modelo da planta dunha abadía cisterciense igrexa monasterial … · 2011. 4. 14. · 3...
TRANSCRIPT
Yoani Jartín. Oficina de Turismo. Concello de Meira. 2009
1 Altar Maior 2 Capelas laterais* 3 Sancristía 4 Escaleira de maitines 5 Portada dos mortos 6 Clausura 7 Coro dos monxes 8 Banco dos enfermos 9 Porta dos monxes 10 Coro dos conversos 11 Porta do corredor dos conversos 12 Nártex 13 Claustro reglar con pozo central 14 Armarium dos libros 15 Collatio ou galería dos bancos 16 Sala capitular 17 Escaleira dos monxes 18 Dormitorio dos monxes 19 Latrinas dos monxes * Na igrexa de Meira so hai dúas capelas laterais aos lados do altar maior.
20 Auditorium ou locutorio dos monxes 21 Scriptorium ou sala dos monxes 22 Sala dos novizos 23 Calefactorio coa cheminea 24 Lavatorium 25 Refectorio dos monxes 26 Púlpito do lector 27 Torno 28 Cociña 29 Despensas 30 Auditorium ou locutorio dos conversos 31 Refectorio dos conversos 32 Paso dos conversos 33 Bodega 34 Escaleira dos conversos 35 Dormitorio dos conversos 36 Latrinas dos conversos 37 Desaugue
Modelo da planta dunha abadía cisterciense
Igrexa Monasterial de Santa María de Meira
OFICINA DE TURISMO. CONCELLO DE MEIRA Páxina 2
A IGREXA DE STA. MARÍA DE MEIRA
A fundación da igrexa de Meira, establécese no s.XII, arredor do 1143; o rei Alfonso
VII dona estas terras aos Condes de Sarria: D. Álvaro Rodríguez e Dna. Sancha
Fernández. Estes a súa vez, ven a florecente e rápida expansión da orde relixiosa do
Císter por España e Europa, polo que entregan a esta congregación as terras doadas polo
rei.
O enclave é moi adecuado para os obxectivos dos monxes; un lugar apartado dos
núcleos de poboación, e con boas condicións para os
traballos agrícolas e industriais.
Esta orde procede de Claraval (Francia), da cal o seu
promotor é S. Bernardo. Da grande abadía de Claraval
saían filiacións co obxectivo de erguer mosteiros e
establecer vida relixiosa de acordo
coa orde. A principal premisa é “Ora
et labora”, polo que todas as
construccións son funcionais e sen
ornamentación para así evitar a
distracción visual e centrarse no
rezo, na meditación e no traballo
diario.
En cada nova filiación enviábanse 12 monxes e un abade, que portaban a estructura e
características que o mosteiro debía cumprir. A de Meira foi a 43ª filiación.
Esta orde destaca pola súa simplicidade, austeridade e falta de decoración. Seguían a
regra de S. Bieito que rexeitaba as pinturas, os adornos, as esculturas, as dimensións
desproporcionadas coma en Cluny, e as riquezas e dezmos argumentando que deben
“abandonar os encantos deste mundo para entregarse a Cristo”. A pobreza absoluta
axudaba a enriquecer o espírito e dedicarse a Deus.
DESCRIPCIÓN DO TEMPLO
A igrexa ten planta de cruz latina, con tres naves no brazo maior, unha no cruceiro e
con cinco capelas na cabeceira.
Cóbrese con bóveda de canón apuntado.
Ó igual q na maioría dos mosteiros cistercienses, a fachada forma un ángulo recto co
resto do mosteiro. Escasamente pode ter algo que sobresaia fóra da súa severidade
característica cisterciense.
Desapareceron totalmente o claustro procesional, o mesmo q sucedeu coa fermosa
sala capitular e de igual modo o resto das estancias. O único que se conserva intacto do
mosteiro é a igrexa, que é a parte máis artística. É interesante porque conserva, máis ca
Está cubrindo dúas portas tapiadas: abaixo á esquerda
a que daba á sancristía, e arriba á dereita a dos
maitines que comunicaba co cuarto dos monxes.
