nogueira, noceira, concheiro (juglans regia)

11
nogueira concheiro, noceira (Juglans regia) nogal walnut noyer nogueira

Upload: monadela

Post on 24-May-2015

10.321 views

Category:

Education


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: Nogueira, noceira, concheiro (Juglans regia)

nogueira concheiro, noceira

(Juglans regia)nogal

walnut noyer

nogueira

Page 2: Nogueira, noceira, concheiro (Juglans regia)

CLASEAnxiospermasORDEJuglandalesFAMILIAJuglandácéas

Page 3: Nogueira, noceira, concheiro (Juglans regia)

É unha árbore orixinaria do Sudoeste de Europa e Asia Central que vive en terreos fértiles, frescos e soltos. En Galicia atópase cultivada e naturalizada. É frecuente sobre todo na zona oriental. A copa é ampla e densa. Pode acadar os 30 m de altura.Toda a planta despide un olor característico.

Page 4: Nogueira, noceira, concheiro (Juglans regia)

TALO:Toro dereito e groso que se ramifica a pouca altura en ponlas fortes e ascendentes. A tona é de cor gris con fendas finas cando é vella.

Page 5: Nogueira, noceira, concheiro (Juglans regia)

FOLLASAs follas son caedizas, alternas, compostas pinnadas, de ata 40 cm de lonxitude, formadas por 7-9 foliolos ovais-lanceolados coa beira enteira de cor verde escura polo dereito e máis craras polo revés.

Page 6: Nogueira, noceira, concheiro (Juglans regia)

FLORESAs flores son unisexuais. As masculinas agrúpanse en amentos de cor amarela ou amarela-verdosa de 3 a 10 cm de lonxitude. As flores femininas están situadas nas xemas terminais, son pequenas, de cor verde, formadas por un pistilo con 2-5 estigmas amarelos.

amento masculino

flores femininas

Page 7: Nogueira, noceira, concheiro (Juglans regia)

FROITOS Drupas carnosas de forma globular, de 4-5 cm de lonxitude, coa superficie lisa e de cor verde con pencas craras. A semente (noz) é grande e ten unha cuberta leñosa, enrugada e de cor castaña crara

Page 8: Nogueira, noceira, concheiro (Juglans regia)

CICLO ANUAL-NOGUEIRAFolla

Flor

Froito

xaneiro febreiro marzo abril maio xuño xullo agosto setembro outubro novembro decembro

Page 9: Nogueira, noceira, concheiro (Juglans regia)

Nogueira de Triacastela (Lugo)

Page 10: Nogueira, noceira, concheiro (Juglans regia)

USOS:Cultívase desde a antigüidade pola súa madeira (fina, dura, pesada e moi decorativa) e para aproveitar as sementes comestibles (noces ou conchos). Da tona extráese un tinte, a nogalina.Ten moitos usos mediciñais: a tona e os conchos verdes son astrinxentes, dos froitos verdes extráese un tónico para o estómago, o aceite de noz é vermífugo...

Page 11: Nogueira, noceira, concheiro (Juglans regia)

REFRANSPor San Xusto e San Pastor entran as noces en sabor.CRENZASA sombra do carballo e máis a do piñeiro son boas, a do castiñeiro húmidae e fría e a da nogueira enfermiza.

ADIVIÑA

Unha caixiñarequinquilladiña,e non hai requinquilladorque a requinquille mellor.(A noz)

Catro monxas nun conventodonde non entra nin aire nin vento.(A noz)

MONTAXE: Adela LeiroFOTOS: Adela Leiro, Mon Daporta, Internet