista romana, senón que foron perdendo de vagar a súa funcionalidade. Tampouco se detecta a “existencia de grandes señores, ou de familias consulares, así como de grandes construcións, mausoleos, ou manifestacións da

2chamada 'arte dos latifundios' . Deste etapa compre destacar a importante infraestrutura viaria construída tanto para o traslado de tropas como mercadorías.

Sábese que moitos galaicos enroláronse nas lexións ou tropas auxiliares romanas. Ningún aspecto dos pobos orixinarios foi máis resistente que o relixioso, xa que perduran algúns da época neolítica. A cohesión celta (ou de pobos celtificados) mantense na época romana. No idiomático, “tal vez sexan aplicábeis as palabras que Lot escribe en relación ao idioma galo. A desapari-ción do galo, aínda nas rexións máis afastadas da Galia é contem-

3poránea co triunfo do cristianismo sobre o paganismo” .

O Imperio Romano estaba dividido e debilitado. Vivira previamente unha guerra civil, na que o triunfo de Teodosio reunificou brevemente o mundo romano. Coa súa morte consoli-douse a ruptura. A parte occidental do imperio estaría gobernada desde o 395-423 por Honorio; e a parte oriental por Arcadio (395-408), que será substituído por Teodosio á súa morte (408-450).

Desde principios do século IV inícianse as invasións xermánicas do Imperio occidental. Así, os visigodos dirixidos por Alarico entran en Italia no ano 401, volvendo de novo no 408, neste caso saquean Roma e despois o sul de Italia. Alarico morre no 410 no cerco de Cosenza. Esta situación, sumamente grave para Roma e o emperador Honorio, atrincheirado en Ravenna, obriga a concentrar tropas que deixan sen protección algunhas fronteiras, como a do Rin.

2

1 O comezo da nosa Idade Media, p. 322 O Comezo da nosa Idade Media, p. 323 La Galicia Romana, p. 149

Campamento romano de Aquis Querquernis (Bande)

Soldados romanos, século V

ilu

st.:

To

kio

Page 3: O Reino Suevo na Gallaecia. fonte Fesga

3

Desde Suabia (Schwaben) á GallaeciaDesde Suabia (Schwaben) á Gallaecia

o Reinoo ReinoSuevoSuevo

da Gallaeciada Gallaecia

O fin de ano do 406 os suevos, vándalos e alanos franquearon o Rin (o limes romano), aproveitando que estaba xeado, e estendé-ronse pola Galia. O Conde Marcelino transmitiunos a explicación de que foron chamados e pagados polo xeneral romano (de orixe vándala) Estilicon no seu intento de arrebatar o poder ao empera-dor Honorio. Coa morte de Estilicon fronte a Honorio mudaron de plans e decidiron atravesar os Pirineos.

Na entrada á península débense enfrontar con tropas romanas, seica mandadas por Dídimo e Veriniano (parentes de Honorio). No ano 409 asinan un pacto (foedus) co emperador polo que reciben terras que se sortean entre eles, correspondéndolle a parte atlántica [se cadra a dos tres conventos, excuíndo o cluniaciense] da Gallaecia aos suevos. Outros autores din que o pacto só sería con estes últimos, e que os vándalos seguirían un camiño distinto que ao final obrigaríaos a abandonar a Hispania. O certo é que a finais do 410 ou no 411 os suevos, dirixidos por Hermerico, ocuparían o territorio cedido na Gallaecia. Os vándalos asdingos ocuparon a Gallaecia interior. Os vándalos silingos e os alanos a Bética, aínda que, como se verá, ficaron pouco tempo nestes territorios.

Os suevos eran unha poderosa federación de nacións xermánicas coas que os romanos xa tiveran contacto na época de César co gallo da Guerra das Galias. O seu asentamento primitivo estaba no Mar Báltico, e dislocáronse ao sul e oeste ate a actual Schwaben (que comprende parte de Baden-Wurtemberg e Baviera, con centros en Sttugart, Ulm, Tubinga, Augsburgo). Cando atravesaron o Rin no 406 xa tiñan un certo grao de romani-zación, despois de séculos de guerras e comercio cos romanos. Na federación sueva estaban integrados os cuados, alamáns, marco-manos e turinxios. Os que chegaron á Gallaecia eran cuados. Pola súa banda os alanos tiñan procedencia iraniana.

