o anteollo de ambar

30

Upload: kalandrakacom

Post on 24-Mar-2016

245 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Faktoría K de libros. A materia escura

TRANSCRIPT

Page 1: O anteollo de ambar
Page 2: O anteollo de ambar
Page 3: O anteollo de ambar
Page 4: O anteollo de ambar
Page 5: O anteollo de ambar

O anteollo de ámbar

Page 6: O anteollo de ambar

Título orixinal: The Amber Spyglass

© do texto orixinal: Philip Pullman, 2000

© da tradución: Fernando Moreiras, 2009

© desta edición:

Faktoría K de libros, 2009

Urzaiz, 125 baixo - 36205 Vigo

Telf.: 986 127 334

[email protected]

www.faktoriakdelibros.com

Ilustración e deseño portada: Marc Taeger

Corrección: Laura Almazán

Primeira edición: outubro, 2009

Impreso en C/A Gráfica, Vigo

ISBN: 978-84-96957-71-8

DL: PO 606-2009

Reservados todos os dereitos

Esta obra recibiu a axuda da Consellería de Cultura e Deporte,

Dirección Xeral de Creación e Difusión Cultural,

na convocatoria de axudas para o ano 2008.

Page 7: O anteollo de ambar

O anteollo de ámbar

Philip Pullman

Traducido por Fernando Moreiras

Page 8: O anteollo de ambar
Page 9: O anteollo de ambar

Cantade o poder que inviste, loade a graza que arbora,a luz é a roupa que viste, e o espazo o lugar que mora;

Cun carro de ira crea as nubes en formación,segue unha negra verea sobre das ás do trebón.

ROBERT GRANT, Salmos antigos e modernos

O, estrelas,non provén de vós o desexo do amante polo rostro

da súa amada? Non adquire a visión interiorda súa pura cara a partir do puro astro?

RAINER MARIA RILKE, A terceira elexía de Duino

Tenues vapores escapan do que sexa que fan os vivos.A noite é fría e delicada, e está chea de anxos

que machucan os vivos. As fábricas están todas iluminadas,a badalada pasa inadvertida.

Por fin estamos xuntos, aínda que moi separados.

JOHN ASHBERY, O Eclesiástico De Ríos e montañas

Page 10: O anteollo de ambar
Page 11: O anteollo de ambar

O anteollo de ámbar é a terceira e última parte da triloxía A materia escura, un relatoen tres volumes que comezou con A aurora boreal e seguiu con O coitelo sutil. Estaúltima entrega desenvólvese entre o noso propio universo e moitos outros.

Page 12: O anteollo de ambar
Page 13: O anteollo de ambar

ÍNDICE

1 A durminte encantada..............15

2 Baltamos e Baruc.....................23

3 Preas.....................................45

4 Ama e os morcegos..................52

5 A torre diamantina..................59

6 Absolución preventiva............68

7 Mary en soidade......................78

8 Vodka....................................90

9 Río arriba.............................103

10 Rodas...................................111

11 Os cabaliños do demo............122

12 A rotura................................134

13 Tialys e Salmakia...................143

14 Pescuda................................153

15 A forxa.................................164

16 A nave intencional.................174

17 Aceite e laca..........................191

18 Os suburbios dos mortos.......203

19 Lyra e a súa morte..................217

20 Escalada...............................230

21 As harpías............................236

22 Murmurios...........................250

Page 14: O anteollo de ambar
Page 15: O anteollo de ambar

23 Sen saída.................................259

24 A señora Coulter en Xenebra......272

25 Saint-Jean-les-Eaux.................284

26 O abismo..................................295

27 A plataforma.............................305

28 Medianoite..............................310

29 A batalla da chaira.....................320

30 A Montaña Nubrada..................328

31 A fin da Autoridade...................335

32 Un novo día..............................348

33 Mazapán..................................360

34 Si que o ten..............................371

35 Follas novas..............................376

36 A frecha rota............................389

37 As dunas..................................398

38 O Xardín Botánico.....................413

Page 16: O anteollo de ambar
Page 17: O anteollo de ambar

1

A DURMINTE ENCANTADA

... mentres as bestas de presa, vidas dasima afundida, viron a moza durmida...

WILLIAM BLAKE

Nun val á sombra dos rododendros, preto da liña das neves perpetuas,por onde corría un regato coa cor leitosa das augas do desxeo, e no cal aspombas e os liñaceiros voaban por entre inmensos piñeiros, había unhacova medio oculta por un penedo que tiña enriba e pola mesta e irta follaxeque se amoreaba debaixo dela.

