n Órgano de comunicación do s. n. de cc · 11 h: ofrenda floral 10 · ferrol al n p p d i g g n o...

8
www.galicia.ccoo.es Órgano de comunicación do S. N. de CCOO Número 74 - febreiro de 2017

Upload: others

Post on 14-Jul-2020

6 views

Category:

Documents


0 download

TRANSCRIPT

Page 1: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · 11 h: ofrenda floral 10 · Ferrol al N P P D I G G N O R A U N H A A da do remate na praza - 19 no Constitución monumento e h: manifestación

www.galicia.ccoo.es

Órgano de comunicación do S. N. de CCOONúmero 74 - febreiro de 2017

Page 2: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · 11 h: ofrenda floral 10 · Ferrol al N P P D I G G N O R A U N H A A da do remate na praza - 19 no Constitución monumento e h: manifestación

GALiCiA SiNdiCAL Número 74 - febreiro de 2017

2

www.galicia.ccoo.es

Hoxe, 10 de Marzo de2017, conmemoramos oaniversario daquela trá-

xica data de loita, pero taménde honra e de dignidade daclase obreira galega. Daquela,os traballadores e traballadorasda Bazán pelexaban polo seuconvenio colectivo, por un sa-lario digno, contra a carestía davida, por mellores condiciónsde vida e polas liberdades de-mocráticas. Hoxe, 45 anosmáis tarde, a cerna daquelasreivindicacións é a mesma: se-guimos loitando polos conve-nios colectivos, porque son oúnico instrumento válido paramellorar as condicións laboraisdas traballadoras e traballado-res e porque con eles se aplicaa primeira repartición da ri-queza nas empresas. Por iso agora é máis impor-

tante, se cabe, a negociacióncolectiva. E por iso a patronalestá menos interesada nela. Aeconomía recupérase e estasea xerar riqueza, pero a súa dis-tribución é inxusta: as rendassalariais perden peso fronteaos beneficios empresariais.Van aló case nove anos de cri-se e de nefastas políticas quenon nos sacaron dela; e, sobretodo, dúas reformas laboraisdeixan tras de si un mercadode traballo deteriorado, em-prego escaso e precario, sala-rios desvalorizados e unhanegociación colectiva despo-suída da súa antiga forza.

Que saiba a patronal que da-remos a batalla convenio aconvenio, empresa a empresa,para recuperar a negociacióncolectiva. Temos capacidadede mobilización e temos pro-postas para frear a perda depoder adquisitivo dos salariose para repartir de maneira ne-gociada a produtividade. Medi-das, por exemplo, como asrecollidas nos Acordos Inter-confederais de Emprego e Ne-gociación Colectiva.

Sen convenios non hai ninemprego nin salarios dignos ea recuperación económica nonserá sólida nin xusta. Sen ne-gociación colectiva, a maioríasocial que carga cos efectos dacrise non recuperará os niveisde vida anteriores.Galicia é hoxe máis pobre,

máis inxusta, máis desigual.Temos peores servizos públi-cos e menor protección socialque ao comezo da crise. Nece-sitamos máis e mellores em-

pregos. Necesitamos anularos devastadores efectos dedúas reformas laborais e decase nove anos de axustes erecortes.O Goberno galego debe lide-

rar un novo modelo de crece-mento económico equilibradoe duradeiro, respectuoso comedio ambiente, condiciónnecesaria para que creza aprodutividade. Só nesas con-dicións a sociedade galegaampliará o seu horizonte dedesenvolvemento e de cohe-sión social.Este novo modelo de crece-

mento debe asentar na forma-ción ao longo da vida, nainnovación e na industria, nacreación de emprego establee con dereitos, na protecciónás persoas desempregadas ena igualdade entre mulleres ehomes. Tamén ha contar congarantías para a protección dasaúde no traballo, para asegu-rar condicións de vida dignas,con medidas para que as pen-sións, a educación, a sanidadeou a atención ás persoas de-pendentes sexan dereitosconsolidados.Porque eles foron hai 45

anos, somos. Pola loita quefagamos, serán.

