new programa curso de verano v - ieside · 2018. 6. 25. · facultade de ciencias económicas e...

2
Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais USC Santiago de Compostela 4.5 xullo. 2018 AS NOVAS FINANZAS NO MUNDO DIXITAL presentación e obxectivos s acontecementos acaecidos no mundo financeiro na O última década probablemente foron máis significativos que nos corenta anos anteriores. Todas as crises van acompañadas dun cambio social. Un dos principais cambios que sufrimos desde a última crise económica e financeira é o da dixitalización global e a interacción derivada da proliferación do uso das redes sociais. Este desenvolvemento tecnolóxico-dixital, que afectou inicialmente ao sector das telecomunicacións, deu rapidamente o salto cara un dos sectores económicos máis competitivos: o das finanzas. Desde o punto de vista tecnolóxico a banca sempre estivo á cabeza con potentes programas e sistemas informáticos. Agora, debe pórse á altura do novo “cliente dixital”, por iso, non só está a realizar grandes investimentos en tecnoloxía, senón que iniciou un cambio de paradigma tanto da propia organización como dos empregados que a forman, entendendo os novos procesos e comunicándose cos clientes a través das canles que estes utilicen. Na era dixital na que nos atopamos, o cliente ten maior capacidade de decisión, máis información e posibilidades de elixir. O cliente converteuse, máis que nunca, no centro da estratexia bancaria e as súas preferencias marcan a política das entidades financeiras. A innovación é máis que necesaria nunha contorna moi competitiva, na que se uniron novos competidores (Fintech, Bigtech e Neobanks) e o incremento de clientes dixitais é exponencial. O futuro parece incerto por mor do desenvolvemento tecnolóxico e as novas normativas creadas polos distintos organismos públicos, españois e europeos. Do que non cabe dúbida, é que, o cliente dixital converteuse na peza fundamental do modelo de negocio das empresas relacionadas coas finanzas. A tecnoloxía financeira-dixital leva anos desenvolvéndose en prol do cliente e o movemento fintech non fixo máis que empezar. O curso pretende dar a coñecer e afondar nos retos aos que se está enfrontando o mundo financeiro tras a dixitalización global: a transformación á que se está enfrontando a banca tradicional, a normativa na que se amparan todos estes cambios, as novas oportunidades de negocio que xurdiron, etc. Amosaranse todas as medidas que as entidades financeiras están a levar a cabo para situarse axeitadamente e satisfacer a un novo cliente dixital, cada vez máis esixente, con capacidade de tomar decisións cualificadas e que valora a inmediatez e as cousas ben feitas. dirixido a: Estudantes universitarios de calquera titulación, docentes, profesionais da industria financeira e público en xeral. Nº máximo asistentes: 80 (aforo da sala) curso Dirección: Loreto Fernández Fernández · Profesora titular do Dep. de Economía Financeira e Contabilidade; membro do G.I. VALFINAP, membro da Xunta Directiva de IEAF Galicia ([email protected]) Secretaría: Eugenia Escudeiro Prado · Secretaria IEAF Galicia – USC * 50 aniversario dos estudos de economía en Galicia 2017 2018 / información de interese importe da matrícula Taxa xeral: 70 € Taxa reducida: 40 € (aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregados, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC) Todas as persoas, nacionais ou estranxeiras, que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio do INSS, deben subscribir o seguro de accidentes e asistencia en viaxe que terá un custe adicional de 16 €. UNHA VEZ REALIZADA A MATRÍCULA, NON SE EFECTUARÁN DEVOLUCIÓNS AGÁS NO CASO DE SUSPENSIÓN DO CURSO centros de matriculación e info Campus de Compostela Área de Cultura – Casa da Balconada Rúa Nova, 6 881 811 018 / 881 811 103 Campus de Lugo Área de Cultura - Pazo de Montenegro Praciña da Universidade 982 821 513 [email protected] www.usc.es/cultura/veran www.usc.es/cultura/veran prazo de matrícula Desde o 9 de maio ata o 23 de xuño horas de recertificación IEAF outorga ata un total de 12 horas de recertificación (6 hs. por día) créditos e diploma de asistencia A USC recoñece academicamente este curso con 1 crédito ECTS (titulacións de Grao)

Upload: others

Post on 11-Oct-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: New Programa Curso de Verano v - IESIDE · 2018. 6. 25. · Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais USC Santiago de Compostela 4.5 xullo. 2018 AS NOVAS FINANZAS NO MUNDO

Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais USCSantiago de Compostela

4.5 xullo. 2018

AS NOVAS FINANZASNO MUNDO DIXITAL

presentación e obxectivoss acontecementos acaecidos no mundo financeiro na

Oúltima década probablemente foron máis significativos que nos corenta anos anteriores.

Todas as crises van acompañadas dun cambio social. Un dos principais cambios que sufrimos desde a última crise económica e financeira é o da dixitalización global e a interacción derivada da proliferación do uso das redes sociais. Este desenvolvemento tecnolóxico-dixital, que afectou inicialmente ao sector das telecomunicacións, deu rapidamente o salto cara un dos sectores económicos máis competitivos: o das finanzas.

Desde o punto de vista tecnolóxico a banca sempre estivo á cabeza con potentes programas e sistemas informáticos. Agora, debe pórse á altura do novo “cliente dixital”, por iso, non só está a realizar grandes investimentos en tecnoloxía, senón que iniciou un cambio de paradigma tanto da propia organización como dos empregados que a forman, entendendo os novos procesos e comunicándose cos clientes a través das canles que estes utilicen.

