microscopio optico
TRANSCRIPT
Estrutura e manexo domicroscopio óptico
IES «Ramón Mª Aller Ulloa – Lalín»
QUE É O MICROSCOPIO?
O microscopio é un instrumento que permite
observar obxectos que son demasiado
pequenos para ser vistos a simple vista. O máis
común é o microscopio óptico, no que a luz
atravesa a mostra e, a través dun xogo de
lentes, devolve ao observador unha imaxe
aumentada.
PARTES DUN MICROSCOPIOÓPTICO
Parte mecánica
● Pé ou base: nel atópase a fonte de iluminación.
● Platina: superficie sobre a que se coloca a mostra. No centro ten un orificio que deixa pasar a luz.
● Tubo: constitúe o soporte de oculares e obxectivos.
● Brazo: parte pola que se colle o microscopio para trasladalo.
● Revólver:estrutura xiratoria que contén os obxectivos.
● Parafuso macrométrico: desplaza a platina verticalmente, permitindo un primeiro enfoque da mostra.
● Parafuso micrométrico: serve para un enfoque preciso da mostra, unha vez realizado o primeiro enfoque co macrométrico.
Parte óptica
● Oculares: son cilindros ocos provistos de lentes converxentes, cuxo aumento está indicado na parte superior dos mesmos.
● Obxectivos: son sistemas de lentes converxentes, cuxo aumento está indicado na parte lateral dos mesmos. Van axustados ao revólver.
Os aumentos cos que se verá a mostra, resultan de multiplicar os aumentos do obxectivo polos do ocular.
● Condensador: lente que capta os raios de luz concentrándoos sobre a mostra.
● Diafragma: abríndoo ou pechándoo permite graduar a cantidade de luz que atravesa a mostra.
● Fonte de iluminación: é unha lámpada de baixa voltaxe situada no pé.
PARTES DUN MICROSCOPIOÓPTICO
PARTES DUN MICROSCOPIO ÓPTICO
OBXECTIVOS
TUBO
BRAZO
OCULARES
PLATINA
CONDENSADOR
FONTE DE ILUMINACIÓN
PÉ
PARAFUSOS MACRO E
MICROMÉTRICO
MANEXO DO MICROSCOPIO
Os pasos a seguir para a correcta utilización do microscopio son:
1. Colocar a preparación sobre a platina de forma que a estrutura a observar quede no orificio central da platina.
2. Poñer o obxectivo de menor aumento. O seu amplo campo visual facilita o achado de estruturas importantes.
3. Subir a platina accionando o parafuso macrométrico e mirando a preparación desde fóra ata alcanzar o tope superior. En ningún caso tocar a preparación cos obxectivos.
4. Mirando polos oculares, baixar lentamente a platina co parafuso macrométrico ata conseguir ver o obxecto o máis nítido posible.
MANEXO DO MICROSCOPIO
5. Axustar o enfoque co parafuso micrométrico ata ver o obxecto claramente.
6. Para observar a preparación a maiores aumentos, cambiar de obxectivo cun simple xiro do revólver (sen mover o parafuso macro). As pequenas variacións que observedes no enfoque prodúcense ao cambiar de obxectivo e corríxense co micrométrico.
7. Para observar outros campos, desprazar a preparación movendo os parafusos da platina.
8. Para cambiar a preparación, baixar a platina, colocar o obxectivo de menor aumento, quitar a preparación e colocar a seguinte
ESCAMAS DAS ÁS DUNHABOLBORETA
A variedade na cor das bolboretas
débese ás escamas que teñen nas ás.
Unhas cores débense á presenza de
pigmentos, pero outras son producidas
pola estrutura e disposición das
escamas o que provoca a refracción
da luz, creando a apariencia de cores
azuladas, violáceas, verdes, brancas
ou negras.
APARELLO BUCAL PICADOR-CHUPADOR DUN MOSQUITO FEMIA
O aparello bucal da femia do
mosquito está adaptado para
perforar a pel e succionar o
sangue.
Cando pican inxectan saliva,
causando irritación e inchazón.
OLLO COMPOSTO DE INSECTO
Os ollos compostos dos insectos,
están formados por moitas unidades
visuais, cada unha das cales apunta
nunha dirección. As imaxes que
recollen estas lentes por separado
combínanse para crear una ampla
visión en forma de mosaico que
resulta extraordinaria para percibir
movementos.
ANTENA DE INSECTO
As antenas teñen multitude de
sensores que permiten ao animal
oír, percibir o movemento do aire,
percibir aromas e sabores, así como
captar a temperatura e a humidade
do ambiente.
A percepción de todos estes
estímulos é unha definitiva vantaxe
biolóxica.
HIDRA DE AUGA DOCE
As hidras son pólipos propios de
augas doces. Miden uns poucos
milímetros e son depredadores,
capturando pequenas presas cos seus
tentáculos cargados de células
urticantes.
POLE DE PIÑEIRO
A polinización dos piñeiros é levada
a cabo polo vento, por iso os grans
de pole están provistos de dúas
cámaras de aire, o que constitúe
unha eficaz adaptación para este
tipo de polinización.
VOLVOX
Volvox é un xénero de algas
microscópicas que adoita formar
colonias de forma esférica e oca,
rodeadas por células superficiais
unidas entre si.
Atópanse en lagos e charcos de
auga doce.
ASPERGILLUS
Os Aspergillus son fungos do grupo
dos mofos. As especies de mofos
Aspergillus son o tipo máis común de
fungos. Hai unhas 16 especies de
mofos Aspergillus perigosas para os
seres humanos, causando
enfermidades e infeccións.
SPIROGYRA
Spirogyra é un xénero de algas
verdes de auga doce. As súas células
están reunidas formando filamentos.
Caracterízanse por presentar
cloroplastos distribuídos en forma
de espiral (de aí o seu nome). Os
cloroplastos son os encargados de
realizar a fotosíntese