new ies ferrol vello curso 2016-2017 2020. 10. 7. · durante o curso 2014-15 e 2015-16 tivemos a...

27
1 PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO IES FERROL VELLO CURSO 2016-2017

Upload: others

Post on 14-Oct-2020

1 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: New IES FERROL VELLO CURSO 2016-2017 2020. 10. 7. · Durante o curso 2014-15 e 2015-16 tivemos a oportunidade de contar cun auxiliar de conversa americano, o que supuxo unha grande

1

PROXECTO LINGÜÍSTICO DE CENTRO

IES FERROL VELLO

CURSO 2016-2017

Page 2: New IES FERROL VELLO CURSO 2016-2017 2020. 10. 7. · Durante o curso 2014-15 e 2015-16 tivemos a oportunidade de contar cun auxiliar de conversa americano, o que supuxo unha grande

2

ÍNDICE

1. INTRODUCIÓN ...................................................................................................... 3

2. OBXECTIVOS ......................................................................................................... 3

3. LEXISLACIÓN ....................................................................................................... 10

4. SITUACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA............................................................................ 10

ENQUISA USO DAS LINGUAS OFICIAIS ..................................................................... 10

5. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE .................................................................................. 18

6. SECCIÓNS BILINGÜES (INGLÉS) ............................................................................ 19

7. ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA A REALIZAR DURANTE O PRESENTE CURSO .................................................................................................................... 20

8. AUTOAVALIACIÓN E CRECEMENTO FUTURO ........................................................ 26

9. PROPOSTAS DE MELLORA.................................................................................... 27

Page 3: New IES FERROL VELLO CURSO 2016-2017 2020. 10. 7. · Durante o curso 2014-15 e 2015-16 tivemos a oportunidade de contar cun auxiliar de conversa americano, o que supuxo unha grande

3

1. INTRODUCIÓN

O Decreto 79/2010, do 20 de maio do 2010, para o plurilingüísimo no ensino non universitario de Galicia di na súa introdución:

“As linguas constitúen un elemento básico de identidade cultural e representan un valor fundamental de cohesión dunha comunidade. O artigo 3 da Constitución española establece, no seu punto 1º que o castelán é a lingua oficial do Estado, e, no punto 2º, que as demais linguas españolas serán tamén oficiais nas respectivas comunidades autónomas de acordo cos seus estatutos, e sinala que a lingua é un patrimonio cultural que será obxecto de especial respecto e protección.”

Así mesmo, e a propósito do plurilingüismo, di:

“Ademais, a realidade social europea en que vivimos, nun contexto de globalización e de mobilidade laboral, sitúanos nun espazo internacional de plurilingüismo. Esta nova realidade esixe un marco educativo que atenda esta necesidade social, posibilitando a capacitación efectiva do alumnado nas dúas linguas oficiais e nunha ou varias linguas estranxeiras...”.

2. OBXECTIVOS

A finalidade do PLC é a de recoller todos aqueles aspectos que teñen que ver co desenvolvemento das competencias en cada unha das linguas a estudar nos centros de secundaria desta comunidade.

Inclúe aqueles aspectos aos que obriga o decreto citado anteriormente e o acordado polos órganos competentes naqueles outros casos nos que se toman decisións por vontade da comunidade educativa.

O obxectivo central do proxecto é garantir que o alumnado adquira unha competencia lingüística plena nas dúas linguas oficiais e para iso é importante que se acade o máximo equilibrio posible no número de horas a impartir nas dúas linguas.

Outro dos obxectivos é a adquisición dun coñecemento efectivo en linguas estranxeiras, dentro do marco de promoción do plurilingüismo en Galicia.

E, por último, pero non por iso menos importante, a promoción da dinamización da lingua galega no noso Centro.

Page 4: New IES FERROL VELLO CURSO 2016-2017 2020. 10. 7. · Durante o curso 2014-15 e 2015-16 tivemos a oportunidade de contar cun auxiliar de conversa americano, o que supuxo unha grande

4

Con respecto a isto o citado Decreto no seu artigo 7º di o seguinte:

1. Garantirase a adquisición da competencia lingüística propia da etapa e do nivel nas dúas linguas oficiais de Galicia.

2. As materias de lingua impartiranse na lingua de referencia.

3. Impartiranse en galego as materias de Ciencias Sociais, Xeografía e Historia, Ciencias da Natureza e Bioloxía e Xeoloxía, e en castelán as materias de Matemáticas, Tecnoloxías e Física e química.

