o clima
TRANSCRIPT
O clim
aNicolás García ValverdeCelia Martín Villaverde
Giuseppe Hudson Sotelino García
Maio - 15
1.- Tempo atmosférico e clima
O tempo atmosférico indica o estado en que se atopa a atmosfera nun lugar e momento concretos.
As súas características son: * a temperatura* as precipitácións, que poden ser en forma de :
- chuvia- neve- sarabia
* o vento, que pode ser:- brisa- vendaval- furacán
O clima é o tempo atmosférico que predomina nunha zona (determinado principalmente polas temperaturas e as precipitacións).
Os factores que inflúen son:
* a distancia aos polos* a altitude e o relevo* a distancia ao mar
2.- A medida do tempo atmosférico
Para medir o tempo atmosférico uitilízanse satélites artificiais que xiran arredor da Terra e obteñen medicións concretas e exactas sobre as condicións atmosféricas.
Satélite artificial
Os meteorólogos tamén empregan os datos obtidos dos aparellos meteorolóxicos
TERMÓMETRO
Mide a temperatura
PLUVIÓMETRO
Recolle e mide a cantidade de auga que cae nas precipitacións
ANEMÓMETRO
Mide a velocidade do vento
CATAVENTO
Indica a dirección do vento
3.- As estacións do ano
Os cambios atmosféricos e a diferente duración do día e da noite forman as catro estacións.
VeránComeza o 21 de xuño.As noites empezan a ser mais longas.A temperatura é alta e normalmente non hai precipitacións.Hai moitos insectos e réptiles, maduran os froitos.
Comeza o 21de marzo.Os días son máis longos cas noites.As precipitacións xeralmente son en forma de chuvia. A temperatura é suave.Nesta época hai moitos animais e plantas.
Primavera
Outono
Comeza o 23 de setembro.Os días son máis curtos.Chove con frecuencia.Os animais acumulan alimentos, caen as follas das árbores de folla caduca e crecen cogomelos.
InvernoComeza o 21 de decembro.Os días vanse facendo máis longos porque as horas de luz aumentan. As temperaturas son moi baixas, as precipitacións son en forma de neve.Normalmente non se ven animais e ás árbores de folla caduca están sen follas.
4.- O clima en GaliciaDependendo do lugar de Galicia no que nos atopemos comprobaremos que o tempo varía.
A distancia ao mar e o relevo son os que condicionan que en Galicia haxa tres zonas climáticas diferentes.
CLIMA OCEÁNICO DE COSTA
Temperaturas suaves con invernos moderados e veráns pouco cálidos.
Precipitacións abundantes. O outono e o inverno son as estacións máis chuviosas; o verán é máis seco.
CLIMA DE MONTAÑA
As temperaturas son máis baixas ca no resto de Galicia.
As precipitacións abundantes durante todo o ano.
Páxinas web para coñecer a previsión do tempo
TemperaturaPrecipitaciónsVento