nós - dialnet · cultural para que á súa vez poida ser transmitido. entendendo así o patrimonio...

11
7 ~ «H ai moita xente que pensa que esto da etnografía, do estudo da cousa popu- lar, presupón o deseo de fixala, que a xente siga vivindo o mesmo, que siga facendo as mesmas cousas...Non se trata de anquilosar, non se trata de momificar unha sociedade. Trátase de estudiala e continuala dunha maneira lóxica, atemperada aos tempos, á evolución e ás novas téc- nicas. Ter un arado román para gardalo, non (para) usalo, e coñecer...as raíces da nosa cultura para comprender a nosa historia e coñecer a nosa identidade”. 1 Así se expresaba Xaquín Lorenzo en 1983.Traer aquí esta referencia é, creo, de sumo interés para aproxi- mármonos ao pensamento do noso etnógrafo. En certa medida, neste parágrafo sintetízase a súa com- prensión da Etnografía. Parte dunha concepción dinámica e cambiante da cultura, como realidade histórica que é, receptiva a formas culturais novas e sometida tamén a presións e acelerados procesos de cambio que ocasionan ao largo do tempo a transformación, o derramamento ou a perda de moitos elementos ou trazos culturais. De aí a necesidade de estudar os diferentes elemen- tos e creacións etnográficas, documentalas e fixar a súa orixe. En consecuencia, tórnase obrigada a recadádiva e a conservación das formas culturais que chegaron ate nós e das que perderon a súa vixencia ou están en transo de desaparición, pero que son imaxe do noso pasado. A Etnografía é entendida como unha disciplina supe- ditada en gran medida á historia e útil para explicala XAQUÍN LORENZO E O PATRIMONIO ETNOGRÁFICO DE GALICIA Carlos García Martínez DIA DAS LETRAS GALEGAS XAQUÍN LORENZO Esta colaboración foi presentada no “I Congreso sobre patrimonio etnográfico galego” que tivo lugar en Ourense, en Memoria de Xaquín Lorenzo Fernándes, os días 2, 3 e 4 de maio de 2003. 1. La Región, 29 de abril de 1983.

Upload: others

Post on 30-Jun-2020

4 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Nós - Dialnet · cultural para que á súa vez poida ser transmitido. Entendendo así o patrimonio no seu significado máis xenuíno. Aínda que cronoloxicamente se encadra de cheo

7~

«Hai moita xente que pensa que esto daetnografía, do estudo da cousa popu-lar, presupón o deseo de fixala, que a

xente siga vivindo o mesmo, que siga facendo asmesmas cousas...Non se trata de anquilosar, non setrata de momificar unha sociedade. Trátase deestudiala e continuala dunha maneira lóxica,atemperada aos tempos, á evolución e ás novas téc-nicas. Ter un arado román para gardalo, non(para) usalo, e coñecer... as raíces da nosa culturapara comprender a nosa historia e coñecer a nosaidentidade”.1

Así se expresaba Xaquín Lorenzo en 1983.Traer aquíesta referencia é, creo, de sumo interés para aproxi-mármonos ao pensamento do noso etnógrafo. Encerta medida, neste parágrafo sintetízase a súa com-prensión da Etnografía.

Parte dunha concepción dinámica e cambiante dacultura, como realidade histórica que é, receptiva aformas culturais novas e sometida tamén a presións eacelerados procesos de cambio que ocasionan aolargo do tempo a transformación, o derramamentoou a perda de moitos elementos ou trazos culturais.De aí a necesidade de estudar os diferentes elemen-tos e creacións etnográficas, documentalas e fixar asúa orixe.

En consecuencia, tórnase obrigada a recadádiva e aconservación das formas culturais que chegaron atenós e das que perderon a súa vixencia ou están entranso de desaparición, pero que son imaxe do nosopasado.

A Etnografía é entendida como unha disciplina supe-ditada en gran medida á historia e útil para explicala

XAQUÍN LORENZO E O PATRIMONIO

ETNOGRÁFICO DE GALICIA

Carlos García Martínez

D I A D A S L E T R A S G A L E G A SX A Q U Í N L O R E N Z O

Esta colaboración foi presentada no “I Congreso sobre patrimonioetnográfico galego” que tivo lugar en Ourense, en Memoria deXaquín Lorenzo Fernándes, os días 2, 3 e 4 de maio de 2003.

1. La Región, 29 de abril de 1983.

Page 2: Nós - Dialnet · cultural para que á súa vez poida ser transmitido. Entendendo así o patrimonio no seu significado máis xenuíno. Aínda que cronoloxicamente se encadra de cheo

8~

e comprendela. E, finalmente, confíreselle a funciónde afirmación e desenvolvemento da existenciacolectiva como pobo e da asunción consciente daidentidade.

Xaquín Lorenzo ha dedicar con empeño toda a súavida ao estudo do ricaz patrimonio etnográfico deGalicia e a preservar na medida do posible este herdocultural para que á súa vez poida ser transmitido.Entendendo así o patrimonio no seu significado máisxenuíno.

