novidades xerais o meu gato é un poeta, o amor é un ...6 galicia hoxe lecer domingo 27 de marzo de...

1
6 LECER GALICIA HOXE DOMINGO 27 DE MARZO DE 2011 O mar coa súa gorxa de cara- muxo asubía o vento que transporta a marea e os teus desexos. Almorzarei cereais con leite. Á merenda dareille outro enfoque. O amor, claro, é o arrecendo a melocotón. E nós sen saber que o mundo está cheo de poesía, de animais que falan, de voces máxicas que se agochan entre as rochas que descansan devagar sobre a area. Cando neno, a visión do mun- do é un continuo xogo, en cada cousiña, por pequena que sexa, apreciamos un mundo de fanta- sía, de divertimento sen límite. Estar en contacto con ese mun- do e non perdelo axuda a poten- ciar a creatividade, a sermos fe- lices. Ler, estimula os sentidos e fai que ese mundo se expanda ata o infinito. Se nos mergullamos no uni- verso da poesía podemos achar pedras preciosas agochadas en- tre as letras e expresar os nosos sentimentos dun modo case que liberador. Para coñecer a lírica, hai que rachar con esa concep- ción da poesía como xénero difí- cil e incomprensible. Un poema pode ter para cada un de nós un significado distinto e todas as in- terpretacións poden estar ben. Hoxe presentamos un libro-dis- co-web, unha proposta poética diferente encamiñada para que os nenos a partir dos oito anos se familiaricen e gocen da poesía. A proposta, de Xerais, non po- dería ser máis fresca e divertida, O meu gato é un poeta, do re- coñecido Fran Alonso, é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, so- bre todo, accesible para os lecto- res e lectoras. Está ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O meu gato é un poeta bota man da fu- sión de xéneros literarios a tra- vés da reflexión, da poesía vi- sual, dos xogos de palabras, da interacción, dos caligramas, da narración, da música, das novas tecnoloxías para conseguir sedu- cir e enganchar os máis novos. O libro vai acompañado dun CD que enriquece o texto gra- zas á mestura de distintas artes e amplía ante os lectores a súa visión da poesía, permitíndo- lles abordar novas dimensións e agrandar a súa percepción sen- sorial. A música das seis can- cións do CD é de Xurxo Souto, onde a presenza do seu acor- deón é máis que notable. O meu gato é un poeta con- ta tamén con web propia www. gatopoeta.net. Nesta páxina o lector poderá atopar máis poe- mas, información sobre o li- bro e o disco, xogos, mp3 coa voz do autor recitando, cues- tionarios con respostas, etc. Unha completa web que serve para compartir as túas impre- sión sobre o libro e para saber de preto os teus coñecementos sobre el. Cativadas O amor é un sombreiro que che medra na cabeza ‘O meu gato poeta enreda’ coas palabras, bótaas a rodar, retórcelles o pescozo. Como cóxegas súpetas nas plantas dos pés podemos definir este libro-disco-web ideado e escrito por Fran Alonso e musicado por Xurxo Souto. Unha proposta diferente para cativos a partir dos oito anos enchida de frescura, humor e diversión Textos: Romina Bal Fotos: Edicións Xe- rais de Galicia NOVIDADES XERAIS “SON UN GATO. UN GATO CON TOGA. UN GATO TOGADO. UN GATO SENTADO. UN GATO XURADO. UN GATO PESADO. UN GATO ENTREGADO...” “UN COELLO SEN PELOS NO PELELLO, UN COELLO CO RABO VERMELLO, UN COELLO CON CARA DE CAMELO, UN COELLO...” “EU SON O MAR, O MEU BRILLO DE OURIZOS DESLUMBRA OS OLLOS DE QUEN ME MIRA. OS MEUS BRAZOS DE GOLFIÑO ALOUMIÑAN...”

Upload: others

Post on 04-Feb-2021

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • 6 LECERGaLiCia hoxEDoMiNGo 27 DE MaRZo DE 2011

    O mar coa súa gorxa de cara-muxo asubía o vento que transporta a marea e os teus desexos. Almorzarei cereais con leite. Á merenda dareille outro enfoque. O amor, claro, é o arrecendo a melocotón.

    E nós sen saber que o mundo está cheo de poesía, de animais que falan, de voces máxicas que se agochan entre as rochas que descansan devagar sobre a area. Cando neno, a visión do mun-do é un continuo xogo, en cada cousiña, por pequena que sexa, apreciamos un mundo de fanta-sía, de divertimento sen límite. Estar en contacto con ese mun-do e non perdelo axuda a poten-ciar a creatividade, a sermos fe-lices. Ler, estimula os sentidos e fai que ese mundo se expanda ata o infinito.

    Se nos mergullamos no uni-verso da poesía podemos achar pedras preciosas agochadas en-tre as letras e expresar os nosos sentimentos dun modo case que liberador. Para coñecer a lírica, hai que rachar con esa concep-ción da poesía como xénero difí-cil e incomprensible. Un poema pode ter para cada un de nós un significado distinto e todas as in-terpretacións poden estar ben. Hoxe presentamos un libro-dis-co-web, unha proposta poética diferente encamiñada para que os nenos a partir dos oito anos se familiaricen e gocen da poesía. A proposta, de Xerais, non po-dería ser máis fresca e divertida, O meu gato é un poeta, do re-coñecido Fran Alonso, é un libro que pretende transmitir a poesía dun xeito lúdico, divertido e, so-bre todo, accesible para os lecto-res e lectoras.

    Está ideado coma se fose un xogo ou un obradoiro. O meu gato é un poeta bota man da fu-sión de xéneros literarios a tra-vés da reflexión, da poesía vi-sual, dos xogos de palabras, da interacción, dos caligramas, da narración, da música, das novas tecnoloxías para conseguir sedu-cir e enganchar os máis novos. O libro vai acompañado dun CD que enriquece o texto gra-zas á mestura de distintas artes e amplía ante os lectores a súa visión da poesía, permitíndo-lles abordar novas dimensións e agrandar a súa percepción sen-sorial. A música das seis can-cións do CD é de Xurxo Souto, onde a presenza do seu acor-deón é máis que notable.

    O meu gato é un poeta con-ta tamén con web propia www.gatopoeta.net. Nesta páxina o lector poderá atopar máis poe-mas, información sobre o li-bro e o disco, xogos, mp3 coa voz do autor recitando, cues-tionarios con respostas, etc. Unha completa web que serve para compartir as túas impre-sión sobre o libro e para saber de preto os teus coñecementos sobre el.

    Cativadas

    O amor é un sombreiro que che medra na cabeza‘O meu gato poeta enreda’ coas palabras, bótaas a rodar, retórcelles o pescozo. Como cóxegas súpetas nas plantas dos pés podemos definir este libro-disco-web ideado e escrito por Fran Alonso e musicado por Xurxo Souto. Unha proposta diferente para cativos a partir dos oito anos enchida de frescura, humor e diversión

    Textos:Romina Bal

    Fotos:Edicións Xe-rais de Galicia

    NOVIDADES XERAIS

    “sOn un gatO. un gatO cOn tOga. un gatO tOgadO. un gatO sentadO. un gatO xuradO. un gatO pesadO. un gatO entregadO...”

    “un cOellO sen pelOs nO pelellO, un cOellO cO rabO vermellO, un cOellO cOn cara de camelO, un cOellO...”

    “eu sOn O mar, O meu brIllO de OurIZOs deslumbra Os OllOs de Quen me mIra. Os meus braZOs de gOlfIñO alOumIñan...”