o corgo. amplo horizonte

57

Click here to load reader

Upload: concello-do-corgo

Post on 23-Mar-2016

294 views

Category:

Documents


33 download

DESCRIPTION

Autor: Xulio Xiz Fotografías: Carlos Rodriguez Arias

TRANSCRIPT

Page 1: O Corgo. Amplo Horizonte

O C O R G O , A M P LO H O R I Z O N T EX u l i o X i z

Page 2: O Corgo. Amplo Horizonte

COORDINACIÓN

Xulio Xiz

TEXTOS

Xulio Xiz

FOTOGRAFÍAS

Carlos Rodríguez Arias

DESEÑO E MAQUETACIÓN

ta ta ta comunicación e deseño

IMPRESIÓN

Grafic Lugo

DEPÓSITO LEGAL

......................EDITA

Concello do Corgo© da edición, Concello do Corgo © do texto, o seu autor© das fotografías, o seu autor

O C O R G O , A M P LO H O R I Z O N T EX u l i o X i z

Page 3: O Corgo. Amplo Horizonte

I N D I C E- Festa no río. Comezo- Un pequeno país- Descrición- Os Corgos- Os sonoros nomes do Corgo- Torres no escudo

O Pazo do Corgo- Nas terras do Corgo

O Miño comeza a ser faladorA palabra de Otero Pedrayo ten maxia

- Os CamiñosA vía romana XIXO Camiño a CompostelaOs camiños actuais

- O lento paso da historiaO condado dos FlammososOs últimos 1.300 anos

- As pegadas da historia

- As xentes do Corgo- O Corgo, hoxe

O goberno municipalO gando. As feirasAs festas

- Viaxar polo CorgoI – Cara ó NoroesteII – Polo SuroesteIII– Terceira viaxeIV– De Laxosa a FolgosaV – Rematamos viaxe

- Un lugar ideal para vivir- Agradecementos

689

101216172020212323242629313336

3952586061646470799499

106108

Page 4: O Corgo. Amplo Horizonte

Poñamos que esta historia comeza o trinta de xullode 2006, na área de recreo do río Chamoso, no Cor-go, onde na última semana de xullo fan festa a aso-ciación Legua Dereita e o Concello do Corgo.

É o día no que se celebra a terceira edición da“Festa no río”, na que se a festa en si é fermosa echama por milleiros de persoas do Corgo e o seucontorno, tamén o marco brilla en todo o seuesplendor.

Durante o día, na camposa e especialmente ás bei-ras do río, na coñecida como Praia de Abuín, fami-lias e grupos de amigos xuntáronse en xantares emerendas, porque a organización permitiu acam-par sempre que se respectase a natureza e o con-torno. E o Corgo mirouse de novo no río que o sepa-ra ou une coa capital da provincia, e demostrouseunha vez máis que o verán do Corgo ten por centro

unha área recreativa na que o lecer está garantido.

Pola noite, festa. Segundo o día foi esmorecendo,foron levantándose as merendas e achegándosexentes en son de festa. O recital do grupo A Quen-lla chamou á concorrencia, que se transformou endanzante ós sons da orquestra Marimba.

Foi excelente idea situar nas beiras do Chamosoesta praia fluvial, aproveitando que o paso daautovía deixou terreo dispoñible, ó que o Concellodo Corgo engadiu preto de seis mil metros cadra-dos adquiridos con este fin. O Concello, sintoni-zando cos desexos da mocidade do Corgo, proxec-tou esta magnífica instalación que non só valepara o lecer do verán, senón tamén para o gozoda natureza durante todo o ano. E non só para asxentes do Corgo, senón para os lucenses e paraos veciños dos concellos limítrofes.

A “Praia fluvial de Aboi” ten unha superficie de10.000 metros cadrados, unha zona de baño de2.000 e unha lonxitude de 400 m, á beira do RíoChamoso. Existe o proxecto de ampliación da praia,aceptado xa en “Terras do Miño”, para que o com-plexo conte cun restaurante e diversos servizos. Eun centro de interpretación do Río Chamoso dara-lle forza e impulso á vocación fluvial do Corgo.

Na primavera-verán, organízanse actividadespara os nenos. Aquí aprenden a nadar, disfrutande xogos populares e de diversas actividades,acompañados de monitores.

Partimos do 30 de xullo de 2006. Este día, os xornaisdedicaban ampla atención ó Corgo por un importan-te pleno municipal celebrado dous días antes.

Nese pleno aprobárase a licenza a Puertoseco,

S.L., para construír unha urbanización de 10 Haen Gomeán, entre as dúas rotondas da Autovía ea N.VI, preto dos polígonos industriais; declarou-se empresa singular Jamones González; delimi-táronse os núcleos de Arximil e O Noviño, naparroquia do Corgo; aprobouse a ordenanza fiscalpara o subministro de auga cun prezo de 0,19 ometro cúbico; adxudicouse o servizo de recollidade residuos sólidos urbanos e o de limpeza deespazos públicos como a Feira de Adai ou a praiafluvial, e aprobouse o presuposto municipal para2006, por 2.010.539 Û .

66 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e

P a s e o n a f e s t a X a n t a r p o p u l a r

X u l i o X i z 77

Festa no río. Comezo

E x p o s i c i ó n , n a F e s t a d o r í o

Page 5: O Corgo. Amplo Horizonte

Entremos no Corgo coa curiosidade que mereceunha terra descoñecida. Se isto é unha guía, quesexa unha guía especial dunha terra especial.

Que ó mellor non resulta ser “Guía”, senón soa-mente un caderno de notas, ou un cúmulo deimpresións.

O importante é que o que resulte será sincero.Visión apaixonada dun pequeno país que a prioripode parecer de personalidade esvaída polainfluencia de cidades ou concellos máis podero-sos. E resulta que ten unha forza, presenza e per-sonalidade propia, conseguida no decurso da his-toria, que engancha e convence.

O Corgo é, certamente, un amplo horizonte que con-templar ¡e conquistar!. Ou deixar que nos conquiste.

A primeira idea que eu tiven do Corgo foi a dunamplo horizonte, a dunha Terra Chá con altosmontes ó lonxe; como un próximo Sangri-La.

Non é estraño -dada a similitude- que en temposo Iryda considerase Terra Chá ás zonas do Corgoe Castroverde.

É un pequeno país, que merece ser coñecido. Senestablecer unha orde. O Corgo é para deixarse ir.

E do mesmo xeito que eu, coñecedor superficialdo Corgo, me adentrei neste concello dunha for-ma anárquica, suxiro esa mesma anarquía viaxei-ra para as visitas dos forasteiros ou dos mesmoshabitantes desta terra.

¡Viaxemos polo Corgo!

O Concello do Corgo, da comarca e diocese deLugo, limita con Lugo e Castroverde polo N., Cas-troverde, Baralla e Láncara polo Leste; Láncara ePáramo polo Sur, e Guntín e Lugo, polo Oeste.

Está situado no centro da provincia de Lugo. Ten38 parroquias e 194 núcleos de poboación. A súasuperficie é de 158 km cadrados e a poboación de4.224 habitantes, segundo o censo de 2002.

A súa capital está en O Corgo, a 456 m sobre onivel do mar, e a 15 km da capital da provincia. Atemperatura media é de 18º. A altitude media doterritorio do concello está entre 400 e 500 msobre o nivel do mar.

Sobre unha base de granito, gran parte do conce-llo presenta superficiais recheos que se produci-

ron no decurso do terciario e cuaternario. Os ríostiveron moito que ver co arrastre de materiais.

Este é o marco físico no que nos movemos. Peronon podemos conformarnos cunha fría descrición.

Xeneralizando, falo dunha terra chá, con ondula-cións que se acentúan nos seus extremos, peroque sempre foi espazo aberto, camiño desde amáis remota antigüidade.

A súa situación é excelente… O Corgo está ó lado deLugo, a 112 km de Santiago, 104 km da Coruña, 110de Ferrol, 94 de Ourense, 148 de Pontevedra e 172de Vigo. As vías de comunicación invitan a viaxar.

Pola súa vocación de camiño, O Corgo ten unha fon-da relación coa capital lucense. Por unha parte, nel

88 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e

P r a d o s C a s a P a r o l e i r o d e P a c i o s - C e l a

X u l i o X i z 99

Un pequeno país Descrición

Page 6: O Corgo. Amplo Horizonte

residen numerosas persoas que teñen en Lugo o seulugar de traballo. E, por outra, no Corgo está asegunda vivenda de moitos lucenses que aquí dis-frutan dunha casa rural ou chalé, sen estar empa-droados neste concello. A cifra de residentes, polotanto, ven ser moito maior en canto a receptores deservizos e habituais moradores no termo municipal.

Proba da vinculación do Corgo coa capital lucen-se é a disposición da Xunta de Galicia de asumir ocusto da rede de transporte metropolitano queinclúe Lugo, Castro de Rei, Castroverde, Friol,Guntín, Outeiro de Rei, Rábade e O Corgo. E mes-mo que O Corgo con Lugo, Outeiro de Rei, Castro-verde e Friol compoñan unha demarcación a efec-tos de TV local.

O concello utiliza o slogan “un lugar ideal paravivir”. Imos comprobalo.

Nome expresivo o de Corgo, para o que o nosoriquísimo idioma ten tan abondosos significados.Todos, relacionados coa auga.

Terra de charcos para Pascual Madoz, Corgo éunha canle por onde ocasionalmente baixa aauga, un rego de condución, un terreo encharca-do, un pequeno estanque de auga... tamén se cha-maba “corgo” a poza onde o liño se somerxía, ofurado na pedra que se enche de auga ó chover, arepresa para recoller as augas para regar, ou oque tamén en moitas zonas se chama “congos-tra”, o camiño de carro fondo que vai entre vala-dos. Corgo podería tamén ser unha corredoira. OCorgo será, en fin, camiño, pero sempre coa augade por medio. E acae moi ben este concepto:Camiño sempre, coas innumerables arterias eveas fluviais que regan o amplo territorio.

Hai moitos “Corgo”. Corgo chámanse variaspequenas poboacións galegas: en San Pedro deSoandres - Laracha (A Coruña), San Martiño deVilapoupre - Antas de Ulla (Lugo), Santo Antoniode Vilanuíde en Quiroga, san Mamede de Grou -Lobios (Ourense), San Paio de Brexo -Cambre (ACoruña), Santa María de Vigo - Cambre (A Coru-ña), Santa María de Dexo (Oleiros - A Coruña) eSanta María de Oza (A Coruña).

Madoz recolle, así mesmo, un Corgo en San Cris-tobal de Pezobre en Santiso (A Coruña), e apare-ce desagregado o de San Pedro de Soandres -Laracha en Corgo de Abaixo, Corgo de Arriba eCorgo do Medio.

Leva este nome a tamén chamada Punta de Esta-lláns, en Corrubedo -Ribeira (A Coruña), ó pé dalocalidade de Espiñeirido.

Hai un Regueiro do Corgo, que é afluente do Azú-mara. E tamén se chama O Corgo un alberguexuvenil de montaña da Xunta de Galicia que existeno concello ourensán de Muíños, a 65 km da capi-tal da provincia, na zona do parque natural doXurés, preto do encoro das Conchas, case nas lin-des con Portugal.

No veciño país, chámanse Corgo unha parroquiade Braga e un río e unha serra no distrito de VilaReal.

E como Os Corgos hai cadanseu lugar en SanVitoiro de Ribas de Miño (O Saviñao) e en SantaMaría de Suegos (O Vicedo), ámbolos dous na pro-vincia de Lugo.

Pero o Corgo de maior entidade política e social éo noso, o concello lucense do Corgo.

1100 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e

R í o e n L a x o s a Á r e a d e r e c r e o e n C e l a

X u l i o X i z 1111

Os Corgos

C a s a e n P e d r a f i t a

Page 7: O Corgo. Amplo Horizonte

O territorio do Corgo está dividido en 38 parro-quias. Os seus nomes son fermosos, contunden-tes, sonoros… Velaquí como se denominan.

Pronunciade estes nomes en silencio, saboreán-doos, e comprobade como soan no voso cerebro:ABRAGÁN (San Bartolomeu), ADAI (Santiago),ALTO, O (Santalla), ANSEÁN (Santa Catarina),ARXEMIL (San Pedro), BERGAZO (San Fiz),CABREIROS (Santa Mariña), CAMPELO (SanXulián), CAMPOSO (Santiago), CASTRILLÓN (SanSalvador), CELA (San Xoán), CERCEDA (SanPedro), CHAMOSO (San Bartolomeu), CHAMOSO(San Cristovo), CHAMOSO (Santo André), CORGO,O (San Xoán), ESCOUREDA (Santa María), FARNA-DEIROS (San Pedro), FARNADEIROS (Santo Este-vo), FOLGOSA (San Martiño), FOLGOSA (SantoEstevo), FONTEITA (Santiago), FRANQUEÁN (San-

ta María), GOMEÁN (Santiago), LAPÍO (SanMiguel), LAXOSA (Santiago), MACEDA (SanPedro), MANÁN (San Cosme), MANÁN (SantaMaría), MAREI (Santa María), PARADELA (SanFiz), PEDRAFITA (San Miguel), PIÑEIRO (SantaMaría), QUEIZÁN (Santa María), QUINTE (Santa-lla), SABAREI (Santa María Madanela), SEGOVIA(San Xoán) e VILACHÁ (San Xiao).

Pero hai moitos outros nomes. Digamos que estestrinta e oito son os principais. Para coñecer o res-to acudimos á relación que legalmente se chama“Nomenclátor”. Nel figuran as parroquias cosnomes de tódolos núcleos de poboación, coadenominación que teñen recoñecida.

Son 194 pequenos Corgo para formar o Corgogrande, terra amiga.

Quede aquí constancia do nome das parroquiascon cada un dos seus fillos nominais:

San Bartolomeu de Abragán: Abragán, Coedo,Lago e Laguiño.

Santiago de Adai: As Aceñas, Adai, As Campas e Outeiro.

Santalla do Alto: A Casanova, A Eirexe, Fonteboa,Golás, Santalla, Vigo e Vilar.

Santa Catarina de Anseán: Castro, Corral, Lamapulleira, Mourelle, Peizás, A Portela e A Torre.

San Pedro de Arxemil: Arxemil, Boelle, Neda e San Martiño.

San Fiz de Bergazo: Bergazo e Serín.

Santa Mariña de Cabreiros: Bocelo, Cabreiros, A Carreira, Santa Mariña e Vilagamelle.

San Xulián de Campelo: Campelo, Rioseco e Vilamarín.

Santiago de Camposo: Camposo e Laxes.

San Salvador de Castrillón: Castrillón, Fontoira,Lidor, O Mesón do Caldeiro e Pedradreita.

San Xoán de Cela: Cela, Pacios, Os Pedregás, A Ponte de Neira, A Rañoá e O Reconco.

San Pedro de Cerceda: Cardexo, Carpanzal, Cer-ceda e A Veiga.

San Bartolomeu de Chamoso: Demondín, Quintela e San Bartolomeu.

1122 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e

C a s o n a n o A l t o , p o r t a d a C a s a d e R o n e n L a x e s C a s a d e R o n , e s c u d o C a s a A n t ó n , M a n á n d e A r r i b a

X u l i o X i z 1133

Os sonoros nomes do Corgo

Page 8: O Corgo. Amplo Horizonte

San Cristovo de Chamoso: Abuín, Don Xulián,San Cristovo e O Souto.

Santo André de Chamoso: O Hospital, SantoAndré e Vilapene.

San Xoán do Corgo: O Alto de Gomeán, O Corgo,Guimarás, Sendín, Serín e O Teso.

Santa María de Escoureda: Abragán, O Campo,A Chousa, Escoureda e A Estrada.

San Pedro de Farnadeiros: Farnadeiros, O Fental, Folarón, Fompedriña, Outeiro, O Pacio,Pelamio, San Pedro, Sernandez, Trasfontao, A Vacariza, Vilar e Vilasuso.

Santo Estevo de Farnadeiros: O Camiño Branco,O Campo, Castro, O Reguengo e A Vila.

San Martiño de Folgosa: Coedo, Coto, Reboredo,Seoane e Vilacorbe.

Santo Estevo de Folgosa: O Carboeiro, O Monte de Silva, O Piñeiro, Santo Estevo e A Veiga de Anzuelos.

Santiago de Fonteita: Baldomiro, O Barrio, Calistro, A Costa de Pandos, Chavín, O Mesóndos Ramos, O Noviño, Rubial, San Lourenzo,Soutolubián, Trasmeilán, Vilaboa e Vilamarín.

Santa María de Franqueán: Cima de Vila, A Ermida, Escardel, Franqueán, O Monte de Silva,Oubime, O Outeiro e O Vilar.

Santiago de Gomeán: Alfonxe, O Castro, Escar-del, Gomeán, Matafaxín, O Pacio, O Torrón, O Val,Valverde e A Veiga de Anzuelos.

San Miguel de Lapío: O Barreal, Casisaldo,Lapío, A Peneda e Os Penedos.

Santiago de Laxosa: Airamonte, As Carochas,Donalbán, A Eirexa, A Estación, Laxosa, O Lousado e A Ponte do Bao.

San Pedro de Maceda: As Casetas, Maceda e Vilariño.

San Cosme de Manán (Manán de Abaixo):A Campa, Lamapulleira, Manán de San Cosme e O Rego.

Santa María Madanela de Manán (Manán de Arriba): Manán de Santa María.

Santa María de Marei: Barreiros, Coedo, Lence,O Loureiro, Marei, Mariño, O Outeiro, Samprizón,San Simón, O Souto e Vilanova.

San Fiz de Paradela: Chamoso, Paradela, O Placer, Pousada, San Fiz e Vilanova.

San Miguel de Pedrafita: Lamas e Pedrafita.

Santa María de Piñeiro: Piñeiro e Quitesende.

Santa María de Queizán: Arroxos, Caxín, A Granda, Os Muiños, Queizán de Abaixo, Queizán de Arriba e Ramos.

Santalla de Quinte: Arrabaldo, Coeses, Framil,Porto e Quinte.

Santa María Madanela de Sabarei: A Estrada,Sabarei de Abaixo e Sabarei de Arriba.

San Xoán de Segovia: San Xoán, Segovia e Vilaceleiro.

San Xiao de Vilachá: Vilachá.

1144 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e

C a s a s E s t a c i ó n d e L a x o s a

X u l i o X i z 1155

C r u c e A r x e m i l - D e m o n d í n

Page 9: O Corgo. Amplo Horizonte

P o n t e d e c e l aE s c u d o d o C o n c e l l o

O Nomenclator do Bispado de Lugo engadealgúns nomes ós anteriores: Demondín, San Bar-tolomeu e Quintela en Arxemil; Coedo, Lago eLaguiño en Escoureda; Castrillón, Fontoira,Lidor, O Mesón do Caldeiro e Pedradreita enGomeán, e Camposo e Laxes en San Miguel deLapío. Recollémolos como testemuña e para nonesquecer nomes que a historia fixo nacer.

O Diario Oficial de Galicia do 14 de agosto de 2000publicou o Decreto 208/2000, de 21 de xullo, poloque se aprobou o escudo heráldico do Concellodo Corgo.

Seguimos a descrición legal do escudo, no queos elementos sobranceiros “son as ondas azul eprata, que fan referencia ó topónimo do Conce-llo, unha banda brochante que lembra o paso davía romana que conducía a Lugo, e do propiocamiño real. Esta banda está cargada con catrotorres heráldicas, que lembran as numerosascasas - fortaleza e pazos que houbo e hai no ter-mo municipal.

O ondado é azul e branco, sendo vermella a ban-da de brochante, e amarelo as catro torres deouro. Sobre o escudo, coroa real pechada”.

Pedra e auga. Pedra feita torre histórica que coroaun panorama de auga nutricia dunha terra agari-mosa. Pedra e auga, historia e vida, que temosarredor de nós.

Só unha corrección se debe efectuar, xa quesegundo o DOG, a vía romana que pasaba poloCorgo é a IV, pero é un erro. Os entendidos corri-xen ó texto legal: É a vía XIX, que de AstúricaAugusta (Astorga) por Lucus Augusti (Lugo) ía ataBrácara Augusta (Braga).

O pazo do CorgoÉ o símbolo perfecto do Concello, a máis represen-tativa das casas señoriais das terras de Chamoso.

O Alcalde do Corgo emprendeu hai tempo xestiónspara instalar no Pazo do Corgo, tamén chamado

de Valcarce, a casa Consistorial e un museo etno-gráfico, pero as xestións son necesariamente len-tas pola multipropiedade da histórica casona.

