o exÉrcito romano

14
José M. Otero. I.E.S. San Tomé de Freixeiro. Vigo | 1 1 O EXÉRCITO ROMANO, A FORZA DA UNIÓN Da milicia popular ó exército permanente e profesional ASEDIO Roma foi a cidade máis importante do universo, capaz de construír un ámbito cultural en torno ó Mediterráneo de tal solidez que aínda hoxe sobrevive. ¿En que se sustentaba este poder? ¿Cómo está condicionado pola loita do pobo romano pola supervivencia? Os romanos estaban convencidos de que os seus devanceiros estiveran dotados de extraordinarias calidades de tenacidade, de paciencia, de frugalidade, de capacidade para o traballo duro e dunha capacidade natural para non admitir xamais a derrota, ningún romano en ningunha circunstancia se daría por vencido, segundo nos ilustra o historiador Polibio.

Upload: jose-m-otero

Post on 29-Mar-2016

228 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

A evolución do exército romano desde Servio Tulio ó Principado

TRANSCRIPT

Page 1: O EXÉRCITO ROMANO

José M. Otero. I.E.S. San Tomé de Freixeiro. Vigo | 1

1

O EXÉRCITO ROMANO, A FORZA DA UNIÓN

Da milicia popular ó exército permanente e profesional

ASEDIO

Roma foi a cidade máis importante do universo, capaz de construír un ámbito cultural en torno ó Mediterráneo de tal solidez que aínda hoxe sobrevive.

¿En que se sustentaba este poder? ¿Cómo está condicionado pola loita do pobo romano pola supervivencia?

Os romanos estaban convencidos de que os seus devanceiros estiveran dotados de extraordinarias calidades de tenacidade, de paciencia, de frugalidade, de capacidade para o traballo duro e dunha capacidade natural para non admitir xamais a derrota, ningún romano en ningunha circunstancia se daría por vencido, segundo nos ilustra o historiador Polibio.

Page 2: O EXÉRCITO ROMANO

José M. Otero. I.E.S. San Tomé de Freixeiro. Vigo | 2

2

Estas calidades maniféstanse na organización do goberno e no exército. Dixemos cando falabamos do otium que o espírito de comunidade e a tendencia do individuo a se sacrificar pola República romana era nos cidadáns primitivos natural e espontánea.

VEXILLA OU ENSEÑAS OU BANDEIRAS 1

Cicerón consideraba que non era posible dar en ningunha parte cun pobo que posuíse en tan alto grao estas calidades, nas que Roma asenta a súa supremacía: unha verdadeira grandeza de alma, un carácter serio, calmo, estable, leal e digno de confianza, baseado na fides.

Contemplamos un cadro onde a grandes trazos se debuxa un pobo con gran capacidade se sufrimento, práctico e puritano, fondamente leal á familia, ó Estado e ós seus deuses (pietas). Este abano de valores constitúe a verdadeira forza da República, do que derivan outros valores ben estimados polos romanos: a virtus, bravura e coraxe no combate, a gravitas, conciencia das súas responsabilidades e disciplina nas emocións, simplicitas, disposición para prestar singular atención ás necesidades do momento.

Page 3: O EXÉRCITO ROMANO

José M. Otero. I.E.S. San Tomé de Freixeiro. Vigo | 3

3

O soldado romano de infantería (pedes) que formaba parte da lexión, a parte da armadura e as armas (puñal, espada pequena e unha o máis lanzas , curta e longa (Total: 20 kg.), cargaba cunha mochila onde se podía atopar, pan, unha machadiña, unha serra, estacas, , un cesto e racións para mes e medio (fundamentalmente trigo para facer papas e tamén vexetais) (Total: outros 20Kg.)

Os gregos foran os primeiros en inventar un sistema de combate no que os homes pelexasen xuntos nunha única formación (phalanx = falanxe), o que os romanos copiaron para un exército non permanente dos primeiros anos da República e perfeccionaron despois da derrota diante dos galos do 390 a. C., gañando grazas á organización en manípulos en solidez, mobilidade e flexibilidade.

Na súa estrutura primitiva o exército reflicte a organización do Estado romano en trinta tribos. Cada soldado contribuía con armas e equipamento propio, polo que tiña que dispoñer de facenda para costealas. O pobre polo tanto non podía combater.

ORGANIZACIÓN DA LEXIÓN DESPOIS DO S. IV a. C.

