o proceso de terciarización na economía española...2010/10/09  · un aumento importante da...

28
O proceso de terciarización na economía española

Upload: others

Post on 22-Apr-2021

5 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: O proceso de terciarización na economía española...2010/10/09  · un aumento importante da poboación activa que se dedica ao sector terciario e da aportación que este realiza

O proceso de terciarización na

economía española

Page 2: O proceso de terciarización na economía española...2010/10/09  · un aumento importante da poboación activa que se dedica ao sector terciario e da aportación que este realiza

Terciarización

1. O sector servizos

Page 3: O proceso de terciarización na economía española...2010/10/09  · un aumento importante da poboación activa que se dedica ao sector terciario e da aportación que este realiza

Terciarización

O sector terciario inclúe as actividades económicas que non producen bens materiais, senón que prestan servizos á

poboación e ás empresas

O sector terciario acolle unha enorme variedade de actividades, tantas como a poboación e as empresas estean dispostas a pagar para non realizalas elas e que as fagan no seu lugar outras empresas ou persoas

Clasificacións:

1.Segundo quen os presta e o xeito de pagar polo seu uso:

• Públicos• Privados

1.Segundo a actividade que realizan:

• Ás empresas• De distribución• Sociais• Privados aos individuos

Page 4: O proceso de terciarización na economía española...2010/10/09  · un aumento importante da poboación activa que se dedica ao sector terciario e da aportación que este realiza

Terciarización

Clasificación 1: Segundo quen os presta e o xeito de pagar polo seu uso: -Servizos públicos: préstaos o Estado e os cidadáns pagan por eles a través dos seus impostos. Os seus obxectivos xeralmente son: o benestar e a seguridade da sociedade, e buscar un meirande grao de igualdade social. -Servizos de mercado: préstanos as empresas a cambio de cartos. Os seus obxectivos son, ademáis de prestar un servizo que mellore a calidade de vida das persoas ou que permita ás empresas que o reciben ser máis eficientes, obter beneficios por parte da empresa que os presta.

Ambos son necesarios e compaxínanse

As empresas, ao buscar beneficios económicos, soen ser eficientes na forma de organizar a prestación de servizos e réxense por criterios de competitividade e produtividade.

O Estado mide a súa eficiencia por:• O benestar social que produce• A relación servizo/coste

Page 5: O proceso de terciarización na economía española...2010/10/09  · un aumento importante da poboación activa que se dedica ao sector terciario e da aportación que este realiza

Terciarización

Clasificación 2: segundo a actividade que realizan

-Servizos que se prestan ás empresas. Soen orientarse a aforrarlles custes, a axudarlles no seu funcionamiento e a mellorar a súa su eficacia produtiva. Denomínanse tamén “cuaternario” ou terciario avanzado, e o seu desenvolvemento é un síntoma de modernización económica. Soen ser de mercado-Servizos de distribución. Permiten, entre outras cousas, poñer en relación a producción e o consumidor. Soen ser de mercado.-Servizos sociais. Préstanse ás persoas (algunhas veces a empresas) e oriéntanse a mellorar o seu benestar e a súa seguridade. Soen prestarse de xeito xeralizado e poden ser públicos ou de mercado-Servizos privados aos individuos. Trátase de prestacións que o cidadán solicita de xeito individual e privado. É o grupo que ten unha meirande diversidade (inclúe todas as actividades polas que unha persoa pode estar disposta a pagar). De mercado

Exs: servizos financeiros, como a banca, asesorías, auditorias, asistencias técnicas, investigación e innovación, etc.

Exs: transporte, comercio, comunicacións, almacenamento, etc.

Exs: sanidade, educación, policía, administracións públicas.

Exs: turismo, lecer, hostelería, servizo doméstico, beleza, cultura, etc.

Page 6: O proceso de terciarización na economía española...2010/10/09  · un aumento importante da poboación activa que se dedica ao sector terciario e da aportación que este realiza

Terciarización

2. Os servizos na economía actual: o

proceso de terciarización

Page 7: O proceso de terciarización na economía española...2010/10/09  · un aumento importante da poboación activa que se dedica ao sector terciario e da aportación que este realiza

Terciarización

As economías dos países avanzados ou en vías de desenvolvemento están sufrindo o chamado “proceso de terciarización”, que consiste en:

un aumento importante da poboación activa que se dedica ao sector terciario e da aportación que este realiza ao Produto Interior Bruto, ata situarse en cifras superiores aos dous terzos do total.

Este aumento da importancia dos servizos vai acompañado dunha perda da mesma por parte do sector secundario, especialmente da industria (que se sitúa en torno ao 20%), e do primario, que ocupa a menos do 5% da población activa e aporta ao PIB cifras aínda máis baixas.

