o comentario de documentos filmicos

9
1 I. Introducción. O mundo actual está moi influenciado polos medios de comunicación audiovisual e é de esperar que, tendo en conta o ritmo dos avances tecnolóxicos na actualidade, esta influencia sexa aínda maís intensa no futuro. A sociedade recibe hoxe unha gran parte da información a través destes medios e o alumnado non é alleo a este fenómeno. Se a esta circunstancia lle engadimos que a imaxe, e sobre todo en movemento, é un poderoso representante da realidade, sempre e cando se manteña fiel a esta, teremos un recurso con enormes posibilidades didácticas no ensino. Para o seu aproveitamento didáctico debemos asumir unha série de pautas sistematizadas que, por unha banda, nos permitan facer unha análise proveitosa dos textos fílmicos e, por outra, unifique criterios sobre a mesma. Os métodos de análise non son unívocos, admiten moitas versións e plantexamentos. Por iso con esta proposta só pretendemos propoñer un punto de partida. II. Comentario. A análise e comentario pódese organizar a través destes pasos: 1. FICHA TÉCNICA. 2. RESUMO DO ARGUMENTO DA PELÍCULA. 3. CLASIFICACIÓN DO FILME SEGUNDO O XÉNERO. 4. ANÁLISE E COMENTARIO. 5. CRÍTICA E CONCLUSIÓNS. 1. FICHA TÉCNICA: Son unha série de datos que collemos durante o visionado da película. Chámaselles tamén títulos de crédito ou créditos e aparecen ó comenzo e ó remate da cinta. Unha ficha técnica recopila os datos seguintes: a) Título en español : No caso de que se teña feito versión española, título desa versión. b) Título orixinal : O da versión orixinal. Na língua en que orixinariamente se realizou a película. c) Producción : País ou países onde se realizou, empresas productoras, nome do productor, cooperativa de producción, etc. Ano de producción. d) Argumento : Nome ou nomes das persoas das que partíu a idea orixinal do filme. Se o argumento procede dunha obra literaria debemos facer constar o título desta, o autor e a data de publicación. e) Guión : Nome ou nomes dos que, partindo da idea orixinal, crean o guión. f) Director : Constitúe un dos datos máis importantes para a valoración dun filme, xa que é a figura que lle imprime os caracters artísticos, ideolóxicos, técnicos, históricos, etc. á película. Por esta razón é importante facer unha pequena reseña biográfica do director, na que se citen os rasgos culturais e ideolóxicos que mellor o definan. Non debemos esquecer unha relación antolóxica da súa obra. g) Técnicos e profesionais : Precisar datos sobre as persoas que participaron na película a través da fotografía, música, montaxe, decoración, vestiario, efectos especiais... h) Intérpretes : Apartado no que debemos esforzarnos en citar o nome do artista relacionándoo co nome do personaxe que encarna na cinta. Se os intérpretes non son profesionais debémolo indicar claramente. Catalogo de recursos procedementais O comentario de textos fílmicos argumentais Historia

Upload: ismael-vide-gonzalez

Post on 13-Jun-2015

283 views

Category:

Education


0 download

DESCRIPTION

Método e técnicas para analizar e comentar filmes argumentais de tema histórico

TRANSCRIPT

Page 1: O comentario de documentos filmicos

1

I. Introducción.O mundo actual está moi influenciado polos medios de comunicación audiovisual e é de

esperar que, tendo en conta o ritmo dos avances tecnolóxicos na actualidade, esta influencia sexaaínda maís intensa no futuro. A sociedade recibe hoxe unha gran parte da información a travésdestes medios e o alumnado non é alleo a este fenómeno. Se a esta circunstancia lle engadimosque a imaxe, e sobre todo en movemento, é un poderoso representante da realidade, sempre ecando se manteña fiel a esta, teremos un recurso con enormes posibilidades didácticas no ensino.

Para o seu aproveitamento didáctico debemos asumir unha série de pautas sistematizadasque, por unha banda, nos permitan facer unha análise proveitosa dos textos fílmicos e, por outra,unifique criterios sobre a mesma.

Os métodos de análise non son unívocos, admiten moitas versións e plantexamentos. Poriso con esta proposta só pretendemos propoñer un punto de partida.

II. Comentario.A análise e comentario pódese organizar a través destes pasos:1. FICHA TÉCNICA.2. RESUMO DO ARGUMENTO DA PELÍCULA.3. CLASIFICACIÓN DO FILME SEGUNDO O XÉNERO.4. ANÁLISE E COMENTARIO.5. CRÍTICA E CONCLUSIÓNS.

