o falante lírico e o retorno á natureza nos sei e a ga eg ... · o falante lírico e o retorno á...

14
O falante lírico e o retorno á natureza nos Seis poemas galegos de Federico García Lorca Jorge Luis Castillo Formas de citación recomendadas 1 | Por referencia a esta publicación electrónica* Castillo, Jorge luis (2012 [2001]). “o falante lírico e o retorno á natureza nos Seis poemas galegos de Federico garcía lorca”. Anuario de Estudios Literarios Galegos: 1999, 105-117. reedición en poesiagalega.org. Ar- quivo de poéticas contemporáneas na cultura. <http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/1848>. 2 | Por referencia á publicación orixinal Castillo, Jorge luis (2001). “o falante lírico e o retorno á natureza nos Seis poemas galegos de Federico garcía lorca”. Anuario de Estudios Litera- rios Galegos: 1999, 105-117. © O copyright dos documentos publicados en poesiagalega.org pertence aos seus autores e/ou editores orixinais. * Edición dispoñíbel desde o 15 de febreiro de 2012 a partir dalgunha das tres vías seguintes: 1) ar- quivo facilitado polo autor/a ou editor/a, 2) documento existente en repositorios institucionais de acceso público, 3) copia dixitalizada polo equipo de poesiagalega.org coas autorizacións per- tinentes cando así o demanda a lexislación sobre dereitos de autor. En relación coa primeira al- ternativa, podería haber diferenzas, xurdidas xa durante o proceso de edición orixinal, entre este texto en pdf e o realmente publicado no seu día. O GAAP e o equipo do proxecto agradecen a co- laboración de autores e editores.

Upload: others

Post on 21-Apr-2020

2 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: O falante lírico e o retorno á natureza nos Sei e a ga eg ... · o falante lírico e o retorno á natureza nos Seis poemas galegos de Federico García Loca Jorge Luis Castillo Malia

O falante lírico e o retorno á natureza nos

Seis poemas galegos de Federico García Lorca

Jorge Luis Castillo

Formas de citación recomendadas

1 | Por referencia a esta publicación electrónica*Castillo, Jorge luis (2012 [2001]). “o falante lírico e o retorno á natureza

nos Seis poemas galegos de Federico garcía lorca”. Anuario de Estudios

Literarios Galegos: 1999, 105-117. reedición en poesiagalega.org. Ar-

quivo de poéticas contemporáneas na cultura. <http://www.poesiagalega.org/arquivo/ficha/f/1848>.

2 | Por referencia á publicación orixinal

Castillo, Jorge luis (2001). “o falante lírico e o retorno á natureza nos Seis

poemas galegos de Federico garcía lorca”. Anuario de Estudios Litera-

rios Galegos: 1999, 105-117.

© O copyright dos documentos publicados en poesiagalega.org pertence aos seus autores e/ou

editores orixinais.

* Edición dispoñíbel desde o 15 de febreiro de 2012 a partir dalgunha das tres vías seguintes: 1) ar-

quivo facilitado polo autor/a ou editor/a, 2) documento existente en repositorios institucionais

de acceso público, 3) copia dixitalizada polo equipo de poesiagalega.org coas autorizacións per-

tinentes cando así o demanda a lexislación sobre dereitos de autor. En relación coa primeira al-

ternativa, podería haber diferenzas, xurdidas xa durante o proceso de edición orixinal, entre este

texto en pdf e o realmente publicado no seu día. O GAAP e o equipo do proxecto agradecen a co-

laboración de autores e editores.

Page 2: O falante lírico e o retorno á natureza nos Sei e a ga eg ... · o falante lírico e o retorno á natureza nos Seis poemas galegos de Federico García Loca Jorge Luis Castillo Malia

o falante lírico e o retorno á natureza nos Seis poemas galegos de Federico García Loca

Jorge Luis Castillo

Malia a súa aparente sinxeleza, os Seis poemas galegos de Lorca convet1en a paisaxe de Ca­licia nun espacio emblemático onde se m1icula unha das preocupacións centrais da poesía moder­na: a relación entre o individuo e a natureza. De xeito análogo, ás teorización de Schiller arredor dunha poesía "inxenua" e unha poesía "sentimental", os Seis poemas galegos exploran as dúas instancias fundamentais nas que a conciencia individual pode relacionarse co mundo natural: unha maneira "inxenua ':. que dá porfeito a unión entre o suxeito e o universo viven te, aínda que a mesma implique a anulación do primeiro ou, pola contra, un ¡nodo "sentimental", que concibe este vínculo partindo da nostalxia que o suxeito experimenta ante a súa perda. Ó explorar ambas as dúas posibilidades, os Seis poemas galegos ofrecen unha visión totalizante da relación entre o suxeito e a natureza na que se basea a unidade ideolóxica do poemario.

In his deceptively simple Seis poemas galegos, Lorca tranforms the Calician landscape into a symbolic realm where he tackles one ofthe central concems of modem poetry: the relationship between nature and the self. In a manner reminiscent of Schiller's reflections on naive and sentimental poetry, Lorca e:;..plores the two opposite modes in which there is no self since it is ul1consciously one with nature, and the "sentimental" mode, in which the self experiences enchanted, living nature as a lost ideal, and longsfor it. In this twofold exploratíon ofthe nexus between man and nature lies the book's elusive unity.