Manuel Rodríguez, no seu libro “Viaxes con Fole”,descríbenos este pazo: “O edificio de dous corpos– o da dereita nótase que foi aumentado en épocarecente- ten unha balconada con tres arcos demedio punto. O patio interior, con lanterna, écadrado e cun corredor hexagonal. O frontis estáadornado con dous escudos, un central, coroado,e outro laboral, na ala dereita, máis pequeno.Cinco flores, un caldeiro, a Cruz de Malta, cincoestacas, cinco bustos, a cabeza dun pequeno…¡canta afección sentían os moradores dos pazospola perpetuidade das súas liñaxes. Abofé que oconseguiron. Pimenteles, Ulloas, Quirogas, Foles,Sarmientos, Sangros, Taboadas, Bustelos, Andra-

1166 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 1177

Torres no escudo

Page 10: O Corgo. Amplo Horizonte

des… están en débeda cos artistas-canteiros. Sepor eses non fora, quizais terían afondado noesquecemento do mesmo xeito que perderon odominio feudal”.

Suponse que foi construído entre 1500 e 1600, conreforma do 1800. É un exemplo do chamadoBarroquismo galaico.

Jesús Abuín Arias, na súa historia do Corgoasígnalle unhas medidas de 22,50 por 22,50, concapela pegada á fachada principal de 7,50 por 6,capela fundada polo cura D. Francisco ValcarceNeira, que o foi de Santa María de Seteventos,coa advocación do Ecce Homo. A capela desapa-receu en 1929, conservándose sómente naactualidade a pía bautismal.

O primeiro propietario foi don Pedro FernándezNeira, O Vello, que casou con Inés de Valcarce.

Sábese que en 1528 era o dono, suponse que dunedificio anterior a este, fronte a este lugar. Entreos seus posteriores propietarios, houbo mesmoun vicerrei das Filipinas.

Cando os franceses invadiron estas terras, o Señordo Pazo do Corgo combateunos con tal decisiónque logo foi nomeado “cabaleiro cuberto” xa quepodía permanecer así diante do Rei, e recibiu o títu-lo de Valcárcer, logo transformado en Valcárcel.

En 1884, o propietario do pazo, Laureano ValcárcelFole repartiuno entre os seus varios herdeiros.

Aquí estivo o cuartel da Garda Civil de 1863 a 1881,e a casa do Concello desde a constitución do con-sistorio ata 1948.

En 1953 construíuse unha reprodución deste edi-ficio na Casa de Campo de Madrid para represen-

tar á provincia na Feria Internacional del Campo.Jesús Abuín fixo unha maqueta a escala taménpara esta Feira en 1953, que non chegou a serexhibida en público.

Na actualidade son catro familias con 19 persoasas que habitan a gran casona do Corgo, querepresenta ó concello e a toda a provincia de Lugocomo imaxe de vivenda señorial de outrora. Só undos habitantes —Augusto Valcárcel— descendeda rama familiar.

O primitivo pazo, xa desaparecido, estaba á beirada NVI. Foi derrubado, e no seu lugar hai unserradoiro. Jesús Abuín fala desta edificación nasúa Historia do Corgo, mencionándoa como Casade Resch, sinalando que polo seu escudo dearmas “parece ser que este edificio foi o máisantigo entre a Casa Grande e a Casa Torre de Nei-

ra, e a orixe das mesmas, tocándolle na particióndos bens de Don Jacobo José Juan RaimundoValcarce y Neira y Osorio ó seu fillo don AndrésValcarce Pardo”.

1188 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e

P a z o d o C o r g o C e n t r o d a p o r t a d a d o P a z o d o C o r g o E s c u d o d o P a z o d o C o r g o

X u l i o X i z 1199

Page 11: O Corgo. Amplo Horizonte

ca o límite con Lugo e Castroverde. E pequenascorrentes de auga que se chaman Maceda, Amoa,Outeiro, Chamoselo, Carballido, Muiño, Couto,Pombo, Pontixo, Miranda, Uriz, Campa, Riobó….

Os ríos traen vida na súa auga. E traen saboro-sas troitas o Neira, o Tórdea, o Chamoso, oMiño… O Corgo é unha Mesopotamia galega, unpaís entre ríos.

O Corgo queda á esquerda do Miño. As augas bai-xan limpas cara ó gran río. Cara ó este, O Corgosube… Na zona norte, serra, cara ó sur zonasmáis redondeadas, máis suaves… A erosión fixoaquí un traballo perfecto. De oeste a leste, paula-tina subida. Os vales son anchos, suaves os des-niveis, abundante arborado… Estamos no Corgo,camiño e auga. E pedra feita fortaleza, pazo, caso-na e marco para vivir.

Os montes no Corgo son modestos… Os máis altosestán no leste. Van baixando desde o nor-nordestea sur-sueste. O máis alto é a Pena da Cruz, con783 metros. E logo, Pena Aguda (772), Uceira (734),Castro da Croa (651), Canteira de Vidueiro(624),Pena do Ladrón (502), Agra do Outeiro (451),Cabreiros(491) e Penas do Cañón (431).

A palabra de Otero Pedrayo ten maxiaTen maxia, coñecemento, forza e vida. A pluma deOtero Pedrayo, transcribindo a súa palabra, descri-biu as terras do Corgo na súa Historia de Galicia dunxeito maxistral. Era o mellor coñecedor de Galicia(como dicía Xaquín Lourenzo) por “vista de ollos”.Ben merece reflectirse aquí a súa visión desta terra.

U n i ó n d o s r í o s C h a m o s o e R o m e á n

X u l i o X i z 2211

O Miño comeza a ser faladorPola Terra Chá, dicía Manuel María, “o vello Miñosempre vai calado”. Por aquí, xa é un sonoro fala-dor. A razón ben pode ser a continua afluencia decorrentes de auga que o van facendo maior.

Escoitemos a Aquilino Iglesia Alvariño:

“De fonte en fonte, de monte en monte, de caivan-ca en caivanca,

Ai, Deus!, que leda a romaxe dos ríos novos!.…..

De Monte Cubeiro e os mazos de Ourizón, polo nacente,Veñen os ríos dos ferreiros, rescantes ó lonxe,Ledos de pumaregas e niños de galos bravosnas fragas.

…..

Despois os de Meda e o Cádavo, aló por CastroVerde, entre sombras de nogueiras e altos fieitosrameados, por Romeán e Gomeán e Láncara eBaralla.…..

Sobre a súa barca de vidro,Qué ledo velo a chegarÓ Miño, Pastor de ríos.”

Hai moitos máis ríos no Corgo, pero o Miño é o Rei,aseñorando o territorio de norte a sur. E a el veñen,atraídos irremisiblemente, tódolos demais. Ven orío Chamoso, o que da nome a esta terra. O Tor-dea, que morre no Neira, e este – separando asterras do Corgo das do Páramo- no Miño… oMazandán que ven ó Tordea… O Romeán, que mar-

2200 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e

P e d r a s n o r í o . A F e r v e n z a

Nas terrasdo Corgo

Page 12: O Corgo. Amplo Horizonte

“As terras de Chamoso e Corgo, Neira dos Caba-leiros – e outras Neiras – e a Pobra de San Xiaofiguran cinguidas e obedentes á lei do Miño, e sonobedentes a outro ritmo da paisaxe”.

“As terras de Chamoso andan chegando ós 500metros. Sinálanse outuras – como o monte doForno da vella, das Vidueiras, de 620 m, porQueizán e Goi. Son parroquias de Santa Maríade Bóveda, Báscoas, Adai, San Bartolomeu deChamoso. En Arxemil a xuntanza de variosregos – o de Romeán, o do Outeiro, co máis lon-go de San Paio que desce de Castroverde porQueizán e Adái – forma o río de Chamoso que,pola ponte do Bao, a Areosa e Laxosa, vai ó Miñoen Paradela, na raís do monte dos Castros. Sonas ditas terras ordeadas no hourizonte nidia-mente lugués.

Máis ó sul, o Neira, por Láncara e a Poboa deSan Xiao, dinantes de se xuntar co Miño, atrai asaugas das terras de Franqueán, Castrillón, Gán-dara vella, polos ríos Tordea e Mazandán, polaesquerda as axuntadas no río Sarria. Istecorresponde a unha rexión xeográfica – namadureza das formas non é preciso afastar dosenso natural o senso histórico – ben coñecida,por leis de forma e ritmos pertencentes á fami-lia de terras cheamente individualizadas comoChantada, como Lemos, do Miño lugués. Polachaúra, a ordeación dos lugares, a valencia epoder dos camiños reitores, as parroquias cru-zadas polo Tordea e o Mazandán entran de cheona rexión de Chamoso, na paisaxe lucense.

Uriz, Franqueán, Castrillon, Marei, son nomesrelacionados co Tordea. Os releves son peque-

nos. Sinálanse sen chegar ós 550 m o Castro deUriz, o monte Groba, o Alboiro, en Franqueán, eas gandras estesas de Marei. O río Mazandán,de suco menos orgaizado, por Bergazo e Corgo,chámase tamén de Maceda. No termo de Escou-redo xúntase co Tordea e a pouco, a cousa dunkm, entran no Neira moi preto da súa xuntanzaco Sarria en paisaxe de maduros cotos, moi bendeterminados, craro, verdecente, de augasnovas, polo Neira, de longo curso e trunfos, che-ga con aire mozo ó Miño tamén mozo…

Desde Sobrado, a estrada desde o río Turdia ata oChamoso, cruza as comarcas verdes e onduladasdo antigo condado Flammoso, nome conservadonas aldeas de San Cristóbal, San Andrés, SanBreixo de Chamoso. Corgo como Chamoso é paísde antigos pazos”.

A vía romana XIXEsta terra foi sempre Camiño. Hoxe falamos deautovías, como hai dous mil anos de vías princi-pais para os romanos e para esta terra.

Polo Corgo pasaba a vía militar romana númeroXIX, que viña por terras dos Zoelas (Becerreá), dosSeurros (Baralla), e por Castroverde chegaba óCorgo. Aquí afectaba de xeito especial a Fran-queán e Arxemil, cruzaba os ríos Tordea e Cha-moso, e por Arxemil pasaba cara a Lugo.

Acreditan o paso desta principal vía romana osmiliarios descubertos en Franqueán, ó lado daigrexa, en Arxemil, á entrada da parroquia e dian-te da capela de Castrillón, e en Pontes de Gatín,en Becerreá.

2222 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e

C a s a G r a n d e d e C e r c e d a

X u l i o X i z 2233

P e s c a d o r e n C e l a

Os camiños

Page 13: O Corgo. Amplo Horizonte

Os miliarios colocábanse cada milla romana(1.480 metros), e indicaban a distancia, perotamén servían como marca do paso da civilizacióne de integración no Imperio.

A vía vai ser rescatada, sinalizada e difundida deacordo co proxecto “Vías Atlánticas”, que en Lugopromove o Inludes. Se ben moito do trazado estáen propiedades particulares, consérvase parte dacaixa orixinaria e pode resultar un magnífico res-to arqueolóxico que conservar e difundir.

En Tui e Valença do Miño están a traballar taménna recuperación e revalorización desta vía roma-na, dentro do proxecto global de Braga a Lugo,para o seu aproveitamento cultural, turístico ehistórico. É unha iniciativa do Padroado de Turis-mo Rías Baixas, dentro do proxecto Interreg IIIA,

co apoio da Deputación Provincial de Pontevedra,Universidade de Santiago e varias Cámaras doNorte de Portugal, cun investimento de 1,56millóns de euros.

Entre Astúrica Augusta (Astorga) e BrácaraAugusta (Braga), como punto central da vía XIX,Lucus Augusti (Lugo). E mesmo á beira, as terrasdo Corgo. No medio da historia.

O Camiño a CompostelaPolo Corgo pasa unha variante do Camiño Fran-cés, entre Padornelo e Lugo, que percorre 12 kmpor terras do Concello, pasando por Ponte doLago, Marei, Hospital, Manán, Anseán, Ponte deTorre e o Mazo de Santa Comba.

Xaime Félix López Arias, escritor e avogado, Cro-nista oficial de Sarria, ten estudado esta variantedo camiño que cruza as terras do Corgo.

Seguimos o estudo do escritor, que sinala que ocamiño “entra no concello do Corgo pasado omonte de Casanova (380 m), en Marei, e inmedia-tamente chega á ribeira do río Tórdea, que é atra-vesado por unha pequena pero airosa ponte coñe-cida como Ponte do Lago, reflectida no mapa deFontán, e que merecería ser obxecto de máis coi-dada atención.

O Camiño, logo de ter atravesado o Tórdea seguíapolos lugares de Laguiño, Lago e Coedo en direc-ción a Santa María de Marei. Atravesaba o Regodas Pedras e por Barreiros, Souto e Marei, pasa-do o Rego dos Fondós, continuaba cara á Lence.

Desde este lugar e pasado o río Mazandán, polaPonte da Torre (tamén incluída no mapa de Fon-tán) chegaba á aldea do mesmo nome.

A parroquia de Marei formou parte da Xurisdiciónda Pobra de Adai (Marquesado de Sarria) ata oséculo XIX. Centro dun destacado culto mariano,a igrexa de Marei foi pasto das chamas nos anosconvulsos da preguerra civil. Tamén aquí se docu-menta a existencia dun mesón.

Cando se facían tránsitos militares, Marei era unhadas estación de subministro, tendo as xurisdiciónsinmediatas que contribuír ó seu sostemento.

A altitude media desta zona acada os 390 metros, xaque o camiño discorre pola ampla “Chaira do Corgo”que se prolonga ata as proximidades do río Chamoso.

2244 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e

C a s a d o f e r r e i r o e n A n s e á n P o n t e d o L a g o

X u l i o X i z 2255

Page 14: O Corgo. Amplo Horizonte

que a afluencia de vehículos provocaba.

A N-VI, Madrid - A Coruña, na actualidade venser unha tranquila vía a disposición do Corgo.Esta estrada era a herdeira da radial número VI,e esta á súa vez do Camiño Real de Acceso aGalicia promovido polo rei Carlos III, que seinaugurou en 1773, despois de quince anos deobras. Dirixiu a obra Carlos Lemaur, que descu-briu a antiga vía militar romana, seguiuna ecomprobou que era o mellor trazado posiblepara achegar Galicia ó resto de España.

A estrada Lugo - Ourense por Monforte, que aquíhai que considerar Nadela - Sarria, ten para OCorgo unha importancia vital, e a súa transforma-ción en vía de alta velocidade ou autovía, unhanecesidade imperiosa en vías de solucionarse.

A Deputación Provincial de Lugo, cando construíuunha vía de circunvalación á capital lucense a algomáis dunha ducia de km de distancia, fixo un ser-vizo inapreciable ós concellos do contorno. Entreeles, ó do Corgo. Esa vía vencella ó concello cosinmediatos de Castroverde e Guntín, dun xeitotransversal en tanto que o resto das vías princi-pais o fai de forma lonxitudinal.

Cómpre sinalar tamén a estrada que desdeSobrado vai ata Souto de Torres en Castroverde,que proporciona unha excelente comunicación ásterras de Folgosa.

E un sen fin de estradas rurais, como veas dun orga-nismo, que dan vida, levan vida, a tódolos recantosdo concello. Ningunha parroquia, ningunha aldea oupunto habitado está sen acceso asfaltado.

E s t a d a c o n s t r u í d a p o l a D e p u t a c i ó n P r o v i n c i a lA - 6 V a r i a n t e d e B o c e l o . D e s v í o d a v í a f é r r e a

X u l i o X i z 2277

Na parroquia de Santo André de Chamoso, ató-pase a localidade de Hospital, que alude sendúbida a unha institución hospitalaria para aten-ción dos peregrinos.

A presenza da Orde Hospitalaria de San Xoán, moipreto, en Manán, é un argumento máis a favor dacualificación xacobea desta ruta.

Nos mapas do século XVIII reflíctese a existenciadun mesón no lugar de Hospital de Chamoso.

A parroquia ocupa terreo plano e areoso, non moi fértil.

Despois de Hospital, o camiño atravesa o Reguei-ro do Hospital e entra na parroquia de Santa MaríaMadalena de Manán.

Pasa o camiño polo Monte do Ladrón e o Reguei-

ro de Placer, descendendo polo lugar de O Lou-sado (425 m), por rápida pendente, en dirección órío Chamoso (380 m), que discorre moi encaixa-do, e desde onde ascende en dirección a SanPedro de Santa Comba, xa no concello de Lugo.

Os Camiños actuaisCamiño romano, Camiño francés… O principal“camiño” actual do Corgo é a Autovía A-6, Madrid- A Coruña. O trazado da Autovía foi unha revolu-ción para o Concello, especialmente tendo enconta a saída construída en Goméan. Esta novavía, ademais de axilizar extraordinariamente ascomunicacións e liberar á antiga Nacional VI damaior parte do tráfico, significou a práctica des-aparición dos innumerables accidentes de tráfico

2266 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e

C r u c e i r o d e S a n t o A n d r é d e C h a m o s o

Page 15: O Corgo. Amplo Horizonte

Entre a Lugo - Sarria e a de Páramo, Paradela, osdous Farnadeiros, Sabarei, Cela, Lapío e Camposo.

E desde a estrada do Páramo cara ó Páramo eGuntín, Cerceda e Quinte.

Sigamos preparándonos, sabendo máis, paracamiñar polas terras do Corgo.

Visto desde o momento actual, resulta un pou-co complicado, porque un habitante do Corgopodía ser súbdito da xurisdición de Adai (unhavila e 27 freguesías) ou de Manán de Arriba.Adai tiña casa de Audiencia e cárcere, con milvasalos, escribán e meiriño. Aínda non habíaconciencia de Corgo. Non lle chegara a súahora. A vasalaxe do Corgo incluía 104 reais devellón, 9 reais e 17 marabedís, e por servizos42 reais e 2 marabedís.

A Pobra de Adai era unha das cinco Pobras – Adai,Santo Estevo da Pobra, San Xulián da Pobra, APobra de Triacastela e a Pobra de Sarria- que for-maban parte do Marquesado de Sarria. O Meiriñoda Pobra de Adai estaba suxeito ao Xustiza Maiorou Correxedor de Sarria.

C a s o n a e n A d a i

X u l i o X i z 2299

En tempos moi importante e hoxe desvalorizadapolo esmorecemento das comunicacións por tren,era a liña de Ferrocarril Palencia - A Coruña, quetiña en Laxosa un especial punto de referencia.

A estación de Laxosa chegou a ser a terceira enexportación –despois de Lugo e de Monforte- e asétima en importación entre as dezaseis estable-cidas na provincia de Lugo. Sábese que no ano1912, por esta estación chegaron a exportarse 565cabezas de gando vacún.

Laxosa agarda unha futura potenciación destesistema de transporte que aínda que nunca volvaós tempos idos, permita que desde e cara ó Cor-go volva fluír a vida entre dous raís.

Como consecuencia do trazado do tren polasterras do Corgo chegou a haber un total de trece

pasos a nivel, que pouco a pouco van sendo elimi-nados. O máis conflitivo, o de Ruxidoiro en Anse-án, chegou ó Congreso na voz do deputado porLugo Joaquín Mª García Díez.

Os camiños actuais son os que nos permiten facerunha subdivisión do Concello, para mellor ache-gármonos a tódolos seus pobos.

Desde a NVI e a Autovía cara a Castroverde, estánVilachá, Segovia, Arxemil, San Bartolomeu deChamoso, Pedrafita, Bergazo, Campelo, Castri-llón, Franqueán, as dúas Folgosa, Fonteita, Quei-zán de Arriba e Abaixo, Adai e Piñeiro.

Entre a N-VI e a estrada a Sarria, Laxosa, O Cor-go, Gomeán, Cabreiros, Santo André de Chamo-so, os dous Manán, Anseán, Alto, Marei, Abragán,Maceda e Escoureda.

2288 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e

E s t a c i ó n d e L a x o s a

O lento paso da historia

Page 16: O Corgo. Amplo Horizonte

En Adai, interviña especialmente o Conde deLemos, pero tamén o Cabido de Lugo, Encomen-da de Portomarín, Mosteiro de Meira, O Marquésde Castelar e os Neira e Pallín.

Do Señorío do Conde de Lemos na xurisdición deAdai eran as freguesías de Anseán, Arcos, Ber-gazo, Cabreiros, Campelo, Castrillón, Cellán,Chamoso (San Bertomeu e San Cristovo), Corgo,Espasande, Farnadeiros (Santo Estevo), Folgosa(Santo Estevo e San Martiño), Franqueán, Laxo-sa, Marei, Miranda, Paderne, Piñeiro, Queizán,Quinta e Sabarei.

Do Conde de Lemos e o Cabido de Lugo, SanPedro de Farnadeiros.

Do Conde de Lemos e a Encomenda de San Xoánde Portomarín, Manán de Abaixo.

Do Conde de Lemos e do Mosteiro bernardo deMeira, Moreira, antigo mosteiro feminino deBernardas.