1. FICHA TÉCNICA: Son unha série de datos que collemos durante o visionado da película.Chámaselles tamén títulos de crédito ou créditos e aparecen ó comenzo e ó remate da cinta. Unhaficha técnica recopila os datos seguintes:

a) Título en español: No caso de que se teña feito versión española, título desa versión.b) Título orixinal: O da versión orixinal. Na língua en que orixinariamente se realizou

a película.c) Producción: País ou países onde se realizou, empresas productoras, nome do

productor, cooperativa de producción, etc. Ano de producción.d) Argumento: Nome ou nomes das persoas das que partíu a idea orixinal do filme. Se

o argumento procede dunha obra literaria debemos facer constar o título desta, oautor e a data de publicación.

e) Guión: Nome ou nomes dos que, partindo da idea orixinal, crean o guión.f) Director: Constitúe un dos datos máis importantes para a valoración dun filme, xa

que é a figura que lle imprime os caracters artísticos, ideolóxicos, técnicos,históricos, etc. á película. Por esta razón é importante facer unha pequena reseñabiográfica do director, na que se citen os rasgos culturais e ideolóxicos que melloro definan. Non debemos esquecer unha relación antolóxica da súa obra.

g) Técnicos e profesionais: Precisar datos sobre as persoas que participaron na películaa través da fotografía, música, montaxe, decoración, vestiario, efectos especiais...

h) Intérpretes: Apartado no que debemos esforzarnos en citar o nome do artistarelacionándoo co nome do personaxe que encarna na cinta. Se os intérpretes non sonprofesionais debémolo indicar claramente.

Catalogo de recursosprocedementais

O comentario de textos fílmicosargumentais

Historia

Page 2: O comentario de documentos filmicos

2

i) Duración: Expresada en minutos ou en metros de película.

2. RESUMO DO ARGUMENTO: Debe facerse despois do visionado da cinta. Redactarémolotendo en conta que o que se pretende é un esquema sintetizado e breve pero claro, nuncapormenorizado. Debe servir para recordarnos o esencial da trama argumental.

3. CLASIFICACIÓN DO FILME SEGUNDO O XÉNERO: Os xéneros cinematográficos sonliñas temáticas que recibiron un tratamento narrativo e formal semellante ó longo da historia docine. Chámaselles xeneros por analoxía coa Literatura. Podemos citar os seguintes:

! O western: Reflicte a expansión dos EE.UU. Cara o Oeste, a través das terrassalvaxes e indómitas, e os conflictos que xurdiron durante a colonización dasmesmas no s. XIX. Todo isto tratado cun prisma idealizador e nostálxico.

! O musical: É o froito da conxunción perfecta dunha série de elementos extra-cinematográficos como a música, a canción e a danza e outros específicamentecinematográficos, como o decorado, a iluminación, a cor, a planificación, osmovementos de cámara e o ritmo imposto pola montaxe.

! A ciencia-ficción: O seu antecedente é a literatura de anticipación do s. XIX ecaracterízase pola localización das súas accións nun hipotético futuro ou nun presentedominado pola tecnoloxía e os coñecementos científicos. Todo isto mixturado confenómenos fantásticos ós que se lles pretende dar explicacións científicas.

! O terror: Este tipo de cine parte normalmente dunha obra literaria, concretamenteda chamada novela gótica, producto do romanticismo de vea sobrenatural. A mortee o tenebroso invaden este espacio expresivo. Cinematográficamente caracterízasepola irracionalidade e o antinaturalismo. Os séres malignos e monstruosos aprópianseda pantalla, para establecer unha comunicación co espectador a través do medo.

! O cine negro: Actualmente máis coñecido por thriller . Caracterízase por quecontempla dende unha perspectiva cinematográfica a corrupción da sociedade,incluídas as institucións e os estratos sociais que polo seu nivel económico e socialse tiñan por “respetables. Dende o punto de vista plástico as películas distinguensepolo tratamento realista con toques impresionistas, conseguidos con iluminaciónscontrastadas. Neste xénero as realacións persoais baseanse na violencia.

! A comedia: Xénero que pretende que o espectador se esqueza da realidade cotiá através de gags ou situacións cómicas visuais ou verbais protagonizadas porpersonaxes con rasgos externos que se sitúan fora da normalidade.

! O cine histórico: Todo filme é un documento histórico no que se reflicten, entreoutras cousas, a cultura, a ideoloxía, etc. da sociedade da que procede. Pero haitamén un xénero histórico que se preocupa pola reconstrucción de feitos pasados. Ásveces con tratamentos pouco rigurosos, dependendo das modas e os gustos de cadamomento. O rigor científico e a fidelidade do narrado dependen da vontade doguionista, do realizador e do director.

4. ANÁLISE E COMENTARIO: A análise dun documento fílmico demos facela dende dúasperspectivas:

a) Perspectiva técnica.b) Perspectiva histórica.

a) Perspectiva Técnica: Onde deberemos analizar aqueles recursos técnicos que inciden na

Page 3: O comentario de documentos filmicos

3

capacidade expresiva do filme e, polo tanto no seu significado. Destes recursos técnicos os máisimportantes son:< A escala: Que se refire á amplitude do campo visual e ó tamaño das figuras que se

reflicten no fotograma. Podemos diferenciar segundo isto:‹ Plano xeral: Mostra unha gran paisaxe ou decorado na que non se percibe a figura

humana. Ten unha clara intención de descubrir ambientes ou localizar accións.Fig.1

‹ Plano de conxunto: Ofrece unha maior aproximación co anterior a un ambiente epermite a identificación de algúns individuos. Fig. 2

