nº 48 maio 2014 en galego,

2
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 48 maio de 2014 Penélope Un paso adiante e outro atrás, Galiza, e a tea dos teus soños non se move. A espranza nos teus ollos se espreguiza. Aran os bois e chove. Un bruar de navíos moi lonxanos che estrolla o sono mol coma unha uva. Pro ti envólveste en sabas de mil anos, e en sonos volves a escoitar a chuva. Traguerán os camiños algún día a xente que levaron. Deus é o mesmo. Suco vai, suco vén, ¡ Xesús María!, e toda cousa ha de pagar seu desmo. Desorballando os prados como sono, o Tempo vai de Parga a Pastoriza. Vaise enterrando, suco a suco, o Outono. ¡ Un paso adiante e outro atrás, Galiza!

Upload: ceiprandufe

Post on 26-May-2015

345 views

Category:

Education


6 download

DESCRIPTION

Boletín do ENDL do CEIP de Randufe (Tui). nº 48, maio de 2014.

TRANSCRIPT

Page 1: Nº 48 maio 2014  en galego,

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 48 maio de 2014

Penélope Un paso adiante e outro atrás, Galiza,

e a tea dos teus soños non se move.

A espranza nos teus ollos se espreguiza.

Aran os bois e chove.

Un bruar de navíos moi lonxanos

che estrolla o sono mol coma unha uva.

Pro ti envólveste en sabas de mil anos,

e en sonos volves a escoitar a chuva.

Traguerán os camiños algún día

a xente que levaron. Deus é o mesmo.

Suco vai, suco vén, ¡ Xesús María!,

e toda cousa ha de pagar seu desmo.

Desorballando os prados como sono,

o Tempo vai de Parga a Pastoriza.

Vaise enterrando, suco a suco, o Outono.

¡ Un paso adiante e outro atrás, Galiza!

Page 2: Nº 48 maio 2014  en galego,

BICICLETAS

Hai moitos tipos de bicicletas, algunhas moi clásicas e outras moi modernas. Porén, clásicas ou modernas, todas teñen sela (o asento) e todas teñen guiador para dirixir a dirección da marcha. Moitas delas, especialmente as de andar polo monte, levan amortecedores (coma os autos ou as motos) que serven para reducir a intensidade ou amortecer os golpes polas

irregularidades do terreo por onde circulan. Así o amortecemento dos golpes facilita o circular por terreos esgrevios. Hainas que levan un faro ou lámpada para circular de noite e tamén unha bucina (ou buguina) para facer sinais acústicos de aviso. As rodas están compostas por pneumáticos que van cheos de ar a presión, que se insufla cunha bomba de aire (ou ar), e que van montados sobre un circulo metálico chamado pina, que está armada con numerosos raios. Algunhas bicicletas levan pola parte superior das rodas unha peza chamada gardalamas e que ten por finalidade evitar as salpicaduras. As bicicletas móvense pola forza aplicada nos pedais que a través da

cadea e da catarina transmite o movemento ao piñón. Outros compoñentes son os freos; o prato da roda; o cadro, que é o armazón metálico onde se artellan as distintas pezas; a barra naquelas bicicle-tas que a levan e o calzapé do pedal nalgunhas de competición. A bicicleta, método de transporte non contami-nante, é o único vehículo onde a persoa transporta-da tira da máquina.