newsletter usc

9
Oficina de Proxectos Europeos Páxina 1 de 9 Oficina de Proxectos Europeos Vicerreitoría de Investigación e Innovación Nº 2 – decembro 2011 EDITORIAL Este Nadal presenta interesantes oportunidades para os investigadores e investigadoras máis consolidados. O European Research Council dentro do Programa IDEAS ten abertas dúas importantes liñas de axuda: Advanced Grants e Synergy Grants. O obxectivo de ambas as dúas convocatorias é financiar proxectos de investigación fundamental nas fronteiras da ciencia e a tecnoloxía de acordo con criterios exclusivamente de excelencia científica. A investigación poderá levarse a cabo en calquera ámbito da ciencia ou tecnoloxía, enxeñería, ciencias socioeconómicas e humanidades, a través de equipos independentes dirixidos por un investigador principal consolidado (no caso das Advanced Grants) ou pola alianza de investigadores principais excelentes (Synergy Grants). IDEAS é un programa enormemente competitivo, pero tamén moi ben financiado e flexible. A USC pode esgrimir unha exitosa experiencia no programa, no marco do cal recentemente catro xoves e brillantes investigadores conseguiron cadansúa Starting Grant, situando a nosa Universidade como a primeira entre as universidades españolas na pasada convocatoria 2011. Se ben a participación entre os xoves investigadores en IDEAS está sendo moi satisfactoria, tanto dende o punto de vista do número de candidaturas propostas como da taxa de éxito alcanzada, entre os investigadores máis seniors a participación está por debaixo do que cabería esperar atendendo ao perfil e competencia de moitos dos investigadores na USC. Así pois, seguros do talento e a importante capacidade existente, dende a Vicerreitoría de Investigación e Innovación, queremos lanzar unha chamada aos investigadores e investigadoras consolidados da nosa Universidade animándoos a participar nestas convocatorias agora abertas. A tal fin, o día 30 de novembro organizamos unha sesión informativa sobre as Advanced e Synergy Grants, para a cal contaremos coa presenza do Prof. Luís Liz Marzán, catedrático de Química Física na Universidade de Vigo que acadou unha Advanced Grant na convocatoria 2010; o Dr. Miguel López Pérez, investigador Ramón y Cajal na USC, beneficiario dunha Starting Grant na convocatoria 2011, e con Dna. Esther Rodríguez, da Oficina Europea do Ministerio de Ciencia e Innovación, punto de contacto nacional do Programa Ideas en España. Esperamos que esta sesión informativa sexa de utilidade e se consiga maximizar as oportunidades que está a brindar o European Research Council. Un saúdo, Oficina de Proxectos Europeos Area de Xestión e Valorización de I+D NEWSLETTER 1. OPORTUNIDADES DE FINANCIAMENTO 2. NOTICIAS/PROXECTOS - - Novas Convocatorias: Advanced Grants - Convocatorias Abertas - PRAZOS E CALENDARIO - ANDES - CampuSCUlturae 3. EVENTOS 4. PROCURA DE SOCIOS - Sesión Informativa Advanced and Synergy Grants” do European Research Council. 30 de Novembro - Enerxía - TICs - Tecnoloxía - Ciencias Sociais e Humanidades - Saude - Psicoloxía

Upload: campusculturae-campusculturae

Post on 23-Mar-2016

225 views

Category:

Documents


1 download

DESCRIPTION

Presentación da primeiras actividades do proxecto campUSCulturae: presentación do proxecto na Feira Internacional do Libro de Guadalajara e celebración do Día Internacional dos Dereitos Humanos

TRANSCRIPT

Page 1: Newsletter USC

Oficina de Proxectos Europeos Páxina 1 de 9

Oficina de Proxectos Europeos Vicerreitoría de Investigación e Innovación

Nº 2 – decembro 2011

EDITORIAL

Este Nadal presenta interesantes oportunidades para os investigadores e investigadoras máis consolidados. O European Research Council dentro do Programa IDEAS ten abertas dúas importantes liñas de axuda: Advanced Grants e Synergy Grants. O obxectivo de ambas as dúas convocatorias é financiar proxectos de investigación fundamental nas fronteiras da ciencia e a tecnoloxía de acordo con criterios exclusivamente de excelencia científica. A investigación poderá levarse a cabo en calquera ámbito da ciencia ou tecnoloxía, enxeñería, ciencias socioeconómicas e humanidades, a través de equipos independentes dirixidos por un investigador principal consolidado (no caso das Advanced Grants) ou pola alianza de investigadores principais excelentes (Synergy Grants).