4. Cada centro educativo, segundo o procedemento establecido no regulamento de centros, decidirá a lingua en que se impartirá o resto de materias de cada curso, garantindo que as materias en galego e en castelán se distribúen na mesma porcentaxe de horas semanais, sen prexuízo do disposto no capítulo IV (sobre a impartición de materias en linguas estranxeiras). Este proceso realizarase cada catro curso escolares.

A efectos de tomar estes acordos, reúnese a Comisión de Coordinación Pedagóxica o día 29 de novembro de 2016 ; feitos os axustes que aseguren o equilibrio entre ambas linguas en todas as opcións que os alumnos puideran elixir, queda como se describe a continuación nas seguintes táboas:

Page 5: New IES FERROL VELLO CURSO 2016-2017 2020. 10. 7. · Durante o curso 2014-15 e 2015-16 tivemos a oportunidade de contar cun auxiliar de conversa americano, o que supuxo unha grande

5

Linguas nas que se impartirán as materias LOMCE en cada nivel

MATERIAS 1º ESO L. GALEGA L. CASTELÁ Nº HORAS

Lingua galega 4 4

Lingua castelá 4 4

1ª lingua estranxeira 3

Matemáticas 5 5

Xeografía e Historia 3 3

Bioloxía e Xeoloxía 4 4

Educación Física 2 2

Relixión 1 1

Valores éticos 1

Titoría 1 1

Ed. Plástica e visual 2 2

2ª Lingua estranxeira/Reforzo 2

L. conf : PI 1 1

L. conf.: Obr. música 1

TOTAL 14 15 32

Page 6: New IES FERROL VELLO CURSO 2016-2017 2020. 10. 7. · Durante o curso 2014-15 e 2015-16 tivemos a oportunidade de contar cun auxiliar de conversa americano, o que supuxo unha grande

6

MATERIAS 2º ESO L. GALEGA L. CASTELÁ Nº HORAS

Lingua galega 3 3

Lingua castelá 3 3

1ª lingua estranxeira 3

Matemáticas 5 5

Xeografía e Historia 3 3

Física e Química 3 3

Educación Física 2 2

Relixión 1 1

Valores éticos 1

Titoría 1 1

Música 2 2

2ª Lingua estranxeira/Reforzo 2

Tecnoloxía 3 3

L. configuración.: ITI 1 1

TOTAL 14 14 32

Page 7: New IES FERROL VELLO CURSO 2016-2017 2020. 10. 7. · Durante o curso 2014-15 e 2015-16 tivemos a oportunidade de contar cun auxiliar de conversa americano, o que supuxo unha grande

7

MATERIAS 3º ESO L. GALEGA L. CASTELÁ Nº HORAS

Lingua galega 3 3

Lingua castelá 3 3

1ª lingua estranxeira 3

Matemáticas 4 4

Xeografía e Historia 3 3

Bioloxía e Xeoloxía 2 2

Física e Química 2 2

Educación Física 2 2

Relixión 1 1

Valores éticos 1

Titoría 1 1

Música 2 2

2ª Lingua estranxeira 2

Cultura Clásica 2

Ed. Plástica e Visual 2 2

Tecnoloxía 2

TOTAL 14 14 32

Page 8: New IES FERROL VELLO CURSO 2016-2017 2020. 10. 7. · Durante o curso 2014-15 e 2015-16 tivemos a oportunidade de contar cun auxiliar de conversa americano, o que supuxo unha grande

