o os!!cgtcorreosfederal.es/sites/default/files/buzón rebelde27... · 2019-06-10 · para o 01/07...

4
ORGANO DE DIFUSIÓN DA CGT CORREOS –A CORUÑA cgtcorreosacorunha @gmail.com telefone: 674 070 105 RICO 83230 NESTAS PÁXINAS Eleccións/Sábados/Axudas de ac- ción social/Concurso de traslados/ Aportación de vehículo no rural/ Nova imaxen de marca/ Restructuracións/Solidariedade internacionalista Lembrade que tedes moita mais info en www.cgtcorreosfederal.es 4 anos despois… VOLVE O CONCURSO DE TRASLADOS!! E faino peor que nunca... E CONVERTESE NA MARCA FAVORITA DOS TROLLS Correos repite estratexia publicitaria enchendo as redes so- ciais de bromas, chistes, memes, etc. e xerando unha forte polémica. A imaxe é “nova” (¿?) pero todo segue igual... Instamos a Correos no mes de marzo mediante o escrito 18205416L a que cumpra a lei de contado unha vez constatado oficialmente de que nos vehículos parculares non se pode reparr paquetería, nin realizar ningúnha acvidade laboral ou comercial. Logo do caso “Amazon” onde non se lle permiu empregar este po de vehículos para o reparto. Agardamos desde febreiro a resposta de Correos que dende a CGT pasa por que a empre- sa aporte o vehículo inmediatamente.

Upload: others

Post on 04-Aug-2020

3 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: O OS!!cgtcorreosfederal.es/sites/default/files/buzón rebelde27... · 2019-06-10 · Para o 01/07 esta prevista a posta en funcionamento da reforma en Ponteceso, con una nova UR que

O R G A N O D E D I F U S I Ó N D A C G T C O R R E O S – A C O R U Ñ A

cgtcorreosacorunha @gmail.com telefone: 674 070 105 RICO 83230

NESTAS PÁXINAS

Eleccións/Sábados/Axudas de ac-

ción social/Concurso de traslados/

Aportación de vehículo no rural/

Nova imaxen de marca/

Restructuracións/Solidariedade

internacionalista

Lembrade que tedes moita mais

info en www.cgtcorreosfederal.es

4 anos despois… VOLVE O CONCURSO DE TRASLADOS!! E faino peor que nunca...

E CONVERTESE NA MARCA FAVORITA DOS TROLLS

Correos repite estratexia publicitaria enchendo as redes so-

ciais de bromas, chistes, memes, etc. e xerando unha forte

polémica. A imaxe é “nova” (¿?) pero todo segue igual...

Instamos a Correos no mes de marzo mediante o escrito 18205416L a que cumpra a lei

de contado unha vez constatado oficialmente de que nos vehículos particulares non se

pode repartir paquetería, nin realizar ningúnha actividade laboral ou comercial. Logo do

caso “Amazon” onde non se lle permitiu empregar este tipo de vehículos para o reparto.

Agardamos desde febreiro a resposta de Correos que dende a CGT pasa por que a empre-

sa aporte o vehículo inmediatamente.

Page 2: O OS!!cgtcorreosfederal.es/sites/default/files/buzón rebelde27... · 2019-06-10 · Para o 01/07 esta prevista a posta en funcionamento da reforma en Ponteceso, con una nova UR que

As pasadas campañas electorais

amosaron a incapacidade da

dirección para xestionar

axeitadamente estes procesos.

Por 2 veces repetíronse os erros, o

principal: a racanería na

contratación. O resultado: a cidadanía

prexudicada e a imaxe de Correos polo

chan, así non é de extranar ca queiran

mudar.

Entre as medidas improvisadas e

chapuceiras que se tomaron, a mais grave

para a CGT foi o feito da apertura en

festivos e á ampliación da xornada, que se

ben no día 28 de abril tratouse dunha

medida imposta pola Xunta Electoral

Central, os restantes festivos que se trocaron

en laborables foi por vontade propia da

empresa co beneplácito das oo.ss.

asinantes.

E isto, compañeir@s, é abrir a porta á

desregularización da xornada; é abrir a

Caixa de Pandora.

“Somos volcáns. Cando nós as mulleres

ofrecemos a nosa experiencia como a nosa

verdade, como a verdade humana, cambian

todos os mapas. Aparecen novos montes.”

Úrsula K. Le Guin

E chegou xuño e non sabemos nada da solución do

tema dos sábados tan cacarexada no acordo

plurianual de decembro do ano pasado. Pero o

retraso para amañar este tema é aínda moito maior.

Fagamos memoria: No outono do ano pasado dous

sindicatos de Correos (CGT e SL) levaron ante a

audiencia nacional o feito de que Correos non estaba

a respectar o descanso obrigatoria semanal, facendo

“trampas” no seu cómputo de horas entre a

finalización de unha semana laboral e o comezo da

seguinte, onde debe haber 48 horas de descanso. Por

exemplo, se traballas un sábado até ás 13:30 non

poderías comezar o luns ás 08:30, pois non se

cumpren estas 48 horas.

Nese xuízo Correos (coa axuda de CCOO, UGT e

CSIF) evitou unha máis que cantada sentencia que lle

obrigaría a cumprir con este descanso legalmente

establecido chegando a un acordo de “amañalo antes

de que acabe o ano”. A finais do 2018 pasaron meses

e meses até chegar ao famoso acordo plurianual que

volve a dar “seis meses” para amañar este tema.

Insistimos, tema estaría solucionado xudicialmente

en outono de 2018.

Pois ben, a punto de cumprirse os seis meses e

seguimos sen saber a solución para que se cumpra a

lei. O texto fala superficialmente de “crear unha bolsa

de eventuais para levar a cabo esta labor” (vanse

abrir de novo as bolsas??) fala que se “con carácter

xeral farase con persoal voluntario e remunerado” (e

se non hai voluntarios/as?), todo meras declaracións

de intencións sen concreción ningunha.

A nosa preocupación ven agora, lendo os

comunicados de algún sindicato onde, en vez de

situarse a carón do persoal e do seu dereito ao

descanso ESIXEN QUE O GOBERNO FAGA UNHA

EXCEPCIÓN CON CORREOS NO CUMPRIMENTO

DOS DESCANSOS SEMANAIS, isto é: o que están

pedindo os sindicatos é que o goberno faga un

decreto polo cal Correos non teña a obriga de nos

respetar o descanso semanal , para poder seguir

traballando os sábados. Delirante...

Colabora co Buzón Rebelde.

Envía os teus textos a [email protected]

Secretario xeral de CCOO Correos no programa “Informe Semanal”

Page 3: O OS!!cgtcorreosfederal.es/sites/default/files/buzón rebelde27... · 2019-06-10 · Para o 01/07 esta prevista a posta en funcionamento da reforma en Ponteceso, con una nova UR que

O 5 de xuño Correos publicou as

bases do Concurso Permanente de

Traslados, a ultimas convocatorias

foran nos anos 2011 e 2015, a

pesares do que indica o III

Convenio Colectivo

(periodicidade anual).

A presente convocatoria continúa

deteriorando o CPT e faino cos

parabéns dos sindicatos asinantes.

Primeiro reducíronse os tempos de

incorporación ao destino. Máis

tarde o CPT volveuse “cego” e

temos que pedir sen saber as

vacantes reais, sabendo que as

veces nin sequera cobren as

vacantes reais; e agora continúa a

tendencia a primar a formación

empresarial por encima da

antigüidade ou a conciliación

familiar.

Limítase a puntuación máxima por

antigüidade e non hai proporción

entre os tramos para computala,

redúcense as opcións de destino

(de 75 a 20), a conciliación familiar

segue a ser o aspecto menos

valorado á hora de solicitar un

novo destino (un miserento 0,5) a

pesares de que “Correos concilia”,

os servizos médicos voltan a ter a

derradeira palabra, a formación

online ten un peso

desproporcionado de tal xeito que

ter feito un curso online de SGIE/

PDA para reparto conta o mesmo

que 3 anos traballando e usando a

diario esas ferramentas.

Na CGT entendemos que esta

situación, que xa vivimos na

apertura das bolsas de

contratación e nos procesos de

consolidación, é o resultado dun

proceso de mercantilización que

inclúe tamén as/aos traballadoras/

es. Non compartimos este modelo

de mobilidade e temos clarísimo

que estas bases non benefician á

maioría do persoal. E sen embargo,

aquí as temos.

Así de claro. E Correos sábeo.

Simplemente, unha vez máis mira

para outro lado “a ver que pasa”.

Sábeo porque desde a CGT xa nos

diriximos para llo explicar no

escrito 18205416L de 18 de marzo

de este ano á dirección indicándolle

que a lei non permite que

transportemos mercadorías para

terceiros nos nosos vehículos

particulares.

A lebre saltou no verán do 2018,

cando AMAZON tentou empregar

vehículos privados de particulares

para repartir a súa paquetería. Si, tal

como facemos en Correos o persoal

rural. Desde ese momento a

patronal do transporte UNO e

diferentes organismos tales como a

policia Foral de Navarra, a

consultas de CGT, aclararon que

non se pode repartir NADA en

vehículos particulares. Así de claro.