VIVA A CLASE OBREIRAGALEGA!!

VIVA O DEZ DE MARZO!!VIVAN AS COMISIÓNS

OBREIRAS!!DANIEL E AMADOR,

NA MEMORIA!!

EMPREGOE SALARIOSDIGNOS PARA UNHA

VIDA DIGNA· ·Día 10 · Ferrol- 11 h: ofrenda floral

no Monumento ao Dez de Marzo- 19 h: manifestación con saída

do monumento e remate na prazada Constitución

EMPEMPEEEEEMEEEEEEEE PEEEEEEE PPPEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEEMEEEEEEEEEEE

PREMPREPRPRRRRPPPRPRPPRRPRPPRRRRRPPPRPRPPRPPRPPPM

EGOEGOOOGOOS

S

EE S S S EEE

AL SALAAS

AA L S L ALA

ARIOSARIOAR OS

SOSSS

- 11 Día 1

h: ofrenda floral

10 · Ferrol

al

N P PDIGNDIGN

A P P PDIGD N

A

NONOSNOSARA UNARA U

S

NOSA N

NHA UNHA A NHA

da do

- 19 no

11

Constitución monumento e

h: manifestación con saída Monumento a

h: ofrenda floral

remate na praza ón con saída

o Dez de Marzo al

P PA P P P · V V V V V · P P PA

za

o

A ARA

IDA DI VIDA DI V IDA VIDA AR ARA A

IGNA IGNA · A GNA

·

da

Constitución

Page 3: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · 11 h: ofrenda floral 10 · Ferrol al N P P D I G G N O R A U N H A A da do remate na praza - 19 no Constitución monumento e h: manifestación

3

www.galicia.ccoo.es

GALiCiA SiNdiCALNúmero 74 - febreiro de 2017

Cada ano, a Secretaría daMuller do Sindicato Na-cional de CCOO fai balan-

ce da situación das mulleres noemprego, con especial atencióná calidade dos postos de traba-llo, ás diferenzas salariais, acomo incide o desemprego en-tre a poboación feminina ou aque sectores están máis oumenos feminizados.Esta valiosa información bota

luz sobre as brechas estruturaisde xénero que perpetúan unha di-visión sexual do traballo. É unhaanomalía que perdura no tempoe conforma unha realidade dedesemprego, precariedade, se-gregación ocupacional e pobrezasalarial. Coa contundencia dosdatos, podemos describir con fi-delidade a dura realidade en queviven as mulleres galegas. Xa en 2015, co documento ti-

tulado As políticas públicas, im-prescindibles para avanzar enigualdade, tentabamos demos-trar que un país que non invis-te na creación de emprego e nobenestar das persoas, que non faiesforzo ningún para corrixir adesigualdade e a discrimina-ción, ten un futuro escuro. Co-mo adoita suceder, a realidade,tan teimuda, acábanos por dara razón.Hoxe en día, ter un traballo e un

salario non garante unhas míni-mas condicións de vida porqueos ingresos non abondan paracubrir as necesidades básicasdas mulleres. Esta realidade, xun-to coa destrución de emprego, o

traballo a tempo parcial, a even-tualidade e a segregación ocupa-cional, configuran un panoramano que é difícil pensar sequera enter fillas ou fillos.

Falta de oportunidadesAs dificultades para poder vivir

do seu traballo, a falta de oportu-nidades e de emprego digno econ salario suficiente empurran amocidade á emigración, que non«mobilidade exterior». As mozase mo-zos que teñen que marchará procura de oportunidades nou-tros países son emigrantes eco-nómicos. Coa súa partida, Galiciaperde capital humano, intelectuale profesional, amais de provocarun drama persoal a estas persoase as súas familias.

