novelas ambientadas na Época do barroco ángel negro (nieves hidalgo). os dous fillos do duque de...
TRANSCRIPT
NOVELAS AMBIENTADAS NA ÉPOCA DO BARROCO
Al fondo, Eger (Juan Antonio de Blas). Relato de aventuras centrado
en Praga no comezo da Guerra dos 30 anos e na vida de Wallenstein,
o xefe dos exércitos imperiais.
Amarilis (Antonio Sarabia). Mentres se representa unha obra teatral
nun corral de comedias madrileño, un actor comenta os últimos días
da vida do seu autor, Lope de Vega.
Ángeles de la hoguera (Janine Garrisson). Nun pobo do país vasco
francés viven atemorizados polas persecucións dun xesuíta que, co
pretexto de perseguir a supostas meigas, provoca un clima de odios e
vinganzas persoais entre os seus habitantes.
Asesinato en la torre (Jean Plaidy). A Corte do rei inglés Xacobe I
Inglaterra pasa por momentos de decadencia e múltiples intrigas de
palacio que son aproveitadas polos favoritos do monarca.
Bajo el signo de los dioses (Francisco Morales Lomas). Entre os
séculos XVI e XVII móvense as aventuras de Rodrigo Calderón, un
dos personaxes máis poderosos da época.
Capa y espada (Fernando Fernán-Gómez). A novela analiza un dos
maiores secretos do Século de Ouro español: o misterioso asasinato
de Juan de Tassis, conde de Villamediana, un personaxe odiado e
envexado a partes iguais.
Carolus Rex (Ramón J. Sender). Entre a novela e o ensaio, o autor
analiza con documentación histórica a vida e o reinado do derradeiro
dos monarcas da casa de Austria en España, Carlos II.
Conspiración en Venecia (Yael Guiladi). A cidade italiana
converteuse nun lugar estratéxico de Europa na que conflúen todo
tipo de intereses e intrigas, entre eles os dunha familia que fuxiu de
España por medo á Inquisición.
Crónica del rey pasmado (Gonzalo Torrente Ballester). Irónico
retrato colectivo da Corte de Filipe IV arredor do capricho do rei de
ver espida a súa muller, ante a oposición do goberno de las
autoridades eclesiásticas.
Decidnos, ¿quién mató al conde? (Néstor Luján). En 1621 foi
asasinado o conde de Villamediana, unha morte para a que se deben
buscar os culpables e as causas que os levaron a cometer o crime.
Del sitial al cadalso (Manuel Vargas-Zuñiga). Crónica dun crime de
Estado na España de Filipe IV. O 21 de outubro de 1621 don Rodrigo
Calderón, conde e marqués protexido de Filipe III, foi axustizado no
cadalso en Madrid logo de caer en desgraza por verse implicado
nunha trama de ambicións políticas tras o ascenso do novo valido de
Felipe IV, o conde-duque de Olivares.
El ángel negro (Nieves Hidalgo). Os dous fillos do duque de Sobera
son acusados de alta traizón e desterrados, pero son capturados polos
piratas e vendidos como escravos no mercado de Port Royal.
Conseguirán vingarse, pero non contan con que o amor é máis
poderoso que o odio.
El astrólogo y el sultán (Orhan Pamuk). Un científico italiano é
capturado por piratas e vendido a un sabio turco, sorprendéndose do
seu enorme parecido. Conxuntamente preparan proxectos para o
sultán e cando caen en desgraza dedícanse a investigarse
mutuamente.
El cielo en un infierno cabe (Cristina López Barrio). O tribunal da
Inquisición xulga en Toledo a unha suposta meiga, pero o proceso
complícase cunha tráxica historia na que se mesturan amores, maxia e
beatería.
El Corsario Negro (Emilio Salgari). Novela de aventuras ambientada
no século XVII protagonizada polo nobre italiano que se converte en
pirata para vingar o asasinato dos seus irmáns.
El demonio de Lavapiés (Pedro Herrasti). No barrio madrileño de
Lavapiés teñen lugar unha serie de crimes que a xustiza debe
esclarecer a través dun alguacil e un frade dominico.