Aínda que cronoloxicamente se encadra de cheo nachamada xeración do Seminario de Estudos Galegos,

dende moi cedo viviu estreitamente vinculado coshomes da xeración Nós.A súa relación constante conCuevillas, Risco e Otero Pedrayo ha determinar aprincipal influencia que marcará a súa futura traxec-toria de entrega á cultura galega e para a súa adscri-ción á militancia nas filas dun galeguismo do quenunca abdicou.

Como acaeceu cos seus mestres ourensáns e conmoitos dos que formaron no SEG, dedicou a súaatención intelectual a varios campos do saber:arqueoloxía, epigrafía, historia, historia da arte, enespecial o mundo prerrománico, etnografía. Unhadas razóns desta multiplicidade áchase, como tendito Otero Pedrayo, na precariedade do coñecemen-to da identidade galega na década dos anos vinte,que os tería obrigado a defrontaren o seu traballo deesculca e análise de aquela abranguendo varias disci-plinas ao tempo.

A influencia do grupo Nós reflíctese en toda a súaobra, en especial no estudo da Etnografía, no queconxuga unha visión xeográfica ao xeito de Pedrayoe unha atención á arqueoloxía e a historia na liña his-toricista que mantiveron Risco e Cuevillas.

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

IV Xuntanza do Seminario de Estudos Galegos. Ruínas de San Domingos de Pontevedra. De esquerda a dereita, de pé:Otero Pedrayo, Losada, Cuevillas, Risco, Carballo Calero, Filgueira, Sebastián González, Pintos, Fraguas e Fernández-Ossorio Tafall; sentados: Parga Pondal, Moralejo, Carro, Cabeza de León, Arias Sanjurjo, Álvarez Limeses e Novás.

A súa relación constante con Cuevillas,

Risco e Otero Pedrayo ha determinar

a principal influencia que marcará

a súa futura traxectoria de entrega

á cultura galega e para a súa adscrición

á militancia nas filas dun galeguismo

do que nunca abdicou.

Page 3: Nós - Dialnet · cultural para que á súa vez poida ser transmitido. Entendendo así o patrimonio no seu significado máis xenuíno. Aínda que cronoloxicamente se encadra de cheo

9~

É, pois, a de etnógrafo a súa faciana investi-gadora que hoxe nos interesa e na queGalicia máis lle debe como infatigable pes-cudador.

Xaquín Lorenzo emprincipia en 1927, convinte anos, as súas publicacións na revistaNós.Trátase de dúas pequenas achegas decontos populares e de medicina popular,colleitadas en Lobeira.Co seu irmán Xurxofirma en 1928, igualmente en Nós, un arti-go sobre os costumes arredor do casamen-to colixidos no mesmo concello. En 1929aparece unha pequena recadádiva de ver-bas de uso común en Lobios.

Na súa ampla bibliografía figuran traballosconsagrados a aspectos da sociedade, aofolklore, en especial ao cantigueiro e refra-neiro (A muller no cancioneiro galego,1932; Do cancioneiro de Borneiro, 1933;Cantigueiro popular da Limia Baixa,1973; Refraneiro galego, 1973), ao mundo simbólico(As festas do 3 de Maio en Laza, 1945; O esprito dames en Lobeira, 1973), etcétera.

Porén, centraremos as nosas observacións nos estu-dos dedicados á cultura material, por canto, a partede razóns de tempo, é neste eido, ademais de ser pio-neiro no seu estudo en Galicia, no que sobrancea asúa investigación.

Cando dicimos cultura material, entendemos o con-xunto ergolóxico, a tecnoloxía e os complexos desubsistencia, abrigo e comunicación.

A primeira publicación de enxulla ha ser Vila deCalvos de Randín, que firma co seu mestre LópezCuevillas, editada en 1930. O traballo de campo

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

A influencia

do grupo Nós

reflíctese en toda

a súa obra.

Carátula da revista Nós

2. F. López Cuevillas e X. Lorenzo Fernández. Vila de Calvos. Notas Etnográficas e Folklóricas. Santiago de Compostela, Seminario de Estudos Galegos,1930, p. 9.

debeu ter lugar no decurso deste ano. “Uns cantosdías, de gostoso paseiar pol-as rúas e pol-os montes.Longas conversas nas solainas e nas cociñas, ouvin-do falar en bo galego a istes homes acolledores ecorteses”.2

Vila de Calvos de Randín é un dos primeiros traba-llos –o primeiro de Xaquín Lorenzo– que prestaatención a diversos aspectos da cultura material. Haser nesta vertente etnográfica onde a figura deXaquín Lorenzo adquire, como xa se dixo, senlleiraimportancia. ¿Que levou ao noso etnógrafo a mergu-llarse nese mundo ate entón case esquecido?Cómpre lembrar que a súa primeira incursión nocampo da Etnografía foi un traballo sobor das distin-tas partes e pezas do carro, o artiluxio máis caracte-

Page 4: Nós - Dialnet · cultural para que á súa vez poida ser transmitido. Entendendo así o patrimonio no seu significado máis xenuíno. Aínda que cronoloxicamente se encadra de cheo

10~

rístico do transporte tradicional. Ha ser Risco o queexerza un papel decisivo nesta escolla.Ten sinaladoXaquín Lorenzo que foi este, no seu traballo soborde Castro Caldelas, quen propuxo por primeira vezque os elementos materiais –a casa, a moblaxe, asroupas, o xantar, os cultivos...– debían ser obxectode atención, do mesmo xeito que o fora ata entón aproducción literaria, para afondar na investigaciónda cultura do pobo.

Decimos pioneiro, porque o estudo das industrias eartefactos tradicionais nas súas diversas ramas e da artepopular non tiña a penas tradición en Galicia. Unhaollada á bibliografía etnográfica verifica este aserto.

Dende a iniciativa de El Folk-lore gallego ate 1930,anode publicación de Vila de Calvos de Randín, son moiescasos os traballos que teñen por obxecto esta faceda Etnografía.Entre eles hai que mencionar os clásicosartigos de Ángel del Castillo sobor das pallozas do

Cebreiro (1913-14), o traballo de Frankowski encoldos hórreos (1918),o de Crespi relativo aos apeiros delabranza (1929), e pouco máis.

Con moi escasos precedentes defrontan por tanto osetnógrafos do SEG a investigación neste campo. Noplano de actuación da Sección de Etnografía concre-táronse liñas de traballo relativas ás industrias e artespopulares, ao carro ou á vivenda rural enfocadadende o punto de vista arquitectónico e etnográfico

e dende a súa rela-ción coas formas depoboación labrega.Procurábase achegarinformación para ocoñecemento de ele-mentos etnográficosen grande medidadescoñecidos dendea óptica científica.Con todo, pouco é oque deste programase edita ate 1930.

A perspectiva nonera tampouco moi

satisfactoria noutros contextos da península, cecaispola influencia e meirande tradición dos estudos dofolklore e pola escasa alarma perante a ameaza deperda e transformación desta parte importante daEtnografía.

Este ámbito de traballo tiña xa algunha tradición en paí-ses do noso contorno inmediato.Portugal,co que se man-tería unha relación de intercambio fluído no eido etno-gráfico, entre outros, a partir do SEG, dispuña xa dunhacerta bibliografía no primeiro tercio do século XX.

En España os estudos consagrados a esta temáticapola mesma época non son tan abondosos.O peso dapropia concepción do folklore, como disciplina deobservación e recolleita de costumes, lendas, xogos,literatura oral, era manifesto.Os elementos da culturamaterial non chamaron a atención dos folkloristas.Un dos primeiros investigadores ha ser Telesforo deAranzadi, con publicacións relativas a apeiros delabranza e de transporte, e tamén García Mercadalverbo da casa popular, ou Luis de Hoyos sobor dotraxe popular e o transporte.

Como se apercibe, non era moito o fardel co queemprendía Xaquín Lorenzo a súa andaina para des-abregar e estudar os aínda ricaces elementos mate-riais da Etnografía galega.

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

Xurxo Lorenzo, arquivo familiar Sáenz Fernández.

Xaquín Lorenzo

emprincipia en 1927,

con vinte anos, as súas

publicacións na revista

Nós. Co seu irmán Xurxo

firma en 1928, igualmente

en Nós, un artigo sobre

os costumes arredor do

casamento colixidos no

mesmo concello.

Page 5: Nós - Dialnet · cultural para que á súa vez poida ser transmitido. Entendendo así o patrimonio no seu significado máis xenuíno. Aínda que cronoloxicamente se encadra de cheo

11~

Mención especial pola influencia que exerceu nosinvestigadores do SEG hai que facer de Fritz Krüger,quen inicia as súas investigacións na PenínsulaIbérica en 1912, enfocadas ao campo da xeografíalingüística. Logo, e por influencia de Max L.Wagner,nordea os seus estudos cara ao método das Vörterund Sachen, a investigación das formas dende asmáis antigas ate as actuais e os usos dos obxectosen apertada unión co estudo das verbas que deno-minan aqueles. Co tempo, as investigacións deKrüger van evoluíndo e o elemento etnográfico vaicobrando maior importancia, priorizando o estudodas cousas. En 1925 publica o seu transcendentallibro Die gegenstandskultur Sanabrias und seinerNachbargebiete (A cultura material de Sanabria e assúas áreas colindantes), e en 1927 Die nordwestibe-rische Volkskultur (A cultura popular do Noroesteibérico).3

Krüger fixo traballo de campo en Galicia, visitandoen 1921 lugares de Ourense e do sueste de Lugo,e en1924 algunhas áreas do interior.As achegas dos seusdiscípulos, relacionados así mesmo con Galicia, ven aluz na década dos anos trinta: en 1932 a de Ebelingsobre a parte este da provincia de Lugo; as deSchroeder sobre o bote fisterrán en 1937 e sobre acasa en Fisterra en 1938; e a de Schneider relativa aogalego na Limia Baixa tamén en 1938.

Todos estes títulos non pasan inadvertidos para os estu-dosos galegos. En concreto, Risco fai unha interesantereseña en 1933 do de Ebeling, resultado da súa tese dedoutoramento sobor do traballo de campo realizadonos veráns de 1928-29 e 1933. Este estudo material dazona oriental de Lugo, que se centra nos elementos dotransporte e apeiros de labranza,“está endereitado ase-gún as normas da escola románica da Universidade

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

3. Sobre o traballo de Krüger na Península, véxase Fritz Krüger. Fotografías de un trabajo de campo en Asturias (1927). Gijón, Museu del Pueblud’Asturies, 1999. Estudio introductorio de I. Ros Fontana.

Fotografía da xeira de traballo do Seminario de Estudos Galegos na terra de Deza (1930-34), na que tamén colabo-rou Xaquín Lorenzo. Entre outros, Otero Pedrayo, Iglesias Vilarelle, Fraguas, Parga Pondal, Fernández-Ossorio Tafall,Filgueira, Risco, Cuevillas, Sebastián González, Taboada Roca, Pedret e Carro.

Page 6: Nós - Dialnet · cultural para que á súa vez poida ser transmitido. Entendendo así o patrimonio no seu significado máis xenuíno. Aínda que cronoloxicamente se encadra de cheo

12~

hamburguesa, dos traballos de Krüger encol da culturade Sanabria e da revista Wörter und Sachen deMeringer”. Para Risco, o estudo de Ebeling é “d’unhaimportancia ben grande pra nós, por dous conceitosdifrentes: pol-o seu contido, que nos da notizas d’unhaterra que nós non temps centificamente esprorada...; elogo coma modelo para orientarnos o milloramentodos nosos inquéritos,...Agardamos que isto sirva d’ei-sempro aos que d’agora pra diante emprendan eiquíinquéritos d’esta clas dos que ja temos algúns valedei-ros, anque coxos no que ás verbas se refire”.4

A recepción das investigacións de Krüger,en especialas dedicadas a Sanabria e á cultura popular no nor-oeste, moi probablemente non debeu producirsedenantes dos anos trinta.

As primeiras mencións que fai Lorenzo da bibliogra-fía xerada pola escola de Hamburgo serán no seu arti-

go “Die Bremse am galizischen Wagen”,publicado nos VKR en 1939. Sabemos quepor estas datas mantén xa relación episto-lar con Krüger, quen lle fornece publica-cións dalgúns dos seus discípulos, e nonsemella descamiñado pensar que se fami-liarizase cos traballos do Seminario deKrüger a través de Hans Karl Schneider,que en 1933 se despraza a Galicia paraefectuar a súa tese de doutoramentoverbo do galego da Baixa Limia, e que éacollido hospitalariamente polos irmánsLorenzo e a súa nai dona Xoaquina na súacasa de Facós, en Lobeira.

A pegada da escola etnolingüística deKrüger é manifesta en varios dos seus traba-llos.Pero no seu conxunto habería que des-tacar moi por enriba do interese pola lin-

güística,para a que certamente non contaba coa forma-ción adecuada, a preocupación etnográfica, pola ergo-loxía,o establecemento de tipoloxías de formas e o cri-terio funcional, situando cada obxecto en relación coasúa secuencia e aparición nos diversos traballos e endistintos momentos.A influencia da forma de traballarda escola alemá maniféstase tamén na descrición e aanotación realista ou na utilización do debuxo.

A partir de Vila de Calvos de Randín, a producciónde Xaquín Lorenzo vai acadando progresiva impor-tancia.Na liña de Vila de Calvos publica en 1936,conCuevillas e con Fernández Hermida, Parroquia deVelle, cecais o traballo de conxunto de contido máisantropolóxico dos feitos polo SEG e no que o aparta-do de cultura material é modélico para o momento.

En 1933 e dentro do programa da Sección deEtnografía do SEG, realiza un inquérito sobor das

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

4. V. Risco. Die Landwirtschafliche Gerate im Östen der Provinz Lugo (Spanien), por Walter Ebeling. Extracto de Volkstum und Kultur der Romanen,Hamburgo. Nós, 1933, 112, p. 72.

Debuxos de Xaquín Lourenzo.

Especial atención prestou

ao elemento máis significativo

do transporte no noroeste,

o carro.

Page 7: Nós - Dialnet · cultural para que á súa vez poida ser transmitido. Entendendo así o patrimonio no seu significado máis xenuíno. Aínda que cronoloxicamente se encadra de cheo

13~

embarcacións mariñeiras, que deu pé ao estudo dasdornas do Porto do Son, publicado no ano seguintee que constitúe unha das primeiras contribucións aocoñecemento das embarcacións tradicionais gale-gas. Ás artes de pesca do río haberá tamén dedicarun artigo.

Especial atención prestou ao elemento máis significa-tivo do transporte no noroeste, o carro. Foi este o seutraballo permanentemente inacabado, iniciado candorapaz e que o ocupou ate os seus derradeiros días,dei-xando abondoso material gráfico coas peculiaridadesrecollidas nas comarcas de Galicia.Entre as súas publi-cacións sobre o tema han de se citar “A arte popularnos xugos da Galiza” (1935), o mencionado “DieBremse am galizischen Wagen”(VKR,1939),que coida-mos é, xunto con “Notas lingüísticas gallegas”, o estu-do que nesta altura das súas investigacións máis seachega ao método de Krüger da Gegenstandskultur eque prosegue en “Nomenclatura del carro gallego”(1956),“A distribución dos xugos na Galiza” (1967) ou“O carreto na Limia Baixa” (1974).

Lugar destacado nesta temática hai que conceder á fil-mación do documental El hombre y el carro, rodadoarredor da década dos corenta polo cineasta AntónRomán en terras de Lobeira,con guión e narración dopropio Lorenzo,e que constitúe,ao par dunha xoia dacinematografía galega, un documento etnográfico deprimeira orde e o testemuño de escenas cotiás dotransporte e a vida do carro, xa desaparecidas.

Non pasou sen cultivar outras parcelas como a arqui-tectura popular, sentando as bases para a súa investi-gación, e na que deixou traballos como “DasBauernhaus im unteren Limiabecken” (WKR, 1943),“La casa gallega”,que foi o seu discurso de ingreso naReal Academia Galega (1951),“O combarrizo”(1977),“El sobrado” (1977), etcétera.

Sinalado interese ofrecen, pola súa novidade, osdiversos estudos de tecnoloxía paleoindustrial, como“O mazo,a trompa e a moa”(1956),“Muíños de maré”(1959) ou “Tornos de Galicia” (1975).

A partir de 1950 enceta un intenso traballo de campopara a súa monumental obra do segundo tomo daHistoria de Galiza. Durante os veráns de 1950 a1953 viaxa por extensas zonas da costa e do interior,en ocasións na compaña de Risco, recadando datos,fotografando e debuxando unha ricaz cultura mate-rial, fundamentalmente de base agrícola, gandeira e

mariñeira, e que se atopaba xa en intres de transfor-mación e perda de moitos dos seus elementos.

“Pra colleital-o material diste traballo, tivemos quepelerinar por todol-os camiños da Galiza. Perco-rrimos a montana, andivemos polos vales e polasterras chas, visitamol-os lugares e andivemos polabeiramar.Fomos informados por homes, por mulle-res e por nenos, entramos nas súas casas, visita-mol-os seus barcos, os seus obradoiros...”.5

O resultado desta angueira, e o traballo realizado ateentón por Xaquín Lorenzo, é esa extraordinaria obraque aínda hoxe nos admira pola súa relevancia e queconstitúe fito sobranceiro da investigación etnográfi-ca. Trátase da primeira recompilación e sistematiza-ción xeral feita en Galicia.Non contaba para este tipode obra con precedentes que puideran guiar ou faci-litar a ordenación das distintas partes e temas.Dispóndalgunhas monografías localizadas e varia informa-ción dispersa, pero son moitos os campos ermos.Gran parte das formas e elementos culturais han ser

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

5. Historia de Galiza. Vol. II. Buenos Aires, Nós, 1962, p. 8.

A partir de 1950 enceta un intenso

traballo de campo para a súa

monumental obra do segundo tomo

da Historia de Galiza.

Page 8: Nós - Dialnet · cultural para que á súa vez poida ser transmitido. Entendendo así o patrimonio no seu significado máis xenuíno. Aínda que cronoloxicamente se encadra de cheo

14~

por primeira vez estudados e rescatados do anonima-to. O seu amplo coñecemento da cultura popular e acontinua pescuda directa que practicou arreo portoda a xeografía galega quedan xustamente reflecti-das nesta obra de conxunto, xa clásica pero aíndanon superada en moitos aspectos. É de salientar aordenación temática do libro,que transluce unha cla-sificación dos elementos da cultura material nunhaliña sorprendentemente actual.

• • •

A colosal laboría desenvolvida por Xaquín Lorenzoamosoulle con claridade a delicada situación na quese atopaba o patrimonio etnográfico galego.

Galicia, evidentemente,non sería allea ás profundas erápidas transformación que se produciron nos últi-mos tempos.As innovacións consecuentes modifica-ron os sistemas productivos e as relacións humanas,xerando unha interacción económica e social distin-ta.A perda progresiva de importancia do sector pri-mario, o forte crecemento das cidades, a emigración,foron propiciando o abandono do mundo rural e ori-xinando xunto cos cambios económicos unha noto-ria alteración do territorio.Todo isto sumábase a máisá presión cultural uniformadora que viñan exercendocon persistencia as esferas administrativas do Estadoe que actuou contra o normal desenvolvemento dacultura galega ao largo do tempo.

A conxunción destes factores repercutiu con intensi-dade e prontamente no universo da cultura tradicio-nal, e Xaquín Lorenzo foi moi consciente de que seapuraba o proceso de deterioro e desaparición demoitas formas e elementos culturais. Recollendo assúas propias palabras:

“As produccións literarias son, por outra parte, doa-das de conservar en coleccións de cantigas, refráns,contos e demais; non socede o mesmo coas produc-cións materiás; estas desaparecen aixiña e non que-dan de elas máis que un rexistro, cando o hai, nasnotas de algún etnógrafo ou nas salas de algúnmuseo. Falla entón o estudo deteñido, a acraracióndos meios de traballo, das ferramentas, da aprica-ción de certas técnicas, das necesidades do seuemprego en determiñadas ocasións... niste casopodemos considerar perdido totalmente o artiluxiode que se trate; pasado algún tempo, nada quedaráde il que nos permita coñecelo na súa integridade”.

“Os tempos novos están facendo cambiar o xeito devivir das xentes, e isto supón un cambio nunhaserie de aparellos, máquinas e utensilios que ohome faguía pra o seu uso. E iso hoxe estase per-dendo e dentro duns anos será dificilísimo atopa-las; por iso a necesidade absoluta de conservalas;pero por outra banda xurde outra cousa tan tras-cendental como é o estudo de por que isas formaschegaron a hoxe”.6

Dediante desta situación nada afagadora, defendeucon ardimento a urxencia dos estudos da culturapopular e a necesidade imperiosa da procura de can-les para a súa protección e conservación. Nesta pers-pectiva, tornábase indispensable a creación dun cen-tro que atendera estas dúas demandas.

A arela, en concreto, de contar cun museo da identi-dade en Galicia viña xa de vello.Os primeiros antece-dentes remóntanse ao movemento rexionalista, parao cal a recuperación da identidade era parte substan-cial do seu discurso.A Sociedad El Folk-lore Gallegoexplicita na súa carta fundacional o propósito decrear un “museo universal” –evidentemente con sig-nificado moi diferente á formulación rexionalista–que arquivase e conservase a memoria das tradiciónspopulares. Tamén Villa-amil y Castro elabora o pro-xecto dun museo de Galicia e, xa no século XX, acomisión arqueolóxica da Exposición RegionalGallega de 1909 formula un chamamento para aconstitución dun museo de Galicia. Ningunha destasiniciativas foi máis alá do proxecto.

Ate 1930 pódense citar algunhas outras experienciasna musealización de elementos etnográficos, como ado Museo de Pías (Ponteareas) ou as coleccións demuseos provinciais como os de Ourense ePontevedra.

Unha vez máis,ha ser o Seminario de Estudos Galegoso que dea relevo como signo identitario ao elementoetnográfico e, consecuentemente, ao interese da súarecollida nun museo para a investigación, conserva-ción e divulgación da cultura tradicional. Un museoque “ha se-la máis firme e significativa executoriada personalidade de Galiza; un monumento eternoergueito ao pobo galego como criador e como tra-ballador”.7 Este materialízase parcialmente en 1932 einstálase no salón artesonado de Fonseca,en Santiago.Xaquín Lorenzo, un dos seus impulsores será nomea-

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

6. Risco e a Etnografía na Galiza. Sesión da Real Academia Galega no Día das Letras Galegas dedicado a Risco. Ourense, maio 1981. Legado X.Lorenzo Fernández, Arquivo do Museo do Pobo Galego.7. Do museo etnográfico galego. Nós, 1926, 28, p. 14.

Page 9: Nós - Dialnet · cultural para que á súa vez poida ser transmitido. Entendendo así o patrimonio no seu significado máis xenuíno. Aínda que cronoloxicamente se encadra de cheo

15~

do seu director.O centro de estudo da Etnografíae o Museo comezaban a ser realidade. Malia quea guerra coutara o labor modélico da institución.Habería que esperar a mellor ocasión.

Pesie á situación nada propicia da posguerra,XaquínLorenzo prosegue o seu labor de estudo e recadádivade material etnográfico. Colabora activamente coMuseo Arqueolóxico de Ourense a través do Grupo“Marcelo Macías”,constituído oficialmente en 1941 eno que tamén están Risco e Cuevillas, e ao que seincorporarán Taboada Chivite e Ferro Couselo. Peronin os museos provinciais,nin o recén creado,en1944, Instituto “Padre Sarmiento” de EstudiosGallegos, que recolle parte dos bens incautadosao SEG, enchían o baleiro do museo xeral e cen-tro de estudos etnográficos que se degoiraba.

Os cambios sociopolíticos que irrompen dendenovembro de 1975 han favorecer a iniciativa de crearunha institución de ámbito galego que recollese eestudase a cultura popular. En 1976, ao chamado doColexio de Arquitectos de Galicia, reúnense unhaserie de institucións e persoas co fin de promover acreación dun museo do pobo galego, que ten presen-tes os anteriores planteamentos defendidos por des-tacados investigadores, entre eles o propio XaquínLorenzo. O “acelerado proceso de cambio económi-co, social e ideolóxico, que estaba a provocar odeterioro ou a profunda transformación dos trazosfundamentais da nosa identidade”, facía urxente“contar cun lugar onde se puidesen recoller, conser-var e estudiar esas mostras de cultura espiritual ematerial, non só para atesouralas e exhibilas,senón para procurar, a partir desa realidade, facerunha aportación á planificación do futuro colecti-vo do noso pobo”.8

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

8. Museo do Pobo Galego. 1977-1997. Santiago de Compostela, Museo do Pobo Galego, 1997, p. 12.9. El Correo Gallego, 2 de marzo de 1977.