IDEAS é un programa enormemente competitivo, pero tamén moi ben financiado e flexible. A USC pode esgrimir unha exitosa experiencia no programa, no marco do cal recentemente catro xoves e brillantes investigadores conseguiron cadansúa Starting Grant, situando a nosa Universidade como a primeira entre as universidades españolas na pasada convocatoria 2011.

Se ben a participación entre os xoves investigadores en IDEAS está sendo moi satisfactoria, tanto dende o punto de vista do número de candidaturas propostas como da taxa de éxito alcanzada, entre os investigadores máis seniors a participación está por debaixo do que cabería esperar atendendo ao perfil e competencia de moitos dos investigadores na USC. Así pois, seguros do talento e a importante capacidade existente, dende a Vicerreitoría de Investigación e Innovación, queremos lanzar unha chamada aos investigadores e investigadoras consolidados da nosa Universidade animándoos a participar nestas convocatorias agora abertas.

A tal fin, o día 30 de novembro organizamos unha sesión informativa sobre as Advanced e Synergy Grants, para a cal contaremos coa presenza do Prof. Luís Liz Marzán, catedrático de Química Física na Universidade de Vigo que acadou unha Advanced Grant na convocatoria 2010; o Dr. Miguel López Pérez, investigador Ramón y Cajal na USC, beneficiario dunha Starting Grant na convocatoria 2011, e con Dna. Esther Rodríguez, da Oficina Europea do Ministerio de Ciencia e Innovación, punto de contacto nacional do Programa Ideas en España.

Esperamos que esta sesión informativa sexa de utilidade e se consiga maximizar as oportunidades que está a brindar o European Research Council.

Un saúdo, Oficina de Proxectos Europeos Area de Xestión e Valorización de I+D

NEWSLETTER

1. OPORTUNIDADES DE FINANCIAMENTO 2. NOTICIAS/PROXECTOS

- - Novas Convocatorias: Advanced Grants - Convocatorias Abertas

- PRAZOS E CALENDARIO

- ANDES - CampuSCUlturae

3. EVENTOS 4. PROCURA DE SOCIOS

- Sesión Informativa “Advanced and Synergy

Grants” do European Research Council. 30 de Novembro

- Enerxía - TICs - Tecnoloxía

- Ciencias Sociais e Humanidades - Saude - Psicoloxía

Page 2: Newsletter USC

Oficina de Proxectos Europeos Páxina 2 de 9

1. OPORTUNIDADES DE FINANCIAMENTO

Na actualidade están abertas interesantes oportunidades de financiamento a nivel europeo. Os programas e as convocatorias figuran a continuación:

Novas Convocatorias

VII Programa MARCO - IDEAS

Temas ERC Advanced Investigators Grant

Descrición Axudas destinadas a investigadores consolidados como líderes na súa liña de investigación con proxectos innovadores e arriscados que abran novas direccións nos seus respectivos campos de investigación ou outros campos.

Física e enxeñaría 16/02/2012

Ciencias da vida 14/03/2012

Ciencias sociais e humanidades 11/04/2012

Máis información http://ec.europa.eu/research/participants/portal/page/ideas?callIdentifier=ERC-2012-ADG_20120411

Initiative for the Development and Integration of Indian and European Research

Temas Biotechnology applied to Human Health

Descrición Proxectos multilaterais de investigación entre Europa e a India no ámbito biotecnoloxía aplicada a saúde humana.

Prazo Preproposta 1ª fase 15/12/2011

Máis información http://www.newindigo.eu/

ERA-NET on translational Cancer Research

Temas Validation of biomarkers for personalised cancer medicine

Descrición

Desenvolver proxectos transnacionais innovadores no campo da oncoloxía que posúan unha orientación clara cara a aplicación rápida de novas ferramentas e estratexias máis eficaces e máis selectivas para a prevención, o diagnóstico e a detección temperá, así como para optimizar as terapias das enfermidades neoplásicas.

