new 2013 · 2019. 8. 21. · gerardo caetano pepe carreiro marcelo castillo bridget maría...

9
2013 WWW.IGADI.ORG MEMORIA DE ACTIVIDADES 2013

Upload: others

Post on 24-Oct-2020

13 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

  • 2013

    W W W . I G A D I . O R G

    MEMORIA DEACTIVIDADES 2013

  • MEMORIADEACTIVIDADES| 2013

    1. Asesoramento institucionalA culminación dun diagnóstico

    sobre a cooperación

    transfronteiriza en Europa

    centrou gran parte da axenda

    de cooperación coa Dirección

    Xeral de Relacións Exteriores

    e coa UE da Xunta de Galicia,

    ademais da implicación no

    Consello de Acción Exterior

    de Galicia ata outubro de

    2013, en que se formalizou

    a baixa do organismo por

    inoperatividade do mesmo.

    Por outra banda, co apoio

    da Secretaría Xeral de

    Política Lingüística leváronse

    a cabo diversas actuacións

    de promoción exterior da

    lingua galega. Así mesmo,

    mantivemos o compromiso

    coa dinamización da Comisión

    de Acción exterior do

    Consello da Cultura Galega,

    afondando nas posibilidades de

    implementar unha diplomacia

    cultural adaptada á dimensión e

    potencialidades do noso poder

    brando.

    O exercicio 2013 foi un

    ano de volta ás orixes,

    especialmente no que

    atinxe ao retorno ao

    domicilio social de Baiona,

    trala imposición unilateral

    por parte da Xunta de

    Galicia da cancelación

    do proxecto que nos

    trasladara á Illa de San

    Simón dous anos antes.

    2

  • MEMORIADEACTIVIDADES| 2013

    2. Asistencia técnicaO IGADI exerceu a Secretaría Técnica do Fondo

    Galego de Cooperación e Solidariedade (www.

    fondogalego.org). Tamén culminou o proxecto

    europeo Redes para o desenvolvemento que,

    entre outros, permitiu acompañar o proceso

    de creación dun fondo para a cooperación

    descentralizada en Portugal.

    3. IGADIPaper Cos IGADIPaper trátase de afondar, de maneira

    equilibrada e sintética, nalgún conflito,

    acontecemento ou tendencia internacional de

    relevancia e actualidade. En 2013, elaboráronse

    un total de 30.

    4. Informes AnuaisO Igadi Annual Report (2012-2013),

    Un mundo varado na crise, por sexto ano

    consecutivo, amosou unha visión peculiar das

    transformacións globais que experimenta a

    sociedade internacional. Ademais, por cuarta

    vez, publicouse o We in the World - Nós no

    Mundo, Autonomías con valados nun mundo

    sen fronteiras, unha reflexión sobre os aspectos

    esenciais da paradiplomacia galega, que vive

    horas de redefinición e incerteza. Na elaboración

    destes informes contamos cun selecto elenco de

    colaboradores.

    5. PublicaciónsAo longo de 2013, publicáronse os dous números

    correspondentes á revista semestral Tempo

    exterior, elixindo como catro temas centrais as

    situacións en Paraguai e Uruguai, a encrucillada

    da acción exterior autonómica e as disidencias

    ante o modelo dominante. Tamén se actualizou

    o Informe Mundial de Estados de Feito /

    De Facto States a World Report, editado en

    formato dixital e cunha versión en galego e outra

    en castelán.

    6. Páxina webCon leves axustes, www.igadi.org consolidou a

    súa remodelación da man de Breogán Xuncal.

    Igualmente, promoveuse a participación nas redes

    sociais (Facebook).

    3

    http://www.fondogalego.orghttp://www.fondogalego.orghttp://www.igadi.gal

  • MEMORIADEACTIVIDADES| 2013

    4

  • MEMORIADEACTIVIDADES| 2013

    5

  • MEMORIADEACTIVIDADES| 2013

    6

  • MEMORIADEACTIVIDADES| 2013

    7. Colaboración cos medios de comunicación En 2013, os analistas, investigadores e

    colaboradores do IGADI compareceron en

    emisoras de radio, prensa, revistas e televisións

    de diferentes países (Arxentina, Chile, China,

    España, Francia, Holanda, Irán, Reino Unido,

    Rusia, Taiwán, Venezuela, Uruguai ou Colombia)

    para ofrecer os seus puntos de vista sobre temas

    de actualidade internacional.