Gran parte dos estudios críticos consagrados ós Seis poemas galegos dedicou­se, case exlusivamente, a tratar de dirimir a controvertida autoría dos poemas e a reconstruír no posible os puntos de contacto entre Federico García Larca e o con­torno xeográfico e cultural galego1. Mais, no seu empeño por determinar cándo e ónde se escribiron os poemas ou quén foi verdadeiramente o seu autor, a inmensa maioría dos críticos a penas tivo en canta a maneira na que o falante lírico e a na­tureza se relacionan nestes textos. Semellante preterición é de lamentar porque nese vínculo está cifrado un dos resortes fundamentais do poemario e os seu s am­bivalentes reclamos de rYlodernidade, asunto, ademais, situado alén dos límites e dos obxectivos do método histórico·-biográfico-filolóxico. Este tipo de análises, cómpre menciona lo, non logrou solucionar enteiramente o problema da autoría nin tan sequera o da cronoloxía dos textos; pala contra, como se verá de seguido, as incógnitas que seguen subsistindo, mesmo nos traballos que con meirande acer­to utilizan a devandita metodoloxía (véxanse os estudios de Anderson ou Pérez Rodríguez), contribúen, implícita ou explicita mente , a pór de relevo a ausencia dunha lectura fundamentada nas significacións que evidencia o discurso lírico dos Seis poemas galegos.

Anuario de estudios literarios galegos (1999): 105-117 105

Page 3: O falante lírico e o retorno á natureza nos Sei e a ga eg ... · o falante lírico e o retorno á natureza nos Seis poemas galegos de Federico García Loca Jorge Luis Castillo Malia

O/a/mzte lírico e o retorno el llC/Íureza nos Seis poemas galegos !orge Luis Castillo

As datas de composición da maioría dos textos non poden establecerse con óptima exactitude porque os primeiros borradores dos poemas desapareceron e os manuscritos existentes carecen de data. Anderson especula que a redacción dos primeiros borradores de cinco dos seis poemas ("Madrigal a cibdá de Santiago", "Canzón de cuna pra Rosalía de Castro, morta", "Romaxe de Nossa Señora da Bar­ca", "Danza da lúa en Santiago" e, posiblemente, "Noiturnio do adoescente morto") tivo lugar entre maio e novembro de 1932, datas que sinalan dúas visitas de Lorca a Galicia 0987: 130); polo seu tema, a "Cántiga do neno da tenda" escribiríase a raíz da estadía de Lorca en Bos Aires (desde outubro de 1933 deica marzo de 1934). No tocante ós rnanuscritos existentes, só poden datarse con certeza e (relati­va) exactitud e o autógrafo do "Madrigal" (novembro de 1932) e o apógrafo da "Cántiga" (abril de 1934); os apógrafos do "Noiturnio" e, posiblemente, o da "Ro­maxe" redactáronse entre maio e outubro de 1933, antes da viaxe de Lorca a Bos Aires; o apógrafo da "Canzón" e o apógrafo-autógrafo da "Danza" escribíronse en 1934, ó regreso do poeta a Madrid (Anderson 1987: 132-3 e Pérez Rodríguez 1995: 142-3)2. En 1935, a Editorial Nós, de Santiago de Compostela, publicou xuntos por vez prime ira os Seis poe117as galegos; de todos eles só o "Madrigal" se publicara por separado e, cando menos, en dúas ocasións desde decembro de 1932 (Pérez Rodríguez: 159). Sábese, xa que logo, con seguridade que os Seis poemas galegos foron escritos entre 1932 e 1934, pero, ata hoxe e como ben recoñece Anderson 0987: 131 e 141-2), todo intento por establecer unha data de composición para cada un dos poemas ou unha cronoloxía da obra na súa totalidade depende, en boa medida, de datos circunstanciais e de testemuños contradictorios ou pouco fiables.

Máis problemática resulta aínda a autoría dos textos. Dada a ausencia de autó­grafos en case todos os poemas, semella tarefa imposible determinar se Lorca os es­cribiu directamente en galego ou se os traduciron do castelán Ernesto Guerra da Cal, Eduardo Blanco Amor ou algunha outra persoa (Anderson 1987: 133). Guerra da Cal afirmo u en 1949 que existiu unha colaboración entre el e Lorca durante a que aquel traduciu ó galego os versos que Lorca ía improvisando en castelán (Pérez Ro­dríguez 1995: 151-2); pero a súa versión dos feítos non sempre concorda cos manus­critos autógrafos ou apógrafos dos seis poemas (Anderson 1987: 134). Algúns críticos, amais, dubidan da capacidade de Lorca para escribir en galego (Anderson 1987: 133); Francisco Gareía Lorca lembra a falta de habilidade do seu irmán cos idiomas: "si bien Federico podía leer francés, no podía decir buenas tardes ni en esa ni en ningunha otra lengua distinta de la propia" 0981:73)3. Outros estudiosos, sen embargo, incluín­do o propio Blanco Amor e ultimamente Pérez Rodríguez, afirman que Lorca si coñe­eía o galego, aínda que non de maneira perfecta, e era quen de recitar de memoria poesías nesa lingua, ademais dos seu s propios poemas galegos (Pérez Rodríguez 1995: 144). O propio Lorca confesou nunha ocasión que: "A rni llegada a Galicia, me sentí poeta gallego, y una imperiosa necesidad de hacer versos, su cantar me obligó a estu­diar a Galicia y su dialecto o idioma, para lo maravilloso es igual" (Anderson 1987: 135); así mesmo, Blanco Amor afirma que, ó preparar a prime ira edición dos poemas, o seu labor reduciuse a transcribir o texto que figuraba nos apógrafos, corrixindo can­do faeía falla a gramática dos mesmos (Pérez Rodríguez 1995: 145). Anderson resume deste xeito o estado da cuestión:

The Seis poemas ga/egos were composed originally, in written or oral form, in Castilian 01' defective Galician. Thereafter, they were translated or copied out, certainly with linguistic and possibIy aIso aesthetic corrections

Page 4: O falante lírico e o retorno á natureza nos Sei e a ga eg ... · o falante lírico e o retorno á natureza nos Seis poemas galegos de Federico García Loca Jorge Luis Castillo Malia

Jorge L/I is Castillo O/a/allte lírico e o retorno á ¡wtl/leZa IIOS Seis poemas galegoso o

by Ernesto Guerra da Cal and possibly anotheL FinalIy, they \vere transcri­bed again with fürther orthographic, linguistic, and aesthetic revisions by Eduardo Blanco Amoro The received text is the result of an accretion of seve­ral redactions and versions, :1nd certainly not al! of these were supervised, corrected, or directly checked :1nd approved by Lorca himself 0987: 139},*0

Os estudios dedicados a dilucidar a pegada lorquiana dos Seis poemas galegos e as circunstancias históricas que propiciaron a súa escritura non conseguen senón po­üer en cuestión a autoría dos mesmos. O propio Anderson conclúe que os Seis poe­mas galegos non poden atribuírse exlusivamente nin a Lorca nin a ningunha Olltra persoa 0987: 140) porque o texto é en realidade producto dun nebuloso autor co­lectivo. Se á feble e problemática autoría dos Seis poemas galegos se engade a evi­dente raigame popular da súa temática e da súa métrica, os textos adquiren un deci­dido aire folclórico que os fai parecer o froito espontáneo e anónimo dunha tradición poética, segundo sinalou a crítica, ben coüecida por Larca: a dos cancionei­ros galaico-portugueses e a poesía popular galega CAnderson 1990: 240)5.

A feble autoría destes textos suscita, ademais, preocupacións que transcenden o campo da filoloxía onde as rnesmas se orixinan CAnderson 1990: 273-4). Dunha maneira que me interesa explorar, o aire folclórico dos textos e a súa evanescente autoría apuntan cara a unha posible significación dos poemas que vai máis alá da anécdota e das circunstancias históricas que determinaron a súa escritura o A folcló­rica sinxeleza dos Seis poemas galegos é, en boa medida, só aparente; nestes textos está cifrada unha reflexión sobre o lugar que ocupa o poeta no mundo. Unha re­flexión, ademais, consonte coas preocupacións primordiais da poesía moderna, pois atinxe tanto á maneira na que o poeta e a natureza se relacionan como, en úl­tima instancia, á razón de ser da propia poesía.

No seu libro Lorca's Late Poetry, Anderson analiza cada un dos Seis poemas galegos e conclúe que articulan unha visión orgánica e coherente da paisaxe gale­ga; sorprendente circunstancia se se ten en canta que foron escritos de xeito espo­rádico ó longo de tres anos e que só cando todos os poemas, ou case todos, exis­tían optou Lorca por agrupalos en libro CAnderson 1990: 273). Malia as frecuentes e concretas alusións á ancestral cidade de Santiago de Compostela ou ó campo ga­lego, trátase propiamente de textos impresionistas máis que de poemas costumis­tas; en palabras de Feal Deibe: "el paisaje exterior es un paisaje interior" 0971: 561). As paisaxes galegas convértense en meros pretextos para que aflore o senti­mento que a contemplación dos mesmos evoca no falante lírico; con inxenua ten­rura, o pintoresco contorno galaico devén "reino interior", "paysage d'ame", no que a persoa poética cifra unha serie de autorreveladoras referencias. Anderson aceIta plenamente cando afirma, na conclusión do seu detallado estudio, que "Lor­ca is writing broadly within the Symbolist tradition, and hence that these poems' entire overt subject-matter can and probably should be taken as an extended sym­bol for something quite different, and which quite likely has to do with the poet's emotions or intuitions" 0990: 274). Anderson, sen embargo, non explora cáles po­derían ser esas emocións ou Íntuicións que a rústica paisaxe galega evoca no poe­ta nin tampouco reflexiona sobre a relación existente entre os poemas galegos e o que el chal1:1a tradición simbolista.

Ó meu ver, o recurso principal que unifica e cohesiona os Seis poemas galegos é a maneira na que se relaciona o individuo coa natureza6. Nos poemas, este vín­culo maniféstase en dúas instancias fundamentais, antagónicas e presumiblemente irreconciliables: unha presume a unión, concordancia ou contidentia do individuo

107

Page 5: O falante lírico e o retorno á natureza nos Sei e a ga eg ... · o falante lírico e o retorno á natureza nos Seis poemas galegos de Federico García Loca Jorge Luis Castillo Malia

Ofa/ante lírico e o retorno á nafllreza IZas Seis poemas galegos .... Jorge Luis Castillo

coa natureza, mentres que a outra exhibe a nostalxia que a separación entre ambos provoca no individuo. Articulando tal oposición, os Seis poemas galegos asumen ple­namente un dos dilemas máis importantes para o desenvolvemento da poesía moder­na, segundo o expresou Schiller no seu famoso ensaio sobre o "inxenuo" e o "senti­mental" na poesía. Nunha memorable frase, Schiller dictamina sen ambaxes que: "The poet. .. either is nature or he will seek ir" (1993: 200). Segundo Schiller, o "inxenuo" é unha cualidade esencial da poesía clásica, mentres que o "sentimental" é un dos tra­zos que definen a poesía moderna ou romántica e a distinguen da clásica. Converten­do a Ariosto nun prototipo do poeta sentimental, Schiller describe que o mesmo "can­not conceal his own amazement and emotion while relating [an] incident. The sense of the distance between those customs and the customs characteristic of his age over­whelms him. AH at once he stops portraying the subject matter and appears in his own person" (1993: 198).