Os datos do Instituto Galego deEstatística revelan que, desde oano 2010, residen en Galicia79128 persoas menos, das queo 48,52 % serían mulleres. A po-boación feminina mingua, espe-cialmente no tramo en idade legalpara traballar, con maior inciden-cia na franxa de 20 a 34 anos. Aidade media das mulleres gale-gas estaba nos 46,4 anos en xa-neiro do 2010 e cinco anos máistarde subía ata os 47,8 anos.A poboación estranxeira ten un

peso pouco significativo en Gali-cia en comparanza coa media es-tatal. Ata o 1 de xaneiro de 2016representaba o 3,2% da poboa-ción total, mentres que no con-xunto do estado se triplica ata o9,5 %. Peso escaso que, á luz dos

Mabel Pérez (esq.) e a economista Silvia Parga (der.) na presentacióndun novo estudo sobre a situación sociolaboral das mulleres galegas

datos, intuímos que segue a bai-xar: desde xaneiro de 2010 haiempadroadas en Galicia 21704persoas menos de nacionalidadeestranxeira. Por riba, Galicia estáá cola do estado canto ao nú-mero de persoas refuxiadas queacolle.Os datos demográficos de Ga-

licia amosan unha dura realidadede descenso de natalidade e en-vellecemento da poboación, deincapacidade de fixar poboaciónmoza e inmigrante. Isto é indis-cutible e débese á falta de expec-tativas laborais e a imposibilidadede desenvolver un proxecto devida. A precariedade laboral, atemporalidade ou os atrancospara conciliar vida laboral e fami-liar tampouco axudan.Mención á parte merece a

fenda salarial. As mulleres gale-gas cobran un 22,1 % menos queos homes, e ademais son maioríanos tramos salariais máis baixos.Segundo fontes da Axencia Tri-butaria, o 36,34 % das mulleresasalariadas teñen ingresos igualou por debaixo do salario mínimointerprofesional. Isto chámasepobreza salarial, mulleres pobrescon traballo. Afrontamos a reali-dade que evidencian os datos,por iso esiximos investimentosen políticas públicas que eliminenas desigualdades e xeren empre-gos cos que as mulleres poidanemprender proxectos vitais e sefixe poboación no noso país.

Page 4: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · 11 h: ofrenda floral 10 · Ferrol al N P P D I G G N O R A U N H A A da do remate na praza - 19 no Constitución monumento e h: manifestación

GALiCiA SiNdiCAL Número 74 - febreiro de 2017

4

www.galicia.ccoo.es

Areforma laboral de 2012 éo maior ataque aos derei-tos laborais das últimas

décadas: desvaloriza os salarios,precariza as condicións laborais,desequilibra e debilita a negocia-ción colectiva e o poder vincu-lante dos convenios. A reformalaboral é a aposta das elites eco-nómicas e financeiras por unhaeconomía carente dun modeloprodutivo que aposte pola indus-tria, a ciencia e a innovación,pola dixitalización, pola reducióndo prezo da enerxía, e que supónunha ambiciosa redución dosdereitos democráticos e sociaisdos traballadores.A precarización das condi-

cións laborais e de vida damaioría da sociedade é o seu re-sultado, despois de cinco anos.A reforma destruíu millóns deempregos e levou o paro a má-ximos históricos. Hoxe, a preca-riedade afecta cada vez máis amáis traballadores e traballado-ras e durante períodos máisamplos da súa traxectoria labo-ral. Non se reduciu o empregotemporal, senón que a contrata-ción indefinida é máis inestable.O resultado é unha sociedademáis desigual e máis pobre,onde millóns de persoas transi-tan do paro ao emprego preca-rio, e rotan entre o desempregoe a sobreexplotación dos em-pregos de salarios baixos. EnEspaña, a pobreza ten rostro demuller moza e inmigrante. A re-forma laboral fracasou, só ser-

viu para aumentar a inestabili-dade e a precariedade do em-prego, mesmo na recuperación.España é o país con maior des-emprego e coa maior precarie-dade laboral da UE.A nova situación económica e

