o cuarto rei

22
O CUARTO REI

Upload: erinmaiafeixoo

Post on 11-Jul-2015

338 views

Category:

Documents


5 download

TRANSCRIPT

Page 1: O Cuarto Rei

O CUARTO REI

Page 2: O Cuarto Rei

Adaptación do libro “El cuarto Rey” Editorial Everest

1º e 2º de primaria CEP Da Cruz

Page 3: O Cuarto Rei

Dunha vez eran tres Reis Magos que querían levarlle un agasallo ó neno Xesús, pero tamén había un cuarto Rei chamado Mazzel.

Page 4: O Cuarto Rei

.

Mazzel e o seu camelo, que se chamaba Chamberlín, como tódalas noites, buscaban no ceo a estrela de Belén.

Page 5: O Cuarto Rei

Unha noite Mazzel e o seu camelo Chamberlín atoparon a estrela de Belén. O neno Xesús xa nacera. Mazzel colleu o seu mapa das estrelas e a súa bola de cristal, subiu no seu camelo e camiñou guiado pola estrela.

Page 6: O Cuarto Rei

Os tres Reis Magos esperaban ó Rei Mazzel no deserto.

Page 7: O Cuarto Rei

De súpeto houbo unha tormenta de area e apareceu unha nena moi asustada e Mazzel colleuna no colo e salvouna.

Page 8: O Cuarto Rei

Mazzel chegou tarde a xunto dos Reis Magos, eles deixaran unha carta escrita que dicía: “Non podemos esperar máis”. Mazzel montou enriba de Chamberlín e púxose a galopar o máis rápido que puido para buscalos.

Page 9: O Cuarto Rei

Pero Mazzel atopou unha caravana de mercadores perdidos e axudoulles co seu mapa das estrelas.

Page 10: O Cuarto Rei

Tamén atoparon un desfiladeiro pero saltáronno voando. ¡Houbo maxia! ¿Pero quen a fixo?

Page 11: O Cuarto Rei

Despois Mazzel e Chamberlín continuaron a viaxe pero escoitaron un tintineo e atoparon unha planta que estaba seca e Mazzel regouna, e a planta agradecida deulle un froito.

Page 12: O Cuarto Rei

Mais adiante atoparon uns nenos traballando como

escravos nunha muralla moi grande para un rei moi malvado.

Page 13: O Cuarto Rei

Mazzel foi arrestado polos soldados do rei e quitáronlle a bola de cristal.

Page 14: O Cuarto Rei

Mazzel e Chamberlín quedaron a axudar ós nenos escravos a construir a muralla. Unha noite acharon un labirinto e o froito axudoulles coa súa luz a escapar.

Page 15: O Cuarto Rei

Mazzel fuxiu cos nenos e acharon uns pastores, eles avisáronlles de que os soldados do rey de Belén estaban matando ós nenos.

Page 16: O Cuarto Rei

Mazzel e Chamberlín deixaron os nenos escravos cos pastores e se foron a Belén. Polo camino atoparon os soldados e se agocharon nunha casa en ruinas e despois pasou por alí unha parella cun bebé e Mazzel axudoulles a agocharse con eles.

Page 17: O Cuarto Rei

Pero o bebé botouse a chorar e os soldados descubríronnos, entón Mazzel e Chamberlín, como eran moi valentes, saíron do agocho para que lles perseguiran e salvar á parella. De súpeto cando xa estaban moi cansos de correr sonou un trono e Chamberlín e Mazzel desmaiáronse e os soldados fuxiron.

Page 18: O Cuarto Rei

Cando chegaron a Belén xa non había ninguén. Todos marcharan. Mazzel estaba moi triste.

Page 19: O Cuarto Rei

De súpeto saiu unha voz do ceu, era Deus, e lle dixo a Mazzel:-Non te preocupes Mazzel, por ser tan bo eu sempre te axudei e agora estaréi sempre contigo.

Page 20: O Cuarto Rei

Mazzel deixou de ser rei, fíxose pastor e coidou moi feliz dos nenos e nenas da muralla.

Chamberlín convertiuse nun camelo ovelleiro.

Page 21: O Cuarto Rei
Page 22: O Cuarto Rei

Foto da representación