Nos Seis poenzas galegos hai textos que pretenden adoptar unha perspectiva "inxe­nua", xa que semellan proceder dunha voz comunitaria ou colectiva que aspira a con­fundirse coa mesma orixe que a poesía popular, á que conceptúa como o froito natu­ral e espontáneo da alma galaica. Entre eses pOel11aS de autoría feble que, sen logralo completamente, amosan unha perspectiva inxenua atópanse "Romaxe de Nosa Señora da Barca", "Noiturnio do adoescente mOlto" e "Canzón de cuna pra Rosalía de Castro, morta". O resto dos poemas asume unha perspectiva "sentimental" ou subxectiva, non tanto porque neles aflore necesariamente un falante lírico recon-endo á prime ira persoa gramatical, senón porque a oposición entre o suxeito e a natureza ou, para expresalo co léxico fichteano do que se apropiaron os románticos alemáns, entre o eu e o non­eu convéltese na razón de ser do poema. Entre este segundo grupo de poemas agru­pamos "Madrigal a cibdá de Santiago", "Cántiga do neno da tenda" e, ata certo punto, "Danza da lúa en Santiago". Paga a pena aclarar que, da mesma maneira que a inter­vención explícita dun falante lírico no texto non garante a adopción dunha perspectiva "sentimental", a obxectivación ou transparencia da voz poética fronte a anécdota des­crita tampouco dá lugar necesariamente a unha visión "inxenua" da mesma ou do con­torno. No sucesivo centrareime naqueles poemas onde a relación entre o individuo (sexa este falante lírico ou non) e a natureza se presenta de maneira problemática.

A carón do exaltado aire folclórico que amosan case todos os Seis poemas ga­legos, existe nalgún deles certo aire metafísico, no que a nostalxia é a principal ma­nifestación. Non hai dúbida de que o trazo predominante nos Seis poemas galegos é a saudade ou morrÍ1"ia experimentada por un falante lírico que se manifesta, ás veces, de maneira directa e outras prefire enmascararse trala escena ou o estado de ánirno das persoas que describe. En "Romaxe de Nosa Señora da Barca", "Cán­tiga do neno da tenda" e "Canzón de cuna pra Rosalía de Castro, morta", o falante poético case que se agacha, obxectiva e transparenta; o falante poético que apos­trofa a Nosa Señora da Barca na homónima "Romaxe" ou o destinatario epónimo da "Canzón de cuna pra Rosalía de Castro, morta" parece, sobre todo, o anónimo portavoz dun sentir comunitario e colectivo. En "Madrigal a cibdá de Santiago", "Noiturnio do adoescente morto" e "Danza da lúa en Santiago", a persoa lírica, en cambio, faise explícita intervindo na anécdota e, ás veces, protagonizándoa, sobre todo no primeiro, no poema que comeza cos versos:

108

Coove en Santiago, meu doce amor. Camelia branca do ar, brila entebrecido o sol (p. 14).

Page 6: O falante lírico e o retorno á natureza nos Sei e a ga eg ... · o falante lírico e o retorno á natureza nos Seis poemas galegos de Federico García Loca Jorge Luis Castillo Malia

Jorge Luis Castillo Ofa/ante lírico e o retomo á natureza nos Seis poemas galegos .....

Deixando á marxe a arnbigüidade que crea o segundo verso (¿trátase dunha fra­se en aposición ou dun apóstrofe ó ausente ser amado?), é necesario salientar a pre­sencia da chuvia non só como un dos trazos característicos da paisaxe galega, senón como un indicador dos vínculos do poema coa modernidade literaria. Nas estrofas fi­nais do poema, a chuvia e o vento esvaecido convértense nos atributos dunha melan­cólica voz poética a cargo da que queda a descrición dunha paisaxe urbana:

Olla a choiva pala rúa. laio de pedra e cristal. Olla no vento esvaído soma e cinza do teu mar.

Soma e cínza do teu mar, Santiago, lonxe do sol. Ágoa de mañán anterga trema no meu corazón (p. 14)7.

