mulleres escritoras de cómics
TRANSCRIPT
autoras de cómics
O 8 de marzo, Día Internacional da Muller Traballadora , é unha data que serve para recoñecer a loita da muller pola igualdade, a xustiza, a paz e o desenvolvemento social. Por isto, decidimos preparar un Top 10 de mulleres traballadoras que realizan cómics..
Precisamente no mundo da viñeta os últimos anos foron especialmente positivos neste senso, e se hai uns anos a presenza feminina era máis ben minoritaria, a día de hoxe o número de autoras e de lectoras medrou de xeito espectacular, de maneira tal que tivemos que deixar fóra da nosa lista a moitas historietistas do noso agrado.
10 / Mamen Moreu
Coñecida
principalmente pola
súa colaboración en
revistas como El Jueves ou Tmeo, esta novísima
autora e libreira
oscense dará moito
que falar nos
próximos meses
coa publicación do
seu primeiro álbum
en solitario,
titulado Resaca.
09 / Fiona Staples
Esta canadiana é
unha das
ilustradoras máis
recoñecidas da
actualidade, con
numerosos premios
recibidos polo seu
excelente traballo
na space-opera Saga.
08 / Mireia Pérez
Ao igual que Cristina e
que Ana Miralles,
Mireia Pérez é valenciana. Ademais de
historietista e
ilustradora é libreira e,
tras participar en
numerosas publicacións
e fanzines, gañou o
Premio Fnac-Sins Entido de Novela Gráfica en 2011 pola súa obra La muchacha salvaje, convertíndose nunha das autoras máis prometedoras do
noso tebeo.
07 / Cristina Durán
Un bo exemplo de
perseverancia. Tras
unha gran traxectoria
como ilustradora para
diversos medios decidíu,
xunto á súa parella
Miguel Ángel Giner, contarnos a doenza da
súa primeira filla Laia en
Una posibilidad entre mil, unha tenra historia autobiográfica, coma
o proceso de adopción dun neno etíope que seguiron anos despois e
que narraron en La máquina de Efrén.
06 / Rutu Modan
Esta israelí,
editora,
historietista e
ilustradora, fíxose
un nome por
dereito propio
dentro do cómic
internacional. Con
tan só tres das
súas obras
dispoñibles en
castelán, Metralla, Jamilti e, máis
recentemente, La Propiedad, podemos aprezar nelas un notable sentido do humor e un
estilo gráfico que foi derivando do naif á líña clara.
05 / Marguerite Abouet
Sen dúbida unha das
autoras preferidas de
Komic Librería, esta guionista costamarfileña
sorprendeu hai uns anos
coa súa serie Aya de Yopougon, onde mostraba
unha visión coral, divertida
e vitalista do seu país a
comezos dos anos oitenta.
Actualmente tén aberta
outra serie, tamén con
protagonista feminina pero ambientada en París, titulada Bienvenida.
04 / Ana Miralles
Unha das grandes
damas da
historieta
española, esta
valenciana iniciou a
súa carreira nos
anos 80, en
publicacións como
Cairo e, tras realizar varios
álbumes,
emprendeu a
aventura francesa
prestando os seus
lapis e pinceis á serie Djinn, con guión de Jean Dufaux.
03 / Camille Jourdy
Foi unha auténtica
revelación descubrir
a esta autora a
través da súa
triloxía Rosalie Blum, unha deliciosa
obra de guión
sorprendente e
coidadoso debuxo
que pasou a ser, por méritos propios, un dos cómics de referencia
para Komic Librería.
02 / Marjane Satrapi
Esta autora iraniana,
aínda que afincada en
Francia, é posiblemente
a máis coñecida dos
últimos anos, grazas á
súa famosísima obra
autobiográfica
Persépole, onde nos conta as súas lembranzas de infancia e mocidade nun Irán que, tras
a revolución de 1979, pasou de ser un país progresista a un estrito
rexime fundamentalista. Adaptada ao cinema pola propia autora, foi
traducida a moitísimas linguas, e é unha obra fundamental para
entender o auxe da novela gráfica na banda deseñada europea.
Outras obras de Marjane Satrapi son Bordados, Pollo con ciruelas ou o libro infantil Ajdar.
01 / Emma Ríos
Arquitecta, guionista e
debuxante nada en Vilagarcía
de Arousa, estamos ante a
autora máis salientable da
banda deseñada galega e unha
das máis importantes a nivel
nacional. Formou parte do
colectivo Polaqia, e colaborou con numerosos fanzines e revistas antes de pegar o chimpo cara o
mercado americano coa serie Hexed, á que lle seguiron continuas colaboracións para a editorial Marvel en títulos como Spider-man, Doctor Extraño ou Firestar. Actualmente o seu debuxo está a
deixarnos sen fala no escuro western Pretty Deadly, con guión doutra muller, Kelly Sue DeConnick.