o Álvaro cunqueiro serÁ un dos lÍderes...

4
O ÁLVARO CUNQUEIRO SERÁ UN DOS LÍDERES MUNDIAIS DA MEDICINA MATERNO FETAL O Conselleiro de Sanidade presentou hoxe o Centro Avanzado de Medicina Materno Fetal do que dixo “será referencia para a comunidade galega naqueles procedementos específicos que pola súa complexidade requiran gran experiencia” A evolución da natalidade avala a necesidade de centralizar e especializar os recursos, e a creación e formación dun equipo especializado en medicina materno fetal en Galicia O Centro vertebrarase en catro Unidades funcionais: diagnóstico fetal, terapias e cirurxía fetal, patoloxías da xestación e simulación obstétrica O servizo de Xinecoloxía e Obstetricia dispón da experiencia, da estrutura, da tecnoloxía e dos equipos necesarios para o desenvolvemento destas Unidades Estableceuse un convenio de colaboración para a formación en asistencia e investigación co Jackson Fetal Therapy Institute, centro estadounidense e referencia mundial nesta materia Vigo, 10 de xullo 2017. O servizo de Xinecoloxía e Obstetricia do Complexo Hospitalario Universitario de Vigo porá en marcha un Centro Avanzado de Medicina Materno Fetal que será referencia para toda Galicia en determinados procesos diagnósticos e terapéuticos. Este proxecto foi presentado hoxe polo conselleiro de Sanidade, Jesús Vázquez Almuiña, nun acto no que estivo acompañado polo xerente da EOXI de Vigo Félix Rubial, o director de Procesos Asistenciais da EOXI de Vigo, Julio García Comesaña, e o xefe do servizo de Xinecoloxía e Obstetricia, Carlos López Ramón y Cajal. O conselleiro explicou que este proxecto, liderado polo doutor López Ramón y Cajal, e avalado polo SERGAS, nace co obxectivo de ofrecer unha medicina obstétrica de vangarda accesible a toda a comunidade galega. “A evolución da natalidade en Galicia fai necesaria a centralización de recursos e a súa especialización. Neste senso, Vigo é o motor demográfico da nosa comunidade”, explicou. Este servizo será referencia naqueles procesos específicos, que pola súa complexidade necesitan gran experiencia clínica, ou que teñen escasa incidencia en centros máis pequenos que rexistran poucos nacementos. A maternidade do Chuvi está entre os 10 hospitais de España con maior natalidade. Nestes momentos, explicou Vázquez Almuiña, a maternidade do Hospital Álvaro Cunqueiro

Upload: others

Post on 27-Jun-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: O ÁLVARO CUNQUEIRO SERÁ UN DOS LÍDERES ...xxivigo.sergas.gal/DAnosaorganizacion/260/07-10.-Centro...catro piares: no diagnóstico fetal, nas terapias e cirurxías fetais, nas principais

O ÁLVARO CUNQUEIRO SERÁ UN DOS LÍDERES MUNDIAIS DA MEDICINAMATERNO FETAL

• O Conselleiro de Sanidade presentou hoxe o Centro Avanzado de MedicinaMaterno Fetal do que dixo “será referencia para a comunidade galeganaqueles procedementos específicos que pola súa complexidade requirangran experiencia”

• A evolución da natalidade avala a necesidade de centralizar e especializar osrecursos, e a creación e formación dun equipo especializado en medicinamaterno fetal en Galicia

• O Centro vertebrarase en catro Unidades funcionais: diagnóstico fetal,terapias e cirurxía fetal, patoloxías da xestación e simulación obstétrica

• O servizo de Xinecoloxía e Obstetricia dispón da experiencia, da estrutura, datecnoloxía e dos equipos necesarios para o desenvolvemento destasUnidades

• Estableceuse un convenio de colaboración para a formación en asistencia einvestigación co Jackson Fetal Therapy Institute, centro estadounidense ereferencia mundial nesta materia

Vigo, 10 de xullo 2017. O servizo de Xinecoloxía e Obstetricia do Complexo HospitalarioUniversitario de Vigo porá en marcha un Centro Avanzado de Medicina Materno Fetal queserá referencia para toda Galicia en determinados procesos diagnósticos e terapéuticos.