O bosque estaba cheo de sons: o regato ao pasar entre as rochas, o ventoentre o arume das pólas dos piñeiros, o canto dos insectos, as voces dospequenos mamíferos arborícolas, o canto dos paxaros... E de cando en vez unrefacho de vento máis forte facía que a rama dun cedro ou dun abeto fregasecontra outra e renxese coma un violonchelo.

O lugar gozaba dun sol brillante e inmaculado: raios dunha luz entre dou-rada e amarelo limón descendían ata o chan do bosque, onde se mesturabancoas liñas e as manchas pardas e verdosas das sombras. A claridade non eraestática nin constante, pois ás veces a brétema flotaba por riba das copas efiltraba a luz do sol, converténdoa nun resplandor opalescente e salpicandotodos e cada un dos piñeiros cun orballo que escintilaba ao levantarse anéboa. En ocasións a humidade das nubes condensábase en pinguiñas dimi-nutas, medio brétema e medio chuvia, que máis ca caer se ensumía creandoun elegante debuxo entre os millóns de agullas.

Canda o regato había unha estreita verea que ía da aldea que estaba ao pédo val (e que era pouco máis ca unhas cantas casas de pastores amoreadas)ata un santuario medio en ruínas que había na cima do glaciar, un lugar nocal uns pendóns de seda descolorida ondeaban aos ventos perpetuos quebaixaban das altas montañas, e onde ían os devotos aldeáns para deixaren assúas ofrendas de pasteis de orxo e té seco. Por un efecto estraño da luz e doxeo, os vapores envolvían a cabeceira do val con arcos da vella eternos.

15

Page 18: O anteollo de ambar

A cova estaba un pouco máis arriba da verea. Moitos anos antes vivira alíun home santo que meditaba, xaxuaba e rezaba, e o lugar venerábase enhonor da súa memoria. Tiña uns dez metros de fondo e o piso estaba seco, oque o convertía nunha gorida idónea para un oso ou un lobo, pero as únicascriaturas que a habitaran durante anos foran os paxaros e os morcegos.

Mais a figura que estaba encrequenada na entrada, mirando a un lado e aoutro cos seus ollos negros e coas agudas orellas levantadas, non era unpaxaro nin un morcego. A luz do sol creaba un denso e rico reflexo na lustro-sa pelella dourada da criatura, que facía xirar unha piña nas súas manssimiescas, partía as escamas cos dediños finos e rabuñaba nelas para tirar-lles os piñóns.

Tras do mono, pouco máis alá do punto ata onde chegaba a luz do sol, aseñora Coulter quentaba auga nun caciño sobre un fogón de nafta. O seu dai-mon proferiu un murmurio de advertencia, e a señora Coulter alzou a vista.

Polo bosque viña unha paisaniña nova. A señora Coulter coñecíaa: eraAma, que xa levaba uns días traéndolle comida. A señora Coulter fixera saberao chegar que era unha muller santa dedicada á meditación e á oración, e quefixera voto de non falar nunca con home ningún. Ama era a única persoacuxas visitas aceptaba.

Mais daquela vez a rapaza non viña soa: o seu pai estaba con ela. MentresAma rubía á cova, el agardou non moi lonxe.

Ama chegou á entrada da cova e fixo unha reverencia:–Mándame meu pai, e prégalle benevolencia –dixo a moza.–Saúdos, miña filla –dixo a señora Coulter.A rapaza traía un fardo envolto nunha tea de algodón descolorida, e pou-

souno aos pés da señora Coulter. Logo presentoulle un ramiño de florescunha ducia de anemones atadas cun fío de algodón, e comezou a falar convoz rápida e nerviosa. A señora Coulter entendía un pouco da lingua daque-les montañeses, pero nunca lles permitiría saber ata que punto, así quesorriu e fíxolle acenos á rapaza para que pechase os labios e observase osdous daimons. O mono dourado tendeu a súa manciña negra, e o daimonbolboreta de Ama achegouse voando cada vez máis preto ata pousarse no seucaloso dedo índice.

O mono achegouno devagariño ata a orella, e a señora Coulter sentiuunha pequena corrente de comprensión que lle fluía ata a mente e lle aclara-ba as palabras da rapaza. Os aldeáns estaban contentos de que unha muller

16

Page 19: O anteollo de ambar

santa coma ela se acubillase na cova, pero corrían rumores de que tiña unhaperigosa e poderosa compañeira.