Page 8: O proceso de terciarización na economía española...2010/10/09  · un aumento importante da poboación activa que se dedica ao sector terciario e da aportación que este realiza

Terciarización

A crise económica recente afectou máis ao sector da construción e da industria

Por iso, aumenta a importancia do sector servizos:

Pasa do 65% ao 73%

Page 9: O proceso de terciarización na economía española...2010/10/09  · un aumento importante da poboación activa que se dedica ao sector terciario e da aportación que este realiza

Terciarización

Page 10: O proceso de terciarización na economía española...2010/10/09  · un aumento importante da poboación activa que se dedica ao sector terciario e da aportación que este realiza

Terciarización

GC:Fréase amodernización

O forte impulso industrial fai que os servizos non gañen peso

TERCIARIZACIÓNA industrialización e o éxodo rurallevan consigo un proceso de modernización económica, que faiaumentar o peso da industria e dos servizos e diminuir o das actividades agrarias

Page 11: O proceso de terciarización na economía española...2010/10/09  · un aumento importante da poboación activa que se dedica ao sector terciario e da aportación que este realiza

Terciarización

¿O aumento do peso do sector terciario e o descenso do da industria supón unha DESINDUSTRIALIZACIÓN?

NON, a industria sigue a ser fundamental para o desenvolvemento económico: 1. A industria xera o aumento da produción que está na base do aumento das rendas que ten permitido o desenvolvemento d “estado do benestar”.2. A industria produce os medios de produción que teñen permitido a modernización do conxunto da economía e da súa produtividade e competitividade.3. A industria, especialmente a través dos procesos de deslocalización e externalización, está na base do aumento da demanda dos servizos ás empresas.

Page 12: O proceso de terciarización na economía española...2010/10/09  · un aumento importante da poboación activa que se dedica ao sector terciario e da aportación que este realiza

Terciarización

Novas tecnoloxías

ExternalizaciónDeslocalización

Aforro en man de obraMáis eficiencia

Page 13: O proceso de terciarización na economía española...2010/10/09  · un aumento importante da poboación activa que se dedica ao sector terciario e da aportación que este realiza

Terciarización

Causas do proceso de terciarización económica:

1. Aumento da renda das sociedades2. Incorporación da muller ao mundo laboral

3. Proceso de globalización4. Novas formas empresariais

O Estado recauda máis “estado do benestar” Meirande tempo de lecer Desenvolvemento de servizos persoais Menor importancia do gasto en alimentación

Tarefas do fogar e coidado dos fillos transfórmanse en servizos

Desenvolvemento de:•Comercio•Transporte•Comunicacións•Serv. de mercado•Marketing•Publicidade•Serv. financeiros•Etc.

Externalización de actividades ao sector servizosDeslocalización loxística e servizos de xestión

Page 14: O proceso de terciarización na economía española...2010/10/09  · un aumento importante da poboación activa que se dedica ao sector terciario e da aportación que este realiza

Terciarización

Causa 1:

O aumento da renda das sociedades ten permitido que: 1. Os cidadáns e as empresas poidan pagar unha maior cantidade de impostos, que permiten que o Estado poida financiar e organizar a prestación do conxunto de servizos públicos que se inclúen no chamado “estado do benestar”, que actualmente ocupa a unha terceira parte das persoas que se dedican ao sector terciario.

1. Os cidadáns dediquen unha menor cantidade do seu tempo ao traballo e unha maior ao lecer: outras persoas ou empresas realizan traballos ou actividades que antes realizaban eles, e desenvolvemento de servizos culturais, persoais ou deportivos.

3. Cando o aumento da renda das sociedades alcanza un certo nivel, obsérvase que a porcentaxe do gasto que as persoas dedican á adquisición de produtos básicos diminúe, mentres que aumentan outros, especialmente os relacionados con vivienda, coidado persoal lecer, moitos dos cales corresponden a actividades terciarias.

Page 15: O proceso de terciarización na economía española...2010/10/09  · un aumento importante da poboación activa que se dedica ao sector terciario e da aportación que este realiza

Terciarización

Causa 2:

A incorporación da muller ao mundo laboral, acompañada deste aumento de rendas, deu lugar a que actividades domésticas ou relacionadas co coidado dos fillos, que antes realizaba a muller, pasen a ser encargadas a outras persoas, empresas ou á administración. Así se entende o desenvolvemento do servizo doméstico, das garderías, de lavanderías, etc.

Page 16: O proceso de terciarización na economía española...2010/10/09  · un aumento importante da poboación activa que se dedica ao sector terciario e da aportación que este realiza

Terciarización

Causa 3:

O proceso de globalización supuxo un fortísimo desenvolvemento do comercio, que medrou a un ritmo moito maior (más do doble) que a produción.