O cruce do Rin. 31/12/406

O rei HermericoOs pobos xermanos. S. I AC ao IV DC

ilu

st.:

To

kio

ilu

st.:

A.

Sei

jas

Page 4: O Reino Suevo na Gallaecia. fonte Fesga

Consecuencias da invasiónConsecuencias da invasiónOs xermanos non modificaron substancialmente a vida nas cidades da Gallaecia, e todo indica que as utilizaron como centros administrativos. Malia que a actividade económica desprazouse á zona rural, cóidase que mantiveron o seu funcio-namento autónomo anterior. No relativo á actividade comercial todo amosa que segue concentrada na zona costeira, manténdose as “importacións mediterráneas, gálicas, e do norte da Europa, mentres que a rota de Oriente está testemuñada

4mesmo xa no reinado de Hermerico, e era frecuentada pola elite cultural do país” .

Nos primeiros tempos as relacións entre os suevos e os orixinarios da Gallaecia foron complexas, ou cando menos cunha parte deles, que algúns autores consideran en referencia aos que habitaban as “partes medias”, ou sexa Castela a Vella, que fora adxudicada no seu dia aos vándalos asdingos, baseándose nos escritos de San Isidoro que neste territorio “os suevos exercían o seu dominio en parte da provincia. Hermerico, que os depredaba arreo, ao fin canso pola enfermidade, fixo a paz con eles”. Tampouco se pode descoñecer que no ano 460, durante a pascua, houbo unha incursión dos suevos na cidade de Lugo na que foron mortos un certo número de “romanos”, segundo o Cronicón de Idacio.

Do dito pódese tirar como conclusión, que medio século despois da chegada dos suevos aínda había “unha continuidade das institucións urbanas romanas e asemade unha pervivencia, mesmo unha recuperación, das estruturas autóctonas indíxenas, especialmente nas partes máis setentrionais do reino (...) E é congruente, por último, coa constante utilización polas fontes dos xentilicios 'gallaeci', 'galleci', ou 'gallici, e á ausencia do de 'romani', o que parece confirmar a inexistencia de calquera repre-

5sentación da autoridade imperial na Gallaecia” . En resumo, o rei suevo era a máxima autoridade na Galiza histórica, aínda que houbese cidades e zonas cunha grande autonomía. Síntoma da consolidación do Reino dos suevos é que Hermerico acuña moeda, aínda que nela figure o emperador romano. O que demostra que contaba con poder e o metal necesario que garantía o seu valor.

No ano 420 estoupa o conflito entre vándalos e suevos, os primeiros derrotan aos segundo nos Montes Nerbasos. Os vándalos “se cadra forzados por un período de seca, abandonan as terras da

6meseta e tratan de conquistar Galiza e tomar Braga” . O rei suevo Hermerico consegue axuda romana, polo que os asdingos pasaron á Bética, que se atopaba baixo xurisdición romana, despois da derrota dos silingos por Valia.

Guerra cos vándalos asdingos

4

4 O Comezo da Idade Media, p. 905 O comezo da Idade Media, p. 826 Os suevos, p. 19,

ilust.: Tokio

Page 5: O Reino Suevo na Gallaecia. fonte Fesga

5

Expansión sueva e derrotaExpansión sueva e derrota

o Reinoo ReinoSuevoSuevo

da Gallaeciada Gallaecia

O paso a África dos vándalos e alanos no 429, así como a morte do emperador romano Honorio, deixou un baleiro que favoreceu as conquis-tas suevas, nas que Hermerico incorporou ao seu fillo Réquila. Cando este sucedeu ao seu pai (441-448) xa levaba tres anos asociado. Foi se cadra o máis capaz dos reis suevos. No 439 derrotou no río Xenil, na Bética, as forzas ao servizo d o s r o m a n o s d i r i x i d a s p o r Andevoto. Ese mesmo ano ocupou Mérida, capital da Lusitania. Fixo desta última cidade o seu centro de operacións e voltou á Bética. No ano 440, venceu en Mértola as novas forzas que Roma enviou ao mando do Conde Censorio. Despois Réquila invadiu a Cartaxinense.

