o galo quirico e os seus amigos. unidade didácitca
DESCRIPTION
Proxecto didáctico elaborado por Rocío FernándezTRANSCRIPT
2
3
INDICE
QUEN SOMOS?
QUE PROPOÑEMOS?
QUE IMOS VER?
QUE PROCURAMOS?
SOBRE QUE IMOS TRABALLAR?
QUE IMOS FACER?
COMO IMOS A VALORAR?
BIBLIOGRAFÍA
ANEXOS
4
5
6
7
8
11
14
15
16
4
QUEN SOMOS?
Títeres Seisdedos xurde no seo da compañía Viravolta creada no ano 1982.
Especializado en espectáculos de pequeno formato, adáptase a calquera espazo escénico.
As propostas que adoitamos presentar conxugan os distintos monicreques tradicionais con música en directo.
5
QUÉ PROPOÑEMOS?
Neste documento o profesorado de Educación Infantil e Primaria atopará propostas de actividades e recursos para traballar
nas aulas coa temática desta produción da Compañía Seisdedos.
Así, a nosa proposta inclúe:
è a representación de “O Galo Quirico e os seus amigos”.
è a unidade didáctica para realizar nas aulas de Educación Infantil e nas de Educación Primaria, preferentemente nas
áreas de lingua galega e literatura, coñecemento do medio natural, social e cultural e educación artística, na que se
inclúen tanto actividades previas á representación, como de desenvolvemento posterior á función, baseadas nunha
metodoloxía activa e flexible, adaptable ás diferentes idades, capacidades e intereses dos/as rapaces/as garantindo,
así, a atención á diversidade do alumnado.
Deste xeito, desde Seisdedos queremos participar como axentes educativos da contorna, apoiando a tarefa educativa, coa
finalidade de proporcionar a todos os nenos e nenas unha educación de calidade que permita afianzar o seu
desenvolvemento integral e o seu propio benestar, incidindo na programación de actividades complementarias como
medida en prol da igualdade de oportunidades ao facilitar o acceso e o gozo de todos/as os/as rapaces/as dunha
representación de títeres de calidade.
6
QUE IMOS VER?
“O galo Quirico e os seus amigos” achega aos/ás nenos/as diferentes personaxes e costumes populares. Para elo,
contaremos con recursos tan motivadores como a música, as cancións, a dramatización con monicreques …
O inicio desta historia toma como punto de partida a construción dos túneles do tren en Lalín. Dende este momento,
titiriteiros, artistas de circo, músicos … e outros personaxes recrean diferentes situacións que dan lugar a xogos, cancións …
e actividades nas que a interacción e participación dos/as nenos/as é continua, para, finalmente, dar lugar a representación
da adaptación que, do conto popular do “Galo Quirico”, crea Bernardino Graña.
Unha posta en escena con marionetas e teatriño de cartón, formato de espectáculo recuperado pola compañía Seisdedos
para esta ocasión e con música en directo, interpretada polo acordeonista Carlos Quintá.
7
QUE PROCURAMOS?
• Coñecer o conto popular do Galo Quirico segundo a versión de Bernardino Graña.
• Participar activamente dunha actividade de dramatización, música ….
• Contribuír ao coñecemento e utilización de xeito apropiado a lingua galega e desenvolver hábitos de lectura.
• Contribuír ao coñecemento e valorización do seu contorno natural, social e cultural, así como as posibilidades de
acción e de coidado deste, con especial atención á singularidade de Galicia. Coñecer mulleres e homes que realizaron
achegas importantes á cultura e sociedade galegas.
• Fomentar as actitudes positivas e interiorización dalgúns elementos significativos propios da tradición e da cultura
galega: música, costumes, festas populares, etc.
• Espertar o gusto por gozar de espectáculos de títeres chegando a instaurarse progresivamente como unha opción real
no tempo de lecer.
8
SOBRE QUE IMOS TRABALLAR?
Os contidos sobre os que imos a traballar relaciónanse coas áreas de:
- Educación artística
§ A música tradicional galega.
A música tradicional de Galicia caracterízase tanto polas súas formas (muiñeiras, xotas, alalás, etc) como polos
instrumentos (gaita galega e pandeireta, entre outros) e as agrupacións musicais. Como música tradicional que
evolucionou oralmente, comparte trazos en común coas das áreas veciñas de Asturias, Portugal e León e en
xeral coa tradición musical de Europa Occidental.
- Lingua galega e literatura
§ Bernardino Graña e o “Quirico Lambón”.
Bernardino Graña (Cangas do Morrazo, 1932) foi catedrático de lingua e literatura en secundaria, até a súa
xubilación en 1991. Desde ben mozo formou parte do Consello de Redacción da revista poética Alba. En 1958
participa na creación do grupo Brais Pinto en Madrid e foi impulsor e primeiro presidente da Asociación de
Escritores en Lingua Galega (AELG).
9
É autor dunha ampla obra que abrangue diferentes xéneros. Como autor de narrativa para público infantil son
de notar O león e o paxaro rebelde (1991, Premio de Contos para rapaces O Facho), O gaiteiro e o Rato Pérez
(1994, Premio Merlín 1993), O lobo e o grilo (1995), Contra o león covarde (1995), Xan Guindán e os Salvaxes
(1995).