Sobre este retábulo ábrense 3 fiestras abucinadas
iguais as da nave principal.
A continuación, seguindo pola nave sur, á esquerda
atópase primeiramente a porta dos monxes, por onde
estes accedían do claustro baixo ao interior do templo,
exceptuando á hora dos maitines. O seguinte retábulo
corresponde a S.Antonio de Padua co neno na imaxe
central, á dereita S. Caetano e á esquerda S.Sebastián.
É un retábulo posterior aos vistos anteriormente.
Exceptuando a de S.Antonio, nas outras dúas imaxes
acentúase a desproporción das distintas partes do
corpo, así como as 2 mans dereitas que ten S.Caetano.
Estas observacións xunto cos datos existentes de que os
propios monxes ou legos acostumaban a colaborar nas
construcións das propias igrexas, fainos pensar na
posibilidade de que estas 2 imaxes pertenzan á fábrica
dos propios monxes.
A última imaxe ubicada nesta nave corresponde á
Virxe de Fátima. É unha donación de finais do s. XX.
Seguida a esta figura, existe outra porta tapiada que
correspondería aos legos, coa mesma función que a dos
monxes, pero neste caso comunicaba co corredor de
legos. Xa no muro da fachada principal vemos unha
pequena porta un pouco elevada que corresponde ao oco
da torre do reloxo, e que no seu día albergaba unhas
escaleiras de caracol para subir
ao tellado. Estas escaleiras
destruíronse para que penduraran as pesas do reloxo. A día de
hoxe está baleiro, posto que o reloxo é mecánico e a el accédese
por medio do coro.
De novo, á dereita atopamos a porta da entrada principal que
abre as súas impresionantes ferraxes cara a praza do concello.
IGREXA DE STA MARÍA DE MEIRA Páxina 11
que se conserva hoxe en día como sancristía, para
evitar que fora víctima do espolio.
A continuación, á dereita do altar maior, atópase o
retábulo de S.Bernardo, moi similar ao de S.Bieito e
rodeado por dúas imaxes femininas; á esquerda
Sta.Ludgarda e á dereita Sta.Xuliana de Cornillón. Na
parte superior aparecen S.Famiano e Sta.Umbelina, esta
última era irmá de S.Bernardo.
A carón, á dereita está a capela da Santa María de
Meira, patroa da vila. É un retábulo do s.XVII, dun estilo
b a r r o c o m o i
recargado, con imaxes
laterais de S. Fernando e S. Luís. Na parte superior do
retábulo atópase unha imaxe da lactación de
S.Bernardo. A imaxe da virxe é unha imaxe vestida, con
cara e mans de porcelana. A perruca é feita de pelo
natural, donativo dunha freguesa. Non loce alfaias pero
si unha coroa. Esta imaxe sae en procesión o 15 e 16 de
agosto.
Esta capela está comunicada coa capela de S.Xosé
polo oco dunha ventá situada no muro medianeiro que
as separa.
A estructura do retábulo de S. Xosé é igual ó da
Virxe, coincidindo tamén na súa datación.
É moi destacable a imaxe central de S.Xosé co neno sentado no ombreiro esquerdo. É
unha imaxe dun S.Xosé moi novo e con moito movemento e alegría. As imaxes laterais
que complementan o retábulo pertencen, a da dereita a
Sta. Flora e a da esquerda a S.Valeriano. Na parte
superior atópase a imaxe da Inmaculada Concepción.
Xa na parede sur do cruceiro sitúase un retábulo do s. XVI
no que se representa a lactación de S.Bernardo. É a
mesma imaxe que hai na capela de Sta. María. Na parte
superior atópase a cada lado, de dereita a esquerda as
esculturas de S.Bernardo e S.Bieito respectivamente, e na
parte inferior, unhas pinturas da vida cotiá da Virxe. Este
retábulo estivo anteriormente no altar maior ata que se
instalou o actual no século XVIII.