Este proxecto foi presentado hoxe poloconselleiro de Sanidade, JesúsVázquez Almuiña, nun acto no queestivo acompañado polo xerente daEOXI de Vigo Félix Rubial, o director deProcesos Asistenciais da EOXI de Vigo,Julio García Comesaña, e o xefe doservizo de Xinecoloxía e Obstetricia,Carlos López Ramón y Cajal.

O conselleiro explicou que esteproxecto, liderado polo doutor LópezRamón y Cajal, e avalado poloSERGAS, nace co obxectivo de ofrecer unha medicina obstétrica de vangarda accesible atoda a comunidade galega. “A evolución da natalidade en Galicia fai necesaria acentralización de recursos e a súa especialización. Neste senso, Vigo é o motordemográfico da nosa comunidade”, explicou. Este servizo será referencia naquelesprocesos específicos, que pola súa complexidade necesitan gran experiencia clínica, ouque teñen escasa incidencia en centros máis pequenos que rexistran poucos nacementos.

A maternidade do Chuvi está entre os 10 hospitais de España con maior natalidade.Nestes momentos, explicou Vázquez Almuiña, a maternidade do Hospital Álvaro Cunqueiro

Page 2: O ÁLVARO CUNQUEIRO SERÁ UN DOS LÍDERES ...xxivigo.sergas.gal/DAnosaorganizacion/260/07-10.-Centro...catro piares: no diagnóstico fetal, nas terapias e cirurxías fetais, nas principais

está entre as mellores de España, sendo a máis importante de todo o noroeste dapenínsula ibérica, tanto polo volume de actividade –en torno aos 4.000 partos anuais-como pola súa dotación tecnolóxica e as técnicas diagnósticas e terapéuticas quedesenvolven, polo que “xa é un referente en España en patoloxía obstétrica e medicinafetal”.

Centro de vangardaNo marco deste proxecto ven de establecerse un convenio de colaboración para aformación en asistencia e investigación co Jackson Fetal Therapy Institute, centroestadounidense dirixido polo especialista Rubén Quintero, de referencia mundial nestamateria.

O Centro Avanzando de Medicina Materno Fetal supón un cambio da cultura organizativa,na que a asistencia vertébrase en Unidades funcionais centradas fundamentalmente encatro piares: no diagnóstico fetal, nas terapias e cirurxías fetais, nas principais patoloxíasmaterno infantís, e na formación dos especialistas.

Neste senso, disporá das seguintes Unidades funcionais: Unidade de Ultrasóns de AltoRendemento; Unidade de Terapia e Cirurxía Fetal; Unidade de Patoloxía Materno Fetal eUnidade de Simulación Obstétrica.

Segundo Carlos López -“hoxe en día, o avance das técnicas diagnósticas por imaxe e asterapéuticas ofertan un amplo abanico de prestacións asistencias, polo que se fainecesaria unha superespecialización neses procesos e técnicas. No momento actual xadispoñemos de equipos con especial dedicación a determinadas patoloxías eprocedementos; e estamos en condicións de asumir oficialmente á poboación de fóra danosa área sanitaria. Este proxecto propón a constitución oficial desas Unidades e adesignación do Chuvi como Centro de referencia materno fetal da comunidade”-.

Unidade de Ultrasóns de Alto RendementoO servizo de Xinecoloxía e Obstetricia do Hospital Álvaro Cunqueiro é un dos lídereseuropeos no diagnóstico fetal a través da realización de ecografías de alta resolución en2D, 3D e 4D. Dispón da tecnoloxía máis avanzada de ultrasóns en alta resolución e nestesmomentos está desenvolvendo unha liña tecnolóxica única no mundo, ademais de contarcun equipo de profesionais formados e adestrados nestas técnicas.