§ Galicia e a súa tradición popular.
O gran repertorio oral galego está encadrado dentro do inxente acervo da cultura tradicional. Todas estas
manifestacións populares funcionan como discursos sociais sobre os sistemas de valores e crenzas que serven
para a creación e recreación dos sinais de identidade da cultura galega. É necesario o mantemento do acervo
inmaterial que supón a cultura oral para avanzar cara o futuro.
- Coñecemento do medio natural, social e cultural
§ Os medios de transporte.
É necesario destacar a importancia que teñen os diferentes medios para o desprazamento do ser humano e a
incidencia do transporte nas actividades que levamos a cabo de forma cotiá e no medio ambiente .
10
§ O tren.
É importante analizar o tren como medio transporte de persoas e mercadorías, deténdose na súa historia e
construción en Galicia. Tamén se examinarán os tipos de tren actuais e a súa presenza en Galicia para provocar
un exercicio de creatividade sobre os trens do futuro e a súa relación co medio ambiente: ruído, contaminación
ambiental e impacto no patrimonio natural.
- Contidos transversais en todas as áreas
§ Educación ambiental.
A educación ambiental axuda no desenvolvemento da responsabilidade ambiental dos nenos e nenas para
entender e coidar o planeta, ter conciencia do dano que se xera coa contaminación e manter un ambiente san
para todos os que vivimos nel. Ademais de xerar unha conciencia trata de reflexionar sobre as solucións
pertinentes aos problemas ambientais actuais causados pola actividade humana e os efectos da relación entre
o ser humano e o medio ambiente.
11
QUE IMOS FACER?
Actividades E.I e 1º ciclo de E.P A. Actividades de Inicio.
Contidos: Os medios de transporte. Educación ambiental. • Remuíño d ideas sobre os medios de transporte. (Anexo 1) • Mural medios de transporte. (Anexo 2) • Xogo de imitación. (Anexo 3) • Posta en común.(Anexo 4)
B. Actividades de continuación.
Contidos: O tren. Educación ambiental. • Posta en común sobre a función en relación ao tren. (Anexo 5). • Construción dun tren con material de refugallo. (Anexo 6). • Puzzle. (Anexo 7). • Posta en común. (Anexo 8). • Xogamos a viaxar en tren. (Anexo 9).
Contidos: Bernardino Graña e o “Quirico lambón”. Galicia e a súa tradición popular.
• Lectura e posta en común. (Anexo 10) • Debuxo dos personaxes da historia. (Anexo 11)
12
Contidos: A música tradicional galega. • Aprendizaxe das cancións “Nena” e “Quiquiriquí, cacaracá”. (Anexo 12) • Percusión corporal sobre as cancións“Nena” e “Quiquiriquí, cacaracá”. (Anexo 13) • Exercicio de creatividade sobre canción “Nena”. (Anexo 14)
Actividades 2º e 3º Ciclos de E.P
A. Actividades de Inicio. Contidos: Galicia e a súa tradición popular. Medios de transporte. Educación ambiental.
• Cuestionario individual. (Anexo 15). • Táboa sobre os medios de transporte. (Anexo 16). • Pescuda de cantos populares. (Anexo 17).
B. Actividades de continuación.
Contidos: O tren. Educación ambiental. • Posta en común sobre o tren. (Anexo 18). • Sopa de letras. (Anexo 19). • Construción dun tren con material de refugallo. (Anexo 6).
Contidos: Bernardino Graña e “O Quirico lambón”.
• Lectura e posta en común do “Quirico lambón”. (Anexo 20)
13
• Creación de versos. (Anexo 21) • Creación de encadeados e trabalinguas. (Anexo 22) • Debuxar un cómic. (Anexo 23). • Mural de Bernardino Graña. (Anexo 24).
Contidos: Galicia e a súa tradición popular.
• Eixe cronolóxico. (Anexo 25). • Pescuda sobre as festas populares. (Anexo 26).
Contidos: A música tradicional galega.
• Aprendizaxe da canción “Nena”. (Anexo 27) • Percusión corporal sobre a canción “Nena”. (Anexo 28) • Exercicio e creatividade sobre a canción Nena. (Anexo 29) • Exercicio sobre a linguaxe musical da canción Nena. (Anexo 30) • Dramatización. (Anexo 31) • Aprendizaxe da canción “Quiquiriquí, cacaracá”. (Anexo 32) • Percusión corporal sobre a canción “Quiquiriquí, cacaracá”. (Anexo 33) • Exercicio sobre a linguaxe musical da canción “Quiquiriquí, cacaracá”. (Anexo 34) • Audicións de muiñeiras e posta en común. (Anexo 35)
14
COMO IMOS A VALORAR? Para facer a avaliación da unidade didáctica tanto mestres/as como alumnos/as valorarán:
- Grao de consecución dos obxectivos
- Participación
- interese amosado
- satisfacción
- impacto.
Por unha parte, poñemos a disposición do profesorado unha escala de valoración (Anexo 36) e, para a avaliación feita polos
rapaces/as, propoñemos a dinámica do semáforo para que valoren a satisfacción tanto coas actividades como coa
representación de “O Galo Quirico e os seus amigos” (Anexo 37).