Roma dispón duns magníficos cidadáns capacitados polas súa calidade humana para dispoñer dun exército perfectamente organizado capaz de impoñer a súa supremacía en torno ó Mediterráneo.

Na antigüidade non hai armamento secreto. Só helmos (cascos), escudos, armaduras de coiro, espadas, puñais, arcos, saetas, pedras.

« Os romanos... habitualmente enrolan catro lexións ó ano, cada unha composta por catro mil soldados de a pé e douscentos a cabalo; e cando aparece algunha necesidade inesperada, incrementan o número de soldados de infantería ata cinco mil e de cabaleiros ata trescentos. Dos aliados, o número en cada lexión é o mesmo que a dos cidadáns, pero a cabalería é tres veces máis grande».

Polibio, Historias, 1:268–70

Page 4: O EXÉRCITO ROMANO

José M. Otero. I.E.S. San Tomé de Freixeiro. Vigo | 4

4

A organización lexionaria servía de molde á organización política do Estado:

• Unha lexión reunía entre 4 mil o cinco mil homes, ó mando dun cónsul ou pretor.

• Organizados en 30 manípulos.

• Cada manípulo (120 homes +/-) constaba de dúas centurias ( 60 homes +/- cada unha) ó mando de cadanseu centurión, pero o manipulo quedaba ó mando do centurión da centuria da dereita (centurio prior)

Un continxente de catro lexións , dúas por cónsul, constituían a forza, curta pero efectiva, do primeiros tempos da república romana.

O exército en combate (acies) aliñaba en filas separadas correspondendo a tres grupos de idades:

• Os máis novos na liña de fronte, hastati (1200 homes)

• Seguidos dos de idade media, principes,(1200 homes)

• Na terceira fila, os veteranos triarii tiñan un efectivo de homes menor (600 homes + velites de reforzo).

• Cada manípulo formaba un cadrado de 120 homes; entre os manípulos quedaba un espazo vacío, para ser cuberto por o manípulo da segunda liña dos principes, e os intervalos deixados por estes, cubertos polos manípulos dos triarii.

Page 5: O EXÉRCITO ROMANO

José M. Otero. I.E.S. San Tomé de Freixeiro. Vigo | 5

5

Fonte: ASASVE - España

Acompañaban á lexión una forza de 1200 homes armada de forma lixeira, chamados velites, que tiñan como función de exploradores cando o exército avanzaba, e de ser a avangarda no comezo do combate por diante dos hastati ou reforzar os manípulos.

Completaban a lexión característica 300 homes a cabalo, que serían os máis ricos, organizada en 10 turmae de 30 cabaleiros .

VELITES, HASTATI, PRINCIPES ,TRIARIOS, EQUES

REFORMAS E DESENVOLVEMENTO DA LEXIÓN

Os romanos tiraban dos seus fracasos militares brillantes conclusións para desenvolver e mellorar a organización militar, xa se vira despois da derrota contra os galos e verémolo despois de caer diante dos xermanos en Arausio (105 a. C.) ou da guerra de Yugurta (111-105) , páxina chea de vergoña para a corrupta nobreza romana.

Page 6: O EXÉRCITO ROMANO

José M. Otero. I.E.S. San Tomé de Freixeiro. Vigo | 6

6 Caio Mario, homo novus, é dicir, nin romano nin nobre, cónsul por parte dos populares, incrementou e substituíu o vello sistema de recrutamento obrigado dun exército mal pagado, por:

• Un corpo profesional remunerado con servizo voluntario, máis eficaz, acollendo no seu seo cidadáns con ou sen terras.

• Fai desaparecer a vella división en iuniores, seniores e veteranos (hastati, principes,

triarii), armando a todos os lexionarios da mesma maneira co uniforme cincento e prateado.

• Reagrupou os trinta manípulos da lexión en 10 cohortes de tres manípulos cada unha.

Con esta reorganización, aínda que non formaba parte do obxectivo inicial, no só reorganiza o exército senón a verdadeira estrutura social de Roma, xa que admite no exército a xente marxinada do proletariado. O exército quedaba formado por homes que tiñan na milicia a súa única profesión.

O exército nestas circunstancias convértese nunha forza social autónoma na que sobresae de maneira extraordinaria a figura do caudillo, que pode manipular a forza militar ó seu antollo e para o seu proveito.