Prazo Anuncio preliminar

Máis información http://www.transcanfp7.eu/transcan/mod/resource/view.php?id=45

ERA-Net for Research Programmes on Rare Diseases

Temas Enfermidades raras

Descrición

Proxectos transnacionais levados a cabo por xoves investigadores no campo da investigación en enfermidades raras. Os investigadores elixibles nesta convocatoria serán investigadores/as novos/as que acadaran o seu doutorado ou equivalente entre 2 e 10 anos antes da data de peche da convocatoria

Prazo Anuncio preliminar; presentación da preproposta 31/01/2012

Máis información http://www.e-rare.eu/content/4th-joint-transnational-call-research-projects-rare-diseases-2012

Page 3: Newsletter USC

Oficina de Proxectos Europeos Páxina 3 de 9

Convocatorias abertas

VII Programa MARCO - COOPERACIÓN

Temas

3. Tecnoloxías da información e a comunicación (TICs) 5. Enerxía 4. Nanociencias, nanotecnoloxías, materiais e novas tecnoloxías de produción 7. Transporte (incluída a aeronáutica) 8. Ciencias socioeconómicas e humanidades

Descrición Proxectos de investigación en colaboración con outros países socios a través de consorcios transnacionais entre a industria e as institucións académicas.

Prazo

Tema 3 17/01/2012 ; 01/12/ 2011;1

Tema 5 08/03/2012

Tema 4 17/01/2012 ; 01/12/ 2011;

Tema 7 01/12/2011; 01/03/2012; 31/12/20122

Tema 8 02/02/2012

Máis información http://ec.europa.eu/research/participants/portal/page/cooperation#

VII Programa MARCO - PEOPLE

Temas

Formación inicial de investigadores (ITN) Esquema internacional de intercambio de persoal (IRSES) Axudas á integración profesional (CIG) Pasarelas e asociacións entre a industria e a universidade (IAPP) Cofinanciación de programas rexionais, nacionais e internacionais (COFUND)

Descrición Bolsas de investigación e outras medidas para fomentar a mobilidade dos investigadores e a promoción profesional, tanto para investigadores de dentro da Unión Europea como a nivel internacional.

Prazo

ITN 12/01/2012

IRSES 18/01/2012

CIG 06/03/2012

IAPP 19/04/2012

COFUND 15/02/2012

Máis información http://ec.europa.eu/research/participants/portal/page/people

VII Programa MARCO - CAPACIDADES

Temas Rexións do coñecemento Potencial de investigación Ciencia e sociedade

Descrición Proxectos para reforzar as capacidades de investigación da Unión Europea.

Regions 31/01/2012

Reg Pot 03/01/2012

Ciencia na sociedade 22/02/2012

Máis información http://ec.europa.eu/research/participants/portal/page/capacities

1 A data da presentación das propostas varía en función dos topics elixidos.

Page 4: Newsletter USC

Oficina de Proxectos Europeos Páxina 4 de 9

VII Programa MARCO - IDEAS

Tema Synergy Grants

Descrición Axudas para a realización de investigacións nas fronteiras do coñecemento de acordo exclusivamente con criterios de excelencia científica levadas a cabo por pequenos equipos de investigadores principais preferentemente interdisciplinares (2 e 4 investigadores principais e os seus equipos).

Prazo 25/01/2012

Máis información http://ec.europa.eu/research/participants/portal/page/ideas?callIdentifier=ERC-2012-SyG

VII Programa MARCO - IDEAS

Tema Aspectos de xénero en estruturas e carreiras profesionais

Descrición Estudios sobre aspectos de xénero nas estruturas e carreiras profesionais de homes e mulleres investigadores no ámbito das ciencias da vida que ben foran beneficiarios dunha ERC (Starting Grant), solicitantes así coma outros potenciais solicitantes que nunca aplicaron a unha ERC.

Prazo 12/01/2012

Máis información http://ec.europa.eu/research/participants/portal/page/ideas?callIdentifier=ERC-2012-Support-1

PROGRAMA LIFE LONG LEARNING

Temas

Educación escolar (COMENIUS) Educación superior (Erasmus) Formación profesional (Leonardo da Vinci) Formación de adultos (Grundvig) Políticas e innovación, linguas, TICs e comunicación na aprendizaxe permanente (Programa Transversal)

Integración Europea (Jean Monet)

Descrición Accións de mobilidade3, redes, proxectos de colaboración, medidas de acompañamento.