15
BIBLIOGRAFÍA
- Decreto 330/2009, de 4 de xuño, polo que se establece o currículo da educación infantil na Comunidade Autónoma de
Galicia.
- Decreto 130/2007, do 28 de xuño, polo que se establece o currículo da educación primaria na Comunidade Autónoma
de Galicia.
- Graña, Bernardino “O QUIRICO LAMBÓN” Edicións Xerais de Galicia. 2008.
16
ANEXOS
17
ANEXO 1
• Actividade: remuíño de ideas sobre os medios de transporte.
• Dinámica: todos os membros do grupo aula séntanse en círculo no chan. O grupo debe responder de forma espontánea ás cuestións que
lle formula o/a mestre/a sobre os medios de transporte.
• Duración: 25 minutos.
• Materiais: ficha de preguntas guía.
REMUÍÑO DE IDEAS SOBRE OS MEDIOS DE TRANSPORTE PREGUNTAS GUÍA
è Que son os medios de transporte?
è Que medios de transporte coñecemos?
è Que medios de transporte podemos ver desde a aula?
è Que medios de transporte van pola terra? E polo aire? E pola auga?
è Que medios de transporte teñen dúas rodas? E tres? E catro? E ningunha?
è Que pasaría se desaparecesen os medios de transporte?
COÑECEMENTO DO MEDIO E.I. 1º E.P
ACTIVIDADE DE INICIO
18
ANEXO 2
• Actividade: Mural medios de transporte.
• Dinámica: en pequenos grupos, de catro ou cinco membros, os nenos/as deben buscar en revistas, xornais, publicidade e/ou láminas
facilitadas polo/a mestre/a, e recortar os medios de transporte que atopen. Unha vez recortadas, en gran grupo e por quendas, cada
neno/a pegará unha das súas imaxes no mural, previamente preparado polo/a mestre/a, no lugar correspondente, mentres os/as
compañeiros/as colaboran na súa tarefa.
• Duración: 45 minutos.
• Materiais: papel de estraza con tres
zonas diferenciadas (terra – mar -‐
aire), tesoiras, cola, revistas,
xornais, etc.
COÑECEMENTO DO MEDIO E.I. 1º E.P
ACTIVIDADE DE INICIO
19
ANEXO 3
• Actividade: Xogo de imitación
• Dinámica: todos os membros do grupo aula séntanse en círculo no chan para imitar
entre todos o son dun coche, unha bici, unha moto, un avión, un tren...
• Duración: 10 minutos.
• Materiais: ningún específico.
COÑECEMENTO DO MEDIO E.I. 1º E.P
ACTIVIDADE DE INICIO
20
ANEXO 4
• Actividade: posta en común.
• Dinámica: todos os membros do grupo aula séntanse en círculo no chan para facer unha posta en común do léxico que os nenos/as
dominan en torno aos medios de transporte.
• Duración: 15 minutos.
• Materiais: ningún específico.
LÉXICO ESPECÍFICO SOBRE OS MEDIOS DE TRANSPORTE PREGUNTAS GUÍA
è Cada un debe dicir unha parte do coche, da bici, dunha barca …
è Como se chama o lugar onde están os barco atracados, os coches aparcados, os avión, os trens …
è Como se chama o que conduce un tren, un avión, un autobús, etc.
COÑECEMENTO DO MEDIO E.I. 1º E.P
ACTIVIDADE DE INICIO
21
ANEXO 5
• Actividade: posta en común.
• Dinámica: todos os membros do grupo aula séntanse en círculo no chan para facer unha posta sobre o visto na función. Incidirase no tren
como punto de partida e de unión da obra.
• Duración: 15 minutos.
• Materiais: ningún específico.
COÑECEMENTO DO MEDIO E.I. 1º E.P
ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN
22
ANEXO 6
• Actividade: elaboración dun tren con material de refugallo.
• Dinámica: cada un dos/as nenos/as elaborará de xeito individual un tren con material de
refugallo. Cada alumno/a debe levar material de refugallo da casa. Exporase todo o material e
cada neno/a escollerá o que prefira para elaborar o seu tren cunha técnica libre a partir das
indicacións do/a mestre/a.
• Duración: 60 minutos.
• Materiais: botellas de plástico, tetrabrics, vasos de plástico con tapa, paus de brochetas,
papeis vellos, ceras, tesoiras, las, cola, cinta adhesiva, cartóns...
COÑECEMENTO DO MEDIO E.I. -‐E.P
ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN
23
ANEXO 7
• Actividade: elaboración dun puzzle de papel.
• Dinámica: cada un dos/as nenos/as individualmente coloreará
o debuxo do tren, pegarano nunha cartolina e a continuación o
recortarán polos puntos. Logo os nenos/as intercambiarán os puzzles
para facelos.
• Duración: 30 minutos.
• Materiais: copias do debuxo, cartolinas, tesoiras, cola e cores.
COÑECEMENTO DO MEDIO E.I. 1º E.P
ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN
24
ANEXO 8
• Actividade: Xogo de léxico.