Armamento lexionario

Ó final da República empezaron a crearse exércitos case-persoais ao mando dun xeneral de prestixio, como é o caso de Pompeio e César, de maneira que xunto ás lexións do estado desenvolvéronse lexións particulares

A importancia da cabalería era moi relativa nos primeiros tempos. O exército lexionario era o principal axente das vitorias romanas e o segredo do seu éxito residía na rapidez con que ese mesmo exército se sometía á organización e á disciplina.

Page 7: O EXÉRCITO ROMANO

José M. Otero. I.E.S. San Tomé de Freixeiro. Vigo | 7

7 En época imperial apenas se reformou a organización da lexión levada a cabo por Mario e os cambios que se produciron foron sobre todo por obra do primeiro emperador, Octavio Augusto. Un dos poucos cambios foi a organización da primeira cohorte xa non en 6 centurias, senón en 5. As tropas auxiliares de infantería indíxena convertéronse en cohortes auxiliariae, dividas en centurias e en número de 500 a 1.000 homes por lexión.

A cabalería dividirase en catro corpos: cohortes mixtae, cun cabaleiro por cada tres infantes, combatendo mesturados; cabalería lexionaria, desde 120 ata 300 xinetes por lexión; cabalería das ás, voluntarios alistados tanto cidadáns romanos como provinciais; corpos de xinetes indíxenas que non forman unha cabalería permanente.

Ao mesmo tempo, a multiplicación do número de lexións de xeito estable e fixa fixo que todas recibisen un número, un nome -moitas veces relacionado coa provincia na que estaban establecidos- e un sobrenome .

En números redondos o exército imperial romano contaba de xeito regular con 150.000 lexionarios cun servizo militar de 20 anos, polo que cada ano recrutábanse só 10.000 novos lexionarios; pola súa banda as tropas auxiliares tamén foron moi numerosas, pero servían no exército durante 25 anos.

Ao final do imperio, no século IV as lexións dividiranse en función do seu lugar de residencia en catro tipos: lexións palatinae, é dicir, as máis próximas ao emperador; lexións comitatenses, no interior; lexións pseudo-comitatenses, preto das fronteiras; e lexións riparense, é dicir, situadas nas fronteiras e confíns.

Page 8: O EXÉRCITO ROMANO

José M. Otero. I.E.S. San Tomé de Freixeiro. Vigo | 8

8 OS MANDOS

Os responsables máximos do exército son os dos cónsules elixidos cada ano. As operacións de menor importancia podían estar encomendadas a pretores, maxistrados que seguían en importancia ós cónsules

Cada centuria está ó mando dun centurión con gran capacidade de liderádego e moi disciplinado, que tiña o apoio dun optio (segundo oficial), un signifer, (portaestandarte) e un tesserarius (oficial de garda).

A xefatura militar da lexión recaía en seis tribunos militares; o mando ía rotando por parellas.

Despois da reforma de Mario a lexión seguía sen mando permanente; era frecuente que un delegado (legatus) do gobernador estivese ó mando. Os legati eran escollidos entre xente de moita confianza do gobernador e con gran experiencia militar. Seguían existindo os seis tribunos en cada lexión, con pouca experiencia militar xa que estaban comezando a súa carreira política.

A finais do período republicano a figura do centurión adquire unha gran relevancia, de feito César non regatea esforzos en recoñecerlles o seu verdadeiro valor dentro da lexión

EQUIPAMENTO DO LEXIONARIO

DEFENSA PERSONAL: CASCOS E COIRAZAS

• Casco romano (cassis, galea) non ten viseira. Na parte superior o casco do miles raso só ten un botón., algunha vez pode estar decorado cunha pluma corta, como se ve nos releves do arco de Constantino.

Page 9: O EXÉRCITO ROMANO

José M. Otero. I.E.S. San Tomé de Freixeiro. Vigo | 9

9

• Casco dos centurións (a, b) e dos oficiais máis altos estaba adornado con tres plumas ou unha crista de rabo de cabalo, que non se levaba durante a marcha, pero que durante o combate permitía distinguir os mandos.

A parte superior do corpo estaba protexida por unha coiraza de ferro, moldeada seguindo as liñas dos músculos. Posteriormente a Servio Tulio os soldados abandonaron a coiraza e só foi empregada polos mandos. Quizais no tempo de Camilo foi substituída pola lorica feita de tiras de metal, na época do imperio. Constaba de cinco a sete tiras de ferro unidas por tiras de coiro, ían da cintura ata ás axilas recubrindo o peito (pectorale). Outras tiras cubrían cada ombro (humeralia) e estaban suxeitas por tiras de coiro coas pectoralia.