No 445 o xeneral romano Aecio, que contaba coa axuda de mercenarios hunos, esmagou os burgundios na Galia, e ese mesmo ano asinouse un pacto de amizade entre os vándalos e Roma, mudando a situación para os suevos. Ademais os vándalos, xa donos do norte de África, enviaran unha flota contra a cidade de Tui, polo que Réquila devolveu a Cartaxinense e a Bética despois de saquealas.

Requiario (448-456), que sucedeu ao seu pai, conseguiu unha alianza cos visigodos, casando cunha filla de Teodorico. Sentíndose seguro realizou unha campaña polo norte da península atravesando os “Campos de Gallaecia” (Tierra de Campos). Porén ao intentar entrar en Navarra e Aragón atopou grandes resistencias, polo que recuou e dirixiuse á Bética e á Cartaxinense, que ocupou doadamente. Estas campañas coinciden no tempo coa alianza entre Roma e os pobos xermánicos para deter o avance dos hunos, aos que derrotan nos campos Cataláunicos (451), onde morre o rei visigodo Teodorico. Durante a etapa de Requiario acúñase moeda na que, ademais da cara do emperador romano, figura a do rei como garante do seu valor e a lenda “IVSSV RECHIARI REGES”, o que amosa o grao de soberanía que tiña atinxido.

Despois de axustes internos muda a situación en Roma cun novo emperador, Avito, así como outro rei dos visigodos, Teodorico II. Requiario continúa en campaña por toda a península, mesmo invadindo a Tarraconense, sen facer caso aos embaixadores de Roma e dos visigodos que lle esixen a retirada. Un exército visigodo (aos que se incorporan francos, burgundios e hérulos) pasa os Pireneos, seguindo despois a vía romana que se dirixe a Asturica Augusta (Astorga). A batalla entre ambas as forzas foi o 5 de outubro de 456 nas proximidades do río Órbigo. Os godos consiguen a vitoria xa que son superiores, pola cabalaría e o adestra-mento militar, mentres os suevos tiñan fundamentalmente tropas de infantería.

Teodorico II entrou en Astorga e dirixiuse á capital sueva, Braga, que ocupou o 27 de outubro. Requiario con algúns soldados retirouse a Portum Cale (Porto), cando se aproximaron os godos intentou fuxir por mar, mais unha borrasca obrigouno a retornar. Foi decapitado en decembro de 456.

ilust.: Tokio

Batalla de Ponte Xenil

Page 6: O Reino Suevo na Gallaecia. fonte Fesga

Recuperacióndo reino suevoRecuperacióndo reino suevoMalia a derrota fronte aos visigodos no 456, cando algúns pensaban que o Reino dos suevos chegara ao seu fin (como Idacio no seu Cronicon), ábrese un novo período que se desenvolverá ate o 585. No inmediato, Teodorico II deixou a Aiulfo para organizar Galiza, no camiño de retorno destrúe Astorga, baixo o argumento de se teren refuxiado suevos na cidade. Aiulfo axiña se declara independente dos visigodos, aínda que será sometido e condenado a morte polas tropas que Teodorico deixou en León. Ante esta situación os suevos do convento de Lugo nomean rei a Frantán, e os da Bracarense a Maldras.

Despois de varias mudanzas de soberanos, no 464 o reino volvese unificar con Remismundo, que casa cunha filla de Teodorico II, que lle envía tropas godas para se consolidar no poder. “A confluencia entre ambos culmina coa conversión de Remismundo e dos suevos ao arrianismo (no 465), froito da actividade de Aiax, enviado desde a Galia con esta misión. Con esta medida simbólica o reino suevo, chamado a existir aínda durante máis de cen anos situábase certamente

7na órbita visigoda”. Desta nova etapa non temos máis información ate mediados do século VI.