Don Xaquín é dos primeiros en respaldar a iniciativa;aconsella, estimula e pon o seu coñecemento cultu-ral e científico a disposición da empresa. Asume apresidencia do Padroado do Museo do Pobo Galego,que ostentará ate a súa morte en 1989. Cos vellosamigos –Fraguas, Martínez López, Filgueira, ÁlvarezBlázquez, Taboada Chivite–, revive un pouco as ilu-sións do SEG. Como ten afirmado, “foi a ilusión detoda a miña vida a posibilidade de crear enGalicia algún museo etnográfico...”.9

• • •

Xaquín Lorenzo, como fiel seguidor e discípulo deVicente Risco, moveuse sempre dentro dos paráme-tros teóricos deseñados por este. A súa visión daEtnografía non se desvía no fundamental da do seumestre, seguindo ate a súa morte a evolución do seupensamento. E outro tanto cabería dicir no que atin-xe a Cuevillas e á Arqueoloxía.

Ferro Couselo.Debuxo Xaime Quessada.

Colabora activamente co Museo

Arqueolóxico de Ourense a través

do grupo “Marcelo Macías”,

no que tamén están Risco e Cuevillas,

e ao que se incorporarán

Taboada Chivite e Ferro Couselo.

Page 10: Nós - Dialnet · cultural para que á súa vez poida ser transmitido. Entendendo así o patrimonio no seu significado máis xenuíno. Aínda que cronoloxicamente se encadra de cheo

16~

Tampouco foi só un etnógrafo de carácter descriptivo.Certamente aos seus traballos, que poden caracterizar-se como de realismo etnográfico, os singulariza o usoda descripción detallada, resultado da observacióndirecta, do contacto entre o informante e o etnógrafo,sendo neste punto manifesta a influencia da escolaetnolingüística de Hamburgo, pero tamén hai en moi-tos deles preocupación polos contidos e pola súa aná-lise, na liña de cualificar os aspectos diferenciais doselementos culturais estudados, e aquí é declarada apegada dos homes da xeración Nós e do SEG.

O coñecemento científico era, para o nacionalismohistoricista que propugnaba a tríada ourensá, a guíanecesaria para definir unha cultura específica e unhahistoria diferenciada. Terra, home e historia son osvectores que dirixen os seus estudos. A terra comocondicionante e moldeadora da cultura e da historia;a esencia da cultura radicaría na alma popular, e ocelme da historia afundiríase nas súas orixes primixe-nias.

En consecuencia, a Prehistoria e a Etnografía eranmaterias en perfecta simbiose. Na súa perspectiva, ainformación etnográfica tornábase indispensablepara a análise e comprensión dos datos asoelladospola Arqueoloxía, ao tempo que estes explicaríandeterminados elementos da cultura tradicional. Estaasociación é subliñada polo noso autor ao referirseao maxisterio de Cuevillas, xa que os que con el seformaban eran a un tempo arqueólogos e etnógrafos,

“deprocatándose axiña de que antre a prehistoriae a etnografía existen semellanzas que as convir-ten en auxiliares unha da outra, dun xeito especialen Galicia, de esprito conservador e arcaizante,que vive hoxe coas raíces afincadas no pasado eque pode aínda acrarar, polo vivir actual, o segre-do de moitos achádegos arqueolóxicos”.10

A analoxía etnográfica e o paralelismo, o explicar opasado dende o presente e o presente dende o pasa-do, a utilización que se fai da conxunción sincronía-diacronía, amosábanse como un dos camiños adecua-dos para caracterizar os trazos esenciais da especifi-cidade galega. Xaquín Lorenzo ha defender evidente-mente esta vía:

“E compre non esquencer que o estudo dun artilu-xio calquera supón o da súa historia pra entender

o seu desenrolo e xustificar a súa utilización e asúa presencia en determinado intre”.

“E eiquí é onde de un xeito máis claro se pon demanifesto a necesidade do estudo da Arqueoloxíapra precurar os antecedentes dos xeitos actuaes davida dos poboadores do noso campo”.

“Compre ter en conta que, en realidade, a etnogra-fía actual é a arqueoloxía do futuro, do mesmoxeito que a arqueoloxía é, pola súa parte, a etno-grafía dos tempos idos.”11

Este papel que se lle apón á Etnografía como discipli-na subordinada á Historia amósase no limiar da súaEtnografía.Cultura material. O voluminoso traballoé calificado polo propio autor como unha introduc-ción á historia de Galicia, no sentido de que os docu-mentos etnográficos nel estudados poidan ser refe-rencia para o contido dos tomos de historia que hanseguir.

A demostración da existencia dunha historia e unhacultura específicas que afiuzasen a personalidadecomo pobo, foi o eixo principal, como vimos, donacionalismo historicista do grupo Nós e de moitosdos homes do Seminario de Estudos Galegos.A defi-nición do ser diferencial de Galicia era degrao previoe necesario para facer consciente colectivamente aidentidade e validar, no seu caso, a elección do futu-ro como comunidade.