    8. Análise internacionalEste aspecto do labor do IGADI concretouse na

    elaboración dun total de 285 artigos (fronte a

    216 en 2012), distribuídos do seguinte xeito:

    África (18 fronte a 7); Asia (19 fronte a 12);

    Corea (7); Cuba (3); EEUU (17); Europa (13);

    América Latina (29 fronte a 23); Nacionalismos

    (0 fronte a 1); Oriente Medio (36 fronte a 17);

    Rusia (2); China e mundo chinés (127 fronte a

    107); Acción exterior de Galicia (12); Cooperación

    ao desenvolvemento (1); Outros (3). Tamén en

    30 programas de IGADITv, en colaboración coa

    Secretaría Xeral de Política Lingüística da Xunta

    de Galicia.

    9. Exposicións, conferencias, mesas redondas e simposiosA participación neste tipo de actividades, ofrece o

    seguinte resumo:

    Exposicións: 2

    Conferencias: 3

    Mesas redondas: 3

    Simposios electrónicos: 1

    10. Estudantes en prácticas En 2013 acolleuse a unha estudante en réxime

    de prácticas: Anna Zizka, da Universidade de

    Economía de Cracovia (Polonia).

    11. Programas de investigaciónDebido ás dificultades de funcionamento

    derivadas das restricións orzamentarias,

    os programas de investigación víronse

    temporalmente paralizados.

    12. CIDIC (Centro de Información e Documentación Internacional Contemporánea)En 2013 continuouse co axuste das subscricións,

    fomentando en maior medida os intercambios.

    7

  • MEMORIADEACTIVIDADES| 2013

    13. Consello ReitorAprazou a súa xuntanza para

    2014.

    14. Nómina de analistas e colaboradoresAdrián Abelaira Fernández

    José Abu-Tarbush

    Roger Albinyana i Saigí

    David Alvarado

    Luís Álvarez Pousa

    Ricardo Antunes

    Katarzyna Araczewska

    José Antonio Bastos

    Lincoln Bizzozero Revelez

    Gerardo Caetano

    Pepe Carreiro

    Marcelo Castillo

    Bridget María Chesterton

    Lucía Díez Sanjuán

    Xoán R. Doldán

    Marián Elorza

    Xosé Manuel Figueiras

    Guillermo Fuentes

    Jesús Gamallo Aller

    Víctor Gauto

    Jaume Giné Daví

    Miguel González-Abellás

    Daniel González Palau

    Marcelo Javier de los Reyes

    Santiago Jiménez Gómez

    Xoán López Facal

    Javier López Prol

    Ramón Lugrís Pérez

    Manuel Martínez Barreiro

    Manuel Martínez Justo

    Emilio M. Martínez Rivas

    Carmen Midaglia

    Roberto Montoya

    Alejandro J. Perdomo Aguilera

    Jorge Angel Notaro Roumas

    Masashi Oki

    Edith Papp

    Pascoal Pereira

    Xavier Pons Rafols

    Kenia María Ramírez Meda

    David Reinero

    Lícinia Simao

    Alfonso Sola

    Isabel Stanganelli

    Hakob Symonian

    Marta Ter Ferrer

    Alfredo Toro Hardy

    María Àngela Tous Sansó

    Brian Turner

    Luis Vilachá

    Oma Yu-ting Lu

    8

  • MEMORIADEACTIVIDADES| 2013

    15. Relacións e colaboraciónsCabe salientar a normalidade

    das relacións establecidas coas

    entidades homólogas.

    En colaboración coa Academia

    de Taiwán, o IGADI resolveu

    unha segunda convocatoria de

    dúas becas para a aprendizaxe

    do chinés e para cursar estudos

    de doutorado en Taiwán.

    16. Observación FinalAo longo de 2013, o IGADI

    tamén dedicou parte do

    seu labor á dinamización de

    entidades como a Fundación

    Plácido Castro, o Fondo

    Galego de Cooperación

    e Solidariedade ou o

    Observatorio de la Política

    China, que dispoñen das súas

    propias Memorias e ás cales

    remitimos.

    Os datos aquí recollidos poden

    ampliarse en www.igadi.org.

    9

    http://www.igadi.gal