6

Coa invasión dos pobos xermánicos da Gran Bretaña (saxóns, anglos, xutos e frisios), encetou a disputa cos celtas que habitaban o territorio que foron recuando sobre a parte occidental da illa. Algúns grupos optaron entre os séculos V e VI pola migración fóra das illas: á Bretaña francesa, e á mariña de Lugo e Coruña e occi-dente de Asturias. Fundaron un bispado en Britonia (na actual Santa María de Bretoña, A Pastoriza [aínda que non é seguro que tivese sede determinada]) e un mosteiro, o de Máximo (seica en San Martiño de Mondoñedo). Esta see foi mencionada por vez primeira no concilio de Braga de 561, onde asistiu un bispo chamado Meliosus, e no concilio de Braga de 572, onde sería Maeloc o que representase a Britonia [seica os dous nomes poderían responder a un mesmo personaxe].

A see de Britonia continuou tendo representación noutros concilios que se fixeron nos séculos VI e VIII en Toledo [e tamén en Braga]. Malia que o bispado bretón ficou extinguido no século VIII aínda no ano 1233 un documento menciona unha herdanza no concello de Castro de Rei que pertencía “a aqueles homes chamados bretóns ou biortos e cuxas mulleres chamaban chavellas”. Non hai dúbida de que se tratou dunha emigración localizada e que tivo importancia, tanto como para ter un bispo propio. Resulta evidente que, co tempo, os bretóns mesturáronse coa poboación da zona, máxime cando as diferenzas non debían ser moi grandes.

Os bretóns chegan a Galiza

Chegada dos bretóns á Mariña

ilu

st.:

A.

Sei

jas

7 O Reino medieval de Galicia, p. 54

Page 7: O Reino Suevo na Gallaecia. fonte Fesga

7

A cuestión relixiosa e os conciliosA cuestión relixiosa e os concilios

o Reinoo ReinoSuevoSuevo

da Gallaeciada Gallaecia

En todo este período, relixión e poder están moi entrelazados. A Igrexa tivo unha situación de privile-xio a partires de Constantino I, “e incrementouse no ano 408, ao serlle concedida entón aos seus prelados

8a xurisdición civil nas dioceses” . As mudanzas que se dan nos reis suevos pasando do arrianismo ao catolicismo, e ao envés, non están á marxe dos grupos de presión internos e externos, así como da procura da consolidación do reino.

Os reis suevos arrianos semella que non permitiron a realización de concilios católicos, porén non se mesturaron en cuestións eclesiásticas e non se poden considerar como perseguidores do catolicismo, a persecución contra a xerarquía católica máis “que por

9antagonismo foi feita por servilismo aos visigodos” . Deuse un maior reaxer contra o paganismo e especial-mente contra priscilianismo.

Hai constancia da existencia de bispados nos tres conventos occidentais da Gallaecia [e na parte Lusitana do reino], en: Asturica, Lucus, Iria Flavia, Celenis (seica Caldas de Reis) e Bracara [e en Ourense e Tui, así como nas sés do actual Portugal: Dumio, Porto, Coimbra, Viseu, Lamego e Idaña]. Sendo posíbel que houbera algún máis, como o de Aquae Flaviae (Chaves) [este é seguro no s. V, pois Idacio foi bispo dela]. Agora ben no rural o grao de cristiani-zación non era grande, e sábese que mantiveron durante moito tempo ritos e devocións pagáns, tal como se desprende das verbas de Martiño de Dumio no Concilio de Braga de 572.

Outro dos actores relixiosos do momento son os seguidores de Prisciliano (345-386) executado en Treveris por herexe, e que tiña moitos fieis na Gallaecia que aumentaron co seu martirio. É importante “a acción contra o priscilianismo, que nas verbas de Idacio se apropiara da Gallaecia, e que segundo López Caneda 'abrangue exclusivamente esta rexión', xa que todos os bispos

10xulgados no Concilio I de Toledo no ano 400 pertencían a esta provincia ”. A campaña contra o priscilianismo enceta no 445 estando á fronte da mesma o bispo de Astorga, Santo Toribio, que conta como colaboradores con Idacio, bispo de Chaves, e Ceponio de Caldas de Reis.