É necesario sinalar o manifesto avoengo verleniano destes versos e tamén a posible pegada dos idilios de aldea e de toda unha poesía de tema rural ou cam­pesiño coa que os románticos e simbolistas lamentaron a desaparición do mundo arcádico (acoden á mente os nomes de Lamartine, Rodenbach, Maeterlinck, Sa­main, Pascoli, Rosalía de Castro, Gabriel y Galán, Herrera y Reissig ou o propio Machado), pero é mellor explorar a conexión entre a morriña que explicita a voz poética do "Madrigal a cibdá de Santiago" e a outoniza e refreada nostalxia que ca­racteriza a poesía moderna dentro da tradición romántico-simbolista. Schiller, como sinalamos, non dubida en establecer unha relación de identidade entre o "inxe­nuo" e o clásico, por unha banda, e o "sentimental" e o romántico", pola outra. Nesa perspectiva "sentimental" atópase a raíz de toda a angustia metafísica e exis­tencial características do poeta moderno que inauguran os románticos alemáns, in­gleses e franceses, e posteriormente os simbolistas franceses, os prerrafaelitas ingleses e os modernistas hispanoamericanos. A presencia da melancolía na poesía "sentimental" é atribuíble ás cavilacións dunha conciencia que, polo mero feito de existir, se sabe arredada do ámbito natural que contempla. Ó distinguir entre a poesía "inxenua" e a "sentimental" Schiller repara en que os habitantes da bucólica tradicional, prototipos do poema "inxenuo", nin sequera cuestionan a súa relación coa natureza, simplemente a viven (son a natureza). A poesía moderna opera, en cambio, a partir da existencia dun suxeito pensante e autoconsciente, afastado tan­to da natureza como da divindade cara a onde remite o fermoso. É dicir, mentres o artista clásico, "inxenuo", constitúe unha unidade coa natureza, o artista moderno, "sentimental", adquire conciencia da separación que media entre a súa individuali­dade e o mundo físico e, como producto desa reflexión, domínao un sentimento de nostalxia por esa natureza situada alén da interioridade do ser, no ámbito da outredade. A inxenuidade do poeta clásico Ce non se trata, segundo admite o mes­mo Schiller, de que todos os poetas clásicos sexan in4enuos) non lle permite ser outra cousa que parte da natureza, pois nin sequera ten conciencia da posibilidade de outro estado alterno; o poeta "sentimental", por contra, enfróntase a un dilema producto do desenvolvemento dunha conciencia interior que amasa a separación existente entre o poeta como suxeito e a natureza como obxecto (fenómeno que deploraba Rousseau). A exaltación da conciencia do propio ser, que presupón o modelo do poeta "sentimental", condénao a sentirse arredado e non partícipe da harmonía universal; non se pode, ó mesmo tempo, ser un consigo mesmo e un coa

109

Page 7: O falante lírico e o retorno á natureza nos Sei e a ga eg ... · o falante lírico e o retorno á natureza nos Seis poemas galegos de Federico García Loca Jorge Luis Castillo Malia

o /a/al/te lírico e o retorl/o á Ilatll reza IZOS Seis poemas galegos JOIge Luis Castillo

natureza. Como ben obselvou o xenebrino, o mal do home moderno é precisa­mente ter unha aguda conciencia de si mesmo, porque tal capacidade de autorre­flexión é un fenómeno inversamente proporcional á posibilidade de sentirse verda­deiramente unido ó resto da creación.

Non é casualidade que "Madrigal a cibdá de Santiago" esté dedicado á cidade homónima e non ó carnpo galego: "Chove en Santiago / na noite escura" (p. 14). O panorarna urbano golpeado pola chuvia e o vento nunha noite escura convérte­se no escenario propicio para que nel se manifeste a nostalxia indicadora de que entre suxeito e mundo existe un abismo insalvable mentres o primeiro exista e manteI1a conciencia de si. Incluso fronte a unha cidade que ten uns vínculos coa historia sagrada e a intervención divina tan evidentes como inmemoriais, o poeta déixase dominar por unha escura e inexplicable nostalxia. Anderson opina que "the whole text is inscribed sornewhere between the twin poles of sadness, life­lessness, pessimism and sterility, andjoyfulness, life, optimism and vitality" (1990: 247)8; discrepo, sen embargo, desta interpretación porque opino que o aire nostál­xico do poema é tan omnipresente como indiscutible. O final do poema recrea un novo avatar dese fenómeno característico da poesía moderna que Schillcr denomi­na "transcendencia vacua" (1993: 68-72): o ideal que persegue o poeta, sexa este a unidade co todo, a revelación dos absolutos universais ou o acceso ó ser das cou­sas, preséntase sempre de maneira incompleta, indeterminada ou baleira. A auga da chuvia no poema está inextricablemente vinculada á melancolía que experi­menta o poeta ó intuír a existencia dunha realidade primordial, simple e máxica da que se sente, sen embargo, inevitablemente afastad09. A auga da maI1á antiga que treme no corazón do poeta alude a un tempo fóra do ternpo, ó espacio ancestral e prerracional das orixes, á idade dourada na que o sagrado moraba na terra, ó fun­damento mesmo do ser, inintelixible pero intuíble mediante o doído sentir e a pa­labra poética; sernellante intuición ocorre, sen embargo, nun presente aínda ou, mellor aínda, xa non revitalizado por esas forzas ancestrais: no presente da palabra e da escritura onde labora o poeta non habita o milagre da revelación senón unha serie de atributos que remiten paradoxalmente á vacuidade do ideal antes presen­tado: a chuvia, a sombra, o vento e a cinsa que axexan as solitarias rúas de Santh~ go son outros heraldos negros que, como no poema de Vallejo, se encargan de anunciar ó poeta a morte de Deus e o desencatamento do mundo lO. A chuvia e a auga que contempla o poeta en "Madrigal a cibdá de Santiago" son signos ambiva­lentes non porque neles se cifren xuntamente tristura e optimismo, esterilidade e vitalidade, segundo afirma Anderson, senón porque a través deles o poeta intúe unha remota realidade que para el resulta non só inaccesible senón a penas articu­lable; nese paradoxo cifrase, unha vez máis, o dilema da poesía moderna, tal e como o presentan as teorizacións románticas: defínese e constitúese repetidamente a partir dunha contradicción irresoluble entre a procura dos absolutos e a concien­cia da futilidade desa procura.