Prazo

Comenius, Erasmus, Leonardo da Vinci e Grundvig

02/02/2012 (redes, proxectos de colaboración e medidas de acompañamento)

Programa Transversal 01/03/2012

Jean monet 15/02/2012

Máis información http://ec.europa.eu/education/llp/doc848_en.htm

PROGRAMA PROGRESS

Tema Experimentación Social

Descrición Proxectos que contribúan ó desenvolvemento de enfoques socialmente innovadores para as políticas priorizadas na estratexia europea 2020 e ó método de coordinación na protección social e a inclusión social.

Prazo 15/12/2011

Máis información http://ec.europa.eu/social/main.jsp?catId=987&langId=en&callId=331&furtherCalls=yes

PROGRAMA INVERTIR NAS PERSOAS

Tema Igualdade de xénero

Descrición Desenvolver e reforzar iniciativas sostibles a nivel local e nacional para promover o empoderamento e os dereitos sociais e económicos das mulleres.

Prazo 26/01/2012

Máis información https://webgate.ec.europa.eu/europeaid/online-services/index.cfm?ADSSChck=1320652125297&do=publi.detPUB&searchtype=AS&Pgm=7573845&debpub=&orderby=upd&orderbyad=Desc&nbPubliList=50&page=1&aoref=131087

3 As acción de mobilidade son xestionadas a través da Oficina de Relacións Exteriores da USC.

Page 5: Newsletter USC

Oficina de Proxectos Europeos Páxina 5 de 9

Prazos/calendario

Por outro lado, ó longo deste mes están a piques de cerrar outras convocatorias que se poden consultar neste calendario.

Decembro 2011

Luns Martes Mércores Xoves Venres Sábado Domingo

1 2 3 4

FP7-2012-ICT-GC

FP7-ENERGY-2012-SMARTCITIES

FP7-AAT-2012-RTD-1

FP7-SST-2012-RTD-1

FP7-TPT-2012-RTD-1

FP7-2012-GC-MATERIALS

FP7-2012-NMP-ENV-ENERGY-ICT-EeB

FP7-2012-NMP-ICT-FoF

5 6 7 8 9 10 11

FP7-SME-2012

12 13 14 15 16 17 18

Fase 2 - FP7-HEALTH-2012-INNOVATION-2

New Indigo

Employment, Social Affairs & Inclusion

19 20 21 22 23 24 25

26 27 28 29 30 31

Para consultar prazos de futuras convocatorias diríxase a este enlace.

Page 6: Newsletter USC

Oficina de Proxectos Europeos Páxina 6 de 9

2. NOTICIAS

PROXECTO ANDES

O 18 de novembro tivo lugar en Bruxelas a reunión semestral

do proxecto ANDES no que participa o Grupo Experimental de

Núcleos e Partículas da USC con José Benlluire Anaya como

investigador principal. O proxecto Accurate Nuclear Data for

Nuclear Energy Sustanability (ANDES) persegue a mellora de

datos nucleares de alta precisión requirida para os novos

sistemas nucleares que poderían mellorar a sustentabilidade da enerxía nuclear, reducindo os refugallos radiactivos finais e

aumentando o aproveitamento do combustible nuclear. Este proxecto é financiado polo VII Programa Marco no marco de Euratom.

Para máis información: http://www.andes-nd.eu/node/60

PROXECTO campUSCulturae Na primeira semana de decembro presentarase o proxecto

campUSCulturae na Feira Internacional do Libro de Guadalajara

(México) e celebrará a súa primeira actividade masiva, dirixida a

500 escolares de toda Galicia, o vindeiro día 9 de decembro, para

conmemorar o Día Internacional dos Dereitos Humanos en

conexión con dez escolas de outros tantos países do mundo que

ese día se poñerán en comunicación cos escolares galegos na

Facultade de CC da Comunicación.

O proxecto campUSCulturae, financiado pola Culture Agency da

UE dentro do Programa Cultura, é liderado pola USC e dirixido por

Xosé A. Neira Cruz e Irene García García desde a Facultade de

Ciencias da Comunicación.

Está artellado como unha aposta a prol das culturas do mundo, do entendemento multicultural e do fomento da diversidade e do

pluralismo. É é a primeira vez que unha universidade española lidera un proxecto concedido por esta axencia.