Nos concilios ademais das cuestións relixiosas tamén se tratan outros temas. No de Braga en 561 acórdase crear centros de estudo e ensino, así como a prepara-ción da organización parroquial. O Parrochiale suevo (acordado no Concilio de Braga de 572, ou pode que no de Lugo de 569, xa que hai dúbidas da súa realiza-ción) é da máxima importancia, xa que nel fíxase a organización territorial: divídese o reino en 13 dioceses e 134 parroquias (división administrativa inspirada na Bizantina). Sabemos que había un maior desenvolvemento parroquial en Braga, Porto e Tui; e os nomes eran tanto toponímicos como étnicos (como os bíbalos). No manuscrito indícanse asemade distritos especificamente rurais.

S. VI. Mosteiro de San Pedro de Rochas. Esgos.

8 O comezo da nosa Idade Media, p. 36.9 Galicia Sueva, p. 27310 Galicia Sueva, p. 97O rei Teodomiro (ou Ariamiro) cos bispos Lucrecio,

Andrés e Martiño, no Códice Vigilano de El Escorial

Page 8: O Reino Suevo na Gallaecia. fonte Fesga

Últimos reis, conquista visigodaÚltimos reis, conquista visigodaMartiño de Dumio tivo moita importancia política xa que axudou á alianza entre os suevos e os bizantinos (e os francos, tamén católicos), que dirixidos por Xustiniano eran a maior potencia da época. Os bizantinos ocuparon unha parte da península e perma-neceron nela ate o ano 631. A conversión de Teodomiro ao catoli-cismo (559) por obra de Martiño tamén hai que entendela como parte desta alianza. Este considérase un período de esplendor do Reino, que se estende desde a Terra da Gallaecia ate o Texo, excluíndo a parte inferior de Lisboa e Santarém. A morte de Xustiniano no 565 e o ascenso de Leovixildo (como rei dos visigo-dos) complicará o contexto político.

A participación de Miro nunha alianza con bizantinos e francos para apoiar a Hermenexildo que disputaba o reino visigodo a Leovixildo aceleraría a decadencia do reino. Sería o único dos aliados que foi a socorrer a Hermenexildo a Sevilla, onde estaba asediado polo seu pai. Leovixildo puxo cerco ás forzas de Miro, que tivo que volver a Galiza sen poder facer ren; morrería no 583. O fillo de Miro sería deposto polo seu cuñado Andeca, un nobre visigodo. Unha escusa para que Leovixildo se apoderase do reino suevo no 585. Aínda que no 586 tivo que derrotar a Malarico, descendente de Miro, que reclamaba o Reino de Galiza.

Como consecuencia da conquista, durante o reinado do visigodo Recesvinto, e a instancias do metropolitano de Mérida, as sés de Lamego, Viseu, Coimbra e Idaña foron segregadas da Gallaecia e incorporadas á Lusitania. Mesmo así “a personalidade de Galiza como algo diferente dentro do conxunto da monarquía mantívose ao longo de todo o período, talvez acentuado durante as décadas finais. A Crónica Biclarense expresa nos seguintes termos a celebración do III Concilio de Toledo (589) 'no ano IV do rei Recaredo reuniuse o santo Sínodo dos bispos de toda España, Galia e Galiza' (...) o Papa Gregorio Magno nunha carta dirixida ao

11mesmo Recaredo, diríxese ao 'rei dos godos e dos suevos' .

Cómpre suliñar que daquela xa se distinguía entre a Gallaecia (Galiza, realidade definida a partir da existencia dunha gens, nación ou pobo diferenciado face calquera outro na península Ibérica), a Gallaecia provincia romana, e Hispania (realidade xeográfico-administrativa ben distinta á que hoxe se define como España). “Naturalmente o nome de “España” (que adquirira carta de natureza política en época visigoda, porén precisamente excluíndo Galiza) resérvase, sendo fieis a esa tradición visigótico-toledana da que os musulmáns cordobeses se facían herdeiros, para todo o territorio islámico da Península; en consecuencia distinguían nidiamente entre “Galiza” (o territorio cristián) e

12“España” (musulmán)” . Por exemplo Ibn Idari (historiador magrebí de Fez) informa que al-Muzaffar (1045-1063) acordou con Fernando, rei dos galegos, a entrega de cinco mil dinares desde o

13comezo da tregua” . Evidentemente refírese a Fernando I que agora se denomina Rei de Castela e León.