Nun principio o helmo máis común é denominado montefortino, con protección de meixelas e unha especie de viseira trala caluga. Sexa como sexa a tipoloxía do casco trátase dun asunto moi discutido. A hora de facer un casco había unha idea dominante, o afán de defender a parte máis alta do corpo.

Os centurións distinguíanse dos soldados por levar unha crista transversal. Os portaestandarte cubrían os helmos con pel de animal.

Page 10: O EXÉRCITO ROMANO

José M. Otero. I.E.S. San Tomé de Freixeiro. Vigo | 10

10

Helmo de centurión 1

• Loriga de malla (lorica hamata): feita cunha tela metálica de aneis imbricados que cubría de ombreiros a ta as cadeiras . Sendo como era pesada, facilitaba o movemento grazas á súa flexibilidade.

Estaba reforzada nos ombreiros. Pero non todos os soldados podían levar esta armadura, e empregaban alternativas máis baratas, como placas pectorais de bronce ou ferro. Hai datos que permiten pensar que no século I a. c. xa a levaban todos os soldados.

• Loriga de escamas (lorica squamata): estaba feita con filas sucesivas de escamas individuais de unha aleación de cobre ou ferro. As escamas eran pequenas, unidas entre elas con arames, e cosidas a unha tea de forro. As escamas ó estar unhas montadas sobre outras aliviaban o golpe.

Page 11: O EXÉRCITO ROMANO

José M. Otero. I.E.S. San Tomé de Freixeiro. Vigo | 11

11

• Loriga de placas (lorica segmentata): os soldados que desfilan esculpidos pola columna de Traxano aparecen con esta armadura recoñecida universalmente como a típica do lexionario romano. Estaba formada por segmentos placas de ferro sobre bandas de coiro que se encargaban de articulala. A complicación de elementos secundarios necesarios para a articulación das placas, , bisagras, ganchos, fibelas, eran unha dificuldade engadida para o seu mantemento. E ademais como non era fácil de fabricar, empezou a caer en desuso no século III d. C.

• Escudo (Scutum):grazas ó historiador Polibio coñecemos un escudo para a infantería pesada de forma semicilíndrica de 120 cm. de longo por 76 cm. de ancho, construído con dúas. Na esculturas observamos escudos de forma

Page 12: O EXÉRCITO ROMANO

José M. Otero. I.E.S. San Tomé de Freixeiro. Vigo | 12

12 ovalada feito de tres capas de táboas disposta a capa do centro en ángulo recto con respecto ás outras dúas externas, e recubertas por coiro cosido á madeira. O extremos inferior e superior tiñan un reforzo de ferro.

ARMAS DE DEFENSA PERSOAL

• Pilum: os hastati e o principes estabn armados con dúas xavelinas bastantes pesadas. Coñéceselles con nome de pila. Un pilum era unha asta que medía 120 cm. de longo ó que se lle empataba nunha barra de ferro que remataba nunha pica piramidal. Tiña un gran poder de penetración e o seu alcance andaba polos 30 metros. A súa eficacia permitiulles formar durante cinco séculos parte do arsenal da lexión.

• Gladius: era a copia dun modelo hispano que os romanos descubriron durante as guerras púnicas cando se tiveron que ver cos iberos e que probablemente puxesen en práctica en algún momento do século III a. C. estaba deseñada para pinchar e cortar Era unha práctica habitual e motivo de orgullo para o miles romano copiar o armamento do inimigo.

Page 13: O EXÉRCITO ROMANO

José M. Otero. I.E.S. San Tomé de Freixeiro. Vigo | 13

13

• Pugio: a folla medía entre 25 e 35 cm. , era un arma de uso moi cómodo cando non conviña empregar a espada. A súa funda estaba sempre decorada.

ARTILLERÍA DE ASEDIO

• Onager ou asno salvaxe, pertencía ó que se coñecía como artillería de torsión, era unha máquina con gran poder de impacto e apuntaba ó obxectivo con bastante precisión. Chegou ata Idade Media convertido en catapulta.

Page 14: O EXÉRCITO ROMANO

José M. Otero. I.E.S. San Tomé de Freixeiro. Vigo | 14

14 • Ballista: Arma igualmente de torsión o que quere dicir que a súa forza deriva

da tensión duns rolos de cable encargados de lanzar o proxectil Podía lanzar artefactos incendiarios. É unha arma que ofrece tamaños diferentes

• Scorpio: son as ballistae máis pequenas