8

MATERIAS 3º ESO PMAR L. GALEGA L. CASTELÁ Nº HORAS

Educación Física 2 2

Relixión 1 1

Valores éticos 1

Titoría 1 1

Música 2 2

Cultura Clásica 2 2

Ed. Plástica e Visual 2 2

Tecnoloxía 2

Ámbito linguas estranxeiras 3

Ámbito lingüístico e social 6 3 9

Ámbito científico-matemático 8 8

TOTAL 12 16 32

Page 9: New IES FERROL VELLO CURSO 2016-2017 2020. 10. 7. · Durante o curso 2014-15 e 2015-16 tivemos a oportunidade de contar cun auxiliar de conversa americano, o que supuxo unha grande

9

MATERIAS 4º ESO L. GALEGA L. CASTELÁ Nº HORAS

Lingua galega 3 3

Lingua castelá 3 3

1ª lingua estranxeira 3

Matemáticas Ac. /Apl. 4 4

Xeografía e Historia 3 3

Educación Física 2 2

Relixión 1 1

Valores éticos 1

Titoría 1 1

TOTAL COMÚNS 10 8 20

Bioloxía e Xeoloxía* 3 3

Economía* 3

Física e Química* 3 3

Latín* 3

2ª Lingua Estranxeira** (3)

TIC** 3 3

Ed. Plástica e Visual** 3

Música** 3 3

Page 10: New IES FERROL VELLO CURSO 2016-2017 2020. 10. 7. · Durante o curso 2014-15 e 2015-16 tivemos a oportunidade de contar cun auxiliar de conversa americano, o que supuxo unha grande

10

IAEE 3

Tecnoloxía 3

TOTAL 20+12= 32

Son 20 horas de materias comúns + 12 horas de Troncais * e Específicas ** (Escollen 2 de

cada bloque ou escollen 3 do bloque * e 1 do bloque **).

3. LEXISLACIÓN

Cronoloxicamente, a ferramenta legal máis próxima é o Decreto 79/2010, do 20 de maio, para o plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia.

En concordancia con este Decreto, asumindo que o centro conta cunha sección bilingüe (en 3º de ESO impártese a Tecnoloxía en inglés), as disciplinas impartidas en linguas estranxeiras non deben superar un terzo do tempo lectivo, para distribuír polo resto do horario as dúas linguas oficiais en duracións iguais. Dun rango superior, xa que o propio Decreto 79/2010 recoñece que a súa motivación é desenvolvela, é a Lei 3/1983, do 15 de xuño, de normalización lingüística, e o Plan xeral de normalización da lingua galega, por unanimidade aprobado no Parlamento de Galiza en setembro do 2004. Finalmente, nun marco continental é imposible omitir a Carta europea de linguas rexionais e minoritarias de 1992, ratificada en 2001 polo goberno español, nin o Marco Común Europeo de Referencia para as Linguas (Consello de Europa, 2001).

4. SITUACIÓN SOCIOLINGÜÍSTICA.

ENQUISA USO DAS LINGUAS OFICIAIS

Durante o primeiro trimestre do ano 2017 realizouse unha enquisa entre alumnos, nais/pais/titores legais, profesores e persoal non docente para ter datos actualizados sobre o uso das dúas linguas oficiais en diferentes ámbitos. O resultado foi o seguinte:

Page 11: New IES FERROL VELLO CURSO 2016-2017 2020. 10. 7. · Durante o curso 2014-15 e 2015-16 tivemos a oportunidade de contar cun auxiliar de conversa americano, o que supuxo unha grande

11

O contorno sociolingüístico do centro

a) Uso oral do galego

Entre as familias, os uso do galego é moi infrecuente. A continuación, pódese ver o resumo

gráfico das respostas que deron os pais/nais/titores legais sobre o uso do galego en diversas

situacións cotiás:

Page 12: New IES FERROL VELLO CURSO 2016-2017 2020. 10. 7. · Durante o curso 2014-15 e 2015-16 tivemos a oportunidade de contar cun auxiliar de conversa americano, o que supuxo unha grande

12

Page 13: New IES FERROL VELLO CURSO 2016-2017 2020. 10. 7. · Durante o curso 2014-15 e 2015-16 tivemos a oportunidade de contar cun auxiliar de conversa americano, o que supuxo unha grande

13

Tal e como se pode ver nos seguintes resultados, os pais/nais/titores legais do noso alumnado

case non falan galego nos comercios, nos centros médicos, nos bancos, etc. Síntoma

inequívoco do status e prexuízos sobre o uso social do galego.

