o anano máis alto - edebe...prólogo será difícil que me creades.seino. o príncipe puxo en...

11

Upload: others

Post on 19-Apr-2020

0 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: O anano máis alto - Edebe...Prólogo Será difícil que me creades.Seino. O príncipe puxo en circulación a súa versión e non é doado para a xente cam-biaren de punto de vista
Page 2: O anano máis alto - Edebe...Prólogo Será difícil que me creades.Seino. O príncipe puxo en circulación a súa versión e non é doado para a xente cam-biaren de punto de vista

O anano máis alto conta a historia de

Brancaneves

Page 3: O anano máis alto - Edebe...Prólogo Será difícil que me creades.Seino. O príncipe puxo en circulación a súa versión e non é doado para a xente cam-biaren de punto de vista

Marilar Aleixandre

rodeira

O anano máis alto conta a historia de

Brancaneves

Ilustracións: Tesa

Page 4: O anano máis alto - Edebe...Prólogo Será difícil que me creades.Seino. O príncipe puxo en circulación a súa versión e non é doado para a xente cam-biaren de punto de vista

© Marilar Aleixandre, 2015© Ilustracións: Tesa, 2015

© Ed. Galega: rodeira, 2015Rúa Rafael Alberti, 11 baixo15008 A Coruñawww.edebe.com

Atención ao cliente 902 44 44 [email protected]

Directora da colección: Reina DuarteEditora de literatura infantil: Elena ValenciaDeseño das cubertas: César Farrés

1ª edición, setembro 2015

ISBN 978-84-8349-396-0Depósito Legal: B. Impreso en EspañaPrinted in SpainEGS - Rosario, 2 - Barcelona

Calquera forma de reprodución, distribución, comunicación pública ou trans-formación desta obra só pode ser realizada coa autorización dos seus titulares, agás excepción prevista pola lei. Diríxase a CEDRO (Centro Español de Dere-chos Reprográficos) se necesita fotocopiar ou escanear algún fragmento desta obra (www.conlicencia.com; 91 702 19 70 / 93 272 04 45).

Page 5: O anano máis alto - Edebe...Prólogo Será difícil que me creades.Seino. O príncipe puxo en circulación a súa versión e non é doado para a xente cam-biaren de punto de vista

Para Daniela, Fran e Guillermo.Marilar Aleixandre

Para Paloma Bas, co cabelo de seda coma Brancaneves.

Tesa

Page 6: O anano máis alto - Edebe...Prólogo Será difícil que me creades.Seino. O príncipe puxo en circulación a súa versión e non é doado para a xente cam-biaren de punto de vista

Índice

Prólogo ……...............…...................... 91. A casa dos sete irmáns …..........…… 112. Quen papou as miñas nabizas? ……...............…................ 153. As falcatruadas de Brancaneves …… 234. A vella moinanta …......................… 335. A mazá envelenada……........…........ 416. Adalberto, o príncipe ladrón ………… 49

Page 7: O anano máis alto - Edebe...Prólogo Será difícil que me creades.Seino. O príncipe puxo en circulación a súa versión e non é doado para a xente cam-biaren de punto de vista

Prólogo

Será difícil que me creades. Seino. O príncipe puxo en circulación a súa

versión e non é doado para a xente cam-biaren de punto de vista. Mais debo con-tar a verdadeira historia de Brancaneves. Non digo «e os sete ananos», porque ser eramos sete, pero ananos… Ben, será mellor que comece polo principio.

Page 8: O anano máis alto - Edebe...Prólogo Será difícil que me creades.Seino. O príncipe puxo en circulación a súa versión e non é doado para a xente cam-biaren de punto de vista

1A casa dos sete irmáns

Naquel tempo vivía eu cos meus seis irmáns nunha casiña no medio da

fraga dos Carballases. Sabedes por que se chamaba así a fraga? Porque nela abon-daban os carballos.

Aínda que non eramos moi altos, non se pode dicir que fósemos ananos, como dicían linguas envexosas. Por suposto, temos nomes propios: Álvaro (ese son

Page 9: O anano máis alto - Edebe...Prólogo Será difícil que me creades.Seino. O príncipe puxo en circulación a súa versión e non é doado para a xente cam-biaren de punto de vista

12

eu), Estevo, Igor, Odilo, Urbano, Benedito e Venancio. Meus pais contaban con ter cinco fillos e nomear a cada un comezan-do cunha vogal. Cando naceron o sexto e o sétimo non tiveron máis remedio que buscar consoantes. Tiñan previstos outros nomes por se nacía unha nena, pero non volos digo para que non riades.

Tampouco é verdade que traballásemos só furando os montes á procura de mi-nerais de ferro e ouro. Que iamos comer entón?

Venancio botáballes millo ás galiñas, coidaba dos porcos e das ovellas, muxía a vaca e cultivaba patacas e cenorias nunha horta.

Benedito botaba as redes no mar para pescar cando non había temporal, cazaba coellos e perdices, e cociñaba.

Page 10: O anano máis alto - Edebe...Prólogo Será difícil que me creades.Seino. O príncipe puxo en circulación a súa versión e non é doado para a xente cam-biaren de punto de vista

13

Urbano rabuñaba a terra buscando mi-nerais e rochas, non ouro ou ferro que non abondan no país, senón granito para cerrar os campos con paredes, lousa para tellar, cristais de seixo agudos coma lapis para vender na feira. Tamén era quen se encargaba de meter as abelliñas nas col-meas e de recoller o mel.

Odilo manexaba o arado e sementaba na agra trigo e centeo, moíaos no pe-queno muíño no río e cocía pan cada se-mana.

Igor encargábase da sementeira do li-ño, de mazalo, fialo, tecer teas e de tos-quiar as ovellas e calcetar a la.

Estevo coidaba as viñas, pisaba a uva e metía o viño nos toneis e tecía cestas con vimbios ou coa tona dos castiñeiros novos.

Page 11: O anano máis alto - Edebe...Prólogo Será difícil que me creades.Seino. O príncipe puxo en circulación a súa versión e non é doado para a xente cam-biaren de punto de vista

14

En canto a min, sendo leñador e car-pinteiro, cortaba árbores, tiña sempre o anllar ateigado de leña para a lareira e facía portas, mobles e tarabelos.

De día traballabamos arreo e ás noites cantabamos, tocabamos pandeiros e gui-tarras, ou contabamos historias de medo arredor da lareira. Viviamos moi felices, até un día…