Para máis información: www.usc.es/campusculturae e www.facebook.com/campUSCulturae

3. EVENTOS

Eventos organizados pola oficina de Proxectos Europeos

Sesión informativa sobre o “Programa Ideas: Advanced and Synergy Grants 2012” - Salón de Graos do

CIQUS, 11h a 13h30, 30/11/2011. Obxecto: Presentación das Advanced and Synergy Grants do European Research Council para a financiación de proxectos de investigación nas fronteiras do coñecemento. Público: Investigadoras e investigadores consolidados. Programa

Page 7: Newsletter USC

Oficina de Proxectos Europeos Páxina 7 de 9

4. PROCURA DE SOCIOS

A continuación figuran unha serie de propostas que están a procura de socios para configurar o seu consorcio transnacional. Premendo sobre o nome do proxecto pode acceder ós dados dos proxecto.

ENERXÍA

University of Surrey, Guildford, United Kingdom Project: A vacuum swing adsorption processes based on next-generation multifunctional adsorbent materials Expertise and partner sought: Research groups with expertise in PSA process design and/or in large scale manufacture of crystalline materials. Call: FP7-ENERGY-2012-2 Program deadline: 08/03/12

MFKK Invention and Research Center Services Co. Ltd, Budapest, Hungary Project: TURBOILSEN - Development of a robust and low cost in-line infrared spectroscopic sensor for monitoring of the oil condition in industrial gas turbines Description: to develop based on previous results an industrial grade IR sensor for the in-line monitoring of the thermal deterioration of the lubricating oil. Call: FP7-SME-2012 Program deadline: 06/12/11

TECNOLOXÍA

AEROFLYING, SAINT ANDRE DES EAUX France Project: New propulsion technology based on air compressed and water Description: Design, manufacture and test of a model scaled aircraft using a new technology of propulsion based on air compressed end water. Call: FP7-AAT-2012-RTD-L0 Program deadline: 15/03/12

TECNOLOXÍAS DA INFORMACIÓN E DA COMUNICACIÓN

TechnologieZentrumDresden GmbH (TZD), Desden, Germany Project: Smart Optimization of Pricing of Energy Consumption Description: the development of the smart sensor system (hardware as well as software) to support the online decision of best prices for electricity consumption (some kind of “smart pricing”) Call: FP7-ICT-2011-8 Program deadline: 17/01/12

PSICOLOXÍA

ASM - Market Research and Analysis Centre, Tukno, Poland Project: Platform for training in the area of psychosocial competences and e-learning Description: to develop e-learning tool - a platform dedicated to SMEs, which will allow for individualization of educational programme for each employee taking into account his current knowledge, intelligence and personality traits. After passing the initial stage the system will collect information about an employee and taking into account his profile will suggest the learning path. Collaboration sought: University - department of psychology / applied psychology Call: FP7-ICT-2011-8 Program deadline: 17/01/12

SAUDE

LONZA, Cologne, Germany Project: Drug Delivery System Description: Lonza is looking for an academic partner and start-up/SME in order to start a long term cooperation programme as IAPP action in the area of new drug delivery systems for oral applications. Lonza is one of the world's leading suppliers to the pharmaceutical, healthcare and life science industries. Call: FP7-PEOPLE-2012-IAPP Program deadline: 19/04/12

Page 8: Newsletter USC

Oficina de Proxectos Europeos Páxina 8 de 9

CIENCIAS SOCIAIS E HUMANIDADES

International Multidisciplinary Neuroscience Research Center, Brabant Belgium Project: Pilot Scheme 1 Description: interdisciplinary project that promotes the global conversion of a whole town to the use of new and renewable energies. Call: FP7-SCIENCE-IN-SOCIETY-2012-1 Deadline: 22/02/12

International Multidisciplinary Neuroscience Research Center, Brabant Belgium Project: A Holistic Approach To World Peace Description: interdisciplinary project that analysis how human rights, peace, conflict and world society well being and quality of life are all interconnected. Call: SSH-4: Europe in the world Deadline: 02/02/12

Page 9: Newsletter USC

Oficina de Proxectos Europeos Páxina 9 de 9

EUC-2006-0347-I

Oficina de Proxectos Europeos Edificio CACTUS - Campus Vida 15782 Santiago de Compostela Tel: 881.816.275 (Ext: 16275) Email: [email protected]

Datos de contacto Fernando Sedano – Ext. 16204. [email protected] Martin Cacheiro – Ext. 16233. [email protected] Susana Fernández López – Ext 16277. [email protected] Lupe Trigo Rossier – Ext 16275. [email protected]

Servizos

Información sobre oportunidades de financiamento a nivel europeo Asistencia na preparación de propostas: Axuda na elaboración de orzamentos Xestión administrativa e financeira de proxectos europeos