‹ Plano enteiro: Os límites superior e inferior da pantalla coinciden coa cabeza e ospés do personaxe ou personaxes. Fig. 3

‹ Plano medio: Que capta ó personaxe da cintura para arriba. Fig. 5‹ Plano americano: Mostra ó personaxe a partir dos xiónllos. Fig. 4‹ Primeiro plano: Presenta estrictamente o rostro do personaxe xunto coa parte

superior dos hombreiros. Fig. 6‹ Plano detalle: Presenta un obxecto que enche totalmente o encuadre. Fig. 7

< O movemento da cámara: É un recurso expresivo capaz de conferir sentido ósacontecementos reproducidos. Podemos observar os seguintes:a Panorámica: A cámara xira sobre o seu propio eixe. É un movemento de rotación

no que a base se manten fixa. Equivale ó movemento de cabeza e pode diferenciarseentre: Panorámica horizontal, vertical e de balanceo. Este movemento sirve paraexpresar a relación no espacio de dous suxeitos, dúas zonas ou dous motivos. Creaexpectación ou dramatismo. Fig. 8

a Travelling: A cámara trasládase sobre a súa base, que ten unhas rodas que circulanpor raíles. Pode ser: de profundidade en avance ou retroceso, circular, olícuo, etc. Davida ou dinamismo a un obxecto estático, polariza a atención sobre un suxeito ouobxecto. Crea unha sensación de relaxamento, explora un espacio. Fig. 9

a Zoom: É un desplazamento aparente, xa que quen se desplaza é a optica da cámara.Este efecto produce sensación de aproximación ou alonxamento do personaxe.Enfatiza unha situación, acrecenta a tensión ou relaxa, segundo sexa de avance ouretroceso.

a A angulación: Dáse cando a cámara non se sitúa frontalmente ó que capta e a unhaaltura do chan que a fai identificarse coa visión humana, senón que rompe o planohorizontal e sube ou baixa. Podemos diferenciar dous tipos básicos de angulacións:O picado: a cámara elévase e o obxectivo diríxese cara abaixo, situándo ó suxeitonunha altura inferior á normal. Indica empequenecemento ou humillación. Ocontrapicado: a cámara descende e o obxectivo diríxese cara arriba, situándo ósuxeito nunha altura superior á normal. Indica engrandecemento ou exaltación.

b) Perspectiva histórica: Esta parte da análise é a plenamente adicada a analizar os feitoshistóricos que nos presenta a cinta. Tendo en conta este obxectivo debemos preocuparnos de:‚ Establecer as coordenadas espacio-temporais da película: Situaremos a acción no

espacio xeográfico e no espacio temporal. Se é necesario, elaborando mapas ou eixescronolóxicos.

‚ Anotar conceptos: Como nomes de institucións politicas, económicas, relixiosas ousociais. Relacionar nomes de figuras históricas relevantes e explicar o seu papel nahistoria. Localizar xeográficamente os escenarios concretos da acción. Estas anotacións

Page 4: O comentario de documentos filmicos

4

Figura 1. Plano xeral

Figura 2. Plano de conxunto.

defínense posteriormente á visualización con apoio bibliográfico, multimedia ou deinternet.

‚ Destacar as secuencias máis significativas: Sobre todo dende o punto de vista histórico.Explicando a información concreta de carácter histórico que cada secuencia subministra.

‚ Fixarse na interpretación dos actores: Para comprobar se son fieles ó caracterpsicolóxico dos personaxes que interpretan.

‚ Observar os decorados e vestiarios: Comprobando se son fieles á época da acción aarquitectura, tocados, armamentos, transportes...

‚ Atender á fidelidade histórica: Indicando se o filme trata o feito representado con rigorhistórico ou é manipulado ideolóxicamente, se pode ser explicando as causas de calquerados tratamentos.

5. CRÍTICA E CONCLUSIÓNS: Remataremos facendo unha valoración persoal sobre autilidade da película para analizar o feito filmado, incluíndo se a consideramos axeitada ou non,dende o punto de vista didáctico, para mellorar a aprendizaxe. Explicando sempre as causas dasnosas opinións.

Graficos:

A escala:

Page 5: O comentario de documentos filmicos

5

Figura 3. Plano enteiro.

Figura 4. Plano americano.

Figura 5. Plano medio

A escala:

Page 6: O comentario de documentos filmicos

6

Figura 6. Primeiro plano

Figura 7. Plano detalle.

Figura 8. Panorámica

A escala:

Movementos dacámara:

Page 7: O comentario de documentos filmicos

7

Figura 9. Travelling

Figura 10. Picado

Figura 11. Contrapicado

Movementos da cámara:

Angulación:

Page 8: O comentario de documentos filmicos

8

.Figura 12. Dura/definición.

Figura 13. Suave-tres cuartos/tranquilidade

Figura 14. Lateral/preocupación

Figura 15. Sete octavos/paz

Figura 16. Contraluz/misterio

Iluminación:

Page 9: O comentario de documentos filmicos

9

Figura 17. Frontal-superior/tensión

Figura 18. Frontal-inferior/tormento

Figura 19. Cenital/ameaza

Iluminación: