o monte do facho

11
O MONTE DO FACHO O legado do deus Berobreo

Upload: xmartins

Post on 29-Jun-2015

747 views

Category:

Technology


10 download

TRANSCRIPT

Page 1: O Monte Do Facho

O MONTE DO FACHO

O legado do deus Berobreo

Page 2: O Monte Do Facho

O accidente xeográfico coñecido como Monte do Facho érguese uns 157 m sobre o nivel do mar, no extremo occidental da Península do Morrazo – concello de Cangas, Pontevedra –, xusto enriba do acantilado denominado Costa da Vela ou Soavela. O lugar máis próximo, de onde parten os principais accesos ao monte, é a aldea de Donón na parroquia d' O Hío.

 

Page 3: O Monte Do Facho

Desde o ano 2003 – van xa pola sexta campaña no 2008 – véñense realizando traballos de escavación que teñen como obxectivo completar o coñecemento do santuario galaico romano, consolidar a intervención no poboado castrexo e achegarse á ocupación da Idade do Bronce. O equipo está dirixido polo arqueólogo cangués Xosé Suárez e participa nel o Instituto Arqueolóxico Alemán – Thomas Schattner e Michael Koch –.

   

Page 4: O Monte Do Facho

Asentamentos

Ca. II milenio a.C.

Desta época son os gravados rupestres dispostos na parte alta das rochas. Estes gravados recollen os motivos más estendidos e simples dos petroglifos galegos: cazoletas e círculos, e tamén outros de difícil interpretación. Probablemente todos eles teñan que ver co seu posible uso como lugar de culto. 

Page 5: O Monte Do Facho

Asentamentos

Poboado da Idade de Bronce(ca. 800-600 a.C.)

A primeira ocupación humana do monte remóntase a finais da Idade de Bronce (ca. s. IX a.C.). Este asentamento estaría caracterizado pola estrutura dos materiais perecedoiros con zócolos de pedra, uso e elaboración de útiles en bronce e unha olería manual, ruda e con escasa decoración.

Page 6: O Monte Do Facho

Asentamentos

Trátase realmente dun castro que podería remontarse ao século VI a.C. e que perduraría durante o período comprendido entre os séculos V ao II a.C., aínda que os restos conservados reflicten xa o contacto coa cultura romana (s. I a.C. – I d.C.).

Aldea fortificada : Idade do Ferro (400 a.C. – 100 d.C.)

Page 7: O Monte Do Facho

Asentamentos

Aldea fortificada : Idade do Ferro (400 a.C. – 100 d.C.)

A arquitectura caracterízase polo uso da cachotería e con formas maioritariamente curvas, aínda que existen edificacións de planta rectangular. Resulta significativa dentro desta arquitectura a presenza de casas con vestíbulos e incluso a aparición de diversa decoración – couzóns, amarradoiras e perpiaños decorados –.

Page 8: O Monte Do Facho

Asentamentos

O gran santuario galaico romano (ca. 250-500 d.C.)

Este lugar de culto debeu xurdir a mediados do século III. A área sagrada estaba composta de pequenos socalcos que aproveitaban as ruínas do antigo poboado como muros de contención e nos que se colocaban as ofrendas en forma de pequenos altares.

Page 9: O Monte Do Facho

Asentamentos

O gran santuario galaico romano (ca. 250-500 d.C.)

As aras, arae, son sen dúbida os achados máis significativos, pois constitúen unha pequena ofrenda ao deus e que recolle nunha inscrición – exvoto – á divindade á que vai dirixida, incluíndo ás veces o nome do dedicante e os motivos da ofrenda.

Page 10: O Monte Do Facho

BEROBREONa actualidade o número de aras achégase ás duascentas, tanto as que se atopan en perfecto estado de conservación como aquelas que se conservan fragmentariamente, o que converte o Monte do Facho nun lugar singular no conxunto do Imperio Romano.

O texto de case todas as inscricións é moi sinxelo. O texto estatísticamente dominante é: DEO LARI BEROBREO ARAM POSVI

Algunhas veces segue a fórmula: PRO SALVTE

Page 11: O Monte Do Facho

A presentación está baseada en traballos elaborados polo equipo encargado das escavacións:

- Monte do Facho. Misterio, historia y paisaje en los confines del mundo. Textos de Xosé Suárez Otero. Concello de Cangas 2007.-  Michael Koch, "El santuario dedicado a Berobreo en el Monte do Facho". Paleohispanica 5, 2005, pp. 823-836.- Tríptico editado polo Institutum Arqueologicum Germanicum e o Concello de Cangas con motivo da exposición "Escavacións Arqueolóxicas no Monte do Facho 2005-2006", en agosto do 2006.