Esta formulación, como non podía ser doutro xeito,nordeou a traxectoria persoal e a tarefa investigado-ra de Xaquín Lorenzo.As súas palabras neste sentidoson ben explícitas: débese estudar o home galego, asúa cultura, para darlle“ao pobo unha conciencia de si mesmo. Ensinaraos galegos que eran galegos, porque tiñan unhalingoa, porque tiñan unha cultura, porque tiñanunhas costumes, unha maneira de ser que os dis-tinguía dos demais.Non que por eso foran milloresou peores. Eran diferentes e, por tanto, tiñan perso-nalidade”.12

Poida que dende os presupostos teóricos de certaAntropoloxía académica á liña iniciada pola xeraciónNós e proseguida polo Seminario de Estudos Galegosen disciplinas como a Historia e a Etnografía, conci-bindo a súa investigación como instrumento adecua-

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

10. Cuevillas, etnógrafo. En Homaxe a Florentino L.A. Cuevillas. Vigo, Galaxia, 1957, p. 136.11. Risco e a Etnografía na Galiza, cit.12. La Región, 17 de maio de 1981.

Page 11: Nós - Dialnet · cultural para que á súa vez poida ser transmitido. Entendendo así o patrimonio no seu significado máis xenuíno. Aínda que cronoloxicamente se encadra de cheo

17~

do para a procura da definición dunha cultura eunha historia diferenciadas, centrándose naidentidade, se lle negue validez epistemo-lóxica, eliminando a posibilidade de quetamén dende a identidade se poidaconstruír un discurso cientificamenteválido sobre a cultura.

A este respecto convén subliñar queo novo escenario delineado a parti-res das profundas transformaciónsproducidas nas últimas décadas doséculo pasado está a impulsar,xunto cunha nova orde socioeco-nómica mundial, o respeto poladiversidade cultural,xerando move-mentos de recuperación e afortala-mento de culturas e identidades,rexurdimentos de etnicidade e inclu-so o auxe da articulación de tradiciónsinventadas para establecer ou simboli-zar cohesión social e pertenza á comuni-dade. Este crecente proceso de multicultu-ralismo está a ocasionar a mudanza de moitasformulacións da Antropoloxía. O traballo etno-gráfico e antropolóxico débese inserir no contextosocial e histórico e, en consecuencia, está chamado aestudar e documentar esa diversidade cultural. Nestaorde a investigación do multiculturalismo e da identi-dade terá un papel relevante. E Galicia non é allea aeste discurso,como o evidencian algúns lúcidos traba-llos que se están a desenvolver.

Quixera,denantes de rematar esta intervención, facerunha pequena consideración sobor do estudo da cul-tura material. Hai que recoñecer que o camiño aber-to por don Xaquín estase a continuar, e nesteCongreso temos abondas probas coas ponenciasexpostas relativas a este eido. Non obstante, semellaque é un campo de estudo que vai ter que ir máis aládo nivel meramente descriptivo,e que aínda non aca-dou o interés antropolóxico que a súa relevancia tenna investigación das ciencias sociais. Neste sentido,baste mencionar dende a perspectiva do historiadora importancia que Marc Bloch e Lucien Febvre con-ceden á tecnoloxía, por canto esta se encontra nomesmo miolo do tecido histórico, de tal xeito que asúa historia forma parte da historia das sociedades. Edende o campo antropolóxico,Leslie A.White ten sig-nificado o determinante papel que xoga o subsiste-ma tecnolóxico, no sistema que chamamos cultura.

Sería un magnífico homenaxe a don Xaquín que estecongreso servise, entre outras cousas, para acrecer oestudo do patrimonio material etnográfico.

Don Xaquín Lorenzo encarreirou toda a súa vida áinvestigación, asumíndoa como un monacato eencarándoa coa determinación de servicio aGalicia. Lealdade a ese propósito e aos homes que oalentaron e dos que foi fiel testamenteiro. A calida-de humana e a nobreza singularizaron a súa persoa.Nunha entrevista publicada por La Región o Díadas Letras Galegas, dous meses denantes da súamorte, deixaba dito:

“Pola miña parte, hai algo que me satisface. I é opensar en que durante toda a miña vida traballeipor Galiza, e todo o que fixen, fíxeno por Galiza.Millor ou pior. Cada un traballa segundo os talen-tos que Deus lle deu. Non vou xuzgar o valor damiña obra, pero si, toda ela sin excepción, foi feitapensando en Galiza, traballando por Galiza, man-tendo a fidelidade que prometín cando me puxenen contacto con Cuevillas, con Risco, con Otero”.13

D I A D A S L E T R A S G A L E G A S X A Q U Í N L O R E N Z O « X O C A S »

13. La Región

Asume a presidencia

do Padroado do Museo

do Pobo Galego,

que ostentará

ate a súa morte

en 1989.

Cos vellos amigos

–Fraguas, Martínez

López, Filgueira,

Álvarez Blázquez,

Taboada Chivite-,

revive un pouco

as ilusións do SEG.

Como ten afirmado,

“foi a ilusión de toda

a miña vida

a posibilidade de crear

en Galicia algún museo

etnográfico...”.

Retrato de Antón Fraguas