“O equipamento actual -explica López Ramón y Cajal- permítennos explorar os órganosfetais en estadíos moi precoces, con gran definición e máximo nivel de detalle. Temoscapacidade para detectar as malformacións conxénitas intrauterinas relacionadas cosistema nervioso, o tórax e o corazón, con imaxes dos órganos vitais en tempo real e enmovemento; podendo realizar estudos cardíacos nos fetos de incluso quince semanas, oque ata o momento era dificultoso dado o pequeno tamaño do corazón”.-

Page 3: O ÁLVARO CUNQUEIRO SERÁ UN DOS LÍDERES ...xxivigo.sergas.gal/DAnosaorganizacion/260/07-10.-Centro...catro piares: no diagnóstico fetal, nas terapias e cirurxías fetais, nas principais

A Unidade de Ultrasóns de Alto Rendemento ofrecerá a posibilidade de colaborar conoutros profesionais da Comunidade galega, e realizar no Complexo vigués as exploraciónsfetais ante as dúbidas diagnósticas doutros especialistas.

Un dos obxectivos desta Unidade será avanzar no telediagnóstico mediante unhacolaboración a distancia co facultativo de orixe.

Unidade de Terapia e Cirurxía FetalA intervención fetal tense convertido nunha opción importante para aqueles fetos que,doutro modo non sobrevivirían á xestación, ou sufrirían unha morbilidade e mortalidadesignificativa despois do nacemento. Trátase dunha cirurxía intrauterina, prenatal, e polotanto complexa e realizada con técnicas minimamente invasoras.

As técnicas utilizadas na intervención fetal para corrixir ou mellorar anomalías conxénitasteñen evolucionado desde unha invasión máxima (por exemplo a histerotomía aberta) astécnicas minimamente invasoras, tales como a endoscopia fetal ou puncións guiadas porecografía, que evitan abrir o útero materno.

Algúns dos procesos que se benefician desta cirurxía son as obstrucións urinarias, ashernias de diafragmas e determinados tumores ou malformacións.

O equipo de Obstetricia de Alto Risco do Chuvi realizou con éxito a primeira cirurxía fetalen España en 1990, tal e como figura no Registro Internacional de Cirugía Fetal. Desdeentón, levan realizadas máis de 25.000 técnicas prenatais. “Temos a base, un equipo condilatada experiencia para constituír esta Unidade de tratamento fetal. O novo dispositivotería un enfoque multisdisciplinar, no que participen outros especialistas, como cirurxiánspediátricos, neonatólogos, ecografista obstétrico e radiólogos pediátricos; ademais,dependendo da anomalía fetal, un cardiólogo pediátrico, neurólogo, nefrólogo,neurocirurxián, anestesiólogo ou endocrinólogo”-.

Unidade de Patoloxía Materno Fetal O incremento da idade materna, das enfermidades asociadas á xestación, e a reproduciónasistida, son factores que contribúen ao aumento de patoloxías como a prematuridade, ocrecemento intrauterino retardado e as preeclampsias, que necesitan dunha axeitadaatención materno perinatal.

Neste contexto hai que subliñar que o Chuvi, ao ser a maior maternidade de Galicia, contaademais cunha Unidade de Prematuros do Servizo de Pediatría, de alta avaliación clínica etécnica. O novo Centro proxectado sería referencia para o estudo destas patoloxías, paraplanificar a asistencia prenatal e o nacemento de xeito óptimo.

Unidade de Simulación ObstétricaO último piar do Centro Avanzado de Medicina Materno Fetal é o da formación. O HospitalÁlvaro Cunqueiro está dotado cunha área de simulación médica para emular procesosobstétricos. Nestas dependencias adéstranse equipos de profesionais sanitarios en

Page 4: O ÁLVARO CUNQUEIRO SERÁ UN DOS LÍDERES ...xxivigo.sergas.gal/DAnosaorganizacion/260/07-10.-Centro...catro piares: no diagnóstico fetal, nas terapias e cirurxías fetais, nas principais

habilidades e estratexias ante situacións obstétricas que, polo seu potencial risco para anai e o neno, necesitan practicar unha curva de aprendizaxe rápida e multidisciplinar.

Cómpre seguir potenciando esa formación, desenvolver unha Unidade para estudantespregrao e postgrao, e para especialistas. Nesta liña, o proxecto plantea establecer un plande rotación para os residentes de toda a comunidade, onde poderán participar nos cursosde simulación coa finalidade de mellorar os procesos asistenciais e reforzar a motivaciónna asistencia obstétrica.