Isto supuxo que os servizos de distribución (transporte, comercio, comunicacións, etc.) e de todos aqueles que teñen que ver co mercado (servizos financeiros, marketing, etc.) teñan un meirande peso económico e que aumenten a súa ocupación.

Page 17: O proceso de terciarización na economía española...2010/10/09  · un aumento importante da poboación activa que se dedica ao sector terciario e da aportación que este realiza

Terciarización

Causa 4:

As novas formas de organización empresarial (deslocalización e externalización) asociadas co aumento da competencia que supón a globalización xeraron un forte aumento da poboación dedicada ao sector terciario: 

1. As empresas externalizaron cara a outras empresas do sector terciario actividades que antes realizaban elas, buscando maior eficacia e menores custes. Así se desenvolveron os servizos de catering, os de publicidade e marketing, os de loxística, transporte, etc.

2. Os fenómenos de deslocalización e o de externalización levan consigo o desenvolvemento de actividades moi complexas de coordinación, control e xestión. Estas tarefas de xestión da empresa corresponden ao sector terciario e moitas delas exércenas empresas subcontratadas.

Page 18: O proceso de terciarización na economía española...2010/10/09  · un aumento importante da poboación activa que se dedica ao sector terciario e da aportación que este realiza

Terciarización

Comentario de texto sobre a “terciarización económica”

Subliñados os temas ou conceptos máis importantes.

Pregunta: causas…

Page 19: O proceso de terciarización na economía española...2010/10/09  · un aumento importante da poboación activa que se dedica ao sector terciario e da aportación que este realiza

Terciarización

Conceptos (resaltados) 1:

1.Terciarización económica: proceso que se dá nos países desenvolvidos polo que o sector servizos dá emprego a máis do 60% da poboación ocupada e aporta ao PIB cifras similares.2.Servizos: actividades económicas que non producen bens materiais, senón que prestan servizos á poboación e ás empresas. Son moi variados, etc. (ver antes)3.¿Desindustrialización?: Non (ver antes)4.Reestruturacións e axustes: “reconversión”: paso dunha rama produtiva de ser un sector maduro (produce con tecnoloxías que son obsoletas e é escasamente competitiva) a outro máis avanzado; reestruturación: cambio drástico no xeito de producir e organizarse dunha rama económica ou de varias; axustes: modificacións menores e puntuais para facer que unha rama económica sexa máis eficiente.

Page 20: O proceso de terciarización na economía española...2010/10/09  · un aumento importante da poboación activa que se dedica ao sector terciario e da aportación que este realiza

Terciarización

Conceptos (resaltados) 2:

1.Países avanzados: países industrializados (terceira revolución industrial), cun potente desenvolvemento do sector servizos, un control case exclusivo da tecnoloxía (e da investigación na mesma, I+D+i). Neles atópanse as sés das principais empresas multinacionais -EMN`s- e dos organismos financeiros de maior importancia. Controlan grande parte do comercio mundial. Localízanse en Norteamérica, os quince membros máis antigos da UE, Xapón e Australia-Nova Zelanda.2.Valor Engadido Bruto (VEB -VAB en castelán-): resultado de restar ao PIB (valor en cartos do conxunto de bens e servizos producidos nun período de tempo) o valor dos medios de produción utilizados.3.Europa dos quince: os quince países que formaban a UE en 1995 (Bélxica, Alemania, Países Baixos, Luxemburgo, Francia, Italia, Irlanda, Reino Unido, Dinamarca, Grecia, España, Portugal, Austria, Finlandia e Suecia). Son os países máis avanzados da UE.

Page 21: O proceso de terciarización na economía española...2010/10/09  · un aumento importante da poboación activa que se dedica ao sector terciario e da aportación que este realiza

Terciarización

3. O mapa da terciarización en

España

Page 22: O proceso de terciarización na economía española...2010/10/09  · un aumento importante da poboación activa que se dedica ao sector terciario e da aportación que este realiza

Terciarización

Page 23: O proceso de terciarización na economía española...2010/10/09  · un aumento importante da poboación activa que se dedica ao sector terciario e da aportación que este realiza

Terciarización

Comentario do mapa:

No mapa represéntanse dous tipos de informacións:

1.Porcentaxe da poboación “activa” española que se dedica ao sector servizos que o fai en cada provincia

1.Porcentaxe da población “ocupada” de cada comunidade autónoma que o está no sector servicios

Sirve para representar o reparto do sector servizos polo territorio español

Sirve para representar o grao de terciarización de cada economía autonómica.