política é unha oportunidadepara, a través do diálogo políticoe social, cambiar as políticas deausteridade e recortes aplicadaspolo Goberno do PP. Pero estediálogo non pode ser de deco-rados: a concertación social haser real e dar como froito acor-dos concretos. Urxe un modelodemocrático de relacións labo-rais, un novo marco institucio-nal e lexislativo sobre o traballoque se acomode aos principiosdo estado social e do recoñece-mento do traballo como eixe deatribución de dereitos de cida-danía. Isto require derrogar asúltimas reformas laborais e re-cuperar os dereitos eliminados,aumentar o salario mínimo, ga-rantir e recuperar de maneirasignificativa o poder adquisitivodos salarios; suprimir todas asformas de precariedade laborale recuperar na práctica a causa-

lidade da contratación, restable-cer a negociación colectivacomo instrumento principal,con plena autonomía, dándolleoutra vez a preponderancia aosconvenios colectivos de sector,volvendo á ultraactividade senrestricións, respectando a lexi-timidade negociadora dos sindi-catos; modificar o réximexurídico do despedimento; re-formar o Estatuto do Traballa-dor Autónomo e recuperar oEstatuto Básico do EmpregadoPúblico e o dereito efectivo ánegociación colectiva dos em-pregados públicos. As reformas laborais de 2010

e 2012, especialmente esta úl-tima, asestaron un duro golpeaos dereitos da poboación asa-lariada, acentuaron os ataquesaos colectivos máis vulnerablesdo mercado de traballo, facilita-ron e abarataron aínda máis odespedimento e crebaron oequilibrio –xa maltreito– da ne-gociación colectiva. A arquitec-tura do traballo, construída aolongo da democracia, quedoufeita cachizas, e non se disimu-lou o obxectivo central das re-

Manifestación na Coruña contra a reforma laboralimposta polo PP no ano 2012

formas: debilitar o poder con-tractual dos sindicatos, ensan-char o territorio da discrecio-nalidade empresarial e tendercara á individualización das re-lacións laborais. Por iso, CCOOinsistirá na necesidade de de-rrogar as reformas e desmontaras supostas «bondades» que adereita política e económica llesatribúe. Sen emprego e salariosdignos, sen dereitos laboraishomologables aos do resto dospaíses da UE, a democracia nasempresas será un espellismo.Cómpre pór en marcha un

plan de choque contra o desem-prego que atenda, sobre todo,aos colectivos máis vulnerablese afectados –parados de longaduración, mulleres, moci-dade...–, fixando recursos paraas políticas activas de empregoe estendendo e ampliando o sis-tema de protección por desem-prego. As solucións aos gra-ves problemas das persoas nonpoden esperar máis. É posiblee necesario o cambio que de-mandamos desde CCOO.

Page 5: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · 11 h: ofrenda floral 10 · Ferrol al N P P D I G G N O R A U N H A A da do remate na praza - 19 no Constitución monumento e h: manifestación

5

www.galicia.ccoo.es

GALiCiA SiNdiCALNúmero 74 - febreiro de 2017

Ovindeiro sábado, día 11,entregaranse en Santiagode Compostela os Premios

10 de Marzo. As persoas galar-doadas este ano serán JosefaMartínez Barreiro, Emlio CrespoCorrea e Carlos Domenech deAspe.

Josefa MartínezNaceu en Cesantes, parroquia

de Redondela. A súa vida estivoligada ao traballo en terra e á ac-tividade do marisqueo e capturade bicho para a pesca desde moinoviña.Ingresa no PCG no ano 1968 e

implícase na loita antifranquista.En 1976, con Segundo Freire Ca-banelas e outros compañeiros domar, contribúe á fundación dasComisións Mariñeiras.Incorporouse á dirección do

sindicato, presidido por Freire, edesenvolveu nos anos seguintesun intenso labor sindical. Tal foi oseu compromiso que ata a súapropia casa funcionaba comolocal da organización.Na mañanciña do 1 de decem-

bro de 1977 tivo lugar unha his-tórica asemblea que acordouiniciar unha folga no sector. Foi oinicio dunha loita grazas á cal sederon pasos firmes para que osector marisqueiro galego semodernizase con novas estrutu-ras que evitaron que acabase enmans de sectores económicosalleos ás xentes do mar.