Do Conde e os sucesores do Marqués de Caste-lar, que fora Ministro de Felipe V e Capitán Xeralde Galicia, San Andrés de Chamoso.

Dos Lemos, Souto de Torre. E dos Neira e Pallín,Soutomerille. Sinala Vázquez Seijas que a casa-torre de Souto Merille xa se menciona nun docu-mento de 1222, sendo un antigo lugar do coutodo seu nome, de rancia soleira no condado deChamoso.

Pola súa parte, Abragán, Camposo, Cela, Cerce-da, Escoureda, Lapío, Maceda e Santalla perten-cían á xurisdición de San Xulián da Pobra.

En Manán de Arriba tiña o señorío a Encomendade San Xoán de Portomarín, coa participación doConvento das Dominicas de Lugo, de Santa MaríaA Nova. En 1835 suprímese esta dependencia eeste convento coa Desamortización.

Na historia imos vendo aparecer O Corgo e assúas terras polos máis diversos motivos, moitasveces por relación directa co que acontecía nacapital. Pero houbo tempos que brillou con luzpropia, con lume de flama a xeito de Condado.

O Condado dos FlammososHoubo unha vez un condado… Hoxe, chamaríase“Chamoso”. Entón, Flammosos. A súa superficieera duns 2.000 km cadrados.

O Condado, ademais do Corgo, comprendía parte

dos actuais concellos de Castroverde, Baleira,Baralla, Becerreá, Láncara, Páramo e Lugo.

O Condado era unha circunscrición rexida por unconde, no nome do soberano, que desapareceucomo unidade territorial na Baixa Idade Media.

Marco Aurelio fixo dos “comes” un título, que logoConstantino resucitou como unha categoría fun-cionarial “comites”.

Fala do Condado o P. Ferrando, referíndoo a unconcilio celebrado en Lugo no ano 569: “El viejocondado de los Flammosos, que corresponde alChamoso actual, se estendía por el sur desde laconfluencia del Neira en el Miño hasta la delLlebrón en el mismo; seguía despues la margenizquierda del citado Miño; al norte estaba limi-tado por el monte Cubeiro, y al E. llegaba hasta

3300 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e

C a s a V i c e n t e , e n S a n t o A n d r é d e C h a m o s o

X u l i o X i z 3311

C a s a C a r d e x o e n C e r c e d a

Page 17: O Corgo. Amplo Horizonte

I g r e x a d e C e l a

Penarrubia. En sus términos se incluían lasparroquias o lugares que hoy llevan los nombresde Manán de Arriba y de Abajo, Cabreiros, Aday,Vilariño, Castroverde, y otras poblaciones demayor importancia”.

Os concilios de Braga asignaran ó Bispo de Lugoo “Comitatus Flamosi”, un dos once nos que esti-vo estruturada a diocese na alta idade media, noperíodo suevo, e recibía o seu nome do río Flamo-sos, actual Chamoso, que discorre por terras doconcello do Corgo.

Este Condado pertencía á Coroa, e consta nunRecoñecemento a favor dos bispos de Lugo(1078), dos condados que lles arrebataran os con-des Vela e Rodrigo Ovéquiz.

Os límites do Condado comezaban na desem-

bocadura do río Neira no Miño, para logo pasarpor Monte Pando (Muro), Penamaior (Bece-rreá), Montecubeiro (Castroverde), Monte Cirio(Pol), Monte de Labio (Lugo), Pena Curva (Vilar-vente de Labio - Lugo), Petruzco de Vascones(Bascuas-Lugo), Monte Ramil, Fontao Fermo-so, Tinulezo, Recimil, Mámoa de Monte Paroni(San Mamede dos Anxos), e río Delebrón ouElebrón, regato existente entre Nadela e Con-turiz, e Río Miño.

A maior parte do primitivo Condado de Chamosoacabou sendo propiedade dos Condes de Lemose de Sarria, e a Xurisdición de Adai, incluída noMarquesado de Sarria, mantívose ata a implanta-ción do réxime municipal.

Os últimos 1.300 anosIndependentemente de quen gobernase ou comogobernase, aires de guerra soaron moitas vecesnestas terras.

O ano 714, o territorio lucense é invadido polosárabes. Lugo e O Corgo son árabes. Só seríandezaseis anos, moi pouco para unha terra, moitopara cambiar costumes e xeitos de vida.

Os árabes vanse no ano 730 deixando Lugo en ruí-nas. Afonso I toma posesión da cidade, e comezaa reconstrución.

O Bispo Odoario encabeza a repoboación dasterras recuperadas e reconstrúe coa súa familiaas igrexas de San Román, xunto ó río Delebrón;San Pedro de Farnadeiros, Santalla de Quinte, SanEsteban, San Eulalia de Cerceda (hoxe, San

Pedro). Coa súa familia e herdades, restaura SanJulián del Monumento, “nas ribeiras do Tordea”,Santa Eulalia do Alto, e nas de Chamoso, SantaComba, San Mamede e San Cristovo. Hai noticiasde Quinte e San Pedro de Farnadeiros de 747. No959, aparece Lapío.

Chegan os Normandos polo mar. No ano 968entraron en Lugo. Cando se foron, destruíron equeimaron arrasando todo ata O Cebreiro. Denovo, tocaba volver a empezar.

Moitas mencións ó Corgo sono en relación coassúas igrexas. No 969, Goméan; no 998, Campelo;no 1027, Fonteita; no 1042, San Xiao de Vilacha...No Tumbo de Samos aparecen como patrimoniodo mosteiro Chamoso, Folgosa, Farnadeiros,Lapío, Maceda e Escoureda.

3322 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 3333

G a n d o v a c u n o

Page 18: O Corgo. Amplo Horizonte

No 1118, aparece o nome de Paradela; no 1133,Abragán, Cabreiros, San Estevo de Farnadeiros,San Martiño, Folgosa e Franqueán. No 1170, Laxo-sa. No 1250, Pedrafita e Piñeiro; no 1283, Marei. Eno 1314, Cela e San Cristovo de Chamoso.

Nos últimos séculos, abundan as noticias do Corgo.

En 1753 era Merino e Xustiza ordinario do Corgo DonJuan Valcarce Neira e Osorio. Tiña daquela a locali-dade do Corgo 21 casas con 22 veciños, e 93 persoas.

O Río Neira foi testemuña de loitas valentes doshabitantes desta terra contra o invasor francés ócomezo do século XIX. A historia fala dos guerrei-ros da montaña, e menciona Baralla, Cruzul, Don-cos, Pedrafita... pero non das xentes do Corgo,cando seguro tiveron que participar.

A rebelión dos galegos contra os invasores france-ses está contada en “Los guerrilleros gallegos de1809”, por Manuel Pardo de Andrade (Pardo deXas). Fálase dos “heroicos hechos ejecutados porlos montañeses de Lugo (en el espacio que ocupala carretera general desde el castro de Terreiros deNeyra hasta Castro de Piedrafita del Cebrero, noobstante de haber sido los primeiros que hicieronfrente al enemigo y coadyuvaron en gran parte aexpelerle de este reyno”.

En 1812 apróbase a Constitución española, que dis-pón a formación dos Concellos. Como consecuen-cia da reforma, suprimiuse a “Puebla de Adai”,cesando o rexime anterior e creándose o Concellodo Corgo, que empezou a funcionar en 1840.

Na terceira década do século XIX sufriu O Corgo unhadobre desgraza. No aspecto sanitario, unha epide-mia de cólera morbo, que causou unha grande mor-talidade. No aspecto social, as partidas carlistas.

En 1835, as partidas carlistas fixeron innumerablescorrerías, das que a máis notable e sanguenta tivolugar o vintesete de febreiro de 1839 na casa da Pou-sada. Eran restos dunha partida que en Lugo inten-taran atacar as murallas sendo doadamente rexeita-dos. Frustrada a súa entrada en Lugo, quixeronfacerllo pagar ós de Pousada. Eran só catro ou cinconúmeros, que con toda tranquilidade deixaron osseus cabalos na carballeira da casa, rexistraron esta,e despois de matar a tres persoas puxéronlle lume.

Pouco lles durou a satisfacción da fácil vitoria, eacabaron coas cabezas cravadas nunha pica comoescarmento para as demais partidas.

En 1844 creáse a Garda Civil. No Corgo, o cuarteltiña cinco gardas e un cabo, e instalouse en 1863na Casa Grande, no pazo de don Laureano Valcar-ce. Alí permaneceu ata 1881, cando foi levado óAlto de Gomeán.

En 1845, Domingo Fontán toma a recta do Corgocomo base para a triangulación xeométrica e xeo-désica do seu mapa de Galicia. Neste mesmo anopublica Madoz o seu Dicionario, no que aparecen asterras do Corgo con 1.200 casas, 1.160 veciños e untotal de 5.802 almas. Menciona que o clima é fríopero bastante san, e que a localidade está situada“nunha planura sobre a estrada xeral de Castela aA Coruña, con boa ventilación e clima frío pero san”.

Por el sabemos que a mediados do século XIX oConcello residía no Corgo pero carecía de casa pro-pia, que as producións desta zona se centraban encenteo, trigo, millo, patacas, fabas e toda clase delegumes, liño, cebada, nabos e hortalizas de todasclases, con frondosos prados de pasto. Criábasegando vacún, porcino, cabalar, mular e lanar. Cazá-banse lebres, perdices e outras aves do monte.

3344 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 3355

C a s a d o C o n c e l l o

Page 19: O Corgo. Amplo Horizonte

3366 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 3377

En 1870 créase o xulgado municipal.

O 1 de setembro de 1873, O Corgo entrou na súamaioría de idade como núcleo de comunicacións,xa que se abría a vía férrea entre Lugo e Madrid.Dous anos despois, o día de San Froilán de 1875,ábrese o tramo A Coruña - Lugo.

No ano 1875, colocouse o sinal xeodésico NP 124no chanzo da capela do Pazo do Corgo.

En 1919-1920, Manuel Amor Meilán informa de que oPresuposto municipal do Concello do Corgo era de34.664,94 pts., e que neste territorio existían dezaseismuiños fariñeiros, así como talleres de pirotecnia enChamoso, e de elaboración de cera en Escoureda.

En 1948 inaugúrase a nova Casa Consistorial. OConcello conseguía, como dicía Madoz, “casa pro-pia”. Todo estaba, por fin, no seu lugar.

Se no Corgo ollamos arredor, vemos inmediatas econtinuas pegadas do pasado, que nos contancomo vivían os devanceiros, como se organizaban.E os castros son as testemuñas máis antigas eduradeiras, acreditando o pegados á terra quevivían aqueles vellos antecesores, que desapare-ceron absorbidas pola forza da civilización roma-na asimilada a cambio de perder a independencia.

Que fermosura e que monumentalidade a do Cas-tro de Eirexe na parroquia do Alto, o de Castrillón,o da Croa en Chamoso, o poboado de Castro enFarnadeiros, Tras da Zarra, Ramil e Navás enLaxosa, Manán, Queizán de Abaixo…

E se os castros nos falan de vida, as medorras doCorgo fálannos de cultos funerarios multisecula-res, o mesmo que os sartegos antropoides queforon atopados en Santa Mariña, na parroquia de

S a r t e g o e n S e g o v i a

Cabreiros, en Pedrafita, no primitivo empraza-mento da igrexa, ou en San Cristovo de Chamoso.

Crónicas xornalísticas acreditan que AndrésFernández, párroco de San Cristovo, San Fiz deBerganzo e O Corgo atopou, nos anos setenta,unha decena de sartegos preto da casa reitoralcontigua á igrexa. Entendía o descubridor queos sarcófagos eran anteriores ó século IX, xaque desde entón os enterros fixéronse en cai-xas. O descubrimento foi casual, ó cravar unspaus no chan.

Hai cruceiros, sartegos, petos de animas, pedrasde culto… Pedra feita con man de home paraachegarse a Deus… Pedra humanizada cara ádivindade.

Chama a atención no Corgo a pedra nobre comomarco de vida das xentes, a pedra feita casa modes-

ta ou señorial, a pedra feita pazo na mesma capitaldo concello. E na ampla xeografía do Corgo, Pazo doXeneral Tella en Adai, Pazo de Cabreiros en SantaMariña, Casa de Ulloa en Pedrafita, Casa de Campe-lo, Casa de Farnadeiros, Casarío de Laxosa…Casa daTorre en Anseán, San Xoán (Segovia), Piñeiro (Folgo-sa), A Fervenza...

Pedra útil, resistente, eterna, que conforma aspontes monumentais de Arxemil (antiga ponte deGaliñeiros), de Laxosa, ou a medieval sobre o Nei-ra en Cela co contorno acondicionado como arearecreativa, e a Ponte Vella en Gomeán.

Érguense no concello do Corgo, como fitos de pedraconectados co máis alto as igrexas parroquiais deAbragán, Adai, Alto, Anseán, Arxemil, Bergazo,Cabreiros (Santa Mariña), Campelo, Camposo, Cas-trillón, Cela, Cerceda e O Corgo, Chamoso (Parro-

C a s t r o d e C a s t r i l l ó n

As pegadas da historia

Page 20: O Corgo. Amplo Horizonte

quias de Santo Andrés, San Bartolomeu e San Cris-tovo; e capela de San Marcos), Escoureda, Farna-deiros (Parroquiais de Santo Estevo e San Pedro),Folgosa (Santo Estevo e San Martiño), Fonteita,Franqueán, Gomeán, Lapío, Laxosa, Maceda,Manán de Abaixo, Manán de Arriba, Marei, Parade-la, Pedrafita (parroquial e capela das Virtudes),Piñeiro, Queizán, Quinte, Sabarei, Segovia e Vilachá.

As máis antigas, de estilo románico, están en San-talla do Alto, Santa Mariña de Cabreiros, San Xiánde Campelo, Santiago de Camposo, O Salvador deCastrillón, Xan Xoán de Cela, Santiago de Fonteita,Santa María de Franqueán, Santiago de Gomeán eSantalla de Quinte. Todas teñen en común a súaplanta rectangular e restos románicos.

Barrocas son as de San Pedro de Fiz en Paradelaou Santo André de Chamoso. Do século XVIII a deSanta María de Queizán e do XIX as de Santiagode Adai e San Marcos de ChamosoMesmo nunha terra na que todo son camiños, alguénestableceu un camiño ou ruta do románico sen saírdos límites do concello que iría desde Gomeán a Cas-trillón no alto dun antigo castro prerromano, paraseguir por Franqueán e Fonteita polo antigo camiñoque pasa por Oubime e remonta o curso do río Tor-dea, para rematar en San Xián de Campelo.

Todo o Corgo é camiño monumental. E sen embar-go hai poucos hórreos, “moi dispersos e distantesuns doutros”, segundo Ignacio Martínez Rodríguez,no seu libro “El Horreo Gallego”, xa que “esta zonada meseta lucense, ó leste do Miño, constitúe unha“zona de baleiro” destas construcións.

P o n t e v e l l a d e G o m e á n

3388 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 3399

¿Hai un carácter especial, rasgos definidos, algun-ha característica propia, nas xentes do Corgo?

Que eu saiba, non, porque non é este un mundopechado onde non entren as influencias de fóra.

Esta foi sempre terra aberta, camiño e lugar dexeitoso vivir.

Só podemos, non obstante, mencionar os casosdos corgueses especiais que están nas páxinas dehistoria. Eles merecen lembranza, e todos nóstemos a obriga de telos presentes.

OS VALCARCE E OS NEYRAValcarcel e Neyra. E Osorios, Trebolles, Ribade-neyras… son nomes de habitantes do Corgo,xeralmente homes, que a historia conserva. Sonas xentes máis destacadas do pasado.

Sabemos deles, dos seus nomes, xenealoxías, osanos que viviron, as casas señoriais que posuíron,e o conseguinte poder exercido sobre o seu con-torno durante os séculos XVII, XVIII e XIX.

Débolle a Jesús Abuín Arias e á súa magníficaHistoria do Corgo, escrita á man e reproducidaen facsímile pola Deputación Provincial de Lugo,o coñecemento das xentes destacadas no Corgode outrora.

Os señores da Casa GrandeQuere a lenda que o primeiro Valcarce, GarcíaRodríguez de Valcarce, no val do seu nome enterras leonesas, labrase uns paus que utilizoucomo estacas contra os árabes invasores nadefensa do Reino de Galicia. O escudo da torre do

H i s t o r i a d e C o rg o , d e J e s ú s A b u í n

As xentes do Corgo

I g r e x a d e C a m p o s o

Page 21: O Corgo. Amplo Horizonte

Pazo do Corgo leva as cinco estacas dos Valcarce.

Os Neira viñeran das costas de Padrón, e por che-gar ás beiras do Río do Corgo, del tomaron onome, e mesmo das súas ribeiras o de Ribade-neyra. O escudo dos Neiras está tamén na torre,con elementos dos Balboa, Miranda (procedentesde Asturias) e Saavedra cos Sotomayor.

Os Neyra e Valcarce enchen as páxinas de histo-ria. E asomarnos a ela, ateigada de nomes glorio-sos, prodúcenos unha vertixe de séculos.

A orixe de todo foi Alonso López do Corgo que casoucon Mencía López e por testamento de 1528 deixou-lle en usufruto a casa torre que despois pasou ósseus fillos Alonso e Sebastián López de Neira.

Herdaron logo a casa grande Pedro Fernández deNeira o Vello, Pedro Fernández de Neira o Novo,

Francisco López de Valcarce… Este, a mediadosdo século XVII, casou con Marta Díaz Teixeiro,nacendo os Valcarce y Neira. Un deles, Antonio,casou con María Rivadeneira, e un fillo, Franciscode Valcárcel e Neira casou con Ana ÁlvarezCedrón, curmá súa, xurdindo os Valcarce NeiraOsorio, ós que se unirían os Pardo.

Das 93 persoas que había no Corgo en 1753 sábe-se que eran nobres D. Juan Valcarce Neira y Oso-rio, que era Merino e Xustiza ordinario, D. Jacintode Neira e D. Antonio Trebolle.

José Juan María Valcarce Pardo (1777-1842),mandou unha compañía de Dragóns no Perú ondefoi Tenente Coronel, estivo prisioneiro dos france-ses, e foi Fiscal de Purificacións dos oficiais queviñan de Ultramar. Outro Valcarce Pardo, Gabriel

4400 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 4411

P a z o d o s N e i r a . E s c u d o P a z o d o s N e i r a

Luís, guerreou contra Francia e logo en Perú nareconquista do Nuevo Reino de Granada, morren-do ós vintecatro anos.

José Juan María Valcarce Pardo casou con Nicola-sa Fole Camba, nacendo desta unión LaureanoManuel Andrés Valcarce Fole (1825-1884), que foi1º Tenente de Alcalde, Vocal da Xunta Local de Ins-trución, e Xuíz municipal. En 1880, a Casa Grandecomo o resto dos bens, foi repartido entre os seusseis fillos.

A Casa dos NeiraAta hoxe, a propiedade desta casa foi transmitidapolos Neira, nalgún caso (1610), coa obriga deusar os apelidos Neira e Balboa, e poñer as armasó lado dereito de calquera outro escudo.

Julio Fernández Pardo de Neyra y Montenegro (ElProgreso, 4 de febreiro de 1987), falando da familiados Neyra menciona que, en tempo inmemorial, unNeyra defendeu dos sarracenos unha amplacomarca que desde entón se chamou Neyra.

Xa dixemos que os Neira e Rivadeneyra toma-ron o nome do río do Corgo. Ou o río deles?. Nosescudos, a cruz, o caldeiro e o león. E un brazocon espada sobre un dragón dos Balboa, porquea tradición quere que un Balboa librase dun dra-gón ó Rei da selva.

A xenealoxía da casa xorde daquel SebastiánLópez de Neira o Vello, fillo de Alonso López doCorgo e Mencía López, que casou con FranciscaLópez. Deles nace Sebastián López de Neira ONovo, e despois ven Francisco López de Neira

Á b s i d a d a i g r e x a d e C a m p o s o

Page 22: O Corgo. Amplo Horizonte

que casa cunha Trebolle ou Barreiro, vindo logotódolos Neira y Balboa, ata chegar ós NeiraMontenegro y Balboa, Neira Álvarez, Neira Col-menero e Neira Seara. Na actualidade, ManuelNeira Seara (1929) é quen representa tan histó-rica saga.

A casa está fronte á igrexa parroquial de San Xoándo Corgo, na que tiñan panteón para uso perpe-tuo, dereito e panteón hoxe desaparecidos. Taméntiñan dereito de enterramento na capela maior daigrexa de Bande.

Casa de ReschA que pode ser considerada a terceira casaseñorial das terras do Corgo, ou primeira setemos en conta que foi a orixe das outras días,conserva as armas dos Neira. Dela só se con-serva a fachada.

