o incerto seÑor don hamlet - academia.gala+elsinor.pdf · hamlet”, para imprimirlle unha nova...

10
Rúa Tabernas 11. 15001 A Coruña Tlf. 981 20 73 08 [email protected] www.academia.gal DESEÑOS DE CLAUDIO VARELA DE CAMBRE PARA O DECORADO DA ESTREA DE O INCERTO SEÑOR DON HAMLET DE ÁLVARO CUNQUEIRO (1959) ARQUIVO DA REAL ACADEMIA GALEGA FONDO CLAUDIO VARELA DE CAMBRE SIGNATURA C-10 / 2

Upload: others

Post on 31-Aug-2019

20 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: O INCERTO SEÑOR DON HAMLET - academia.gala+Elsinor.pdf · Hamlet”, para imprimirlle unha nova visión próxima ao seu tempo e ao sentir galego. Claudio Varela, autor dos anteditos

Rúa Tabernas 11. 15001 A Coruña Tlf. 981 20 73 08

[email protected] www.academia.gal

DESEÑOS DE CLAUDIO VARELA DE CAMBRE

PARA O DECORADO DA ESTREA DE

O INCERTO SEÑOR DON HAMLET

DE

ÁLVARO CUNQUEIRO

(1959)

ARQUIVO DA REAL ACADEMIA GALEGA

FONDO CLAUDIO VARELA DE CAMBRE

SIGNATURA C-10 / 2

Page 2: O INCERTO SEÑOR DON HAMLET - academia.gala+Elsinor.pdf · Hamlet”, para imprimirlle unha nova visión próxima ao seu tempo e ao sentir galego. Claudio Varela, autor dos anteditos

Arquivo da Real Academia Galega

2

Benvidos a Elsinor!!!

Page 3: O INCERTO SEÑOR DON HAMLET - academia.gala+Elsinor.pdf · Hamlet”, para imprimirlle unha nova visión próxima ao seu tempo e ao sentir galego. Claudio Varela, autor dos anteditos

Deseños de Claudio Varela de Cambre para o decorado da estrea de O incerto señor don Hamlet

3

Page 4: O INCERTO SEÑOR DON HAMLET - academia.gala+Elsinor.pdf · Hamlet”, para imprimirlle unha nova visión próxima ao seu tempo e ao sentir galego. Claudio Varela, autor dos anteditos

Arquivo da Real Academia Galega

4

Page 5: O INCERTO SEÑOR DON HAMLET - academia.gala+Elsinor.pdf · Hamlet”, para imprimirlle unha nova visión próxima ao seu tempo e ao sentir galego. Claudio Varela, autor dos anteditos

Deseños de Claudio Varela de Cambre para o decorado da estrea de O incerto señor don Hamlet

5

Page 6: O INCERTO SEÑOR DON HAMLET - academia.gala+Elsinor.pdf · Hamlet”, para imprimirlle unha nova visión próxima ao seu tempo e ao sentir galego. Claudio Varela, autor dos anteditos

Arquivo da Real Academia Galega

6

Page 7: O INCERTO SEÑOR DON HAMLET - academia.gala+Elsinor.pdf · Hamlet”, para imprimirlle unha nova visión próxima ao seu tempo e ao sentir galego. Claudio Varela, autor dos anteditos

Deseños de Claudio Varela de Cambre para o decorado da estrea de O incerto señor don Hamlet

7

Cómpre anunciar, querido lector, que nos estamos a referir á fortaleza inexpugnable do

incerto señor Don Hamlet, Príncipe de Dinamarca, a cal, se o vento nos permite,

tentaremos amosar como boamente poidamos, con estes refugallos que o xentil Don

Céfiro Do-norte tivo a boa vontade de deixarnos en custodia; así, e despois de case 59

anos, terá vostede a posibilidade de mirar o que nesta institución centenaria se atopa

desde aquela pretérita época…

Page 8: O INCERTO SEÑOR DON HAMLET - academia.gala+Elsinor.pdf · Hamlet”, para imprimirlle unha nova visión próxima ao seu tempo e ao sentir galego. Claudio Varela, autor dos anteditos

Arquivo da Real Academia Galega

8

Estes debuxos, realizados por Claudio Varela, foron empregados para o atrezzo

na estrea da obra de Cunqueiro O incerto señor Don Hamlet, príncipe de Dinamarca

que, co berro das verbas que encabezan este escrito, foi presentada polo Teatro da

Cámara da Asociación Cultural Iberoamericana no Teatro Colón da Coruña, o 31 de

agosto de 1959, baixo a tutela de Antón Naveyra. Nesta estrea tamén participou un novo

poeta que sería chamado Antón Avilés de Taramancos.

Esta “peza en tres xornadas, na que se representan as súas dúbidas e morte (de

Hamlet), e se da varia noticia doutras xentes” converteuse inmediatamente nun fito da

dramaturxia galega e universal. A obra foi escrita polo xenial mindoniense no outono de

1958, e rompe con principios temáticos tan característicos da época -a España da

posguerra- como o costumismo, ou con aspectos sociais sen maior relevancia, para

entroncar de pleno con correntes europeas como o existencialismo, o simbolismo ou o

absurdo. Velaí a súa importancia.

Estes bosquexos poñen de relevo as partes máis importantes da obra, como o

castelo de Elsinor e o lugar da morte de Hamlet, tratando de representar o excelente

mundo imaxinario en que se desenvolve esta abraiante peza metaliteraria ou metateatral

que é Hamlet shakesperiano, do que o pancronista Cunqueiro recolle o mito, o “feito

Hamlet”, para imprimirlle unha nova visión próxima ao seu tempo e ao sentir galego.

Claudio Varela, autor dos anteditos bosquexos, naceu e morreu na mesma

cidade, A Coruña. Estudou na Escola de Arte e Oficios Artísticos, e foi pintor do Teatro

de Cámara da Asociación Cultural Iberoamericana. Tamén deseñou varios decorados

para o Ballet Galego Rei de Viana; ademais de ter unha modesta produción en verso e

de crítica de arte. A importancia das súas montaxes foi tal que as repetiron no ano 1963.

A aceptación dunha obra destas características -alta literatura en galego-

constituíu todo un éxito, considerando o contexto sociopolítico e cultural da época (os

censores apropiábanse dos textos que puidesen ser perigosos para o réxime franquista).

Tamén hai que ter en conta que é unha das primeiras obras escritas e representadas

integramente en galego durante o franquismo, nun dos principias teatros dunha das

cidades de maior importancia en Galicia, o cal supuxo un pulo fundamental para os

primeiros andares da recuperación do noso patrimonio cultural a partir dos anos 60, nun

proceso imparable que continuaría ata os nosos días; e esperamos que perdure no futuro

en todo o seu esplendor.

Parafraseando a don Álvaro : “ pode un home, ó mesmo tempo, ser e non ser?”.

Page 9: O INCERTO SEÑOR DON HAMLET - academia.gala+Elsinor.pdf · Hamlet”, para imprimirlle unha nova visión próxima ao seu tempo e ao sentir galego. Claudio Varela, autor dos anteditos

Deseños de Claudio Varela de Cambre para o decorado da estrea de O incerto señor don Hamlet

9

Page 10: O INCERTO SEÑOR DON HAMLET - academia.gala+Elsinor.pdf · Hamlet”, para imprimirlle unha nova visión próxima ao seu tempo e ao sentir galego. Claudio Varela, autor dos anteditos

Rúa Tabernas 11. 15001 A Coruña Tlf. 981 20 73 08

[email protected] www.academia.gal