8

ilu

st.:

To

kio

Audiencia do Rei Suevo en Braga

11 O Reino medieval de Galicia, p. 10212 O Reino medieval de Galicia, p. 227 13 Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales

Page 9: O Reino Suevo na Gallaecia. fonte Fesga

9

Personalidades destacadas na GallaeciaPersonalidades destacadas na Gallaecia

o Reinoo ReinoSuevoSuevo

da Gallaeciada Gallaecia

Exeria (Eteria)

Paulo Orosio (383-420)

Idacio (400-469)

Martiño de Dumio (510-579)

foi unha viaxeira e escritora galaica do século

IV. Sábese que visitou os Santos Lugares (Exipto, Palestina, Siria, Mesopotamia, Asia Menor e Costantinopla) nunha longa viaxe entre os anos 381 e 384. Esta monxa é considerada a primeira escritora do país xa que deixou por escrito as súa peregrinación, aínda que se perdeu a primeira parte da súa obra (Itinerarum Egeriae).

No seu manuscrito amósase como unha viaxeira chea de curiosi-dade, chea de comentarios apaixoados encol das paisaxes, os monumentos, as montañas e os vales.

era un crego, historiador e

teólogo nacido en Braga, na Gallaecia. Foi unha personalidade de grande prestixio na época e mantivo relacións coas grandes figuras do momento, como Agustín de Hipona e Xerónimo de Estridon. Para relacionarse con eles viaxou a Hipona e Alexandría. Escribiu tres obras, entre as que sobresae a Historiae Adversus Paganos. Trátase dun libro considerado moi importan-te para coñecer o paso da Idade Antiga á Idade Media, no que se centra nos pobos pagáns.

naceu nos arredores de Lemica, preto de

Xinzo de Limia, na provincia de Gallaecia. Idacio foi bispo de Aquae Flaviae (Chaves) desde o ano 427. Coincidiu cos suevos cando estes procuraban a súa consolidación. Idacio manifesta aversión por este pobo xermánico, e no ano 431 encabezou unha delegación á Galia para solicitar ao xeneral romano Aecio axuda contra os suevos. Destacouse no terreo relixioso por ser moi activo na persecución dos priscilianistas. Case que ao final da súa vida escribiu unha crónica, que se centra especialmente nos acontecementos da Gallaecia, que hoxe é fundamental para coñecer o acontecido no noso país naquel intre histórico.

naceu na Panonia, reside

despois varios anos en Palestina e despois na Galia, e no 550 chega á Gallaecia. Funda un mosteiro en Dumio, perto de Bracara Augusta (Braga). Dumio convértese axiña nun centro de difusión da cultura e da espiritualidade cristián de rito oriental na Gallaecia, e nunha nova diocese de Braga con Martiño como o seu primeiro bispo. Terá unha grande influencia na corte sueva e consegue que Teodomiro se converta ao catolicismo no 560. Un ano despois participa do Iº Concilio de Braga no que se condena o priscilianismo e se poñen as bases para a ordenación do territo-rio. No ano 569 asume como metropolitano de Braga, lugar desde o que segue combatendo contra o paganismo e os priscilianistas. Como escritor eclesiástico é unha figura de primeiro orde.

Paulo Osorio

Martiño de Dumio

Page 10: O Reino Suevo na Gallaecia. fonte Fesga

Importancia histórica do reino suevoImportancia histórica do reino suevoNon se pode dicir que exista hoxe un debate na sociedade encol do Reino da Gallaecia baixo os reis suevos, malia que tería que habelo, xa que a historia oficial menospreza a existencia deste reino que durou case que dous séculos.

O Reino de Gallaecia ten importancia histórica para a Galiza. Agora ben, cómpre diferenciar, o que era daquela, a comunidade étnica galega (que se asentaba no territorio da actual Galiza, norte de Portugal, e zonas limítrofes de Asturias, León e Zamora), do que era a provincia romana do mesmo nome.

