método cornell para tomar apuntamentos

9
Método Cornell

Upload: telecocurso1

Post on 15-Jun-2015

260 views

Category:

Education


3 download

DESCRIPTION

Método que propón deixar espazos ao lado das notas tomadas na clase para recoller as ideas fundamentais das mesmas, coa fin de facilitar o estudio.

TRANSCRIPT

Page 1: Método Cornell para tomar apuntamentos

Método Cornell

Page 2: Método Cornell para tomar apuntamentos

Orixe

• O “método Cornell” para tomar apuntamentos foi creado

por Walter Pauk, director da Universidade de Cornell

(adoita aparecer nas posicións máis altas das

clasificacións mundiais de universidades).

Page 3: Método Cornell para tomar apuntamentos

En que consiste?

• Dividir cada páxina dos nosos

apuntamentos en tres seccións: – Ideas (“Cues”)

– Notas de clase (“Notes”)

– Resumo(“Summary”)

• O resumo ocupa uns 5 cm de

marxe inferior, e as ideas uns 6.3

cm (o resto para as notas).

• O obxectivo é xuntar coas notas

tomadas en clase as conclusións

do noso estudio na casa. Imos ver

como.

Page 4: Método Cornell para tomar apuntamentos

Notas de clase

• Cando se fai: durante a clase.

• Que inclúe: transcricións do encerado, diagramas, listas,

calquera tipo de apuntes que o profesor facilite ou que

se infiran durante o desenvolvemento da clase.

• De que nos sirve: temos neste apartado a información

en bruto, presumiblemente toda a que precisamos. A

partir da lectura e comprensión da mesma,

sintetizaremos as ideas principais e seremos quen de

elaborar o posterior resumo.

Page 5: Método Cornell para tomar apuntamentos

Ideas

• Cando se fai: despois da clase, o antes posible para non

esquecer as explicacións dadas.

• Qué inclúe: preguntas sobre o texto, puntos e ideas

importantes, diagramas sinxelos.

• De que nos sirve: cunha ollada rápida temos que ser

quen de recoñecer as ideas principais das notas de

clase, a que problemas dan resposta e como nos poden

avaliar ao respecto.

Page 6: Método Cornell para tomar apuntamentos

Resumo

• Cando se fai: despois da clase, durante un repaso.

• Que inclúe: un breve resumo das notas de clase, coma

referencia rápida.

• De que nos sirve: trátase de facer referencias a toda a

información contida nos apuntes de xeito que a

lembremos toda pero en menos tempo.

Page 7: Método Cornell para tomar apuntamentos

Exemplo

Estudo dos

quelicerados,

subfilo dos

artópodos.

Temos

exemplos,

morfoloxía

característica e

a súa función.

Resumo do

exposto nas

notas nun único

texto, de xeito

máis conciso e

global que

enriba.

Afirmacións e

esquemas

sobre o que se

contaría na

clase sobre os

quelicerados.

Page 8: Método Cornell para tomar apuntamentos

Lembra!

Cando nunha materia esteas traballando nun tema,

procura repasar polo menos unhas poucas veces por

semana tódalas follas de apuntamentos que teñas ao

respecto. Se identificas dúbidas sobre o que xa se

explicou, resólveas co profesor ou con novas fontes o

antes posible. Pode parecer pesado, pero deste xeito

cando se aproxime o exame non vas ter que cambiar o teu

método de estudio e facelo máis intensivo, e terás máis

tempo para observar tódolos contidos do tema cunha

perspectiva global, que che permitirá extraer mellores

conclusións.

Page 9: Método Cornell para tomar apuntamentos

Referencias

http://coe.jmu.edu/learningtoolbox/cornellnotes.html