• Dinámica: todos os membros do grupo aula
séntanse en círculo no chan para facer unha
posta en común sobre léxico específico dos trens
apoiándose con imaxes.
• Duración: 15 minutos.
• Materiais: imaxes variadas.
LÉXICO ESPECÍFICO SOBRE O TREN
PREGUNTAS GUÍA
è Que nomes que lle podemos dar ao tren? è Como se chama o sitio onde están? è Como se chama o lugar onde a xente sube ou baixa deles? è Como se chaman as “estradas” polas que circulan? è Como se chama o que o conduce? è ...
COÑECEMENTO DO MEDIO E.I. 1º E.P
ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN
25
ANEXO 9
• Actividade: Role-‐playing de viaxar en tren.
• Dinámica: disporanse as cadeiras na aula de maneira que representen os asentos. O/a docente será o maquinista e un /ha voluntario/a
fará de revisor. Os/as nenos/as terán na súa man o billete e irán subindo paulatinamente. Unha vez que todos os pasaxeiros/as estean no
tren dramatízase o tren arrancando, apurando, freando, facendo manobras ... Repetiremos cambiando os papeis de maquinista e
revisor.
• Duración: 25 minutos.
• Materiais: cachiños de papel que serán os billetes (podemos telos realizados nunha actividade previa), unha viseira de “maquinista”, un
pito, unha campaíña, etc.
COÑECEMENTO DO MEDIO E.I. 1º E.P
ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN
26
ANEXO 10
• Actividade: lectura e posta en común do “Quirico lambón”.
• Dinámica: o/a mestre/a le o texto. Logo comentamos a historia en gran grupo, para o cal o/a docente pode empregar as preguntas guía.
• Duración: 20 minutos.
• Materiais: a historia.
PREGUNTAS GUÍA
§ Que comen os galos e galiñas? § Onde acostuman vivir os galos? E este onde o fai? § Como é Quirico? § Cres que o galo é lambón? E mandón? § Por que non limpa o galo o seu pico? § A quen invitou Perico ao seu casamento? Alguén obedece ao galo Quirico? § Cando chaman as estrelas polo sol? Cando cantan os galos? § Como empeza e como remata o conto do galo Quirico? § Poñémoslle nomes:
— Galo Quirico — Burro Perico — Herba...
— Ovella... — Pau... — Lume...
— Auga...
LINGUA GALEGA E LITERATURA E.I. 1º E.P
ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN
ANEXO 11
• Actividade: debuxo personaxes da historia.
• Dinámica: os/as nenos/as deberán debuxar cada un dos personaxes da historia do “Galo Quirico”. Entre todos iremos recordando os
personaxes que vimos na función mentres cada un dos nenos/as os van debuxando.
• Duración: 25 minutos.
• Materiais: copias das viñetas, ceras, lapis de cores...
LINGUA GALEGA E LITERATURA E.I. 1º E.P
ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN
28
ANEXO 12
• Actividade: aprendizaxe das cancións “Nena” e “Quiquiriquí, cacaracá”.
• Dinámica: en gran grupo aprenderemos as cancións a partir de diferentes técnicas:
o Aprendizaxe por imitación “Recurso Eco”.
o Aprendizaxe por asociación con xestos.
o Substitución de frases por xestos.
• Duración: 30 minutos.
• Materiais: ningún específico.
Nena, Perdoa se cho pido Un pouco pan de millo Que outro non o hai Por que nós vimos Da costa do Navallo Cansados de traballo Queremos merendar
Quíquiri, quíquiri, Cácara, cácara, Quíquiri, quíquiri, Cacará. Quíquiri, quíquiri, Cácara, cácara, Quíquiri, quíquiri, Cacará. ¡Quiquiriquí!
EDUCACIÓN ARTÍSTICA E.I. 1º E.P
ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN
29
ANEXO 13
• Actividade: percusión corporal sobre as cancións “Nena” e “Quiquiriquí, cacaracá”.
• Dinámica: en gran grupo palmear o ritmo das cancións.
• Duración: 10 minutos.
• Materiais: ningún específico.
EDUCACIÓN ARTÍSTICA E.I. 1º E.P
ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN
30
ANEXO 14
• Actividade: exercicio e creatividade sobre a
canción Nena.
• Dinámica: en gran grupo deberán re-‐ inventar
a letra da canción, por exemplo
Mozo, perdoa se che pido
un saco de castañas ….
• Duración: 7 minutos.
• Materiais: ningún específico
EDUCACIÓN ARTÍSTICA E.I. 1º E.P
ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN
31
ANEXO 15
• Actividade: cuestionario individual.
• Dinámica: cada neno/a responderá de forma
individual ao cuestionario (esta pode ser unha tarefa
para a casa). Unha vez rematado farase unha posta en
común en gran grupo.
• Duración: 35 minutos.
• Materiais: copias da ficha.
