nº 34 maio 2012 en galego,

2
Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 34 maio de 2012

Upload: ceiprandufe

Post on 26-May-2015

662 views

Category:

Education


4 download

TRANSCRIPT

Page 1: Nº 34 maio 2012  en galego,

Boletín do Equipo de Normalización e Dinamización Lingüística CEIP de Randufe Nº 34 maio de 2012

Page 2: Nº 34 maio 2012  en galego,

ALGUÉN e NINGUÉN, ALGÚN e NINGÚN

Alguén prendeu lume ao monte e ninguén foi capaz de apagalo. Nesta frase aparecen dous indefinidos, alguén e ninguén, que todos coñecemos e dos que sabemos o seu significado. O primeiro indica a existencia de unha ou varias persoas e o segundo a inexistencia das mesmas. O mesmo ocorre con outros indefinidos como algún/algunha e ningún/ningunha, dos que con toda seguridade coñecemos o seu significado. Porén non sempre o seu uso é o correcto; así as veces escóitanse, ou lense, expresións como:

“Os domingos e festivos non se realizará consulta algunha* e só se atenderan as urxencias”. Frase incorrecta porque en galego as frases negativas teñen que levar tamén indefinidos negativos; logo o correcto será:

“Os domingos e festivos non se realizará consulta ningunha e só se atenderan as urxencias”.

ALGURES e NINGURES En galego temos dous adverbios que podemos, e debemos, usar se queremos indicar un lugar indeterminado: algures, ou se nos referimos a ningún sitio, a ningún lugar: ningures.

CALQUERA

Outro indefinido que en ocasións se emprega de forma incorrecta é calquera. A diferenza do castelán calquera é invariábel en galego, e polo tanto é incorrecto usar calquer*, calisquer* ou outra forma derivada de calquera. Falando de calquera, hai unha expresión galega, ser un calquera, que non deixa en bo lugar á persoa a quen se dirixe a frase, pois significa ser pouca cousa, ser un ninguén.

Andei á espera de calquera que me puidese levar a Vigo, mais non chegou ninguén.

D i n va r i a s vo l t a s po l o torreiro da festa e non vin por ningures o meu amigo.

VIGOVIGOVIGO