Page 14: New IES FERROL VELLO CURSO 2016-2017 2020. 10. 7. · Durante o curso 2014-15 e 2015-16 tivemos a oportunidade de contar cun auxiliar de conversa americano, o que supuxo unha grande

14

A porcentaxe máis elevada de utilización habitual do galego dáse “cos que lles falan en galego”.

Este tipo de uso, aínda que secundario e supeditado á actitude do interlocutor reflicte que,

polo menos, a maior parte son quen de se expresaren en galego e teñen vontade de

demostralo ante outros galegofalantes.

Page 15: New IES FERROL VELLO CURSO 2016-2017 2020. 10. 7. · Durante o curso 2014-15 e 2015-16 tivemos a oportunidade de contar cun auxiliar de conversa americano, o que supuxo unha grande

15

a) Uso do galego escrito.

O galego case nunca se utiliza como lingua escrita e cando se utiliza é, sobre todo, para cubrir

documentación oficial e no traballo.

Page 16: New IES FERROL VELLO CURSO 2016-2017 2020. 10. 7. · Durante o curso 2014-15 e 2015-16 tivemos a oportunidade de contar cun auxiliar de conversa americano, o que supuxo unha grande

16

A situación do profesorado

O profesorado do IES Ferrol Vello emprega habitualmente o castelán, aínda que no centro

utiliza por igual o galego e o castelán. Considera maioritariamente que ten unha capacitación

media para empregar o galego na actividade docente e amósase cunha disposición moderada

para facer cursos de reciclaxe e actualización. Amósase maioritariamente bastante de acordo

en que en Galicia debería usarse máis o galego, e que a adquisición de dúas (ou máis) linguas

enriquece. Está bastante ou completamente en desacordo con que o uso do galego establecido

na lexislación educativa é excesivo. Tamén está bastante ou completamente de acordo en que

o ensino en galego axuda a aumentar o prestixio social desta lingua e que debe ser fomentada

socialmente.

A situación do alumnado

Page 17: New IES FERROL VELLO CURSO 2016-2017 2020. 10. 7. · Durante o curso 2014-15 e 2015-16 tivemos a oportunidade de contar cun auxiliar de conversa americano, o que supuxo unha grande

17

O alumnado aprendeu a falar maioritariamente en castelán, o fala habitualmente na súa casa.

Usa só castelán ou co predominio desta lingua.

Page 18: New IES FERROL VELLO CURSO 2016-2017 2020. 10. 7. · Durante o curso 2014-15 e 2015-16 tivemos a oportunidade de contar cun auxiliar de conversa americano, o que supuxo unha grande

18

Ademais, nos últimos anos mellorou a percepción do alumnado sobre o prestixio social do

galego.

5. ATENCIÓN Á DIVERSIDADE

Deberán tomarse medidas de atención especiais para o alumnado que non teña a competencia lingüística apropiada.

1. Elección das estratexias de ensinanza de linguas máis eficaces.

2. Atención individualizada para alumnado con NEE a cargo do PT (Profesor de Pedagoxía Terapéutica).

3. Fomento da expresión oral e escrita do alumnado con insuficiente dominio dunha lingua.

4. Desdobramentos de grupo nas materias lingüísticas para o alumnado con maior dificultade.

5. Elaboración de adaptacións curriculares para aquel alumnado que as precise.

6. Preparación do material adecuado ao nivel lingüístico do alumnado.

Page 19: New IES FERROL VELLO CURSO 2016-2017 2020. 10. 7. · Durante o curso 2014-15 e 2015-16 tivemos a oportunidade de contar cun auxiliar de conversa americano, o que supuxo unha grande

19

6. SECCIÓNS BILINGÜES (INGLÉS)

No capítulo IV do Decreto 79/2010 para o Plurilingüismo no ensino non universitario de Galicia,

estableceuse a conveniencia do fomento da aprendizaxe do inglés permitindo aos centros

ofertar ata un terzo do seu horario lectivo nesta lingua. A innegable importancia do inglés no

mundo actual fai que o seu estudo sexa unha demanda social e laboral ineludible e motivo de

interese ou preocupación por parte das familias. Por todo isto, no ano 2013 aprobouse no

Claustro e no Consello Escolar (30 maio 2013) a creación de tres seccións bilingües nas

materias de Tecnoloxía (3º ESO) e Educación Física (1º e 3º ESO). No curso 2016-17 desaparece

a sección bilingüe na materia de Educación Física por traslado de centro do profesor coa

titulación requirida para impartila. Na actualidade, son 16 alumnos os que reciben clases de

Tecnoloxía en lingua inglesa.

