o baile diminuto

14

Upload: kalandrakacom

Post on 24-Mar-2016

301 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Kalandraka. Fora de coleción

TRANSCRIPT

Page 1: O baile diminuto
Page 2: O baile diminuto
Page 3: O baile diminuto
Page 4: O baile diminuto
Page 5: O baile diminuto

María José Ferrada • Sole Poirot

diminutoO baile

Page 6: O baile diminuto

Título orixinal: El baile diminuto

© do texto: María José Ferrada Lefenda, 2011© das ilustracións: Sole Poirot Oliva, 2011© da tradución: Xosé Ballesteros, 2012© desta edición: Kalandraka Editora, 2012Italia, 37 – 36162 PontevedraTel.: 986 860 [email protected]

Impreso en Gráficas Anduriña, PoioPrimeira edición: novembro, 2012ISBN: 978-84-8464-782-9DL: PO 510-2012Reservados todos os dereitos

Aos que me acompañaron na escritura deste libro:

Feña e Albert. Rafa. Neus, Anna e Mariana. Clau e Laia.

Nuria e os seus pequenos vagalumes: Ivet e Pau.

E ao meu irmán Matías, que me ensinou a contar contos.

M.J.F.

Á miña avoa, e á súa memoria bolboreta. Á miña nai, á miña botánica-bichánica preferida.

A Leo... polos cricrís de guitarras e outras guarifaifas marabillosas, bandas sonoras dos meus debuxos.

S.P.

Page 7: O baile diminuto

De onde saíron os animais diminutos

que atravesan a mañá do xardín,

e agora zoan,

e agora cantan?

Caeron un día calquera do sol?

Ou saíron en fileira do embigo da terra?

De onde saíron eses cabalos minúsculos

coas súas ás e violíns?

Será que un día non eran nada

e despois foron grilos, vermes, bolboretas?

Page 8: O baile diminuto
Page 9: O baile diminuto

O griloO grilo nun principio non era nada,pero despois foi grilo.E, como era grilo,fixo un violín de madeira,pegouno nas súas costase saíu a coñecer o mundo…

E deu en pensarque o mundo,en troques de ser mundo,era unha orquestra redonda.

Por iso as gotas de chuviafacían clap clap clap.

E o vento,frrrrrrrr frrrrr.

Porque as gotas de chuvia tiñan corazón,e tamén o vento tiña corazón.De aí o seu son.

E daquela, o grilo,que nun principio non era nadapero despois foi grilo,e por ser grilo pegaraun violín de madeira nas súas costas,inventou a súa propia melodía–o cricrí do grilo–.

E marchou contentoa percorrer o mundo.Contento,coma quen escoita o seu corazón…e canta.

Page 10: O baile diminuto
Page 11: O baile diminuto

A arañaA araña nun principio non era nada,pero despois foi araña.E cando foi araña, pensou que o mundo tiña frío.

Así que colleu o fío e as agullase coas súas oito patas teceu:un sombreiro branco para a moreira–sabía que era a avoa das árbores–,unha bufanda laranxa para a cabaza–cría que ao saír da terraese pequeno sol precisaría abrigo?–.

E a araña, que nun principio non era nada–pero despois foi araña–,viu que o mundo estaba agoraun pouco máis abrigado.E durmiu a sesta da tarde.

E soñouque con la de luz tecía unha estrela,un planetae un sol de retallos amarelos.Soñouque unha araña inmensa e branca–as súas patas eran coma o corazón dun reloxo perfecto–penduraba coma a froitaen cada recuncho do universo.

Page 12: O baile diminuto
Page 13: O baile diminuto
Page 14: O baile diminuto