El diario de la duquesa (Robin Chapman). Novela ambientada na
Castela da época de Cervantes e nos seus ambientes literarios. Á
duqesa de Caparrós, namorada de Cervantes, non está contenta como
a presenta en El Quijote seu autor.
El enigma de la santa espina (Fernando de Artacho). Novela de
misterio e aventuras arredor do tema das auténticas e das falsas
reliquias.
El enigma Vermeer (Blue Balliett). Narración de carácter xuvenil
que trata de dar respostas a preguntas relacionadas con misterios,
probas de intelixencia e, sobre todo, de arte.
El enigma Vivaldi (Peter Harris). Cando o violinista cordobés Lucio
Torres descubre nun arquivo unha composición atribuíble a Vivaldi,
rapidamente pasa a interpretala. Era unha partitura prohibida pola
Igrexa porque se dixo que era música do diaño. Esas notas mostraban
un Vivaldi descoñecido que ocultou naquela partitura un poderoso
misterio.
El festín de John Saturnal (Lawrence Norfolk). O autor válese da
cociña da época para describir a vida e costumes do século XVII a
través dos relatos dun orfo que acabou or se converter no mellor
cociñeiro do momento.
El gabinete de las maravillas (Alfonso Mateo Sagasta). O arquiveiro
encargado de ter ao día un gabinete que reunía todas as maravillas
coñecidas do mundo é asasinado, iniciándose a investigación para
localizar os culpables.
El libro de las tinieblas (Pedro Herrasti). Ambiente de pousadas e
vida de clases populares en Madrid como telón de fondo da
investigación da morte dun soldado dos terzos de Flandres.
El manuscrito de Calderón (Francisco Morales Lomas). Narra as
aventuras de Pedro Capablanca, fidalgo de escasos medios, que se
dedica a investigar asuntos que a xustiza non pode ou non quere
resolver.
El misterio de la cámara azul (Jean D´Aillon). Luis XIII e Richelieu
controlan o poder en Francia, pero iso non impide que teñan lugar
intrigas, ambicións, misteriosos roubos en palacio, amores e
desamores.
El misterio de la dama desaparecida (Concha López Narváez).
Novela xuvenil que relata como durante as festas polo nacemento
dunha filla do rei Filipe IV aparece unha fermosa muller que
desaparece ao pouco tempo e non dan resultado os intentos por
atopala.
El misterio Velázquez (Eliacer Cansino). Novela xuvenil
protagonizada polo enano que aparece pintado por Velázquez no
ángulo inferior dereito do cadro das Meniñas e que recrea o ambiente
da Corte de Felipe IV.
El pintor de Flandes (Rosa Ribas). O conde de Villamediana encarga
un gran cadro a un pintor flamenco e arredor deste feito suceden
numerosas intrigas e misterios que reflicten as tensións do poder
entre os reinos europeos do século XVII.
El rey de las almadrabas (Carlos Algora). A través da mirada de
Hernán, un pícaro sevillano que consegue converterse en axente do
duque de Medina Sidonia, o autor traza un completo e ben
documentado panorama da época da crise de 1640 salpicado de
intrigas e aventuras.
El ritual de las doncellas (José Calvo Poyato). A morte de varias
mulleres en similares circunstancias en Sevilla conmociona a vida da
cidade, pois dos inicios da investigación parece derivarse un ritual
que pode provocar incalculables consecuencias.
El secreto de Maribárbola ( María Teresa Álvarez). A partir dun dos
personaxes do cadro das Meniñas, a autora tece a historia dunha
familia nobre madrileña da época.
El soportal de los malos pensamientos (Juan Antonio de Blas).
Novela de capa e espada que ten a Quevedo como centro da acción
dunha trama conspirativa para dar un golpe de estado en Venecia.
El templo de la garza escarlata: un caso del mandarín Tan (Tran-
Nhut). Novela de detectives ambientada en Vietnam do Norte no
século XVII.
En busca del hogar (Juan Martín Salamanca). Na batalla de Lepanto,
un soldado cae prisioneiro dos turcos e vendido como escravo; co seu
amo viaxará por Europa e vivirá aventuras; servirá ao rei de España
na Invencible e acabará como pirata asolando as costas americanas.