Emilio CrespoNaceu no barrio vigués de Cas-

trelos en 1951. Fillo dun traballa-dor de Barreras e alumno dunmestre republicano represaliado,non sorprende que militase cedonas Xuventudes Comunistas.En 1970 instalouse en San-

tiago de Compostela para cursarestudos universitarios na Facul-tade de Ciencias, na sección de

Matemáticas. Sendo aínda estu-dante, tivo un papel activo, no-meadamente nas folgas do 1972en Vigo.Concluídos os estudos, estivo

un ano como profesor no depar-tamento de Álxebra na Facultadede Matemáticas e pouco máistarde gañou unha praza comoprofesor de ensino secundario.No terreo sindical, foi un dos

fundadores da Federación do En-sino de CCOO de Galicia e secre-tario xeral desde 1979 ata 1996.Despois de deixar a SecretaríaXeral, seguiu formando parte daExecutiva como responsable deUniversidade, alén de ser a vozdo sindicato no Consello Socialda Universidade de Santiago.Desde 2005 é o director da

Área Socioeconómica da Funda-ción 10 de Marzo e un dos mo-tores desta institución.

Carlos DomenechNaceu na Coruña en 1946. Ini-

ciou a súa carreira profesional deletrado en febreiro de 1973, naDelegación do Ministerio de In-dustria na Coruña, como persoallaboral eventual. En abril do anoseguinte ingresou por oposiciónno que hoxe é o corpo superiorda Inspección de Traballo e Se-guridade Social.Unha década despois foi no-

meado xefe da Inspección Pro-vincial da Coruña, responsabi-lidade que desempeñou durantedezasete anos, ata que en 2001foi designado director territorialda Inspección de Traballo en Ga-licia, cargo que exerceu durantetres lustros, ata a o acceso á xu-bilación o ano pasado.Nos últimos corenta anos, Do-

menech estivo presente en milesde centros de traballo de todaGalicia, distinguiuse por facer dodiálogo o seu principal sinal deidentidade e actuou como árbitronalgúns dos máis relevantesconflitos.A súa ampla e fructífera traxec-

toria profesional fan de CarlosDomenech de Aspe a voz máisautorizada en materia de rela-cións laborais.

Sobre estas liñas e de arriba abaixo, fotografías de arquivo de Josefa Martínez,Emilio Crespo e Carlos Domenech

Page 6: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · 11 h: ofrenda floral 10 · Ferrol al N P P D I G G N O R A U N H A A da do remate na praza - 19 no Constitución monumento e h: manifestación

GALiCiA SiNdiCAL Número 74 - febreiro de 2017

6

www.galicia.ccoo.es

Analizando os orzamentosda Xunta de Galicia para oano 2017 hai algo que nos

queda ben claro: as eleccións xason pasado, agora toca bater defronte coa realidade. En menosde ano e medio vivimos unhaseleccións municipais, dúas xeraise, como colofón, unhas autonó-micas. Cumpridas as citas coasurnas, os orzamentos para esteexercicio recuperan plenamenteos criterios do PP.O Goberno vende que os orza-

mentos para 2017 permitirán re-forzar «unha recuperación eco-nómica completa» e que son osdo «crecemento san». Pero aanálise de CCOO, reflectida díasatrás no número 23 dos Cader-nos do Sindicato Nacional, déixa-nos concluír que todo isto é unespellismo.En primeiro lugar, o gasto des-

tinado ás persoas e a capitalizaro país medra en 2017 por de-baixo do PIB nominal –2,7 %,fronte ao 3,6 %– e redúcese oseu peso no total do orzamento.Ese incremento –241 millóns deeuros– é máis raquítico ca o pre-visto para o ano 2016 –365 mi-llóns–, porque o clima electoraltamén se trasladaba ás contaspúblicas. Fóra xa da revoeiraelectoral, no 2017 recupérase aausteridade de anos anteriores.O orzamento total aumenta un