ANTONIO DE AGUIAR PALLÍNManuel Amor Meilán considera que Antonio deAguiar Pallín, que foi reitor do Colexio de Fonsecaen Compostela, na primeira metade do S. XVII, era“home de esclarecido enxeño e literatura”. Pro-cedía destas terras do Corgo.

FELIPE ANTONIO GIL TABOADASabemos por Amor Meilán que se afirma que enSan Pedro Fiz de Bergazo naceu o 1de maio de1668 o prelado Felipe Antonio Gil Taboada, aíndaque Xoán Carlos Rodríguez Paradela coida quepuido ser en Bergazos de Donsión (Lalín).

Foi Penitenciario en Oviedo, Doutoral en Toledo, Vica-rio de Madrid e o seu partido, Presidente da Real Chan-cillería de Valladolid, Xeneral da Cruzada, Gobernadordo Supremo Consello de Castela, Bispo de Osma eArcebispo de Sevilla. Faleceu o 29 de abril de 1722.

CARLOS ANTONIO RIOMOL Y QUIROGANo Pazo de Reguengo en Pantón atópase unretrato deste bispo natural do Corgo, e no dePiñeiro en Folgosa, que foi da súa familia, consér-vase un escudo barroco. Nacera en 1696 en Vila-corbe (San Martiño de Folgosa).

Ten estudado a súa figura o crego Xoán Carlos Rodrí-guez Paradela que indica era fillo de Diego Quiroga yRiomol e Beatriz de Neira, os dous do Corgo, peroinverteu os apelidos do seu pai e non utilizou os danai. Destaca o comentario dun coetáneo de que “dur-mía pouco, traballaba arreo e gozaba de boa saúde”,quedando constancia de que “morreu pobre e cospobres gastaba o que lle sobraba do seu moderadoporte”.

Estudou Filosofía e Teoloxía en Compostela, ensi-nando Artes nesta Universidade.

Foi primeiro Maxistral e logo Lectoral na Catedralde Lugo, onde así mesmo foi Vicario capitular. Xaen Santiago foi Lectoral e Penitenciario do Cabidocompostelán. Consagrado Bispo de Mondoñedoen 1753 polo Arcebispo Raxoi desempeñou estecargo ata a súa morte en 1761.

A el se debe a actual edificación do Pazo bispalmindoniense, e as súas armas figuran no escu-do que aparece na parede sur deste pazo. Estáenterrado na capela maior da Catedral de Mon-doñedo.

Amor Meilán supón irmáns do bispo a Juan e Fran-cisco Riomol y Quiroga, que viviron por aquel tem-po, e formaron parte do “Consejo de Su Majestad”.

Sábese tamén da existencia de José Riomol e Qui-roga, Gobernador que foi das Indias.

4422 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 4433

MONSEÑOR FRANCISCO ALDEGUNDE DORREGODesde 1973, o escritor Manuel Rodríguez Lópezviña tódolos veráns de vacacións desde Barcelo-na a Galicia e viaxou con Fole practicamente ata oseu pasamento.

No libro “VIAXES CON FOLE” (Edicións do Castro,1988), recóllense estas viaxes, que no Corgoincluíron os pazos de Folgosa e O Corgo, e a visitaa Monseñor Aldegunde. Delas faise mención noapartado correspondente.

A Mons. Aldegunde visitárono na súa casa de SanCristovo de Chamoso, onde vivía con dúas das súasirmáns. Era o segundo fillo dunha familia de trece.

Nado en 1896, ingresou no Colexio Seráfico deHerbón, en Padrón, ós 13 anos, e superada unhacrise de saúde, alí estudou Humanidades, e logoFilosofía e Teoloxía en Santiago.

En 1922, foi consagrado Presbítero por Frei Pláci-do Rey Lemos, franciscano e Bispo de Lugo, noConvento de San Francisco da capital lucense.

En Roma especializouse en Filosofía, e logo deuclase en Santiago. Despois dunha nova crise desaúde, viaxa a Hispanoamérica. En Potosí (Boli-via) impartiu clases. Volto a Santiago ocupa ocargo de Vicerreitor do Colexio Franciscano(1936-1938).

Con motivo do IV Centenario do nacemento dofilósofo Luis Vives, o Ministerio de Educación con-cedeu unha “Mención Especial” ó traballo do P.Aldegunde Dorrego. Pero a obra, lamentablemen-te, perdeuse.

En 1941 foi elixido Superior Principal, e tres anosdespois Definidor Xeral da Orde Franciscana, conresidencia en Roma. En 1947, é nomeado Bispo

C a r l o s A n t o n i o R i o m o l y Q u i r o g a E s c u d o d e R i o m o l e Q u i r o g a

Page 23: O Corgo. Amplo Horizonte

Coadxutor con dereito á sucesión do VicarioApostólico de Marrocos, con residencia en Tán-xer. En 1948, pasa a ser Vicario Apostólico.

Estivo en Tánxer case trinta anos, durante os quea sede marroquí foi transformada en Arcebispa-do, e el o primeiro Arcebispo. A el se debe a cons-trución do edificio que alberga esta institución.

Ó cumprir os 75 anos renunciou á súa arquidioce-se, se ben tivo que continuar tres anos máis ataque o sucedeu Monseñor Carlos Amigo.

En conversa con Fole, diante de Manuel RodríguezLópez, o P. Aldegunde lembrou a misa oficiada noPanteón de Rosalía, en Bonaval, na celebracióndo primeiro Día de Galicia.

Os últimos anos do P. Aldegunde estiveron dedi-cados a ordena-la obra de seu irmán maior, e aconfeccionae a biografía do investigador vilafran-quino e poeta en galego P. Lucio Mª Núñez.

José García Oro, que resumiu a vida do P. Aldegun-de para a G.E.G., menciona que faleceu en Chamosoo 16 de outubro de 1983, e publicou o libro “Misiónfranciscano-española de Marruecos: cien años deacción (1860-1959)”, aparecido en Tánxer en 1961.

LUIS ALDEGUNDE DORREGOIrmán do P. Aldegunde, era o maior dos 13 irmáns.Morreu en 1959.

Era un crego afeccionado ós estudos históricos, eafervoado do idioma galego. Exerceu o sacerdocioen terras da Fonsagrada, Becerreá, Santa Maríade Saa (Pallares) e Monforte de Lemos.

Obtivo un premio nos Xogos Florais de Lugo, candoera estudante, polo traballo “Episcopado Lucense”.

Recolleu milleiros de refráns, que publicou no“Diario Astorgano”, e axudou a completar o Dicio-nario de Valladares.

O P. Aldegunde supoñía que na Real AcademiaGalega debían atoparse grande cantidade de traba-llos de investigación filolóxica do seu irmán Luís.

JULIÁN BESTEIRO FERNÁNDEZHai case corenta anos, cando Jaime Ceide eracrego de Gomeán e impulsor cultural da zona,mandou unha información para o boletín “Tele-club Galicia”, na que falaba dunha casa da parro-quia de Franqueán que respiraba un “sano socia-lismo” (hai que ter en conta o tempo do que fala-mos). Referíase á casa na que se di que puidonacer Julián Besteiro, o malfadado líder socialis-ta que morreu na prisión de Carmona (Sevilla) naprimeira posguerra, e na que estivo instalado oteleclub de Franqueán.

Besteiro, do que as biografías din que naceu enMadrid, aínda que no Corgo prefiren pensar quenaceu aquí e a súa nai levouno con só uns días aMadrid para acristianalo, tiña aquí vencellospatrimoniais e familiares. Se naceu aquí, sería poraccidente; se non naceu, a terra do Corgo benmerece telo por fillo adoptivo.

Raul Morodo, na G.E.G., indica que “comunmen-te considérase que naceu en Madrid o 21 desetembro de 1870, pero Manuel de Rivas Reijaintentou demostrar que nacera na casa de seupai, na parroquia de Franqueán (O Corgo, Lugo)o día 15, e que fora trasladado a Madrid e rexis-trado como nado alí o día 21. A súa familia per-tencía á pequena burguesía mercantil acomoda-da”. A primeira Gran Enciclopedia Gallega, encastelán, menciona un traballo de Rivas Reijasobre Julián Besteiro, publicado en La Voz de

4444 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 4455

Galicia o 30 de setembro de 1973, que non puidoser localizado.

Na versión galega da Gran Enciclopedia dise queBesteiro é unha liñaxe galega moi estendida polopaís, onde existen moitas familias deste apelido.

Busco en Internet datos de Julián Besteiro por seatopo algunha mención ó seu posible nacementona casa patrucial de Franqueán. Aparecen nume-rosas referencias a que a súa familia era de clasemedia, tendo seus pais un pequeno comercio deultramarinos, o que posibilitou que o fillo puideseir estudar á Institución Libre de Ensinanza, queopositou a Catedrático de Filosofía obtendo pri-meiro praza nun Instituto de Ourense, e logo nunde Toledo. Menciónase que estivo sempre “acom-pañado de seu medio irmán Sebastián Castedo,que chegou a Ministro durante a ditadura” (de Pri-mo de Rivera).

“El Eco Universitario”, órgano de difusión da secciónsindical de Fete-Ugt na Universidade de La Laguna,sinala que Besteiro “naceu en Guntín (Lugo)”, afir-mando que “As fontes non aclaran exactamente olugar onde naceu Besteiro, xa que nalgunhas apare-ce Guntín e noutras Madrid”. Na Gran EnciclopediaEspasa (tomo V), afírmase que “naceu en Guntín”.

Federico Jiménez Losantos en “Los nuestros”,considera que “estaba predestinado a ser o homemáis importante do socialismo no século XX espa-ñol”, e afirma que “poucos homes do noso séculodeixaron unha impronta de honradez, un marcha-mo de seriedade, un fin de vida tan digno comoJulián Besteiro”, para concluir que “esa fotogra-fía pobre, en sepia e negro, esa imaxe macilentabaixo o foco e fronte ó micrófono pedindo a paz é,nin máis nin menos, a imaxe da ética cando veñen

C a s a B e s t e i r o e n F r a n q u e á n

Page 24: O Corgo. Amplo Horizonte

mal dadas. Cando xa non hai lugar para outraestética ca a da compaixón”.

Certamente, no Corgo existe o apelido Besteiro.Nas “páxinas brancas” de Telefónica aparecenoito abonados con Besteiro de primeiro apelidonas parroquias de Segovia, Laxosa, Arxemil,Piñeiro, Paradela, Gomeán(2) e Franqueán.

JOSE CASTRO VEIGA (O PILOTO)José Castro Veiga (O Piloto), cóidase que naceu noCorgo, fillo de caseiros de Boelle-Arxemil, o 11 defebreiro de 1915. Fixo a guerra civil no bando repu-blicano. Foi cabo de aviación, de aí o seu alcume.

A mediados dos anos corenta incorporouse ásguerrillas antifranquistas, participando en nume-rosas accións, chegando a dirixir a III AgrupaciónGuerrilleira de Galicia.

Centrou as súas accións nas comarcas de Chan-tada e Val de Lemos.

Morreu o 10 de marzo de 1965, preto do embalsede Belesar, abatido polas forzas da Garda Civil.

FRANCISCA TEIJEIRO, A COCIÑEIRA DE AZAÑAXavier Costa Clavell, en xaneiro de 2003, dabanovas en El Progreso de que unha señora do Cor-go (de San Cristobal - Gomeán), Francisca Teijei-ro González, daquela de 94 anos de idade, foracociñeira de Manuel Azaña, o Xefe de Goberno ePresidente da República española.

Segundo Costa Clavell, estivo coa familia Azaña,non só durante a súa residencia en Serrano, 38en Madrid, senón mesmo no seu exilio en Fran-cia, despois da derrota na guerra civil.Nun comentario sobre o libro “El cocinero de Aza-ña”, de Isabelo Herreros, feito por Martín Prieto (El

Mundo, 20 de agosto de 2006), sinálase o bo pala-dar de Azaña, que o fixo asiduo do restauranteLhardy, de onde levou como cociñeiro ó Pazo dapresidencia da República ó leonés Epifanio HuergaFernández, que logo seguiría os destinos de Azañapor Valencia, Benicarló e Francia. Pero un cociñeiroxefe non quita unha cociñeira da casa, e así temosque estimar o bo labor de Francisca Teijeiro.

Un fillo de Francisca, Pepe Gandoy, tamén nadono Corgo, é hostaleiro en Catalunya, sendo o titu-lar do Hotel e Restaurante Can Pijaume, en Rie-llas i Viabra, no Montseny de Girona.

Pepe Gandoy, con Marcelino e Darío Duro, formana terna de restauradores do Corgo, que prestixiana gastronomía galega en terras catalás.

HELI ROLANDO DE TELLA Y CANTOS, O XENERAL TELLAEn Lugo, ten unha rúa dedicada nas inmedia-cións do Parque Rosalía de Castro. Foi Xeneraldo Exército.

Nacera en Adai o 4 de setembro de 1888 e morreuo 10 de outubro de 1967, ós 79 anos de idade.

Era fillo do avogado Policarpo Tella Uz, que foisecretario do Concello do Corgo desde 1885 ataxullo de 1889. Súa nai foi mestra da escola deGomeán, onde naceu o futuro Xeneral Tella.

Con 19 anos ingresa na Academia de Infantería deToledo. A maior parte da súa vida militar pásaadestinado en Marrocos, onde intervén en nume-rosas accións guerreiras, polo que chega a sercondecorado coa Cruz Laureada de San Fernandoe a Medalla Militar Individual.

En 1932, xa Tenente Coronel de Infantería, parti-cipa na Sanjurjada, polo que é confinado en diver-

4466 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 4477

P a z o d o X e n e r a l T e l l a e n A d a i

Page 25: O Corgo. Amplo Horizonte

Quizais o residir entre muros tan cheos de his-toria fixo que se afeccionara ós temas históri-cos, dando en escribir á man unha “Historia deCorgo” editada en facsímile pola DeputaciónProvincial de Lugo, e foi un moi importante ele-mento para achegarse ó pasado destas terras, efoi unha axuda inestimable á hora de confeccio-nar este libro.

FRANCISCO OTERO BESTEIRONa Praza Maior de Lugo hai unha escultura deFrancisco Otero Besteiro, o mestre artista quenaceu en Campelo do Corgo. Ergueuse en 1990 enhomenaxe a Luis Pimentel, e tiven a honra de par-ticipar no acto inaugural.

Otero Besteiro naceu o tres de marzo de mil nove-centos trinta e tres. Moi axiña, xa en 1947, enMadrid comeza os seus estudios na Escuela

Superior de Bellas Artes de San Fernando. A pri-meira exposición celebrouna en 1955, no Museode Arte Moderno.

Completou a súa formación cunha bolsa da Fun-dación March, en 1960, para estudiar en Roma,viaxando logo a París.

Personaxe imprescindible do Madrid dos anossesenta, estivo no primeiro plano da actualidadeartística e social, cun gran atractivo para os diver-sos medios de comunicación.

Desde a escultura á xoieiria (el mesmo era omellor usuario das súas xoias), inventaba obxec-tos, creaba pequenos mundos novos. Aparecía edesaparecía da vida pública. Alexo, seu irmán,tamén escultor, espuxo con el en Vigo en 1980.Morreu o 21 de maio de 1994.

4488 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 4499

J e s ú s A b u í n A r i a s S e p u l t u r a d e O t e r o B e s t e i r oP a z o d o X e n e r a l T e l l a , e s c u d o

sos cárceres. O 17 de xullo de 1936, incorpórase árebelión militar en Marrocos, sendo un dos pri-meiros militares en cruzar o Estreito de Xibraltar.Participa en numerosas accións guerreiras, sen-do felicitado por Franco. Ó final da guerra civil,sendo xa xeneral, é nomeado Gobernador militarde Lugo, tendo a súa residencia en Adai, ondeconstrúe un monumental pazo moderno. En 1941recibe a Gran Cruz da Real e Militar Orde de SanHermenexildo, e é nomeado Gobernador militarda praza e provincia de Burgos.

Pero dous anos despois a súa estrela declinaría.Segundo Estefanía de la Torriente, “acusado de car-gos descoñecidos polo ex gobernador civil de Lugoe xefe provincial de FET e das JONS, Ramón Ferrei-ro Rodríguez, e por outras autoridades e veciños deLugo, abriríase unha causa (a nº 125.673), contra

Heli Rolando de Tella, pola que é separado do ser-vizo por un Tribunal de Honra. Desde ese momen-to, os esforzos do militar por conseguir ler as acu-sación que o fan culpable non cesan”.

Segundo publica esta autora en “La guerra civilespañola mes a mes”, “aínda o 26 de agosto de1946, Heli Rolando de Tella recibe unha carta quedi que non se lle pode facilitar, xa que segundo oartigo 1.025 do Código de Xustiza Militar, as actua-cións do Tribunal son rigorosamente segredas”.

Deixou publicados os libros “Escuela y Patria, o lapreparación al servicio militar” e “Croquis para elestudio de la Guerra ruso-japonesa”.

JESÚS ABUÍN ARIASO veciño do Corgo, Jesús Abuín Arias, naceu nopazo do Corgo, onde viviu moitos anos.

Page 26: O Corgo. Amplo Horizonte

5500 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 5511

A miña relación con el comezou en outubro de1983, cando veu a Lugo ser pregoeiro das festaspatronais do San Froilán. Desde o balcón princi-pal do concello lanzou pombas a tódolos puntosda rosa dos ventos pedindo a paz.

Era un deses artistas que levan a arte no cerebro,e que a arte vai por diante en tódalas accións dasúa vida. No cemiterio de Campelo, unha sinxelatumba lembra ó gran artista do Corgo.

DARÍO DURO VILLARO Foro da Terra Galega nomeouno “Galego do anoen Cataluña” en 2004, polo seu labor de promociónda cultura gastronómica e produtos galegos enBarcelona co seu restaurante-marisquería.

Fundou con Manuela Arias, a súa muller, en 1968Casa Darío.

Ten casa en Quinte, de onde é a súa muller. Naceuen Gomeán, índose moi novo a Barcelona. Perco-rreu os mellores restaurantes de Europa.

É socio fundador de O Penedo, Asociación deEmpresarios Galegos en Catalunya, e AsociaciónMareusa que organiza a Semana de Cociña Gale-ga desde hai 15 anos. Está en posesión da Meda-lla de bronce de Galicia.

JULIO GUDE TREBOLLENaceu este destacado atleta na parroquia de Corgo o29 de marzo de 1949. Era o noveno de dez irmáns,fillos de José María Gude López e Gloria Trebolle Díaz.

Militou nos clubs San Fernando de Lugo, Ministe-rio del Ejército, Vallehermoso e Real Madrid.

Foi doce veces internacional. En 1969, conseguiuo 5º posto no Campeonato do Mundo de Cross en

Glasgow (Escocia), sendo o primeiro dos españoisna clasificación xeral. O Concello do Corgo, ensesión plenaria do 1 de abril do mesmo ano, pre-sidida polo Alcalde accidental, Darío Díaz-Castro-verde Díaz, fixo constar en acta a satisfacción dacorporación polo triunfo do deportista, concedén-dolle un premio de 1.000 pts. en metálico.

En 1971 foi subcampeón absoluto de España nos3.000 metros obstáculos, e Campeón de Españaen 1972 na mesma especialidade.

Recibiu unha sanción federativa, xunto con outros atle-tas españois, que puxo fin á súa carreira o ano 1973.

OUTROS DESTACADOS CORGUESESMerece a nosa lembranza DARÍO DÍAZ-CASTRO-VERDE, que foi Alcalde do Corgo desde 1971 ataa súa morte en 1995. Coñecino con motivo dapublicación do libro sobre Marei, xa mencionado,no que eu colaborei. Precisamente Darío Díaz-Castroverde foi o meu primeiro entrevistado namiña xa longa vida profesional.

Do Corgo foi tamén PEDRO REIJA GALÁN, xefe dapolicía local de Madrid, e MANUEL DE RIVAS-REIJAY RIVA DE NEYRA, especialista en dereito nobiliarioe xenealóxico. Nacera en Vilachá de Chamoso, resi-dindo moitos anos na capital lucense. Foi un estudo-so da comarca, da súa historia e das súas xentes.

Cómpre mencionar ós avós do Concello do Corgo. Enprimeiro lugar, por orde cronolóxica, MANUELA FER-NÁNDEZ LÓPEZ, de Barrio-Fonteita, que naceu o 20de febreiro de 1900, e ten polo tanto 107 anos. Casouen 1931 con José Tallón Marei, que morreu en 2001.E logo, JOSÉ CARBALLAL CARREIRA, que naceu enGuimarei-Friol o 18 de novembro de 1901, e vive noCorgo desde os 15 anos. No momento da confección

B u s t o d e D a r í o D í a z - C a s t r o v e r d e

Page 27: O Corgo. Amplo Horizonte

terreos. A Consellería de Vivenda e Solo ten adxu-dicadas as obras que poden estar rematadas afinais de 2007.