Aquilo era o que asustaba os aldeáns. Mandaría na señora Coulter ouestaría ao seu servizo? Querería facer mal? Por que estaba alí? Ían quedarmoito tempo? Ama transmitiulle aquelas preguntas con mil e un receos.

Á señora Coulter ocorréuselle unha resposta orixinal a medida que acomprensión do daimon se unía á dela: podía dicir a verdade; non toda, claroestá, pero si parte dela. A risa que lle daba a idea fíxolle estremecerse unpouco, pero non a exteriorizou e explicoulle:

–Si, hai alguén máis comigo, pero non tedes nada que temer. É a miñafilla, e foi vítima dun encantamento que a mantén durmida. Viñemos aquípara ocultarnos do feiticeiro que lle botou o maleficio mentres procurocurala e evitar que lle pase nada. Vén vela, se queres.

Ama quedara medio acalmada pola suave voz da señora Coulter, maistamén estaba medio asustada, e todo aquilo do feiticeiro e o encantamentoavivara os seus temores. Pero o mono dourado sostiña o seu daimon contanto agarimo, e ademais ela sentía tanta curiosidade, que seguiu a señoraCoulter ao interior da cova.

O pai, que estaba abaixo no camiño, deu un paso adiante. A súa daimongralla levantou as ás un par de veces, pero el permaneceu onde estaba.

A señora Coulter prendeu unha candea porque a luz esmorecía rápido elevou a Ama ao fondo da cova. Os ollos da rapaciña brillaban con forza napenumbra, e fregaba os índices e os polgares das dúas mans nun xesto repe-titivo para escorrentar o perigo confundindo os malos espíritos.

–Ves? –dixo a señora Coulter–. Non pode facer mal ningún. Non hai nadaque temer.

Ama mirou a figura que estaba no saco de durmir. Era unha rapaza tres oucatro anos máis vella ca ela, e tiña o pelo dunha cor que nunca antes vira,louro e dourado coma o dunha leoa. Tiña os beizos apertados con forza eestaba sumida nun profundo sono: daquilo non cabía dúbida, pois o seu dai-mon xacía acurrunchado e inconsciente canda o seu pescozo. Tiña a formadunha criatura parecida a unha mangosta, pero de cor vermella dourada emáis pequena. O mono dourado alisou con tenrura a pelella entre as orellasdo daimon durmido, e Ama viu que aquela especie de mangosta se axitabainqueda e ceibaba un rouco miaño. O daimon de Ama, que asumira forma de

17

Page 20: O anteollo de ambar

rato, apertouse temeroso contra o pescozo dela e botou unha ollada por entrea súa melena.

–Xa lle podes dicir a teu pai o que viches –proseguiu a señora Coulter–.Nada de malos espíritos, é tan só a miña filla, durmida a causa dun encanta-mento e ao meu coidado. Mais prégoche, Ama, que lle digas ao teu pai queisto ten que permanecer en segredo. Só vós os dous debedes saber que Lyraestá aquí. Se o feiticeiro descubrise onde está, viría por ela e destruiríaa: aela, a min e a todos os que estivesen preto. Tede coidado! Dillo ao teu pai e aninguén máis.

Axeonllouse canda Lyra, apartoulle o pelo mollado do rostro durmido einclinouse para bicar a filla na meixela. Despois alzou a vista cunha miradachea de tristura e amor, e sorriulle a Ama mostrando tanta compaixón que arapaciña notou como se lle enchían os ollos de bágoas.

A señora Coulter colleu a Ama da man e volveron á entrada da cova, ondeviron o pai da rapaza a observar con ansia desde abaixo. A muller xuntou asmans e fíxolle unha reverencia, e el devolveulla aliviado cando a filla seinclinou cara á señora Coulter e a durminte encantada, deu volta e botou acorricar costa abaixo entre lusco e fusco. Pai e filla fixeron outra reverenciamáis cara á cova, e logo marcharon e desapareceron por entre a penumbrados mestos rododendros.

A señora Coulter volveu atender a auga do fogón, que estaba a piques deferver. Encrequenouse, esfaragullou unhas follas secas sobre a auga, botoudous petiscos dunha bolsa, un doutra máis, e engadiu tres pingas dun aceitede cor amarela pálida. Remexeuno todo con brío e contou mentalmente atapasar cinco minutos, e logo sacou o cazo do fogón e sentou agardando a queo líquido arrefriase.

Ao seu redor tiña parte do equipo do campamento que levantaran á beirada lagoa azul e no cal morrera sir Charles Latrom: un saco de durmir, unhamochila con mudas de roupa, material de aseo e cousas así. Tamén tiña unbaúl de lona cun rexo marco de madeira e revestimento de guata onde leva-ba varios instrumentos. E había unha pistola enfundada.

A beberaxe arrefeceu rápido naquel aire enrarecido, e en canto estivo atemperatura corporal verteuna con coidado nun tanque e levouna para ofondo da cova. O daimon mono soltou a piña e foi con ela.

18

Page 21: O anteollo de ambar

A señora Coulter pousou o tanque con xeito sobre unha rocha pequena eaxeonllouse canda Lyra, que seguía a durmir. O mono dourado encreque-nouse do outro lado da rapaza, listo para agarrar a Pantalaimon se acordaba.

Lyra tiña o pelo húmido e os ollos movíanselle baixo as pálpebras. Come-zaba a axitarse: a señora Coulter notáralle un leve movemento das pestanasao bicala, e sabía que Lyra non tardaría moito en espertar.

Pasou unha man por debaixo da cabeza da rapaza, e coa outra apartoulleas húmidas guedellas da fronte. Lyra abriu os beizos e deixou escapar unsuave xemido, e Pantalaimon achegouse un chisquiño máis ao peito dela. Omono dourado non apartou a vista do daimon de Lyra nin por un momento,e cos dediños negros apreixou nervioso o bordo do saco de durmir.

Abondou unha mirada da señora Coulter para que o soltase e recuase unpalmo. A muller soergueu a filla, levantándolle os ombreiros do chan e dei-xándolle a cabeza colgando inerte, e Lyra murmurou coa respiración entre-cortada e movendo os ollos medio abertos e pesados polo sono:

–Roger... Roger... Onde estás... Non vexo...–Tranquila –bisboulle a nai–. Tranquila, ruliña, bebe isto.Sostivo o tanque a rentes da boca de Lyra e ladeouno para que unha pinga

lle humedecese os beizos. Lyra moveu a lingua para tenteala e lambela, e acontinuación a señora Coulter deixou que un chisquiño máis daquel líquidolle escorregase ata a boca, con moito coidado, deixándolle tragar cada groloantes de darlle máis.

Levoulle varios minutos, pero ao cabo o tanque acabou baleiro. A señoraCoulter deitou a filla outra vez, e nada máis pousar Lyra a cabeza no chan,Pantalaimon volveu enroscarse no seu pescozo. A súa pelella rubia douradaestaba tan húmida coma o pelo dela. Os dous volveron quedar profundamen-te durmidos.

O mono dourado encamiñouse silandeiro ata a boca da cova e volveu sen-tar a vixiar o camiño. A señora Coulter empapou unha toalliña nunha almo-fía de auga fría e pasouna pola cara de Lyra, e logo abriu o saco de durmir eenxugoulle os brazos, o pescozo e os ombros, pois Lyra tiña febre. A seguircolleu un peite e desenguedelloulle o pelo con tenrura, alisándollo para atrásdesde a fronte e facéndolle unha xeitosa raia.

Deixou o saco aberto para que a rapaza se refrescase e desenvolveu ofardo que trouxera Ama: contiña unhas tortas de pan, un bloque de té com-

19

Page 22: O anteollo de ambar

primido e un pouco arroz pegañento envolvido nunha folla grande. Era horade preparar o lume. A friaxe das montañas era intensa polas noites. Dunxeito metódico fixo uns cavacos con madeira seca, colocou a leña e prendeuun misto. Tamén tiña que ter en conta que estaba quedando sen mistos enafta para o fogón, e que logo tería que manter o lume acendido día e noite.

O seu daimon non estaba contento. Non lle gustaba o que ela facía naque-la cova, e cando tentaba facerlle ver o preocupado que estaba ela limitábase aapartalo. Volveuse reflectindo o seu desdén en cada liña do seu corpo e púxo-se a lanzar as escamas da piña á escuridade. Ela non se decatou e seguiu tra-ballando con habilidade e constancia para prender a leña, e logo puxo o cazoao lume para quecer auga para o té.

Así a todo, o escepticismo del afectábaa, e mentres esfaragullaba o ténegro na auga preguntouse unha e outra vez que raio estaría facendo, se nontolearía, e que pasaría cando o descubrise a Igrexa. O mono dourado tiñarazón: no só estaba ocultando a Lyra, tamén estaba ocultándose ela mesma.