A nostalxia do individuo que se sente arredado da natureza é o tema explícito da "Cántiga do neno da tenda". Aquí a perspectiva "sentimental" perfílase nas des­venturas do personaxe epónimo, a pesar de que a voz poética non intervén direc­tamente na anécdota. O devandito "neno da tenda" resulta ser un exiliado por par­tida dobre. A súa lonxanía física respecto ó lar nativo implica tamén unha separación anímica do que para o poeta representa o idealizado campo galego:

110

Page 8: O falante lírico e o retorno á natureza nos Sei e a ga eg ... · o falante lírico e o retorno á natureza nos Seis poemas galegos de Federico García Loca Jorge Luis Castillo Malia

Jorge Luis castillo Ola/ante lírico e o retorno {¡ /le/tllreza IZOS Seis poemas galegos,

¡Triste Ranzón de Sismundi/ Sinteu a muiieira d'ágoa mentres sete bols de lúa pacían na súa len1branza. Foise pra a veira do río, veira do Río da Prata. Sa'uces e cabalos JUtOS

creban o vidrio das ágoas. Non atopou o xenúdo malencónico da gaita, non víu o inmenso gaitelro coa boca frolida d 'alas; tríste Ramón de Slsmundi, velra do Río da Prata, víu na tarde amol1ecida bennello muro de lanza (p. 18).

Especulouse acerca do destino final do triste Ramón de Sismundi. Miguel García Posada apóiase na contigüidade etimolóxica que existe entre "amortecida" e "morte" para suxerir que o melancólico protagonista remata botándose ó barro primordial que representan as enlamadas augas do Río da Prata, vermello muro de lama (p. 108). An­derson non desestima esa lectura, pero imaxina que sería non menos tráxico que Sis­mundi seguise vivindo nos espacios non auráticos dunha cidade moderna consumido pala morrifía e pala imposibilidade de regresar ó idílico país 0990: 255-6). Sexa como for, o que importa é sinalar que o texto propón corno paradigma de felicidade a volta á bucólica simplicidade dos vellos tempos botada de menos por Rousseaull . Ramón de Sismundi sofía ca regreso a unha comarca arcádica ande o individuo e a natureza constitúen unha unidade, pero esa va Ita convéltese mm ideal inalcanzable, non tanto pala penuria na que vive Sismundi como porque a conciencia do "nena da tenda", como suxire a non aurática visión do "bermello muro de larna" que pecha o poema, foi indeleblemente luxada pala maneira de ver as causas propias do home rnoderno, a súa arela de recuperar a perdida unidade cósmica vai inevitablemente acompafíada das mesmas facultades autorreflexivas ou autocontemplativas que constitúen e sepa­ran o ego da outredade.

A omnipresencia da lúa no último dos Seis poemas galegos pecha o libro re­formulando a relación entre o individuo e a natureza mediante unha visión desta última ande o "inxenuo" e o "sentimental" forman un intenso contrapunto. En "Danza da lúa en Santiago", a voz poética obxectívase e mimetiza un diálogo entre unha nai e a súa filla arredor da pr~sencia da lúa nunha das prazas principais de Santiago de Compostela, a Quintana dos Martas. A voz da nai identifica a lúa e os seus atributos con motivos tradicionalmente relacionados coa esterilidade e a mor­te ("carpo transido", "potro de pedra", "grises vidros,,12). É evidente que a nai teme e resístese a aceptar a irrupción da lúa no espacio emblemático da Quintana dos Mortos, praza que debe o seu nome ó antigo camposanto que un día existiu nese lugar (Anderson 1990: 267). A filla, en cambio, exalta a presencia revitalizadora da lúa na espectral paisaxe urbana, pero faino a expensas da racionalidade ou discur­sividade do poema. A tradicional estrofa arromanzada, o recurrente refrán e a falla dun fío lóxico entre preguntas e respostas sobrancean o carácter salmódico e ritual do poema por riba da congruencia do enunciado, que queda un tanto preterida. Aproveitándose do poder encanta torio que crea o persistente refrán, a fiIla invita á

111

Page 9: O falante lírico e o retorno á natureza nos Sei e a ga eg ... · o falante lírico e o retorno á natureza nos Seis poemas galegos de Federico García Loca Jorge Luis Castillo Malia

Ofalcmte lírico e o retorno á natureza 110S Seis poemas galegos ... Jorge Luis Castillo

nai a participar na danza luar, que é, ó tempo, danza da morte e danza da vida, morte e rexeneración unidas nun mismo acto, emblema dunha temporalidade ta­mén recorrente e cíclica, non moderna senón antiga: o tempo sen tempo do mito e a poesía. Non se dá por sentado neste poema, sen embargo, o sentimento de unidade entre o individuo e a natureza que ten lugar nos textos máis folclóricos de todo o poemario: "Romaxe de Nossa Señora da Barca" e "Canzón de cuna pra Rosalía de Castro, morta", poemas onde, máis que dunha voz poética individual, semella que o enunciado lírico queda, como xa vimos, a cargo dun falante colecti­vo: o mesmo pobo, como proba fidedigna de que a comuñón coa natureza só existe a expensas da obliteración da persoa. Na "Danza da lúa en Santiago", a pre­sencia revitalizadora da natureza mantense nun plano virtual e constitúe ante todo unha invitación ou chamada perentoria a participar harmoniosamente dos proce­sos cíclicos da natureza que converten o universo nun ben temperado cosmos.