Agricultura e Gandería son vitais para a economíado concello. As cifras que se manexan falan de7799 reses de gando vacún e 2796 de porcino.

O Corgo está ateigado de praderías e arboredos…En tempos foi moi importante a industria damadeira, que aínda é notable.

O 32% da actividade do Concello pertence ó sec-tor primario; o 20,5% ó secundario (Industria,Construción…), e o 47% ó sector Servizos.

Entre as realizacións máis importantes do Conce-llo nos últimos tempos están a mellora dos acce-sos nas diversas parroquias, a recollida do lixo, oalumeado público, talleres de emprego, restaura-

ción da Escola de Adai, e a aprobación por unani-midade do Plan Xeral de Ordenación Urbana ensetembro de 2006.

Merece mención tamén a Estación de tratamentode auga do río Tórdea, que a impulsa 900 m ataOuteiro, a un depósito de 1.000.000 litros queatende as necesidades de todo o concello.

Como temas pendentes está o das vivendassociais, eliminación do vertedoiro municipal, uncentro de día, transformar en xardín infantil asantigas escolas… e a segunda fase de gradas evestiarios do club de fútbol.

O Concello vai mercar unha finca detrás do centrode Saúde, de 5.000 metros cadrados, destinada arecinto festeiro, figurando xa como dotacional nonovo Plan Xeral, e tamén vai ceder á AsociaciónRaiolas, unha finca en Laxosa, para que nela se

5522 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 5533

deste libro, ámbolos dous disfrutan de perfectasfacultades físicas e mentais. ¡Por moitos anos!.

Permítanme finalmente a mención a dous descen-dentes de xentes do Corgo. Dun deles, Ministro naArxentina, sabemos pola acta da Comisión perma-nente do Concello do Corgo de 23 de outubro de 1958,presidida polo alcalde Julio Díaz Vieito, na que cons-ta que “houbo unha gran satisfacción para toda a cor-poración pola visita realizada á casa do Concello poloExcmo. Sr. D. ALBERTO LÓPEZ ABUÍN, Ministro deTransportes da República de Arxentina”, no gobernodo Presidente Arturo Frondizzi. Alberto López Abuínera descendente da Casa do Páxaro, de Fonteita. Ooutro, FRANCISCO FERNÁNDEZ OCHOA, deportistade sona mundial no mundo do esquí, tiña tamén assúas orixe na parroquia de Fonteita. Os seus avós pro-cedían da Casa de Lanchas, nesta parroquia.

O Corgo hoxe, por disfrutar dunhas magníficascomunicacións, conta cunhas excelentes perspec-tivas para o asentamento de empresas e poten-ciación da súa economía.

Moi axiña, vai contar cun polígono industrial parao que hai preto de 150.000 metros cadrados deterreos, que pode aumentar no futuro ós 600.000m2. Terá algo máis de 90.000 metros cadradospara parcelas industriais e comerciais, e máis de50.000 para vías, aparcamentos e zonas verdes.Tamén, 3.000 metros de aparcamento.

Na urbanización deste parque empresarial, situa-do a dez km. da capital da provincia, no enlaceentre a estrada provincial 1611 e a autovía do Nor-oeste, A-6, desde a que terá un acceso directo,investiranse máis de 2.500.000 Û , superándose os3.000.000 Û se se inclúe a adquisición e xestión de

E s t a t u a d e D a r í o D í a z - C a s t r o v e r d e

O Corgo, hoxe

A u t o v í a A - 6 C e r c e d a . G r a n x a a v í c o l a

Page 28: O Corgo. Amplo Horizonte

5544 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 5555

C e n t r o d e S a ú d e C a m p o d e F ú t b o l

Page 29: O Corgo. Amplo Horizonte

poida construír un centro provincial de día para aatención de autistas.

No aspecto sociocultural, varias entidades aso-ciativas conforman o entramado social do conce-llo do Corgo, e animan coa súa vitalidade a actua-lidade diaria.

Legua Dereita, Asociación cultural, ten grupos dedanza e baile que actúan en diversas ocasiónsfesteiras e organiza actividades como o magostopopular e a Festa no río.

Arume, tamén agrupación cultural, de recente cre-ación, organizou en 2006 unhas xornadas sobrepatrimonio, dedicadas ás vías romanas no concello.

Andarela é unha asociación de amas de casa, queorganiza actividades de promoción e formacióndas súas asociadas.

No aspecto deportivo, o C.D. Corgo, presidido porMarcos Trashorras, xoga en primeira división dofútbol rexional. E tamén no deporte, hai que men-cionar as instalacións existentes no concello,mesmo no Colexio Público, onde acoden a xogarmoitos equipos da capital lucense polas facilida-des que encontran para a práctica do deporte.

No aspecto negativo, e sobre o que xa se teñentamén pronunciado as autoridades municipais,está a proliferación de locais de alterne (cinco encatro km. de estrada, dos que o último abriu acomezos de 2005), que perxudican a imaxe doconcello no aspecto social e tamén económico.Veciños e hostaleiros reclaman que se regule estedifícil tema, moitas veces de actualidade, xa queaínda en novembro de 2006 houbo unha operaciónpolicial nun deles, na que se detivo a doce inmi-grantes ilegais.

5566 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 5577

C e n t r o s o c i o c u l t u r a l I n d u s t r i a d a m a d e i r a F e s t a n o r í o

Page 30: O Corgo. Amplo Horizonte

Once concelleiros compoñen a representaciónveciñal no concello do Corgo. Seis pertencen óPartido Popular, 4 ó PSOE e 1 ó BNG. O P.P. gober-na o Concello con maioría absoluta.

Na actualidade, o Concello está composto polosseguintes concelleiros:

Alcalde.- JOSÉ ANTONIO FERREIRO GONZÁLEZ (PP)

1º Tte. Alcalde.- FELIPE LABRADA REIJA (PP)

2º Tte.Alcalde.- MANUEL ANGEL FERNÁNDEZ PÉREZ (PP)

3º Tte. Alcalde.- JOSÉ LUIS FERNÁNDEZ LÓPEZ (PP)

MARIA DEL MAR GÓMEZ GÓMEZ (PP)

JOSÉ FONTELA GONZÁLEZ (PP)

FRANCISCO JAVIER VILA NÚÑEZ (PSOE)

MANUEL RODRÍGUEZ LORENZO (PSOE)

DOMINGO OTILIO PÉREZ LIDOR (PSOE)

MANUEL CHOUSA NÚÑEZ (PSOE)

XOSÉ HENRIQUE CASANOVA SÁNCHEZ (BNG)

O Alcalde, José Antonio Ferreiro, leva como conce-lleiro do Corgo desde as primeiras eleccións demo-cráticas. En 1995, con motivo do pasamento doAlcalde Darío Díaz-Castroverde, pasou a ostentar áAlcaldía. Moi axiña, unha nova corporación gober-nará as terras do Corgo. ¡Que sexa para ben!.

5588 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 5599

O goberno municipal

J o s é A n t o n i o F e r r e i r o G o n z á l e z , A l c a l d e

OS ALCALDES DO SÉCULO XX

Debo a Jesús Abuín a relación dos Alcaldes doCorgo no século XX, relación ampla e que acredi-ta ter sido un século complicado politicamente.

Comeza a relación con

DOMINGO CHOUSA PÁRAMO,

ó que seguen

SALUSTIANO FERNÁNDEZ MENDEZ (12-7-1902),DOMINGO CHOUSA PÁRAMO (1-1-1904. Anulouse),SALUSTIANO FERNÁNDEZ MÉNDEZ (26-4-1904),DOMINGO CHOUSA PÁRAMO (1-11-1905),

JOAQUÍN TRONCOSO CEDRÓN (1-1-1906),

JOSÉ ARIAS LOMBARDERO (1-7-1909),

JOSÉ SÁNCHEZ RODRÍGUEZ (24-4-1915),

JUAN FERNÁNDEZ CRECENTE (1-1-1916),

JUSTO JATO SÁNCHEZ (22-12-1917),

JESÚS CEDRÓN TORRÓN (27-3-1920),

CARLOS REIJA SÁNCHEZ (30-9-1923. Destituídatoda a Corporación),

RICARDO DÍAZ NEIRA (19-1-1924. Destituída aCorporación),

RICARDO RODRÍGUEZ RODRÍGUEZ (5-11-1926),ANTONIO DÍAZ GARCÍA (26-2-1930. Encargado daAlcaldía, por ser o de maior idade),

RAMÓN FERNÁNDEZ DÍAZ (10-4-1930),

JUAN FERNÁNDEZ DÍAZ, fillo de Juan FernándezCrecente (24-1-1933, Destituída a Corporación),

GENEROSO CEDRÓN FERREIRO (8-8-1934),

JUÁN FERNÁNDEZ CRECENTE (23-4-1936),

JOSÉ FRANCO SOMOZA, Comisión xestora (30-7-1936),

JULIO DÍAZ FERNANDEZ (17-2-1937),

JOSÉ FRANCO SOMOZA (7-4-1938), Delegado doAlcalde ó renunciar Julio Díaz por pasar a sermédico da zona sur. Foi nomeado Alcalde en 1944,JOSÉ ABUÍN LENCE (12-7-1946),

JULIO DÍAZ VIEITO (14-7-1958),

RAMIRO FRAGA ALONSO (16-12-1965),

DARÍO DÍAZ-CASTROVERDE, 1º Teniente deAlcalde (2-1-1969),

JOSÉ GÓMEZ RODRÍGUEZ (6-5-1970),

DARÍO DÍAZ-CASTROVERDE, Alcalde en funcións(12-3-1972)

DARÍO DÍAZ-CASTROVERDE (12-7-1972).

Page 31: O Corgo. Amplo Horizonte

As feiras teñen a súa capital en Adai, por tradi-ción e instalacións; e por vocación.

En outubro de 2006 celebrouse en Adai a 73ª sub-hasta de gando selecto da Raza Rubia Galega, conrecord de subhastadores e animais vendidos.

É a culminación, por agora, da tradición feiral deAdai, e do labor de tantos anos de Acruga, a Asocia-ción de Criadores de Gando Vacún Selecto da RazaRubia Galega, coa que colabora o Concello do Cor-go. A estas manifestacións, que escolleu Adai hai xatempo como marco, acoden gandeiros de toda Espa-ña, o que garante continuidade á secular tradiciónda feira de Adai e a súa potenciación en toda Galiciapola relevancia que estas feiras teñen entre os gan-deiros preocupados pola selección do seu gando.

O Corgo é o concello lucense con máis ganderíasadscritas a Acruga (36), cun promedio de 16,8

reses cada unha. O Presidente de Acruga, CesarDorado, construtor e gandeiro, reelixido en xullode 2006 no seu cargo despois dun difícil proceso,ten desde 1989 unha explotación en Adai, dedica-da á Rubia Galega para carne.

Queda para a historia a chamada “Feira dosburros”, que durante máis de trescentos anos tivolugar en Adai, durante os tempos en que estesanimais eran vitais para as tarefas de transportede pequenas ou non tan pequenas cargas.

Herdeira directa daquela feira é a Feira do Cabalo queanualmente se celebra en Adai o mes de xullo, da queata 2006 xa van celebradas once edicións, e na queultimamente se inclúen exhibicións de doma e núme-ros de circo a cargo da Asociación Galega do Cabalo.Nesta celebración colabora a Asociación de Cabalei-ros da Feira de Adai, que ven organizando mensual-mente concentracións hípicas cun éxito total.

Como herdeiras son tamén tódalas feiras queteñen lugar os días trece de cada mes neste recin-to que o Concello do Corgo coida e prepara co aga-rimo que esta instalación, a tradición e a vitalida-de da feira merecen. Nin que dicir ten que calque-ra celebración feiral en Adai vai seguida de cadan-súa degustación do polbo á feira nas instalaciónstemporais que con tal motivo alí se montan.

Houbo tamén feira mensual en Gomeán os días23 de cada mes desde o comezo dos anos trintaata 1965, no que desapareceu.

O prestixio do gando do Corgo non se limita ásmanifestacións feirais dentro do Concello, xa quena última feira de San Cidre celebrada en Sarriaen maio de 2006 o gando que máis premios reci-biu foi o dos gandeiros de Lapio, Queizán, Sabareie Pedrafita entre outros.

O calendario festeiro do concello do Corgo estáateigado no bo tempo, de maio a setembro. Unhaquincena de festas a cal máis importante, que nosinvitan a vir ó Corgo en son de festa.

Unha cousa son as feiras que merecen e teñencapítulo aparte. Que todas as feiras levan consigoalgo de festa. Pero hai as festas puras, parro-quiais, tradicionais…

Comezan as festas populares en Anseán o segun-do domingo de maio, para honra do Santo Anxo.

Polos mesmos días (domingo seguinte ó xoves daAscensión) celébranse as Virtudes (Nosa Señora)en San Miguel de Pedrafita, e o primeiro domingodespois do Corpus a festa de Santalla do Alto.

En Xuño, o domingo máis preto do día once sonas festas de San Bernabé, en Castrillón; a media-

6600 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 6611

O Gando. As feiras

C o n c e n t r a c i ó n d e G a n d o G a n d o p r e m i a d oG a n d o v a c u n o e n A d a i

Festas

C a p e l a d a s V i r t u d e s e n P e d r a f i t a

Page 32: O Corgo. Amplo Horizonte

dos, o San Xoán en Cela e Segovia, e a finais o SanPedro en Cerceda.

En xullo, o Santiago, en Adai e Gomeán.

En agosto chaman a festa desde San Cristobal deChamoso e Sanfiz de Paradela o primeiro domin-go; de San Andrés de Chamoso para o San Ramóno segundo domingo; o día 15, a Nosa Señora enMarei e Farnadeiros; o domingo seguinte, e des-de tempo inmemorial, son as máis antigas dazona, as da Nosa Señora en Santiago de Laxosa.En tempos, celebrábanse as festas do Patrón,pero agora quedouse en Nosa Señora e San Anto-nio. O día dezaseis, San Roque en Franqueán eSanta María de Piñeiro; o 24 San Bartolomeu ouSan Berto en Abragán (Escoureda). Antes organi-zábase xunto co lugar de Lago.

O primeiro domingo de setembro, o Santo Cristo enGomeán. O día 8, os Remedios en Fonteita e Arxemil.

As patronais do Corgo, as festas das Angustias,celébranse arredor do domingo que caia entre oquince e o vinte de setembro.

E o calendario festeiro pechábase ata hai poucoen Queizán, a finais do mes de setembro e come-zos de outubro. Pero hai agora outra festa poste-rior no calendario: O San Martiño, o once denovembro, recuperada en 2006 en San Martiñode Folgosa.

Hai que facer constar que o cinco de Outubro, SanFroilán, é festivo no Corgo. A fin de contas, a capi-tal da provincia está ó lado e celébrase aquí o SanFroilán como cousa propia. Tamén, coma na capi-tal, é festa local o martes de Antroido.

6622 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 6633

A c t u a c i ó n F o l cF e s t a p o p u l a r

Page 33: O Corgo. Amplo Horizonte

(Rutas anárquicas para viaxar por unha terra )

I-Cara ó NoroesteQuixen viaxar polo Corgo. Quixen experimentar oque experimenta o que quere coñecer este conce-llo empregando medios mixtos: automóbil para asdistancias máis longas; a pé, para as máis curtas.

Percorro O Corgo unha e outra vez. Cruzo e entre-cruzo as innúmeras vías que permiten entrar esaír, ollar vendo, entrar caendo inmerso nestaentrañable rede de estradas, ateigada de edificiosvellos e novos, verde aínda no máis cru inverno,chea de ríos, con muretes de pedra que gardanpiñeirais aínda que parecen nados para gardarpazos. Eu recomendo perderse polo Corgo, aíndaque un non consegue nunca perderse porque en

calquera recanto, en calquera cruce, semprehaberá un indicador que lle recorda que se atopadentro do Condado de Chamoso, e se nalgúnmomento a señalización vertical non cumpre coseu labor, sempre haberá un home, unha muller,nena ou neno que nos sitúe e nos axude a encon-trar o que buscamos.

O primeiro día que fun, cheguei pola Autovía. Qui-xen facelo para notar a sensación do forasteiro ounon, do visitante desta terra de amplo horizontecando chega pola Autovía A-6, e observa o carte-lón azul que anuncia o desvío para Castroverde eCorgo. Saín alí, e funme cara a Castroverde paraver os límites do Concello polo norte… Sabendoque moi preto está a terra de Benedicto Liñeira, ocrego que aínda tendo perdida a voz física seguea entendérselle todo, coma sempre.

Xa antes de chegar a Fonteita, o panorama que serepite por todo o concello: Casonas rústicas, depedra do país, a catro augas, cubertas de lousa,robustas… que conviven con chalets modernos,podentes, ostentosos… Son xeitos diferentes devivir, pero ámbolos dous nunha terra que impre-siona polas súas vivendas señoriais.

FFOONNTTEEIITTAAÉ terra regada polo Tórdea. A súa igrexa parroquialé románica, do século XIII, reformada na metadefrontal, con ábsida rectangular e semicircular.

Na ábsida, en 1973, apareceron unhas pinturasmurais, cando baixo a dirección de BenedictoLiñeira Bande, o párroco, se estaban a facer obrasde teitado e renovación da estructura superior. Aspinturas apareceron ocultas tras do retablo do

altar maior, baixo unha capa de cal que se supónse deu aló por 1914 como medida hixiénica.

GGOOMMEEÁÁNNVolvín a Gomeán. Quen podería afirmar que estepobo que a Nacional VI case arruinou co seu tra-zado, facendo derrubar 26 vivendas, ten máis demil anos de antigüidade?. Había moito tempo quenon visitaba o Bar Playa. Ten sona de ben comerdesde hai varias décadas. ¡Que dure!.

A igrexa está cualificada como un humilde exem-plar de románico rural. Corresponde á segundametade do s. XII, cun frontis moderno.

O nome de Gomeán (Gumilani) aparece nunhaescritura da primeira metade do s. XI. O 26 dexaneiro de 1027, Dona Elvira, viúva do conde donBermudo Velaz – sepultado na Catedral lucense-

6644 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 6655

Viaxar polo Corgo

C r u c e d e G o m e á n I g r e x a d e F o n t e i t a I g r e x a d e F o n t e i t a , á b s i d a F a c h a d a i g r e x a d e G o m e á n

Page 34: O Corgo. Amplo Horizonte

doa á igrexa de Lugo polo seu home, morto habíapoucos días, unha vila que tiña en Gumilani, xuntoó río Tórdea. Cítao Risco en España Sagrada eAmor Meilán na Historia de Lugo.

Logo, en 1316, nunha escritura fálase do celeiroou adega de Gomián. E en 1319, en galego, undocumento contén a transacción a favor de FreiJuan Menéndez, bispo de Lugo, que asina comotestemuña Rodrigo Eanes, crego de Gomeán.

As festas patronais son na honra de Santiago.Antes, tamén se celebraban as do Santo Cristo eSanta Agueda. É moi venerada a imaxe da Virxedo Pilar, que foi doada pola Garda Civil.

MMAARREEIINa Veiga do Tórdea, Marei. Ten igrexa en Outeiro,con retablo barroco do XVII. Pola parroquia pasa o

Camiño a Compostela.

O Teleclub de Marei, número 1.076 da rede Nacio-nal, foi unha obra de toda a parroquia encabezadapolo seu crego, Eliseo López López.

Empezou a funcionar aló por 1967. Construírono edificio social, con sala de estudio, salónsocial, bar, pista polideportiva e biblioteca. Cus-tearon o teléfono público que tivo o número 22dos do Corgo.

Creouse a primeira Cooperativa de consumo da pro-vincia, cooperativa de produción, Plantel de Exten-sión Agraria… Renovouse o tendido eléctrico, xes-tionouse a construción da escola, a traída de augas,báscula de gando… Celebráronse cursos, excur-sións… o Teleclub organizaba as festas patronais e aCabalgata de Reis con agasallos para os nenos da

parroquia. Organizouse un cine-forum. En 1972 cre-ouse unha peña quinielística. E publicáronse 1.500exemplares dunha publicación sociocultural.

Neste ano construíron as pistas de Marei a Vilanovae a Vilar. Investíronse máis dun millón de pesetas(das de 1972). Entre os veciños participantes esta-ban Manuel Parajuá Ferreiro, Elías Parajuá Fernán-dez e José Rodríguez Jacob. Entre os colaborado-res nas obras había un veciño de 72 anos de idade.