AUXILIARES DE CONVERSA

Durante o curso 2014-15 e 2015-16 tivemos a oportunidade de contar cun auxiliar de conversa

americano, o que supuxo unha grande axuda para os profesores das seccións bilingües e

fomentou o uso oral da lingua nas clases da materia de inglés, estimulando aos alumnos a falar,

ademais de dar a coñecer outras culturas.

No ano 2016-17 tamén se nos concedeu unha auxiliar de conversa compartida co IES

Ferrolterra. Lamentablemente, a auxiliar renunciou por problemas co seu visado e non se

enviou a ninguén no seu lugar. Esperamos que no próximo curso poidamos volver contar cun

auxiliar nativo.

Page 20: New IES FERROL VELLO CURSO 2016-2017 2020. 10. 7. · Durante o curso 2014-15 e 2015-16 tivemos a oportunidade de contar cun auxiliar de conversa americano, o que supuxo unha grande

20

7. ACTIVIDADES DE DINAMIZACIÓN LINGÜÍSTICA A REALIZAR DURANTE O PRESENTE CURSO

Para mellorar as competencias do noso alumnado nas catro linguas impartidas no centro, a

saber, galego, castelán, francés e inglés, os departamentos levan a cabo unha serie de

actividades, ás veces conxuntas, ás veces independentemente, das que pasamos a dar conta:

A) ACTIVIDADES PLURILINGÜES

1- Aula Virtual do IES Ferrol Vello.

Temporalización: Todo o ano.

Os diferentes departamentos están a subir contidos á Aula Virtual de xeito continuado.

2- Teatro en castelán, francés e inglés.

Temporalización: Todo o ano, dependendo da oferta das compañías teatrais.

Os alumnos asisten a representacións de obras teatrais nas linguas antes mencionadas. En

castelán e francés adoitan a ser adaptacións de obras clásicas literarias mentres que en inglés

búscase a participación e a interactividade do alumnado.

3- Elaboración de postais de Nadal.

Temporalización: Decembro 2016.

Estas postais, con mensaxes tanto en galego coma en castelán, serán logo empregadas pola

dirección do centro para felicitar as familias, colaboradores, etc.

4- Hora de Lectura.

Temporalización: 2º e 3º trimestres.

Ao longo de seis semanas dedicaranse 20 minutos diarios á lectura de libros, cómics, manga,

revistas, etc., escollidos polos alumnos e na lingua que eles desexen.

5- X Certame Literario IES Ferrol Vello.

Temporalización: xaneiro e febreiro 2017.

Tanto os alumnos do noso centro como os alumnos de 5º e 6º de Primaria dos centros

adscritos poden presentar as súas narracións ou poemas nas diferentes linguas. O prazo de

Page 21: New IES FERROL VELLO CURSO 2016-2017 2020. 10. 7. · Durante o curso 2014-15 e 2015-16 tivemos a oportunidade de contar cun auxiliar de conversa americano, o que supuxo unha grande

21

recollida dos traballos será ao longo do mes de xaneiro e a entrega de premios o 3 de febreiro.

Os traballos premiados serán publicados na web do centro.

6- Celebración do Día da Paz e a Non Violencia nas escolas.

Temporalización: 30 de xaneiro.

Os alumnos traballan as biografías de persoeiros que se distinguiron pola súa aposta pola paz

(Gandhi, Madre Teresa, M.L. King, Ralph Emerson, etc.) e ademais elaboran murais con citas e

frases relativas á paz.

7- Maratón Literaria co gallo do Día do Libro.

Temporalización: En torno ao 23 de abril.