Realiza as seguintes actividades:
1. Rodea os medios de transporte nos que viaxaches de cor vermello e de azul nos que che gustaría viaxar:
2. Que medio de transporte che parece máis seguro? _________________________________________________________________________________
3. Que medio de transporte che parece máis cómodo? _________________________________________________________________________________
4. Pescuda o tipo de contaminación que producen os medios de transporte. Cal che parece o máis contaminante? E o menos? __________________________________________________________________________________________________ __________________________________________________________________________________________________ __________________________________________________________________________________________________ __________________________________________________________________________________________________
5. Pescuda e describe o percorrido que terías que facer e que medios de transporte empregarías para ir desde a túa casa a
Barcelona. __________________________________________________________________________________________________
__________________________________________________________________________________________________ __________________________________________________________________________________________________ __________________________________________________________________________________________________
6. Como che gustarían que foran ós medios de transporte do futuro? Contesta as seguintes cuestións e debuxa o transporte do futuro que ti imaxines. - Iría polo/a … Aire Terra Auga
- Nel poderían viaxar __________________________ persoas.
- Alimentaríase
de__________________________________________________________________________________________
- Debuxa o teu medio de transporte do futuro na parte de atrás.
COÑECEMENTO DO MEDIO 2º-‐ 3º CICLOS E.P
ACTIVIDADE DE INICIO
32
ANEXO 16
• Actividade: completar a táboa sobre os medios de transporte.
• Dinámica: por parellas deberán completar a seguinte táboa. Unha vez rematado farase unha posta en común en gran grupo.
• Duración: 20 minutos.
• Materiais: copias da táboa.
Cuestións Autobús Avión Barco Tren É de aire, terra ou auga?
Como se chama o lugar onde se estacionan?
Como se chama a persoa que os dirixe?
Que máis profesionais traballan nel ou para que funcione?
Que aparellos podemos atopar nel?
Que combustible emprega?
Que tipos deste medio coñecedes?
COÑECEMENTO DO MEDIO 2º-‐ 3º CICLOS E.P
ACTIVIDADE DE INICIO
33
ANEXO 17
• Actividade: pescuda de cantos populares de traballo, de festa (voda, seráns...), de lecer, de berce...
• Dinámica: cada neno/a deberá buscar na casa ou na veciñanza alguén que lle cante, aló menos, unha canción popular. Deberán cubrir a
ficha correspondente para logo facer unha posta en común na clase.
• Duración: indeterminada.
• Materiais: copias da ficha.
Escribe a letra do canto: ____________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________________
Título do canto:
____________________________________
En que ocasións se cantaba?
____________________________________
Quen che cantou a canción?
____________________________________
Quen lla aprendeu a el/ela?
____________________________________
Ti xa a coñecías? Por que?
____________________________________
LINGUA E LITERATURA 2º-‐ 3º CICLOS E.P
ACTIVIDADE DE INICIO
34
ANEXO 18
• Actividade: posta en común.
• Dinámica: todos os membros do grupo aula séntanse en círculo para facer unha posta sobre o visto na función. Incidirase no tren como
punto de partida e de unión da obra: o que custou levar o tren a Lalín e a Galicia, as condicións de traballo da época, as cancións para
facer o traballo máis doado …
• Duración: 25 minutos.
• Materiais: ningún específico.
COÑECEMENTO DO MEDIO 2º-‐ 3º E.P
ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN
35
ANEXO 19
• Actividade: sopa de letras de medios de transporte.
• Dinámica: cada un dos membros do grupo debe facer individualmente esta sopa de letras.
• Duración: 12 minutos.
• Materiais: copias da sopa de letras.
SOPA DE
LETRAS
COÑECEMENTO DO MEDIO 2º-‐ 3º E.P
ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN
36
ANEXO 20
• Actividade: lectura e posta en común de “O Quirico lambón”.
• Dinámica: distribuímos os papeis (narrador, galo, herba, ovella, pau, lume, auga, vaca, pastor) e logo lemos o texto de forma dialogada.
Logo comentamos a historia en gran grupo, para o cal o/a docente pode empregar as preguntas guía.
• Duración: 20 minutos.
• Materiais: a historia.
PREGUNTAS GUÍA
§ Que comen os galos e galiñas? § Onde acostuman vivir os galos? E este onde o fai? § Como é Quirico? § Cres que o galo é lambón? E mandón? § Por que non limpa o galo o seu pico? § A quen invitou Perico ao seu casamento? Alguén obedece ao galo Quirico? § Cando chaman as estrelas polo sol? Cando cantan os galos? § Como empeza e como remata o conto do galo Quirico? § Poñémoslle nomes:
— Galo Quirico — Burro Perico — Herba...
— Ovella... — Pau... — Lume...
— Auga...
LINGUA E LITERATURA 2º-‐ 3º CICLOS E.P
ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN
37
ANEXO 21
• Actividade: creación de versos.
• Dinámica: en parellas, os/as rapaces/as debe recordar algunha rima do texto (sorte / forte , pico / bonito / Perico …) e, a continuación,
elaborar os seus propios versos utilizándoas.
• Duración: 10 minutos.
• Materiais: ningún específico.
LINGUA E LITERATURA 2º-‐ 3º CICLOS E.P
ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN
38
ANEXO 22
• Actividade: creación de encadeados e trabalinguas.
• Dinámica: en parellas, os/as rapaces/as deben elaborar os seus propios encadeados Por exemplo, « Eu díxenlle a María que vira unha
estrela. María díxolle a Xoán que eu vira unha estrela. Xoán díxolle a Pedro que lle dixera María que eu vira unha estrela. Pedro díxolle a
Mariña que lle dixera Xoán que lle dixo María que eu vira unha estrela...».