O Teleclub de Marei, polo seu traballo colectivo,foi galardoado dentro do Primeiro ConcursoNacional de desenvolvemento comunitario en1970. O seu teleclub foi un facho cultural no finaldos sesenta e comezo dos setenta. Eliseo LópezLópez era crego e monitor do teleclub. Logo estu-dou maxisterio, secularizouse, e exerce comomestre en terras coruñesas.

Os teleclubs, daquela, marcaron o ritmo vital demáis de trescentas localidades da provincia de Lugo.Entrelas, no Corgo, Marei, Franqueán, Folgosa...

En Marei, Eliseo publicou en 1971 un libriño titu-lado “TELE-CLUB DE MAREY. Teléfono 22 deGomeán”, dedicado “a todos los colaboradoresdel Tele-Club de Marey, y a todos los ligados aesta parroquia”.

Palabras de San Xoán e San Mateu, poemas de Cel-so Emilio Ferreiro e Rosalía de Castro, e os endere-zos de tódolos veciños da parroquia residentes enAsturias, Barcelona, A Coruña, Lugo, Madrid, Pon-tevedra, Ourense, Segovia, Valencia, Vizcaya e Fran-cia, eran toda unha innovación no panorama edito-rial e cultural daquel tempo escuro. A publicaciónvolveu ver a luz en 1972 e 1973.

6666 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 6677

I g r e x a d e G o m e á n , á b s i d e T e l e c l u b d e M a r e i , 1 9 7 1 T e l e c l u b d e M a r e i , 1 9 7 2 T e l e c l u b d e M a r e i , 1 9 7 3

Page 35: O Corgo. Amplo Horizonte

CCEELLAAO Neira é famoso pola súa riqueza troiteira. EPonte de Neira é o lugar perfecto para achegarseó río, e contemplalo desde a ponte medieval, paralogo repousar na inmediata área recreativa.

Cela, celda, sinala que en tempos houbo aquí unmosteiro.

Os frades sempre souberon escoller onde asen-tar as súas congregacións para estar preto do ceoe non lonxe da terra.

O río Neira rega e refresca, e proporcionou e aíndaproporciona riquísimas troitas, das mellores do país.

A Ponte que une os concellos do Corgo e o Pára-mo, de catro arcos de medio punto, hai que veladesde abaixo, desde ámbalas dúas beiras do río eó nivel da auga, para ter cabal visión da airosida-

de, da prestancia e fermosura desta construcióne da agresión, quizáis inevitable, sufrida parapoder permitir o fluxo de vehículos no tráficohabitual entre os dous concellos.

Aquí está ben delimitado ata onde chega O Cor-go. Pero non en todos os límites é posible terbarreira tan clara como o río Neira, e fito tanpoderoso como esta ponte medieval.

En Cela, punto e aparte no eido gastronómico. Tensona de décadas o seu bo comer. Dous establece-mentos a falta de un. ¡Bo proveito!.

Aquí hai asociación de veciños, con local propio.Un letreiro neste local anuncia ó viaxeiro que osde Cela saben xuntarse para o traballo e o lecer.

A igrexa parroquial está nun alto dominando a

6688 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 6699

P o n t e d e C e l aR e s t a u r a n t e s . C e l a

Page 36: O Corgo. Amplo Horizonte

paisaxe. Foi románica, pero non quedan restos. Oretablo maior é barroco.

Na idade media, a presentación desta igrexacorrespondía ó Arcebispado de Compostela.

II-Polo SuroesteNeste meu andar polo Corgo, na segunda viaxevisito a zona suroeste. Sempre desde Lugo, facen-do referencia “desde” a capital da provincia. Acercanía ten esa servidume, ou esa vantaxe.

Para este percorrido polo sudoeste do concello,parto da N-VI xunto a Torre de Núñez, e viaxo á bei-ra do Miño que logo marcará o límite do Corgo.

Tendo a conciencia de que o Corgo é unha planu-ra, sorpréndome circulando por unha terra dealtibaixos, ben curvas na estrada, e cando a estra-da se volve recta, montes ao lonxe, nevados noalborear da primavera. Onde acaba Lugo e come-za o Corgo?. Non o sei ben, porque a orografíaneste tramo é igual.

Sei que aínda estou en Lugo porque paso por San-ta Comba. Pero como se xa fose unha zona detransición.

O Miño amosa toda a súa brava fermosura, vólve-se máis ancho, e para facer máis humana a súabeira construíronlle un paseo empedrado, unhaponte de madeira, domesticouse un caneiro paraasentar outra ponte que permite superalo. Xa noCorgo, os camiños pola beira veñen ser continua-ción dos que proceden do Concello de Lugo.

Empezan a verse casonas maxestuosas, de labra-dores potentes. Estamos entrando no Corgo. Den-tro do Concello acentuarase esa sensación se ser

terra de señores da terra; que se asentaron de xei-to perdurable nunha terra para vivir, na que entrea terra e o ceo era posible construír pequenosparaísos artificiais de pedra e madeira, case sem-pre a catro augas, robustos, pesados, como paramellor fixarse ó chan con vocación de séculos.

Hai, tamén, modernas construcións de pedra dopaís, granito Porriño, ladrillo ou bloque. Pero oseñorío ségueno a marcar as construcións tradi-cionais que parecen mirar para nós reafirmandoa súa perennidade diante da nosa temporalidade.

Ata os muros que se esborrallan á nosa beira pro-claman mensaxes doutros tempos, como dicíndo-nos: esta é terra vella, onde a pedra se fixo huma-na pola man do home. Non é xusto que agora ápedra a deixemos morrer.

Moitas curvas na estrada – voltas e máis voltas- ecostas. Aínda non é esta a terra chá que agarda-mos. Pero para que se note que unha terra é chá,fan falla estribacións e contrastes… Estamos nun-ha das terras moderadamente altas do Corgo, conaltura entre os 500 e os 600 m. A altura sempre érelativa.

Estamos no Corgo desde que o Chamoso alimen-ta ó Miño á beira dun vello muíño, por baixo danova e airosa ponte de madeira que queda ó ladoda estrada que nos leva.

Pero cando verdadeiramente sabemos que estamosno Corgo, é cando un letreiro nos desvía á esquerdacara a Chamoso. Percorro camiño entre casas queó final me volve levar á estrada inicial. Nada lembraque este nome ten un tinte glorioso de ser o her-deiro do antigo Condado dos Flammosos, que evo-can chamas ou luz, ou brillos, ou tórrida luz do solsobre os campos abertos.

O Tecor Farnadeiros-Anseán, proclama a súaexistencia con numerosos carteis que lembranque estamos en terreo de caza controlada, comocorresponde, polos seus naturais propietarios.

Velaquí Farnadeiros, a terra dos antigos Farnata-rios, xentes relacionadas coa fariña.

No percorrido de hoxe, pequenas sinais de activida-de industrial, especialmente á beira das estradas, een directa proporción á importancia destas.

Moi ó comezo das terras do Corgo, un letreiro pro-clama que pasamos diante da Granxa Chafelo. Perotamén numerosas naves e invernadoiros que imosdeixando atrás, no anonimato natural destas instala-cións, vannos dicindo que contemplamos explota-cións que hai tempo quixeron considerar industriais,e hogano hai que estimar artesanais ou de pequenos

empresarios autónomos, con todo o seu risco perso-al e económico, con todo o seu mérito.

As casonas que imos vendo, amosan a realidade des-te noso país… Preparadas con modestia, evidencian-do o seu uso cotián, como casas de labor; ou restau-radas moi xeitosamente como primeira ou segundavivenda de xentes con posibles e con gusto.

SSAANN PPEEDDRROO DDEE FFAARRNNAADDEEIIRROOSSDe Farnadeiros fala o testamento de Odoario(747), un privilexio de Alfonxo IX (897) e un inven-tario de 1160.

Chamouse Farnatarius (s. VIII), Farnadarios (s.XII)e Farnadeiros, desde o s. XIII. O nome ven de “fari-ña”, “enfariñar”, e Nicandro Ares coida que os“farnadeiros” serían traballadores da fariña ou do

7700 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 7711

E x p l o t a c i ó n a g r í c o l a e n O R e g u e n g o , S . E s t e b o d e F a r n a d e i r o s

Page 37: O Corgo. Amplo Horizonte

que se relaciona con ela: muiñeiros, peneireiros,forneiros, panadeiros ou reposteiros.

Por aquí pasaría o Camiño Real que os documen-tos locais dos séculos XVI-XVII, chamaban de Mon-forte, que bordea a parroquia polo poñente. Quesería herdeiro da vía romana pola que camiñabanos soldados romanos desde a Lucus Augusti ata oCastro Dactonium, Auria (Ourense) ou Brácara.

Isaac Rielo Carballo ven de publicar un libro sobrea casa grande de Quintela, en Farnadeiros, da queun documento do s. XVI indica que estaba nosarrabaldes da cidade de Lugo, á esquerda doMiño, augas abaixo, en terras regadas polo ríoChamoso. A casa foi construída en 1799.

As terras de Quintela eran de señorío monástico,por seren do convento de Santa María a Nova deLugo. O nome de Quintela, nos tempos de Roma,

correspondía a un conxunto de terra polos quehabía que paga-lo “quinto”, “quintela” se a rendaera pequena.

Isaac Rielo fala da Fidalguía en Farnadeiros, emenciona os López de Neira, Lopez de Valcárcel,López Rivera, López Somoza, Sánchez Noguerolou Álvarez Cedrón.

En 1556, faise un listado das fincas da Casa Grandede Quintela. Pero Gómez manifesta que paga deforo anual ás monxas Da Nova en Lugo sete fane-gas de pan, un cocho e dous capóns. As monxas deLugo esixiron a mediados do XVIII e comezos do XIX,dereito de vasalaxe a tódolos veciños de Vilanova.

En 1815, ó remata-la Guerra da Independencia,Don Froilán de Neira y Gayoso, ó que Isaac Rieloconsidera un dos puntais do tradicionalismo na

zona, pasa a ocupar a alcaldía na xurisdición deAdai. Casou don Dona Mariana Valcarce e Miran-da, de familia de avoengo de San Xoán do Corgo.

A comezos do s. XIX libéranse dos foros ás mon-xas de Lugo, transformándoos en rendas. En 1836o patrimonio das Dominicas da Nova pasa ó Esta-do, e as rendas da Casa de Quintela pasan á RealFacenda, que moi logo serán redimidas.

Establécese vencello coa Casa de Reguengo, en Pan-tón, cando Xoán de Neira e Gaioso, herdeiro da casa,foi casar con Maríaa Isabel Losada e Garro. Sábeseque Xoán de Neira mercou o Hospital en Quintela,que rendía 5 fanegas de pan, e que tamén foi quenpagou as débedas forais da casa de Quintela.

Recolle a historia da casa de Vilar de Díez, na quevivía Manuel F. Cedrón de Ulloa, casado con Fran-

cisca Quiroga. Unha das fillas, a segunda, MaríaRosa Cedrón de Ulloa, raptada- segundo expe-diente aberto polos seus pais- do domicilio pater-no polo que se dicía ser o seu noivo, DomingosLorenzo, natural do Hospital de Chamoso e cabode milicias do Rexemento provincial de Mondoñe-do. Coa estrataxema á que recorreu o soldadopara facerse coa súa amada e logo proceder aomatrimonio, non estaban de acordo, en maneiraalgunha, os proxenitores de María Rosa, alegandodiferencia de estado: ela pertencía á nobreza,“nobre fidalga de sangue”, e el era un simple pei-teiro, e ademais da tropa, nada ben visto polos“homes boos” do estado xeral.

O Castro de Verín (511 m) ou Vilanova, que conser-va a croa, alberga unha lenda de fadas encantadas,sorprendidas algunhas polos nativos cando unha

7722 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 7733

C a s o n a e n r e s t a u r a c i ó n , F a r n a d e i r o sI g r e x a d e S a n P e d r o d e F a r n a d e i r o s A C a s a G r a n d e d e Q u i n t e l a , d e I s a a c R i e l o C a r b a l l oC a s a G r a n d e d e Q u i n t e l a , V i s t a X e r a l

Page 38: O Corgo. Amplo Horizonte

noite de San Xoán se dedicaba a carrexar auga.

Un seixo – Leira do Coio- pechaba a boqueira docastro. Segundo a lenda, era un pear nas augasdo río e traído alí por unha reina moura, en casti-go, por se propor fuxir coas súas doncelas de Vila-nova a Coeses.

O Castro de Grova (515), que se chama así polagrova ou congostra que o rodea, conserva os foxos.

Está á dereita da entrada que, polo monte e o Outei-ro, sube a Eirexe, onde se acha o templo parroquial

SSAANNTTOO EESSTTEEVVOO DDEE FFAARRNNAADDEEIIRROOSSTamén á marxe esquerda do Miño, lembra unha for-taleza castrexa. Estaba á beira do Camiño Real,tamén chamado Camiño Vello, que segundo o Iti-nerario descritivo Militar de España, ía (despois decruzar o río Chamoso), pola Ponte de Areosa, Quin-

te, faldra do monte Páramo, Meixente, Camiño deNarón a Pedrafita e estribacións do Pico Cebreiro.

No interior da igrexa, retablo renacentista do s. XVI.

Pousada, a comezos do s. XIX, pertencía a SanPedro de Farnadeiros. Na casa de Pousada, a finsdo XVIII, vivía Tomás Ares que tiña Casa de Pousa,casa Grande, con muíño na Rigueira de Pereiroáe con caneiro e barca no Miño.

Desta casa foron Manuel Ramón, Prior de Manánde Arriba e seu irmán maior Miguel, e a mullerdeste, Rosa, que morreron en 1839 asasinadospor unha partida carlista facciosa.

AA FFEERRVVEENNZZAADentro de Santo Estevo de Farnadeiros, A Ferven-za, paraxe incomparable e unha das melloresmostras de turismo rural, desenvolvemento sos-

7744 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 7755

J a m o n e s R i v e r a - F a r n a d e i r o s C a s a T r o n c o s o , F a r n a d e i r o s

Page 39: O Corgo. Amplo Horizonte

tible, e potenciación de recursos do Corgo.

Hai tempo que a teño visitado, e coido é fermosae meritoria iniciativa, e tense convertido nun dosimportantes recursos turísticos deste Concello. Éun conxunto á beira do Miño, con 6 habitaciónsdobres e unha especial. A edificación, do séculoXVII, protexida en tempos dos bandidos polas tra-buqueiras, alberga o restaurante.

Do muíño xa se tiñan noticias no século XVI.Entrado o XVII, o licenciado Juan de Bande, impul-sou definitivamente esta muiñería ó pé dun impo-ñente salto de auga.

No Catastro do Marqués da Ensenada (1752), cons-ta que había “dos molinos arineros que muelen conagua corriente el uno de llos de Dn bernardo devande, presbitero, al sitio da Ferbenza do Miño, quemuele con tres ruedas un mes del año regulando

su producto en 18 reales de vellón, y a otro deDomingo de Vande al sitio da Ferbenza do Miño quemuele con tres ruedas un mes del año, regulan suproducto en quince reales de vellón”.

A Casa Grande da Fervenza tense queixado detalas de carballos no Bosque da Fervenza, porafectar a un espacio correspondente á Reserva dabiosfera “Terras do Miño”, que se pretende inclu-ír na rede Natura 2000 para a súa protección. ADirección Xeral de Conservación da Naturezadecretou a paralización da tala de especies autóc-tonas na Fervenza, como medida cautelar.

O contorno é un ecosistema único, zona reservada biosfera, bosque de inundación ben conserva-do, con lagoas ós seus pés causadas pola erosiónfluvial, considerándose unha paraxe irrepetible enLugo e España.

O río Miño é xa todo un Señor. Parece como se porLugo o Miño fose contido, pola xeografía e polamasa urbana, e que ó chegar ó Corgo se aseño-rase, e aproveitando que é terra chá amplase osseus dominios para que as súas augas poidan via-xar repousadas pero faladoras.

Hai cigoñas que pasan á nosa beira. Non levannenos, como a tradición quere. Claro, hoxe, osnenos non veñen de París. Pero así, tamén, ascigoñas poden dedicarse ós seus labores de facerniños, procrear e adestrar ós cigoñinos, sen terque traballar para os humanos.

Conviven moitísimos pinos (froito, sen dúbida derepoboación intensa), con especies do país de len-to crecemento. E por iso é verde a paisaxe en todotempo… Sobre a cor, unha observación: ¡Comodestacan na paisaxe os blancos plásticos, substi-

tutos dos xa vellos silos… Algunha solución habe-rá que darlles no futuro.

É infinita a rede de camiños do Concello do Cor-go, ideal para o que coma min queira deixarse ir…Atopo outro Tecor, este innominado, sinal de quetamén na caza O Corgo conta.

Terra chá. Comeza a selo. Un letreiro lévame nalembranza á Terra Chá da miña nacencia. Istotamén é terra chá, e comprendo por que o Irydaincluía en tempos ó Concello do Corgo na comar-ca chairega.

CCAAMMPPOOSSOOEn Camposo, turismo rural. É a Casa Grande, queresponde xenerosamente a este nome. Sen dúbidaque andando o tempo o concello terá unha rede decasas grandes que, conxuntamente, potencien e dis-

7766 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 7777

L a g o a e n A F e r v e n z a M u í ñ o n a F e r v e n z aC a s a G r a n d e d a F e r v e n z a . E n t r a d a

Page 40: O Corgo. Amplo Horizonte

fruten esta xeitosa forma de viaxar e facer turismo.

A igrexa de Camposo, humilde, románica, depedra de sillería, ten unha fermosa ábsida semi-circular máis baixa. A nave, a dúas augas, ten pro-fundas gretas. Non interior, retablo barroco do s.XVIII. No exterior, rodeándoa, pequeno e anárqui-co cemiterio. Na porta principal, curioso enterra-mento coroado cun bonete de pedra. No medio dopobo, magnífico pombal.

Desde Camposo, subir a Farnadeiros. Ou esa é asensación, de contínua subida, aínda que aquí nonhai alturas especialmente ostensibles. A redeintrincada de camiños permite que salla cara árecta de Sabarei.

LLAAPPÍÍOO ((SSAANN MMIIGGUUEELL))Da antiga igrexa románica de Lapío, mencionadano testamento de Odoario no ano 747, queda só o

arco triunfal nunha igrexa dunha nave con capelae sacristía no lateral norte. Alberga unha Virxecon neno dos s. XVI-XVII.

No lugar do Castelo, houbo un doado á igrexa deLugo no ano 1032 por Bermudo III.

SSAABBAARREEIINa estrada de Sarria a Lugo, está a Rota do Moble,que comeza en Lugo, e ten a Sarria como capital. OCorgo ten alomenos dous puntos de referencia nes-ta Rota: Mobles Toirán e Atticus.

Arredor da estrada Lugo - Ourense, aparecen oHostal Alborada, Desguaces Goya, as estacións deservizo de Sabarey e Maceda…

É obrigado parar na Pastelería de Maceda para mercaralomenos media ducia das súas xigantescas ”cañas”que enchen de gastronómico placer calquera casa.

Un letreiro fálanos de “Sabarei de enrriba”. Eu coi-do que debería poñer de “arriba”. E outro de “Saba-rei de abaixo”. O meu mapa fala do Monte de Saba-rei. A miña vista, en troques, fala de terra chá.

A igrexa de Sabarei é sinxela. Nela gárdase un SanBlas do s. XV, e un cáliz de prata do XVIII.

MMAACCEEDDAAA igrexa, de 1945, está situada nun alto, sobre un anti-go castro. Nela consérvanse tres tallas do s. XVIII.

Como unha vía transversal que vai facendointersección coas principais do Concello do Cor-go aparece a estrada que fixo a Deputación Pro-vincial, como un cinturón lonxano arredor dacapital lucense.

Aquí, en Maceda, da a sensación de ser unha vía

de alta velocidade que contrasta coas repousadasque ata agora tivemos e seguimos utilizando.

Paso por Laxes, con Capela do Rosario. Moi cerca,dous pazos fermosos, señoriais, que fan verdade oque dixo Otero Pedrayo sobre a realidade desta terra.

De volta a Lugo, Paradela. Case ó final do concello. E,de novo, o río Chamoso, que marca límites con Lugo.

O río Chamoso xa trae de atrás a súa historia. EnCastroverde existe a Asociación “Río Chamoso”,de caza, pesca e conservación natural.

III-Terceira viaxePPAARRAADDEELLAADe Lugo cara ó Corgo, sinal cara a Paradela.

7788 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 7799

C a s a G r a n d e d e C a m p o s oC i g o ñ a P o m b a l e n C a m p o s o C a s a d e P e r e i r a e n L a x e s

Page 41: O Corgo. Amplo Horizonte

Desvíome, e primeiro só atopo unha antiga casade peóns camiñeiros con pozo ó lado que semellaun pombal.