Os alumnos len fragmentos de obras literarias de relevancia nas catro linguas, renden

homenaxe aos premiados con Nobel ou co premio Princesa de Asturias, ou aqueles escritores

dos que se cumpre un aniversario importante.

8- Visita á Biblioteca Municipal.

Temporalización: abril 2017.

Os departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá coordinan unha visita á Biblioteca

Municipal onde se lles informa aos alumnos do seu funcionamento, dos fondos de que se

dispoñen e ofértaselles a posibilidade de facerse socios a aqueles que aínda non o sexan.

9- Visita á Feira do Libro.

Temporalización: abril 2017.

Os departamentos de Lingua Galega e Lingua Castelá coordinan unha visita á Feira do Libro

onde os alumnos visitan as casetas das librerías e editoriais e teñen un contacto directo cos

libros.

10- Visita a EOI de Ferrol.

Temporalización: maio 2017.

Os alumnos visitan a EOI onde se lles dá unha pequena explicación sobre os estudos que poden

realizar alí e participan en talleres en diferentes linguas (francés, inglés, alemán, italiano,

galego e portugués).

Page 22: New IES FERROL VELLO CURSO 2016-2017 2020. 10. 7. · Durante o curso 2014-15 e 2015-16 tivemos a oportunidade de contar cun auxiliar de conversa americano, o que supuxo unha grande

22

11- Club de Lectura en Galego e Castelán.

Temporalización: Todo o curso.

Todos os venres, no recreo, os membros do club de lectura reúnense na biblioteca do centro

para comentar os libros que están a ler nese momento.

B) RELACIÓN DOUTRAS ACTIVIDADES POR DEPARTAMENTOS

B.1) ACTIVIDADES EN CASTELÁN

1- Celebración do Nadal cunha obra de teatro realizada por alumnos do 1º ciclo.

A meirande parte dos alumnos de 2º e algúns de 1º representaron unha obra de teatro

adaptada por eles.

2- Libro fórum.

Temporalización: xaneiro 2017.

Todos os anos o departamento de Lingua Castelá escolle obras dun autor como lectura

obrigatoria nun trimestre. O autor visita logo o noso centro, explica a súa obra, resposta ás

preguntas do alumnado sobre a novela que leron e firma e dedica os seus libros a aqueles

lectores que o desexan.

B.2) ACTIVIDADES EN FRANCÉS

1- Elaboración de murais ou pósters.

Temporalización: Todo o curso.

Segundo van avanzando no seu dominio do francés, os alumnos elaboran pequenos murais con

información sobre un tema determinado que logo pegan na aula ou nos corredores para ser

lidos polos compañeiros. Algúns destes temas son: presentación persoal, información sobre o

seu animal preferido, unha comida, etc.

2- Celebración do Día da Muller.

Temporalización: 8 de marzo.

Elaboración de carteis contra a violencia de xénero.

3- Presentación oral dun xornal meteorolóxico.

Temporalización: 3º trimestre.

Page 23: New IES FERROL VELLO CURSO 2016-2017 2020. 10. 7. · Durante o curso 2014-15 e 2015-16 tivemos a oportunidade de contar cun auxiliar de conversa americano, o que supuxo unha grande

23

B.3) ACTIVIDADES EN GALEGO

1- Páxina Web.

Temporalización: Todo o curso.

Dende hai máis dunha ducia de anos, o noso centro dispón dunha páxina web propia na que se

inclúe información relativa a administración (horarios, grupos, titorías, programacións, etc.) así

como un resumo constante das actividades levadas a cabo, con fotografías, vídeos, etc.

www.edu.xunta.gal/centros/iesferrolvello

2- Noticiario.

Temporalización: todo o curso.

Tamén son xa varios os anos nos que vimos desenvolvendo un noticiario mensual co que se

informa ás familias das actividades e celebracións máis relevantes que se van levar a cabo nese

mes así coma de toda aquela información que consideramos pertinente, como datas de

avaliación, etc.

3- Celebración do Magosto.

Temporalización: Novembro 2016.