OFICINA DE TURISMO. CONCELLO DE MEIRA Páxina 10
IGREXA DE STA MARÍA DE MEIRA Páxina 3
ningunha outra de España, a pureza do císter borgoñón.
A fachada está dividida en 3 fragmentos verticais que se
corresponden coas 3 naves. O fragmento central está, a súa vez,
repartido en outras 2 zonas horizontais.
No 1º fragmento, ao norte, destaca na parte de abaixo, unha
porta tapiada de pouca altura, que conducía ó interior da igrexa
por medio do baptisterio.
No tramo
c e n t r a l
distínguense con facilidade as
dúas zonas horizontais: a parte
alta, onde chama a atención un
grandioso rosetón con arcos
radiais circunscritos e cristais de
cores, que aporta unha gran
luminosidade á nave central e á
capela maior. Na parte baixa desta
fachada, aparecen dúas ventás
estreitas aos lados, e xusto
debaixo, unha magnífica porta
baixo un tímpano liso e flanqueada por tres
columnas embebidas en cada xamba, das que
arrancan as arquivoltas que completan a súa
decoración. Nembargantes, a parte que máis chama
a atención é a propia porta de madeira maciza e
decorada con orixinais ferraxes do s. XIII. Sen
dúbida, unha excepcional obra sen par, das que
poucas podemos atopar ao longo da xeografía
española. Entre a amplísima variedade de formas,
podemos atopar as imaxes zoomórficas como cans,
serpes, cabezas de porco bravo, una cabeza de
dragón e unha ra. Ademais tamén aparecen
repetidamente flores de lis.
Pola contra, no fragmento que corresponde á nave
sur, está a torre do reloxo e o campanario, do cal as
campás obedecen unicamente aos sinais horarios.
No lateral desta mesma nave, vemos os restos dos
arranques dos arcos do claustro, no medio de cada
unión dos arcos cegos. Sobre estes, aparece outra
porta tapiada, tamén de medio punto; neste caso
serviría para dar acceso desde a parte alta do claustro,
d o
corredor, ao interior do templo,
concretamente ao coro alto, lugar
correspondente aos conversos.
Ao final desta arquería aínda se
conserva unha estancia cerrada de
unión entre a parte baixa do claustro
e a igrexa. Este era un acceso de uso
exclusivo para os monxes. Da mesma
exclusividade eran as dúas portas
tapiadas que se distinguen na parede do cruceiro. A de abaixo correspondíalle á
“Sancristía”, e a de arriba, chamada “de Maitines” por ser
usada polos monxes para acceder desde o dormitorio ao
templo para realizar este rezo.
No alto deste mesmo muro, observamos una impresionante
espadana composta por 3 campás: 2 á par e 1 superposta. A
súa creación é posterior e de dimensións maiores ás
habituais. O seu uso está destinado aos avisos: chamar á
misa, anunciar defuntos, .... .
Continuamos rodeando o templo e atopámonos con cinco
capelas, das cales catro son cadradas e iguais, e a central é
máis grande e semicircular, decorada con bólas, follas,
motivos xeométricos e unha cabeza de porco bravo (igual á
d a po r t a
principal). As fiestras que lle aportan luz
son abucinadas, estreitas e tamén de
medio punto.
A capela central ten apegada unha
estancia cadrada que a abarca
completamente. A súa construcción é
posterior e recorre a parte traseira da
ábsida, situándose nela a sancristía.
OFICINA DE TURISMO. CONCELLO DE MEIRA Páxina 4
Ao lado dereito desta capela, atópase o
retábulo de S. Bieito, quen iniciou a reforma
da igrexa e quen redactou a regra de rectitude
e austeridade que posteriormente adoptaría S.