O primeiro Paradela que atopo é un grupo peque-no de casas, mesmo á beira da estrada Lugo -Ourense, por Sarria e Monforte, á que volvo deinmediato. En total son cinco poboados na parro-quia. No Arquivo Histórico Nacional figura un docu-mento de 1582 que fai referencia a Paradela.

Un letreiro avisa de que pasamos xunto á empre-sa “Ganados Abuín”, que importa reses de Holan-da e Francia.

A igrexa parroquial, barroca, está en San Fiz, nomedio do pobo, con grandes lápidas no cemiterioque a rodea. Ten un retablo renacentista (s.XVII) eoutro neoclásico. Grandes casais a catro augas

con grandes dinteis monolíticos sobre os portaisde acceso, como publicou Elías Valiña Sampedro.

Dentro do termo parroquial están os castros de ARibeiriña e O Uzal, entre os que pasa o camiñoreal que ía de Lugo a Sarria e Monforte.

SSAANNTTOO AANNDDRRÉÉ DDEE CCHHAAMMOOSSOOA igrexa de Santo André de Chamoso é un con-xunto de barroco popular que ten preto un crucei-ro con relevos de Cristo e a Doorosa. O nomeHospital venlle dun antigo establecemento noCamiño a Compostela.

Na localidade existen dúas medorras.

No Hospital, en xullo de 2004, celebraron unha mallatradicional, organizada por unha familia do lugar.

MMAANNÁÁNNImos cara á zona oeste central do Concello endirección a Manán de Santa María. Curiosa adedicatoria. Normalmente, os nomes son o dunsanto e logo o propio da parroquia. Aquí, non.Coma na Pobra de San Xiao, aquí é Manán deSanta María.

Ó norte do termo parroquial hai un castro con res-tos dos seus muros defensivos.

Viaxo por zona de altibaixos e curvas. Non se podechamar exactamente “montuosa”, pero sí devariado relevo.

Cruzo a vía de tren a nivel superior, e vexo un car-tel do Tecor Chamoso. De novo, a caza. Hai quedicir que No Corgo hai perdices, lebres, coellos,corzos, xabaríns…

Ó norte de Manán, notoria fortaleza castrexa conmuro de cerca áo norte, hoxe de labrantío. Ó estedo poboado, finca A Croa. Á vista deste castro estáo castro de Chamoso, ó sur de Paradela. EnManán de Arriba, sinxelo templo rural.

Por aquí pasaba un Camiño a Compostela.

SSAANNTTAA MMAARRIIÑÑAA DDEE CCAABBRREEIIRROOSSE, de súpeto, entramos en Santa Mariña, urbani-zación de chalets na que residen numerososlucenses capitalinos. Chalets de variada factura,pero en xeral de alto nivel.

Rúas e chalets de nome sonoro: rúa Anduriña,Noite Meiga, la Casilla, rúa do Xílgaro, Los Abe-dules, rúa do Merlo, rúa Pombal, rúa da Igrexa,Rúa do Cuco, do Carrizo… letreiros de “Propiedadprivada. Prohibido el paso”, retráennos un pouco.

8800 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 8811

I g r e x a d e S a n F i z , P a r a d e l a M a n á n , S a n C o s m e . I g r e x a M a n á n d e a r r i b a . I g r e x a d e S a n t a M a r í aP u e r t a s Á l v a r e z , P a r a d e l a

Page 42: O Corgo. Amplo Horizonte

A pequena igrexa de Santa Mariña, románica, nunalto de pedra. O retablo maior é barroco. Un pou-co máis arredado, o cemiterio. Preto da igrexaapareceron varios sartegos.

Á saída á NVI, gran aparcamento privado. E entóndescubrimos un dos elementos menos desexadosdo Concello… Eses clubes de estrada que seasentan nas rectas do concello do Corgo, e contraos que se teñen pronunciado repetidamente polí-ticos e particulares.

No pobo de Cabreiros, xa na NVI, proliferan as ins-talacións comerciais ou industriais. Deseguidaperdemos a conta, porque esta é a zona con máisvitalidade económica do Concello do Corgo.

Tamén Fole escribiu destes pazos. Ruth Fernán-dez, que publicou o libro A PROVINCIA DE LUGO

NA OBRA XORNALÍSTICA EN CASTELÁN DEÁNXEL FOLE, recolle o artigo ”Buscando pazos”,publicado en Faro de Vigo o 1 de xullo de 1953.

El señor Aldegunde, un clérigo muy inteligente yculto, nos sirve amablemente de guía de nuestravisita al pazo de Andrade, en Santa María deCabreiros. Nos satisface saber que es un notableinvestigador de temas de historia eclesiástica.

Gracias a la gentileza de los señores del pazo,podemos recorrer las viejas estancias, curiose-ando, comentando, admirando. Divanes, sillas,relojes. Melancólico encanto de los años idos;fuga de imágenes en el remanso del tiempo; cua-dros borrosos, como el brocal del pasado. Aquí,unas arcas de cuero; allí, dos espejos ovales conmarcos de bronce. Ilustre, venerable antigüedad.Cada objeto exhala el sutil aroma de lo pretérito.

8822 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 8833

I g r e x a d e S a n t a M a r i ñ a d e C a b r e i r o sP a z o d e S a n t a M a r i ñ a

Page 43: O Corgo. Amplo Horizonte

Una sombra se desvanece en cada rincón.

Basta una ojeada a la biblioteca para percatarsede que en este pazo han vivido hidalgos letrados,curiosos de ciencia y arte. Una vieja edición delParaíso Perdido. Libros franceses y latinos. Lailustración acumulada de varias generaciones,con sus inquietudes espirituales, con un afán cul-tural sostenido y múltiple; al margen del tráfagomundanal, en un reposo lúcido y fecundo… Elseñor Aldegunde nos informa que en esta casa hatrabajado el sabio ingeniero Andrade, colabora-dor del insigne Fontán.

Con el placer del juglar de antaño, bebemos elvaso de buen vino en el comedor de la casona.Quizás nuestro reverente interés lo haya mereci-do. Un sereno contento suelta las lenguas. Brin-damos porque estas bellas mansiones, tesoros de

la historia de Galicia, se conserven largo tiempo.

Último hallazgo. A pocos metros de la capilla,unas sepulturas antropomórficas, bajo la espesí-sima ramaje de unos arces. A la indecisa luz cre-puscular parece que penetramos en una caverna.Tenemos que encender varios fósforos. Una ver-dadera gruta vegetal… Y una rápida sumersión ensiglos remotos. Venus, sella con su beso de luz lapaz de la tarde… Venus, paje de día y heraldo dela noche. Hay una melodiosa correspondenciaentre el tierno cántico de la tórtola y el largosusurro de la brisa en el boscaje.

CCHHAAMMOOSSOO ((SSAANN CCRRIISSTTOOVVOO))En Chamoso, unha das famosas rectas do Conce-llo, que case se prolonga ata o infinito.

Preto da igrexa, nun alto, atopamos a capela de

San Marcos, de 1870. Posúe un retablo barroco doS. XVII. Sartegos labrados en roca granítica. Moipreto está o Castro A Croa, no que apareceronrestos de cerámica.

Un letreiro, á beira da autovía, anuncia “Playa flu-vial de Chamoso”. É un conxunto fermoso, natu-ral e útil. ¡Ben polo Corgo!.

Antes de chegar á praia fluvial, igrexa na queobservamos a lápida que custodia a tumba de Bal-bino Díaz, que foi mestre nacional do Corgo. Naceuen 1913 e morreu en 1956. É unha pequena igrexarodeada por tumbas; agobiada por tumbas.

Na zona hai vellas e grandes granxas, agardandopolo derrubamento ou por novo destino.

Cruzamos sobre a autovía, e entón chegamos ápraia fluvial, na que se fai constar que o “Obradoiro

Ponte de Neira II” fixo no ano 2003 esta praia.

Xeitosa foi esta obra na que se remansa o río Cha-moso para o baño no verán, e para o lecer, a con-templación da natureza e o paseo durante todo o ano.

PPEEDDRRAAFFIITTAAPasamos Abuín, e chegamos a Pedrafita. Aquíchama a atención un edificio “diferente”, señorial.Unha placa proclama que é o antigo Grupo esco-lar “doado por Juan Fernandez Castedo ós veci-ños do seu pobo natal”, Pedrafita, en 1945.

A primeira noticia gráfica da freguesía aparece endocumentos da catedral de Lugo, datados nosséculos XII e XIII.

A Casa de Ulloa, a catro augas, conserva aires doseu antigo esplendor, cunha pedra heráldica. Ade-

8844 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 8855

U r b a n i z a c i ó n d e S a n t a M a r i ñ a , C h a l e t C a s o n a e n B o c e l o , S a n t a M a r i ñ a . I g r e x a d e S a n t o A n d r é d e C h a m o s o A n t i g a e s c o l a d e P e d r a f i t a

Page 44: O Corgo. Amplo Horizonte

mais, hai unha fonte de augas medicinais, utiliza-da para curar enfermidades do fígado e da vista.

En Pedrafita, o día da Ascensión, celébrase o ritualda fonte, na que os devotos —segundo informa XoséManuel Blanco Prado— en ritual profiláctico e cura-tivo, lavan algunhas partes dos seus corpos cunspanos que logo deixan a caron da fonte.

A antiga igrexa estivo sobre un alto, ó norte.Consérvanse dous sartegos en roca cuberta dematorral.

Na parrroquia existe unha capela dedicada a NosaSeñora das Virtudes, cun retablo renacentista.

AADDAAIIPasada a Explotación Muinelo, chegamos a Adai, capi-tal gandeira dun concello especialmente gandeiro.

Á chegada, á esquerda, casona de muíño con

escudo. E moi preto, no río inmediato, pequena efermosa cascada pola que rebosa o caneiro.

A igrexa é moderna, de 1890, e está situada nomáis alto do pobo, sobre unha rocha de granito.Ten nave a dúas augas, planta de cruz latina e púl-pito de pedra.

Adai ten en lugar principal o Pazo do XeneralTella. É un pazo moderno, nada que ver cos mag-níficos pazos tradicionais do Concello, pero aíndaasí impresionante. Presenta dúas grandes torreslaterais. A súa base é de 28,5 por 18 metros, cuntotal de 1704 metros cadrados construídos sobreunha finca de 6.775 metros.

O seu destino parece ser a hostalería e o turismo.Así garante a súa permanencia e vitalidade. Endecembro de 2000 foi vendido pola Familia Tella,e no outono de 2006 mercado por unha empresa

8866 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 8877

P a z o d e U l l o a , f a c h a d a p r i n c i p a l P a z o d e U l l o a , p a r t e p o s t e r i o r

Page 45: O Corgo. Amplo Horizonte

madrileña, suponse que para turismo rural.

No núcleo de Adai, igrexa, escolas… Estas foronrehabilitadas polo Obradoiro Ponte de Neira. Nocentro, un gran palco da música. E un conxuntode casas de pedra, fermosas, amplas, caracterís-ticas dun concello que rebosa señorío.

Imos cara Queizán, deixando á esquerda a esta-ción de testaxe de Acruga.

E seguen curvas e desniveis. Seguimos na zonaoeste do Concello, pero máis ó norte.

QQUUEEIIZZÁÁNNEn Queizán de Abaixo, a igrexa está no máis altodo pobo, sobre a roca, constando que se fixo sen-do cura “Don Gutiérrez Demon y Valledor, 1736”.

Ó noroeste, hai un castro no que apareceron res-tos prehistóricos, e no lugar de Queizán de Abaixodescubríronse varios sartegos pétreos.

Un gran chalet no alto de Queizán domina o pobo.En Queizán, no máis alto do monte, hai un monolitoerixido a finais do s. XIX, non sabemos con que fin.

Un novo anuncio de Tecor. Indicador de Mesóndos Ramos. Quizais en tempos houbo alí unmesón. A estrada á que chegamos é máis“importante” que a que traemos. Leva a Castro-verde. É a que a Deputación fixo como circunva-lación da capital.

Castroverde comeza no km.125 desta vía, coaparroquia de Goi. Retrocedo cara ó territorio doCorgo, cara a Fonteita. Xa outro día a visitei, vindoen dirección contraria.

8888 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 8899

C a n e i r o e n A d a i C a m p o d a F e i r a d e A d a i I g r e x a e c r u c e i r o d e Q u e i z á n C r u c e i r o e n Q u e i z á n

Page 46: O Corgo. Amplo Horizonte

CCAAMMPPEELLOOChavín e Rubial á esquerda. Campelo á dereita.Vou a Campelo.

A sinxela igrexa é románica, con nave a dúasaugas. Alberga unha Virxe románica do s. XIII. Nopobo, escudo con catro cuarteis.

Cruzamos de novo a autovía. Letreiro de Tecor“O Corgo”.

Saímos á estrada NVI á beira da casa do concello.A rúa está dedicada a Apolinar Gómez Silva, quefoi secretario do concello, do de Ponferrada e daDeputación de León, e contribuíu de xeito decisi-vo a que O Corgo tivese unha consistorial propia.

Ó lado doutro dos clubes da estrada (estou xa na ave-nida que se supón placenteira) un almacén que pare-ce improvisado de “troncos” de aeroxeneradores.

Paso xunto ó Colexio, campo de deportes, polide-portivo… A este polideportivo xa teño asistido apartidos de fútbol-sala que os rapaces lucensesveñen xogar aquí.

Co río Tórdea, remata o pobo de Goméan. Perovendo que o concello segue, sigo tamén en direc-ción Madrid, onde está a zona industrial de Veigade Anzuelos.

Cousas da división administrativa: unha beira daestrada é de Láncara e a outra do Corgo.

FFRRAANNQQUUEEÁÁNNO camiño estreito que me leva, ó comezo paraleloá autovía, acaba por cruzala por debaixo, e derepente, ó atopar Talleres Franqueán, sei queestou onde quería chegar…

Opina Méndez Ferrín que Franqueán ven de Fran-

quila(n), nome de persoa na idade media, quelembra o tempo dos francos.

A igrexa románica, con reformas posteriores, datade 1178. Actualmente dedicada a Santa María, tivoa María como titular desde os seus comezos. Afachada é do século XII, con porta de estilo romá-nico e unha fiestra con arco e columnas. Tivo por-ta lateral, hoxe pechada de pedra.

Figura como posesión da igrexa de Lugo no catá-logo confeccionado na primeira metade do s. XII.

Menciónase Franquiani en 1233, cando o peregrinoPedro Fernández, con motivo dunha viaxe ós SantosLugares, fai doazón á catedral lucense de senlloscasais en Franquián e San Xoán de Trasliste, e outravez no 1260, cando o bispo lucense Don Miguel per-muta a freguesía de Santa María de Franquián.

O Grupo Djaliqyah visitou esta igrexa para estudarunha inscrición existente no tímpano na portaprincipal. Nela aparece a data de consagración(1178), e o nome de Rex Fernandus, o que consi-deraron proba que houbo unha actuación especialda persoa real. Parece que puideran ser dúaspedras independientes.

En Franqueán apareceu un miliario que acreditao paso por esta parroquia da vía XIX do Itinerariode Anonino.

En tempos tiven aquí un amigo, Luciano Marbán,monitor do Teleclub. Pasou tanto tempo queseguro que ningún de nós é o mesmo que naqueltempo dos teleclubs en que Franqueán e Mareisoaban con nomes propios na copiosa nómina doscase catrocentos teleclubs da provincia de Lugo.

9900 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 9911

C o l e x i o P ú b l i c oI g r e x a d e C a m p e l o I g r e x a d e F r a n q u e á n

Page 47: O Corgo. Amplo Horizonte

O primeiro teleclub de Franqueán estivo nunhavella casona, na casa de Besteiro, e o párroco Jai-me Ceide foi o seu impulsor.

Entre as obras levadas adiante polo Teleclub deFranqueán foi levar a auga ó novo local social,desde uns cincocentos metros, cerrar o seuterreo, escaleiras de acceso, impulsar a constru-ción da estrada, para a que os socios cederonterreos, construción de dous kilómetros de pistapara enlazar a parroquia, ciclo cultural, excur-sións… Traballos das xentes de Franqueán parti-ciparon na II feira de artes e industrias popularesde Foz naquel ano 1972. Neste ano restauraron aigrexa parroquial, afirmaron vigas e teito e ó efec-tuar estas obras descubriron e rescataron unhapintura coa escena da Asunción, que estabacuberta de cal.

Aquel 1972 rendeuse unha homenaxe a JaimeCeide polo seu traballo de impulsión da parroquia,erixíndose un monolito no que se indicaba que “Opobo de Franqueán a D. Jaime Ceide. A súa fe ennós fainos sentir cada día esperanza no nosoesforzo. Outono, 1972”.

Dous rapaces de Franqueán obtiveron premios dedebuxo en 1972, dentro da convocatoria efectuadapola J.C.I.T.E e o Instituto Nacional do Libro: JoséGude Ameijide e Pepita Armada Gude. Tamén foi pre-miada Angelines García López, do Teleclub de Marei.

Vemos en Franqueán a antiga escola. Novo letrei-ro de Tecor. Volvemos. Pasamos sobre a autovía,e chegamos a Castrillón.

SSAANN SSAALLVVAADDOORR DDEE CCAASSTTRRIILLLLÓÓNNManuel Vázquez Seijas estima que o nome de

Castrillón (que el sitúa en Santa Eulalia do Alto)parece denunciar a existencia, en pasados tem-pos, dalgunha fortificación. E considera que oCastrillón do Corgo vixiaría o acceso á capitallucense que desde Astorga viña por este lugar doantigo condado de Chamoso ata Lucus Augusti.

A igrexa é románica (s.XII). Ten nave elevada a dúasaugas, con 14 modillóns a cada lado e porta alinteladaposterior no natural sur. Está rodeada dun muro cir-cular de pedra, e edificada sobre un magnífico castro.

A pía bautismal adaptouse para mesa de altarhacia o pobo. E o seu púlpito con verxas de ferroutilízase o 11 de xuño para a romaría de San Ber-nabé, na que se pon o santo coa xaculatoria “Cris-to vive, Cristo reina. San Bernabé bendito te librede toda peste e mal. Amén”. Ofrécense ex votosde cera que simbolizan algúns corpos de animais:

cochos, vacas... e tamén o corpo humano e algun-has das súas partes. Mans, pernas, cabezas.(J.M.B.P.)

En Castrillón, casona que foi dividida en dúas, pormor quizais de partixas familiares.

OO CCOORRGGOOFaltábame por achegarme á capital, con igrexareformada en 1803, con obras que importaron7.114,03 reais.

No contorno da igrexa apareceron varios sartegoslabrados na rocha, cubertos con lousas.

Fronte á igrexa está a Casa dos Neira.

A capital do Corgo vive arredor da estrada N-VI,outrora gran arteria e hoxe longa vía vital, espe-cialmente destinada á circulación interior.

9922 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 9933

I g r e x a F r a n q u e á n , d e t a l l e d a p o r t a d a Á b s i d a d a i g r e x a d e C a s t r i l l ó n I g r e x a d e C a s t r i l l ó n

Page 48: O Corgo. Amplo Horizonte

IV-De Laxosa a FolgosaEntro, de novo, no Corgo, pola N.VI. Visito Laxosa.O núcleo, alonxado da súa estación. O pobo, que-da á beira da N.VI, e hai un establecemento dehostalería, o Mesón de Mónica, ó que acodennumerosos lucenses polo agradable trato e o bocomer. Teño ido alí, e moi ben.

LLAAXXOOSSAAA igrexa de Laxosa é moderna. Preto dela atopáron-se sartegos, e non lonxe tres castros acreditan pre-senza humana desde a máis remota antigüidade.

A parroquia queda dividida pola N-VI. A un lado, opobo, tranquilo. Ó outro, a estación, na que unmuro marca distancias entre o ferrocaril e o trá-fico rodado.

Foi moi grande esta estación, pero na actualidadeo tren non é o que era. Nin aquí nin en Lugo. Que-da o Ave como gran esperanza.

Na zona da estación, dominan o conxunto as insta-lacións de Suministros Ribeira. Cando lle comentoa miña impresión ó Alcalde, entérome que, preci-samente ese é o seu traballo e a súa empresa.

Hai casonas xeitosas, fermosas e ben conserva-das. Ocorre en moitas estacións, testemuñas dotempo no que o tren era vital. Laxosa segue aagardar con todo o dereito a que o tren volva terprimordial importancia.

Moi preto hai un cómodo paso baixo da vía. Haivarios exemplos no concello de pasos elevados ousubterráneos da autovía, para posibilitar un tráfi-co fluído.

AARRXXEEMMIILLNicandro Ares conta que houbo un mosteiromedieval en San Martín de Perliños (Perellinos),na parroquia de San Pedro de Arxemil, preto duncastro e dunha antiga ponte alombada, quizaismedieval con base romana, chamada ponte dosGaliñeiros, sobre o Río Chamoso, a pouca distan-cia da estrada Madrid-Coruña.