Tal como indica o artigo 101 da

LOTT (Ley de Ordenación del

Transporte Terrestre), que define

con claridade o concepto de

transporte privado particular, e dos

diferentes regulamentos sobre

Tráfico, Circulación de Vehículos a

Motor y Seguridad Vial (anexo I) e

“General de Vehículos” (anexo II).

Onde se establece: «Por tanto, el

vehículo “turismo” está concebido para

el transporte de personas y, aunque es

apto técnicamente para transportar

objetos o paquetes, estos han de tener la

consideración de enseres propios y

particulares del titular del vehículo, no

de mercancías que se transportan por

cuenta de terceros desarrollando una

actividad profesional que da lugar a

remuneración dineraria directa o

indirectamente» . Aparte disto o

artígo 22 dicta que para facturar por

la prestación de servicios de

transporte se debe ser "titular de una

licencia o autorización que habilite para

realizar el transporte".

Correos leva décadas incumprindo

a lei e pedindo ao persoal rural que

empregue o vehículo

“turismo” (concebido para o

transporte de persoas) para realizar

unha actividade comercial. Se ben

ao longo dos tempos tanto Correos

como o persoal “miramos” para

outro lado, o aumento da paquetería

e do volume transportado no coche

fai que isto sexa xa insoportable e

imposible de ocultar por máis

tempo. Por iso a CGT esixe a

Correos que poña solución de xeito

inmediato a este tema, aportando

de maneira inmediata a empresa os

vehículos necesarios para a

prestación do servizo.

Imos seguir pelexando para que

a antigüidade sexa o criterio

principal e para que se

adxudiquen todas as vacantes

nun concurso semestral que sexa

transparente e xusto.

Page 4: O OS!!cgtcorreosfederal.es/sites/default/files/buzón rebelde27... · 2019-06-10 · Para o 01/07 esta prevista a posta en funcionamento da reforma en Ponteceso, con una nova UR que

Para o 01/07 esta prevista a posta en funcionamento da reforma en Ponteceso, con una nova UR que vai

incorporar as circulares de Malpica. Seguimos á espera de ver que vai pasar en Vedra e Boqueixón, onde a

situación de Correos foi un dos temas estrela nas pasadas eleccións municipais. Oleiros é outro dos lugares onde

a reestruturación é inminente... en verdade falta fai a vista das sobrecargas de traballo que soporta o persoal.

Logo da

concentración en BCN

fronte ao consulado

francés de fai unas

semanas, o pasado 8

de xuño tivo lugar en

Madrid outro acto de solidariedade

internacional cos carteir@s do

distrito 92 de París. Como moit@s xa

sabedes estes compañeir@s levan

máis de un ano en folga indefinida

en protesta polo despedimento do

compañeiro e sindicalista Gaël

Quirantes (quen estivo presente no

acto), contra os abusos e as agresións

de La Poste cara @s traballador@s,

contra os dimensionamentos e

contra o peche de oficinas.

Vimos de asistir á mediática

presentación da súper anunciada

renovación da imaxe corporativa.

Un pequeno cambio no logotipo

acompañado de outra potente campaña

nas redes sociais e medios de

comunicación, outra vez anuncios

molones e esta vez a ritmo de trap, que é

o que “o peta hoxe”. Ademais da

correspondente presentación in situ co

presidente da empresa facendo os

honores e toda a parafernaliña das

grandes ocasións.

Segundo nos contan a nova imaxe é

mais sinxela e actual. Representa os

piares estratéxicos da empresa:

internacionalización, dixitalización e

sustentabilidade . Tamén destacan que o

novo deseño aforra tinta.

Sen entrar a valorar o deseño, e

marketing aparte, parécenos importante

este dado sobre a tinta cara a afrontar a

moi “sostenible” tarefa de cambiar un

logotipo en milleiros de buzos,

vehículos, oficinas, uniformes, etc..

Para a CGT este gasto de centos de miles

de euros parécenos outro despropósito a

vista da perdida de calidade do servizo

e da crecente precariedade laboral.

Se como din dende o departamento de

prensa, o motivo de este cambio de

imaxe da “marca” Correos foi facer

como fan as grandes marcas e

“prescindir do innecesario”… pois

podían ter empezado buscando polo

centro directivo..

Iso si, a tipografía chamase “cartero” e

din que é acorde ao noso carácter..

¿Como vos quedades? Eh?

Outro ano mais

repítese o guión.

Proposta

descavillada,

negociación

inexistente, e mesma

convocatoria do ano

pasado. Outro ano

máis moita xente

quedará excluída

polas limitacións

retributivas.

Especialmente entre o

persoal rural.