Roberto de Molesmes como directrices do
císter, e que máis tarde, S. Bernardo de
Claraval, elevaría o seu máximo apoxeo. Este
é o motivo polo que se lles considera pais do
císter a S. Bieito e a S. Bernardo. Na imaxe
aparece acompañado dun corvo con un bolo
de pan no peteiro. (as imaxes que o rodean
son: Sta. Xertrude, Sta. Umbelina,). Igual que
S. Bieito se identifica coa vestimenta moura,
S. Bernardo fai o mesmo pero de branco, cor
dos hábitos do císter.
A
continuación
está o altar
maior, feito a medida e pertencente ao século XVIII. Nel
represéntase a Asunción da Virxe María, sendo
observado o seu cadaleito con estupor polos 11
apóstolos na parte inferior, e esperada polo pai e o fillo
rodeados de anxos na parte superior. No lateral
esquerdo aparece de
novo a imaxe de S.
Bieito e no dereito S.
Bernardo.
Xusto debaixo de cada
ventá hai unha porta
pequena que comunica cun corredor circular o cal
desemboca nunha estancia cadrada. Este foi feito como
deambulatorio, coa idea de xuntarlle capelas arredor da
ábsida central para completar os rezos diarios e
aumentar os retábulos, seguindo a tendencia que se
estendía cada vez máis rápido.
Pero un novo abandono forzoso do mosteiro obrigou
aos monxes a pechar esta obra edificando a estancia
IGREXA DE STA MARÍA DE MEIRA Páxina 9
torreóns que tiñan nas súas posesións. Esta obra rematouse en 1543. Nunha inscrición da
cabeceira pódese ler “Aquí yace Don Pedro de Miranda y su mujer Doña Inés”, el era o pai
de María de Bolaño.
Neste muro do cruceiro, atópase a porta chamada
“dos mortos”. O seu significado refírese a que nun
tempo no que abundaban as solicitudes de
enterramento na igrexa coas súas correspondentes
donacións, debido á imposibilidade física de continuar
enterrando no interior do templo por falta de espazo,
procédese a bendicir unha parte do xardín reglar, ao
cal se accedía por esta porta, facendo así o servizo de
cemiterio.
A pr imeira
capela que está
pegada ao
muro norte do
cruceiro é a
capela das
dores. Este retábulo divídese en 2 partes
horizontais. A superior é posterior, e alberga unha
imaxe de Santiago peregrino que non está ubicada
no seu lugar orixinal. Na parte baixo, a imaxe
central corresponde á Virxe das Dores, á dereita S.
Froilán e a
e sque r da S .
Atilano.
A s e g u i n t e
capela, en fronte
do enterramento de Frei Atanasio Zepeda, corresponde
ao altar do Cristo o cal lle dá nome a toda a nave norte.
Anteriormente nesta capela había un Cristo crucificado
moito máis grande. O cruceiro da cruz estaba encaixado
na parede, nos dous tramos que faltan apoiando na
parede leste da capela e albergando unha imaxe de
Cristo a tamaño real. Debido a súa sustracción
modificouse o retábulo e instaláronse as imaxes que
vemos hoxe en día.
OFICINA DE TURISMO. CONCELLO DE MEIRA Páxina 8
Nesta zona da cabeceira, se nos situamos mirando cara
a Serra, é dicir, ao nacente, vemos que á nosa man dereita
existe aínda un tramo de muralla de pedra que cercaba
parte do entorno monástico, polo menos nesta zona que
linda co río.
Xa na parede norte da igrexa, atópase novamente unha
porta na zona do cruceiro. Esta vez non foi tapiada, senón
que dá acceso directo á igrexa; é a chamada “Porta dos
mortos”. A entrada componse dun arco de medio punto ,
portón de madeira maciza e unha portalexa pequena no
mesmo portón. Aos lados acompáñana dous pares de
columnas con basas decoradas e ben conservadas. Na parte
de arriba, hai unha gran ventá que ilumina esta zona do
cruceiro.
Ao longo do muro desta nave norte
consérvanse unha serie de contrafortes
embebidos na parede intercalándose
cunhas ventás un pouco máis pequenas
que a vista anteriormente no cruceiro,
pero maiores ás da nave sur. Na parte de
arriba, hai outra serie de ventás que
aumentan a luminosidade da nave central.