20

Page 23: O anteollo de ambar

O rapaciño saíu de entre as tebras, esperanzado e asustado, e bisbaba sen

cesar:

–Lyra... Lyra... Lyra...

Tras del había outras figuras, aínda máis sombrías ca el, e aínda máis silen-

ciosas. Todas semellaban ser do mesmo grupo e da mesma especie, pero non se lles

vían os rostros nin se lles oían as voces. As súas voces nunca eran máis altas ca un

murmurio, e os seus rostros estaban ensombrecidos e esvaecidos coma as cousas

abandonadas.

–Lyra... Lyra...

Onde estaban?

Nunha gran chaira á cal non chegaba luz ningunha dun ceo que tiña a escura

cor do ferro e cuxos horizontes estaban esborranchados pola brétema en todas as

direccións. O chan era de terra núa, apisoada pola presión de millóns de pés,

aínda que aqueles pés pesasen menos ca unha pluma. Talvez fose o tempo o que

apisoara aquela terra, pero o tempo detivérase naquel lugar. Seica así eran as cou-

sas. Aquel era o último de todos os lugares e o derradeiro de todos os mundos.

–Lyra...

Por que estaban alí?

Estaban presos. Alguén cometera un crime, aínda que ninguén sabía cal fora,

ou quen o cometera, ou que autoridade ditara a sentenza.

Por que seguía a chamar por Lyra aquel rapaciño?

Pola esperanza.

Quen eran?

21

Page 24: O anteollo de ambar

Eran espíritos.

E Lyra non podía tocalos por moito que o intentase. Pasou as mans a través

deles desconcertada, pero o rapaciño seguiu a laiarse.

–Roger –dixo ela, mais só lle saíu un fío de voz–. Ai, Roger, onde estás? Que

sitio é este?

–É o mundo dos mortos, Lyra –respondeulle el–. Non sei que facer... Non sei se

estarei aquí para sempre, e non sei se fixen cousas malas ou que, porque eu procu-

rei ser bo... Pero ódioo, todo me asusta e ódioo...

E Lyra dixo:

–Imos...

22

Page 25: O anteollo de ambar

2

BALTAMOS E BARUC

Un espírito pasou diante de min;arrepiáronseme na pel os pelos.

Libro de Xob

–Calade –dixo Will–. Calade e xa está. Non me molestedes.Era xusto despois de que levasen a Lyra, xusto despois de que Will baixa-

se do cume da montaña, xusto despois de que a bruxa matase o seu pai. Willacendeu a lanterniña de lata que collera da bolsa do pai cos mistos secos queatopara xunto a ela, e encrequenouse baixo o saínte de rocha para abrir amochila de Lyra.

Tenteou dentro coa man boa e atopou o pesado paquete de veludo quecontiña o aletiómetro, que escintilou baixo a luz da lanterna. Tendeullo ásdúas figuras que estaban canda el, as figuras que se facían chamar anxos.

–Sabedes ler nel? –preguntoulles Will.–Non –dixo unha voz–. Ven connosco. Debes vir. Ven con lord Asriel.–Quen vos ordenou seguir a meu pai? Dixestes que el non sabía que o

seguiades, pero si que o sabía –afirmou Will con paixón–. Díxome que iadesaparecer. Sabía máis do que credes. Quen vos manda?

–Non nos manda ninguén, agás nós mesmos –resoou a voz–. Queremosservir a lord Asriel. Que quería o falecido que fixeses co coitelo?

Will non puido evitar dubidar.–Dixo que debía levarllo a lord Asriel –admitiu ao cabo.–Entón ven connosco.–Non. Non mentres non dea con Lyra.Envolveu o aletiómetro co pano de veludo e meteuno na súa propia

mochila; cerrouna ben, resgardouse da chuvia coa pesada capa do pai e,encrequenado como estaba, mirou fixamente as dúas sombras.

–É verdade o que dicides? –preguntoulles Will.–É.–Entón sodes máis fortes ca os seres humanos, ou máis débiles?

23

Page 26: O anteollo de ambar

–Máis débiles, porque vós tedes un corpo auténtico e nós non. Así e todo,debes vir connosco.

–Non tal. Se son máis forte, tedes que obedecerme. Ademais, teño o coi-telo, así que podo mandar en vós. Axudádeme a atopar a Lyra: tanto me tencanto me leve, primeiro hei atopala e só despois irei onda lord Asriel.