Na era dixital na que nos atopamos, o cliente ten maior capacidade de decisión, máis información e posibilidades de elixir. O cliente converteuse, máis que nunca, no centro da estratexia bancaria e as súas preferencias marcan a política das entidades financeiras. A innovación é máis que necesaria nunha contorna moi competitiva, na que se uniron novos competidores (Fintech, Bigtech e Neobanks) e o incremento de clientes dixitais é exponencial.

O futuro parece incerto por mor do desenvolvemento tecnolóxico e as novas normativas creadas polos distintos organismos públicos, españois e europeos. Do que non cabe dúbida, é que, o cliente dixital converteuse na peza fundamental do modelo de negocio das empresas relacionadas coas finanzas. A tecnoloxía financeira-dixital leva anos desenvolvéndose en prol do cliente e o movemento fintech non fixo máis que empezar.

O curso pretende dar a coñecer e afondar nos retos aos que se está enfrontando o mundo financeiro tras a dixitalización global: a transformación á que se está enfrontando a banca tradicional, a normativa na que se amparan todos estes cambios, as novas oportunidades de negocio que xurdiron, etc. Amosaranse todas as medidas que as entidades financeiras están a levar a cabo para situarse axeitadamente e satisfacer a un novo cliente dixital, cada vez máis esixente, con capacidade de tomar decisións cualificadas e que valora a inmediatez e as cousas ben feitas.

dirixido a:Estudantes universitarios de calquera titulación, docentes, profesionais da industria financeira e público en xeral. Nº máximo asistentes: 80 (aforo da sala)

curso

Dirección: Loreto Fernández Fernández · Profesora titular do Dep. de Economía Financeira e Contabilidade; membro do G.I. VALFINAP, membro da Xunta Directiva de IEAF Galicia ([email protected])Secretaría: Eugenia Escudeiro Prado · Secretaria IEAF Galicia – USC

*

50aniversariodos estudosde economíaen Galicia

2017 2018/

información de intereseimporte da matrícula

Taxa xeral: 70 € Taxa reducida: 40 € (aplicable a estudantes universitarios, de bacharelato ou de formación profesional, pensionistas, desempregados, socios da Asociación de Antigos alumnos da USC e PDI e PAS da USC) Todas as persoas, nacionais ou estranxeiras, que non están cubertas polo seguro escolar obrigatorio do INSS, deben subscribir o seguro de accidentes e asistencia en viaxe que terá un custe adicional de 16 €.

UNHA VEZ REALIZADA A MATRÍCULA, NON SE EFECTUARÁN DEVOLUCIÓNS AGÁS NO CASO DE SUSPENSIÓN DO CURSO

centros de matriculación e info

Campus de CompostelaÁrea de Cultura – Casa da BalconadaRúa Nova, 6881 811 018 / 881 811 103

Campus de LugoÁrea de Cultura - Pazo de MontenegroPraciña da Universidade982 821 513

[email protected] www.usc.es/cultura/veran

www.usc.es/cultura/veran

prazo de matrícula

Desde o 9 de maio ata o 23 de xuño

horas de recertificación

IEAF outorga ata un total de 12 horas de recertificación (6 hs. por día)

créditos e diploma de asistencia

A USC recoñece academicamente este curso con 1 crédito ECTS (titulacións de Grao)

Page 2: New Programa Curso de Verano v - IESIDE · 2018. 6. 25. · Facultade de Ciencias Económicas e Empresariais USC Santiago de Compostela 4.5 xullo. 2018 AS NOVAS FINANZAS NO MUNDO

pro

gra

ma

mércores.4.xullo

09:30 h Novas claves estratéxicas no sector financeiro

D. Manuel Ferro Novoa · Xerente de Planificación e Estudos de Abanca.

10:15 h Os retos do proceso de innovación tecnolóxica nunha entidade financeira

D. Eduardo Aldao Castelo · Director de Innovación de Abanca.

12:30 h A Banca Móbil como principal canle de vinculación

D. Francisco Javier Díaz López · Xerente de Banca Dixital de Abanca.

12:00 h Descanso

13:15 h Requirimentos xurídicos no marco da dixitalización

Dna. María Paula Lum Pampim · Asesora Xurídica de Abanca.

11:15 h Os novos requisitos na arquitectura tecnolóxica

Dna. Rebeca Carolina Cores Carreira · Directora de Arquitectura TI de Abanca.

14:00 h Descanso

16:00 h MESA REDONDA: “O poder disruptivo das start-ups no sector fintech”

D. Luís Taboada · CEO e fundador de Qbitia.D. David Conde · CEO e fundador de Sensei Trade e Coinscrap.D. Gonzalo Camiña · CEO e fundador de Opseeker.

19:00 h Clausura do curso

www.usc.es/cultura/veran

09:00 h Inauguración do curso

09:30 h Fintech na Economía Colaborativa

D. Javier Méndez Llera · Secretario Xeral e Director Xeral de IEAF-FEF.

10:30 h Impacto Fintech no negocio da Banca

D. Alfredo Jiménez · Director do Servizo de Estudos e Análises de IEAF-FEF.

12:00 h Perspectivas xerais da tecnoloxía financeira nos mercados

D. Miguel Jaureguizar · Director de Desenvolvemento Dixital de Renta4 Banco.

11:30 h Descanso

13:00 h A Banca no século XXI. Novos retos e respostas aos cambios tecnolóxicos

D. José Luís Cayuela · Conselleiro Delegado de Kydel Partners.

14:00 h Descanso

16:00 h Ciberseguridade na operativa financeira e a fraude

D. Rubén Frieiro Barros · Socio de DELOITTE.

xoves.5.xullo

entidades organizadoras

VICERREITORÍA DE OFERTA DOCENTEE INNOVACIÓN EDUCATIVA

FACULTADE DE CIENCIAS ECONÓMICAS E EMPRESARIAIS

*

50aniversariodos estudosde economíaen Galicia

2017 2018/