É preciso lembrar que “Galiza foi o primeiro Reino de Europa. Esta afirmación pódelle parecer esaxerada a moitos; haberá incluso quen se pregunte con razón se é que Galiza foi reino algunha vez, pois na Historia de España que ate agora se contou o tal Reino de Galiza non aparece por ningures (ou só na letra pequena): durante a Idade Media tan só se lle presta atención ao reino 'español' dos visigodos, aos chamados de Asturias e de León e ao de Castela. Pois ben, moito antes de fundarse o dito reino dos visigodos, con capital en Toledo, existía xa o Reino Galego dos suevos, con capital en Braga; falar de Asturias e León é tomar a parte polo todo, pois naquela época a todo o territorio chamába-selle Galiza (segundo se pode comprobar tanto nos documentos como nos mapas); facer referencia exclusivamente ao reino de Castela é completamente arbitrario, pois os reis titulábanse

14tamén reis de Galiza” .

Tampouco se pode ignorar que por mor das “irrupcións dos bárbaros e o ocaso do poder de Roma (...), case que todos os seus territorios mudaron de nome. Mais o que ocuparon os suevos continuou a se chamar Gallaecia, o mesmo que se chamaba no século I AC, cando a ela chegaron os romanos. (...) Unha unidade que se mantivo firme ata o mesmo día de hoxe, se ben que a través de distintos contratempos e avatares, como o do 24 de xuño de 1128. Nese día, e nas inmediacións da vila de Guimaraes, deuse a batalla de San Mamede na que se defrontaron forzas que defen-dían intereses do norte e sul do Miño. O resultado da mesma supuxo o final da dilatada e vella unidade do territorio no que viviran os antigos galaicos, e a formación dun novo reino, o de

15Portugal” .

Teimudamente quíxose, desde as clases dominantes, agochar o feito de que Galiza e España eran identidades políticas distintas na época suevo-visigoda e a alta Idade Media. En calquera caso non se pode considerar casual esta actitude (por certo xa antiga) de restar decote valores á nosa identidade nacional e aos feitos históricos en Galiza ou nos que tiveron significación os gale-gos/as. Esta situación non é nova nen particular, senón que procura como noutros países desarmar de argumentos e debilitar a conciencia histórica e política do noso pobo facéndonos vulnerá-beis á colonización estranxeira.

10il

ust

.: T

ok

io

Figuración dun guerreiro suevo

14 O Reino de Galiza, p. 5 15 O Comezo da nosa Idade Media, p. 157

Page 11: O Reino Suevo na Gallaecia. fonte Fesga

11o Reinoo ReinoSuevoSuevo

da Gallaeciada Gallaecia

· "Galicia Sueva”, Casimiro Torres, Fundación Barrié de la Maza (1977)

· "La Galicia Romana”, Casimiro Torres, Fundación Barrié de la Maza (1982)

· "Exeria, viaxe a Terra Santa”; X. Eduardo López Pereira; Xerais (1991)

· "Martiño de Dumio”, Anselmo López Carreira, Edicións do Cumio (1996)

· "O Reino de Galiza”, Anselmo López Carreira, A Nosa Terra (1998)

· "Prisciliano, profeta contra o poder”; Xosé Chao Rego; A Nosa Terra (1999)

· " O Comezo da nosa Idade Media”, Xoán Bernárdez Vilar, Toxos Outos (2003)

· "Cronicón de Idacio”, César Candelas Colodrón, Toxos Outos (2004)

· "O Reino Medieval de Galicia”, Anselmo López Carreira, Edicións A Nosa Terra (2005)

· "Galicia y los gallegos en las fuentes árabes medievales”, Ana María Carballeira D e b a s a , C o n s e j o S u p e r i o r d e Investigaciones Cientificas (2007).

Bibliografía

MapasMapas

© 2010 Christos Nussli, www euratlas.com

Texto: FESGA

Maquetación: Breixo Lousada

Ilustracións: Tokio / Antonio Seijas

Ano 400 DC

Ano 500 DC

Page 12: O Reino Suevo na Gallaecia. fonte Fesga

www. fesga.org