Os resultados non teñe por que coincidir:

Pode haber comunidades ou provincias con moitos activos no sector servizos, pero tamén con moitos nos outros sectores (provincias moi poboadas) Pode haber comunidades ou provincias con poucos activos no sector servizos, pero con moitos menos nos outros sectores

Page 24: O proceso de terciarización na economía española...2010/10/09  · un aumento importante da poboación activa que se dedica ao sector terciario e da aportación que este realiza

Terciarización

1. Activos industriais por provincias:

A. As provincias con máis activos no sector servizos son: Barcelona, Madrid, Valencia, Castellón, Sevilla e Málaga, seguidas de A Coruña, Asturias. Biscaia, Zaragoza, Girona, Baleares, Tenerife, As Palmas, Murcia e Cádiz.

Trátase de provincias que:

1. Albergan cidades que na xerarquía urbana ocupan os rangos superiores (metrópole global, europea e regional de primeira orde, e algunha de segunda orde) polo que desenvolven moitas, variadas e importantes funcións de organización que se levan a cabo por medio de servizos.

2. Están moi poboadas, polo que os activos no sector servizos tamén son moitos.

3. Teñen economías moi avanzadas: unha industria moi avanzada e desenvolvemento do sector servizos (especialmente os servizos a empresas e os máis avanzados), aloxan as sés das principais empresas, etc.

4. Poden ter un forte desenvolvemento turístico (as do litoral mediterráneo e os arquipélagos).

Page 25: O proceso de terciarización na economía española...2010/10/09  · un aumento importante da poboación activa que se dedica ao sector terciario e da aportación que este realiza

Terciarización

1. Activos industriais por provincias:

B. As provincias con menor número son: as do interior, especialmente as galegas (Ourense e Lugo), da Submeseta Norte (León, Palencia, Burgos, Soria, A Rioxa, Zamora, Salamanca, Ávila e Segovia), Sistema Ibérico (Soria, Guadalaxara, Teruel e Cuenca), Pireneos (Huesca e Lleida), máis Cáceres, Huelva, Cidade Real e Albacete.

En xeral, teñen máis dunha destas características:

1. Están escasamente poboadas2. Na "xerarquía urbana" ocupan un rango inferior (cidades intermedias) polo que exercen funcións organizadoras de escasa importancia, 3. Teñen economías relativamente atrasadas, manteñen un sector agrario relativamente importante e escaso desenvolvemento turístico.

Page 26: O proceso de terciarización na economía española...2010/10/09  · un aumento importante da poboación activa que se dedica ao sector terciario e da aportación que este realiza

Terciarización

2. A terciarización económica por comunidades autónomas:

É importante e está por enriba da media española en:

Ceuta e Melilla (máis do 89% dos ocupados), os dous arquipélagos (77,6 e 74,7%), Madrid (78,9%), Andalucía (69,4%) e Asturias (68,2%).

Trátase de comunidades con:

1. Un desenvolvemento industrial relativamente escaso (Asturias arrastra unha situación prolongada de declive industrial), o que lle proporciona ao sector terciario unha meirande importancia.2. Un potente sector turístico. 3. Madrid, ademáis, é unha metrópole global cunha economía moi avanzada, o que dá lugar a un forte desenvolvemento do terciario.

Page 27: O proceso de terciarización na economía española...2010/10/09  · un aumento importante da poboación activa que se dedica ao sector terciario e da aportación que este realiza

Terciarización

2. A terciarización económica por comunidades autónomas:

É importante, pero está lixeiramente por debaixo da media española en:

País Vasco (65,9%), Cataluña (65,4%), Comunidade Valenciana (65%).

Son comunidades:

1. Cunha economía avanzada (industria moi avanzada con escaso emprego e forte desenvolvemento do terciario)2. Que albergan grandes cidades que ocupan un lugar importante na "xerarquía urbana“3. Que teñen importancia turística.

Castela e León (63,5) e Extremadura (64,2%) son comunidades cunha poboación moi avellentada, con escasa poboación activa, cunha economía escasamente industrializada e unha agricultura pouco competitiva; por todo iso, aínda que o sector servizos non dea traballo a moita poboación, si que o fai moito máis que os outros sectores.

Page 28: O proceso de terciarización na economía española...2010/10/09  · un aumento importante da poboación activa que se dedica ao sector terciario e da aportación que este realiza

Terciarización

2. A terciarización económica por comunidades autónomas:

As comunidades cunha economía menos terciarizada son:

Castela-A Mancha, Murcia, A Rioxa, Navarra.

Son comunidades nas que:

1. Non hai cidades de elevado rango na "xerarquía urbana". 2. O sector agrario é relativamente competitivo e/ou na que hai unha especialización industrial, o que resta importancia ao sector terciario