Considerados na súa totalidade, os Seis poemas galegos recrean unha Galicia, máis que vista, transoñada a partir das inquedanzas existenciais e metafísicas dun poeta rnoderno. Nos poemas altérnanse ou mestúranse dúas visións antagónicas e ambivalentes en torno á relación entre o individuo e a natureza, que corresponden grosso modo ás categorías do "inxenuo" e o "sentimental" de Schiller. No abalo de semellante ambigüidade queda cifrada a evidente nostalxia do poeta por unha rea­lidade primordial que só logra expresar como unha esvaída e difuminada presen­cia, é dicir, de xeito vacuo, a menos que a poesía se converta en rito e a mesma persoa poética no voceiro espontáneo dun falante colectivo. Pero é precisamente na fuxitiva presencia desa visión escindida, conflictiva e, a pesar de todo, moderna do vínculo existente entre o falante lírico e a natureza onde reside a elusiva unida­de do poemario. Os Seis poemas galegos manteñen a súa coherencia gracias á con­xuntura que propón o eu poético ó contemplar a paisaxe da súa idílica Galicia desde dous lados opostos: a unidade e a nostalxia.

112

Page 10: O falante lírico e o retorno á natureza nos Sei e a ga eg ... · o falante lírico e o retorno á natureza nos Seis poemas galegos de Federico García Loca Jorge Luis Castillo Malia

Jorge Luis Castillo

NOTAS

Ofalante lírico e o retorno á natureza nos Seis poemas galegos"""

Sobre a problemática autoría dos Seis poemas galegos escribiron, entre outros, Carlos Martínez Barbeito (945), Eduardo Blanco Amor (959), María Victoria Atencia (982), Xosé Landeira Yrago 0984, 1986), Xosé Luís Franco Grande (985), Ernesto Guerra da Cal (985), José Sánchez Reboredo (986), Andrew Anderson (1987, 1990) e Luís Pérez Rodrí­guez (995) A relación non pretende ser exhaustiva; o estudio de Pé­rez Rodríguez inclúe, entre outros moitos documentos e datos valio­sos, unha bibliografía abondo complexa e actualizada sobre os Seis poemas galegos. De detallar as estadías de Lorca en Galicia ocupáronse principalmente Xosé Luis Franco Grande (974), Xosé Landeira Yrago 0974, 1986) e, en data máis recente, o mesmo Pérez Rodríguez" Entre os poucos traballos que combinan o achegamento histórico-filolóxico cunha lectura máis ou menos orientada cara ás significacións dos poe­mas sobresaen os estudios de Carlos Feal Deibe (971), María Teresa Babín (974) e do propio Andrew Anderson (990).

2 Excelentes reproduccións fotográficas dos manuscritos (autógrafos e apógrafos) dos Seis poemas galegos figuran no esmerado estudio de Pérez Rodríguez 0995: 263-78).

3 Franco Grande afirma categoricamante que "García Lorca non sabía unha palabra de galego" 0985: 1).

4 Pérez Rodríguez ofrece un detallado, aínda que non imparcial, resumo dos avatares da polémica 0995: 143-60)" No que atinxe á esvaradiza autoría do poemario, Pérez Rodríguez defende a tese de Blanco Amor e non comparte o cauteloso excepticismo de Anderson"

5 Anderson alega que Lorca estaba familiarizado con varias compilacións de letras de cancións populares e folclóricas que circulaban na época; unha das máis populares era a de Eduardo Martínez Torner (Anderson 1990: 240, e Pérez Rodríguez 1995: 136-8)" Estilisticamente hai nos Seis poemas galegos trazos das cantigas medievais galegas (notablemente o leixaprén) CAnderson 1990: 241). Feal Deibe estudiou, pola súa parte, a influencia dos Cantares gallegos de Rosalía de Castro no estilo e os lugares común s dos Seis poemas galegos; este estudio transcende, sen embargo, o mero cotexo de fontes e ofrece unha lectura detallada dos textos que, malia notables acertos, peca, en ocasións, dun excesivo li­teralismo" A tendencia a parafrasear os poemas de Lorca é aínda máis pronunciada no traballo de María Teresa Babín"

6 Pérez Rodríguez aventura, en cambio, unha interpretación amorosa Ce abondo reduccionista) dos Seis poemas galegos e, apoiándose en teste­muños de Eduardo Blanco Amor, afirma que "poetizan unha experien­cia poética, vivida por Lorca fundamentalmente na súa relación de amizade con Ernesto [Guerra da Ca!]" 0995: 182}

7 Cito os poemas segundo a edición de María Victoria Atencia, pero confrontei os textos con facsímiles da primeira edición e cos autógra­fos e apógrafos reproducidos ambos no substancioso estudio de Pérez Rodríguez 0995: 22.3-62 e 263-78)

8 Unha opinión semellante rnantén Feal Deibe: "El agua, la lluvia, inse­parable de Santiago, no sólo trae sombras; es también algo vital, fe­cundo" 0995: 560-1).

9 Babín afirma que a chuvia, nesta cidade situada "más allá de los siglos", remite a "una mañana prima, germinal, del día inicial del génesis" 0974: 24); nega, sen embargo, a impronta verleniana dos versos finais do poe­ma e lninimiza o ton saudoso dos mesmos 0974: 25). Algo semellante recoñece Feal Deibe, para o que a mañá "se sitúa plausiblemente en la infancia (l11clllán antelga), en una época lejana" Como si a través de las brumas, a través de la noche, se abriese el alrna camino hacia un mun­do dulce, del que la muerte ha sido abolida" 0971: 561).

