normas básicas de uso dos recursos tic

6
1 NORMAS BÁSICAS DE USO DOS RECURSOS TIC DO CENTRO CEIP PADRE FEIJOO CURSO 2011-2012

Upload: ticspadrefeijoo

Post on 20-Jul-2015

326 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Normas básicas de uso dos recursos tic

1

NORMAS BÁSICAS DE USO DOS RECURSOS TIC DO CENTRO

CEIP PADRE FEIJOO

CURSO 2011-2012

Page 2: Normas básicas de uso dos recursos tic

2

NORMAS XERAIS PARA O EMPREGO DO MATERIAL INFORMÁTICO

En caso de avaría deberá cubrirse o parte de incidencias situado na sala de profesores, e intentarase comunicarllo persoalmente ao responsable das Tics.

Acender e apagar o computador de forma correcta ( Inicio- apagar sistema- aceptar) Ao rematar a sesión deixaranse correctamente apagados todos os equipos informáticos ( computadores, pantallas, altavoces, canón...)

Nos ordenadores de uso común ( sala de profesores, aula das Tics, Biblioteca) non se poderá gardar ningún arquivo no Escritorio. O docente ou alumno que desexe gardar algún documento ou arquivo, farao creando unha carpeta identificativa (Nome ou curso) en Mis Documentos. Do mesmo xeito, evitarase deixar accesos directos no escritorio se non son empregados a miúdo. Crearase unha carpeta dentro de Favoritos co nome do docente ou alumn@.

Page 3: Normas básicas de uso dos recursos tic

3

O rematar o curso eliminaranse todos os documentos que haxa no ordenadores comúns para liberar espazo no disco duro, polo que se recomenda en Xuño gardar os documentos persoais nunha memoria externa. En caso de cambiar de aula tamén se procederá a súa limpeza a comezos de curso.

Cando se traballe con pendrives deberase facer con absoluta seguridade de que non conteñan virus, da mesma maneira con correos electrónicos, ou descargas de programas.

Non é conveniente instalar moitos programas, só para consultalos. Iremos ocupando memoria e iso dará problemas. Se se instala un programa para exploralo, e despois non pensamos en volvelo a empregar, é conveniente desinstalalo. Se non se sabe solicita axuda ao responsable das Tics. Ollo cando se instalan programas, con aceptar pestanas onde se instalarán ademais botóns na barra de ferramentas de Internet, que reducen o espazo da ventá para traballar

Page 4: Normas básicas de uso dos recursos tic

4

Disporase a lo menos dun ordenador en cada aula do centro como apoio, reforzo e ampliación dos contidos das distintas áreas.

Na sala de profesores disporase dun catálogo do material multimedia do que se dispón no centro. Cando se queira facer uso dalgún material situado nalgunha aula, solicitarase ao coordinador das Tics.

Queda prohibido imprimir material particular non relacionado coa docencia do Centro.

Queda prohibido o uso de internet en relacións con contidos que contraveñan as normas de convivencia, tales como: violencia, pornografía, racismo...

Page 5: Normas básicas de uso dos recursos tic

5

NORMAS PARA A UTILIZACIÓN DA AULA DAS TICS:

Para o uso da sala de informática haberá unha folla de distribución horaria semanal na sala de profesores.

O alumnado non quedará só, en ningún caso, na aula de Informática.

O profesorado deberá informar aos alumnos/as das normas de uso do material informático, que estarán expostas na aula das Tics.

Preferiblemente na sala de Informática asignarase un ordenador cada x alumn@s (dependendo da ratio da aula) de forma permanente, para poder ter localizados mellor os seus traballos.

Ao rematar a sesión deixaranse correctamente apagados todos os equipos informáticos ( computadores, pantallas, altavoces, canón...) e as cadeiras ordenadas. Devolverase coa maior premura a chave ao casilleiro.

Evitar que os borradores ou materiais de limpeza abrasivos entre en contacto coa EDI.

Page 6: Normas básicas de uso dos recursos tic

6

• Non utilizar obxectos ou instrumentos puntiagudos/afiados coma os bolígrafos, lapis ou os rotuladores de punta fina. Aínda que a superficie é moi duradeira, este tipo de elementos poden danar a superficie analóxica-resistiva se se aplican cunha forte presión.

• É requisito indispensable para o uso do EDI que as mans reúnan unha perfecta condición hixiénica (coidado coas unllas).

• Non pegar cinta adhesiva sobre a superficie de escritura ( posibledesprendemento do recubremento exterior da pizarra).

• Evitar o uso de rotuladores de borrado en seco ou de tinta indeleble (no caso de escritura accidental borrar o antes posible seguindo as instrucción do fabricante para eliminar as manchas).