O outono é a época ideal para levar a cabo o xa tradicional Magosto. Ademais de degustar un

produto típico da nosa terra, os alumnos de 4º ESO aproveitan para recadar fondos para a

excursión de fin de curso mediante a organización de xogos populares e a venda de doces.

4- Celebración do Entroido.

Temporalización: febreiro 2017

O venres anterior ao sábado de Entroido , alumnos e profesores acoden disfrazados ao

instituto. Organízase un desfile con premios aos mellores disfraces, un baile e un sorteo dunha

cesta de produtos da terra (lacón, grelos, cachaza de porco, etc.).

5- Certame de poesía Carmela Loureiro.

Temporalización: 1º e 2º trimestre

Este certame para alumnado de niveis non universitario é unha homenaxe a Carmela Loureiro.

Os alumnos participan nas categorías de micropoesía, microrrelato e microteatro.

Page 24: New IES FERROL VELLO CURSO 2016-2017 2020. 10. 7. · Durante o curso 2014-15 e 2015-16 tivemos a oportunidade de contar cun auxiliar de conversa americano, o que supuxo unha grande

24

6- Certame Poesía e Imaxe.

Temporalización: 2º e 3º trimestre.

Certame dirixido ao alumnado de niveis non universitarios coa finalidade de que coñezan a

realidade plurilingüe da que forman parte con lingua propia. Os alumnos poñen imaxe

(fotografía, debuxo, colaxe, etc.) a uns versos ou parágrafos de diferentes autores de todo o

mundo.

7- Celebración do Día das Letras Galegas.

Temporalización: maio 2017.

Este ano o Día das Letras Galegas estará dedicado a Carlos Casares, unha das figuras máis

senlleiras da literatura galega da segunda metade do século XX. Tentaremos de facer un

achegamento á súa figura e obra por parte do noso alumnado.

B.4) ACTIVIDADES EN INGLÉS

1- Celebración do Halloween.

Temporalización: 31 outubro.

O alumnado elabora pequenos pósters alusivos a esta celebración de orixe celta e estudan as

similitudes e diferenzas co Samaín galego.

2- Celebración do Día de Guy Fawkes (Guy Fawkes Day).

Temporalización: 5 novembro.

Esta típica festividade británica sérvenos de base para estudar un pouco a historia do Reino

Unido e o nacemento da Igrexa Anglicana e os conflitos entre católicos e protestantes.

Page 25: New IES FERROL VELLO CURSO 2016-2017 2020. 10. 7. · Durante o curso 2014-15 e 2015-16 tivemos a oportunidade de contar cun auxiliar de conversa americano, o que supuxo unha grande

25

3- Celebración do Día de Acción de Grazas (Thanksgiving Day).

Temporalización: o cuarto xoves de novembro.

Esta é unha festividade tipicamente americana pero que a globalización está a poñer de moda

en todo o mundo, especialmente polos intereses comerciais no Black Friday. Os alumnos

elaboran murais onde expresan aquelas cousas polas que están agradecidos.

4- Intercambio de Christmas.

Temporalización: Decembro 2016.

Os nosos alumnos escriben unha tarxeta de Nadal decorada por eles mesmos e na que se

presentan en inglés e lles desexan unhas felices festas aos seus penfriends. Estas tarxetas son

enviadas logo a outro centro educativo, que a súa vez resposta con tarxetas dos seus alumnos.

Este ano, o centro escollido foi o CPI San Sadurniño.

5- Celebración do Día de San Valentín (St Valentine’s Day Competition).

Temporalización: 14 febreiro

O departamento de inglés organiza todos os anos un concurso de felicitacións de San Valentín.

As felicitacións poden ter a forma de calquera manualidade que os alumnos elaboren, coas

únicas condicións de que teñen que ser feitas por eles e deben incluír unha frase en inglés. Os

traballos son expostos no vestíbulo do centro e unha votación de toda a comunidade educativa

serve para escoller aos premiados. O premio, como non podía ser doutra maneira nesta data,

unha caixa de bombóns.

6- Celebración do Día de San Patricio (St Patrick’s Day).

Temporalización: 17 de marzo.