• Duración: 10 minutos.
• Materiais: ningún específico.
LINGUA E LITERATURA 2º-‐ 3º CICLOS E.P
ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN
39
ANEXO 23
• Actividade: debuxar un cómic.
• Dinámica: os/as nenos/as deberán debuxar un cómic baseado
na historia do “Galo Quirico”.
• Duración: 25 minutos.
• Materiais: copias das viñetas, ceras, lapis de cores...
LINGUA E LITERATURA 2º-‐ 3º CICLOS E.P
ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN
40
ANEXO 24
• Actividade: mural de Bernardino Graña
• Dinámica: en pequeno grupo, os/as alumnos/as deben elaborar un mural onde se recollan imaxes e información sobre o Bernardino
Graña. Deben indagar e reflectir, aló menos, información da ficha.
• Duración: 20 minutos.
• Materiais: cartolinas, tesoiras, cola, cores...
FICHA
- Onde naceu? - Cantos naos ten? - Que estudou? - Que xéneros publicou? - Nomes doutros libros. - Cando publica o Quirico lambón? - Onde e cando escoutou a historia?
LINGUA E LITERATURA 2º-‐ 3º CICLOS E.P
ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN
41
ANEXO 25
• Actividade: eixe cronolóxico do tren.
• Dinámica: en pequeno grupo (de catro ou cinco membros) os/as alumnos/as deberán facer, nunha cartolina, un eixe cronolóxico onde se
reflictan feitos tales como, as orixes remotas do tren quen e cando se inventou a locomotora, o primeiro tren a Galicia e o percorrido que
fixo, feitos destacables en Galicia e no mundo entre o 1850 e o 1960, a evolución do tren ate a actualidade, etc. A información deberá ir
acompañada de imaxes. Dependendo do nivel dos alumnos/as poderemos dar unha guía da información que deberán atopar.
• Duración: 120 minutos.
• Materiais: copias das imaxes, cartolinas, tesoiras, cola... e para a busca da información, libros da biblioteca, internet...
Grecia Reino Unido ¿? Galicia ¿? España ¿? ¿? ¿? ¿?
s.VII a.C 1804 ... 1873 ... ... 1939 ... ... ...2012
Richard Trevithick construíu a primeira
locomotora capaz de arrastrar dun tren.
Diolkos Primeira liña de
ferrocarril que existe. Mide 6 km e cruzaba o istmo de Corinto.
COÑECEMENTO DO MEDIO 2º-‐ 3º E.P
ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN
42
ANEXO 26
• Actividade: Pescuda sobre as festas populares.
• Dinámica: os/as nenos/as deberán recoller información das
súas familias e veciñanza e cubrir o cuestionario. Na seguinte
clase farase unha posta en común para analizar entre todos
as diferenzas entre as festas de tres xeracións distintas.
• Duración: 20 minutos.
• Materiais: copias do cuestionario.
Empeza contestando ti ás preguntas seguintes: Fuches a algunha festa ultimamente? A cal? Como soubeches que había festa? Con quen fuches? Que se celebraba? Eran as festas patronais? A que hora fuches? Ata que hora estiveches? Comiches ou ceaches alí? Que comiches? Había música? De que tipo? Había atraccións? Cales? Había outro tipo de espectáculos, como títeres, pasarrúas, malabaristas, contacontos, etc? Cal/es? Os viches? Gustáronche?
Agora deberás preguntarlle cousas moi parecidas a túa nai, pai, tío, tía, veciño, veciña ou a quen ti queiras e anotar as súas repostas: Cantos anos tes? Cando tiñas a miña idade a que festas ías? Onde se facía a festa (na rúa, nun campo, nunha carballeira...)? Como sabías que había festa? Con quen ías? A que hora ías? Ata que hora te quedabas? Comías ou ceabas na festa? Que se comía? Había música? De que tipo? Había atraccións? Cales? Había outro tipo de espectáculos, como títeres, pasarrúas, malabaristas, etc? Cal/es? Gustábache?
Agora pregúntalle á persoa de máis idade que coñezas e anota as súas repostas: Cantos anos tes? Cando tiñas a miña idade a que festas ías? Onde se facía a festa (na rúa, nun campo, nunha carballeira...)? Como sabías que había festa? Con quen ías? A que hora ías? Ata que hora te quedabas? Comías ou ceabas na festa? Que se comía? Había música? De que tipo? Había atraccións? Cales? Había outro tipo de espectáculos, como títeres, pasarrúas, malabaristas, etc? Cal/es? Gustábache? Que se facía para pasalo ben? Pódesme contar algunha anécdota?
LINGUA E LITERATURA 2º-‐ 3º CICLOS E.P
ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN
43
ANEXO 27
• Actividade: aprendizaxe da canción “Nena” .
• Dinámica: en gran grupo aprenderemos a canción a partir de
diferentes técnicas:
o Aprendizaxe por imitación “Recurso Eco”.
o Aprendizaxe por asociación con xestos.
o Substitución de frases por xestos.
o Interpretación con apoio de instrumento Harmónico.
o Aprendizaxe do ritmo (sílabas rítmicas)
o Aprendizaxe das notas.
o Substitución de notas por palabras.