4,8 % en relación co previstopara 2016. Porén, unha parte re-levante das políticas de gasto so-cial medrará por baixo desa por-

centaxe. É o caso da sanidade(+2,8 %), a educación (+2,9 %)ou os créditos destinados ás fun-cións de acción social e promo-ción social (+4,2 %). O Goberno di que no segundo

trimestre de 2017 alcanzaremoso nivel de PIB anterior á crise.Pero, en realidade, a riqueza dis-tribúese agora de xeito máis des-igual ca daquela: traballa menosxente, o pouco emprego que secrea é moi precario, a distribu-ción da renda favorece os exce-dentes de explotación máis queaos traballadores, a poboaciónactiva non deixa de caer e aíndafalta moito para recuperar os de-reitos laborais e sociais perdidosdurante a crise.Os recursos destinados á pro-

moción do emprego e institu-cións do mercado de traballomedrarán un 15,3 % en relacióncon 2016 (32 millóns de eurosmáis) pero o seu peso no total doorzamento será só do 2,2 %,fronte ao 3,5 % que se lle asig-naba no 2009.

Silvia PargaEconomista de CCOO

A dotación ás políticas activasde emprego é insuficiente paradar resposta ao principal pro-blema dos galegos e galegas, queé o desemprego. O que deberaser o principal obxectivo do Go-berno convértese en resignaciónnestes orzamentos. No terceirotrimestre de 2016 había 206700persoas paradas –o 45 % levabandous ou máis anos buscando un

posto de traballo– e 98300menos ocupadas ca no mesmotrimestre de 2009; pero á promo-ción de emprego e instituciónsdo mercado de traballo destínaseen 2017 un 43 % menos que no2009 (179 millóns de eurosmenos).A economía galega crecerá de

xeito moi similar á española peroa creación de emprego seguirá

Orzamento consolidade de gastos (miles de euros) / FOntE: elaboración propia sobre o proxecto de orzamentos

Page 7: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · 11 h: ofrenda floral 10 · Ferrol al N P P D I G G N O R A U N H A A da do remate na praza - 19 no Constitución monumento e h: manifestación

9

www.galicia.ccoo.es

GALiCiA SiNdiCALNúmero 74 - febreiro de 2017

7

moi por debaixo (+1,6 % en Gali-cia fronte ao +2,2 % na media es-tatal). As previsións do Gobernorecollidas no cadro macroeconó-mico confirman que no 2017 sedesacelerarán a economía e acreación de emprego. O produtointerior bruto medrará un 2,4 %(fronte ao 3,1 % previsto para2016) e o emprego (medido enpostos de traballo equivalentes atempo completo) aumentará un1,6 % no 2017, tres décimas me-nos do previsto para 2016.Na nosa comunidade aínda

quedan por recuperar máis de194 000 postos de traballo paraalcanzar os niveis de emprego dehai oito anos; polo tanto, a crea-ción prevista para este ano (uns20000 postos de traballo) resul-tará ás claras insuficiente para re-verter os gravísimos efectos dacrise no mercado laboral.A taxa de paro seguirá sendo

moi elevada, un 15,6%, e, outroano máis, a súa diminución (que-dará 1,8 puntos por baixo da de2016) seguirá condicionada polaperda de poboación activa.