As dúas figuras permaneceron en silencio durante varios segundos, elogo afastáronse e falaron entre si. Will non puido oír nada do que dixeron.

Finalmente volveron achegarse a el, que escoitou:–Moi ben. Cometes un erro, pero non nos dás elección. Axudarémoste a

atopar a rapaza.Will esforzouse por albiscar entre as tebras para velos con máis clarida-

de, pero a chuvia enchoupáballe os ollos.–Achegádevos para que poida vervos –dixo Will.Aproximáronse, mais semellaron volverse aínda máis sombríos.–Vereivos mellor coa luz do día?–Non, aínda peor. Somos dunha orde anxelical de baixa xerarquía.–Ben, se non son quen de vervos, tampouco o serán os demais, así que

poderedes permanecer ocultos. Ide ver se sodes capaces de descubrir a ondefoi Lyra. Seguro que non pode estar moi lonxe. Había unha muller... ha deestar con ela... levouna a muller. Ide na súa busca, volvede e contádeme o quevexades.

Os anxos alzáronse no aire tormentoso e desapareceron. Will sentiu ungrande e negro pesadume que se botaba sobre el: xa lle quedaban ben pou-cas forzas antes de loitar co seu pai, e naquel momento case as esgotara porcompleto. O único que quería era pechar os ollos, pesados e irritados detanto chorar.

Cubriu a cabeza coa capa, apertou a mochila contra o peito e quedou dur-mido ao instante.

–Non aparece por ningures –dixo a voz.Will oíuna somerxido no sono e debateuse por acordar. Levoulle máis

dun minuto, pois estaba profundamente durmido, pero ao cabo logrou abriros ollos á brillante luz da mañá.

–Onde estás? –preguntou el.–Ao teu carón –dixo o anxo–. Por aquí.

24

Page 27: O anteollo de ambar

O sol saíra había pouco. As rochas e os liques e carrizas que as cubríanescintilaban cun brillo intenso baixo a luz do abrente, pero non podía verfigura ningunha.

–Xa che dixen que sería máis difícil vernos de día –proseguiu a voz–.Poderás vernos mellor entre lusco e fusco, á alba ou ao solpor; logo desesmomentos é mellor cando está escuro, e peor con luz do sol. O meu com-pañeiro e mais eu buscamos montaña abaixo, pero non demos nin cunhamuller nin cunha nena. Hai unha lagoa de augas azuis onde deberon deacampar; alí atopamos un home morto e unha bruxa devorada polosEspectros.

–Un home morto? Que aspecto tiña?–Era duns sesenta anos, forte e de pel suave. Tiña o pelo de cor gris pra-

teada, levaba roupa cara e ao seu redor quedaba o vestixio dun perfumeintenso.

–É sir Charles –dixo Will–. Ten que ser el. Mataríao a señora Coulter.Ben, polo menos esa é unha boa nova.

–Deixou un rastro, e o meu compañeiro seguiuno. Volverá cando descu-bra a onde foi. Eu quedo contigo.

Will púxose en pé e mirou ao seu redor. A tormenta limpara o aire e amañá viña fresca e limpa, o que facía que a escena que o rodeaba resultasemáis inquietante: preto del xacían os cadáveres de varias das bruxas que osescoltaran a el e a Lyra de camiño ao encontro co pai del. Un corvo viarazestaba a arrincar anacos da cara dunha delas co seu peteiro brutal, e Will viuunha ave máis grande voando en círculos polo ceo, coma se estivese decidin-do que banquete era o máis suculento.

Will mirou todos os corpos mortos un tras outro, pero ningún deles era ode Serafina Pekkala, a raíña do clan das bruxas, a amiga de Lyra. E entónlembrou algo: non marchara de súpeto para cumprir outra misión poucoantes de anoitecer?

Talvez aínda estivese viva. A idea animouno, e albiscou no horizonte naprocura dalgún indicio da súa presenza, pero só viu ceo azul e esgreviospenedos en todas direccións.

–Onde estás? –preguntoulle ao anxo.–Ao teu carón –dixo a voz–, coma sempre.Will mirou á esquerda, de onde viña a voz, pero non viu nada.–Así que ninguén te pode ver. Poden oírte os demais como fago eu?

25

Page 28: O anteollo de ambar
Page 29: O anteollo de ambar
Page 30: O anteollo de ambar