• Duración: 45 minutos.
• Materiais: instrumentos harmónicos.
Nena, Perdoa se cho pido Un pouco pan de millo Que outro non o hai Por que nós vimos Da costa do Navallo Cansados de traballo Queremos merendar
EDUCACIÓN ARTÍSTICA 2º-‐ 3º CICLOS E.P
ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN
44
ANEXO 28
• Actividade: Percusión corporal sobre a canción “Nena” .
• Dinámica: en gran grupo
o Palmear o ritmo da canción.
o Camiñar a negras cantando a canción.
o Camiñar a negras palmeando o ritmo da canción.
o Palmear dúas negras nos pulsos de silencio da 1ª parte.
o Cantar a 2ª parte palmeando o pulso.
• Duración: 20 minutos.
• Materiais: ningún específico.
EDUCACIÓN ARTÍSTICA 2º-‐ 3º CICLOS E.P
ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN
45
ANEXO 29
• Actividade: exercicio e creatividade sobre a canción Nena.
• Dinámica: en parellas deberán re-‐ inventar a letra da canción, por exemplo
Mozo, perdoa se che pido
un saco de castañas ….
• Duración: 10 minutos.
• Materiais: ningún específico.
EDUCACIÓN ARTÍSTICA 2º-‐ 3º CICLOS E.P
ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN
46
ANEXO 30
• Actividade: exercicio sobre a linguaxe musical da
canción Nena.
• Dinámica: individualmente os/as rapaces/as
deberán
o Escribir o ritmo.
o Escribir as notas.
o Identificar a célula rítmica ( ¨ e ee)
o Identificar o acento e o compás.
o Marcar a subdivisión.
• Duración: 20 minutos.
• Materiais: ningún específico.
EDUCACIÓN ARTÍSTICA 2º-‐ 3º CICLOS E.P
ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN
47
ANEXO 31
• Actividade: Dramatización
• Dinámica: en pequeno grupo os/as nenos/as deberán elaborar un conto baseado na canción Nena e representar este conto.
• Duración: 40 minutos.
• Materiais: ningún específico.
EDUCACIÓN ARTÍSTICA 2º-‐ 3º CICLOS E.P
ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN
48
ANEXO 32
• Actividade: Aprendizaxe da canción “Quiquiriquí, cacaracá”
• Dinámica: en gran grupo aprenderemos a canción a partir de diferentes técnicas:
o Aprendizaxe por imitación “Recurso Eco”.
o Aprendizaxe por asociación con xestos.
o Substitución de frases por xestos.
o Interpretación con apoio de instrumento Harmónico.
o Aprendizaxe do ritmo (sílabas rítmicas)
o Aprendizaxe das notas.
o Substitución de notas por palabras.
• Duración: 45 minutos.
• Materiais: instrumentos harmónicos.
Quíquiri, quíquiri, Cácara, cácara, Quíquiri, quíquiri, Cacará. Quíquiri, quíquiri, Cácara, cácara, Quíquiri, quíquiri, Cacará. ¡Quiquiriquí!
EDUCACIÓN ARTÍSTICA 2º-‐ 3º CICLOS E.P
ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN
49
ANEXO 33
• Actividade: Percusión corporal sobre a canción
“Quiquiriquí, cacaracá”.
• Dinámica: en gran grupo
o Palmear o pulso da canción.
o Camiñar a pulso cantando a canción.
o Tocar con dedos sobre a mesa o ritmo da canción.
• Duración: 10 minutos.
• Materiais: ningún específico.
EDUCACIÓN ARTÍSTICA 2º-‐ 3º CICLOS E.P
ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN
50
ANEXO 34
• Actividade: exercicio sobre a linguaxe musical da canción
“Quiquiriquí, cacaracá”.
• Dinámica: individualmente os/as rapaces/as deberán
o Identificar o motivo rítmico (eee eee) co ritmo
base da muiñeira.
o Practicar tresillos con diferentes prosodias (kíkiri,
títiri, cántaro, música, xílgaro...).
• Duración: 10 minutos.
• Materiais: ningún específico.
EDUCACIÓN ARTÍSTICA 2º-‐ 3º CICLOS E.P
ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN
51
ANEXO 35
• Actividade: audicións de muiñeiras e posta en común.
• Dinámica: en gran grupo, a partir dunha breve introdución acerca dos xéneros
e os ritmos da música popular galega, faranse audicións de diferentes tipos de muiñeira, de
instrumentos da música popular de Galicia, interpretando muiñeiras e de ritmos análogos doutras
partes do mundo (jigas irlandesas, relámpagos mexicanos ...)
• Duración: 40 minutos.
• Materiais: gravacións para as audicións.
EDUCACIÓN ARTÍSTICA 2º-‐ 3º CICLOS E.P
ACTIVIDADE DE CONTINUACIÓN
52
ANEXO 36 CUESTIONARIO DE VALORACIÓN PARA MESTRES/AS
Mestre/a de E.I Mestre/a E.P
o Titor/a o Mestre/a de música
-‐Valoración das actividades. Faga unha valoración cualitativa e cuantitativa das actividades realizadas.