InvestimentosCanto aos investimentos, in-

crementaranse en 54 millóns(+3,8 %), ata os 1471,6 millónsde euros. Porén, botando a vistaatrás, vemos que se reduce caseun 48 % en relación co ano 2009,cando o PP recuperou o Gobernoda Xunta.No ano 2009, os recursos des-

tinados á capitalización do paísequivalían ao 24,5 % dos gastosnon financeiros; oito anos des-pois, esa porcentaxe baixará atao 16,3 %. O investimento é unhapanca fundamental para o pro-greso económico e social dunpaís; renunciar a el lastra grave-mente as nosas capacidadescompetitivas no económico e deproporcionar benestar á cidada-nía galega.

A hipoteca da débedaDada a situación de crise e

emerxencia social, os orzamen-tos deberían contribuír a melloraras cousas. Porén, o orzamento

non prioriza as necesidades dapoboación, escatima recursos des-tinados á capitalización do país eestá hipotecado pola débeda.O gasto destinado á débeda

pública ascenderá a 1822,2 mi-llóns de euros (son 224 millónsde euros máis do estimado para2016) e absorberá o 16,9 % doorzamento de 2017 (15,5 % no2016).

Ademais, a suba dos ingresosnon financeiros é máis cativa caa estimada para 2016 (+1,4 %fronte a +6,7 %). En termos co-rrentes, apenas medrarán porquese prevé que o incremento dosprezos será do +1,2 %.A cifra de ingresos non fi-

nanceiros que se manexa para2017 queda moi lonxe da de2009: 2200 millóns de euros

menos. Ante o límite ao ende-bedamento, o Goberno, no can-to de paliar a escaseza de re-cursos cunha política fiscalmáis equitativa aproveitando assúas competencias tributarias,escolle a saída máis doada ereduce fortemente o gasto pú-blico, en detrimento do benes-tar da cidadanía e a capitaliza-ción do país.

Orzamento consolidado de gastos (miles de euros). Distribución funcional / FOntE: elaboración propiasobre o proxecto de orzamentos

Page 8: N Órgano de comunicación do S. N. de CC · 11 h: ofrenda floral 10 · Ferrol al N P P D I G G N O R A U N H A A da do remate na praza - 19 no Constitución monumento e h: manifestación

Número 74 - febreiro de 2017

Órgano de comunicación do Sindicato Nacional de CCOO

www.galicia.ccoo.es

Xesús Castro

Abraiado quedei após lerna páxina web da Ca-dena SER que a Unión

Europea, tal como a coñece-mos, podería desaparecer. Se-gundo a emisora, o Libro Bran-co que redactou o presidenteda Comisión Europea, JeanClaude Juncker, prevé a posi-bilidade de que a liberdade decirculación no espazo comu-nitario deixe paso a unha librecirculación, si, pero só de mer-cadorías e capitais.Este sería, en opinión de

Juncker, un dos cinco escena-rios posibles, indica a SER. Asrestantes posibilidades serían:1) unha sorte de Europa ácarta, na que os Gobernos che-guen a acordos distintos se-gundo cales foren os obxec-tivos –opción do gusto de An-gela Merkel, por certo–; 2) unescenario similar ao actual;3) avanzar menos na integra-ción, pero de xeito máis efec-tivo; 4) avanzar na integracióneuropea.No momento de escribir

estas liñas, as informaciónsxornalísticas non aclaran se haialgún tipo de prescrición a proldalgún dos cinco escenarios.Sexa como for, o simple feitode que apareza por escrito aposibilidade de limitar a librecirculación de persoas, queforma parte da cerna mesmada Unión Europea, encerra unprofundo dramatismo.Numerosas voces alertan

desde hai demasiado tempo deque os mercados, pero taménos brotes xenófobos e reaccio-narios, ameazan cada vezmáis o espírito da construcióneuropea. Non é un fenómenonovo, pois é ben anterior aotriunfo do brexit. O fondo e aforma dos tratados de libre co-mercio –CETA, TTIP e outros– xanos deron moitas pistas.

O PUNTO XE

Por X. Rodríguez