Ao final deste muro, atopámonos de
novo fronte á fachada principal da igrexa e do resto do conxunto conservado, e que a día
IGREXA DE STA MARÍA DE MEIRA Páxina 5
de hoxe utilízase como Casa Reitoral, Casa do Concello e
Oficina de Correos.
Dispoñémonos a acceder ao interior da igrexa.
Dentro da igrexa destaca a altura que esta alcanza e a
claridade que entra polas fiestras, sobre todo polo rosetón.
Xusto enriba da
entrada, e baixo o
rosetón, está o coro,
con armazón de
madeira. A día de
h o x e a t ó p a s e
retrasado 2 arcos,
posto que o orixinal
ocupaba un total de 4 arcos. Nas dúas pilastras
seguintes, na 3ª e 4ª, aprécianse as marcas dos
piares arrimados que faltan e sobre os que se sostiña
o coro, así como o recorte do percorrido dos arcos
faixóns que baixan desde o alto da bóveda de canón
apuntado, e a súa traxectoria é máis curta que a dos
demais.
Desta forma, a porta que aparece sobre o arco
formeiro rebaixado, servía para acceder desde a
parte alta do claustro ao coro alto anterior, lugar
onde se situaban os conversos ou legos. A súa
presenza no templo, ao igual que no resto do
mosteiro, estaba independizada da dos monxes.
A situación do gran rosetón non é arbitraria,
como non o é ningún
elemento que queiramos estudar, posto que todo ten un
lugar e un porqué. Neste caso o rosetón servía para
iluminar a igrexa, sendo especialmente útil á última hora da
tarde, no ocaso, para rezar as completas, último rezo do
día.
No arco seguinte á porta de entrada ao coro, aprécianse
con claridade as marcas onde estaba
encaixada a reixa que separaba a parte baixa
da igrexa ata onde podía entrar o pobo. Esta
OFICINA DE TURISMO. CONCELLO DE MEIRA Páxina 6
reixa a día de hoxe foi utilizada para cerrar o baptisterio.
Estas pedras, que forman os arcos e o propio muro, parte
delas están marcadas por distintos sinais que identificaban ao
canteiro que as traballaba, por exemplo: I, +, A, R, ... A máis
repetida é I, que se atopa sobre todo no lado norte do cruceiro
e nas capelas dese lado.
No fondo da nave norte, entre as reixas, atópase o
baptisterio. A porta que lle dá acceso desde o exterior do
templo, actualmente está tapiada. Baixo a pía bautismal,
valórase a posibilidade de que estea a piscina de inmersión.
Desta maneira, a persoa non bautizada que quixese entrar á igrexa, tería que acceder por
esta estancia, bautizarse e logo abriríase a reixa para
unirse o resto do pobo.
Nesta mesma nave do baptisterio, a media altura está
situado o retábulo de Santiago.
A imaxe central corresponde a Santiago ecuestre, e as
laterais a S.Roque á esquerda e a
S.Xosé á dereita (á cal lle falta a
imaxe do neno no regazo.)
Este retábulo é o máis antigo dos
conservados na igrexa e pertence
o século XV.
Ao final desta nave, apréciase no chan un enterramento con
lápida esculpida e que pertence a Frei Atanasio Zepeda, monxe
de Sobrado dos Monxes, que quixo que o enterrasen no
mosteiro de Meira en 1659. Este monxe estaba emparentado
coa liñaxe dos Zepeda de Ávila, con Santa Teresa de Jesús. O
outro enterramento que podemos observar, é o que se atopa
arrimado ao muro norte do cruceiro
e que pertence a Dona María de
Bolaño, a cal está representada na
efixie da súa tapa. Así mesmo, as
imaxes labradas no lateral deste
cadaleito fan referencia a clase á
que pertencía esta familia por medio
do escudo dos Bolaño -> Bolo +
Año, e as representacións dos
IGREXA DE STA MARÍA DE MEIRA Páxina 7