O departamento celebra esta festividade irlandesa con actividades de diverso tipo: literarias

(estudo da figura de San Patricio, xogos de palabras, estudo do folclore irlandés, etc.) e físicas

(taller de danza irlandesa ou Tap Dance).

Page 26: New IES FERROL VELLO CURSO 2016-2017 2020. 10. 7. · Durante o curso 2014-15 e 2015-16 tivemos a oportunidade de contar cun auxiliar de conversa americano, o que supuxo unha grande

26

7- Concurso The Big Challenge.

Temporalización: maio 2017.

O noso centro participou por primeira vez nesta competición nacional o curso pasado,

acadando un 1º posto provincial e dous 2º postos provinciais. O éxito que tivo esta actividade

entre o alumnado fai que volvamos participar este curso.

8- Exames de Cambridge.

Temporalización: Todo o curso.

Dado que moitos dos nosos alumnos están interesados en conseguir unha titulación de

diplomas regrados en inglés, o noso departamento facilítalles modelos de exames, exercicios,

etc., a aqueles alumnos que así o solicitan para axudarlles a preparar as probas para a

obtención do KET, PET e FIRST da Universidade de Cambridge.

9- Revista Words from Ferrol Vello.

Temporalización: Último trimestre.

O departamento leva xa editados 13 número da revista escolar Words from Ferrol Vello. Logo

dun parón de tres anos por motivos de saúde, temos a intención de retomar esta actividades

consistente na elaboración dunha revista onde se dá conta de todas as actividades realizadas

polo departamento ao longo do curso, se publican traballos feitos polo alumnado, e onde se

traduce unha canción, etc.

8. AUTOAVALIACIÓN E CRECEMENTO FUTURO

Dos datos obtidos da sondaxe realizada sobre as linguas oficiais, vese claramente que a

valoración do galego por parte dos alumnos mellorou con respecto ao curso pasado. Sen

embargo, o número de alumnado galegofalante é moi similar a cursos anteriores.

No contexto educativo, seguiremos traballando na mesma liña que en anos anteriores, pero no

contexto externo a situación non é favorable para o uso do galego.

O uso de internet e televisión tampouco favorece o visionado de vídeos en galego; predominan

as series en versión orixinal en xaponés e sobre todo, en castelán latino, titoriais, etc.

Page 27: New IES FERROL VELLO CURSO 2016-2017 2020. 10. 7. · Durante o curso 2014-15 e 2015-16 tivemos a oportunidade de contar cun auxiliar de conversa americano, o que supuxo unha grande

27

A lingua que resulta máis claramente beneficiada polas novas tecnoloxías é o inglés, sen

embargo ás veces fan un uso abusivo de vocablos ingleses fronte aos casteláns e/ou galegos.

Chegamos incluso moitas veces a infravalorar a riqueza das nosas linguas.

En canto ao francés, este vese favorecido por internet con respecto a anos anteriores, no senso

de que poden buscar información nesta lingua, que antes era imposible de atopar.

A maior oferta de material dixital e de calidade por parte das editoriais, conta tamén a favor da

aprendizaxe do francés.

Sen embargo, mentres non se introduza no currículo o estudo de dúas LE obrigatorias, durante

a Educación Primaria, así como nos cursos do 1º Ciclo da ESO (de 1º a 3º) e se inclúa a 2ª LE

entre as materias fundamentais, o ensino-aprendizaxe de dúas LE non poderá ser unha

realidade dende idades temperás. Estase vendo que o dominio de varias LE será fundamental

no futuro laboral do noso alumnado.

9. PROPOSTAS DE MELLORA

- De cara aos próximos cursos e como proposta para o uso do galego, sería suxerir ao

alumnado a creación de contidos en distintos soportes ou plataformas, como

poden ser Youtube ou Vimeo.

- Ampliar o fondo da biblioteca con máis material en diversos soportes para as

linguas impartidas no centro.

- Continuar coas seccións bilingües en inglés e se pode ser, ampliar a oferta a outras

materias.

- Volver solicitar un auxiliar de conversa nativo.

Este Proxecto Lingüístico de Centro (PLC) é avaliado e aprobado polo Consello Escolar do IES

Ferrol Vello o día 21 de abril de 2017.