Ex libris (Ross King). Novela de intriga, ambicións e paixóns
ambientada en Londres no século XVII centrada arredor do valor dos
códigos cifrados e das súas falsificacións.
Golpe a Venecia (Manuel Ayllón). Baseado en feitos reais, centra a
atención nas intrigas do duque de Osuna, quen confiará a Quevedo o
éxito dunha operación secreta para facerse co control da república de
Venecia.
Hierro y plomo. Cuentos de los tercios viejos (Antonio Villegas
González). Relatos en primeira persoa de soldados dos Terzos de
Flandres do século XVII
Historia de la vida del Buscón (Francisco de Quevedo). Relato das
aventuras de Pablos, un pícaro que desexa mellorar a súa condición
social en varias cidades españolas; fracaso no seu intento, a última
esperanza será embarcarse ás Indias.
Imprimatur (Rita Monaldi e Francesco Sorti). O descubrimento duns
documentos por uns periodistas é o pretexto para recrear a vida e
costumes dunha pousada romana aectada pola peste, mentres os
turcos están ás portas de Viena.
Jaque a la Reina (José García Poyato). Durante a rexencia de
Mariana de Austria, nai de Carlos II, desátense fortes tensións por
parte de Xoán Xosé de Austria, fillo ilexítimo do monarca falecido.
La conjura de Cortés (Matilde Asensi). Derradeira entrega da serie
de aventuras de Martín Ojo de Plata, alter ego de Catalina Solís, e as
súas aventuras por España e América.
La confesión del embajador (Juan Martín Salamanca). Lances
amorosos, duelos a espada e intrigas políticas nunha viaxe a través de
media Europa, con maquiavélicos personaxes como el cardeal
Richelieu, o Papa Urbano VIII, Mazarino, o conde-duque de Olivares
ou o xeneral Ambrosio de Espínola.
La gesta del marrano (Marcos Aguinis). A partir dun acto de fe que
tivo lugar en Lima, o protagonista decide loitar pola liberdade e a
discriminación ideolóxica e étnica.
La joven de la perla (Tracy Chevalier). Novela ambientada na vida e
no traballo do pintor holandés Vermeer e da relación coa súa servinte
que acabou por converterse na súa musa.
La lengua de Dios (Santiago Miralles). Ambientación e descrición de
edificios e personaxes destacados do mundo das artes e da política de
Madrid do século XVII, coas filias e as fobias que mantiñan entre
eles.
La letra escarlata (Nathaniel Hawthorne). Nos inicios da
colonización de Norteamérica, unha muller, acusada de infidelidade,
é obrigada a levar unha letra A. Ante a negativa a descubrir a
identidade do amante, o marido está disposto a descubrir a verdade a
calquera prezo.
La máscara de los Gonzaga (Clare Colvin). Recreación do ambiente
cortesán barroco na cidade de Padua durante o século XVII.
La mujer de púrpura ( Jeanette Winterson). A novela está
ambientada en Inglaterra e centrada nos xuízos das meigas de 1612.
La pícara Justina (Francisco López de Úbeda). Narración presentada
como unha autobiográfica das aventuras dunha moza de orixe xudía,
un relato encadrable na denominada picaresca feminina.
La taza de oro (John Steinbeck). Biografía novelada dun dos piratas
inglesas máis famosos, Henry Morgan, empeñado en arrebatar a
España as riquezas de Panamá.
Ladrones de tinta (Alfonso Mateo Sagasta). Intrigas e relacións entre
literatos españois do século XVII centradas arredor da publicación da
segunda parte do Quijote, aproveitando o éxito da primeira. Na
investigación descúbrense máis problemas dos esperados.
Las dos caras del sol (José Ignacio de Arana). Historia dun médico
en Madrid que se ve envolto nunha conspiración para asasinar ao
duque de Lerma, polo que terá que fuxir a Lisboa e logo a América.
Las aventuras del capitán Alatriste (Arturo
Pérez-Reverte). Historias noveladas dun
capitán veterano das guerras de Flandres que
malvive como espadachín a soldo no Madrid
do século XVII, no medio dunha Corte corrupta
e en decadencia. Títulos publicados: El capitán
Alatriste, Limpieza de sangre, El sol de Breda,
El oro del rey, EL caballero del jubón
amarillo, Corsarios de Levante, El puente de
los asesinos.