Por aquí pasaba a vía romana XIX. Sábese, porque ogrupo Djalikyah atopou dous miliarios. Tamén seatopou un ara votiva dedicada por Maximus Secundió deus Mercurio, que se garda no museo diocesano.

Risco menciona que o 20 de abril do ano 857, Ordo-ño I, Rei de Asturias, e a súa dona, doaron á sede deOviedo, “en Chamoso, o mosteiro de San Martín dePerliños, con dez vilas e as súas igrexas, chamadasSantiago de Ranero, San Miguel e San Pelaio.

Supón Nicandro Ares que as igrexas son Santiagode Adai, San Miguel de Pedrafita e quizais San Paiode Arcos, todas elas próximas. Alfonso III, en 900,confirma ó bispado de Oviedo varias posesións enGalicia, “Laxosa en Chamoso e a posesión de SanMartín de Perliños con tódolos seus anexos”.

Consérvase a tradición de ter habido un conventoe logo unha ermida. Por estas posesións houbolitixios entre as dúas dioceses, e cóidase quealgúns documentos foran falsificados. Puideronser refeitos máis tarde, e pode haber mentirasneles, pero o certo foi a existencia deste Mosteiro.

Indo para Arxemil chama a atención o modernocemiterio, alonxado da igrexa e das casas.

Os piñeiros acompáñannos en case toda a viaxe.Vese que foi importante na zona o traballo de

9944 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 9955

I g r e x a d o C o r g oC a s o n a e n C a s t r i l l ó n P o n t e G a l i ñ e i r o s e n A r x e m i l

Page 49: O Corgo. Amplo Horizonte

plantacións forestais.

Circulamos por zona relativamente alta. Os mon-tes xa non deixan ver lonxanías.

Deixamos á dereita Boelle e Vilaceleiro. Apareceun letreiro de “San Xoán”. Estamos en Arxemil.

SSEEGGOOVVIIAAA igrexa é un exemplo de barroco tradicional lucen-se. No seu interior, hai un retablo neoclásico.

Preto, caserío de 1759 chamado Casa San Xoán.

Á esquerda, Segovia. Imos cara alí. Ou non tensaída ou non lla atopei, no medio mesmo do pobo.

Seguindo estrada adiante, estamos no remate dasterras do Corgo. Á dereita, magnífica instalaciónde invernadoiros.

VVIILLAACCHHÁÁChegamos a Vilachá. E entón sabemos que esta-mos no remate do Concello. Esta parroquia foi doconcello de Lugo ata 1835, que pasou ó Corgo.

Magníficos prados pola zona evidencian a exis-tencia de gando vacún. De tódolos xeitos, estazona alta está menos habitada que a terra chádo Corgo.

SSAANNTTAA MMAARRÍÍAA DDEE PPIIÑÑEEIIRROOSanta María de Piñeiro, filial de Adai, aparece nundocumento da catedral de Lugo, datado en agostode 1250.

No máis alto, a igrexa, con ábsida cadrada. Nomuro do adro atopáronse varias sepulturasantropoides.

Neste termo está a casa de Canoura, cun escudoen catro carteis.

BBEERRGGAAZZOOO terreo en Bergazo é plano e arborado.

Sobre un amplo castro está a sinxela igrexa parro-quial, claro exemplo de arquitectura rural. Con-tén retablos do s. XVI, e no Museo Provincial deLugo existen restos arqueolóxicos atopados aquí.

SSAANN MMAARRTTIIÑÑOO DDEE FFOOLLGGOOSSAAPara ir a Folgosa pártese da N-VI. Hai que pasarVeiga de Anzuelos que xa dixen é parte do Corgoe parte de Láncara, e chegar a Sobrado, que per-tence a Baralla.

De Sobrado cara a Castroverde, magnífica estra-da, que chega ata Coto. Desde alí, volve á súamodestia anterior.

A nova estrada vai máis dereita, e a igrexa quedaun chisco arredada. Seguindo o indicador, subi-mos cruzando Folgosa ata o máis alto ondecomentamos a unha señora que se achega a nós.

“Iámos ata Folgosa, e coido que nos pasamos”. “Ai,non, Señor, non van perdidos. Isto, tamén é Folgosa”.

Indicounos logo como volver á estrada, cousa quefacemos pasando por diante dunha casa con bal-conada que domina o val.

Estamos en Seoane, segundo proclama un letrei-ro na estrada.

9966 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 9977

C a s a S a n X o á n , S e g o v i aI g r e x a d e S a n X o á n d e S e g o v i a I g r e x a d e V i l a c h á

Page 50: O Corgo. Amplo Horizonte

No libro “Viaxes con Fole”, Manuel Rodríguez fala doPazo de Folgosa, a Casa Palacio de Piñeiro, sinalan-do que se atopa á man esquerda, pouco antes dechegar á radial Madrid - Coruña. “O frontis é impre-sionante pola cantería ben labrada e, sobre todo, poloenorme escudo coroado co símbolo condal. Dousleóns aguantando unha vieira, un axedrezado, a Cruzde Malta, os lobos, cinco vieiras… son testemuña dasfamilias, emparentadas entre si, que o habitaron.

—“Este pazo é do conde de Canalejas, ¿non si?,preguntámoslle incorrectamente á labradora quenos abriu o vello portalón”.

—“O pazo élle noso”, contestou con firmeza.“Mercámolo a don Felipe Llamas cando eu aíndaera unha meniña”.

E namentres visitabámo-lo patio interior de ben

conservadas arcadas, dixo Fole: “O derradeiroConde de Canalejas, señor deste pazo, louqueoue andaba a pedir polas aldeas”.

Os actuais donos do pazo son conscientes do seuenorme interese artístico e monumental. É nor-mal que se sintan orgullosos da súa propiedade.Teño oído a moitas persoas laiarse porque nospatios destes pazos atópanse carros, moreas deleña, apeiros labregos, galiñas peteirando miño-cas… Eu penso que é fermoso dar con familiaslabregas en mansións nobres. Estamos tan afei-tos a ver que habitan casas ruíns –moreas depedras e laxes- que nos estrañamos en vendoalgúns pazos señoriais en mans de paisanos, can-do a cantería dos nosos artesáns cadra tan bencoa paisaxee coa nobreza da nosa xente…/…Oxaláque os labregos poidan vivir todos en pazos”.

A igrexa de San Martiño foi románica. Restaurada noano 1960, nada conserva do seu pasado esplendor.

A igrexa de Santo Estevo é unha pequena capela, sinxe-la, rural e illada, que está suprimida como parroquia.

V-Rematamos viaxeNesta quinta viaxe imos completar o percorridopolo Concello. Volvemos pasar por lugares xavisitados, e o coñecemento permítenos ver cou-sas non vistas na primeira vez… Como, porexemplo, as grandísimas pedras -a fin de contasmegalitos- que existen na zona de Laxosa.

AANNSSEEÁÁNNCara a Anseán, hai un paso a nivel. Na parroquiaconsta que hai dúas fontes de augas termais sul-

furosas: Fonte do Bosque e Fonte das Laxes.

Manuel Vázquez Seijas indica que houbo unhatorre, a Torre de Anseán, do Marqués de Astorga,que “era unha das boas fortalezas do Reino”. Otítulo de Marqués de Astorga, Grande de España,outorgárallo en 1465 o Rei Enrique IV a ÁlvaroPérez Osorio, que era xa Duque de Aguiar e Con-de de Trastámara e Villalobos.

A Torre estaba en Santa Catarina, onde aínda exis-te a casa da Torre de Anseán.

Dela fálase en 1526 no proceso contra don Alon-so de Fonseca. Destruída no S.XV polos Irman-diños, reconstruíuse. Logo a torre caeu, debidoó abandono dos donos e non ser cuidada poloscaseiros. Dela saíron máis de douscentos carrosde pedra de grao, e suponse que un tesouro que

9988 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 9999

E s t r a d a B a r a l l a - C a s t r o v e r d e P a z o d e P i ñ e i r o P a z o d e P i ñ e i r o , e s c u d oR e s t a u r a n t e P r a d o s e n V e i g a d e A n z u e l o s

Page 51: O Corgo. Amplo Horizonte

alí estaba agochado, xa que se conta que “habíaalí unha cova no chan da torre, que estaba moiadreçada e lucida, coas súas estrelas noa bóve-da”, e que “a tiñan topido e entullado e ansíestaba entullada”.

A igrexa ten un amplo adro con cemiterio, e con-tén unha magnífica custodia “Sol” de 1800 e reta-blos do século XVIII. Nela, o segundo domingo demaio, según Blanco Prado, hai o ritual de poñer osanto, ofrecéndose os devotos polos acabados denacer e polos que van nacer. Preto da igrexa estáa Pena do Santo, e inmediato a esta, magníficolocal da asociación de veciños.Por aquí pasaba o Camiño a Compostela.Pasamos por Marei, Vilanova. Imos subindo caraa Santalla. No alto, a igrexa parroquial. Estamos nos límites

do concello, e desde aquí contémplase toda aterra do Corgo.

AALLTTOOA igrexa de Santalla está en Eirexe, nun gran cas-tro. Conserva porta románica e fiestra saeteira,sendo barroca a espadaña. No interior, gardainteresantes retablos. Jaime Delgado denominade “falsa ferradura” o gran arco triunfal existenteno interior. A ábsida ten un tramo recto e cabe-ceira semicircular. A igrexa non é anterior a 1200,pero tampouco moi posterior.

Por Jaime Delgado sabemos que as pinturas apare-cidas ó facer obras na igrexa consisten nun orixinalviacrucis coas catorce estacións compostas por pasostodos iguais: cruz con lises. O resto das pinturas, defins do XVI, mostran un San Roque con bastón deperegrino e a coroación de María por dous anxos.

110000 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 110011

A n s e á n , C e n t r o S o c i a lA n s e á n , I g r e x a . I g r e x a d e A n s e á n , p e d r a n o m u r o

Page 52: O Corgo. Amplo Horizonte

Cruzamos un pequeno río no que debe haber boapesca cando hai un letreiro que lembra que nonse deben pescar troitas de menos de 19 cm delongo. Hai un lago. E atopamos Abragán.

AABBRRAAGGÁÁNN. Suprimida como parroquia, a igrexa está na partealta, nunha carballeira.

Vexo un chalet de autor. Hai moitos. E centos decasas magníficas que compensan de todo.

Chegamos a Escoureda. Os nichos de Escouredarivalizan coa igrexa. E case gañan.

EESSCCOOUURREEDDAANo ángulo que forman os ríos Neira e Tórdea estáa histórica Escoureda.

Hai máis de mil anos, en 976, Adosinda, cumprin-do a última vontade do seu esposo VermundoGatóniz, doa ó Mosterio de Samos a vila de “Scau-reela”, xunto ó río Tórdea en Manzaneda.

Poucos anos despois, en 982, consta que LucitoLucidiz doa ós frades de Samos e ó seu abadeMandino a “Villa de Scaureta”.

Sempre a Igrexa polo medio, en data que vai de982 a 990, no inventario de posesións de San Sal-vador de Bande en Neira figura “Villa de Scaure-da, que iacet inter Tordena ed Naria per ubi suosterminos habet et illo ribeiro contra ecclesia descasa de Arias Armentariz ata casa de don Violen-zo II sesigas molinarias”.

Por fin, en 993, Lucido e Visclarara doan ó mostei-ro de Samos as vilas de San Salvador e Santa Maríade sala xunto ó río Neira e outros lugares e vilas:“et villa alia in Scaureda ab integro”.

A igrexa parroquial ten un retablo neoclásico (s. XIX),e no lateral dereito outro renacentista (1677), que seindica mandou facer o licenciado Sebastiá López.

Saímos á estrada Lugo - Sarria, moi preto daPobra de San Xiao. Volvemos a terras do Corgo.

CCEERRCCEEDDAANo ángulo que forman o Miño e o Neira ó unirse,Cerceda.

Se en tódolos lugares do Corgo chaman a aten-ción as magníficas casas de pedra, quizais podeser Cerceda un dos lugares máis destacados. Ábeira da súa igrexa, sepulcro da Familia AmedoFouce. Vemos unha cigoña.

A igrexa está algo aillada. A capela maior é a catroaugas. No interior, ten un retablo barroco do XVIII.E perto da igrexa están as ruínas da casa-fortale-za de O Pacio, que foi dos Páramo e data de 1587.Ten dous portalóns con arcos de medio punto, eunha pedra heráldica de 1881.

SSAANNTTAALLLLAA DDEE QQUUIINNTTEEQuinte, quedounos para o final.

Está sobre a ribeira esquerda do Miño. Santa Baiade Quinte, figura no primeiro testamento de Odo-ario (747), coidándose que aquí houbo unha comu-nidade cristiana moi antiga.

Risco menciona que Alfonso III, en 897, inclúeQuinte na doazón a Santa María de Lugo. E men-ciona esta “vilae” como fundada polos seus ser-vos Quirino, Verino, Miro, Sirio, Semeorino, María,Lairego, Manax e Asoredo. Cita tamén este docu-mento a vila (as dúas “in portu Framiri”) de Cole-ses (Coeses - Quinte), que tamén doa á igrexa de

110022 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 110033

I g r e x a d e A l t o

Page 53: O Corgo. Amplo Horizonte

Lugo cos seus homes e herdades da súa familia.Porto e Framil son de Quinte.

No século XII pertence á mesa canonical lucense,e entre 1373 e 1385 está aforada ó mosteiro deSanta María de Lugo. Arrabaldo e Pacio, taménde Quinte, figuran en documentos de 1194 e 1256.

A igrexa é románica, a dúas augas, totalmenterenovada no século XIX. Deste tempo é o frontis.

No interior, retablo e imaxes do século XVI. Na portasur hai unha pedra alintelada decorada con 5 trián-gulos con debuxos de cruces, círculos ou cuñas.

En 1983, foi restaurada polos veciños. Apareceronunhas pinturas que Jaime Delgado considera corres-ponden ó século XVI, nas que aparecen Pedro e Pablo,unha Virxe da Anunciación e un Santiago Matamou-ros, estimando que se trata dunha escea na que San

Pedro trata de introducir unha alma no ceo.

O grupo Djalikyah atopou unha lápida que naactualidade se atopa no museo diocesano, na queaparecen as letras “amuladi”, que querería dicir“Serva de Deus”. Suponse que pertenceu a unhasepultura cristiá.

110044 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 110055

I g r e x a d e C e r c e d a C a s a C a r p a n z a l c o n c a p e l a , C e r c e d aI g r e x a d e Q u i n t e

Page 54: O Corgo. Amplo Horizonte

Remata aquí a miña Guía, que xa é de tódolos lec-tores, para tentar achegarse ás terras do Corgo.

Que pretende ser a presentación dunha terra e dun-has xentes. Como unha presentación tópica na quese dixese: Aquí, O Corgo… Aquí, un amigo. E xa está.

Aquí, nesta Guía-Bloc de notas, está a miña idea, amiña visión das terras do Corgo (pedra, auga, terrachá, amplo horizonte)… Aquí, un amigo, mil amigos,un millón de amigos… que queren e poden ache-garse, entrar, nesta terra aberta e acolledora.

O de “Un lugar ideal para vivir”, referido ó Corgo,non serei eu quizais, aparte do dito, capaz dedemostralo con palabras. Pero si podedes, lecto-res, comprobalo perfectamente.

O Corgo, terra de auga e pedra, de fermosísimaspaisaxes, de ríos e planicies. O Corgo, terra de

pedra feita nobles mansións, igrexas case milena-rias, e pontes robustas incorporadas para sempreá paisaxe. O Corgo, terra de xente franca e acolle-dora, que abre portas coa seguridade de saber queo viaxeiro é un amigo. O Corgo, ás portas de Lugo,con personalidade propia, con individualidade eseñorío, espreitando, recibindo, sabendo que xachegou o seu momento na historia.

O Corgo é, efectivamente, un lugar ideal para que-darse. Para vivir.

Aquí remata a miña misión: Detectar que as por-tas do Corgo están abertas, as portas da terra emáis da xente. As inexistentes portas vitais doCorgo, constato que están abertas, e as xentes doCorgo agardando por todos nós.

110066 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 110077

Un lugar ideal para vivir

C a s a d e C h o u s a e n L a x e s A F e r v e n z a . P i s c i n a

Page 55: O Corgo. Amplo Horizonte

Quede constancia da miña débeda e agradece-mento a tódolos que aportaron algún dato dos queaquí se ofrecen.

De Jesús Abuín Arias (autor da “Historia do Cor-go”) obtiven unha perfecta perspectiva do pasadodo Corgo e moi interesantes observacións sobreeste texto, así como impagables datos que só elcoñecía; de Nicandro Ares e Jaime Delgado,ampla información sobre a monumentalidade dasterras do Corgo; de Xosé Manuel Blanco Prado,datos sobre romarías; de Carlos Reixa, informa-ción sobre temas actuais e varias puntualizacións.

Consultei o Espasa (tomo V), Diccionario de Madoz,El Eco Universitario, Nomenclator, Nomenclator doBispado de Lugo, DOG do 14 de agosto de 2000,Páxinas brancas de Telefónica, “Historia de Lugo”de Amor Meilán, “Fortalezas de Lugo y su provin-cia” de Vázquez Seijas, “Inventario Artístico da pro-vincia de Lugo”, de Elías Valiña Sampedro, e “His-toria de Galicia” de Otero Pedrayo.

Fóronme de interese os traballos xornalísticos deJulio Fdez. Pardo de Neira en El Progreso (“Afamilia dos Neira”), Xosé Luís Méndez Ferrín enFaro de Vigo (“Franqueán”), Xavier Costa Clavellen El Progreso (“La cocinera de Azaña”), JavierGómez Vila en El Progreso (“La Vía romana deLugo a Astorga”) e Martín Prieto en El Mundo (“Elcocinero de Azaña”).

Grazas a Xaime Félix López Arias e ó seu traballoinédito souben do Camiño a Compostela no Corgo,e deume datos moi interesantes sobre Adai; XoánCarlos Rodríguez Paradela informoume sobre Car-los Antonio Riomol y Quiroga e asesoroume sobreoutros temas; Estefanía de la Torriente (“La guerracivil española mes a mes”, nº 32) aportoume datossobre o Xeneral Tella, Raul Morodo e José GarcíaOro (G.E.G.), completaron datos sobre Julián Bes-teiro e Francisco Aldegunde Dorrego, FedericoJiménez Losantos (“Los nuestros”) deume datosimpagables sobre Julián Besteiro, pero a maiorinformación sobre o P. Aldegunde –e outros aspec-

110088 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 110099

Agradecementos

H ó r r e o e n C e r c e d a I g r e x a d e A d a i

Page 56: O Corgo. Amplo Horizonte

111100 O C o r g o , a m p l o h o r i z o n t e X u l i o X i z 111111

tos do Corgo- deuma o inesquecible escritor e ami-go Manuel Rodríguez López (“Viaxes con Fole”) quemoito antes ca min viaxou polo Corgo.

Nunca imaxinaría Aquilino I. Alvariño que o seupoema sobre o Miño ía ter un papel neste libro,nin Ignacio Martínez Rodríguez (“El HórreoGallego”) que recollería aquí a súa non mención,nin o P. Risco a mención por un dato mínimo, ninM. Pardo de Andrade (“Los guerrilleros gallegosde 1809”) que aquí iamos deixar constancia doseu esquecemento dos patriotas do Corgo.

Abrumoume Isaac Rielo Carballo (“A casa grandede Quintela”) coa información que pode obterse nunpequeno recanto desta terra; aportoume Ruth Fer-nández (“A provincia de Lugo na obra en castelánde Ánxel Fole”) a visión de Don Ánxel dun pazo, eEliseo López, antigo cura de Marei (“Teleclub deMarey”) deume en tempos moi importantes lec-cións vitais no momento en que me foron máis pro-

veitosas. Quixera que este libro fose unha modestahomenaxe para Eliseo López, Jaime Ceide, Bene-dicto Liñeira e moitos outros curas que no Corgoestiveron e están facendo un magnífico labor social.

Dos medios informativos, fun conseguindo moitas dasnovas relativas á actualidade do Concello, e do meuarquivo persoal outros datos que coidei de interese.

Grazas a Carmen Rodríguez Soto por axeitar amiña expresión á normativa vixente, e ó Alcaldedo Corgo por confiar en min para facer este libro.

De todos é un pouco esta Guía. Eu só espero ter sidoun cooperador necesario para sacala adiante.

Permitídeme finalmente un toque sentimental,e que dedique este libriño a Pablo Rico Giz queveu ó mundo mes e medio antes de que estaguía vexa a luz.

X.X.

F e s t a n o r í o P a z o d o C o r g o

Page 57: O Corgo. Amplo Horizonte