10 A chuvia é aciaga mensaxeira e compañeira inseparable dos fondos golpes da alma na poesía temperá de Vallejo. Vid. "Heces" ou "Lluvia"

113

Page 11: O falante lírico e o retorno á natureza nos Sei e a ga eg ... · o falante lírico e o retorno á natureza nos Seis poemas galegos de Federico García Loca Jorge Luis Castillo Malia

o ¡á/ante lírico e o retorno á /latu reza ]/OS Seis poemas galegos " Jorge Luis Castillo

114

ele Los heraldos /legras, A chuvia como avatar da melancolía é practica­mente un tópico ela poesía que Federico ele Onís chama "posmoder­nista". Moito menos coñeciela que a de Vallejo é a lírica do arxentino Pedro Miguel Obligado. Cito a estrofa final do seu poema "La lluvia no dice nada" porque o ton elestes versos remite á melancolía do "Madri­gal" lorquiano: "Sobre el muerto día, / llueve / una melodía / leve. / La ciudad se queda encantada / bajo una luz que se evapora.. / La lluvia no dice nada, / y llora ... " (Onís 1934: 678-9),

11 "Frente a la cerrazón ele la vida actual, Galicia surge como un paraíso perdido" (Feal Deibe 1971: 571).

12 A asociación elo vielro coa morte é común na poesía de Lorca, Nos mesmos Seis poemas galegos aparece tamén de maneira destacada na terceira estrofa de "Rornaxe de Nossa Señora da Barca",

Page 12: O falante lírico e o retorno á natureza nos Sei e a ga eg ... · o falante lírico e o retorno á natureza nos Seis poemas galegos de Federico García Loca Jorge Luis Castillo Malia

Referencias bibliográficas

Anderson, Andrew A. 1987 "Who Wrote Seis poe111as galegos and it What Language?", Essays in

.lVIemorJ! qf Federico Carcía Lorca. De. C. Brian Morris (Lanham: Uni­versity of America Press, 129-46).

1990 Lorca's Late PoetlJ!: A Critical Stuc{V (Liverpool: Francis Cairns).

Atencia, María Victoria 1982 "Los Seis poemas galegos de Federico García Larca", Ínsula 427

(XUI1o): 1 e 12.

Babín, María Teresa 1974 "La poesía gallega de Larca", Sin N0111bre 5.2: 21-42.

Blanco Amor, Eduardo 1959 "Los. poemas gallegos de Federico García Larca", Ínsula 14.152-3 (xu­

Ha-agosto): 9.

Feal Deibe, Carlos 1971 "Los Seis poemas galegos de Larca y sus fuentes rosalianas", Rornanis­

che Forschungen 83: 555-87. 1973 Eros y Lorca (Barcelona: Edhasa).

115

Page 13: O falante lírico e o retorno á natureza nos Sei e a ga eg ... · o falante lírico e o retorno á natureza nos Seis poemas galegos de Federico García Loca Jorge Luis Castillo Malia

o falante lírico e o retorno á natllreza nos Seis poemas galegos jO/p,e LlIis Castillo

Franco Grande, Xosé Luis

1985 "O galego de Larca-Guerra da Cal", Faro de Vigo (8-X1): lo

1974 Franco Grande, Xosé e Landeira Yrago, José Luís "Cronología gallega de Federico García Larca y datos sincrónicos", Grial 45: 280-307.

García Larca, Federico

1994 Obras completas. 3 vals. (México: Aguilar).

1986 Poemas galegos. Trad. María Victoria Atencia (Madrid: El Observatorio).

García Larca, Francisco

1981 Federico y su mundo (Madrid: Alianza).

García Posada, Miguel

1979 García Lorca (Madrid: Edaf).

Guerra da Cal, Ernesto

1985 "Federico García Larca (1898-1936)", Rosalía de Castro. Antología poé­tica. Cancionero rosaliano. (Viseu: Guimaraes Editores), 193-9.

Landeira Yrago, Xosé

1984 "O ene antro de Eduardo Blanco Amor con García Larca", Grial 83: 82-92.

1986 Garda Lorca y Galicia (Sada: Ediciós dos Castro).

1986 Viaje al sueiio del agua. El misterio de los poemas gallegos de García Lorca (Sada: Ediciós do Castro).

Martínez Barbeito, Carlos

1974 "García Larca, poeta gallego", Grial 43 [1945]: 90-8.

Onís, Federico de

1934 Antología de la poesía espaPiola e hispanoamericana (Madrid: Centro de Estudios Históricos).

Pérez Rodríguez, Luís

1995 O pórtico poético dos 'Seis poe117as galegos' (Consello da Cultura Galega).

Sánchez Reboredo, José

116

1986 "Sobre los seis poemas gallegos", Cuadernos Hispanoarnericanos 435-6 (setembro-outubro): 619-27.

Page 14: O falante lírico e o retorno á natureza nos Sei e a ga eg ... · o falante lírico e o retorno á natureza nos Seis poemas galegos de Federico García Loca Jorge Luis Castillo Malia

Jorge Luis C(;IStf1!O Ola/ante lírico e o retorno á natureza nos Seis poemas galegos ..

Schiller, Friedrich

1993 "On Naive and Sentimental Poetry", Essays. Trad. Daniel O. Dahls­trom. Eds. Walter Hinderer e Daniel O. Dahlstrom. 1795-1796 (Nova York: Continuum).

Vallejo, César

1988 Obra poética. Ed. Américo Ferrari (Madrid: Archivos).

Verlaine, Paul

1981 Poesía completa. 2 vols. (Barcelona: Río Nuevo).

117