Las islas de la felicidad (José Luis Olaizola). Crónica dunha
apaixonante viaxe en compañía do gran navegante Andrés de
Urdaneta, o descubridor da ruta marítima das especias.
Los espejos paralelos (Néstor Luján ). Imaxinaria recreación da vida
dos personaxes do cadro As Meniñas de Velázquez, así como do
ambiente do Madrid da época.
Los fulares rojos (Fréderic H. Fajardie). Un comando ao servizo do
rei Luís XIV de Francia trata de conter a revolta dos burguesas (A
Fronda) que obrigou á nobreza a fuxir de París.
Los novios (Alassandro Manzoni). Historia de dous prometidos en
Lombardía a medidos do século XVII que son separados contra a súa
vontade pero que logran reunirse a pesar das trabas que impón o
dominio español na zona.
Los tres mosqueteros (Alejandro Dumas). Durante o reinado de Luís
XIII, D´Artagnan vai a París a buscar fama e poder e alí coñece a
quen serán os seus mellores amigos e compañeiros de aventuras.
Miel de avispas (Miguel Ángel Torre). Galería das vidas de variados
personaxes no ambiente madrileño do século XVII.
Muerte súbita (Álvaro Enrigue). Unha historia ambientada no século
XVII que conta unha historia: un duelo entre o pintor Caravaggio e o
poeta Quevedo que se enfrontan nun singular partido de tenis.
Oria (Artemio García Fernández). Historia ambientada en Asturias
durante o século XVII e centrada na vida dunha muller que aproveita
a súa beleza para superar a infancia de miseria e penalidades.
Placeres terrenales (Philippa Gregory). A pesar dunha orixe
humilde, un gran deseñador de parques e xardíns entra a formar parte
da vida e das intrigas da Corte inglesa dos Estuardo tendo que tomar
a decisión: incorporarse á vida dos placeres nobiliarios ou manterse
na posición social inicial.
Por siempre Ámbar (Kathleen Winsor). En 1660 Carlos II de
Inglaterra regresa do desterro e recupera o trono, iniciando unha
época de opulencia e intrigas. A novela describe o ascenso social de
Ámbar ata converterse en condesa e amante do rei nos tempos en que
tivo lugar o gran incendio de Londres e a gran plaga de 1666, o
derradeiro brote d epeste bubónica en Europa.
Ronin (Francisco Narla). En 1614 chega a España unha embaixada
xaponesa que se dirixe a Italia para pedir protección para os católicos
xaponeses que están sendo perseguidos.
Siete historias para la infanta Margarita (Miguel Fernández
Pacheco). Para facer menos aburridas as longas sesións posando para
que Velázquez pintase os cadro das Meniñas, as compañeiras do
cadro cóntanlle historias.
Tiempo de conquistadores (Alberto Vázquez Figueroa). Na
conquista española de América tamén houbo espazos para personaxes
que se levantaron contra a inxustiza da escravitude, aínda que por iso
tivesen que pagar un alto prezo.
Tierra firme (Matilde Asensi). Novela de aventuras ambientada no
século XVII coa que autora inicia a serie centrada na extraordinaria
vida de Martín Ojo de Plata.
Treinta doblones de oro (Jesús Sánchez Adalid). Novela de estilo da
picaresca na que os personaxes pasan todo tipo de aventuras no
marco da España de finais do século XVII.
Un zoológico para el Rey Sol (Frederic Richaud). Para gañarse o
favor do poderoso rei francés, un marqués arrisca todo para satisfacer
o seu capricho: ter un zoolóxico de animais exóticos en Versalles.
Venganza en Sevilla (Matilde Asensi). Catalina Solís, a protagonista
de Tierra firme, debe completar o seu plan de vingar as ultraxes
feitas a seu pai adoptivo na cidade andaluza.
Winggapoh! (Georges Walter). Novela ambientada na época dos
inicios da colonización de Norteamérica e nas relacións entre o
capitán John Smith e Pocahontas, a filla do xefe da confederación
algonquina de Virxinia