Actividades E.I e 1º ciclo de E.P VALORACIÓN 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Remuíño d ideas sobre os medios de transporte. Mural medios de transporte. Xogo de imitación. Posta en común. Posta en común sobre a función en relación ao tren. Construción dun tren con material de refugallo. Puzzle. Posta en común. Xogamos a viaxar en tren. Lectura e posta en común. Debuxo dos personaxes da historia. Aprendizaxe das cancións “Nena” e “Quiquiriquí, cacaracá”. Percusión corporal sobre as cancións“Nena” e “Quiquiriquí” Exercicio de creatividade sobre canción “Nena”.
53
Actividades 2º e 3º Ciclos de E.P VALORACIÓN 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Cuestionario individual. Táboa sobre os medios de transporte. Pescuda de cantos populares. Posta en común sobre o tren. Sopa de letras. Construción dun tren con material de refugallo. Lectura e posta en común do “Quirico lambón”. Creación de versos. Creación de encadeados e trabalinguas. Debuxar un cómic. Mural de Bernardino Graña. Eixe cronolóxico. Pescuda sobre as festas populares. Aprendizaxe da canción “Nena”. Percusión corporal sobre a canción “Nena”. Exercicio e creatividade sobre a canción Nena. Exercicio sobre a linguaxe musical da canción Nena. Dramatización. Aprendizaxe da canción “Quiquiriquí, cacaracá”. Percusión corporal sobre a canción “Quiquiriquí, cacaracá”.
54
Exercicio sobre a linguaxe musical da canción “Quiquiriquí” Audicións de muiñeiras e posta en común. -‐Grao de consecución dos obxectivos.
Valore do 1 ao 10 (sendo 1 a mínima puntuación, e 9 a máxima)
OBXECTIVOS 1 2 3 4 5 6 7 8 9 Coñecer o conto popular do Galo Quirico segundo a versión de Bernardino Graña.
Participar activamente dunha actividade de dramatización, música ….
Contribuír ao coñecemento e utilización de xeito apropiado a lingua galega e desenvolver hábitos de lectura.
Contribuír ao coñecemento e valorización do seu contorno natural, social e cultural, así como as posibilidades de acción e de coidado deste, con especial atención á singularidade de Galicia. Coñecer mulleres e homes que realizaron achegas importantes á cultura galega.
Fomentar as actitudes positivas e interiorización dalgúns elementos significativos propios da tradición e da cultura galega: música, costumes, festas populares.
Espertar o gusto por gozar de espectáculos de títeres chegando a instaurarse progresivamente como unha opción real no tempo de lecer.
55
-‐Participación e interese amosado.
Risque no enunciado que mellor reflicta a súa opinión:
• Durante o desenvolvemento das actividades previas os/as alumnos/as participaron activamente, formulando preguntas, facendo aportacións...
Durante todo o tempo Case todo o tempo A metade do tempo Só nalgúns momentos Practicamente en ningún momento
• Durante o desenvolvemento das actividades previas mostráronse participativos...
Todos/as os/as
alumnos/as da clase Case todos/as os/as
alumnos/as A metade dos/as
alumnos/as Só algúns/as alumnos/as Practicamente en ningún
alumno/a
• Durante o desenvolvemento da función “O Galo Quirico e os seus amigos” os/as alumnos/as participaron activamente...
Durante todo o tempo Case todo o tempo A metade do tempo Só nalgúns momentos Practicamente en ningún momento
• Durante o desenvolvemento da función “O Galo Quirico e os seus amigos”mostráronse participativos...
Todos/as os/as
alumnos/as da clase Case todos/as os/as
alumnos/as A metade dos/as
alumnos/as Só algúns/as alumnos/as Practicamente en ningún
alumno/a
• Durante o desenvolvemento das actividades de continuación os/as alumnos/as participaron activamente, formulando preguntas, facendo aportacións...
Durante todo o tempo Case todo o tempo A metade do tempo Só nalgúns momentos Practicamente en ningún
momento
• Durante o desenvolvemento das actividades de continuación mostráronse participativos...
Todos/as os/as
alumnos/as da clase Case todos/as os/as
alumnos/as A metade dos/as
alumnos/as Só algúns/as alumnos/as Practicamente en ningún
alumno/a
56
-‐ Valoración do impacto.
Indique o grao de acordo cos seguintes enunciados:
• As aprendizaxes das actividades desenvolvidas paréceme moi significativas
En total acordo Algo de acordo Algo en desacordo En total desacordo
• As actividades desenvolvidas parécenme moi útiles dentro conxunto da área coa que se relaciona
En total acordo Algo de acordo Algo en desacordo En total desacordo
• As actitudes manifestadas polo alumnado en relación aos obxectivos parécenme que se manteñen no tempo
En total acordo Algo de acordo Algo en desacordo En total desacordo
57
ANEXO 37 Cada neno/a debe “votar” para expresar o seu grao de satisfacción coa actividade. O mestre/a só debe anotar o número de votos de cada un dos cores.
Papeliño verde (gustoume moito) Papeliño vermello (non me gustou) Papeliño amarelo (nin fu nin fa) Actividades Anexo
nº Votos Verdes Amarelos Vermellos
58