mira galicia: barbanza

6
MIRA GALICIA O BARBANZA

Upload: son-de-noso

Post on 10-Mar-2016

227 views

Category:

Documents


0 download

DESCRIPTION

Material didáctico que se entrega ao alumnado antes da saída.

TRANSCRIPT

MIRA GALICIA

O BARBANZA

A península do Barbanza está bañada, polo nordés, pola ría de Muros e Noia, e polo sueste, pola ría de

Arousa. O punto máis occidental da península é o cabo Corrubedo e o punto máis alto da península é Iroite,

monte de 691 metros entre os concellos de Boiro, Lousame e Porto do Son.

Noia atópase no máis interior da Ría de Muros e Noia, na desembocadura do Tambre e ao lado das serras

da Barbanza e de Outes.

A súa orixe remóntase á Prehistoria, e na Idade Media, convertida no porto de Compostela, será unha das

principais cidades de Galicia, e escenario das loitas medievais que teñen como protagonistas os prelados de

Santiago e os nobres que rivalizaban no control da vila medieval.

Será nesta época cando se constrúan a igrexa de Santa María a Nova e San Martiño, as Casas Góticas dos

Señores da vila e o Castelo ou Fortaleza do Tapal onde residían os arcebispos de Santiago durante o verán.

Outro aspecto destacable é o cambiante da súa paisaxe en función do avance ou retroceso das augas por mor

das mareas.

A igrexa de Santa María a Nova está encravada no medio dun antigo cemiterio que, segundo conta unha

das numerosas lendas noiesas, fora feito con terra traída dende Terra Santa -Palestina- en galeóns noieses.

Foi consagrada en 1.327 polo arcebispo Berenguel de Landoira, que aparece representado no tímpano da

porta principal, de xeonllos, á esquerda da Virxe.

Ten un enorme depósito de laudas gremiais -dos maiores de Europa-, alomenos dous centos, das que as máis

antigas son as que representan oficios dos gremios medievais. As laudas distinguen a estes polos obxectos

gravados nelas (dende canteiros a ferreiros, pasando por mariñeiros cunha áncora característica ou fidalgos,

representados por figuras antropoides).

A igrexa de San Martiño mandouna construír en 1.434 o bispo Lope de Mendoza, cuxas armas se

observan nos brasóns que deixou na fachada e nun lateral. Esta igrexa é do estilo gótico.

Saíndo de Noia, entramos no Concello de Porto do Son, onde podemos ver a vila de Porto Son e o seu porto,

e a entrada da Ría de Muros e Noia co Monte Louro no outro lado da ría.

Chegamos ao Castro de Baroña , construído nunha pequena península e unido á terra por un itsmo, no

que se sitúa un foso de mais de catro metros de ancho que constitúe a primeira liña de defensa. Ten dúas

murallas e unha zona habitada dunhas vinte casas de planta circular ou oval disposta en catro áreas. Na

explicación do noso guía, poderás ir localizando todos estes aspectos.

Entrando xa no concello de Ribeira visitaremos o Dólmen de Axeitos , que foi construído entre o 4000 e o

3600 a. C., é dicir, fai uns 6000 anos, O dolmen é unha tumba e empregábase para enterrar os defuntos da

comunidade. É unha tumba colectiva, na que se sepultaron moitos defuntos ao longo de moito tempo, non

sabemos cantos, nin durante canto tempo, pero igual estivo en uso máis de 1.000 anos.

.

Saíndo cara a Pobra do Caramiñal, subimos ata o monte da Curota de 514 metros de altura, e dende o

cal temos a impresionante vista de toda a ría de Arousa, e, se a néboa non o impide, poderemos ver tamén a

ría de Pontevedra e a de Vigo, así como as illas Cíes e Ons..

Pararmos a comer en Santa Uxía de Ribeira, a vila máis importante da comarca do Barbanza; alí veremos o

seu porto, un dos primeiros portos de baixura de toda Europa, e a parte do malecón, a área máis bonita e

máis representativa dunha vila que xurdiu arredor do mar e do seu traballo.

Dentro do Concello de Ribeira atópase o Complexo Dunar de Corrubedo e Lagoas de Carregal

e Vixán foi declarado Parque Natural en 1992, e pouco máis tarde pasou a formar parte do convenio

RAMSAR (humidais de importancia internacional.

Os seus máis de 5 quilómetros de costa, son pouco accidentados. O transporte exercido polo vento permitiu o

desenvolvemento de varios cordóns litorais de dunas, moitas delas semiestabilizadas pola vexetación.

Mención especial hai que reservar para a duna móbil, a maior do noroeste peninsular e tamén a grande

atracción do parque, de 1,2 quilómetros de lonxitude, 250 metros de ancho e 15 metros de altitude nos seus

puntos máis elevados. As correntes de aire arrastran a area cara ao interior, con dirección nordeste, a un ritmo

de 2 a 3 cm. por ano.

A flora e a fauna do parque presentan unha riqueza Hai aves case únicas e entre a vexetación distínguense

zonas de turba, de bosque de ribeira (salgueiros, olmos, ameneiros).

Ao finalizar, e antes de volver para Curtis, intentaremos ver o Faro de Corrubedo .